Ghastas Pista?

pesdebarro
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'pesdebarro':


Obradoiro "Unha maleta de bailes" con Luís Prego en Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 17 )


Domingo 18 de xuño
Centro Cultural de Rubiáns

Organiza: Asociación Pesdebarro
- Pesdebarro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro ás 19:30h
Centro SocioCultural de Rubiáns.


Baile 100% con Os Cempés no Centro SocioCultural de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
Sábado 26 novembro de 2016
compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas…
participa!!! non faltes!!!

HORARIO
19:30h Obradoiro de Baile
21h Descanso
22h Gran Baile 100% con Os Cempés

ENTRADA
Obradoiro + Baile 100% = 10€ socios e 15€ non socios
Só Baile 100% = 5€ socios e 8€ non socios

INSCRICIÓN PREVIA
Telefonos de contacto: 692646068
Correo: pesdebarro@hotmail.com ou por privado no facebook da Asociación Pesdebarro

No Baile 100% con Os Cempe?s a mu?sica ponse ao servizo do baile e o pu?blico convi?rtese en protagonista. O ma?is importante para nos e? que a xente participe, e para iso ofrecemos un Obradoiro de Baile previo guiado polo mestre de cerimonias Serxio Ce?s. O pu?blico podera? aprender todos os pasos de baile de xeito doado e divertido e pon?elos en pra?ctica na gran festa do Baile 100% con Os Cempe?s. Podera?n participar xentes de todas as idades, familias, parellas... En definitiva, calquer persoa disposta a pasalo ben. Opa í!
- Pesdebarro- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Clases de baile tradicional e danzas do mundo con Pesdebarro (Vilagarcía de Arousa)

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 16 )


Clases de baile tradicional e danzas do mundo. Se queres aprender a bailar e divertirte... Infórmate en pesdebarro@hotmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Percusión do Sur de Italia - Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )



A asociación Pésdebarro organiza un Obradoiro de percusión do Sur de Italia para o martes 8 de decembro de 17:00 a 20:00h no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

O Obradoiro Percusión do Sur de Italia será impartido polos membros do grupo folk italiano Brigan
Falarase dos principais tipos de ritmos propios do sur de Italia dende o punto de vista da percusión (tammurriata de Campania, pizzica salentina, tarantella cilentana e siciliana, etc.), comparándoos cos ritmos propios de Galicia.
Aprenderanse de xeito práctico os fundamentos destes ritmos con pandeiretas e pandeiras.

Tras varios anos de viaxes e investigacións, o repertorio de Brigan componse de música tradicional da área céltica (Galiza, Asturias, Bretaña, Irlanda) interpretada a través dunha linguaxe nova que se funde co contexto rural do sur de Italia. Tamurriatas, tarantelas, cantos populares… atópanse e fusiónanse con muiñeiras, carballesas, reels e danzas bretonas.

Actualmente, Brigan componse de tres músicos:
• Francesco di Cristofaro: acordeón, frauta irlandesa, whistle, frauta traveseira, dobre frauta da Campania, gaita galega, voz.
• Danilo Parolisi: guitarra, bouzouki irlandés, mandolina, voz.
• Gabriele Tinto: pandeiretas, tammorra, bodhran, percusión ibérica.
Nesta ocasión, estarán en Vilagarcía de Arousa só dous de eles: Francesco di Cristofaro e Gabriele Tinto.


O prezo de matrícula é de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro e de 15 euros para as persoas socias de Pésdebarro.
O correo electrónico para inscribirse é pesdebarro@hotmail.com ou no móbil 692646068
As prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Asociación Pesdebarro realizará dous cursos de baile no Liceo-Casino (Vilagarcía de Arousa)
http://atimeucambados.blogspot.com/2014/08/a-asociacion-pesdebarro-fai-dous-cursos.html
(texto engadido o día 3/ / 9/ / 14 )


CURSO DE BAILE GALEGOO Liceo-Casino, a través da Asoc. Pesdebarro, ensinará as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.Comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para calquera idade, podedes asistir a unha clase e comprobalo por vos mesm@sDuración: Todos os luns do 1 de setembro ao 29 de xuño no Salón de Actos do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.Horario: 19:30 a 21 horas.Prezo matrícula por mes: de balde para @s soci@s do Liceo-Casino / 15 euros non socios-as.Inscrición: secretaria@liceocasino.org / pesdebarro@hotmail.com  / tl.: 986501919 - 692646068

CURSO DE DANZAS DO MUNDOO Liceo-Casino, a través da Asoc. Pesdebarro, imparte un curso de Danzas do Mundo no que se fara un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, danzas galegas.Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalanas, holandesas, xapononesas e moitos outros paises do mundo, ademáis de bailes xogos, etcétera.O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.Duración: Todos os martes do 2 de setembro ao 30 de xuño no Salón de Actos do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.Horario: 19:30 a 21 horas.Prezo matrícula por mes: de balde para @s soci@s do Liceo-Casino / 15 euros non socios-as.Inscrición: secretaria@liceocasino.org / pesdebarro@hotmail.com  / tl.: 986 50 19 19Aquelas persoas que queiran participar nos dous cursos, e non sexan soci@s do Liceo-Casino, teralle un custe de 25 €. 

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Construción e Iniciación as Tarrañolas (Vilagarcía de Arousa)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3092:-obradoiro-de-construcion-e-iniciacion-as-tarranolas-vilagarcia-de-arousa&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )


A Asoc. Pésdebarro organiza o Obradoiro de Construción e Iniciación as Tarrañolas que se vai realizar este sábado 14 de xuño, de 11:00 a 13:30 e de 16.30 a 19:00 no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

Neste Obradoiro, ademáis de construír as nosas propias tarrañolas, aprenderemos a técnica e execución dos ritmos básicos (muiñeira, xota, etc).

O prezo será de 8 € para soci@s da Asociación Pesdebarro e de 12€ para non soci@s. As prazas son limitadas co cal apuntádevos no correo pesdebarro@hotmail.com ou no tl.: 692646068

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III FOLIADA PESDEBARRO (Vilagarcía de Arousa)

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 13 )


Este domingo 29, con motivo do comezo da nova temporada de clases, na asociación Pesdebarro celebraremos a III Foliada Pésdebarro.

Comezaremos ás 14:00 h., na Area Recreativa de Fontefría - Xiabre cun xantar, onde realizaremos entres os socios da asociación un concurso de postres.

E a continuación, a partir das 16 h., continuaremos, en Fontefría, cunha exhibición-participativa de diferentes danzas do mundo. Pésdebarro, organizador desta exhibición-participativa, quere “animar a todos, isto é familias cos fillos pequenos, adolescentes e tamén aos maiores da casa” pois as danzas serán guiadas pola profesora e os alumnos da aula de danzas do mundo da asociación Pesdebarro. A Foliada será de balde para todolos asistentes.

Entre outros moitas bailes, os asistentes terán a oportunidade de bailar valses, chotis, jotas, muiñeiras, gabots, ándro, etcétera e dar unha volta ao mundo a través dos bailes.

A Foliada pode e debe acudir todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.

Dende a Asociación animamos a que os que asistan ao xantar leven cousas orgánicas,reutilizables: garfos,platos,vasos,...(intentar non levar plásticos ou papeis).

No caso de chover tanto o xantar como a exhibición-participativa farase na Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile galego e danzas do mundo no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa - Imparte: Pesdebarro

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 13 )


Continúan os cursos de baile galego e de danzas do mundo, todos os luns e martes, aí­nda estás a tempo de anotarte! Esperámoste! ””  con Eva Moreira, Rocio Garcia, Xose Lois D. Lucio, Cristina Abadin, Amelia Varela y Daniel Abade Gómez

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de pandeireta e percusión tradicional en Vilagarcía de Arousa (Asociación Sociocultural Pesdebarro)

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 13 )




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Agharradiño: Cursos de Bailes Agarrados en Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 13 )


A Asociación Pesdebarro pon en marcha o vindeiro sábado 16 de marzo o seu primeiro curso de bailes galegos agarrados "O agharradiño" que será impartido por Manuel Cobas

O curso, terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, para familias de 3 ou máis membros o prezo será de 10 € por persoa sexa socia ou non.

O curso desenvolverase o sábado 16 de marzo, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 16:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no enderezo electrónico pesdebarro@hotmail.com ou acudindo o mesmo sábado ao curso no Centro SocioCultural de Vilaxoán.

Para a realización do curso non se precisa ter unha idade determinada, tampouco preparación ou adestramento; é ideal para cultivar e aprender en familia, coas amizades, ou simplemente para coñecer a outras persoas coas mesmas curiosidade ca nos. Non se require ter coñecementos nin nocións previas sobre baile nin danza tradicional, e non é necesario acudir con parella para participar no curso.

Danzarase mazurca,chotis,valse,polca,pasodobre e rumba, como bailes agarrados en Galiza,e a similitude que teñen con outras danzas como o scottish e as mazurcas europeas,pero centrándonos na evolución dos agarrados en Galiza.

O PROFESOR:

Manuel Cobas Paredes, 1974. Mestre de baile tradicional desde o ano 1994, actualmente imparte clases en distintas asociacións como Lembranzas da Ría de Cangas, Meiramar Axóuxeres de Moaña, grupo de baile de Alxén de Salvaterra de Miño, Abertal de A Rúa de Valdeorras e Antoxo de Bueu, así como en distintos centros educativos como actividades estraescolares. Impartiu cursos en Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid e Viseu (Portugal).

Compaxina a súa faceta de mestre coa de bailarín, formando parte das compañías de danza Circio e Bruma. Como músico forma parte do grupo Fiandola.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::








Asociación Sociocultural Pesdebarro









buscar mais información
sobre pesdebarro en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre pesdebarro en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]