Ghastas Pista?

pandereteiras
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14]

Novas que incluen 'pandereteiras':


VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)
https://www.facebook.com/events/294976651452066/
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares.

Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C que comezará ás 17 h., que comprende os grupos con integrantes maiores de 17 anos. En ámbalas dúas sesións haberá unha pequena exhibición, mentras delibera o xurado, por parte do noso grupo de pandereteiras (pola mañá) e o noso grupo de pandereteiros (pola tarde).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVII Festa dos Maios en Vigo
http://consorciocascovellovigo.org/blog/casco-vello-blog/os-maios-enchen-de-actividades-festivas-a-praza-do-berbes-o-vindeiro-domingo/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Domingo 12 de maio

Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento principal da xornada: a representación dramatizada dos Maios, que terá lugar a partir das seis da tarde. Como colofón a todos estes actos o grupo “Ou Mellor de cada casa” amenizará os últimos momentos desta festiva xornada no Berbés.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala 40 anos de Xacarandaina en A Coruña
https://www.facebook.com/events/1206669366165767/
(texto engadido o día 1/ / 4/ / 19 )


O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.

Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina ao longo da súa historia.
A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Con un deseño de luces creado ‘ex profeso’, unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Polavila en Santalla

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 19 )


Sábado 30 de marzo


-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .
Bares participantes: Casa Diego, Casa Pedro, Casa Pérez, Mesón La Cerca, Sidrería Veredas e Carpa a cargo da comisión de festa na praza do pobo.

- A partir das 00:00 h: Concertos de “Pandereteiras sen Fronteiros”, “Tuenda” y “Caldo y os Rabizos” e para terminar a noite... Polavila aberta para todo o que queira tocar! Trae o teu instrumento e únete á festa da música tradicional asturgaláica!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Serán de Primavera en Sigüeiro

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Sábado 16 de marzo a partires das 21h no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa

Organiza: A.F. Lembranzas do Tambre

Participan:
Airiños de Gonzar
Rosalía de Castro de Cacheiras
Pandereteiras de Cantigas e Agarimos
As Lavercas
Modos da Ronda da AC Donaire
Argalleiros
AC Pinguela de Bama
As Chispas do OCT de Ultreia
Buxos Verdes
Néboas No Cumio
Af Lembranzas do Tambre

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Ensarillada en Aiazo (Frades. A Coruña)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Luns 18 de marzo ás 21h no Loxal Social de Aiazo

Pinga da Troula, Dedaleiras de Sarandón, Pandereteiras da Baña, Sementes do Arte, Reviravolta, Sarillo e despois... Foliada Libre

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites De Raiz en Callobre (A Estrada)
https://www.facebook.com/events/2367184883560220/
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Sábado, 9 de marzo,
Empeza a conta atras para a Noite De Raí­z de Marzo, de esta vez animaran a festa Pandereteiras De Codeso , Xirandola e Charabiscas.
Tod@s que veñan disfrazad@s recibiran un agasallo.
Como sempre a cea por conta da casa, non faltedes¡¡¡¡¡¡¡¡¡

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz)

(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


Sábado 16 de febreiro a partires das 20h.
Organizan: Pandereteiras de Toutón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Pandeireta en Tordoia
https://www.facebook.com/acnuncaetarde/photos/a.1723701784397329/1723701754397332/?type=3&theater
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


Sábado 16 de febreiro a partir das 21h en Pontepedra - Cabaleiros (Tordoia)


Foliada aberta, coa participación de:

- A.C. Nunca é Tarde
- Sementes do Arte de Ordes
- Folque Ruada da Silva
- Trouleiros de Lesta
- San Martiño de Cerceda
- Pandereteiras das Encrobas
- Pandereteiras de Rodís
- Os Xeitosos de Trazo
- A.C. O Castro de Figueiras
- Camiño Real de Poulo
- Xentiña de Trazo


Organiza: A.C. Nunca é Tarde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandereteiras Arume no Furancho Os da Rianxeira (Bembrive) - San Brais 2019

(texto engadido o día 30/ / 1/ / 19 )


Sábado 2 de febreiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandereteiras Asubiando en Bembrive (Vigo)
https://www.facebook.com/752608031560125/photos/a.766591003495161/1203885306432393/?type=3&theater
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


Este venres 18 a partir das 23:30h o grupo de pandereteiras ASUBIANDO amenizarán o inicio da festa.
Non volo podedes perder.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=531068000720892&id=100014530902987
(texto engadido o día 10/ / 1/ / 19 )


Domingo, 13 de xaneiro, na Praza Maior de Pobra do Caramiñal


DOMINGO 13 DE XANEIRO... Vive, Aprende e Goza do Noso 2019!!!
Un ano mais, e xa imos ca 4ª edición, organizamos, xunto ao Concello da Pobra do Caraminal, esta xornada adicada ao canto, ao baile e a música tradicional.

16 agupacións da contorna participarán no VERMÚ GHAITEIRO, que comezará ás 12:30h: Asociación Cultural Arrancadeira, A Dorniña de Abanqueiro, Asocación Cultural Os Liantes, Asociación Cultural e Deportiva Xiada, Asociación Cultural Pedra da Aroña, Aula de Gaita e Percusión Tradicional A Gandaina, Escola de baile e pandeireta Caramiñas das Amas de Casa da Pobra, Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, Trécola, Lumieira, Nunca é Tarde, Aínda é Sedo, As Ferreniñas, O Son das Ferreñas, Pandereteiras da Asociación Cultural Bailadela e Tanxedoira.
Non quededes na casa... vinde bailar con todos nos!!!!

E xa pola tarde teremos obradorios de baile con Luis Prego Fernández e Montse Rivera e para finalizar a xornada concerto de OS DO FONDO DA BARRA. 👏👏👏

Este ano haberá ademais un "Obradoiro de enfiado de colares ao xeito tradicional" impartido por Ana Nogareda Mato que xa está completo, e un "Obradoiro participativo de Olería e Cerámica" por Alén Das Olas, Laura Villanueva Ceramista, obradoiro de balde e para todos os públicos.

Lumeeeeee!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festival Abeloura (Boiro)

(texto engadido o día 28/ / 12/ / 18 )


Sábado 29 de nadal na Casa da Cultura da Cachada
Asociación Fogofatuo Rianxo, Xamaraina da Guarda, A.f. Picos de Europa de Cangas de Onis, Xiada Pobra Do Caramiñal, Grupo de Pandereteiras As da Canteira,...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Dí­az, Adufeiras do Salitre e Pandereteiras de Cantigas e Agarimos en Compostela

(texto engadido o día 28/ / 12/ / 18 )


Domingo, 30 de decembro, na Sala Capitol

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de Pandereteiras da A.F. Ximiela en Muros
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1939833232752773&set=a.117882881614493&type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Imos comezar decembro cantando!!!
Convidámosvos este domingo 2 de decembro, ao festival de pandereteiras que imos organizar na casa da cultura en Muros.
Acompañárannos as Cantareiras Mestura de Meirás e Pandereteirxs do Tremuzo do Freixo. Non volo perdades!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto do grupo de pandereteiras da AC TREPIA no Bar O Diaño (Pontevedra)

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres, 30 de novembro, ás 22:30h no Bar O Diaño


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pan Sen Fron no Cinema Palleiriso (Garabelos, Lugo)
https://www.facebook.com/contosolidarios/posts/1787411421369245
(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Grandes e boas novas, este domingo dia 25, as 4 da tarde!!!! non faltedes ninguen ao Cinema Palleiriso que se suma as actividades de Polamiúda en contra da violencia de xenero cun concerto das míticas Pan Sen Fron (Pandereteiras Sen Fronteiras) con magosto incluido e castañas asadas para todas e todos. Cartaz de Cris Castro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Cantigas De Elena Na Cosechera (Lugo)
https://www.facebook.com/events/195063801425930/
(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Sábado, 24 de novembro

AS CANTIGAS DE ELENA

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.
Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As cantigas de Elena.
O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos musicais e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.
Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latín Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño. Para realzar estas melodías e o acompañamento instrumental, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería realizarse ao vivo aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións do xeito mais fiel posible.

PIPO ALVARIÑO
Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo, Pipo é o produtor do proxecto. O encargado de vertebrar os arranxos e as composicións orixinais coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Pontevedra e dende moi novo comeza a tocar a guitarra en diversas agrupacións e grupos musicais. Compoñente da banda de folk Pepe Vaamonde Grupo dende o ano 2002 como guitarrista e arranxista. Actualmente compaxina esta labor de intérprete, arranxista, produtor e compositor coa docencia.


MARÍA VIDAL
Licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Graduada en Historia da Arte pola UNED, María e a alma do proxecto, unha das mellores interpretes de música tradicional galega e a cantante favorita de Elena. No ano 1992 comeza a dirixir diversas agrupacións folclóricas e actualmente é directora do grupo de pandeireta Seixebra de Moraña (Pontevedra), do grupo de pandereteiras Riscadela de San Xoán de Calo (Teo, A Coruña), do grupo de Pandereteiras dos Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós Pes de Marín e directora do grupo de pandereteiras Trébede. Tamén forma parte do grupo de música tradicional Vilarachos ademais de impartir numerosos obradoiros de canto e pandeireta.
Colaborou en varios traballos discográficos de grupos como Pepe Vaamonde Grupo, Ardentía, Rumbadeira ou Trompos ós Pes.

MIRYAM GONZÁLEZ
Profesora de acordeón polo Conservatorio Superior de Barcelona e mestra na especialidade de Música pola Universidade de Oviedo, Miryam é o contrapunto perfecto das melodías tradicionais de Elena. Comeza a tocar o acordeón aos sete anos na Escuela Municipal de Música de El Franco (Asturias), escola que acabará dirixindo. Impartiu docencia en varios conservatorios e escolas de Música. Na actualidade compaxina a súa faceta de acordeonista coa de mestra de educación musical.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Certame de Pandereteiras de Breogán de Moaña

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Sábado 24 de novembro ás 19h no Salón de Actos Daniel Castelao - Quintela

Coa participación de
Retrouso de Cela (Bueu)
Alxibeiras (Ponteareas)
Cantodorxo (O Grove)
Trébede (Cangas)
Salgharitas - Breogán (Moaña)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Samaí­n no Calvario (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 18 )


Mércores 31 de outubro a partir das 19.00 diante do mercado do Calvario.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así­ que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Haberá festa ata ás 23.30, e repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes

Actuarán o "Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas", "Grupo Pandereteiras Chorouví­a da AVCD de Cabral", "Grupo de gaitas choran as pedras" e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Tamén haberá talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* La nueva cara del folk

* III Serán de Alxén - todocondado.com

* O Areal de Berres acolle este venres os actos do "Día das galegas nas letras"

* "Sentímonos orgullosas de revalorizar a función da muller na música tradicional galega"


(mostráronse só as últimas recibidas)


Pandereteiras do Val da Maía



en Myspace







buscar mais información
sobre pandereteiras en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre pandereteiras en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]