Resultados para:

pandeireta
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16]

Novas que incluen 'pandeireta':


I Curso de Música Tradicional Galega en Ribadeo.
http://escolademusicaedanza.ribadeo.org/2015/11/06/i-curso-de-musica-tradicional-galega/
(texto engadido o día 23/ / 1/ / 16 )


A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o “I Curso de Música Tradicional Galega”. Será impartido por tres grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión) e Xavier Feijóo “Chisco” (canto e pandeireta) os días 23 e 24 de xaneiro de 2016 nas instalacións da EMMeD.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto.

Prezos: alumnado da EMMeD 40€; resto de alumnado 45€.

Máis info en acronqueta@gmail.com e no teléfono 982 130 856.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Curso de "Multipercusión Tradicional" en Antas de Ulla, con Xosé Lois Romero

(texto engadido o día 7/ / 1/ / 16 )


9 de Xaneiro con horario de 17:00 a 21:00 hs.
Organiza: Asociación Fiadeira
Prezo: 20€

O curso pretende dar unha nova perspectiva sobre o conxunto da percusión tradicional galega,aportando novas técnicas, usos e sonoridades con diversos instrumentos como: pandeira, pandeiro, lata, tixola, tarrañolas, bombo con baqueta, tambor, pandeireta, cunchas, sacho, triángulo, charrasco...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Percusión do Sur de Italia - Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )



A asociación Pésdebarro organiza un Obradoiro de percusión do Sur de Italia para o martes 8 de decembro de 17:00 a 20:00h no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

O Obradoiro Percusión do Sur de Italia será impartido polos membros do grupo folk italiano Brigan
Falarase dos principais tipos de ritmos propios do sur de Italia dende o punto de vista da percusión (tammurriata de Campania, pizzica salentina, tarantella cilentana e siciliana, etc.), comparándoos cos ritmos propios de Galicia.
Aprenderanse de xeito práctico os fundamentos destes ritmos con pandeiretas e pandeiras.

Tras varios anos de viaxes e investigacións, o repertorio de Brigan componse de música tradicional da área céltica (Galiza, Asturias, Bretaña, Irlanda) interpretada a través dunha linguaxe nova que se funde co contexto rural do sur de Italia. Tamurriatas, tarantelas, cantos populares… atópanse e fusiónanse con muiñeiras, carballesas, reels e danzas bretonas.

Actualmente, Brigan componse de tres músicos:
• Francesco di Cristofaro: acordeón, frauta irlandesa, whistle, frauta traveseira, dobre frauta da Campania, gaita galega, voz.
• Danilo Parolisi: guitarra, bouzouki irlandés, mandolina, voz.
• Gabriele Tinto: pandeiretas, tammorra, bodhran, percusión ibérica.
Nesta ocasión, estarán en Vilagarcía de Arousa só dous de eles: Francesco di Cristofaro e Gabriele Tinto.


O prezo de matrícula é de 20 euros para as persoas non socias de Pésdebarro e de 15 euros para as persoas socias de Pésdebarro.
O correo electrónico para inscribirse é pesdebarro@hotmail.com ou no móbil 692646068
As prazas son limitadas, polo tanto canto antes reserves o teu lugar mellor!!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aulas de canto e pandeireta en Madrid

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Rúa magnolias 61, Madrid


Un ano mais comezan as aulas de canto e pandeireta na A.C. Xirandela!

As clases serán impartidas por Xurxo Fernandes, os luns ou martes de 19:30h a 22:00h.

Nestas clases poderas aprender os diferentes toques de pandeireta que existen en Galicia ademais dos seus cantos.

Non duvides en te apuntar, é unha oportunidade única!

Mais información en infoxirandela@gmail.com ou no número 679-674-417.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Ruada de Moraña (SERÁN-MAGOSTEIRO)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Sábado, 14 de novembro ás 13:00
Carballeira de Santa Lucía, Moraña

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á sexta edición da #RuadadeMoraña. E ollo...este ano facémolo en SÁBADO!, non tedes xa ningunha excusa para non vir a Moraña o 14 de novembro! :)

PROGRAMACIÓN:

13:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO
Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, e para iso hai que avisar ós veciños con tempo, así que comezaremos a rondalla ás 13h no café Bar Sergio

17:30- OBRADOIROS
(17:30-18:15H). "Técnicas de man: pandeiro, pandeireta, pandeira). Impartido por MARCELO DOBODE
(18:30-19:15). "Iniciación ao baile tradicional: muiñeiras". Impartido por MARCOS BOTANA

20:00 INICIO DA RUADA

- Reparto de castañas, chourizos empanadas con bebidas a prezos populares. Inicio da ruada. Confirmados ata o de agora os seguintes grupos (xa sabedes que non temos horarios, así que cando vaiades chegando os grupos iremos anotándovos na "pizarra" da entrada para tocar ;)
- CHINGUILIPÉ
- AULA FOLQUE DA ESMU (Moraña)
- PANDERETEIRAS DE CARRACEDO
- MADIALEVA (Meis)
- HAI QUE ROELO (Cuntis)
- SEIXEBRA (Moraña)
- GERMÁN V. SONEIRA (Teo)
- VENDAVALADA (Cambados)
- CAFÉ DE POTA (Arcade-Pontesampaio)

* Contaremos con escenario e equipo de Son.

00:00 FOLIADA ABERTA

Unha vez teñamos bandullos cheos, foliada aberta ata que os corpiños aghuanten!


* Se tes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos para o serán. Se non tes un grupo pero queres cantar, bailar ou simplemente desfrutar connosco dunha noite chea de música tradicional e troula, xa sabes!
* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!

Comparte este evento e convida a él a todos os teus contactos de Facebook, graciñas!


E se chove???, QUE CHOVA!... temos carpa :)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de multipercussão tradicional com Xosé Lois Romero na Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Sábado, 14 de novembro, de 16h30 a 20h30.
Preço: 20€
O curso pretende dar uma nova perspectiva sobre o conjunto da percussão tradicional galega,aportando novas técnicas, usos e sonoridades com diversos instrumentos como: pandeira, pandeiro, lata, tijola, tarranholas, bombo com baqueta, tambor, pandeireta, cunchas, sacho, triângulo, charrasco...
Aponta-te enviando uma sms privada ao facebook da Arca. —  con Xosé Lois Romero

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Magosto Foliadeiro en Compostela

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


Sábado 7 de novembro
Cantigas E Agarimos (Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/ Castiñeiriño, 21)

Teremos actividades para os máis pequenos dende as seis da tarde. Despois actuarán algúns grupos da escola de muiñeira e, a partir das dez da noite faremos foliada con varios grupos invitados (Do fondo do Peto, Lina e Lola, Fortín de Pomba, Xirandaina, Grupos da escola de Brincadeira, "Grupo A" de pandeireta da E.M. Cantigas e Agarimos, Os Micos) e con todos aqueles que vos queirades achegar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V festival de Cantareiras Mestura? (Meirás - Valdoviño)

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 15 )


Sábado 3 de outubro ás 19:30

Coa realización do Festival de Cantareiras queremos celebrar unha festa en torno ao mundo da música tradicional. Pretendemos achegar á nosa contorna a representantes de todos os elementos e tendencias que conforman unha das fórmulas de expresión máis específicas da nosa cultura e, dende o ambiente festivo que se merece toda celebración, ofrecer a especialistas e profanos una mostra da ampla variedade de propostas existentes na actualidade.

Este ano celebramos o 30 aniversario da Asociación Cultural Mestura e quixemos ampliar o festival cunha foliada.

Este ano acompañarannos:

Festival:

Gritsanda (León)
Os Carecos (Ortegal),
Donas e Galáns (Ferrol),
Cantareiros do Rumial (Campo das Cortes - Muros),
Cantareiras Mestura (Meirás - Valdoviño).

Foliada:

Comezaremos cun obradoiro de baile tradicional,
Vai rañala, meu (Ferrolterra),
No Cómbaro (As Pontes),
Lume nas ferreñas (Ferrolterra),
despois dos grupos haberá foliada aberta.

O Festival conta con diversos rexistros que nos farán vibrar nunha tarde chea de sentimento como os máis puros con voces acompañadas de pandeiretas, latas, sachos..., e outros máis arroupados con acompañamentos de gaitas, acordeóns...

como chegar:


43°35'15.13" N
8°10'59.44" O

enderezo:
lugar do longoiro, s/n
meirás (valdoviño)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pana Raiada (Compostela) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 15 )


Acordeón, gaita, pandeireta, percusión
panaraiada@gmail.com
Local social de A Gracia (San Silvestre s/n)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Cultural Xarandeira (Pontecesures) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 15 )



NOVO CURSO!!!!!

Como cada setembro,os cativos comezan con novas andainas: uns comezan ao cole con 3 aniños,outros,xa pasao ao cole dos "maiores" nos cales son os máis pequechos,outros comezan na ESO pensando que xa son adultos,outros comezan as aventuras do bacharelato,outros están cos nervios a flor de pel por selectivo,mentras os que superaron a proba en xuño,xa están desgastando os codos nas bibliotecas.
Pero non só comezan as clases...para moita xente comeza tamén a volta ao traballo.

Se queres evadirte un pouco, pasar un rato agradable e de bo rollo deixando os problemas e os agobios na casa, A ASOCIACIÓN CULTURAL XARANDEIRA está aquí!
ANÍMATE A FORMAR PARTE DESTA GRAN FAMILIA!
Nós nunca descansamos,polo que estamos esperando que haxa novas incorporacións!
Gústache bailar?Gústache cantar? Gústache tocar a pandeireta,a percusión ou a gaita? Temos profesores fantásticos que farán que os pequenos e os non tan pequenos o pasen ben á vez que aprenden.
Válido a partires dos 3 anos.Os adultos...non teñades vergoña que aquí somos todos iguais e ó final,ninguén sabe máis que nadie!
Preguntade sen compromiso!
Podedes contactar connosco a través do teléfono,vía mail ou asistindo a algunha clase.

Encontraredesnos os venres no ximnasio do CPI PONTECESURES a partires das 20:30 (ensaio dos máis pequenos), os martes ás 20:30 no CENTRO XUVENIL de Ponteceures e os sábados ás 15:00 tamén alí.

Achégate a preguntar e a probar sen compromiso.

A VERGOÑA QUEDA NA CASA!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Traspés de Varanda en Mondariz

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 15 )


Domingo, 20 de setembro ás 19h na Praza de Mondariz.
Organiza: Traspés

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 75 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos e costumes que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

Esta II Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo dos anos 2014-2015. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A.c. Cultura Do País (Lugo) - Curso 2015/2016
http://culturadopais.blogaliza.org/
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Xa comezamos a darlle ao pandeiro e máis á pandeira da Montaña!
durante o mes de setembro podedes vir probar. Inscricións en culturadopais@gmail.com ou no teléfono 651672551

As aulas son os xoves no Lar de Cultura do País (Carril das Hortas), cos seguintes horarios:

19:00-20:00 pandeireta
20:00-21:00 pandeiro cadrado
21:00-22:00 pandeira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Fervenza de Ouzande (A Estrada) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


BAILAS? 2015-2016
CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 26 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 17:30 da tarde.
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS, OS SÁBADOS POLA NOITE.

As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO

Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.

Anímate a tocar algún instrumento, a cantar ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A.C. Pedra da Aroña (Escarabote, Boiro) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )



Novo curso 2015-2016! Baile tradicional, ballet e pandeireta e canto no centro social de Escarabote os venres e sábados!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



AOFT Gomes Mouro (Escola de Música Tradicional de Ourense) - CURSO 2015/2016
https://aoftou.wordpress.com/2015/09/11/curso-2015-2016/
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Comezamos un novo curso na AOFT de Ourense che@s de ilusión!

A partir do 15 de setembro comeza o prazo de preinscripción para as distintas actividades propostas pola escola. Podes facela dos seguintes xeitos!

Nos correos aoftou@hotmail.com ou gabelairas@yahoo.es indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto e actividade á que desexas asistir.
Nos teléfonos: 654173524 – 654173498
Falando co teu mestre ou a tua mestra directamente!
Este ano contamos cas seguintes actividades:

GAITA: Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez.
PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos).
CANTO E PANDEIRETA: Patricia López.
ACORDEÓN: Gerardo Quintela.
FRAUTA -REQUINTA: Fernando de Vicente
BAILE: Roberto Muradás
MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS

O VENRES 2 DE OUTUBRO DE 19.30h 20.30h FAREMOS A PRESENTACIÓN DAS DISTINTAS ACTIVIDADES E PODEREDES CONSULTAR CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑADES. SERÁ NO NOSO LOCAL EN TRAS BLOQUE 8 BAIXO BARROCÁS-OURENSE

O LÚNS 5 DE OUTUBRO ARRANCAMOS!!!

PREZOS DAS ACTIVIDADES:


– CALQUER ACTIVIDADE: 125€/curso , (incluídos os 20€ de matrícula).

*ACORDEÓN: A concretar co mestre.

*Dúas asignaturas: 210 €/curso.
*Tres asignaturas: A consultar.

Os pagos realizaranse o comezo do curso ou en dous prazos durante o mes do outubro o 1º e durante o mes de xaneiro o 2º.



*AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO:
Aberta a calquera persoa que queira tocar nela sempre e cando a dirección da mesma, considere que ten un mínimo de nivel para participar.


Para calquera consulta:
email: gabelairas@yahoo.es ou aoftou@hotmail.com
telefonos: 654173524 – 654173498

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coral de Ruada (Ourense) - Clases de gaita galega e percusión
http://www.coralderuada.com/index.php?sec=Blog&ap=blog_visualizar&id_blog=116
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:

Esta escola está organizada pola Coral De Ruada.

Poden participar mulleres e homes cunha idade mínima de 10 anos.

As clases terán lugar no local de ensaio da Coral De Ruada, situado no ático do teatro Principal, na rúa da Paz, nº 9.

Terá lugar os martes de 18,00 a 20,00 horas.Dependendo do nivel previo dos alumnos, poden organizarse en dous niveis: inicio (de 18,00 a 19,00 horas) e perfeccionamento (de 19,00 a 20,00 horas).

Daranse clases de gaita galega e percusión (tamboril, bombo, pandeireta e pandeiro).

As clases serán impartidas polo prestixioso gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), membro do Grupo de Música Tradicional “Gomez Mouro”, gaiteiro e compositor do Cuarteto de Gaitas “Abelente”, director da Agrupación de Gaitas “De Pé Feito”, membro do Cuarteto de Gaitas “parDpar”, etc.

Os interesados en participar deben dirixirse aos teléfonos: 654 173 524 (Gonzalo) ou 657 677 411 (Emilio). Tamén poden enviar un correo electrónico á dirección seguinte: info@coralderuada.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Cultural Musical Arume (Burela) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 19/ / 9/ / 15 )


Comeza o prazo de matrícula para o curso 2015-16. Clases de gaita, percusión tradicional, baile, pandeireta e cantareiras.
Contacto:acmarumeburela@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O'Bringuelo Cultura Tradicional (Arzúa) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 19/ / 9/ / 15 )


Aberto o prazo de inscrición. Inicio das clases en Outubro.

Acordeón, gaita, percusión, baile, canto e pandeireta

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación cultural Sadeo (Ponteareas) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 19/ / 9/ / 15 )


SADEO ven para cubrir ese oco de referentes no Condado – Paradanta en canto a grupos de música tradicional,

As aulas impártense no Centro Social de Ponteareas

Aberto o prazo de inscrición: sadeopandereteiras@gmail.com - 692 892 206

Pandeireta e canto: martes
Mestra: Nuria Gesteira.

Baile tradicional: mércores
Mestre: Fran García.

Gaita
Mestre: Gonzalo Abelairas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



cursos do pichel 2015/16 (Compostela)
http://gentalha.org/2015/09/cursos-do-pichel-201516-2/
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 15 )


A associaçom cultural a Gentalha do Pichel é um projeto autogerido, que se sustenta a partir do trabalho, ativismo e achegas económicas das pessoas associadas.

Os cursos, além de serem um espaço de convívio e aprendizagem, som umha ajuda económica para manter o centro social, por isto pedimos o teu compromisso à hora de fazer o pagamento no início de cada mês.

Sem matrícula. Depósito dumha mensalidade a maiores a começo do curso que será devolta no caso de avisar com um mês de antecedência da baixa do curso. O pessoal que fique até o fim do curso nom terá que pagar o último mês graças a este depósito.

Preço por mês. Desconto de 2€ no preço do curso para pessoas associadas, desempregadas (deve acreditar-se) ou que frequentem mais dum curso.

Mínimo de inscriçons para um curso começar: 3/4pessoas.

Com inscriçom prévia em gentalha@gentalha.org

Dúvidas e esclarecimentos em gentalha@gentalha.org ou no 698142936 (de 19h a 22h)


DE MANHÁ



  • Canto e Pandeireta. Iniciaçom


Segundas-feiras de 12h30 a 13h30. Começo de 5 outubro. Preço 16€


As aulas de pandeireta e canto virám da mao de Carme Iglesias, integrante das Pandeireteiras Bouba, da Pontragha. As pessoas velhas da comarca, de quem aprendeu a música, estám presentes no seu modo de tocar e ensinar. De Tordoia portas para fora… Começa a rota da pandeireta!


 



  • Gaita


Quartas-feiras de 10h30 a 11h30. Começo 7 de outubro.?Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


No curso fará-se umha aproximaçom à técnica do instrumento e aprenderemos algumhas peças. O curso irá da iniciaçom ao aperfeiçoamento, trabalhando ouvido, afinaçom e linguagem musical, com as noçons básicas de teoria e leitura aplicadas à prática da música tradicional. O professor será David Canto, gaiteiro iniciado na música tradicional na comarca da Marinha, para depois receber formaçom em gaita, percussom e requinta e flautas travessas em aCentral Folque e no Conservatório, do que posue o Grao Professional em Gaita Galega. Tocou com ”Acibreira” , ”Quarteto da Gentalha”, “Arrueiro” e “Do Fondo do Peto”, além de colaborar nos últimos discos de Os Cempés e Kepa Junquera.


 



  • Tamboril


Quartas-feiras de 10h30 a 11h30. Começo 7 de outubro.?Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


Neste curso praticará-se a técnica de tamboril tradicional (agarre das baquetas, batido e redobre, acentuado, etc), para a sua aplicaçom nos ritmos empregados na música tradicional galega. Fará-se um achegamento que permita a interpretaçom dum repertório variado e desenvolver-se no acompanhamento da melodia. O professor será David Canto.


 



  • Iniciaçom à dança tradicional


Quartas-feiras de 11h30 a 12h30. Começo 7 de outubro. Preço 15€. Número mínimo de participantes: 6 pessoas.


Neste curso aprenderemos pontos de diferentes zonas da Galiza para podermos participar ativamente em festas e foliadas. Será com Fuensanta Nieto, vizinha de Compostela, que bailou em diferentes agrupaçons folclóricas da comarca. Também fijo algum trabalho de campo por diferentes lugares da Galiza para aprender, de primeira mao, as diferentes maneiras de bailar dos e das nossas velhas.




  • Dança tradicional. Intermédio


Quartas-feiras de 12h a 13h. Começo de 7 outubro. Preço 15€. Número mínimo de participantes: 6 pessoas.


Se passaste por iniciaçom e queres continuar a aprender pontos para divertir-te nas foliadas este é o teu curso. A profe será Fuensanta Nieto.


 


À TARDE



  • Dança tradicional para quem nom sabe nada


Quartas-feiras de 20h a 21h. Começo 7 de outubro. Preço 15€.


Ensinada por Chus Caramés, que há décadas que anda no baile galego. Começa de mui novinha na agrupaçom folclórica da sua terra natal e a dia de hoje continua aprendendo da man das nosas pessoas velhas e em festas e foliadas. Além de bailadora e pandeireteira, é a organizadora dum evento muito importante para a música tradicional do país, “os Encontros de Música Tradicional de Carvoeiro”.


 



  • Dança tradicional para quem sabe um chisco


Terça-feiras de 20h30 a 21h30. Começo 14 de outubro. Preço 15€


Se já foste um aninho a dança é mais ou menos lembras o básico, este é o teu curso! Aqui afiançarás o aprendido e darás umha volta para continuares a desfrutar das festas e foliadas. Quem te ajudará é umha rapariga que sabe disso. Carme Campo aprendeu os primeiros pontos no Porrinho, aperfeiçoou-nos num grupo de Compostela e agora mantém-se aprendendo no dia a dia, em seráns e festivais de música tradicional.


 



  • Dança tradicional para quem sabe um chisco mais


Segundas-feiras de 22h a 23h. Começo de 5 de outubro. Preço 15€


Com Fuensanta Nieto aprenderemos alguns bailes de diferentes zonas para podermos continuar a participar ativamente em festas e foliadas, além de aperfeiçoar as técnicas do baile que já temos aprendidas doutros anos.


 



  • Pandeireta Iniciaçom e Aperfeiçoamento


Quartas-feiras. Iniciaçom de 19h a 20h. Começo 7 de outubro. Preço 14€. Duraçom até junho.


Quartas- feiras. Aperfeiçoamento de 20h a 21h. Começo 7 de outubro. Preço 14€. Duraçom até dezembro. Em Janeiro formaremos um grupo de gaitas e percussom com aulas concretas para isto com a gente de aperfeiçoamento que quiger participar.


Nas aulas aprenderemos a tocar os ritmos básicos da música tradicional galega, centrando-nos na técnica e no acompanhamento a outros instrumentos. Aitana Cuétara, a professora, está acompanhada pola música tradicional desde 1997. Começou sob a direçom do mestre Lolete, primeiro como gaiteira e logo já como percussionista, passando depois por outras agrupaçons e formando-se com diferentes músicos. Desde há treze anos leciona aulas regulares e cursos intensivos na Galiza e fóra.


 



  • Gaita


Quintas-feiras de 17h a 18h . Começo 1 de outubro. Preço 20€.


* Com David Canto. Ver informaçom nos cursos de Manhá.


 



  • Tamboril


Quintas-feiras de 18h a 19h. Começo de 1 outubro. Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


* Com David Canto. Ver informaçom nos cursos de Manhá.


 



  • Acordeom diatónico e piano.


Quintas-feiras de 17h a 19h. As aulas seram de 1 hora a escolher por cada aluna/o neste horário (ou de 17h a 18h, ou de 18h a 19h). Começo no 1 de outubro. Preço 22€.


Neste curso explicaram-se diversos elementos de técnica interpretativa e daram-se exercícios práticos adaptados ao nível e evoluçom de cada aluno/a. O repertório impartido centrará-se, fundamentalmente, em peças tradicionais galegas, fazendo ênfase nas próprias do acordeom e do canto, ainda que também se incluiram peças tradicionais doutras partes do mundo. A falta de instrumento ou de conhecimento musical nom é um impedimento para a assistência às aulas. O professor será Alberte Núñez Martínez quem se iniciou no mundo do acordeom da mao de Brais Maceiras depois de ter estudado piano no Conservatório Profissional de Música da Corunha. Assistiu a diversos encontros e cursinhos ofertados por grandes acordeonistas como Pedro Pascual, Cati Plana ou Xuan Nel Expósito. Toca nos grupos Sessión Vermú e Dúbida Duo e colaborou com Tiruleque ou os Tres Trebóns. Atualmente dá aulas de acordeom em diversas associaçons e intervêm em homenagens e concertos didáticos sobre o instrumento.




  • Música para peto. Harmónica e mais uns instrumentos miúdos.


Segundas-feiras de 18h45 a 19h45. Começo 5 de outubro. Preço 20€. Duraçom de outubro a dezembro.


Curso para todos os níveis sobre instrumentos que podem ser levados no peto, porque a música é o refúgio onde podermos agachar-nos contra o aborrecimento, a defesa da mediocridade. Curso para aprender/melhorar a tocar a harmónica em vários estilos (tradicional, folque, popular, blues…) e liçons para outros instrumentos: tarranholas, harpas de boca, assobios, colheres… O professor será Ariel Ninas (a.k.a. Mauro Sanín) músico polifacético associado à aCentral Folque, onde desenvolve a sua atividade profissional regular. Ainda que pouca gente o sabe, a harmónica é o seu primeiro instrumento, que toca desde os 14 anos e tivo em Marcos Coll (Reyes el K.O.) o seu professor. Como sanfonista, é membro da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea da Galiza) e Ulobit (multimedia experimental).




  • Canto e Pandeireta.


Intermédio: segundas-feiras de 19h45 a 20h45. Começo 5 de outubro. Preço 16€


Avançado: segundas-feiras de 21h a 22h. Começo 5 de outubro. Preço 16€


As aulas de pandeireta e canto virám da mao de Carme Iglesias, integrante das Pandeireteiras Bouba, da Pontragha. As pessoas velhas da comarca, de quem aprendeu a música, estám presentes no seu modo de tocar e ensinar. Desde Tordoia portas para fora… Começa a rota da pandeireta!


 



  • Percussom Doméstica


Segundas- feiras de 21h a 22h. Começo 5 de Outubro. Preço 20€. Duraçom de 3meses.


No curso faremos um percurso polas músicas tradicionais da península ibérica, de Europa do leste e de América do sul, vendo que os instrumentos domésticos som um óptimo veículo para a aprendizagem musical de técnicas tradicionais e modernas.


Para realizar o obradoiro é recomendável trazer instrumentos domésticos como culheres, tijola, dedais de costura, caldeiro, táboas de lavar, sachos, latas, almirez ou morteiro ,… Também se podem trazer outros instrumentos de percusión tradicional para usar como base rítmica nalgumhas partes do obradoiro. Carlos Martínez leva desde 2003 até a atualidade percorrendo grande parte da península e Europa como percusionista de “Pan de Capazo”. No ano 2009 forma em Compostela a Fanfarria Taquikardia, grupo de referencia na animaçom de rua galega. Durante vários anos percorre a geografia galega como membro do grupo de percussom tradicional “PelePau”. Na atualidade o seu trabalho musical está em “Pan de Capazo”, “Os Calandracas” e o desenvolvemento das percussons domésticas, os bombos e os pandeiros de diferentes culturas do mundo.


 



  • Guitarra.


Nível I: terças-feiras de 19h a 20h . Nível II de 20h a 21h. Começo 6 de outubro. Preço: 25€.


Som ideais quer para gente que começa do zero, quer para quem já tem um nível intermédio. Nelas, trabalharam-se harmonia e técnica de forma conjunta, a un nível mui básico. A ideia é fazer aulas engraçadas onde a criatividade e a improvisaçom tenham um papel importante. Tocaram-se temas de diversos estilos (blues, rock, country, reggae, funk) e temas que proponha o próprio alunado, se a complexidade do tema o permite. O professor será Benjamín Vázquez, professor em educaçom musical e atual guitarrista de The Lákazans.


 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16]


En 'Novas Relacionadas'



* III Serán de Alxén - todocondado.com

* XIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana - Malmequer

* Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo

* Verkami para un disco de Retrouso

* 1º Concurso de Cabazas na Taberna Café Museo "A Baiuca" (Arteixo)


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre pandeireta en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]