Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]

Novas que incluen 'o':


DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 12 )


As agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos presentan “Danza 3”, un proxecto arredor do folclore que desenvolve tres espectáculos de música e baile tradicional.
O proxecto aúna as claves que fundamentaron a recuperación do folclore galego e a súa consideración como un conxunto de saberes intrinsecamente valioso (o traballo de campo, a compilación de material videográfico, a edición e publicación de discos e monografías baseados neste material, etc.) cos elementos que cabe atopar detrás do concepto de espectáculo: deseño escenográfico, recurso a equipos técnicos de luz e son, elaboración detallada da posta en escena...
Dende o inicio do proxecto, nos primeiros anos da década pasada, os sucesivos espectáculos de cada agrupación percorreron Galicia coa colaboración das diversas administracións, contribuíndo así á difusión e divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia, e proporcionando ao público unha información fundamental para que poida comprender e valorar na súa xusta medida a importancia do noso patrimonio inmaterial.
As entidades propoñentes traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas coas que construir experiencias visuais e sonoras para un público que cada vez ten máis productos entre os que escoller, pero non máis criterios para distiguilos. “Danza 3” propón a presentación, baixo un formato concreto, das pedras (as teselas) que xeracións de músicos e bailadores anónimos foron deixando en herdanza a través dos séculos, ata debuxar o mosaico de maior colorido e complexidade de Europa; unha creación colectiva que o paso dos séculos foi destilando ata hoxe con man delicada.

Datas e concellos das actuacións xunto co grupo participante:

30/12/11 Xinzo de Limia (Cantigas e Agarimos)
28/01/12 A Estrada (Cantigas e Agarimos)
11/02/12 Tui (O Fiadeiro)
04/03/12 Arzúa (O Fiadeiro)
10/03/12 Vilalba (Xacarandaina)
14/04/12 Narón (Xacarandaina)
15/04/12 Palas de Rei (Cantigas e Agarimos)
19/05/12 Melide (Xacarandaina)
22/07/12 Padrón (O Fiadeiro)

Cada agrupación interpretará un espectáculo diferente de baile e música tradicional:

Xacarandaina: "Galicien Amerika Linie"
O Fiadeiro: "De oficioos e labores, VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía"
Cantigas e Agarimos: "Lela"

Patrocinan: XACOBEO, AGADIC E XUNTA DE GALICIA
Colaboran: Os concellos nomeados
Organiza: XOC (Xacarandaina, O Fiadeiro, Cantigas e Agarimos)
- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/22/galicia/1332449512_434744.html
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )
Adoitan dedicarlles breves parágrafos e letras minúsculas en cartaces de teloneiros. Asinan contratos miserentos. Pero nin se resignan nin se flaxelan, “porque o país non se fai chorando”. Seguen a bourear baixo tellados de uralita, enlamando os zapatos nos torreiros das festas e creando parroquia até no último palco, nunha incansable romaría de aldeas, porta a porta, veciño a veciño. É o marketingmáis eficaz. Botarlle horas ao volante e chegar alí onde remata o asfaltado dos camiños. Sen buscar o aplauso, con humildade. O mérito, din, é ser xente desta eira e deste tempo. A xeración máis combatente da creación sonora da terra volve aos escenarios disposta a rozar a maleza da indiferenza e facer agromar a rebelión das mentes. Chega a primavera da música galega.

Desde que Mördor se convertera en Zënzar e as Encrobas no epicentro do rock galego, en Cerceda sempre florece primeiro. En maio, a incombustible banda de Xosé Bocixa —voz— volve aos escenarios, coa mesma insubmisión de cando bruaban contra o servizo militar obrigatorio en casetes de 500 pesetas a unidade. “Case 25 anos despois, o espírito do grupo mantense inmóbil. É o mundo en xeral o que non deixa de empeorar. Por iso volvemos ás nosas orixes, con sons eclécticos e cancións tralleiras, que falan do conflito social entre ricos e pobres, entre explotadores e explotados, cancións que falan dunha vida subordinada á rutina do traballo”.

Avisan, que coma anuncian na carátula, Vaise armar. Polo pronto, o próximo 14 de abril, axudarán a montar balbordo aos seus discípulos máis avanzados, os Machina. O cuarteto prepara a presentación oficial de Ensaio sobre o silencio, plasmación da “madurez persoal e musical” da banda referencial do metal galego. Arredor de 13 cortes “directos e rápidos”, os cercedenses reflexionan sobre historias enganadas, patrias impostas e camiños marcados. “Estamos cansos de que apandemos sempre os mesmos. Queremos dilapidar os silencios da medocracia, dunha crise que nos condena á miseria”.

A palabra segue a ser unha arma cargada de futuro. Por iso, hainos que se meten a editores. Os Quempallou xa teñen o prelo a punto para distribuír o seu cuarto álbum, Vellas Novas, no que volven bater con retranca nas pandeiretas, enchendo o fol de festa, empeñados en recuperar voces que falan e contan cousas que lles petan de preto. “Desgrazadamente, despois de décadas de normalización lingüística estamos nunha situación pre-democrática, sen prensa en galego”. De aí que o leitmotiv do disco, incluído o deseño gráfico, sexa o xornalismo. Tirando de repertorio popular pero con maior protagonismo das composicións propias. Cantándolle aos galegos que emigraron á Habana para gañarse un peso ou aos que parolan fronte a unha cunca de viño. “Non pretendemos reescribir a música tradicional, senón falar da realidade que nos rodea Tamén na foliada”, canta Guillerme, “hai que coidar esta terra”.

Desde o cortello dos xa veteranos Ruxe-Ruxe, Vituco Neira subscribe o fondo, pero matiza a forma. “Para criticar as cruezas da realidade non sempre hai que poñerse no papel de francotirador. Nós non queremos facer simples textos de protesta. Creamos aquilo que nos sae do corazón, aquilo que realmente sentimos”. E o que lles pide o corpo é ouvear Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, e falar do que lles doe pero tamén do que lles enche a alma de folgos. De “amores macarras” e negocios co demo. Dese rock país que o 31 de marzo subirán ao escenario da Sala Capitol.

Menos directos, menos vendas

Aos concellos péchanlles a billa e aos grupos os circuítos nos que tocar. Menos festivais, menos directos, menos vendas. Malia existir máis formacións e estilos ca nunca, a pesar da normalización do galego e, incluso, aínda estando máis ou menos resoltas certas eivas históricas, como a falla dunha industria discográfica, grazas á Rede e á aparición de selos de autoedición, a crise afasta a utopía de vivir do que dá a música. Intensifica a eterna contradición entre unha oferta talentosa e unha economía de subsistencia. Pero o escenario tampouco é tan novidoso. “As dificultades son sempre as mesmas”, recoñece Bocixa: “Autoodio, descoñecemento, falta de apoio gobernamental...”.
Para Guillerme Costa, voz dos Quempallou, “o desexable sería que a cultura puidera sobrevivir sen subvencións igual que a lingua sen plans de normalización”, unha situación para a que considera imprescindible o cambio de actitude de medios de comunicación e partidos españolistas como o PP respecto das diferentes culturas do Estado. Bocixa engade a problema xurdida da “pretendida confusión” creada arredor da “suposta” dependencia institucional da música. “Onde van parar os investimentos en cultura das diferentes entidades autonómicas? É que os macro-concertos do Monte do Gozo non son cultura subvencionada? O que acontece é que a Xunta gasta o orzamento en artistas que veñen de fóra”. Aos Ruxe xa lles cansa dar sempre os mesmos titulares, pero Vituco recoñece que, tristemente, son certas cantilenas as que non cambian. “Chamáronnos para tocar en Euskadi, en Italia, mesmo nas Azores, pero nunca do concello no que estamos empadroados, no que pagamos os nosos impostos. É máis interesante traer a grupos de pop madrileños, que soan nos 40 Principales, porque son "guays" e din "I love you". E o rebaño vaise facendo máis grande”. Sen sostén institucional, agoira Bocixa, ao final só quedarán os festivais de resistencia, de contracultura, “aos que acabas por non cobrar”. “Pero os músicos non deberiamos confundir unha asociación cultural cun festival. Moitos grupos aceptan estar nun cartel de soa a cambio de ir de balde. Se a xente se vende por 300 euros é difícil mellorar a situación”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mostra de traxes tradicionais galegos (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=111109
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


"O traxe a través do proceso do pan" é o título da exposición que acaba de abrir na Casa Galega da Cultura de Vigo e que dá comezo aos actos da celebración da Reconquista este ano.
A exposición fai un repaso de traxes tradicionais de diario tal e como se empregaban hai douscentos anos, con vinte maniquíes que amosan diferentes partes do proceso de cultivo do millo e da elaboración do pan. Canda a isto tamén se poderán ver vinte modelos en miniatura de traxes.
A exposición, que se poderá ver ata o 8 de abril, inicia os actos da Festa da Reconquista de Vigo, que se celebrará entre o 31 de marzo e o 1 de abril.
- traxe galego -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Asociación cultural A Xesteira abre a taberna en Couso

(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Aviso a todolos FESTEIROS.
Hoxe a noite abrimos a taberna, no campo da festa de Couso.
E o venres que ven temos FOLIADA.
Vinde todos de festa.
- As Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xardí­n Desordenado presenta o seu último disco nun concerto no Auditorio Lois Tobí­o en Gondomar.
http://www.minhor.org/component/content/article/42-destacados/555-xardin-desordenado-presenta-o-seu-ultimo-disco-nun-concerto-no-auditorio-lois-tobio-en-gondomar
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto de Xardín Desordenado no que presentarán a súa última gravación coa fin de promover a poesía galega. Neste último disco recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, pode constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos. O concerto de presentación deste disco terá lugar o venres 23 de marzo ás 20:30h. no Auditorio "Lois Tobío" de Gondomar.

Xardín Desordenado está integrado por:

Isaac Garabatos (Guitarra).Vigo, músico e compositor, diplomado en harmonía contemporánea e música moderna en "Ateneo Jazz" (Madrid).
Marlene Rodrigues (Voz). Monção, cursou estudos de lírica na Escola de Música Pedro Fesh, baixo a dirección do profesor João Merino, e logo na Escola de Jazz de Porto.
Santiago Ferragud (Guitarra e Voz). Algemesí (Valencia). Forma parte de Los Temples, un mítico grupo de Vigo, formado nos anos sesenta e especializado en rhythm and blues e soul.
Blas Segura (Guitarra) Procede de Arguineguín (Gran Canaria) onde participou na gravación de varios discos. É profesor de guitarra, baixo e teoría musical moderna
David Outumuro (Percusión). Ourense. Diplomado en Percusión Tradicional e Licenciado en Percusión Clásica.
No programa inclúense textos de: Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Eduardo Estévez, Xohán Cabana, Ramiro Fonte, Daniel Salgado, Serxio Iglesias, Manuel Rivas, Rafa Villar, Álvarez Blázquez, Pereira Valcárcel, Manuel María, Anxo Quintela, Uxío Novoneyra e Kiko Neves

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ZURRUMALLA n'A Cova Céltica
http://www.facebook.com/events/364143936959165/
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Zurrumalla presenta o seu primeiro traballo discográfico baixo o titulo
"O que había, e...O que hai"

A formación de música folk preséntase deste xeito despois de once anos de percorrer Galicia polas festas, seráns, e máis eventos lúdicos, para facerse un oco no panorama da música galega.

Das "festas que montan" sábeno moi ben o xa nutrido clube de fans.
- Zurrumalla- A Cova Céltica -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"Leo & Arremecaghona`s + Os Labregos do tempo dos Sputniks"e "Os Codias" no FURANCHO MALAHERBA
http://www.facebook.com/events/333467483367669
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


23:00 H. no Furancho Malaherba(Praza de San Mauro; Matamá-Vigo).Gran noite nos agarda: comezará o Leo con Arramecaghona´s Produccions para continuar despois xunto con Gharcia(DKTC) e Silverio(Xenreira) cos:LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS, por primeira vez no furancho Malaherba!!, despois ....
E o sábado visitannos o grupo de folc OS CODIAS. Festaaa!!

- Malaherba- Matamáfolk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terbutalina + Familia Caamagno en La Radio (Compostela)
http://terbutalina.blogaliza.org/2012/02/16/terbutalina-familia-caamagno-en-la-radio/
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


23/03/2012.
22:00
La Radio (Compostela)
4 euros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Curso Música Tradicional Galega: 24 e 25 marzo 2012
http://fingoi.com/musica/index.php?option=com_content&task=view&id=282&Itemid=1
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Os próximos días 24 e 25 de marzo de 2012, na Granxa de Barreiros, celebrarase o terceiro Curso de Música tradicional Galega. Dentro do curso, haberá as seguintes especialidades: gaita, percusión, canto, baile e zanfona.

As sesións serán impartidas por mestres de recoñecido prestixio no seu ámbito: Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López Buján "Chino" (percusión), Javier Feijoó "Chisco" (canto), Xabier Iglesias Castro (baile) e Germán Díaz (zanfona).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Encontro Degustación do Millo Corvo
http://www.meirocorvo.org/actividade.php?lin=G&id=16
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO, festa declarada de INTERÉS TURÍSTICO DE GALICIA no ano 2009.

Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que celebra nesta edición o seu décimo cuarto ano.

• VENRES 23 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada a cargo de Seso "de Pancho".
Degustación e venda: sopas de cabalo cansado, torresmos, chourizos...

• SÁBADO 24 DE MARZO

19:00 - Representación didáctica: "Os instrumentos pobres e cantos de labor" a cargo de Xabier Blanco.
19:00 - ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
21:00 - Festival “A PAN DE MILLO”
Actuación da escola de música tradicional
Grupo infantil de pandeireta "Lembranzas da Ría" (Cangas do Morrazo)
Actuación do grupo de cantareiros "Maghua" (A Coruña)

• DOMINGO 25 DE MARZO

XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:30 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da publicación A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón a cargo de Constantino Armesto (Catedrático de Física e Química e divulgador científico)
o Firma de carteis do millo corvo a cargo do autor Luis Davila
o 12:45 - Actuación do grupo de pandereteiras "Trébede" (Marín)

o 17:00 - Obradoiro infantil: xogos tradicionais (aros, zancos, esfolagatos...etc)
o 17:30 - Charla-coloquio: "O Cambio social 1950-2000 en Galicia: nenos, mulleres e homes"
Ponente: Manuel Pérez Rúa (sociólogo)
o 18:30 - Presentación divulgativa do movemento internacional Slow Food (alimentos de excelencia gatronómica, conservación da biodiversidade, información filosofía slow)
o 20:00 - Actuación da charanga "Trébede"
o 21:00 - Actuación do grupo "Pardal na Rúa"

o AO LONGO DE TODO O DÍA:

• ECOTABERNA: Elaboración de diferentes receitas elaboradas co millo corvo. Venta de alimentos da aldea.
• Degustación de pratos elaborados co millo corvo.
• Obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
- Obradoiro de reciclaxe: Dekñitas
- Obradoiro de cestería: Cestos do gran
- Obradoiro de follaco: Cebos para pesca
• Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
• Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
• Exposición etnográfica.

- Lembranzas da Ría- Maghúa- Pardal na Rúa- Millo Corvo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FALPERRYS & KELTOI! en O Torreiro da Festa (Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


O Torreiro da Festa (Roxelio Abalde 16 - Zona Churruca) Vigo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Chapela - Froles Mareliñas

(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Dia 24 de MArzo, a partir das 21:30 no noso local na antiga estacion de Renfe de Chapela, celebraremos o noso Serán, o cal estades todos convidados, abrira o Serán tanto a escola de Pandereteiras, as PAndereteiras Froles Mareliñas e o Grupo de Gaitas, logo temos o esceario para quen queira subir a tocar e cantar unhas pezas.
A media noite teremos un pouco de Xamon asado e chocolate, non os quededes sen pasar unha gran noite.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación de MILESIOS en A Coruña e Lugo
http://milesios.blogaliza.org/2012/03/20/fin-de-semana-acustico/
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña.



O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tic TAc en Pontevedra
http://www.facebook.com/events/258635567557585/
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


24 de Marzo, no Pazo ds Cultura de Pontevedra.
Concerto especial para nenos e nenas de 1 a 4 anos, onde ademais presentaremos 3 temas inéditos
- Tic Tac -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Concerto-Presentación do CD “Pezas de aquí­ e acolá”
http://www.facebook.com/events/292344100839178/
(texto engadido o día 22/ / 3/ / 12 )


“Pazo da Cultura” Rúa do Pan s/n 15100 Carballo – A Coruña

O novo disco de Agustín Sánchez “PEZAS DE AQUÍ E ACOLÁ”, traballo dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, preséntase por primeira vez no “Pazo da Cultura” de Carballo. O concerto terá lugar o Venres 23 de Marzo as 20:30 horas no Salón de Actos.

A estrea correrá ao cargo do Cuarteto Tradicional “Farrapos de ghaita”, fundado o pasado ano co gallo da presentación do disco. Os seus compoñentes son:
- Suso Moreira e Agustín Sánchez. Gaitas
- Noa Migal. Tamboril
- Pablo Pardo. Bombo


“Pazo da Cultura”
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo – A Coruña
Entrada de balde

Máis información acerca de “Pezas de aquí e acolá” e “Farrapos de ghaita” en:
www.agustingaiteiro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Moxenas Musical Galego en concerto: este sábado en Gondomar

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 12 )


Unha sección puramente gaiteira, unhas percusións, unhas cordas, uns vento-madeira, uns teclados... Unha presenza estética co orgullo perante o mundo dun legado roupeiro sen igual; unha posta en escea onde todo é imprescindible... Mais, nomeadamente, unha ilusión para transmitir enormes e boas sensacións ao público:

Moxenas en estado puro, un concerto a non perder.

-Este sábado, 24 de marzo, ás 20:30 horas

-Auditorio Lois Tobío de Gondomar








- Moxenas Musical Galego -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mamá Cabra 10+1 en Ourense

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 12 )


Domingo 1 de abril de 2012 ás 12h
Auditorio Municipal de Ourense
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)
Organiza: Concello de Ourense

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía,
pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.

10 + 1 é un repaso á traxectoria vital de Mamá Cabra. Un paseo sonoro polos,
nada menos que 11 anos que o grupo leva nos escenarios.

Un espectáculo repleto de cancións que forman parte da nosa memoria colectiva:
O Pirata Metepata, Polas Rúas, Sereiña, Unha vella tiña un can... etc..

MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.


- Mamá Cabra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ST Música Presente 2012

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 12 )


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abre a cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova edición deséñase en colaboración con Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e acollerá os directos protagonizados por Liorna (22 de marzo), Riobó (26 de abril) Borja Cao Trío (10 de maio), Ugía Pedreira&Fred Martins (7 de xuño) e Loaira (14 de xuño).



O grupo Liorna abrirá o ciclo presentando os temas do seu novo álbum, Sarahyba, que segue na liña folk habitual, baseada na tradición galega aínda que con pinceladas actuais. Desde 1996, Liorna elixiu o camiño máis difícil para converterse nunha das realidades máis frescas e puxantes do panorama folk de Galicia. Mentres resulta habitual que as formacións e solistas do xénero recorran ao repertorio tradicional para configurar os seus discos, a banda de Marín apostou desde o principio polas súas letras e a súa música, á procura dunha linguaxe propia diferenciada.

Neste cuarto traballo discográfico, editado por Edicións do Cumio en 2010, preséntanse dez composicións que retroceden á orixe do grupo en canto á estrutura e temática das súas cancións, aderezadas con novas sonoridades. Para a súa produción, contaron coa colaboración do cantautor brasileiro Gustavo Almeida e da violinista Begoña Riobó. Ademais, dous temas foron gravados en directo no Teatro Colón da Coruña dentro do espectáculo Gallaecia, acompañados pola Orquestra Sinfónica de Melide e das Pandereteiras da Agrupación Trompos aos Pés. Xunto a Alberto Lago (gaita e piano), forman parte de Liorna os seus irmáns Carlos (batería) e Luis (percusións), Javier Rabanal (baixo), Jaime Reboyo (zanfona e saxo soprano), Rafael Maquieira (guitarra), Montse Ogando (voz e piano) e Tania Garrido (voz).

Xunto a Alberto Lago (gaita e piano), forman parte de Liorna os seus irmáns Carlos (batería) e Luis (percusións), Javier Rabanal (baixo), Jaime Reboyo (zanfona e saxo soprano), Rafael Maquieira (guitarra), Montse Ogando (voz e piano) e Tania Garrido (voz).



"ST Música Presente" continuará coa violinista folk Begoña Riobó, que chegará ao Salón Teatro o 26 de abril para presentar o seu primeiro proxecto musical. Riobó é o nome do grupo de Begoña e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Begoña Riobó é, actualmente, unha das violinistas con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística (formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu), preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Acompañando a Begoña, en Riobó (Zouma Records, 2011) atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Pérez (frautas e requinta).



O 10 de maio será a quenda do pianista ourensán Borja Cao, que dará a coñecer o seu segundo disco The future is green, no que mestura sons clásicos do jazz con músicas tropicais e ritmos electrónicos. Coa colaboración de Max Gómez á batería e a incorporación de Juansi Santomé ao contrabaixo, este trío continúa a súa andaina xunto co selo Audia Records que segue co seu labor de proxección das facetas do novo jazz feito en Galicia.



Xa en xuño, "ST Música Presente" ofrecerá o día 7 un concerto a cargo de Ugía Pedreira e Fred Martins, que interpretarán en directo os temas de Acróbata (Folque Music, 2011), o resultado pop do achegamento da música popular brasileira coa música popular galega. A palabra é o unico vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saúdan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder absoluto en todas estas composicións engalanadas coa música.

Ugía Pedreira é xa unha artista e compositora consolidada no panorama artístico galego. É unha das caras visibles de proxectos musicais xa coñecidos como Nordestin@s, Ecléctica Ensemble ou Marful, entre outros. Fred Martins xa ten publicados catro discos como cantor e compositor. Os seus temas foron gravados por artistas universais do Brasil como Ney Matogrosso, Maria Rita ou Zélia Duncan



Finalmente, o 14 de maio, a música tradicional galega volverá de novo coa actuación do trío musical Loaira que, coa presentación do seu álbum de debut homónimo, pechará este novo ciclo de "ST Música Presente". Loaira xorde por mor das inquedanzas que os seus tres compoñentes amosan na busca de sons novos e versátiles, que beban directamente da música tradicional galega e aposten forte pola música de autor. Deste xeito e partindo das raíces, o trío fai unha mestura de ritmos e melodías, que van desde o swing ata a bossa nova, con letras sumamente coidadas, escritas coa colaboración da poetisa Mariña Pérez.

Clara Pino (harpa celta e voz), Rubén Abel (guitarra) e Roi Adrio (percusións) son os integrantes desta formación. Os tres teñen unha gran bagaxe musical, tanto como instrumentistas solistas, como parte de coñecidas agrupacións como son Sete Saias ou Quempallou.

Venda de entradas
Todas as actuacións terán lugar ás 21.00 horas. As entradas para os concertos poden adquirirse ao prezo único de 5 euros a través da billeteira electrónica da 902 43 44 43 ou da web http://entradas.novagaliciabanco.es. No despacho de billetes do Salón Teatro poranse á venda a partir das 19:00 horas.

- Liorna- Riobó- Loaira- Ugia Pedreira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Liorna presenta o seu novo disco en Compostela

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 12 )


O grupo Liorna abre unha nova entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", coa presentación do seu cuarto traballo discográfico "Sarahyba"

22 Marzo
Salón Teatro (Rúa Nova 34-Santiago de Compostela)
*Entrada: 5,00 euros


- Liorna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira de presentación do disco de O Sonoro Maxín

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 12 )


Primavera do 2012- Presentación Mundial do 1º disco da banda!!

Ico: voces
Abraham "el niño": guitarras
Samuel Saco: controlador de vento midi e frauta traveseira
Cristina Asenjo: acordeón
Xurxo Brea: baixo
Jaime Mateo: batería
Marcos Vázquez: percusións
Miguel Xanceda: Son en directo
David Rubín: Deseño e ilustracións do disco
Ramón Díaz, de "Oplup": logo


Chega a Onda Sonora.
Chega do interior, dun océano interno.
Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.
Trae con ela as cumbias que non son cumbias.
Esperta os bailes que aínda están por inventar.
Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear.
Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios.
Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón.
Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.
A Onda Sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?

- Sonoro Maxín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]


En 'Novas Relacionadas'



* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

* Luar na Lubre resume os seus 25 anos de carreura no seu novo espectáculo


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]