Un total de 27 grupos "noveis" optan a formar parte do cartel do Festival Ortigueira 2012, dentro do Proxecto Runas, de apoio aos novos creadores da música celta. Entre os aspirantes, por primeira vez, bandas de Xapón, Rusia, Arxentina e Venezuela. O Concello de Ortigueira acaba de dar a coñecer a listaxe de grupos non consolidados que aspiran a actuar na próxima edición do certame folk, que terá lugar entre o 12 e o 15 de xullo. En cifras, cabe subliñar que o concurso mantén o nivel de resposta das últimas edicións e incrementa o seu carácter internacional. Unha vez máis, Galicia é a comunidade autónoma que achega maior número de aspirantes (7 grupos), aínda que outros doce comunidades do estado están representados. Ademais, como se apuntou anteriormente, na lista oficial gañan forza as formacións estranxeiras. Sorprende e avala a difusión internacional do evento e o seu potencial para proxectar a imaxe das bandas folk, a presenza na lista de Los gaiteros de Moscú (Rusia), a agrupación arxentina A chaiva da Ponte, Dracma de Venezuela ou os nipóns Harmonica creams. Agora, a coordinación do Festival Ortigueira seleccionará a un máximo de 15 semifinalistas. Despois, un xurado profesional e o voto dos visitantes da web oficial- que se activará en elixirán aos tres grupos finalistas que configurarán o cartel do Runas 2012. E finalmente, outro xurado, presente no festival durante os directos das bandas, decidirá cal é a xusta gañadora, que volverá a actuar en la edición 2013 e embolsarase 3.000 euros.
1.-A CHAIVA DA PONTE (Argentina) 2.-ADARROTS FOLK TALDEA (Pais Vasco) 3.-ALÉN DE ANCOS (Galicia) 4.-AVELAIÑA (Galicia) 5.-BOC (Cataluña) 6.-CELTIBEERIAN (Castilla La Mancha) 7.-DEALAN (Cataluña) 8.-DRACMA (Venezuela) 9.-GÜINTERVAN (Galicia) 10.-HARMONICA CREAMS (Japón) 11.-HEY FOLKS (Extremadura) 12.-IPARFOLK (Navarra) 13.-JABARDEUS (Cantabria) 14.-KEYMPA (Cataluña) 15.-LOCHLAINN (Valencia) 16.-LOS GAITEROS DE MOSCÚ (Rusia) 17.-MAIANAS (Galicia) 18.-MAUT (Aragón) 19.-METALCAMBRA (Valencia) 20.-MOONROOTS (Valencia) 21.-PE DE BOI (Galicia) 22.-RAPABESTAS (Castilla - León) 23.-RASTREXOS PROJECT (Galicia) 24.-RIU (Cataluña) 25.-STREETWINGS (Madrid) 26.-VIRANDEIRA FOLK (Galicia) 27.-XERA (Asturias)
A Tribo toda Baila - - 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )
12 de Maio ás 21h en EXPOURENSE
Os Resentidos celebran este ano o 30º aniversario do seu nacemento por partida dobre, cun concerto único e cun disco homenaxe. Baixo o nome “A tribo toda baila”, o grupo máis influínte do rock en galego congregará a máis de 30 bandas e músicos galegos actuais para festexar trinta anos de música feliz.
Un concerto único con convidados de altura como Xosé Manuel Budiño, Bieito Romero, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Piti Sanz e Luís Tosar, Rómulo Sanjurjo, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi e Xosé Manuel Pereiro. Carlos Blanco será o encargado de presentar o espectáculo, que abrirán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.
As entradas poden mercarse ata o 15 de abril por 6 euros máis gastos de distribución. Dende o 16 de abril ata o 11 de maio custarán 10 euros máis gastos e xa o propio día do concerto na billeteira de Expourense custarán 15 euros. Ademáis de a través de codetickets, as entradas poden mercarse en C. C. Auriense, Faíscas e Saborido Tapería de Ourense, nas tendas Tipo de Vigo, en A Reixa de Santiago de Compostela, en Don Disco de Lugo, en Discos Noni’s de A Coruña, en Fandiño Tapas de Allariz, en Micaliñas e Feito Praza de Xinzo, na Óptica Anteollos de Celanova e no Local Social Aturuxo de Boiro.
Resentidos, estamos todos (e todas)
Aínda que a maior parte dos versos xa están cubertos, as persoas que queiran participar no vídeo poden facelo enviando as súas fotos coas frases “Galicia Caníbal” e “Fai un sol de carallo” a comunicacion@osresentidos.com antes do 15 de abril.
Disco homenaxe
Waner ultima, ademais, para as mesmas datas, a publicación dun disco homenaxe a Os Resentidos, unha banda que marcou unha época, logrou celebridade fóra de Galicia e influíu de maneira determinante nas xeracións vindeiras do rock galego. “Daquela eramos o único grupo que facía rock en galego e agora hai 80 ou 100 grupos que non teñen o eco que deberan ter”, recorda Reixa. Moitos deses grupos actuais estarán presentes no tributo, que tamén levará o nome de “A Tribo toda baila”: Metralletas Lecheras, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homens Sen Medo, Safari Orquesta, Miki Nervio & the Bluesmakers, DasKapital, Emilio José, O Sonoro Maxin, Novedades Carminha + Antigüedades Alvarez, Ruxe-Ruxe, Roberto Sobrado, Orquesta Alma Latina, The Homens, Tony Lomba e Elio dos Santos, Os tres trebóns, Ultraqäns, El Puto Coke, Pulpiño Viascón e Transilvanians.
...grupo de pandereteiras de distintos lugares do concello d'A Lama. Veñen de publicar recentemente un CD que recopila pezas e adaptacións de repertório tradicional do Suído, inda que tamén traballan sobre repertório doutras zonas cercanas, como Fornelos e O Covelo...
...grupo e escola de baile de Oliveira (Ponteareas), que levan anos recuperando e traballando repertório tradicional non só da sua zona, mais tamén de todo Galicia...
...A asociación cultural Lembranzas da Ría adícase á recuperación de bailes e músicas tradicionais. Isto faise posible gracias ó traballo de campo realizado polos seus compoñentes, ó cal se lle dá un carácter propio, mostrando diferentes xeitos de entender o baile e a música tradicionais...
Banda Baile Asalto. Folk Fresco para facer a festa!
A formación está composta por Javier Rabanal (Baixo Eléctrico), Franc Gorriz (Batería), Sarunas Pupelis (Saxofón Alto e Soprano) Samuel Macía (Bouzuqui) Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica, requinta e saxofón) e Miguel Fraguas (gaitas e low whistle).
Pancho Alvarez presenta "Sonche Atlántico", o seu cuarto álbum en solitario, unha obra que amosa a evolución do artista na busqueda de novas formas e a combinación creativa de sonidos acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos de Suso de Toro ou Antón Reixa.
O álbum conten doce novos temas inspirados no océano Atlántico, cun pé na música galega e outro chantado nas outras terras que comparten este océano cheo de sons que chegan do norte e sur de América, das costas de África, das portuguesas, as irlandesas, as de Bretaña, etc
“Sonche Atlántico” contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor.
Pancho Álvarezé un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.
Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.
Patrick Molard, un dos máximos especialistas en gaita escocesa do mundo, dará un concerto didáctico gratuito no Campus de Vigo.
Lugar: Sala 1 Edificio Miralles Data: mércores 11/04/2012 Hora : 16:30 h
Patrick Molard está considerado como un dos máximos representantes de gaita escocesa no mundo. Iniciou os seus estudos de gaita en 1965 en Saint Malo e logrou un gran prestixio ao formar parte do grupo de Alan Stivell. O gaiteiro é un dos responsables directos do rexurdimento da música bretona cunha longa traxectoria na que integrou numerosos grupos (Satanazet, Ogham, Gwendal, Pennou Skoulm, Molard Trio) pero, sobre todo, con Dan Ar Bras con quen creou un excepcional dúo de gaita e guitarra.
Durante tres anos consecutivos gañou o Trofeo Macallan no Festival Intercéltico de Lorient (1980, 1981, 1982), na Bretaña. Desde 1993 forma parte do colectivo Mestres Solistas Europeos de Gaita, compartindo escenario con outros grandes solistas como os irlandeses Micheal O´Brien e James O’ Brien-Moran, os escoceses Rory Campbell e Fred Morrison, os galegos Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos e Carlos Lorenzo, ou o asturiano Hevia, entre outros.
Bruce MacGregor (Fiddle) & Neil Pearlman (Piano e Mandolina) en Xustáns - Pontecaldelas
(texto engadido o día 10/ / 4/ / 12 )
Bruce MacGregor (Inverness) é un dos mellores fiddlers de Escocia; lider da banda "Blazin Fiddles" e responsable do programa máis prestixioso da BBC escocesa especializado en folk. Neil Pearlman (Boston) é unha estrela emerxente no mundo do folk americano ; ademais de estar especializado en acompañamento de fiddlers lidera tamén a súa propia banda coa que xira de unha punta á outra de USA. Veñen a Galicia para impartir obradoiros de Fiddle, Mandolina e Piano. O Sábado 14 darán un único concerto en Xustáns. Non esperedes ao final que xa sabedes que o aforo é limitado e sempre se esgota.
A Concellaría de Normalización Lingüística e de Xuventude organiza en colaboración coa sala Karma "Galegote rock", un programa de concertos de bandas galegas co que se pretende levar a normalización lingüística aos mozos "que é a franxa de idade máis difícil de chegar dende o punto de vista das institucións", segundo explicou o concelleiro Demetrio Gómez. Galegote rock ten a seguinte programación:
12 de abril: Roger de Flor e o marqués das Vinhas (acústico no Pequeño Karma) 20 de abril: Ruxe-Ruxe 18 de maio: Zënzar 22 de xuño: Nao 30 de xuño: Terbutalina
Vêm aí mais CoraSons! Desta vez, no auditório da ilha de Arousa, na Galiza, no dia 7 de abril, às 22h 30m (21h 30m - hora portuguesa)! Durante 3 dias, um grupo de músicos, atores e amigos reúne-se para gravar um CD, cujo tema é esse símbolo universal que nos une, o ♥! Ao 3º dia, o público terá a oportunidade de ver e ouvir o resultado dessa comunhão de sons do coração!
Na ilha de Arousa, uma pérola da natureza, um grupo de amigos, atores e músicos Embarca numa viagem uma viagem pelo mundo da musica, da arte, da amizade.. ..de que resultará uma exposição, um Documentário, um CD e um Concerto.. ..em torno do símbolo universal que nos une O Coração
VENDA ANTICIPADA NA ILLA DE AROUSA: 10 euros EN BAR O MUSEO (AUDITORIO), PUB O CON DO MOUCHO E PUB BACA. EN TAQUILLA, NA BILHETEIRA: 12 euros
Uxía Senlle, João Afonso, Couple Coffee, Antonio Zambujo, Carlos Blanco, Magín Blanco, Najla Shami, Xoán Curiel, Tatán, Isabel Leal, Rui David, Manuel Salselas, Bruno Cardoso, Alfredo Teixeira, Ana Senlle, Chus, Inés Salselas, Belén Cid, Sérgio Tannus, Quiné, Serginho Sales, Pablo Vidal
Esta edición da Noite de Fiadeiro seguirá sendo na Aldea de Vilavidal (Ramirás) pero cambiará de ubicación. Deixará de ser na Praza de San Andrés, para ser na parte alta do Pobo, na explanada do Bar O Retiro.
COLECTIVOS PARTICIPANTES
Recordade que estes serán os colectivos que están confirmados, pero que na mesma xornada poderanse incorporar outros que desexen tocar no noso torreiro e farano segundo vaian rematando estes ou escepcionalmente de xeito intercalado. . Deste xeito, a lista de participantes/colaboradores será a seguinte: . - CASTRO FLOXO (Ourense) - A REQUINTA DA LAXEIRA (Vedra) - TRASPÉS (Vigo) - XESTREU (Ourense) - ELEFANTE ELEGANTE (O Ribeiro) - OS JALOS D`ANTIOQUIA (A Limia) - CANDAIRA, Cantareiros e Charanga Tradicional (Castrelo do Val) - Pandereteiras LECER (Pazos de Borbén) - MAÇAEDA DA LIMIA (Maceda) - Os SERANDEIROS (Boborás) - Pandereteiras AS PICONAS (O Irixo) - Pandereteiras FLOR DE TOXO (Avión) - DEBANADOIRA (Maceda) - Cantareiras CELAVELLA (Celanova) - Os VARACUNCAS (Rodeiro) - Os FURAFOLLAS (A Cañiza) - O AMANEXO (Oleiros) - Murga Tradicional OS ESTOUPAPOZAS (Ourense) - AS ALTERNATIVAS (Ourense) - SONS DA EIRA (O Morrazo) - REBULIR E.B.M.T. (Ramirás) - Banda Municipal de Música de Ramirás
COLECTIVOS ANIMACIÓN
- "Contos na maleta" con ARUNRUN - Animación de rúa con LÚCETE lecer - Colectivo ALTERNATIVAS SOCIAIS - Centro de Cultura Popular XAQUIN LORENZO - LIGA NACIONAL DE BILLARDA (LNB) - D. Santiago, o AFIADOR de Nogueira de Ramuín. - CABEZUDOS de Rebulir
Un grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, farán o 10 de maio no Auditorio de Galiza a súa particular homenaxe ao cantautor portugués Zeca Afonso e a canción Grândola, Vila Morena, himno dunha xeración e dunha revolución.
Esta mañana no parque Zeca Afonso de Santiago presentouse o cartel do festival Terra da Fraternidade, composto por máis de 30 actuacións e 100 artistas que colaboran de forma gratuita nesta homenaxe. Terra da Fraternidade é unha gala colaborativa, multidisciplinar e chea de cariño cara o cantautor portugués. Na presentación pública estiveron arroupando o proxecto, un dos seus creadores Xoán Quintáns, de Caramuxo, a cantante Uxía, o cantante Xurxo Souto, o pallaso Fran Rei e o deseñador de moda Gonzalo Vázquez.
O 10 de maio de 1972, Zeca Afonso interpretou por primeira vez en público a súa canción Grândola, Vila Morena, no Burgo de Santiago de Compostela. De seguida esta melodía converteuse no símbolo da loita contra a dictadura e do compromiso social dos artistas. Ainda que este 2012 tamén se conmemora o 25 aniversario da morte de Zeca Afonso, este grupo de creadores optou por celebrar o seu valor e a súa arte, máis que o súa desaparición. “Como dicía Díaz Pardo, Galiza é un soño e para nós Terra da Fraternidade é tamén un soño colectivo. Un acto autoxestionado, que naceu da base e onde están involucrados todos os sectores culturais do pais”, enfatizou Xoán Quintáns.
Máis de 100 artistas, entre músicos, poetas, escritores, actores, cineastas, artistas cincenses ou deseñadores decidiron emprender este proxecto común, vencellados todos eles por un espírito colaborativo e horizontal, o mesmo que Zeca Afonso demostrou durante a súa vida. Non hai empresas polo medio, só xente a título persoal que se suma a causa. Un amigo tras outro amigo. “A idea facía tempo que a tiñamos, pero foi tomando forma gracias ao aporte de todas as persoas que decidiron colaborar con esta gran festa”, afirma Xoán Quintáns, o creador do festival xunto a Bea Bugalho. Os artistas aportar o seu talento de forma gratuita, para demostrar que as cousas poden facerse igual de forma autoxestioanda, sen necesidade do aporte de fondos públicos ou privados. Neste festival, a organización só abonará o aluguer do Auditorio, a xestíón das entradas e a impresión do material promocional. Uxía asegurou que é de xustiza farcelle unha nova homenaxe a Zeca Afonso e amosou a súa ledicia por poder participar activamente nunha actividade coma esta. “Grândola Vila Morena é o himno máis fermoso que se fixo a unha revolución”, engadiu. Uxía destacou o carácter diverso e interxeracional dos artistas que participarán na gala, acompañados polas bandas Utopía e Fura Fura. Tamén terá unha presenza destacada o sobriño de Zeca Afonso, Joao Afonso, encantado de participar nesta celebración.
Os artistas que forman parte do cartel e que donan o seu talento a esta homenaxe son: Quico Cadaval, Banda Utopía, García e Leo, Joao Afonso, Ugía e Fred Martins, Guadi Xabier e Guille Fernández, Tiago Gomes, Ico e Xurxo Souto, Xico de Carinho, Ses e Bocixa, Ze Rui, Trópico de Grelos, Aline Frazao, Fran Pérez, Uxía, Sergio Tannus, Vituco, Adrián Beiroa, Najla Shami, Brais Morán, Chévere, Banda Fura Fura e os 7 Magníficos máis 1… e moitas sorpresas máis.
Ainda que no cartel só figuran os artistas do ámbito da música, hai moitos outros que aportarán o seu talento a festa. Tanto Fran Rei coma Gonzalo Vázquez destacaron a importancia de que a este festival se convidase a disciplinas como o circo, a moda e a literatura, que complementan a homenaxe musical.
“Zeca Afonso dicía que Galicia tamén era a súa patria, pero a verdade é que para moitos galegos a música de Zeca tamén e símbolo da súa patria”, remacou Xurxo Souto, mentras Peter Punk, de Pallasos en Rebeldía, agasallou ao público cunha mostra de globoflexia.
A web www.terradafraternidade.com será a plataforma na que se poidan adquirir as entradas e os produtos de promoción. As entradas teñen un prezo único de 10 euros e pódense adquirir dende hoxe. Tamén editarase un xornal con textos de escritores galegos e portugueses, que poderá descargarse da web ou adquirirse impreso a 1 euro. Os xornais Praza Pública, Sermos Galiza e Diovo colaboran con este proxecto.
A gala, que terá unha duración aproximada de dúas horas, transmitirase en streaming por Internet para que as persoas que non teñan a oportunidade de acudir a festa, poidan presenciala en directo on line. Os organizadores pretenden que sexa un transcurrir de actuación de distintos ámbitos, sen presa, pero sen pausa. Á música folque, sucederalle un poema, para continuar cunha presentación circense, cun pase de moda ou cunha actuación de rock. Os músicos compartirán escenario, misturaranse uns cos outros, compartirán letras, instrumentos e equipo, para facer do 10 de maio do 2012 una gran festa da cultura galega e portuguesa. Unha unión fraternal, como eles cren teríalle gustado ao propio Zeca Afonso.
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta