1º Serán O Son das Ferreñas (A Pobra do Caramiñal)
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 12 )
Venres 15 de Xuño a partires das 21:30 no Restaurante O Liñar
Serán tradicional galego para pasalo ben onde o que se pretende e cantar, bailar e tocar calquer instrumento. Pandereteiras, gaiteiros, bailaríns, todo o mundo que queira una noite de festa galega que acuda. Haberá tortillas, empanadas e churrasco, de balde, postos polo Liñar, só pagará cada un o que consuma. Animádevos. Este serán será o primeiro que se celebra na Pobra do Caramiñal
Doa, ao vivo, no Teatro Principal de Pontevedra. Video de "Estes meus ollos". Dentro do ciclo "Músicas Abertas" organizado pola Concelería de Cultura de Pontevedra, Doa presentou o seu último traballo "A fronda dos cervos" e unha escolma de traballos anteriores.
XII Romaría do Lecer e Foliada de San Xoán, Organizadas por Xacarandaina (A Coruña) http://www.xacarandaina.com/
(texto engadido o día 12/ / 6/ / 12 )
Comeza o bo tempo e xa se está a respirar o ar festivo polos pobos e aldeas de Galicia. E en Xacarandaina non somos menos e anunciamos a nosa tradicional Romaría do Lecer e por suposto a Foliada pero este ano especial como é a noite de San Xoan.
Foliada de San Xoan. Sábado 16 de Xuño
A Foliada comezará o sábado 16 arredor das 18 h. cunha foliada infantil, e partires das 21h. comezarán a gran foliada, que este ano ten como novidade que contará cunha sardiñada.
Dende as 18:00. Foliada infantil Dende as 21:00. Folliada aberta. Grupos de toda Galicia! GRAN SARDIÑADA
XII Romaría do Lecer. Domingo 17 de Xuño
O domingo 17 é o día da gran familia de Xacarandaina, a Romaría do Lecer, un día para compartir e para disfrutar todos xuntos. Este ano, como ven sendo habitual, contaremos con polvo e churrasco e, por suposto, cun bochinche no que terás todo o necesario para pasar o día! Xa non tes desculpa para comer con nós!
O programa dará comezo ás 12:30 incluíndo, durante todo o día, a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón...
Paralelamente, están previstas diversas actividades para todo o día: obradoiros para pequenos e adultos, xogos para pequenas e pequenos, campionato de parchís, campionato de tute, … e como remate a rifa, con moitos agasallos para todos.
Actuación dos grupos da asociación Aulas abertas de Folclore Obradoiros e xogos para os peques Campionato de tute e parchís Polvo á Feira e churrasco
ZENZAR PRESENTA NOVO DISCO: "VAISE ARMAR" NO BAR LICEUM
(texto engadido o día 9/ / 6/ / 12 )
O grupo decano do rock en galego presenta o seu séptimo traballo nos perto de 25 anos de rock , baixo o título de "Vaise Armar" aparecen 13 temas inéditos de estilo variado tanto nas letras coma na música...o disco é distribuido por Inquedanzas Sonoras, pero tamén se pode mercar escribindo a : vendas@zenzar.info . Neste concerto Zenzar repasará boa parte do novo disco , pero tamén soarán os clásicos da banda que nunca faltan en directo.
O sábado, 9 de junho, haverá um concerto para simbolizar o encerramento do éMundial e convidar-vos para a edição 2013. Porém, ainda restarão algumas atividades, como indica o programa!HORA: 23h30
LUGAR: La Iguana Club (Churruca, n.º 14)
PREÇO DO BILHETE: 5€ (compra antecipada online na loja Imperdível)
ORGANIZA: Associaçom Galega da Língua (AGAL) COLABORAM: Instituto Camões de Vigo, Minho Reggae, Associação Pró-Academia e O Cable Inglés. RÁDIO OFICIAL: Lusofonias.org
O vindeiro venres 8 de xuño ás 22h a Tenda da Ponte (Rúa bernardo de Sagasta, en Cuntis), voltará ser o esceario sobre o cal seguiremos a recuperar o espírito de tantas rúas e ruadas que nos vellos tempos se fixeron aquí e acolá.
Continuamos a traer o son e baile tradicional a vila do Baño con este proxecto que deu comezo o pasado ano, cumprindo así a súa segunda edición, baixo a denominación de orixe Rúa de Cuntis.
Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.
Venres 8 de xuño, ás 22:30, concerto de Fernández & Quintá na Biblioteca de Os Tilos
Enmarcado no ciclo de concerto Música nos Tilos (3º edición), poderemos desfrutar de forma gratuíta deste magnífico dúo de zanfona e acordeón diatónico, que nos traerán unha mostra das mellores pezas para bailar e facernos mover os pes.
Luar Na Lubre presenta o seu novo disco, Mar Maior
(texto engadido o día 5/ / 6/ / 12 )
- 6 ao 9 de Xuño: Círculo de Bellas Artes - Madrid - 15 de xuño: Auditorio de Ceutí – Murcia. - 16 de Xuño: Teatro Cervantes - Valladolid. - 28 de xuño: Sala “La Mirona” – Girona. - 29 de xuño: Sala “Apolo” – Barcelona. - 30 de xuño: Festival Internacional de Folk de Segovia. - 7 de xullo: Festival da Guitarra de Córdoba. - 21 de xullo: Festival do Ebro – Zaragoza. - 31 de xullo: PRAZA DA QUINTANA - COMPOSTELA. - 4 de agosto: Festival “Demanda Folk” – Burgos. - 11 de agosto: Granada. - 12 de agosto: Baluarte de la Candelaria – Cádiz. - 13 de agosto: Auditorio Rocío Jurado – Sevilla. - 14 de agosto: Boulevard “Demetrio Herrero” – Torrelavega – Cantabria. - 25 de agosto: Jódar - Jaén. - 1 de setembro: Teatro Bretón – Logroño. - 9 de setembro: Pontedeume - 11 de setembro: Festival de Etnohelmántica - Salamanca - 22 de setembro: Festival de La Luz - Boimorto (A Coruña) - 20 de Outubro: Teatro Colón - A Coruña - 31 de outubro: Gran Teatro de Elche - 2 de novembro: Teatro Principal - Palencia. - 3 de novembro: Festival “Irish Flead” – Gran Teatro – Cáceres.
Presentación do disco no telexornal de TVE
en Noticias Cuatro
Actuación emitida en directo no Noise Off Festival
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta