Obradoiro de construción de palletas na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela (Madrid)
(texto engadido o día 31/ / 10/ / 12 )
A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de construción de palletas para os días 9, 10 e 11 de novembro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.
Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizalo contaremos coa presenza de Antón Corral, o recoñecido mestre de mestres que creou unha importante escola de gaiteiros e artesáns principalmente na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Tui para dar o curso.
O prezo é de 140 euros (100 euros para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.
As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es
Toda a recadación das entradas sera doado integramente a ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama). O festival celebrase o sabado 8 decembro nunha carpa cuberta detrás do concello de Cangas
1. ADICAM, MOVEMENTO ASOCIATIVO DE PACIENTES Gracias ao esforzo dun grupo de mulleres con esta enfermidade ADICAM nace en Cangas no ano 2001 coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar e dar a coñecer esta enfermidade á sociedade coa finalidade de eliminar tabúes e enviar unha mensaxe de esperanza. Desde o 2011, buscando un maior acermento ás mulleres e familias da provincia de Pontevedra que están a pasar por esta situación, empezamos a prestar atención, ademáis do local situado en Cangas de Morrazo, tamén noutro local en Vilagarcía de Arousa (C/ Alejandro Cerecedo nº 8, baixo), o que permite unha maior cercanía na zona do Salnés. 2. ¿QUÉ É ADICAM?. ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2001. 3. ¿QUENES A FORMAMOS? Mulleres afectadas, familiares, colaboradores e profesionais. 4. OBXECTIVOS. -Dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás persoas afectadas de tumor mamario e ás súas familias. -Favorecer unha mellor calidade de vida e de saúde ata desde a enfermidade. -Promover unha estreita solidariedade entre as mulleres afectadas. -Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoais. -Ofrecer información á poboación en xeral sobre o cancro de mama e a importancia da detección precoz. 5. SERVIZOS QUE OFRECEMOS. -Apoio emocional. -Atención psicolóxica e social. -Información e asesoramiento. -Charlas de educación para a saúde (prevención, nutrición... ) -Charlas sobre aspectos médicos e emocionais do cancro de mama. -Cursos de relaxación. -Cursos de prevención do linfedema. -Actividades lúdicas e de lecer. 6. PRINCIPIOS DA ASOCIACIÓN -É unha asociación sen ánimo de lucro. -É unha asociación non gobernamental. -Realiza apoio social. -Promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas. 7. FINS DA ASOCIACIÓN. Dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás mulleres que recibiron un diagnóstico de tumor mamario ou se atopan en proceso de tratamento médico por causa de enfermidade tumoral mamaria. Favorecer unha estreita solidariedade entre as mulleres mastectomizadas ou en tratamento médico por este tipo de enfermidade. Actuar ante calquera órgano administrativo ou xurisdiccional na defensa dos dereitos sanitarios e persoais lexítimos das súas asociadas, en relación a canto atañe a este tipo de enfermidade e aos seus efectos. Promover ante instancias públicas ou privadas, a adopción dos sistemas e recursos precisos para a rehabilitación dirixida a potenciar a súa capacidade de adaptación ás novas situacións persoais e a alcanzar a mellor calidade de vida e de saúde. Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das súas asociadas en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc. Crear un grupo de voluntariado, auto-axuda e atención a mulleres recentemente diagnosticadas de tumor mamario. Fomentar o coñecemento social deste tipo de enfermidade mediante actuacións no ámbito da educación para a saúde para paliar o efecto que os tabúes ten sobre a persoa afectada.
O día comezara as 16h con campionatos de chave e un circuito de xogos populares, no cal os participantes deberán xogar a diferentes xogos populares, gañando aquel/es que consega/n maior puntuación ao finalizar. Tamén contaremos desde as 16h con obradoiros de pintura, malabares,etc. para nenos e rapaces.
Unha vez finalizados os campionatos e obradoiros, daremos paso á exhibición duns malabaristas e a unha actuación de maxia do Mago Eloy. Destacar tamén, que contaremos cun grupo de músicos durante as actividades de día.
Xa entrada a noite e antes de comezar os concertos, haberá unha cea popular onde serviremos racións de lentellas, xamón asado e chourizos asados.
Unha vez iniciados os concertos, repetiremos outro ano máis o magosto típico do Ventorock onde repartiremos castañas asadas de balde.
Chegadas as 21h, daran comezo os concertos, onde este ano contaremos cos seguintes grupos:
- La Vaga Banda: Gañadores do I Concurso de Bandas Locais Ventorock. Grupo de reggea/ska chegados desde Redondela/Vigo.
- Sozios a la Fuerza: Grupo tributo á mítica banda de punk La Polla Records. Chegan desde Muros (A Coruña)
- Ulträqäns: Grupo chegado desde A Coruña e coñecidos en toda Galiza polo seu estilo folk-punk.
- MeDoMeDÁ: Grupo estrela deste Ventorock 2012. Chegan desde Teo (Santiago de Compostela) e son coñecidos polo seu explosivo e divertido directo.
Destacar que, como todolos anos, a entrada será de balde, contaremos cunha carpa completamente cuberta por se o tempo non acompaña e teremos uns prezos anticrise.
SAMAÍN REDONDELA 2012: MAGOSTO E SERÁN POPULAR (mércores 31)
(texto engadido o día 29/ / 10/ / 12 )
SAMAÍN REDONDELA 2012: MAGOSTO E SERÁN POPULAR
Xa sabes, colle a toda a familia, grandes e pequenos, e achegádevos á Alameda de Redondela a pasalo en grande co Samaín 2012. Será o vindeiro mércores 31 a partir das 17:30 h. Haberá magosto, obradoiros para nenos e nenas, xogos populares, concurso de postres de castañas ou cabazas, serán e moito máis...
Ah, e se tes un grupo de música tradicional e queres subir a tocar pola noitiña no serán estás convidado. Xa te podes ir anotando...
Recordade que podedes mercar a vosa entrada por 12 euriños e asistir a un concerto irrepetible con Diplomaticos, Papaqueixos e Rastreros outra vez xuntos, berce do rock bravu. Acompañados de dous grupazos como Cuchufellos e Liviao de Marrao. Asi como o Ce Orquesta Pantasma e Os veraneantes, quentando o ambiente.
Organizada pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, o vindeiro sábado 3 de novembreo ás 20:00 horas, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), terá lugar a V Foliada de Sada.
No transcurso dela, celebrarase o III Concurso Queiroa de Baile Tradicional por Parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns. Previamente, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrarase a xa habitual Foliada Infantil, á que poderán asistir os máis pequenos dos diferentes grupos tradicionais.
Podedes participar tocando e cantando no escenario, ou ben bailando ao pé del, sempre música tradicional. Se non queredes facelo, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.
Se desexades actuar na foliada ou participar no concurso [consultade aquí as bases], confirmádeo canto antes no teléfono 617940833 (Luis) ou no correo grupoqueiroa@gmail.com . Cando saibamos o número de participantes, informarémosvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Logo das actuacións previstas, a intervención será libre.
Haberá bochinche (castañas, bolos preñados, viño, etc.) e a media noite, queimada.
Zoobazar, World Music dende Madrid, estarán no Bar Aturuxo de Bueu o vindeiro 1 de Novembro
(texto engadido o día 28/ / 10/ / 12 )
ZOOBAZAR é un exquisito cuarteto de World Music que irrompeu con forza na escena musical co seu novo álbum Zoobazar "UNO" producido por Carlos Raya, sorprendendo nacional e internacionalmente solicitando as mellores críticas da prensa especializada.
A mestura tan interesante e novidosa créana catro músicos que proveñen de formar parte de prestixiosas bandas españolas como Radio Tarifa, La Musgaña, Eliseo Parra, Javier Paxariño, La Shica, Mastretta...
Zoobazar traspasa fronteiras musicais baseándose na música tradicional, combinando varios elementos Mediterráneos como o folclore ibérico, balcánico, grego, turco, oriental, norte africano, flamenco, así como rock, funk, jazz e música Hindú, con loops e samplers que dispara con pedais de efectos.
Con laúde árabe, salgueiro, buzuki, percusións, batería, baixo, violín e mandolina crean un son único e moi persoal. A través de melodías claras, pegadizas, ás veces íntimas e profundas experimentan un novo e poderoso concepto de World Music e música tradicional transmitindo a súa música ao público de xeito fresco, vivaz e contundente.
Música innovadora, creativa, de raíz e cunha visión global. É en definitiva un grupo de directo.
Formación: Amir John Haddad Laúd eléctrico, Buzuki e Saz eléctrico Diego Galaz Violín, Strohviol, Mandolina eléctrica Héctor Tellini Baixo eléctrico Pablo Martín Jones Batería e Percusión étnica, darbuka, caixón.
Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 12 )
Venres 26 e sábado 27 de outubro no cine teatro de Ribadeo.
Venres 26, o conxunto Os Folkgazais, de Vegadeo, presenta primeiro en pase privado para os seus colaboradores o disco "Haiga", financiado a través do sistema de micromecenazgo, pero este sábado 27 darano a coñecer en aberto ao público nun concerto que terá lugar no Cine Teatro ribadense, ás 21.30 horas, dentro do ciclo Músicas Posíbeis (entrada, 3 euros). Neste último traballo recrean o esilo das orquestras dos anos 40, 50 e comezos dos 60 que proliferaron tamén no Occidente astur e na Mariña. (fonte)
Metidos xa de cheo no Outono, tempo de castañas, cogumelos e Foliadas. Nos celebraremos a Nº 52 na Cafetería Lar de As Pontes, onde como ben sabedes temos unha cita “obrigada” coa Música Tradicional cada derradeiro venres de mes.
Este mes organiza o Grupo Axóuxere de Roupar (Xermade) e contarán cos seguintes convidados:
1. Banda Agarimo de Catabois (Ferrol).
Banda fundada no ano 1977 de recoñecido prestixio.
2. Modesto Arias, Gaiteiro da Fonsagrada.
Este Gaiteiro da Fonsagrada pasou case toda a súa vida laboral en Cataluña pero esto non foi motivo para deixar de tocar a Gaita.
3. Manuel Enríquez mais coñecido por Nela, O Gaiteiro de Bres (Taramundi – Asturias).
Nela aproveita a visita para presentarnos nas Pontes o seu primeiro disco de recente creación, un libro/CD que leva por titulo: Nela de Bres.
O vindeiro domingo 28 de outubro ás 21.30 horas terá lugar a presentación do disco Sobre Rodas de Carlos do Viso e Luis "O Caruncho" no Multiusos da Xunqueira en Redondela.
Os organizadores deste serán contan cun amplo aparcadoiro que facilita o aceso ao serán.
O próximo sábado, vinte e sete de outubro a Asociación Cultural A Ruada de Randufe, celebra a terceira edición do seu serán. Randufe e un barrio da parroquia cañicense das Achas. O Campo de fútbol é o lugar onde se vén celebrando este serán. A climatoloxía non é problema porque os organizadores contan cunha ampla carpa.
28 de Outubro ás 18h no Local Social, ca participación destes nove grupos: -Virutas de Ebano -Xente Nova de Ferrol -Fol de Coiro de Vigo -Os Fonte Suairas de Coruña -A Folla da Hedra de Ponteareas -Chiquirindaina de Pontevedra -Paínho do mal tempo de Pontevedra -Vedoira de Lugo -Picurruchos de Lugo Agardamos vervos a tod@s!!!!!
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta