O coro residente da Escola Estudio de Santiago, con máis de 19 anos de vida e dirixida por Ramón Bermejo, amosarán ó público as súas versións a capella de grandes clásicos de diversos estilos. Veñen a presentar "Non nos importa a fama", un espectáculo onde se pode escoitar Queen, Frank Zappa ou Earth cunha coidada posta en escea.
NOITES GALEGAS Carlos Ares Martes 11 de Decembro ás 20:30 h.
Carlos compón, toca o piano, a guitarra... e o que canta é seu. Quizáis pode haber máis xente que o faga, pero... con 15 anos? Así é, este talento coruñés estará acompañado de Fernando Fraga (baixo), Christian Delgado (batería) e Alan Ponte (guitarra) e contarán cunhas grandes colaboradoras como Carmen Rey e Ángeles Dorrio. Non lle perdades a pista a este rapaz!
NOITES GALEGAS Tonhito de Poi presenta "O soro da verdade" Martes 18 de Decembro ás 20:30 horas
Nin máis nin menos que ó Amazonas tivo que marchar Tonhito para atoparse coa verdade logo de que a súa avóa lle dixese que coa mentira pode chegar a algún sitio, pero nunca volver del. Alí estivo co chamán Ramón Peregrino, que o acompañará neste concerto tan especial onde presentará o disco gravado a cabalo entre a Amazonia e Galicia, e que ademáis adxuntará o diario que escriviu durante a viaxe, e tamén unha pista de vídeo. Seguro que nos sorprende, unha vez máis.
CoraSóns Xoves 20 de Decembro ás 20:30 h.
A idea nace de "Quen ve coraçoes" unha páxina na que Isabel Valentim (fotógrafa portuguesa) publicaba textos acompañados dunha fotografía, ou ó reves? O caso é que aparecían corazóns polo mundo adiante, nunha porta, na area, no xeo... Uxía propúxolle facer unha exposición na Casa das Crechas, e na inauguración, máis de 20 persoas acompañaron coa súa música o talento de Isabel, e foi como naceu este proxecto.
Berrogüetto Xira de Andar por casa Sábado 22 de Decembro ás 20:30 h.
Por primeira vez, temos a oportunidade de ver unha selección dos grandes temas do grupo en versión semiacústica. Unha xira polos principais teatros galegos que se estrea na Coruña, deixando claro que ese día, a sorte xa agraciou á cidade. Optimismo, frescura, intimidade... unhas sensacións que transporten ó espectador ó salón da súa casa.
Cuarteto Caramuxo no Multiusos de Redondela. Sábado 1 de Nadal
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 12 )
Este Sábado 1 de Decembro en Redondela imos ofrecer un adianto do novo repertorio do cuarteto. Pequenos cambios na instrumentación, novos ritmos e as mesmas ganas de facer o que nos peta que sempre tivemos. Iso sí, utilizando na base melodías do repertorio recollido por Casto Sampedro grazas ó gran traballo do noso bó amigo Xabier Groba
Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.
RETROUSO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR
Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago. Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012. En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012. No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada. Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo. O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas. O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.
Compoñentes:
Noelia Bouzón: gaita Cesar Vicente: gaita Fon Chedas: gaita e acordeón Pablo Neiro: gaita e acordeón Oscar Durán: gaita Martín Varela: gaita Ines Bugallo: gaita e percusión Manuel Anxo Rey: gaita Manu Bouzón: gaita Miriam de Castro: gaita Marcos Varela: acordeón Xosé Martíns: percusión e saxo Manuel Bouzón: percusión Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada) Darío Balado: voz (Convidado)
O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase a próxima fin de semana nunha sala de concertos permanente, na que haberá 18 actuacións en directo e 13 presentacións máis relacionadas coa industrias da música. O Culturgal será a pista de lanzamento de novas bandas e grupos, de festivais, de discos e de iniciativas conxuntas entre artistas de distintas procedencias e disciplinas, como a literatura ou o audiovisual. Ademais, a Fundación de Autor celebrará na Feira das Industrias Culturais a súa Semana de Autor, adicada este ano aos Dereitos Humanos e a asociación Músicos ao Vivo organiza dúas charlas e un encontro con novos talentos.
Dúas características da música galega que quedan patentes na programación musical de Culturgal 2012 son a diversidade e a vitalidade. Haberá música de todas as disciplinas e para todos os públicos, desde o máis moderno El Trapicista, de Erin Comando Katana, ata o folk dos Irmandiños de Vincios, pasando polo rock de Martelo, a música de raíz do Vámola Alboreando, a festa destilada de Linho do Cuco, o humor musicado de Os da Ría ou a tradición reinterpretada de Enrique Paisal, que retomará a Los Tamara en clave de piano, clarinete e voz. Sen olvidar aos máis cativos da casa, que poderán subirse ao tren De María Fumaça, gozar coa reinterpretación que fai a cantante María Inés Cuadrado da Berenguela de Manuel María ou achegarse ao novo traballo multidisciplinar de Mamá Cabra, Bicos de música.
A Feira tamén dará boa conta do dinamismo do sector, coa presentación de novos grupos e propostas como Balakandra, Virandeira Folk, Flip Corale y Los Macabros, A Máquina do Tempo, a Factoría de Subsistencia de Josito Porto ou o Martelo de Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. A cantante Uxía achegará dúas boas propostas de traballo multidisciplinar, ademáis da xa mencionada María Fumaça: Andando a Terra, un disco que pon música aos poemas de Manuel María e Cantigas de Muller, un compendio das voces femininas. Ademais, presentará o décimo aniversario de Cantos na Maré, a cita anual obrigada coas músicas da lusofonía.
Semana de Autor A Fundación Autor lanzará dende o Patio de Culturgal unha pílula previa do que será uns días máis tarde a súa Semana de Autor, que este ano está dedicada aos Dereitos Humanos. Faino cunha selección de novos talentos musicais, o sábado 1 a partir das 17h, Xoán Curiel presentará o seu Magnético Zen, Emilio Rúa o seu Destino Sur e Silvia Penide y los Animales o Animal de Compañía. Todos eles, novos traballos de artistas emerxentes dentro da escena musical galega.
Músicos ao vivo No eido profesional, poderemos asistir á presentación do proxecto Womex 2014 en Santiago de Compostela, a máis grande feira internacional de música. Ademais, haberá unha charla sobre os dereitos de autor organizada por a asociación Músicos ao Vivo e un Micro Aberto, unha oportunidade para que os novos artistas consulten as súa dúbidas profesionais cos representantes da asociación.
Fóra da feira Finalmente a música traspasará os muros da feira e o venres pola noite espallarase pola cidade de Pontevedra: Toques do Caramulo, que chegan ao Culturgal da man do ciclo Outonalidades da asociación cultural portuguesa D’Orfeu, actuarán no Café Moderno ás 21h; Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero retomarán o seu último proxecto aCadaCanto, tamén no Café Moderno, ás 22h30; a Banda Fura Fura, que conta coa presenza de Xurxo Souto, Sés, Ico, O Leo e Bocixa, entre outros, actuará na Sala Karma contra a media noite; e pecharán a noite María Yáñez e Iago Martínez cunha Picada de música galega, tamén na Sala Karma.
A forza de todo o sector Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas.
O sábado 1 de decembro a partir das 23:00 h celebrase a II Repichoca en Ferrolterra no local de Canido. Haberá concurso de sobremesas.
Anotados por agorar:
-Pandereteiras Donas e Galáns.(Ferrol). -Cuarteto Donas e Galáns.(Ferrol). -No Cómbaro.( As Pontes). -Os Sobraos.(Bergondo). -Alén de Ancos.(Ferrol). -Os Feroces da Galgueira.(As Pontes)
Ainda estades a tempo pra anotarvos a tocar, e pra o concurso de sobremesas.... A maiores dos grupos anotados polo momento, veñen amigos de Santiago, Burela,etc.... Vai arder o Canido!!! LUME!!!!
Pra que non se perda ninguén...Local do Canido:
43º 29,05´40" N 08º14,28´90" W
O local está na rúa Insua,
Se vindes pola autovia das Pontes (AG-64) o rematar esta, o mais sinxelo e seguir direccion Ferrol pola estrada de Catabois (AC116)ata chegar a praza de Canido onde tendes que coller a rúa Alegre, veredes dous supermercados(gadis e froiz), tendes que coller a dereita e a seguinte a esquerda e todo dereito ata chegar o cruce coa rua Insua e alí agardamosvos!!
Pola AP-9/E-1 colledes a saida de Canido e xa estades na estrada de Catabois, se vades a esquerda chegaredes a praza de Canido e seguides a ruta anterior.
Dende Ferrol ides a praza de Canido e facedés o mesmo.
XXV anos son os que cumple Xistra, e por iso quere celebralo como ben se merece a ocasión. Moitas son as actuacións que realizaron e realizarán, para celebrar o cuarto de siglo.
Se queredes asistir a un concerto con música de calidade, na que se mezcla o antigo coa innovación; sentindo en cada canción a profesionalidade dos músicos que o forman, non vos podedes perder un concerto de Xistra. Este sábado, 1 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián, tedes a oportunidade de escoitar a este fantástico grupo, quen está celebrando o seu 25 aniversario. 25 anos cheos de grandes momentos e grandes cancións, cos que nos farán disfrutar. ¡Non o perdades!
PRESENTANDO O SEU NOVO TRABALLO "JET LAG" DOMINGO 2 DE DECEMBRO 20 HORAS TEATRO PRINCIPAL Rua Nova, 21
Entradas dispoñibles na taquilla do teatro todas as tardes de 18 a 21 horas
Banda Crebinsky é unha pequena orquestapopularsurxida dun universo imaxinario, fuxida do film Crebinsky. Do mesmo xeito, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, percorren as rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Si houbera que etiquetar o seu estilo, pronto teríamos serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións coma “composicións eclécticas-delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente” que nos aproximaría un chisco á realidade. Da sua escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de grande calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é casi imposibel escoitar todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois é a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos.
Os integrantes da Banda Crebinsky teñen un amplo bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das suas experiencias i estilos persoales, dende o klezmer ou do folk ó jazz, rock, música clásica ou experimental.
A Gaiteira Galega Cristina Pato lanza o seu novo disco "Migrations" con SUNNYSIDE Records no 2013. Jazz con Raíces para esta galega residente en Nova York e membro do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma. Con Victor Prieto, Edward Perez, Eric Doob, Emilio Solla e INVITADOS: Edmar Castaneda, Mike Block, John Hadfield, Sandeep Das, Colin Jacobsen, Suso Vaamonde, Roberto Comesaña. Xaneiro 2013
No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.
Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.
DATAS:
15 e 16 de decembro de 2012
Prema no título para ver a nova ao completo
LUGAR
Centro Lug2
Rúa Pintor Corredoira 4
27002 Lugo
INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74
O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.
Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.
PREZO DA MATRÍCULA
Socios da AGG: 5 €
Outros : 10 €
FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.
PROGRAMA
SÁBADO 15 DE DECEMBRO
Mañá
10.30 h - Acto de apertura das xornadas.
11.00 h - I RELATORIO: Ouribería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fdez "Pancho"
12.00 h - DESCANSO
12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista”
- Son do Fol. Xaime Estévez
13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé
Tarde:
16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández
17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran
18.00 h - DESCANSO
18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero
19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón
Domingo 16 de decembro
Mañá:
10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles
11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"
- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía
11.40 h – DESCANSO
12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba
13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid
Tarde:
16.00 h - IX RELATORIO: Técnica expandida ou o gaiteiro moderno. Paulo González
17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz
- Caderno 20: 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas
17:40 h - DESCANSO
18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro
Rememorando o célebre Concerto Expansivo do 1 de Febreiro de 2003, no que se celebraron máis de 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e videográficas simultáneas en toda Galiza, o 1 de Decembro de 2012, aniversario da Marea de Dignidade, A Burla organiza o DésCONCERTO EXPANSIVO. Unha ocasión para celebrar o nacemento daquel movemento social sen precedentes e facer un animado balance da década. A iniciativa está aberta a toda formación musical, teatral ou artistística en réxime de autoorganización e a todas as salas, bares e espazos que se queiran sumar.
No DésCONCERTO EXPANSIVO, como no seu precedente, será lido o Manifesto contra o Silencio, escrito daquela por Manuel Rivas, e que volverá servir de texto básico para identificar as actuacións do cartaz artístico. Tamén será lido o DésCALOGO, o breve texto que serve de base á campaña DésPRESTIGE. Se queredes participar nesta iniciativa podedes contactar connosco a través do correo de A Burla Produción e confirmar a vosa implicación.
Como Organizar
A Burla está confeccionando xa un Banco de Artistas e un Banco de Locais para organizar o evento, no que poderedes solicitar ser incluídos.
A estrutura do concerto consta de dous puntos sinxelos: a lectura dos manifestos e a actuación en si.
Como Participar
1. Se tedes unha actuación xa programada para o día 1 de Decembro podedes solicitar serdes incluídos no cartel artístico e comprometervos a ler os manifestos no inicio da actuación.
2. As salas e locais que non teñades programación para ese día podedes ben solicitar ser incluídas no Banco de Locais desde o que A Burla vos fará unha proposta artística, ou ben organizar pola vosa conta unha actuación con grupos ou artistas da vosa zona.
3. Os grupos e artistas que non teñades programada actuación podedes solicitar a vosa inclusión no Banco de Artistas e desde a Burla trataríamos de asignarvos un local o máis próximo posible á vosa zona. Tamén podedes propor a actuación a algún local da vosa zona.
Suxestións
A través da web d´A Burla iremos poñendo á vosa disposición toda unha serie de materiais (cartaces, vídeos, fotografías, textos, etc…) que vos podan servir para organizar proxeccións e exposicións o día do DésCONCERTO EXPANSIVO.
Se contades con material da época (bandeiras, cartaces, pezas artísticas) suxerímosvos ambientar o local da actuación con imaxes alusivas á Catástrofe do Prestige e ao movemento social.
BANCO DE ARTISTAS Camarada Nimoy. Grupo musical. Vigo Chévere. Compañía teatral. Santiago Volta e Dalle. Compañía teatral. Santiago. Os Quinquilláns. Compañía Teatral. Brión. Os Sete Magníficos Mais Un. Clown. Pontevedra Os Televisores. Punk Rock. Pontevedra-Chantada Tira do Peito. Rock. Salnés. Os Mustang. Banda musical. Boiro Asociación Marearte. Happening. Boiro Carlos Santiago. Monologuista. Santiago. Sapoconcho Galego. Dúo Musical. Arteixo-Carral. Xosé Constenla. Guitarrista. Santiago e contorna Carlos Torres & Furakao. Pop-Rock. Teo RungeKutta. Jazz e Soul. A Coruña Maria Manuela. Canción. Ferrol Fernando Naveiras “Fefi”. canción. Ferrol Antonio Varela. Gaiteiro. Ferrol Manolo Bacallao. Canción. Ferrol Guillermo Fernández e Karlotti. Poetas. Ferrol Bernardo Maiz. Historiador. Ferrol Xosé María Dobarro. Filólogo. Ferrol Carlos Blanco. Monologuista. Lugo Isabel Risco. Actriz. Lugo César Cambeiro. Actor. A Coruña Lino Braxe. Actor. A Coruña Ricardo de Barreiro. Actor. Noia Xulio Abonjo. Actor. Santiago Marcos Orsi. Actor Santiago Antón Coucheiro, Cou. Actor. Santiago Casilda Alfaro. Actriz. Cangas Alfredo Rodríguez. Actor. Vigo Olga Cameselle. Coreógrafa. Vigo Cabaret de Titán. Compañía. Vigo Pista Catro. Circo. Compostela Chiqui Pereira. Actor. Santiago Paula Carballeira. Actriz. Compostela Excéntricas. Compañía de Teatro. A Coruña. Rockfamidas. Rock. Corrubedo. La Yegua Gris. Rock. Corrubedo Candido Pazó. Monologuista. Ribeira. Os Ulträqäns. Rock. Ourense. Lefre de Caldereta. Asociación Cultural. Ferrol Leo i Arremecaghoná. Cantauror punk. Lugo Lo Petit Comité. Banda musical. Barcelona Sundanché. Banda musical. Barcelona. DJ Nacho. Música. Barcelona Manicómicos. Clown. A Coruña Liga Gaiteira Galega. Folk. Santiago
BANCO DE LOCAIS Pousada das Ánimas. Boiro Libraría Lila de Lilith. Santiago Café Cultural Auriense. Ourense Café Bar Trece. Santiago Café Rock Atlántico. Santiago Mercromina Rock Bar. Santiago Casa das Crechas. Santiago Kunsthalle. Santiago Café Bar El Puente. Santiago Local Social A Rebusca. Manzaneda CSA O Fresco. Ponte Areas Baba Bar. A Coruña Bar Cazadores. Ferrol A Repichoca. A Coruña A Regadeira de Adela. Santiago A Artística. Vigo Bar Sursum Corda. Corrubedo Centro Social Fuscalho. Baixo Miño. Asociación Flor de Toxo. Ribeira. ADEGA Lugo. Lugo. Ateneu Popular 9Barris. Barcelona. Salason. Cangas. C.S. Gentalha do Pichel. Santiago
Bailaríns, música tradicional galega e unha gran posta en escea; palabras que definen o Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, o cal será celebrado por última vez no ano 2012, o próximo domingo.
Despois das tres xornadas anteriores, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos, a cuarta parte do Encontro Folclórico. Este domingo, 25 de novembro, ás 18 horas, no auditorio da SCD Atlántida de Matamá, poderás asistir a un dos mellores espectáculos de baile e música tradicional da cidade de Vigo. O VIII Encontro Folclórico acolle a catro grupos dos noso colectivos, que nos farán disfrutar dunha tarde de baile e música. Este grupos son: - S.F.T. Os Ventos de Comesaña - G.B. Cotogrande - G.B. Rueiro - A.F. Asubío
Sábado 10 Magosto na Casa da Estación, Pontedeume, Avd. de Ferrol 71. 21h. 4€. Dentro das IV Xornadas Micolóxicas, — en Pontedeume, Avda. de Ferrol 71.
Xoves 29 Pazo da Cultura, Narón. (+ Invitados.) 20:30 9€ Luis Peixoto, Tiago Pereira, Martin Sanjurjo, Begoña Lorenzo, Carlos Quintá, Pablo Doval, Benxamin Otero, Uxía Muiño, Alumnos de Zanfona da Escola do Padroado de Cultura de Narón
Decembro
Xoves 20 A Regueifa, Vigo
Venres 21 O Aturuxo, Bueu.
Sábado 22 Taberna Marrucho, Baiona.
Domingo 23 Sala Discotasca, Redondela (sesión Vermú).
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta