Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167] [168] [169] [170] [171]

Novas que incluen 'o':


CHRISTIAN WOLZ na Sala Nasa
http://www.salanasa.com/lernova.php?id=6b671486e1499a6906b279f3974fcc8a
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 09 )


O Venres 27 ás 21,30h a Zona Alternativa recibe a proposta radical do alemán Christian Wolz





Christian Wolz é un artista vocal, compositor e fisioterapeuta. Combina un novo estilo de canción e de linguaxe coas estruturas musicais de culturas medievais e non europeas. Así forma unha nova canle de comunicación para a arte de vangarda, aplicando medios electro-acústicos. Ao principio eran ferramentas de axuda, como procesadores de efectos e micrófonos, que chegaron a convertirse en instrumentos musicais únicos. Desde 1998 Wolz realizou numerosos concertos, performances vocais, instalacións sonoras, pezas de radio, Cds e performances-multimedia. No ano 1995 fundou "Wolz-New Music Theatre", colaborando con músicos, coreógrafos e directores de teatro.

Aceptando o principio de que almacenamos todo canto oímos, nesta obra Wolz é quen de expresar cada idea e cada emoción, principalmente usando a súa entrenada e experta voz. Este traballo é máis radical ca outras obras porque forza ao público a concentrarse no sentido do oído, fórzanos a deixarnos ir dentro de nós para concentrarnos no que oímos e permitir sair as nosas imaxes, formas e emocións, lonxe da multitude de estímulos da sociedade de consumo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Continúa o monográfico de danza de aCF
http://folque.com/cmn-wp/?p=1413
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 09 )


Este venres terá lugar a última sesión de Miguel Souto nos monográficos ‘09. Será a segunda xornada do “Baile solto nos seráns” no CSC de Fontiñas de Santiago de Compostela.

Este monográfico atópase no seu ecuador, a falta do esperadísimo curso intensivo do mestre húngaro János Fügedi sobre notación de baile -Labanotation ou Kinetografía- e da master class de Henrique Peón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mamá Cabra dará un concerto no Val das Ellas
http://www.anosaterra.org/nova/mama-cabra-dara-un-concerto-no-val-das-ellas.html
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 09 )


Este sábado 28, os sete músicos e músicas do grupo estarán, ás 17.00, no Auditorio Casa de Cultura do Concello de Eljas (Cáceres), na Estremadura galegofalante.


Hoxe estiveron no Club Internacional de Prensa, para presentaren o concerto, dous dos músicos de Mamá Cabra, Pablo da Lama e Paco Cerdeira, e o presidente da Fundación Via Galego, Carlos Callón, quen salientou a importancia de espallar este tipo de iniciativas fóra das nosas fronteiras, en comunidades onde falan galego. A boa experiencia de finais do 2007 en Lubián (Zamora) fixo que o concerto se repetise desta volta no Val das Ellas.

"O que preparamos son xogos para que os cativos aprendan cousas do seu entorno máis próximo en galego", explicou Pablo da Lama. Paco Cerdeira, pola súa banda, salientou a interactividade do espectáculo: "involucramos os nenos para que xoguen connosco, cun toque teatral. Gústanos pasalo ben cos rapaces". Segundo Callón, "quixemos achegar a posibilidade de xogo a través da música e das palabras a unha comunidade galegofalante". Salientou tamén a importancia de coñecermos en Galiza esta realidade "aínda non o bastante coñecida".

O principal problema que ten o galego nestas comarcas, así como noutras de Asturias e Castela León, "é a desprotección xurídica, o recoñecemento oficial". Explicaba que aínda no 2002, dous rapaces dun colexio de Lubián foran obrigados a copiar 100 veces "No volveré a hablar gallego en clase", e lembrou que é responsabilidade das propias autonomías ás que pertencen administrativamente estes concellos, do Estado e tamén da propia Xunta, seguindo o artigo 35 do Estatuto de Autonomía e o 21 da Lei 3/1983 do 15 de xuño de Normalización Lingüística, promover a lingua fóra das nosas fronteiras.

Pola súa banda, os músicos de Mamá Cabra advertiron de que a oferta cultural para nenos e nenas en galego é escasa: "cando nós empezamos, había un baleiro, e agora a situación non é moi diferente". Malia existir máis grupos de música e teatro que pensan no público infantil (citaron Berrobambán ou Migallas), "nótase a diferenza entre os rapaces de cidade e do rural. Mesmo os que falan galego habitualmente, en todos os ámbitos, cambian ao castelán cando chegan á escola".

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Keren Ann en directo en Sons da Diversidade

(texto engadido o día 26/ / 3/ / 09 )


Chega a terceira cita de Sons da Diversidade co directo da cosmopolita Keren Ann, que presentará o seu último traballo 'Keren Ann'.

Nacida en Israel, criada en Holanda e afincada en Francia, Keren Ann mestura a chanson francesa e o folk intimista con sons modernos e refinados para obter un suave folk pop envolvente e ensoñador. O seu ultimo álbum, que chamou sinxelamente Keren Ann e que gravou integramente en inglés entre París e Nova York, é unha proposta musical luminosa, desmaiada, melancólica e conmovedora que comparte co trompetista israelí Avishai Cohen. Se a música aínda pode deparar sorpresas, unha das máis agradábeis e estimulantes é ver como Keren Ann pinta cos sons un mar transparente e fondo.

Horario:
29 de marzo de 2009
21:00

Lugar:
Auditorio de Galicia

Keren Ann - Lay Your Head Down video


Noticia enviada por Luz Soto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XANTAR GAITEIRO 2009
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=829
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 09 )


Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 5 de Abril, ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidado/as despois do xantar.

Para asistir ao XIV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 1 de Abril, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.

MENÚ
Sopa de Cocido
Cocido
Postre: Bica
Auga, viño, refrescos, café e chupitos.

PREZO
17 euros por persoa, que serán entregados ao entrar.

RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.com
986 847 074

5 de Abril de 2009, 14:00 h (Prégase puntualidade)

Restaurante Aixiña
988 233 304‎
Finca Sevilla S/N (Xunto Pazo dos Deportes Paco Paz)
Ourense


Quen queira animarse a empezar a festa un pouco antes, pode acudir á Cafetería da Alameda de Ourense ás 12 da mañá, onde se quedará para dar un paseo pola zona de viños antes da comida

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 09 )


"Ao Vivo" recollerá as 18 cancións que se interpretaron o 22 e o 23 de xaneiro no Teatro Colon de A Coruña. Tódo-los seus temas clásicos ("Tu gitana", "O son do ar", "Chove en Santiago"...), un tema inédito ("Axeitame a polainiña") e tres colaboracions moi especiais de amigos como LUZ CASAL ("Camariñas") , DIANA NAVARRO ("Romeiro ao lonxe") e PEDRO GUERRA ("Memoria da noite"). Ademáis, "Ao vivo" recolle un documental, un DVD co concerto completo e un bonus track con ISMAEL SERRANO cantando xunto a LUAR NA LUBRE "El derecho de vivir en paz" en solidaridade co pobo de Gaza.

+ 1 noticia relacionada

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::



Guezos - Xira de Presentación do Novo Disco

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 09 )


Coa chegada da primavera os bechos saen dos seus agochos e Guezos, que non é menos, sae tamén a ver ese sol que se empolicou aí arriba. Pasamos o inverno na escuridade da tobeira, fóisenos o frío entre composición, gravación e ensaio e agora que saímos ó mundo dámonos conta de que o que temos é moita fame, fame de directo, de xente e de troula!

Esta mesma fin de semana damos comezo á Xira de presentación do noso último disco Oito Destinos cos concertos de Santiago de Compostela e a Ramallosa (Nigrán).

Xa podedes consultar todas as datas previstas para os dous próximos meses.
Agora non tedes escusa para non achegarvos a compartir unha noite con nós no local da esquina.


1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 09 )


Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que abrangue máis de 10 anos.

PROGRAMACIÓN:

• XORNADAS EDUCATIVAS

XORNADAS DIDÁCTICAS, “CICLO DO PAN”
Realizaranse entre os días 16 ao 27 de marzo. As actividades que realizarán os escolares serán as seguintes:
•Debullada: terán a oportunidade de subir ao hórreo e debullar as espigas de millo corvo;
•Muíñada: o seguinte paso será a muíñada: roteiro de senderismo polos carreiros da aldea en dirección aos muíños do Canudo, observarán como os grans de millo corvo se converten en fariña grazas ao aproveitamento dos recursos naturais (a auga) que move a moa do muíño;
•O ciclo do pan remata co peneirado, amasado e cocido da bola corva de porta aberta nun forno tradicional de leña da aldea, para o que se utilizarán fermentos naturais.


•OBRADOIROS

OBRADOIRO DE CESTERÍA TRADICIONAL: Realizarase o sábado día 21 de marzo de 17:00 a 20:00 horas. Materia prima: vimbia, codexos, etc. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas.

OBRADOIRO DE CESTERÍA DE RECICLAXE: Realizarase o día 29 de marzo durante todo o día. Materia prima: papel de periódico, revistas, etc.

OBRADOIRO DE RECICLAXE: Realizarase o día 29 de marzo durante todo o día. Materia prima: bolsas de plástico.

• VENRES 27 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional: Grupo de gaitas Airiños do Piñeiro, pandereteiras, etc.
Ás 12:00 da noite lectura do Conxuro e queimada.


• SÁBADO 28 DE MARZO

18:00. Charla - coloquio: “Agricultura ecolóxica e desenvolvemento comunitario”
Ponentes: Agatha Broeskamp-Gundín (horticultora ecolóxica)
Mercedes Fernández Gestido (socióloga e experta en investigación social)

19:00. ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
Actuación do Grupo de gaitas D’arrente a Parede.

19:30. Obradoiro de Elaboración de cervexa biolóxica. Impartido por David Middleton.

20:00. Festival “A PAN DE MILLO”
Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
o Escola de baile do Grupo de Danzas Froles Mareliñas (Chapela)
o Escola de pandereteiras Cacharelas (Chapela)
o Grupo infantil Lembranzas da Ría (Aldán)



• DOMINGO 29 DE MARZO

XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 10:30. Roteiro de senderismo: "Medio natural: o patrimonio esquecido". Guiado polo grupo de anelamento Anduriña.
o 11:00. Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00. Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30. Lectura do pregón: Avelino Pousa Antelo (presidente da Asociación Castelao)
o 12:45. Actuación do gaiteiro XOSÉ MANUEL BUDIÑO
o 16:30. Contacontos para nenos: “Contos nas orellas” de Beatriz Campos.
o 17:00. Charla - coloquio: "Biodiversidade e patrimonio alimentario". Ponentes:
• Josep Pamiés Breu (horticultor: herbas medicinais, stevia rebaudiana, etc., e defensor da biodiversidade)
• Charo Sánchez Parga (secretaría medioambiente, terra e montes – SLG)
• Antonio García Allut (emprendedor social, membro da “Arca del Gusto” de Slow Food – España)
o 20:30  Actuación do grupo: Ruote.

DURANTE TODO O DÍA:

 ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
 Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
 Talleres e obradoiros demostrativos e participativos de artesanía. Demostracións ao vivo:
• Obradoiro de cestería tradicional: vimbias e codesos.
• Obradoiro de cestería de reciclaxe: periódicos, revistas, etc.
• Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico.
• Obradoiro de sombreiros coa palla centea (colmo).
• Obradoiro de encaixe de horquilla e frivolité.
• Taller de instrumentos de música tradicional.
• Taller de madeira: elaboración dun balde de auga.
 Actuación dos grupos de gaitas Airiños do Piñeiro e D’arrente a parede.
 Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
 Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
 Proxección memorando de actividades.
 Exposición etnográfica.

Noticia enviada por Luz Soto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Acto ridiculista no día mundial do teatro

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 09 )


Porque ao mellor non sabes que durante os últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala.
Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA,contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores,senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, porextensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión.

Polo mantemento da biodiversidade cultural
Polo dereito a pensar distinto
Pola tolerancia
Pola liberdade de expresión

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Eventos 5.5 CSA Atreu! - 5 anos e medio de trajectoria na cidade da Corunha

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 09 )



Noticia enviada por Xulio Pazos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Manuel Xende: `Un día que ías tocar, gañabas para un ferrado de millo´
http://www.anosaterra.org/nova/manuel-xende-un-dia-que-ias-tocar-ganabas-para-un-ferrado-de-mil
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )
Bocixa/ Raquel Rey . Falamos con Manuel Xende, gaiteiro de Queixas (Cerceda). Forma parte do cuarteto que leva o mesmo nome que a parroquia, e lembra como se ía de 'tascas', como botaban unha semana actuando por fóra, e como a xente dicía que eran os que mellor tocaban.


Cóntanos como na súa casa sempre estivo moi presente a gaita. No rural galego dos 50 a aparición da radio e a incorporación, ás formacións tradicionais, de novos insturmentos (saxos, clarinetes ou requintos) levaron a unha nova interpretación da tradición. Grazas a Manuel Xende mantéñense pezas coma a "Muiñeira de Solán", que el aprendeu de cativo mirando os vellos gaiteiros de Solán. Na formación actual, os Queixas son gaita, clarinete, bombo e tambor, e intégranao propio Manuel Xende, Xosé Villaverde Liñares, Antonio Gómez Bouzas, e Ricardo Muíño Xestal.

Cóntanos como se tocaba antes nas festas, canto sacaban (chegaban mesmo a vinte pesos cada músico), e ensinounos o seu método para programar o repertorio: ten unha caixiña con máis de 140 pezas, cos títulos anotados en papeliños, que vai escollendo e pasando dun peto para outro segundo vai tocando."Non hai unha destas que non saiba de memoria", di.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2º concerto aberto de aCentral Folque
http://folque.com/cmn-wp/?p=1400
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


Este sábado 21 de marzo terá lugar o segundo concerto aberto de aCF
coas novas propostas do alumnado. Será no centro de ensino da
escola no parque de Vista Alegre a comezar ás 20.30 h.
Será unha escolma de pezas das distintas aulas de instrumento que
se imparten no centro en varios formatos: dúos, tríos, cuartetos,
conxuntos…

Tamén se presentarán as propostas dos combos colectivos,
especialmente o dirixido por Roberto Sala, que leva desde inicio de
curso traballando co repertorio así coma o combo dirixido por Pedro
Pascual.

Da man do alumnado escoitaranse mazurkas, cantos de arrieiro,
graba, danza de entroido, tango, e moito máis.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



`Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1437/62/
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


Dende Machina queren anunciar que xa teñen completamente grabado o novo traballo que levará por título "Post-Bravú". O disco está conformado por 13 temas máis un regalinho, grabados en Océano estudios de Nigrán con Xavier Abreu, e coas colaboracións de Xabier Díaz, Mourón (Dios ke te crew) e GendeBeat. A data de lanzamento está prevista para mediados de Abril, antes da cal publicaran un primeiro adianto no seu "MySpace " onde também podedes ver o video de como se cocinhou este novo trabalho.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega de Cantigas e Frores
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=58323
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


Xa está aberto o prazo de matrícula para o XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega.

XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
9, 10 e 11 de abril de 2009


LUGAR:
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa.
Avda. da coruña s/n (Lugo)

ESPECIALIDADES:

1. Técnicas de gaita
2. Técnicas de canto e pandeireta
3. Técnicas de baile tradicional
4. Técnicas de percusión tradicional
5. Técnicas de zanfona
Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 4 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

PREZO DA MATRÍCULA:

30 €, agás para os socios/as da Asociación Cultural“Cántigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos, que será de 20 €.

PAGAMENTO NA CONTA: 2091 0152 29 3040026419

Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso.

INSCRICIÓNS:

Datos Requiridos: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.

As inscricións pódense enviar a :
FAX: 982 26 52 80
EMAIL: inscricions@cantigasefrores.com

COMPRE ADXUNTAR XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE.

PROGRAMA:

XOVES 9
09:00 a 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

VENRES 10
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica

SABADO 11
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
19:00 ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS

MESTRES:

1. Técnicas de Gaita: Agustín Sánchez.
Comeza a tocar a gaita con 11 anos da man de pepe temprano. Ten gañado numerosos concursos de gaita. Colaborou co cuarteto “luvas verdes” e foi mestre en diversas asociacións e centros galegos.

2. Técnicas de Canto e Pandeireta: Sandra Diéguez.
Directora das pandereteiras da A.C.F. “O Fiadeiro” de Vigo. Mestra e compoñente de numerosas asociacións coas que ten gañado diversos premios.

3. Técnicas de Baile Tradicional: Gustavo Couto.
Membro da sección de baile da O.C.T. “Ultreia”. Director de diferentes escolas de baile tradicional na comarca de Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto Ronsel.

4. Técnicas de Percusión Tradicional: Roi Adrio.
Comeza os seus estudios musicais con Moxenas. Ten tomado clases de percusión tradicional da man de X. M. Oliveira, "Chuco". Na actualidade é membro de “Quempallou”, “Faltriqueira” e outras agrupacións.

5. Técnicas de Zanfona: Paulo González.
Licenciado en Música Antiga. Titulado en Educación Musical. Diplomado co título profesioinal de gaita e ten realizado o curso de zanfona na U.P. de Vigo. Director do grupo “Amar Contra o Silêncio”.

COORDINADORA DO CURSO: Mónica Fernández Fernández.

Máis información na páxina do curso.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom

(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


(vía sono-tone.net)

SOM DO GALPOM
Xa está nas tendas 'Em Terra de Ninguém', o debut discográfico de Som do Galpom, os gañadores da última edición de Nsaio no Camiño. Trátase dunha recompilación de trece temas montados sobre as bases do funk, do reggae e do rap, trece cancións que falan da amizade, da naturalidade e, sobre todo, da perda de atributos humanos, sociais e naturais básicos na sociedade de hoxendía. Gravado nos estudos Casa de Tolos, de Segundo Grandío, durante o mes de xaneiro, e cun elaborado deseño gráfico que reivindica a volta ao orgánico, nesta era das máquinas, os Som do Galpóm presentan a súa alternativa.

http://www.falcatruada.com/somdogalpom


GALEGOZ
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa. GalegoZ estrea o seu novo disco a mediados de marzo do 2009.

http://www.myspace.com/galegozstyle


+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Local Social Aturuxo de Boiro celebra o seu primeiro aniversario
http://agal-gz.org/blogues/index.php/aturujo/2009/03/15/o-21-celebramos-o-noso-ano-abertos
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2º aniversario do Centro Social Aguilhoar
http://agal-gz.org/blogues/index.php/aguilhoar/2009/03/18/2o-aniversario-do-centro-social-aguil
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Voltan os Encontros dos Axouxeres
http://www.xunta.es/linguagalega/axouxeres
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


Coa primavera, chega unha nova xeira dos Encontros dos Axóuxeres! Lembra que é imprescindible reservar previamente e que é posible inscribirse a partir do 9 de marzo, no teléfono 686 160 879.

Os Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que a nosa lingua siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres, na proposta de Galitoon.

Na programación dos Axóuxeres veñen participando distintos artistas que unen palabra, emoción e música, para animar os máis pequenos a falar, a cantar e a gozar co galego. Músicos e actores, da man de Totó, un pequeno moneco de pelo azul que aprende as primeiras palabras, logran que os encontros dos Axóuxeres sexan inesquecibles.  

 

Datas dos encontros primavera 2009
  • 20 de marzo: Marín. Granxa de Briz. 18.00 horas
  • 22 de marzo: Monforte de Lemos. Edificio Multiusos. 12.00 horas
  • 22 de marzo: Allariz. Salón da Praza de Abastos. 18.00 horas
  • 3 de abril: Porto do Son. Centro de Interpretación do Castro Baroña. 18.00 horas
  • 4 de abril: Ribeira. Auditorio Municipal. 12.00 horas
  • 4 de abril: Boiro. Casa da Cultura Ramón Martínez. 18.00 horas
  • 5 de abril: A Illa de Arousa. Auditorio do Concello. 12.00 horas
  • 5 de abril: Ribadumia. Centro social de Barrantes. 18:00 horas.
  • 17 de abril: Cangas. Auditorio Municipal. 18.00 horas
  • 18 de abril: Ponteareas. Centro Artístico Sportivo. Ás 12:00 horas.
  • 18 de abril: Salvaterra de Miño. Casa da Cultura. 18.00 horas
  • 19 de abril. Tomiño. Auditorio de Goián. 12.00 horas
  • 24 de abril. Outes. Centro Social. 18.00 horas
  • 25 de abril: A Estrada. Teatro Principal. 12.00 horas
  • 25 de abril. Poio. Comunidade de Montes "Rega dos Agros" de Combarro. 18.00 horas
  • 26 de abril. Teo. Casa Común de Oza. 18.00 horas

 

Os Encontros dos Axóuxeres xa estiveron nos meses de outubro e novembro en Carballo, Melide, Mondoñedo, Ribadeo, Burela, Ortigueira, Ribadavia, Celanova e Oroso


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



10ª NOITES DE TASCA
www.frouma.com
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


O venres 27 de marzo, no Rincón do Pincho de Ordes, .celebrarase a 10ª edición das Noites de Tasca organizadas pola Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes.

Nesta ocasión o Sr. Pazos de Merexo (acordeonista de Merexo-Muxía) será quen de deleitarnos e facernos bailar coas súas melodias a partires das 21:00 h.

Despóis, coma sempre, haberá foliada.

ANIMÁDEVOS!

Noticia enviada por FROUMA

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía

(texto engadido o día 19/ / 3/ / 09 )


MONOGRÁFICO á cargo do Instituto de Etnomusicologia-Centro de Estudos
em Música e Dança da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, Universidade
Nova de Lisboa.


Coordenadoras convidadas:
Salwa El-Shawan Castelo-Branco
Susana Moreno Fernández



SUMARIO:

• A categorização da música em Portugal: política, discursos, performance e investigação,
por Salwa El-Shawan Castelo-Branco.

• A música na construção do Douro Litoral: coleção, estudo e divulgação de
práticas polifónicas de música da tradição oral em Portugal (1947-1959),
por Maria do Rosário Pestana.

• A edição de música impressa e a mediatização do fado: o caso do Fado do 31,
por Gonçalo Antunes de Oliveira, João Silva e Leonor Losa.

• Devoção, fartura e transgressões na festa de São Gonçalinho em Aveiro,
por Daniel Tércio.

• O baile popular no Baixo Alentejo no início do século XXI,
por Carla Nunes.

• A música na festa da Pocariça,
por Carla Minelli.

• Descolonização do corpo e do imaginárioA reinvenção da dança na África lusófona contemporânea,
por Luisa Roubaud.

• “Isso também é criar”: os covers no repertório de músicos brasileiros em Lisboa,
por Christine Dettmann.

• Música y danza en el Centro Galego de Lisboa. Entre la representación de la galleguidad y la utilidad pública,
por Susana Moreno Fernández.

• Recensões.


Noticia enviada por Dos Acordes

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167] [168] [169] [170] [171]


En 'Novas Relacionadas'



* A Rede de Msicas Soltas leva aCelanova as propostas musicais de grandes artistas galegos

* A Roda e Treixadura renden homenaxe a Fito Domínguez cun concerto en Redondela - Faro de Vigo

* Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza

* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]