Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]

Novas que incluen 'o':


Axenda Abada Marzo 2009

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )



Noticia enviada por Abada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MAGHÚA NA EOI DE FERROL

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )


Dentro das Xornadas Culturais que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para os dias 11, 12 e 13 de marzo 09, a música tradicional ten acollida.

O grupo de cantareiros MAGHÚA tocarán o venres 13, apartir das 19.00 horas, no salón de actos da dita EOI. (RÚA REAL 29, FERROL).

A entrada, de balde.

A ligazón para o programa das xornadas é:

http://www.eoiferrol.org/documentos/xornadas2009.pdf

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Campus JAZZ de Pontevedra 2009

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )


Os días 26 de marzo e 2, 14 e 21 de abril desenvolverase na Casa das Campas o Campus Jazz 09.
Ciclo de catro concertos de jazz na, organizado pola Universidade de Vigo-Vicerreitorado do Campus de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Música Jazz-AGAMUJAZZ.

Concertos de Jazz ás 21.00h.
Entrada libre ata completar aforo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Concurso de baile Tradicional Azaloira
http://www.fortindapomba.org/azaloira.php
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )


Vía Malmequer

O festival Azaloira, organizado polo grupo de baile tradicional Fortín da Pomba de Bandeira, cambia este ano de data. En lugar de celebrarse o Domingo de Ramos, como era habitual nas últimas edicións, trasládano para o 26 de abril, o último domingo do mes.

Se desexa inscribirse no IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO, celebrarase o vindeiro día 26 de Abril do 2009, no auditorio Manuel Do Pazo, debe cumprimentar o boletin de inscripción e remitilo bén por fax ou correo eléctronico.

BASES DO IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe rexional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.

PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 € e trofeo
2º PREMIO: 800 € e trofeo
3º PREMIO: 500 € e trofeo
Poderá haber accesis para vestiario e mellor acompañamento.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.

Bases
Formulario de Inscrición

O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O 27 DE MARZO.

www.fortindapomba.org

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::



Concerto da Saint-Patrick | Camaxe
http://www.camaxe.org/gl/novas/concerto-da-saint-patrick
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )


O 20 de marzo de 2009 concerto dado no marco das festas da Saint-Patrick.

A Saint-Patrick, a festa celta por excelencia terá lugar no Halle aux Grains de Bayeux ás 9 da tarde.

Máis informacións: faga clic aquí


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=813
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 09 )


A Federación de Entidades Galegas de Catalunya organiza o IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Cataluña, aberto a todas as entidades que en calquera parte do mundo dedícanse a difundir a nosa música tradicional. Terá lugar o 17 de maio de 2009 no Auditori de Cornellà ás 10 h. Os concursantes terán que levar traxes tradicionais galegos e empregar instrumentos tradicionais galegos.

Debido as múltiples categorías do concurso e a variedade de grupos que se rexistran o número de inscricións máximo, por categoría, é de 10 participantes e será rexida en orden de chegada das inscricións.
O prazo de inscricións será do 1 de abril ata o 17 de abril de 2009, por e-mail: concurso@fegalcat.org, ou no fax 934 310 434. A cumplimentación de todos os datos da folla de inscrición é imprescindible.

Podedes consultar as bases completas aquí.

Organiza:
FEDERACIÓN DE ENTIDADES CULTURAIS GALEGAS DE CATALUNYA
Rúa Córcega 168, 1º 4ª. 08036 Barcelona
Teléfono 933 214 350 Fax:933 636 206
concurso@fegalcat.org

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Omara Portuondo. Gracias. 13 de Marzo no Coliseum de A Coruña
http://www.coruna.es/servlet/Satellite?itemID=1233320433638&itemTemplate=Portal-Evento-Detalle&
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 09 )


Omara Portuondo publica Gracias, o disco co que celebra os seus 60 anos de profesión. Gravado o ano pasado na Habana coa participación de Avishai Cohen, Trilok Gurtu, Chico Buarque e Chucho Valdés, entre outros e producido por Alé Siqueira.

O repertorio deste novo traballo está formado por aqueles temas que a propia Omara sempre quixo cantar.

Venda de entradas:

Despacho da praza de Ourense:
de luns a venres (excepto festivos), de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Coliseum:
só os días de función, a partir das 17.00 horas
Venda telefónica:
902 504 500

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Pablo Milanés presenta o seu último traballo, 'Regalo', en Narón
http://www.galiciae.com/nova/26368.html
(texto engadido o día 4/ / 3/ / 09 )


O cantautor cubano Pablo Milanés (Bayamo, 1943) actuará este xoves no novo Pazo dá Cultura de Narón, a partir das 20:30 horas, para presentar os temas do seu último traballo 'Regalo', co que iniciou recentemente unha xira por toda Europa.

Desde o Padroado dá Cultura de Narón recordan que o concerto do músico cubano estaba inicialmente previsto para o pasado 12 de febreiro, pero o paso do ciclón 'Klaus' polas costas galegas a finais de xaneiro ocasionou importantes danos na cuberta do teatro naronés que obrigaron a atrasar a cita musical.

Luciano Fernández, director técnico de Padroado naronés, indicou que serán ''case dúas horas de concerto'' no que os seguidores do cantautor cubano poderán gozar dos seus novos temas e de composicións xa clásicas como 'Yolanda', 'Yo no te pido' e outras con tinguiduras revolucionarias como 'Yo pisaré las calles nuevamente'.

A apertura dun ciclo
A actuación de Milanés en Narón abre un ciclo de concertos acústicos no novo Pazo dá Cultura da localidade, cun aforamento superior ás 900 butacas e inaugurado o 13 de decembro do 2008.

Segundo indicaron fontes deste municipio, nas próximas semanas o público galego poderá gozar de artistas consolidados como Kiko Veleno (19 de marzo) ou Pedro Guerra (23 de abril).


+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival de Músicas Contemplativas en Santiago de Compostela

(texto engadido o día 4/ / 3/ / 09 )


(Click na imaxe para ampliar ou consultar programa)

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



REBULIR NA X MOSTRA DA DIVERSITAT DE TERRASSA-BARCELONA
http://rebulir.blogspot.com/2009/02/rebulir-na-x-mostra-da-diversidade.html
(texto engadido o día 3/ / 3/ / 09 )
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir participará na X Mostra da Diversitat Cultural de Terrassa-Barcelona, os vindeiros días 20, 21 e 22 de Marzo, representando a comunidade galega e máis concretamente a Ourense.

A esta Mostra desprazarase o grupo de baile de adultos de Rebulir e O grupo de Gaiteiros, compartindo esceario con grupos de outras comunidades autónomas e de todo o mundo. Xa vos informaremos en canto teñamos máis información

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Emilio Cao abre en Ourense `A Intercultural-Espazos de intervención-Campus de Ourense´

(texto engadido o día 3/ / 3/ / 09 )


O concerto terá lugar o vindeiro día 4 de marzo ás 20 h. na igrexa de Sta. María Nai.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán da Nasa - Marzo

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


Hola amig@s:

O vindeiro xoves 5 de marzo ás 21:30 temos a seguinte edición dos "Seráns da Nasa",para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de botar unhas bailas, e tamén para todos aqueles que non sabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns e animarvos a botarlle un puntiño...

Os grupos que van poñer a música son:
HABELAS HAILAS Santiago
GAITEIROS DE FORTÍN DA POMBA de Bandeira
BRINCADEIRA de Santiago
PABLO SEOANE_GRUPO

O baile polo ti.


Patrocinado polo Concello de Santiago de Compostela, Concellaría de Cultura



Grazas por difundir esta información, agardámosvos


Noticia enviada por Montse

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Aturuxo impartido por Pablo Carpinteiro

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


(vía gaiteirosgalegos.com)

A Asociación Cultural Santa María do Viso organiza para o sábado 4 de abril un Obradoiro de Aturuxo impartido polo coñecido etnógrafo Pablo Carpintero. Este obradoiro constará dunha única sesión que permitirá, a todo aquel que participe, coñecer e desenvolver a arte do máis coñecido berro ancestral galego, o aturuxo.
Celebrase na Sociedade de Agricultores do Viso a partires das 16:00h.

Para inscricións e infomación, chmae ó teléfono 626 156 872 ou visite a páxina web www.terrameiga.net

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de Baile Tradicional no Viso

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


(via gaiteirosgalegos.com)

A partires do mes de Marzo ofrecerase, na parroquia do Viso (Redondela), un Curso de Baile Tradicional a cargo do mestre Marcelo González.
As clases desenvolveranse na Sociedade de Agricultores do Viso a partir do vindeiro mércores 4 de marzo ás 20:30h.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SERÁN ANIVERSARIO “A NOGUEIRA” na Fabrica de Chocolata (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=56836
(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


mércores 4 marzo na Fábrica de Chocolate de Vigo, a partires das 21:30

O restaurante “A Nogueira” leva 5 anos ofrecendo boa comida e como non, boa música. Rexentado por Pedro, artista polifacético e celtarra de pro, a gaita e unha das súas pasións xunto coas súas fillas. Leva anos puxando polos seráns de aquí e de alá, e por suposto os da Fábrica de Chocolate. A festa de seguro que vai estar amenizada por todolos seus compinches regado co mellor viño. Data imprescindible para os amantes dos serán mais auténticos.

Actuación de Renato Spencer e Café CaXaça e convidados como Juan Comesaña, Anxo Pintos, Suso Comesaña, entre outros, para rematar nunha foliada cos músicos e bailadores presentes

Entrada en billeteira: 3 €
invitación a consumición con cada entrada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Popular en Santiago
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=56832
(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


Este domingo organizamos unha foliada popular a partires das 5 da tarde, na carballeira da Peregrina, en Santiago.

animamos a tódolos que queiran a participar!

Asociación Cultural A carballeira da Peregrina

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación Aniversario Crechas . 2009
http://www.casadascrechas.com/info/080409joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=14
(texto engadido o día 27/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Progrmación do Bar Liceum (O Porriño) - Marzo / Abril

(texto engadido o día 27/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galas de Alén, un esforzo pola recuperación do traxe tradicional galego
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=6191&corte=2009-02-26&hora=12:50:39&canle=tvg1#
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 09 )
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe de Marful ás mulleres traballadoras

(texto engadido o día 26/ / 2/ / 09 )


A vindeira fin de semana conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora, e Marful quere celebralo con dúas citas coas mulleres, primeiro coas traballadoras do noso país, o sábado, na Illa de Arousa, e ao día seguinte, domingo, coas de todo o Estado, en Madrid.

Trala espectacular resposta do público no último concerto de Marful o pasado mes en Santiago, no que as entradas se esgotaron xa na venda anticipada, o grupo volve aos escenarios nesta ocasión para render unha homenaxe ás mulleres traballadoras da Illa de Arousa. O lugar elixido para dar este concerto tan especial é o Auditorio da Illa de Arousa, e nel o grupo interpretará os temas do seu primeiro traballo, así coma pezas novas do que será o seu vindeiro disco. A cita será o vindeiro sábado 7 de marzo, ás 21h30 e o prezo é de 5€. As entradas pódense adquirir no Auditorio antes do concerto, e de forma anticipada (e recomendada) a través do servizo de televenda de Caixanova.

A particular homenaxe que Marful quere ofrecer ás mulleres de todo o mundo continúa ao día seguinte, o domingo 8 de marzo en Madrid, coa súa participación benéfica no Festival Fémina’09. Este concerto, que se celebrará na sala Galileo conta ademais coa participación de Almasäla e Nubla, e os beneficios obtidos destinaranse ao Banco Mundial da Muller.


Noticia enviada por abada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]


En 'Novas Relacionadas'



* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

* Luar na Lubre resume os seus 25 anos de carreura no seu novo espectáculo


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]