Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]

Novas que incluen 'o':


:: Gzcrea '09
http://www.gzcrea.com/09/web/info.php?idc=8
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )


Requisitos Especialidade Música.

1. Poderán concorrer solistas e grupos de pop, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.

Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos. Poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.

2. Xunto coa documentación xeral, e no mesmo sobre, os participantes presentarán a seguinte

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA:

A) Maqueta en CD debidamente identificada, co pseudónimo e título, e gravada polos compoñentes inscritos, con dous temas, que serán os que avaliará a comisión de selección, e unha duración máxima de dez minutos. Valorarase positivamente a utilización do galego, e en calquera caso un dos temas deberá ser en galego.
B) Ficha técnica na que se detalle o título, duración e autoría dos temas presentados, seguindo a orde presentada na gravación.
C) Fotografía recente do grupo ou solista.
D) Relación nominal mecanografada dos compoñentes do grupo, con indicación da idade e do instrumento que tocan.
E) Letras, se as houber, dos temas incluídos na maqueta, debidamente mecanografadas.
F) Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación na fase final do certame, no suposto de resultar seleccionado.
G) Declaración responsable acreditativa de que o participante dispón dun repertorio dun mínimo de 30 minutos.

Toda esta documentación deberá presentarse en soporte papel e tamén en CD.


3. Os temas serán de creación propia e nunca antes editados comercialmente.

DESENVOLVEMENTO:

1. A comisión poderá seleccionar para a fase final ata un máximo de 6 participantes que serán os que actuarán ante esta, no lugar e data que determine a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que asumirá os gastos ocasionados pola actuación por un importe máximo de 600 € no caso de grupos ou de 300 € no caso de solistas.

2. Para as actuacións da fase final os participantes levarán os seus propios instrumentos, agás a batería, que será proporcionada pola organización.

3. O equipo técnico de son e luces proporcionarao a organización en coordinación cos grupos finalistas e será manexado polos técnicos da organización.

4. A xuízo da comisión de selección, un dos grupos ou solistas premiados estarán obrigados a actuar no lugar e data que se indique desde a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, se fose requirido para iso. No caso do incumprimento desta obriga o grupo requirido quedará desposuído do premio outorgado. A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade asumirá os gastos orixinados pola actuación por un importe máximo de 600 €.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=59818
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )




BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Constará de 2 modalidades:
Pandereteiras/os
Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.

3. Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: dende 18 anos en adiante.

Na modalidade de cuartetos, haberá 3 categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría C: maiores de 18 anos.

A categoría determinarase pola media das idades dos componentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. No momento da calificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.

O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

7. Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo

8. O concurso terá lugar o domingo 10 de Maio no Teatro do Colexo Calvo Sotelo de A Coruña, pola mañá para as categorías A e B coa súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para as categorías C e D, coa súa entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

9. O prazo de inscripción rematará o día 30 de Abril debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AÓ LOCAL SOCIAL: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía, 3 soto 1, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRIPCIÓNS.

10. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Telf: 981 277 315

Noticia enviada por Xan Rolei

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III NOITE DE FIADEIRO. PROGRAMA
http://www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III NOITE DE FIADEIRO
http://www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )


A A.C. Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional, organiza un ano máis a Noite de Fiadeiro, que chega a súa terceira edición. A cita como ven sendo habitual, será o derradeiro Sábado de Abril, día 25, na Praza de San Andrés (Vilavidal-Ramirás).

A idea desta festa é poder recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros que se celebraban na Comarca, onde mozos e mozas se xuntaban a noitiña para cantar, bailar, tocar e en definitiva pasalo ben. Para procurar crear ese ambiente contaremos con máis de 10 colectivos que porán a ambientación musical, e que son:

- Escola Provincial de Danza –Castro Floxo (Ourense)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Os Jalos d´Antioquia (A Limia)
- Grupo Lembranza-Solpor (Celanova)
- Brixel (Verín)
- Os Chichisos (Bueu)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiros Maghúa (A Coruña)

Non é un festival, nin unha actuación dos grupos sen máis. A intención é que os asistentes participen do ambiente de troula, e que mesmo se animen a botarlle uns puntos ou uns agarrados, porque o torreiro está aberto a todos. Na mesma praza contaremos con posto de pulpo, comida e taberna, para ir repoñendo forzas e que as pernas non fallen segundo vaia descorrendo a noite, para poder chegar as 12 e brindar xuntos cunha cunca de queimada, que se distribuirá de xeito gratuíto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tránsitos estrea en Canarias `Aló irmâo´
http://www.laopinion.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009041900_8_213849__Cultura-y-comunicacion-
(texto engadido o día 19/ / 4/ / 09 )


Fran Pérez (Narf) é unha personaxe atípica no panorama musical galego. O contacontos e dramaturgo Quico Cadaval escribiu del que sofre unha especie de "síndrome do salmón", que o incita a ir sempre contracorrente. Cando a maioría dos músicos galegos miraban ao Norte para atopar mostras da súa identidade na música celta, el miraba ao Sur, ao Atlántico e Ultramar. Desa procura incesante xurdiron colaboracións con músicos de América e de África; a última é o espectáculo Aló irmâo, no que se senta fronte ao guineano Manecas Costa para falar a través da música do amor, a amizade e de "todo o que temos en común".
Aló irmâo estréase en Canarias o vindeiro sábado, 25 de abril, no Festival de músicas do mundo, Tránsitos, cuxa terceira edición celébrase no Auditorio de Tenerife a partires das 19.00 horas. Narf espera ese concerto como "algo máxico". Logo da súa estrea en Galicia, Canarias sitúase entre a Península e Guinea como centro de ambos puntos xeográficos, "é o sitio ideal para atoparnos, no medio do Atlántico ao que ambos pertencemos", apunta o músico en conversa telefónica. Porque Aló irmâo (Ola irmán) é iso, "un encontro feliz" entre dous músicos de procedencias completamente alleas que a través das súas cancións descobren todo o que teñen en común. Narf explica que o espectáculo se presenta cunha pregunta: "Ola irmán. ¿Onde nos imos a atopar?". A partir de aí, ambos músicos establecen un diálogo intimista e poético para falar do amor, a infancia, a memoria ou a inmigración. "É un espectáculo do que a xente sae contenta", engade. "Non pretendemos aleccionar, nin ser dogmáticos e creo que iso mesmo fai que o público o goce".
Aló irmâo estreouse hai menos dun ano e xa viaxou a Galicia, Sevilla, Portugal, Mozambique e Sevilla, onde foi presentado no Womex´09, un dos máis importantes foros de world music do mundo. As cancións son orixinais para este espectáculo e xurdiron tralo "afortunado encontro" entre Fran Pérez e Manecas Costa no Cantos na Maré, un festival internacional de lusofonía que se celebra en Pontevedra.
"Cando coñecín a Manecas souben que quería deixarme contaminar pola súa música e a súa influencia", engade Fran Pérez, cunha longa traxectoria musical que abarca estilos e linguaxes tan diversas coma flamenco, bossa nova, jazz e rock and roll. "Gústame dicir que entre as miñas influencias atópase Jimi Hendrix e se me din que iso non é galego, sempre resposto: Hendrix é extremadamente galego".
Nesta nova aventura de "ir contracorriente" acompáñao outro "cancionista", Manecas Costa. Compositor e virtuoso guitarrista, Costa é autor dunha música fuertemente ligada ás ricas tradicións da súa terra.

Cancións coma flores silvestres

Porque a Narf gústalle referirse á súa música como "música silvestre. No terreo abonado da miña identidade como galego, eu déixome influír por todo o que me atopo, dun xeito pouco ortodoxo e moi libremente. Prefiro pensar que fronte ás frores de froristería, fermosas, pero máis elaboradas, as miñas cancións son frores silvestres", engade. "A música de raíz segue sendo a música que nos identifica, pero a nosa identidade, a dos galegos ou os canarios, tamén abarca outros estilos e xéneros. Somos atlánticos, e gústame pensar que se un grupo de mozos tinerfeños fai hip-hop, o resultado final estará enriquecido porque pasou polo tamiz das súas influencias culturais e da súa sensibilidade", explica.


Noticia enviada por Xan Touro

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concurso de pandeireteir@s Xiradela

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )


O X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL na modalidade de pandeireta será o domingo 19 de abril, en horario de mañá e tarde, ás 11:00 e ás 16:30 h.

O lugar elixido para a súa celebración é o auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo, a carón do paseo fluvial. A entrada é gratuíta.

1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e C.
2ª Ás 16:30 h da tarde para as categorías B e D.

Grupos e orde na que actuarán no concurso na web de Malmequer

Noticia enviada por Xan Rolei

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galiza em trânsito

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )



+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Pedrón de Ouro, para Mini e Mero
http://www.anosaterra.org/nova/o-pedron-de-ouro-para-mini-e-mero-.html
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )


Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias levan dende 1972 anos recollendo e transmitindo o patrimonio da tradición oral galega. A Fundación Pedrón de Ouro recoñece este labor de case catro décadas co premio Pedrón de Ouro 2009.


O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galiza "que máis destacase na defensa e promoción das facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou nunha traxectoria vital, como é o caso. Por outra banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, mais residente fóra de Galiza, que destacase polas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura".

Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu, filóloga romanesa que leva o Pedrón de Honra polo seu "labor de difusión" da lingua e cultura galegas no seu país, recibirán cadanseu premio o 24 de maio ás 12.30, nun acto literario na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Mini e Mero, membros do grupo de música tradicional 'A Quenlla', declaráronlle a Efe sentiren unha "gran satisfacción" por recibiren o Pedrón de Ouro, que supón para eles "un empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e expresións. Mini engadiu que o galardón é tamén para moitas persoas que desenvolven tarefas similares, "en silencio", e que nin el nin Mero "o merecen", xa que o seu traballo "é egoísta, é beber nunha fonte na que outros non poden".

Os dous musicólogos, transmisores dunha cultura oral e musical que doutro xeito se perdería, afirman que o mérito é "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai 37 anos. Levan todo ese tempo recompilando material por toda a xeografía galega, pero fundamentalmente na Terra Cha, a súa comarca natal, e nas zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen a docencia.

Afirman que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado, arquivos que queren "difundir" e "pór nun gran foro" porque "son patrimonio de todos". Teñen en marcha un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego, que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido dentro dun ano, aproximadamente.

Noticia enviada por Xan Rolei

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Final II Concurso de Maquetas Millo Verde
http://milloverde.blogaliza.org/2009/04/17/final-ii-concurso-de-maquetas-millo-verde/
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )


O vindeiro sábado 18 de abril prodúcese o pistoletazo de saída da 3ª edición do Festival Alternativo Millo Verde, desta vez coa celebración do II Concurso de Maquetas Millo Verde.
Este Concurso iniciouse a comezos de febreiro, rematando a presentación de traballos o 22 de marzal, e despois de ter que ampliar o prazo da mesma en unha semana, debido ás solicitudes de varios grupos.
Cabe sinalar que nesta segunda edición, o número de traballos presentados foi de máis do doble dos xa recibidos na anterior edición do ano 2008. Asímesmo, existiu unha grande calidade musical, variedade en estilos, así como na procedencia dos mesmos (recibíronse traballos de A Corunha, San Sadurninho, O Pino, Santiago de Compostela, Vedra, Monterroso, Ribadeo, Sarria, A Estrada, Bueu, Marin, Moanha, Ponteareas, Pontevedra, Porrinho, Redondela, Vigo...).
Dez días despois de rematar o prazo de recepción de traballos déronse a conhecer os tres finalistas. Esta decisión tomouse despois de que un total de quince personas escoitaran varias veces o total das maquetas presentadas, e votaran en función de diversos criterios. Cabería sinalar tamén que neste punto houbo moita igualdade na “parte alta” dos resultados finais, co que se puido garantizar novamente o alto nivel dos grupos presentados.
E aínda que nos gustaría que o número de finalistas fose maior, só puidemos incluir aos tres primeiros clasificados. Estes finalistas, que serán os que deleitarán ao público o vindeiro sábado 18 de abril foron: Grands (Rap/Hip Hop – Moanha), Skandalo GZ (Punk/Ska – Ponteareas), e Estado de Sitio (Rock – Porrinho).
Unha das novidades desta segunda edición será a ubicación do concerto. Desta vez desenvolverase na antiga Feira do Gando de Redondela, nunha zona ás aforas da vila, e con capacidade para recibir a todas aquelas personas que queran achegarse a disfrutar desta final.
A apertura de portas producirase ás 21hs, e unha hora despois, ás 22hs, dará comezo o concurso.
Outra das novidades será a inclusión na final dun grupo local, da vila de Redondela, que participará fóra de cartel. Trátase, neste caso do grupo de Hip Hop Beatus Ille. O motivo de que participe é que aínda que non foi un dos finalistas, sí foi o grupo de Redondela mellor valorado, polo que a Asociación Millo Verde considerou acertado que participase no concerto-final, aínda que fóra de concurso.
Polo tanto, a partir das 21hs, as portas abriranse para recibir ao público asistente. A entrada custará 2€, con unha consumición mínima incluída, así como dereito a voto para decidir o grupo ganhador. O resultado deste ganhador darase a conhecer ao rematar o concerto-final, momento no que se recollerán os votos de cada asistente.
Asímesmo, ao longo de todo o concerto, e mediante proxeccións, se irá informando ao público asistente sobre as novidades que presentará a 3ª Edición do Festival Alternativo Millo Verde, que terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de Xunho, en Redondela.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de aniversario de PROPOLIS (espacio social de A Coruña)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )


Menú do Día 18/4/09 de 12 a 24h:

PratosEntrantes para Mañá e 1/2Día

- Ensalada de PASARÚAS: Un pouco de verde leituga, un pouco de vermello tomate, branco cebola....Dende xa pola mañá un Pasarúas para facer calor no Barrio, acompáñanos no percorrido!

- Variado Salado de XOGOS NA RÚA: Unha das nosas especialidades gratinadas, un pouco de brile, corda, sillas entre outros....porque a Rúa e para Xogar.

- Caldo quentiño de CONTACONTOS: Ben quentiño e cargado de vocablos con ilusión e fábula para todos os ointes.

Pratos Primeiros para 1/2Día e 1/2Tarde

- Prato quente de XANTAR POPULAR: A hora da comida...comamos todos...

- Variado de OBRADOIROS + MAXIA + DJ´s: Un bo prato variado para os mais apetitosos de Obradoiro de Canción Creativa, os trucos mais salados dos Magos e os ritmos mais ácidos do Dj.

- Solomillo Exquisito de Circo na Rúa por ASSIRCOPATAS: Ummmmm....exquisito e no seu punto...Risas garantizadas!

Postres e Cafes...

- Sorbete de FERREIRÓS e Doce Flan de OSFRISCOLLOS: Trala sobremesa comenzan os postres non te perdas un gran sorbete de Zurdo e a Friscollada mais auténtica!

- Café con Jotas de CHOTOKOEU: Que lle justan as jotas...pois bótalle! e a bailar o son destes rapaces cargados de mestizaxe!

- Froita Fresca de DUPLOSON: E no punto alto da noite, un pouco de froita fresca, como frescos os ritmos latin jazz funk deste grupazo, cos seus vellos coñecidos nos sotos de Propolis!

COMO SEMPRE TODO DE BALDE!!!!!!

ESpeRáMOStE!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revelando Voces 2009 leva sete agrupacións musicais aos centros socioculturais de Compostela
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=4733&lg=gal
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )


A terceira edición do programa Revelando Voces levará aos centros socioculturais da cidade a sete novas agrupacións musicais. Serán en total 12 concertos, nos que se poderán escoitar diferentes propostas sonoras en pequeno formato.

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García, Conde, presentou este ciclo de concertos, acompañada dos integrantes dalgunhas das formacións participantes. Destacou "a ampliación do número de artistas convidados en relación a edicións anteriores, que recollen novas propostas sonoras achegadas ao jazz, o ska, a música tradicional e mesmo o rock".

A filosofía dente programa, indicou, "é crear público novo nos barrios da cidade a través de propostas próximas e de pequeno formato". Ademais, resaltou a oportunidade que supón para os grupos participantes a inclusión en Revelando Voces, pois moitos dos músicos e bandas que interviñeron en edicións anteriores do certame son xa artistas consagrados.

Revelando Voces 09 foi un programa artellado dende os propios centros socioculturais, contando con Adolfo Muíños, do CSC do Castiñeiriño, como coordinador. Deste xeito, tentou atenderse aos intereses e sensibilidades do público potencial dos barrios da cidade, que son os destinatarios últimos do programa. Os concertos terán lugar cada sábado ás 21:00 horas nos seis centros socioculturais cabeceira da cidade: Conxo, Fontiñas, Ensanche, A Trisca, Vite e Castiñeiriño.

Ska, jazz, folk, rock e punk
Os concertos comezan o sábado 18 de abril, coa actuación de Sacha na Horta, un grupo de mulleres novas cuxa música definen como agro-punk. A seguinte proposta chegará da man de Lobalú, último proxecto artístico do guitarrista Héctor Lorenzo e a cantante Najla Shami, no que se mesturan bossa nova e jazz vocal.

A música tradicional virá da man de Verdegaio, dúo formado por Xabier Blanco Lado e Alexandre Cadarso, que pretenden homenaxear aos que no pasado contribuíron a enriquecer o patrimonio musical de Galicia. Doutro estilo ben diferente botan man Lucía da Fonte con Meiga do Norte, novísima banda de rock&roll que promete deixar gratamente sorprendido a máis dun.

Outro dos grupos participantes, Aló Django, conta xa cunha ampla experiencia nos escenarios da cidade. A banda parte musicalmente do jazz, o claqué e o gypsy swing para ofrecer un concerto cun amplo abano de xéneros musicais interpretados ao estilo dos xitanos centroeuropeos. Miñor Swing, pola súa banda, é un cuarteto de contrabaixo, violoncello e dúas guitarras inspirado no jazz francés e manouche que atopa en Django Reinhardt o seu referente. Para rematar, Ton Risco e Jacobo de Miguel forman un dúo de piano e percusión de gran solidez que ofrece unha perspectiva camerística do jazz.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marful cruza a raia - Xira Portugal

(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )



Noticia enviada por Abada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



`11ª Noites de Tasca´ na Ponte Carreira (Frades)

(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )



Noticia enviada por Manuel Viqueira

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Disco e Video-clip dos Terribles de Donas
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=59840
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )
Que dirán, que dirán, que dirán?
Que dirán, que dirán, por aí?
Que dirán, quedirán, que dirán?
Os Terribles xa estamos aquí.

Os Terribles acaban de grabar en Casa de Tolos (Gondomar) o su primeiro disco compacto que sairá pronto ao mercadonunLibro-CD. A charanga máis veterana da comarca do Val Miñor xa deixou para aposteridadeaquelas cancións que alegraron a vida a miles de galegos en tempos depenurias.


Patrimonio inmaterial

Era de xustiza que una banda quetanto sonou en innumerables acontecimentos quedara rexistrada nunha grabación para que nofuturo non quede no olvido unha mostra do patrimonio inmaterial do Val Miñor.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cachola Baleira na Esmorga
http://agal-gz.org/blogues/index.php/aesmorga/2009/04/07/cachola-baleira-na-esmorga
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


A Esmorga Blogue - O dia 18 de abril, a partir das 22h, temos música, baile e festa com os Cachola Baleira.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Primeira Mostra de Vídeoclips Cidade da Coruña
http://www.culturagalega.org/imaxes/edicion/2._Bases_1_mostra_video_clips-1.pdf
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


Video Killed The Radio Star” foi unha marabillosa canción editada a finais dos 70, chegou a alcanzar o número un durante máis dun ano nas listas de todo o planeta. Interpretada pola banda británica The Buggles, o tema trascendeu a nivel mundial principalmente polo seu vídeo clip, un traballo dirixido polo cineasta autraliano Russell Mulcahy (Os Inmortais, con Christopher Lambert) que foi o primeiro vídeo musical emitido pola canle norteamericana MTV no 1981, exactamente o 1 de agosto.
Tanto a canción coma as imaxes do vídeo facián referencia a unha vella estrela da radio que ve como os seus días de gloria rematan debido a proliferación dos soportes videográficos.


Pareceunos moi axeitado e mesmo irónico bautizar esta I Mostra de Video Clips Cidade da Coruña do mítico vídeo clip, básicamente porque nos tempos actuais a sorte que corre a exhbición destas obras nos grandes medios de comunicación é cando menos dispar. Hoxe en día resulta tarefa case imposible atopar un espacio en calquera cadea televisiva da península, onde se poida disfrutar destas pezas cunha certa normalidade, en cambio proliferan en Internet, bares, locais de ocio, autobuses, etc… e decir, o vídeo clip está na rúa as 24 horas do día formando parte das nosas vidas, e exceptuando canles específicos de televisión (maiormente de pago) e algún evento puntual, estas obras que nos últimos tempos están a reflexar á perfección este instante de democratización da técnica audiovisual e que xeneran nalgúns casos aportacións artísticas dunha inusitada calidade e frescura, están a pasar prácticamente desapercibidas para os “mass media”.


Decidimos centrar este evento no panorama musical e audiovisual galego porque somos conscientes da existencia da gran cantidade de obras que merecen saír á luz na nosa comunidade, e porque cremos tamén na necesidade de aumentala oferta culturala galega e o ó tempo ser escaparate e punto de encontro dos profesionais do sector desta tendencia creativa que a pesar de todo, e debido principalmente ao seu carácter industrial (un vídeo clip non deixa de ser o spot publicitario dunha canción) atópase sempre en continúo movemento, e en parte por esta inmediatez, convérsese nun xénero secretamente envexado por outras propostas artísticas con pretensión de maior funcionalidade social.


O vídeo clip, aínda que nado coma neto do cine e irmá pequeno da televisión, antójasenos na actualidade coma fundamental soporte da producción musical de artistas e empresas galegas. É –polo tanto- preciso, que vaia recuperando ese lugar propio e máis que merecido que ostentaba nun pasado non tan afastado. Facer que eso sexa unha realidade é a nosa verdadeira e única motivación.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=14472
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


En Arxentina, falar de galegos é falar de españois. Sen embargo, malia a importancia demográfica e cultural que supuxeron, non hai moitos estudos sobre as súas representacións no imaxinario colectivo. E iso é o que fai o libro Os galegos no imaxinario arxentino. Literatura, sainete, prensa. Unha publicación editada pola Fundación Barrié que será presentada por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, naquel país. Con ela finaliza o intenso programa de actividades desenvolvido por Arxentina do máximo mandatario do Consello da Cultura Galega que supuxo dúas conferencias, a presentación de tres libros e a inauguración de exposicións en Bos Aires e Rosario

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FOLIADA DE ABRIL NAS PONTES

(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


O venres, 24 de Abril temos foliada no Lar. Para esta data contamos coa participación da Banda de Ladrido (Ortigueira) Brisas da Croa. Xa estiveron con nos o ano pasado demostrando o seo aire festeiro, conseguindo de este xeito transmitirlle a xente alí presente a sua forza.

Noticia enviada por Xan Rolei

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Labazada de estrea [CD e formazom]
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1534/62/
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


Labazada, o grupo de HiperCore de Kompostela e Pontecesures, estará presentando o novo CD e a nova formazom, o próximo Venres 24 de Abril.

O concerto é o premio que ganharom no certame de Nsaio Xeral pola Rede Galega de Música ao Vivo, e será no Zona Zero de Caldas às 23:00hs.

Labazada em Komunikando.net

Noticia enviada por Viktor

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=14502
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


Cun concerto na Coruña comezan a xira de promocíon de Introterra





Durante os últimos días do presente mes de abril, o que será o terceiro traballo discográfico de Pepe Vaamonde Grupo Introterra estará dispoñible nas principais tendas de discos de Galicia. O disco gravouse entre os Estudios PKO de Madrid, Estudios Bruar da Coruña e Metrópolis de Vigo. Introterra está autoeditado pola banda e distribuído por Lonxa Cultural, nel reúnese, de xeito condensado, a esencia da banda. Pepe Vaamonde Grupo inicia estes días unha pequena xira promocional por terras galegas que os levará a actuar, nas próximas semanas, nas cidades de A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, comezando o vindeiro venres 17 de abril, no Forum Metropolitano de A Coruña (Rúa Río Monelos s/n). En Introterra ofrece 11 temas cos que resumir, de xeito conciso, o que é a traxectoria e o estilo da propia formación nestes últimos 8 anos e ollando, de xeito claro, cara ás raíces da mesma.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]


En 'Novas Relacionadas'



* Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza

* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]