[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167] [168] [169] [170] [171] [172]
Novas que incluen 'o': (texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) | 
O Concello de Salvaterra, a través da Concellaría de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, colabora por terceiro ano consecutivo na organización da ‘Festa dá Sementeira’, que se celebrará o 21 de xuño, na parroquia de Corzáns. Unha festa na que os veciños tratan de recordar como vivían os seus devanceiros, representando, así, a labra con animais nun anaco de terra e a súa sementa, imitando aos campesiños de anos a tras, ata con vestimenta da época e tamancas.
A tenente alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, manifesta que o Concello apoia esta festa porque "hai que ter en conta a iniciativa dun grupo de veciños que intenta recuperar a forma de vida que existía non fai moito tempo". Valcárcel recalca que "hoxe en día xa non atopamos, por exemplo, practicamente ningún veciño que teña vacas e, en Salvaterra, lémbrome ben, había moitas".
A concelleira considera, por iso, que a ‘Festa dá Sementeira’ representa "unha forma de non esquecer como se vivía, principalmente cara ás novas xeracións". Por iso é polo que a Concellaría de Cultura "sempre estará apoiando estas accións, que promocionan tamén ou noso patrimonio cultural e histórico".
Mentres, desde a organización recordan que esta festa "era algo que xa o facían os nosos avós", afirman. Os preparativos comezan dúas semanas antes, nun evento que a cada ano reúne máis persoas, sobre todo doutros concellos.
A ‘Festa dá Sementeira’ comezará a partir das 11.00 horas da mañá e estará amenizada pola actuación musical de gaiteiros tradicionais. Haberá, ademais, unha exposición con obxectos antigos, por exemplo, o ‘carro dá vaca’. Para os que non queiran participar ‘activamente’, a organización convida, de todos os xeitos, a acudir a Corzáns "porque haberá sardiñada desde as 12.00 horas". A ración (inclúe pan de millo), costa 4 euros.
| Noticia enviada por Leonardo Gris
- Salvaterra -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) Noticia enviada por Leonardo Gris
- Festa- Muiño -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) | 
Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu. Ás once da noite reúnen a tódolos asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello. Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha queimada reparadora.
Invocación dos Fachos
Houbo unha vez un tempo en que Galicia señoreou sobre os outros reinos das españas; no que a nosa língua foi levada polos trobadores nas súas cantigas por todas as cortes cristiáns no que os canteiros de toda a Europa deixaron a súa palabra e a súa arte escrita sobre as nosas pedras. Houbo unha vez un reino con reis e señores propios que fixeron desta periferia un centro de cultura e influencia dentro e fora da península. Pero cando a este gran esplendor lle chegou o seu ocaso naceron os grandes señores que en momentos concretos da súa vida ou da súa morte pasaron a ser símbolos para o pobo dunha resistencia contra a historia devoradora doutros pobos e identidades símbolos daqueles que loitaron nalgún momento concreto para que a nosa historia non pasase a formar parte doutra historia, para que a nosa cultura non fose substituida por outras culturas. Cando o vello Rei Arturo realizou a súa derradeira viaxe cara á illa de Abalón prometeu que cando o seu pobo o necesite volvería para devolverlle o esplendor perdido. Hoxe, cando a nosa cultura e a nosa identidade perigan entre as fauces duna globalización uniformizadora, cando estamos esquecendo a nosa historia, deixando de transmitir as nosas tradicións e mesmo o idioma ós nosos fillos; Hoxe, máis que nunca invocaremos o regreso da súa particular illa de Abalón ó máis grande cabaleiro que señoreou as terras de Redondela e Soutomaior, para poñelo á fronte da recuperación do esplendor cultural que noutro tempo brillou sobre estas terras. Por iso, amigas e amigos todos, nesta máxica xuntanza ó redor do lume de San Xoán invoquemos con forza o seu nome todas e todos a unha: PEDRO MADRUGA... ACCESO Pola N-550, entre Pontevedra e Tui (o centro urbano de Redondela queda no P.K. 142). Tamén, pola autoestrada A-9 (saída 137), que se conecta co P.K. 130 da N-550. A subida ó Viso (2 km.) atópase no P.K. 139. Pasada a igrexa do Viso hai unha pista á man esquerda que chega ó monte da Peneda.
| Noticia enviada por Leonardo Gris
- Fachos -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) | 
Sábado 20 de junio de 2009 21:30 horas
ACHAIVA DA PONTE Y CALATH –música de Galicia y otros barrios celtas música tradicional irlandesa- Integrantes
Calath: Daniel Wechsler: acordeón, armonio y flauta traversa. Elías Montiel: violín y tin whistle (flauta irlandesa). Héctor Cristofanetti: guitarra acústica y voz. Pablo Franchini: bajo acústico, octave mandola y guitarra.
Achaiva Juan Aguirre Alegre (gaitas y flautas), Marcelo Abalos (flautas y gaita), Willy Pagiatis (violín, viola, cello, mandolina, cítara, bouzouki), María Alejandra Río (guitarra y voz), Victor Cerrón (bajo y voz), Patricio Camino de la Llosa (percusión tradicional gallega y derbake)
Sala de Representantes de la Manzana, Perú 272 Para reservas e información: 4307-8648 Entrada $20, descuento $17 para jubilados, estudiantes y socios de Comalthas www.myspace.com/ciclomanzanadelosceltas Auspicia y humedece: Slainte Cerveza Artesanal
| - Achaiva da Ponte- Manzana Celta -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) - Caminantes de Finisterre -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) | 
A gran cita europea do mundo celta no verán é o Festival de Lorient e o pais invitado este ano e Galicia. A e-Trad estará presente coa orquestra folk Sondeseu, con quen a escola mantén unha forte relación, que protagoniza a presenza da música galega. Asimesmo, o director da escola, Rodrigo Romaní ten sido invitado pola organización a impartir unha conferencia sobre a historia da música galega dentro das actividades que leva a cabo a Université Populaire Bretonne.
| - Rodrigo Romaní- e-trad- Lorient -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) | 
A Asociación ORAL de Galiza do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acaban de abrir unha interesante páxina web sobre o canto improvisado, a máis completa feita até hoxe desde Galiza e que pretende ser un aglutinador desta manifestación cultural que entronca aos regueifeiros, brindeiros, payadores, repentistas, bertzolaris,… de todo o mundo e ás novas correntes coma a do hip-hop, o poetry slam ou os match improvisadores. Así se presenta esta web:
“Dende a ORAL creamos este sitio coa intención de abrir unha ventá, a través da internet, a todas aquelas persoas interesadas e con inquedanza nesta vertente da improvisación oral rimada.
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso do que se atopan referencias dende a Antiga Grecia e Roma pasando polas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media ata os nosos días.
Pero non só falaremos da súa orixe, da súa técnica, de cómo aprendela e practicala ou simplemente gozala, senón tamén doutras manifestacións tan antigas como a mesma regueifa, ou mesmo tan modernas coma o Hip-Hop e de cómo se poden relacionar. Ademais será a ágora onde falar destas disciplinas e de lugar de contacto entre os regueifeiros e o seu público. Tentarase asemade que serva para estar ao cabo da actividade dos regueifeiros e da asociación para que todos e todas saiban onde e cando acudir a un enfrontamento entre regueifeiros ou a un obradoiro ou un xantar regueifeiro.
Tamén serve para abrir un espazo no que se poida regueifar en liña en tempo real, ver actuacións e escoitar regueifas dende calquera parte do mundo.
Por último, pero non menos importante ten o obxectivo de achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional. Contacto
Asociación Oral de Galiza Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Estrada Xeral de Valladares, 261 36315 Vigo - Pontevedra Telf.: 986 467 053 Fax: 986 467 052
Correo-e: oral@regueifa.org cvallada@ctv.es
| - Regueifa -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´
| (texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) - Roque Malasartes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| A lenda de Pena Molexa (Narón)
| (texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 ) - Narón -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 09 ) | 
Estes son os grupos participantes. Pincha sobre cada un deles para acceder a máis información.
Grupos Musicais Alamedadosoulna show Quempallou La Kinky Beat Kogito Lusco Fusco Skarface Zulú 9.30 Os Cuchufellos
Música tradicional Os Xirifeiros Os Terribles de Arousa
Picadiscos O Taberneiro Lamentable Manu Adeus Muchachinho Pum!!!!
Animación Cé orquestra pantasma Peter Punk 2 Circo Expresso Aperta Percusión
| - Festival- Revenidos -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 09 ) | 
Despois de enterarnos por La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia de que as dúas asociacións camellanas ( Asociación de Veciños "A Pergoliña" e Asociación de Festas de Camelle ) recibiron cero euros en axudas da nova Secretaría Xeral de Política Linguística dentro do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, as entidades camellanas seguen a traballar pese a non recibir un euro.
Este é o caso da Asociación de Veciños " A Pergoliña ", que organiza para o vindeiro sábado día 20 de Xuño o San Xoán anticipado na praia.
Pola tarde farase o popular " Xogo do jalo " e sobre as nove da noite comezará unha gran sardiñada. Pero non acaba aí a cousa, xa que despois das sardiñas virá a música.
O I Festival de Música Río d´area traeranos as actuacións das emblemáticas Cantareiras e Pandereteiras " Caramuxa " de Camelle e dos recoñecidos grupos de folk Madialeva ( A Coruña ) e Fol de veneno ( Carballo ). Para rematar esta noite máxica, actuará a disco móvil do D.J. Imben. Coma sempre, non podedes faltar, paso lista.
| - Festival- Camelle- Madialeva- Fol de Veneno -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 09 ) | 
Os amigos de Bico da Balouta mándame recado da súa IV Festa da Randulfa (Encontros de Música Tradicional) onde sempre reina a alegría e a boa música. Será o sábado 20 de xuño na área recreativa da Ponte Vilariño. Cómpre anotarse se se quere participar na merenda-cea. Para o resto, basta con estar alí.
| Noticia enviada por Esteban Copen
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 17/ / 6/ / 09 ) | 
Este xoves día 18, ás 19:00h na e-Trad terá lugar a presentación do libro Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia. A obra é un percorrido pola vida e a música deste gaiteiro, fundador do grupo, aínda activo, Brisas do río Ulla. Agustín foi ademais unha figura fundamental para xeracións posteriores de gaiteiros, chegando a súa influencia ata grupos como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesmamente Milladoiro. A publicación deste libro complétase con partituras das pezas que popularizou, unha guía de audición e un DVD, materiais a través dos cales achegarse á traxectoria deste músico tradicional.
Durante a presentación, que terá lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº 5, estarán o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai; e Cándido Meixide, respondable da Colección Multimedia de Edicións do Cumio. Ao final do mesmo actuará o grupo Brisas do Río Ulla, que interpretarán as melodías máis coñecidas do gaiteiro.
| - e-trad- Escola de Artes e Oficios -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 17/ / 6/ / 09 ) | 
Co galo de que xa queda menos dun mes para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e que aínda non se fixo a presentación, ocorreuseme facer unha nova carta aberta para tratar de que a organización entenda que é necesario por, entre outras medidas, o cobro dunha entrada para o acceso á zona de acampada de Morouzos, logrando así dous obxectivos. Un deles, parar a decadencia do festival que está a levalo á súa desaparición. O outro, tratar de conseguir un público menor en cantidade pero maior en calidade, para lograr así que o Festival de Ortigueira sexa realmente o mellor festival de toda a península Ibérica.
A quen máis lle interesa que o festival non desapareza e que gañe calidade? aos mesmos veciños de Ortigueira, así que a eles, principalmente, vai dirixida:
A todos aqueles interesados pero especialmente aos cidadáns de Ortigueira:
Ano tras ano, por estas datas, o meu corazón vai latindo cada vez máis animado segundo vaise achegando o día en que comece o festival de Ortigueira. É para min algo moi especial poder ir aló a disfrutar dos concertos, das vistas, da festa, da vila, das xentes. Son catro días marabillosos nos que logro esquecer ao resto do mundo.
Máis hai algo que, tamén ano tras ano, vai facendo que agrome en min unha dúbida: si deixar de ir ou non ao festival, porque cada ano que pasa, o festival de Ortigueira vaise parecendo menos a aquela pequena idea que fai xa trinta anos levaron adiante os rapaces da Banda de Gaitas de Ortigueira. E así, este festival, pouco a pouco, é cada vez máis un macrobotellón e unha macrofesta das drogas. Non estou en contra nin do un nin do outro, por mais que eu non probe máis droga que o viño, a cervexa, xa saben, cousas desas, ou algún cigarriño con herba aromática de cando en vez. Non estou en contra de todo o que se fai no festival actual porque cada un é libre de facer ca súa capa un saio, pero iso non quere dicir que me pareza ben o que está a acontecer no festival.
Explícome. Eu considero, que a vista do que é o festival nestes últimos anos e do que xa aconteceu fai vinte tantos anos, que o festival está condenado a deixar de facerse.
Actualmente, segundo a organización van ao festival unhas cen mil persoas. Cantas desas persoas van realmente aos concertos? Botando contas e sendo xeneroso, eu diría que a ver os concertos van unhas corenta mil persoas por día de concerto. Polo tanto… onde están as outras sesenta mil? Pois a maior parte da xente que ven o festival queda na zona de acampada de Morouzos e só pisa o pobo si se lles esgotan as provisións ou a bebida. Morouzos, un lugar público e protexido, énchese de tendas e de chiringuitos onde non deixa de soar a música nin de pasar drogas de todo tipo en todas as noites do festival, como se fora unha macrodiscoteca tecno calquera. Así tan só unha pequena parte dos cen mil van ao pobo a ver os concertos e a facer gasto nos bares, nos supermercados, nas tendas.
Eu explícolles todo isto porque quero propoñerlles dúas posibilidades do que vai acontecer no festival no futuro e vostedes terán que escoller unha.
Nunha delas as cousas seguen como están. A zona de Morouzos segue a ser unha macrodiscoteca, chea de alcohol, drogas e xente que vai ás carpas onde só poñen música dance ou grandes éxitos pop. As tendas están pegadas unhas ás outras e os rapaces desas tendas, para poder comer algo quente ou para poder ver de noite mentres beben, fan fogueiras, con ramas arrincadas das árbores ou incluso árbores novos enteiros. Segue a haber roubos e problemas. O ano que ven, ou o seguinte, ou mesmo este, haberá unha pelexa grande e morrerán un ou dous rapaces. Batalla campal no piñeiral de Morouzos. A cousa pode non rematar aí. Imaxinen que no medio da pelexa, ou símplemente por culpa dun borracho, prende lume unha tenda e o lume pasa rapidamente dunha tenda a outra sen control e sen bombeiros que paren rápido a emerxencia, e o lume esténdese por todo o bosque… cantas persoas poderían morrer? Mentras aos concertos só van as mesmas persoas que ían os anos anteriores, ou menos porque xa non soportan o ambiente de Morouzos e non tendo outra alternativa para aloxarse deciden deixar de ir.
A outra opción que lles plantexo e poñer entrada para poder acampar. Doce, quince, vinte euros por persoa máis outros tantos por tenda. Nesta situación seguramente de cen mil persoas tan só irán ao festival a metade, unhas cincuenta mil, pero todas esas serán persoas que queiran ver os concertos, que vaian á vila a pasear, que fagan gasto nos bares, tendas e restaurantes da vila… Deixaran de ir aqueles aos que o festival ben pouco lles importa, os que pasan catro días borrachísimos ou postos ata arriba de pastillas en Morouzos entre música tecno e que non pisan a vila máis que ó baixar do tren. Por que agora xa non van familias a acampar como antes? simplemente porque o ambente de Morouzos xa non é familiar!!!
Que prefiren entón, que desapareza o festival e así tamén eses cartos que tan ben lle veñen ás xentes da vila, ou facer que o festival dure outros trinta anos máis poñendo unha entrada, para que só vaia xente interesada nos concertos, na vila de Ortigueira e seguir facendo caixa verán tras verán?
Así que, se prefiren a primeira opción, pois adiante, non teñen que facer nada e todo chegará. Se prefiren a segunda opción, está nas súas mans, xentes de Ortigueira, lograr o cambio, porque a min, un pobre rapaz do sur de Galicia, o alcalde de Ortigueira, a organización do festival, non me coñecen e tanto lles ten a miña opinión. Pero vostedes son persoas que poden protestarlle na porta do fermoso concello que teñen, persoas que eles coñecen, que poden presionalos directamente para que este ano o festival cobre entrada para acampar en Morouzos e que chegue a ser o grandioso festival folk galego tal como o é o festival de Lorient na bretaña francesa. Mobilícense, protesten, falen con quen teñan que falar, únanse para que o festival de Ortigueira non desapareza.
Aínda están a tempo de facer que este ano a organización cobre entrada para acampar!!!
Moitas grazas a TODOS!
| Noticia enviada por Emacc
- festival- Ortigueira -
1 comentario :: Enlace a esta nova ::
| Mostra das Culturas 09 - Boiro 4 Xullo
| (texto engadido o día 17/ / 6/ / 09 ) | 
| - Boiro- GalegoZ- Taru e os Paxaros Coiro- Pirats sound sistema- Chamalle Xis -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| IX Romería do Lecer | Xacarandaina | 20 e 21 de Xuño
| (texto engadido o día 16/ / 6/ / 09 ) Noticia enviada por Xan Rolei
- Romería- Xacarandaina -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 16/ / 6/ / 09 ) Noticia enviada por Foliadeiro
- Festival- Festifolk- Mugardos -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 09 ) | 
O ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O FOLQUE E O ISA En febreiro de 2007, Ugia Pedreira, na altura directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, viaxa á Habana e entrevístase coa director do Instituto Superior de Arte (ISA) de Cuba. Este foi o alicerce de futuras colaboracións entre o que despois pasou a ser aCentral Folque e o ISA. Deste acordo de colaboración internacional xurdiron dous proxectos até o momento: 1. Unha investigación levada a cabo por Ramom Pinheiro (profesor de historia da música) no veran de 2007 da que sairá o libro A la Habana quiero ir (Ed Sotelo Blanco, 2009) 2. E a Descarga ao vivo, un espectáculo de fusión de música galega e cubana artellado no inverno de 2007 e estreado no Teatro Mella da Habana en febreiro 2008
A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba O libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, recolle a investigación de Ramom Pinheiro Almuinha sobre a parte cubana do patrimonio musical galego. A la Habana quiero ir (Ed. Sotelo Blanco 2009) compendia meses de investigación en Cuba de Ramom Pinheiro. Ademais do libro, o espectáculo Descarga ao vivo, do que Pinheiro é director artístico, ofreceranos a finais de xullo un repertorio de temas saídos desta investigación. A finais do século XIX e princ. do XX, os emigrantes galegos foron tan numerosos en Cuba que “gallego” se convertiu en sinónimo de Peninsular. Cunha comunidade tan grande axiña se fixeron necesarios símbolos de identidade e así se estrea o himno galego na Habana en 1907. Durante meses, Pinheiro estudou os compositores galegos emigrados ou exilados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos compositores cubanos. Levantou tumbas, removeu memorias e apareceron pezas inéditas ou longamente esquecidas do repertorio musical galego. E así se foi xestando a Descarga ao vivo, un espectáculo musical de fusión galego-cubana do que Pinheiro é o director artístico. Un espectáculo que se estreou o ano pasado na Habana, no Teatro Mella, e que chegará o próximo mes de xullo a Galicia. A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, presentouse no mes de febreiro na Habana, na Feira Internacional do Libro. Poderán adquirirse exemplares desta edición nos concertos da Descarga ao vivo na Coruña (23 de xullo, Teatro Rosalía) e Vigo (30 de xullo, Teatro Caixanova). DESCARGA AO VIVO. O espectáculo que fusiona a música galega e a cubana Cun elenco musical de luxo e uns arranxos musicais entre o jazz latino e o folque europeo, a Descarga ao vivo preséntase por fin en Galiza en tres concertos exclusivos: 23 de xullo. A Coruña. Teatro Rosalía de Castro 25 de xullo. Compostela. Campus Sur 30 de xullo. Vigo. Teatro Caixanova A Descarga ao vivo nace dun acordo de colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano. Profesores de ambos centros conforman esta orquesta mixta que nos achegará a finais de xullo os sons que facían bailar a galegos e mulatos nos xardíns da Tropical, na capital cubana. Entre os 12 temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas para a emigración galega coma a “Alborada de Veiga” ou “Un adiós a Mariquiña” e temas inéditos, froito da investigación de Ramón Pinheiro, como “O Indiano” de Ricardo Fortes Albarellos, “Del Ferrol a La Habana” de Juan Parga ou o tema “Cuba-Galicia” do compositor cubano Guillermo Tomás. | Noticia enviada por Xan Rolei
- Cuba -
+ 2 noticias relacionadas ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 09 ) | 
| - Festival- Retrouso -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 09 ) | "Achegarnos máis á raíz foi un reto", di Pedro Lamas
Ó. IGLESIAS O camiño da Nova Galega de Danza (NGD), inédito en Galicia na súa mestura de tradición e danza contemporánea, segue producindo. O seu terceiro proxecto, Tradicción, presentado hai agora nove meses no Teatro Rosalía, sae en disco o vindeiro 16 de xuño. "Comercialmente, a vida dun espectáculo son dous anos e medio como moito, así que aínda estamos na xestación", di Pedro Lamas, compositor e director musical da Nova Galega.
En Tradicción "non hai trampa". "Toda a música que se escoita aquí é a que reproducimos en directo". Masterizado por Guillerme Fernández, o traballo -editado e distribuído por Falcatruada e Lonxa Cultural, tamén dispoñible nas tendas da Rede- responde ao concepto dos seis músicos e sete bailaríns da compañía: a banda sonora do espectáculo. O disco recolle 11 temas que queren achegarse á tradición "máis que nos espectáculos anteriores". Por unha parte, pezas recoñecibles desde Os Ancares a Bergantiños, coma o Alalá do Cebreiro.
Pero tamén composicións das que se recollen a pé feito. "Muiñeira de Sofán correspóndese co repertorio d'Os Queixas, un cuarteto de gaitas que aínda funciona na parroquia de Cerceda, onde puidemos contactar co gaiteiro Manuel Gende". O mesmo acontece co Pasodobre de Carelle, que lle aprenderon ao gaiteiro Manuel Lago, ou Moliñeira de Bazal. A extensión do disco - 61 minutos, e sen DVD- está condicionada polo uso escénico no espectáculo. "Non son temas axeitados para a radio", convén Lamas, "pero o obxectivo do disco non é concibir cortes para radiofórmula".
O de ir máis alá na apertura cara ao tradicional, despois de Alento (2003) e o multipremiado Engado (2007), non o ve coma un paso atrás. "Foi un reto", di Lamas, que xoga coa adicción -"gusto por ese material"- e a polisemia da tradición: "Pretendemos reformular os elementos que forman parte do noso patrimonio e darlles unha perspectiva diferente na coreografía, na música e na escenografía". Na idea de vencellar a tradición a algo recoñecible para todo o mundo, achéganse ao estándar "con respecto polo coñecemento do público, e coidándonos de que non sexa unha caricatura do orixinal". O traballo de NGD, neste sentido, segue sendo aportar visións diferentes para melodías xeralmente pensadas para gaita, redobre e voz. Na súa versión falamos dun conxunto instrumental de vibráfono (Juan Collazo), guitarra (Ricardo Rozas), acordeón (Suso Iglesias), voz (Xabier Díaz e Toño Domínguez), batería e percusións (Miguel Queixas) e o propio Lamas, con saxo soprano, gaita e percusión tradicional).
Desde o debú en 2001, cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz se xuntaron con Xosé Lois Romero -que hoxe dirixe a música de Ovay para Quique Peón, no Salón Teatro- e quedaron finalistas no IX Certamen de Danza Española y Flamenco, Nova Galega convertéronse nunha sorte de pioneiros sen referentes en Galicia. Outra cousa é vivir da música. Ademais de simultanear proxectos, o substento "máis constante" é a docencia.
A xira comeza agora por Sanxenxo e Zaragoza, a falta de confirmarse o cartel do Festival de Ortigueira. O que poida vir despois, e o futuro do Centro Coreográfico Galego, forma parte da mesma historia. "Se a danza xa sofre para achegarse socialmente á xente, todo o que sexa reducir esforzos debémolo lamentar todos".
| Noticia enviada por Xan Rolei
- Nova Galega de Danza- Tradicción -
+ 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167] [168] [169] [170] [171] [172]
En 'Novas Relacionadas'
* A Rede de Msicas Soltas leva aCelanova as propostas musicais de grandes artistas galegos
* A Roda e Treixadura renden homenaxe a Fito Domínguez cun concerto en Redondela - Faro de Vigo
* Manifestación en Compostela contra a Minaría Destrutiva na Galiza
* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.
* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica
(mostráronse só as últimas recibidas) |
Buscando en información de discos engadida en Ghastas Pista?:
Fuxan Os Ventos: Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de
Compostela o 19 de outubro de 2008.
(extracto)
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta
Miro Casabella: Treboada
Voces Ceibes: (Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")
Xerardo Moscoso: Accion Galega
Maria Manoela: Idioma Meu
Benedicto e Bibiano: En Directo
Benedicto: Os Nomes das Cousas
Miro Casabella: Ti, Galiza
Xosé Quintas Canella: Porque no mundo minguou a verdade
Maria Manoela e Xoan Rubia: Panxoliñas
Luis Emilio Batallán: Ahí ven o Maio
Jei Noguerol: Denantes dos vinte anos
Xoan Rubia: Lembranzas
Emilio Cao: Fonte do Araño
Benedicto: No Vietnam
Benedicto: Pola unión
Bibiano: Alcabre
Jei Noguerol: Cantigas de Fradería
Bibiano: Aluminio
Varios: Galiza a Jose Afonso
Vicente Araguas: Voces Ceibes
Juan Pardo: Galicia, Miña nai dos dous mares
Andres do Barro: Me llamo Andres Lapique do Barro
Suso Vaamonde: Nin rosmar un laído
Amancio Prada: Vida e Morte
Fuxan Os Ventos: Fuxan Os Ventos
Xosé Manoel Conde: Bule Berra Chora
(canzón pra que un neno non durma)
Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier: Noticias da Nova Canción Galega
Existen locais con esa etiqueta: A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))
A Cova Céltica (En A Coruña)
A Cova Folk (En A Coruña)
A Repichoca (En A Coruña)
Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))
Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))
Bodega As Vides (En A Coruña)
Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))
Café Galego Maeloc (En A Coruña)
Café Miudiño (En Ourense)
Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))
Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))
Clavicémbalo (En Lugo)
Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)
Cova dos Ratos (En Vigo)
Dado Dadá (En Compostela)
Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))
Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))
Hipólito (En Vigo)
Lenda Moura (En Vigo)
Modus Vivendi (En Compostela)
O Bardo (En Vigo)
O Batallón (En Vigo)
O Ben Folkdido (En Lugo)
O Café da Vaca (En Ferrol)
O Cubil do Lobo (En Lugo)
O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))
O Gaiteiro (En A Coruña)
O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))
Old Inn (En Betanzos (A Coruña))
Oxachegou (En Compostela)
Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))
Vinilo (En O Grove (Pontevedra))
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
|
|