Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]

Novas que incluen 'o':


COMEZO CURSO DA ESCOLA DE FOLCLORE GALEGO (GRUPO IAR)
http://blogs.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog.view&friendId=466958292&blogId=510685624
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 09 )


COMEZO CURSO DA ESCOLA DE FOLCLORE GALEGO (GRUPO IAR)
O PRÓXIMO LUNS 20 DE SEPTEMBRO ABRESE A PREINSCRIPCIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE FOLCLORE GALEGO, DO "GRUPO DE BAILES POPULARES IAR", DITAS ACTIVIDADES SON:
BAILE TRADICIONAL
GAITA GALEGA
PERCUSIÓN TRADICIONAL
PANDEIRETA E CANTO
TODAS AS ACTIVIDADES SON PARA TODAS AS IDADES E A TODOS OS NIVEIS
LEMBRADE QUE AS CLASES SON GRATUITAS PARA OS ALUMNOS QUE INTEGREN EN DITO CURSO O GRUPO PRINCIPAL.
TODOS OS INTERESADOS, PODENSE POR EN CONTACTO CONNOSCO DENDE XA MEDIANTE:
TELÉFONO-FAX: 981 133 646 (SE NAIDE RESPONDE DEIXAR NO BUZÓN DE VOZ NOME, TELÉFONO E MOTIVO DA CHAMADA)
E-MAIL: iargrupo@hotmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto solidario no Monte Carrasco
http://sosmasso.blogaliza.org/
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )



Noticia enviada por Almudena

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



gala vii “esta noite hai unha fia” en Valga
http://ofiadeiro.com/blog/?p=140
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )


O sábado 19 de Setembro estrenamos a VII edición da nosa gala “Esta noite hai unha fía”, nesta ocasión facemos una mostra dos oficios e labores dos nosos antepasados a través do baile e a música. A gala pertence o ciclo de concertos e espectáculos Vai de Camiño.

Agardámosvos no Auditorio Municipal de Valga ás 21.00 horas!
- O Fiadeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Reperkusion´09
http://www.reperkusion.com/webgalego/
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )



- Reperkusion -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Lingua Galega en Monte Alto!
http://barriomontealto.blogaliza.org/2009/09/13/festival-da-lingua-galega-en-monte-alto/
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )



Noticia enviada por Leonardo Gris

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CONCERTO SOLIDARIO VIRAVENTOS
www.frouma.com
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )


O vindeiro mércores 30 de setembro ás 20:30 h terá lugar o Concerto Solidario Viraventos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Organizado pola ONG Viraventos e coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña pretende recadar fondos para o mantemento da asociación e para as xornadas de sensibilización que estan organizando para o próximo mes de outubro.

O concerto, que estará presentado por Xurxo Souto, terá como cartel aos grupos de música galega Cantigas de Terra, Chámalle Xis, Ruote e Tiruleque, así como Galu Teranga, banda senegalesa formada por usuarios de Viraventos.

As entradas do concerto están dispoñibles á venda no quiosco da praza de Ourense e na web de Caixanova (www.caixanova.com) ou a través do seu número de teléfono 902 504 500. O custo da entrada é de 10 €.

NON FALTES, PRECISAMOS A TÚA COLABORACIÓN!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Xornada de cultura popular galega

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 09 )



Noticia enviada por Leonardo Gris

- Iván Costa- Manolo Maseda- A requinta de Xian -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NOVAS XORNADAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS
http://chichisos.wordpress.com/2009/08/27/novas-xornadas-de-campas-e-campaneiros/
(texto engadido o día 16/ / 9/ / 09 )
19 de Setembro do 2009

IGREXA PARROQUIAL DE PAZOS DE BORBEN - PONTEVEDRA



ACTIVIDADES:

17.00 h repique de Campás, chamamento aos participantes pro inicio das actividades
Presentación do libro “CAMPAS E CAMPANEIROS” por parte do seu autor o Etnógrafo Xerardo Dasairas.

17.30 h . DEMOSTRACIÓN DOS DIFERENTES SINAIS E TOQUES de campás por Lino Míguez e Andrés Ferreira, campaneiros de Pazos de Borbén.
18.00 h “Campanario aberto PRA CAMPANEIROS”, repiques de diferentes zonas e lugares.
18.30 h “Campanario aberto PROS ASISTENTES, prácticas coas campás.
19.30 h ACTUACIÓN do grupo de música tradicional Os Chichisos.




Todos os toques e sinais serán gravados polo colectivo ESCOITAR
Colabora D. Jaime, párroco de Pazos de Borbén
ACTIVIDADES ABERTAS A TÓDOLOS PÚBLICOS

+ INFORNACIÓN: 676.842.942

ORGANIZAN: Os Chichisos

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Campas- Campaneiros- Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornada didactica sobre musica tradicional galega en Lugo
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=1005
(texto engadido o día 16/ / 9/ / 09 )


A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 17 de Setembro unha xornada didáctica sobre música tradicional en Lugo.
Esta xornada, estará guiada polos profesoras da Tradescola Xela Conde e Pedro Lamas.

Esta actividade terá lugar no salón de Actos do CRX LugII de Lugo (sede da Tradescola) o xoves 17 de Setembro a partir das 17:30 h da tarde.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Tradescola
CRX LugII
Rúa Pintor Corredoira, 4 · Lugo
- Tradescola -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V CICLO DE COROS HISTÓRICOS
www.cantigasdaterra.com
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 09 )


O laureado Coro Cántigas da Terra organiza o V Ciclo de Coros Históricos coa colaboración do Concello da Coruña.

O Ciclo que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña componse de tres concertos, os días 4, 11 e 18 de outubro, que darán comezo os tres as 19:00 h e que contarán cos seguintes participantes:
Domingo, 4 de outubro
Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela
Grupo de baile Colexiata do Sar de Santiago de COmpostela
Cántigas da Terra da Coruña

Domingo, 11 de outubro
Coral de Ruada de Ourense
"O Bosque Animado" do Grupo de Teatro de Wenceslao Fernández Florez
Cántigas de Terra da Coruña

Domingo, 18 de outubro
Real Coro Toxos e Froles de Ferrol
Trioliro Regueifeiros de Vigo
Cántigas da Terra da Coruña

Esta é a oportunidade perfecta para coñecer de primeira mán o que cantaban os nosos antergos alá o principio do século pasado, NON FALTEDES!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festa do Rural
http://colectivomalaherba.blogspot.com/2009/09/i-festa-do-rural12-13-de-setembro.html
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 09 )


Os vindeiros días 12 e 13 de setembro 09 vai ter lugar no torreiro da festa de Matamá (Vigo) a I FESTA DO RURAL. Este evento está organizado conxuntamente polo Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación Veciñal de Matamá. A programación será a seguinte:

SÁBADO 12
11H. Apertura da III MOSTRA ETNOGRÁFICA de Matamá. E postos de agricultura ecolóxica.
12H. Música tradicional e degustación gastronómica.
17H. OLIMPIADAS do campo e XOGOS TRADICIONAIS para nen@s e maiores. Anótate e participa! mais información en http://www.myspace.com/452018890. 20H. Programa INTERBARRIOS actuacións de grupos das AAVV de Valladares, Salgueira e Matamá. 22H. ZURRUMALLA música tradicional.

DOMINGO 13
11H. Demostracións de OFICIOS TRADICIONAIS. 12H. HOMENAXE OS MAIORES da parroquia. 13H. SETE CUNCAS música tradicional. 14H. Xantar popular (previa reserva tlf:678973583) 17H. Grupo TARXA música folc. 20H. CLAUSURA. (ENTRADA GRATUITA)

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Fervenza de Músicas
http://carreiros.blogspot.com/
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 09 )


A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Pana Raiada (Santiago)
Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco. Tamén se poderán adquirir as camisolas da festa.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Fervenza- Ouzande- Carreiros -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música
http://www.fotolog.com/ruxeruxe/38749759
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 09 )


O luns 7 de setembro comezou a andaina de PLANETA FURANCHO na Radio Galega Música.

Unha aventura radiofónica que ten como fin a difusión da música feita na terra e que quere ser altofalante, axenda e latexo diario e actual de todo canto acontece no universo musical galego.





PLANETA FURANCHO
Todos os días de luns a venres, de 23.00 a 24.00 na Radio Galega Música.

planetafurancho@crtvg.es


RADIO GALEGA MÚSICA

Pode escoitarse tamén na canle 11 da radio dixital, en Internet e en FM nas seguintes frecuencias:


SANTIAGO 104.2
FERROL 106.3
A CORUÑA 92.1
A COVA (centro.prov.Lugo) 96.6
OURENSE 95.6
LUGO (Capital) 106.2
PONTEVEDRA 101.4
VIGO(Domaio) 90.8
XIABRE(Noia, Cambados) 88.0
XISTRAL 100.2

Noticia enviada por Leonardo Gris

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



De Ruada en Bos Aires
http://www.deruadaenbosaires.com.ar/
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 09 )



- Ruada- Bos Aires- Vedra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II FOLIADA DE BRIBES
www.frouma.com
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 09 )


O domingo 13 de setembro a partir das 22:00 h celébrase a II Folilada de Bribes, con bochinche de comida e bebida.

A partires das 21:30 h actuación de Con Canto Donaire.

Recorda vir co teu instrumento, a Festa non rematará mentres o corpo aguante.

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I FOLIADA DO VERÁN EN CECEBRE

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 09 )


¿Qué mellor xeito de ir despedindo a tempada deste verán 2009 que cunha nova foliada?.

Os "Gaiteiros de Cecebre" de Pedro Lamas sempre estamos a pensar nunha vinveira foliada que organizar. Vainos a boa festa, o mesmiño que a tod@s @s amig@s que asisitiron e participaron nas anteriores edicións: a Nosa Música, o Noso Baile, risas, material para referescar as gorxas e festa sana da boa... ¡Somos así!.
De xeito que, seguindo o noso costume estacional xa establecido, convidámosvos a esta nova foliada:

¡A "I FOLIADA DE VERÁN EN CECEBRE"!.

Lembraredes que o motivo principal destas foliadas é a recuperación da Nosa Música nas terras de Cecebre (Cambre-A Coruña). É por isto que sempre agradecemos infinitamente a vosa meirande presencia e participación, xa que de non ser polo voso apoio a cousa xa non sería o mesmo. De feito o vindeiro Nadal cumpriremos o primeiro ano desta iniciativa.
Por todo isto:

¡MOITAS GRACIAS A TOD@S POR TOMARES PARTE, COMPAÑEIR@S! (e moita festa tamén) ;)
- foliada- cecebre -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Primeiro Curso de Zanfona Galega en Arxentina - Fundación Xeito Novo
http://www.xeitonovo.org.ar/novedades.php#27del09
(texto engadido o día 3/ / 9/ / 09 )


Lugar:
Av. Independencia 1722 - Ciudad de Buenos Aires (Sede de la Fundación Xeito Novo)

Dictantes:

Eliana Beatriz Iglesias Sapienza , Tercer Año Perfeccionamiento Aula de Zanfona de la E-Trad, Escola Municipal de Música Tradicional de Vigo, Galicia.
Marcelo García Morillo, luthier - artesano de zanfonas (El Bolsón, Río Negro, Argentina)
Domingo 27 de Septiembre 17:00Hs. Actividad Gratuita sin necesidad de inscripción:

Charla abierta Introducción al Instrumento, Contexto histórico, Orígenes.(18hs a 21hs)
Exposición de Instrumentos.
Lunes 28 de Septiembre al Viernes 2 de Octubre 2009 - De 18 a 21 hs. Previa inscripción - Actividad arancelada

Lunes 28 a Jueves 1:
Afinación, Mantenimiento y particularidades del Instrumento. A cargo de Marcelo Morillo (18 hs a 19 hs)
Lunes 28 a Viernes 2:
Nociones básicas para aprender a tocar el instrumento, ejecución de repertorio de música tradicional para nivel inicial (Jotas, muñeiras, fandangos y marchas). Técnica de picado y batimento. A cargo de Eliana Iglesias Sapienza (19hs a 21 hs)
Arancel: $100

Nivel: Todos los niveles

Inscripción:

Hasta el 21 de Septiembre de 2009, plazas limitadas.
- zanfona -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xa están aquí as Festas dos Axóuxeres
http://www.xunta.es/linguagalega/axouxeres
(texto engadido o día 3/ / 9/ / 09 )


Da man de Eli e Totó viaxaremos en tren, en barco, en globo e tamén nunha nave espacial e así chegaremos ao monte, ao mar, ao aire e ao sol. O obxectivo é atoparmos Pope, o grande amigo de Totó do que temos noticias grazas ao señor Carteiro, un emisario simpático, cariñoso e infatigable que é capaz de repartir cartas nestes insólitos lugares.

Con ritmos de Bluegras, R&B, Soul e Gospel a música será a compañeira da viaxe que comezará en branco e negro e que, pouco a pouco, irá adquirindo e amosando unha variadísima gama de cores.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os cativos da casa. Vermiños, peixes, bolboretas e soles xa agardan por nós. Catro elementos, catro viaxes, catro transportes, catro cores, catro ritmos e catro amigos para aprendermos mil palabras. Vides ben dispostos para cantar, brincar, xogar, falar? A Festa dos Axóuxeres facémola xuntos!



Datas das Festas dos Axóuxeres 2009
5 de setembro: A Coruña. Paseo das Pontes. Ás 12.00 horas
6 de setembro: Ferrol. Praza da Constitución. Ás 12.00 horas
12 de setembro: Ourense. Parque Barbaña. Ás 12.00 horas
13 de setembro: Lugo. Horta do Seminario. Ás 12.00 horas
19 de setembro: Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12.00 horas
20 de setembro: Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
26 de setembro: Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda). 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
- Azouxeres -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Abre en Ourense a exposición "Sete voces para a Coral de Ruada"

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 09 )


O Centro Cultural Simeón da Deputación de Ourense acolle a inauguración oficial da exposición “Sete voces para a Coral De Ruada” o xoves 3 de setembro ás 20.00 horas.
A mostra, que se enmarca dentro dos actos de celebración do 90 aniversario da emblemática Coral ourensá, permanecerá aberta ao público desde o día 1 e até o 27 de setembro no Centro Simeón.
“Sete voces para a Coral De Ruada” nace a partir dos fondos propios da Coral, do seu significado histórico e do seu alcance actual. Presenta unha viaxe polas apaixonantes memorias da agrupación narrada a través de sete palabras que definen a esencia de De Ruada: Palabra, Movemento, Innovación, Galeguismo, Talento, Momentos, Legado.
Os obxectos máis relevantes obtidos e custodiados pola Coral nos últimos 90 anos, os cadros e obras de artistas relacionados con De Ruada, a proxección dun audiovisual e unha zona interactiva onde se poderán escoitar algúns dos temas fundamentais do repertorio da Coral conforman esta exposición que, en definitiva, é unha homenaxe ao valioso traballo realizado por De Ruada e por todas as persoas que xenerosamente contribuíron e contribúen a dignificar a nosa cultura desde Ourense.
Con 90 anos de historia, a Coral de Ruada representa un sólido símbolo de identidade non só na memoria colectiva de todos os ourensáns, senón tamén dentro da nómina privilexiada dos grandes coros galegos. Desde a súa presentación oficial o 24 de xuño de 1919 e até a actualidade, a Coral vén desenvolvendo un inxente e extraordinario labor, que a consagrou xa como unha entidade clave na defensa e recuperación da cultura musical popular
- Coral- De Ruada -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO DISCO DE TIRULEQUE
www.tiruleque.com/
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 09 )


PRESENTACIÓN DO DISCO DE TIRULEQUE

O vindeiro venres 4 de setembro ás 22:30 h o grupo Tiruleque presentará no Club del Mar da Coruña o seu primeiro traballo discográfico. A entrada será de balde.

Será un concerto especial, polo que haberá algunha sorpresiña preparada para tod@s @s asistentes ó evento...Non dicimos máis...!!! Na web do grupo xa podedes ollar un contador de días, horas, minutos e segundos porque a gran cita xa está aí...lumeeeeeeeeeeeeeeeee...!!!

O Club del Mar está xunto á praia de San Amaro e moi perto do barrio de ADORMIDERAS, perto do paseo marítimo da zona da Torre de Hércules.

Se queredes pasalo ben, NON FALTEDES!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]


En 'Novas Relacionadas'



* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

* Luar na Lubre resume os seus 25 anos de carreura no seu novo espectáculo


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]