Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]

Novas que incluen 'o':


SAMAIN 09 REDONDELA

(texto engadido o día 26/ / 10/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MAGOSTO POPULAR

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )


O día 24 de outubro no torreiro da festa de Matamá (Vigo) celebrarase un Magosto Popular coa seguinte programación:

16:00 h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s
Percorrido por Matamá . Polo camiño actuará o contacontos
SAÚL. (A saída será dende o torreiro de Matamá. Se chove
faranse actividades na carpa).

18:30 h "CODIA E MIOLO" Espectáculo de animación para nen@s

19:30 h Reparto de castañas. (Cunha consumición castañas gratis).

20:00 h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de
instrumentos musicais, xogos tradicionais, maquillaxe para nenos...

22:00 h "OS TREBELLOS DO MORRAZO" grupo de música tradicional.

23:00 h SERAN POPULAR trae o teu instrumento e participa.

00:00 h QUEIMADA

¡¡¡ ENTRADA DE BALDE. HABERÁ CARPA POR SE CHOVE!!!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII NOITES DE TASCA

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )


Comenza unha nova tempada das Noites de Tasca.

O venres 30 de outubro a partires das 22:00 h, elebrarase a 13ª edición das Noites de Tasca organizadas pola Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes no Bar Viuda de nouche en Sigüeiro-Oroso.

Nesta ocasión se contará coa presenza do gaiteiro Antonio Mato, dos gaiteiros Amigos da Torre e tamén do grupo Lembranzas do Lambre.

E despois, coma sempre, foliada á que estades todos invitados.

VEN TOCAR CON NÓS!

Noticia enviada por www.frouma.com

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



10 aniversario da A. C. Tangaraño
http://www.tangarano.org/modules/news/article.php?storyid=22#
(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )


A. C. Tangaraño vén de cumprir 10 anos de traballo polo ensalzamento, recuperación e difusión do noso folclore. Durante este tempo, foron moitas as actividades realizadas en torno o baile, a música e a vestimenta tradicional galegas, e que mellor forma de celebralo, que compartindo con todos vós unha pequena escolma do traballo desenvolvido durante estes dez anos.

Por iso este ano, engadimos ao noso tradicional festival anual O son do Tangaraño, unha serie de actos e actuacións durante a última semana de outubro, que pretendemos representen a evolución do noso traballo, e que esperamos que desfrutedes tanto coma nós.


Exposición de traxes tradicionais

Unha parte fundamental do noso traballo foi a recuperación e fidelidade á roupa tradicional, o que nos permitiu colaborar en diversas exposicións co concello de Mos e o Museo Liste, chegando a publicar o libro O vestido de onte en conxunto con dito museo. Non podía polo tanto, faltar nas nosas actividades unha mostra do noso vestiario, tendo a sorte de contar para a súa presentación coa actuación da Escola de danza da vila de Monterroso.

Actuación Escola de danza da vila de Monterroso
Multiusos de Mos - Sábado 24 as 12:30

Horario de apertura da exposición
Multiusos de Mos - Domingo 25, martes 27 e mércores 28
Mañá: 11:00 a 13:00
Tarde: 17:00 a 20:00


Talleres didácticos espallar

Como xa dixemos, parte do noso esforzo dedícase a difundir o noso folclore, sobre todo cos máis pequenos, xa que nas súas mans está a continuidade da nosa cultura. Para iso, contamos co proxecto Espallar, unha serie de talleres didácticos para rapaces sobre percusión, canto e roupa, en distintos colexios do concello.

Estes talleres realizaranse o martes 27 e mércores 28.


Concerto Álvaro Costa & Hot Band

Alvaro Costas & Hot band está formada por cinco músicos cun toque moi cosmopolita, xente nova que nos presenta una nova visión do folk celta galego.

Multiusos de Mos - Venres 30 as 22:30



Gala O son do Tangaraño

Como tódolos anos, non podía faltar o noso festival O son do Tangaraño, onde mostramos o resultado do traballo feito durante todo o ano, e que nos serve como agradecemento a todos aqueles que colaboran connosco. Mais este año, por ser unha ocasión especial, faremos un percorrido non dun ano, senón por toda a nosa historia, cunha serie de sorpresas e convidados entre os que se atopan Polo, Álvaro e Suso Costas, Juan Eiras entre outros.

Multiusos de Mos - Sábado 31 ás 20:00


Agardamos e agradecemos a vosa asistencia ás distintas actividades programadas, e incluímos este mapa para facilitarvos a chegada ao Multiusos de Mos, lugar onde se realizarán a maior parte das actividades.


Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



:: FESTIVAL CASTAñAZO ROCK 2009 - Chantada :: 7 de Novembro
http://www.castanhazo.com/
(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )



Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Papagrelo - Grelo Folk (31 de Outubro no Mosteiro de Monfero)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )



Noticia enviada por Foliadeiro

- papaqueixos- ultraqäns- banda potemkin- os tres trebóns -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Polafía en Figueirido (Concello de Vilaboa) - 24 de Outubro
http://www.aelg.org/GetActivityById.do;jsessionid=DC75B0C450E5956225EF51B66483F680?id=147#
(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )


As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións  e institucións.

A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG, na súa Sección de Literatura Oral. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.


Noticia enviada por Foliadeiro

- polafía -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Somos um povo de artistas!

(texto engadido o día 22/ / 10/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treboeiro no Teatro Castelao - 23 de Octubro

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 09 )


A orquestra galega

Treboeiro

e o CORO

Centro Gallego

Invitan a asistir o acto artístico de reinauguración

das novas instalacións do

“Teatro Castelao”

Moreno 2176 - CABA

23 de outubro do 2009 as 20 hs.

Organiza
Instituto Argentino de Cultura Gallega
Centro Gallego de Buenos Aires

Entrada libre e gratuita


--
Santiago Agustin Molina
http://www.santiagomolina.com.ar
http://www.myspace.com/santiagomolina
http://www.treboeiro.es/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



23-25 outubro: Espazo Activo da Ulla. A.C. San Campio
http://www.concellodevedra.com/?q=gl/node/378
(texto engadido o día 20/ / 10/ / 09 )



Os vindeiros dí­as 23, 24 e 25 de outubro terá lugar en San Miguel de Sarandón - Vedra o Espazo Activo da Ulla; un programa de actividades alternativas para os xóvenes; aberto ao público en xeral.

Venres 23 de outubro, Casa da Cultura

20:00 h. FORM-ARTE: Mesa redonda: “Asociacionismo, participación e cultura”.

22:00 h. TEATR-ARTE: Grupo de Teatro Tira e Afloxa. Obra: “Onde vai o cabalo de Santiago”

* Sábado 24 de outubro

Casa da Cultura

18:00 h. ANIM-ARTE: Obradoiros altenativos, xogos de animación.

Campo da festa

FESTEX-ARTE + MAGOSTO (castañas de balde)

22:00 h. Circo: “Feira Máxica Lafayette” co mago Cayetano Lledó
23:00 h.  Batucada “La Torzida” (Valladolid)
              Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
              Os Cuchufellos
 
* Domingo 25 de outubro, campo da festa

13:00 h. Sesión vermú ”“ Xantar tradicional (reservas: 660 327561-622 064464 / é preciso retirar invitación: 15 €)
FOLIADA: A Requinta da Laxeira, A Gaita de Sarandón, Os Esfolladores de Illobre, Retrouso (Ouzande), Regatos de Matamulleres (Callobre), Os Ke ai, Bouba Pandereteiras (Tordoia), Gaiteiros do Pedroso (A Coruña)

* Haberá carpa
*A participación en tódalas actividades será aberta e de balde.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural San Campio e conta coa colaboración de: Concello de Vedra, Deputación da Coruña e Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Cé Orquestra Pantasma- Os Cuchufellos- Requinta da Laxeira- Gaita de Sarandón- Retrouso- Vedra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cursos de outono da Asociación Ibérica da Zanfona
http://www.zanfona.es/
(texto engadido o día 20/ / 10/ / 09 )


Como cada outono, a AIZ (Asociación Ibérica de la Zanfona)
organiza os seguintes cursos que se realizaran
durante o 23, 24 e 25 de outubro:
 
XXVIII CURSO DE ZANFONA impartido por Pascal Lefeuvre
www.myspace.com/pascallefeuvre

IV CURSO DE VIHUELA impartido por Masud Razei
www.corchea.org/masud.htm
 
CURSO DE GUITARRA, BUZUKI E MANDOLINA
impartido por Carlos Beceiro
www.myspace.com/carlosbeceiro
 
 
Os cursos impartiranse no albergue de Casavieja (Ávila).
Constara de 15 horas lectivas. A recepción de alumnos será
o venres 23 a partires das 18 h.
No precio dos cursos está incluido o aloxamento
e comidas no mesmo albergue.
(O precio para acompañantes non asistentes aos cursos é de 60 Euros)
Temos un numero limitado de zanfonas e vihuelas, para aqueles
interesados que non dispoñan de instrumento.
 
Curso de zanfona 180 €
Curso de vihuela 120 €
Curso de guitarra, buzuki e mandolina 180 €
Información e reserva de prazas na web

- zanfona -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



bOnOvO regresa da sua xira bretona
http://www.bonovo.org/bonovo2/index.html#
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )


bOnOvO está a punto de regresar da súa xira por Bretaña, xira programada ao redor do afamado Festival Le Grand Soufflet, no que se xuntan acordeonistas de todo o mundo, na capital de Bretaña, Rennes.


A partir do martes 20 de outubro, xa estarán en Galicia, á vosa disposición, Pulpiño Viascón, Oscar Fernández, Roberto Grandal e Tomás Ageitos,  para entrevistas e contarvos en detalle todo o éxito da súa aventura de 10 dí­as de concertos en Bretaña.
Están a disfrutar duns concertos cheos de público e  atendendo aos medios de comunicación locais, que están á expectativa de falar con estes músicos que lles levan unha música de Galicia moi distinta da que adoitan ver chegar de Galicia, ao mesmo tempo que moi galega.
- bOnOvO -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Magosto Alternativo Castañazo Maceda 09
http://www.castamaceda.tk/
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )



- Castañazo- sonoro maxin- som do galpom- trebons- fracasado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa pre-mani: QUEREMOS GALEGO
http://www.queremosgalego.org/
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO
http://www.queremosgalego.org/
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )


Saída dende a Alameda ás 12 da mañá

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



4ª Ruada. A.X. Xiradela (18 de Outubro - 23:00h)
http://xiradela.spaces.live.com/blog/cns!83D9BF49A6CB0D34!734.entry
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )


Como todos estes anos o vindeiro 18 de Outubro a partir das 23:00h celebramos a 4ª Ruada ó carón do centro cí­vico de Arteixo. Esperamos a vosa visita.

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Xiradela- Ruada- Arteixo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=1027#
(texto engadido o día 13/ / 10/ / 09 )


A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e a colaboración de CIG-Ensino. Será durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria da cidade de Lugo. O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 23 de Outubro.

Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza nos distintos ámbitos educativos, para facer chegar a súa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma. Estamos a falar tanto do ensino obrigatorio, xa sexa público ou privado, como das universidades, escolas de música, conservatorios e todos aqueles lugares onde se produce un intercambio de coñecementos. Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe o principal garante, non soamente da conservación das nosas tradicións, senón da súa utilidade na sociedade actual.

Este IV Congreso pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos. Porque nos máis novos está o futuro e haberemos de saber como achegarlles tan importante legado para que o recoñezan come seu.


Nos seguintes enlaces podes atopar máis información sobre o congreso:

Inscrición

Boletín de inscrición para ensinantes a través da páxina da AS-PG

Programa e Información


Boletín de Inscrición para o resto de asistentes

INSCRICIÓN

Podes atopar o impreso de inscrición, en www.gaiteirosgalegos.com ou solicitalo á oficina da AGG. Este deberá ser enviado debidamente cumprimentado, á Secretaría Técnica do Congreso, xunto co xustificante do pago bancario. Pódese facer o envío a través do correo postal ou ao enderezo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com

Tamén é posible facer a inscrición vía internet a través das páxinas dos colaboradores www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com no apartado de Formación.

O prazo de inscrición rematará o día 23 de Outubro ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición.
Prégase comprobar a dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA

Estudantes e/ou asociados da AGG, AS-PG ou afiliados á CIG : 20 Euros
Outros: 40 Euros
Para poder beneficiarse dos descontos da matrícula é preciso acompañar á documentación requirida, un xustificante que acredite dita condición.

FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta: 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto: “IV Congreso” e o nome completo da persoa.

SECRETARÍA TÉCNICA

Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII, 7 - Oficina 8.
36002 Pontevedra.
www.gaiteirosgalegos.com
Teléfono de contacto: 986 847 074
Correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com

HOMOLOGACIÓN

Está en tramite a validación deste Congreso por un credito de libre configuración para todas as titulacións nas Universidades de Vigo e A Coruña .
Solicitada homologación á Consellería de Educación por 19 horas lectivas.

SEDE

Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.
Avda. Carballo Calero, s/n.
27002 Lugo

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Brañas Folk: Xira por Arxentina do 8 ao 12 de Outubro
http://www.branhasfolk.com/
(texto engadido o día 9/ / 10/ / 09 )


O próximo mes de outubro comezamos unha xira por Arxentina para presentar ou noso novo traballo discográfico.

Axenda:

día 8: rolda de prensa na Cidade de Bos Aires para presentar ou novo cd " Alalá do Cebreiro"
día 9: concerto non Teatro Centro Galicia - Bos Aires
día 10: concerto no Teatro Castelao - Bos Aires
día 11: concerto non Auditorio de Mar de Prata
- Brañas Folk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo
http://www.fuxanosventos.net/nova.php?filId=16&filLin=G
(texto engadido o día 9/ / 10/ / 09 )


Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo o próximo 12 de outubro (Praza Horta do Seminario, entrada de balde), dentro do programa de Festas de San Froilán da cidade amurallada. O concerto dará comezo ás 21:00 h.

Acompañando ao grupo estarán desta vez Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.
- Fuxan Os Ventos -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Clases de música da A.C. Fervenza de Ouzande (A Estrada)

(texto engadido o día 8/ / 10/ / 09 )


BAILAS? 2009-2010

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL CLASES DE GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL


AC A FERVENZA DE OUZANDE (OUZANDE-A ESTRADA)

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 10 de outubro no local do campo da festa ás 4 e media da tarde.

Os cursos que poñeremos en marcha serán:

• Gaita
• Pandeireta
• Tamboril
• Baile

Na reunión fixarase o horario definitivo das clases así como se informará aos asistentes do prezo das mesmas.

Ao remate da mesma terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]


En 'Novas Relacionadas'



* Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza

* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]