Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167]

Novas que incluen 'o':


CANTOS E DANZAS DE REIS DAS CORTELLAS

(texto engadido o día 4/ / 1/ / 10 )


Xa hai 18 anos que se recuperaron e se deu de novo vida aos tradicionais Cantos e Danzas de Reis das Cortellas. Un ano máis, queremos que esta tradición siga adiante e que as novas xeracións sexan testemuña dela.

O día 6 de xaneiro , ás 17:00 h no Torreiro das Cortellas de Padróns (Ponteareas), convidámosvos a todos e todas a ver os tradicionais CANTOS E DANZAS DE REIS DAS CORTELLAS.

A continuación, como xa ven sendo costume, haberá un gran serán para o que tamén contamos coa vosa presenza e participación.

O torreiro estará cuberto cunha gran carpa por se o bo tempo non nos acompaña .

Agardamos a vosa presenza. NON FALTEDES!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



EXPOSICIÓN. Unha Ollada ao Pasado. Fotografías Antigas de Ramirás
http://www.ourensedixital.com/_novas/09/12/26_01.htm
(texto engadido o día 28/ / 12/ / 09 )


Ás sete da tarde deste domingo, día 27, a alcaldesa de Ramirás, Pilar Otilia López, xunto a outros membros da Corporación deste Concello e o director da Escola Rebulir, inaugurarán a mostra “Unha Ollada ao Pasado” que está organizada por esta escola, e que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de O Picouto, Concello de Ramirás, ata o día 9 do mes de xaneiro.

Rebulir sinala que, despois do éxito acadado esta pasada fin de semana polo IV Festival de Baile e Música Tradicional, sigue a programación do Nadal prevista para estas datas. De xeito que agora lle toca o turno a exposición “Unha Ollada ao Pasado”. Un cento de fotografías antigas que foron recollidas no I e no II Concurso de Fotografía Antiga, organizados tamén por esta escola, aportan o material preciso para esta exposición.

Nas fotografías referentes principalmente a Comarca de Terras de Celanova, reflíctense momentos da vida cotía como a malla, a vendima, labores da casa e outras, e festas e bautizos, bodas, entroidos, romarías...

A sala será ambientada con diferentes intrumentos, obxectos e traxes que se utilizaban para o traballo no campo, constituindo así un conxunto que nos fai recordar como era a vida nestas terras fai décadas atrás.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



No 2010: 25 anos de O Son do Ar
http://www.facebook.com/pages/O-Son-do-Ar/193842267749
(texto engadido o día 24/ / 12/ / 09 )


No 2010 "O Son do Ar" cumplirá 25 anos de existencia, e Luar Na Lubre quere aproveitar a ocasión para amosar o seu agradecemento a aqueles que nalgunha ocasión escolleron esta melodía para dar saída ás súas inquedanzas musicais. Dende o aprendiz que decidiu comeza-los seus pasos con esta composición, ata os grupos que a inclúen no seu repertorio; pasando por aqueles que a empregaron como fondo sonoro de calquera actividade artística.

A agrupación galega é consciente de que resulta unha clara testemuña do recoñecemento que teñen acadado a cantidade de
versións que grupos de todo o mundo fan da súa obra. Así, temas como "Chove en Santiago", "Tu gitana", "Memoria da Noite", "Roi Xordo", "Romeiro ao lonxe", "Nau" etc son habitualmente versionados e incluso gravados por bandas e solistas de diferentes estilos e latitudes. (*)

Mais "O Son Do Ar", tema estrela do seu repertorio desde que Luar Na Lubre naceu como grupo, merece unha mención especial. Esta composición de Bieito Romero, no seu momento versioneada tamén polo músico británico Mike Oldfield, pode atoparse xa só en Youtube en arredor de 200 videos, interpretada con diferentes instrumentos como a Harpa céltica, A trompeta, a ocarina, o violín, a guitarra, as quenas andinas, o baixo eléctrico, as frautas de diferentes tipos, distintas gaitas etc e incluso versioneada por bandas que ofrecen a súa visión persoal desta canción que xa colleu carácter internacional.
Como curiosidade é destacable a versión do grupo folk "Harmo" desde Hiroshima ou a súa presencia no videoxogo "Braid" que arrasou en medio mundo recibindo varios premios, algúns deles no ámbito musical, e que inclúe na súa banda sonora "O Son Do Ar" interpretada pola violinista canadiana Shira Kammen.
Todo esto non fai máis que confirmar que Luar na lubre é a banda de folk máis internacional de Galicia. Non en van teñen tocado por todo o territorio galego, en todas as provincias do estado español e en maís de 25 paises diferentes pertencentes a 4 dos 5 continentes. O seu recoñecemento é xeral e alí por onde pasan van deixando pegada de Galicia, da súa cultura e da súa música.

Mentras tanto a agrupación prosegue a súa andaina coa esperanza de tempos mellores nos que se recoñezan os dereitos dos músicos profesionais. Logo da publicación do CD/DVD en directo, "Ao Vivo", presentado como un agasallo para os seus seguidores, e un testemuño para toda a xente que participou nos seus concertos; Luar Na Lubre comeza a perfilar o seu novo proxecto discográfico: unha viaxe de carácter medievalista que abarcaría dende os vellos romances do ciclo bretón ou carolínxio, pasando polas diferentes cantigas de amor e de amigo, as músicas das catedrais ou mesmamente algunha das obras do Rei Alfonso X “O Sabio”. Este vai ser un traballo que segundo eles “Vai dar moito que falar” e que sería a primeira proposta deste estilo que podería divulgar a riqueza musical desta época en Galicia a través dunha grande compañía de discos como é “Warner” (compañía discográfica do grupo desde 1996) e da man dunha banda como Luar Na Lubre que ten a capacidade de chegar a todos os recunchos do planeta.



(*) Luar Na Lubre prepara unha sección no seu portal na que dar a coñecer todas estas versións e aos seus intérpretes. Coa intención, tamén, de crear un punto de encontro entre os músicos. Webs como facebook, myspace ou youtube están servindo de gran axuda nesta recopilación, para a que o grupo pon a disposición dos internautas un e-mail de contacto: info(arr oba)luarnalubre.com.

O Son do Ar dende Hiroshima, interpretado polo grupo xaponés Harmo
http://www.youtube.com/watch?v=Lqa-O3D3hxs


Anaco do videoxogo Braid no que se escoita O Son do Ar interpretado pola canadiana Shira Kammen
http://www.youtube.com/watch?v=m3WKz7jXHgQ

http://www.myspace.com/macleinn
(Mac Léinn, Croacia)

http://www.myspace.com/gulfstreamvarna
(Gulfstream dende Varna, Bulgaria)

http://www.myspace.com/bodhranizm
(Roi Xordo polo xaponés Takeaki Nagahama)

http://www.myspace.com/librapl
(Nau e Romeiro ao Lonxe polo grupo polaco "Libra")

e máis no enlace do facebook.

Noticia enviada por Foliadeiro

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"15ª Noites de Tasca" Especial Nadal en Ordes
www.osviqueiras.com
(texto engadido o día 23/ / 12/ / 09 )


Este venres 25 a vila de Ordes encherase de cantos de Nadal e panxoliñas a partir das 18:00 h con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares. Por alí estárán "NO CÓMBARO" das Pontes, "OS REICEIROS" da Pontecarreira (Frades), os VECIÑOS DE AIAZO de Frades, OS REICEIROS DE SAN ESTEVO DE CAMPO, de Arzúa, MANUEL VIQUEIRA, o gaiteiro de Vilaverde, de Ordes e RAÚL GALEGO, o gaiteiro nubeiro da Coruña, entre outros.
E á noite tedes unha cita no Bar-restaurante" O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso Senra,75) onde poderemos disfrutar da actuación e compaña dun gaiteiro excepcional, con 91 anos cumplidos e máis de 75 tocando: o GAITEIRO FREIXO, d'As Pontes.
Despois, coma sempre, FOLIADA ata a madrugada.

A Asociación Grupo de Gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, deséxanvos unhas FELICES FESTAS a todos!

Noticia enviada por Os Viqueiras

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



TIC-TAC: UN NOVO LIBRO-DISCO PARA NENOS

(texto engadido o día 22/ / 12/ / 09 )


“Tic tac” é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil a partir de tres anos de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical.

Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.

As 16 cantigas do disco abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.

Compleméntase cunhas orixinais ilustracións feitas coa técnica do linograbado, un método recuperado por Marc Taeger co que afonda no caracter tradicional da obra. Algunhas das musicais deste traballo forman parte das actividades de animación lingüística da campaña ‘Palabras no Ar’ que KALANDRAKA realiza en concellos galegos.

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Homenaxe ao Gaiteiro
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75515
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 09 )


O Etnográfico A Buxaina organiza un ano máis o " Homenaxe O Gaiteiro" que terá lugar o próximo sábado 19 de Decembro as 18 horas no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.

No acto, que estaá presentado polo narrador Celso Sanmartín, participarán xunto ao noso grupo "Os terribles de Donas" e "Moxenas, Musical Galego" nun recoñecemento a traxectoria musical de Secundino de Cambados e Javier de Pol.

Podense recoller as invitacions esta semana a partires da 20 horas.

Coma tódolos anos a festa está garantizada o remate no Centro Cultural de Coruxo.

Noticia enviada por foliadeiro

- Buxaina- Homenaxe ao Gaiteiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Nadal no Rincón (Cecebre)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75519
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 09 )


O día 19 de decembro ás 21.30 horas dará comezo o serán de Nadal na Cervexería O Rincón (Rúa Frais 33- Casa da Xuventude de Cecebre)

Non o perdades!!!!Aquí vos agardamos!!!

Noticia enviada por foliadeiro

- serán- nadal -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Caminantes de Finisterre: Presentación Cierre 2009 en La Plata
http://caminantesdefinisterre.blogspot.com/2009/12/presentacion-cierre-2009.html#
(texto engadido o día 16/ / 12/ / 09 )


El Viernes 18 de Diciembre a las 21:30hs despedimos el año en Batyuseff, esq. 4 y 64, La Plata.
Reservas vía internet:
http://www.batyuseff.com.ar/ContactoReservas.asp

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV FESTIVAL B.M.T. REBULIR E ACTIVIDADES DE NADAL
www.frouma.com
(texto engadido o día 14/ / 12/ / 09 )


A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir do Concello de Ramirás organiza o IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir que se celebrará o vindeiro sábado 19 de decembro ás 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando coa presenza de grupos chegados desde Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal.

Despois do festival celebrase unha Foliada onde haberá música con diferentes grupos e queimada para todos os asistentes no bar “Onde Queiras” de Celanova as 00:15 h

O domingo 27 de decembro inaugurarase ás 19:00 h a exposición Unha Ollada ao pasado. Fotografías Antigas de Ramirás coordinada por Sandra González Sousa no Centro Sociocultural de O Picouto

O sábado 2 de xaneiro ás 18:30 h celebrarase o Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados con David Álvarez do Grupo Xalgarete de Vigo no Centro Sociocultural de San Andrés de Vilavidal.

O martes 5 e mércores 6 de xaneiro haberá recuperación dos Cantos de Reis polas casas do Concello pedindo o Aguinaldo.

Segundo a filosofía da asociación, todas estas actividades serán de carácter gratuito para facer extensible a cultura a todo o mundo, polo simple feito de que o propio pobo é o dono do que nos estamos a amosar.

Para saber máis entra en www.rebulir.blogspot.com ou ben chamaa ao teléfono 639 90 80 05.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CONFERENCIA-OBRADOIRO: "OS COROS DAS IRMANDADES: UN XEITO DE VIVIR O PAÍS"

(texto engadido o día 13/ / 12/ / 09 )


Quen non ten cantado algunha vez "O quer que lle quer", "...carballeira de San Xusto" ou "apaga o candil"? Moito antes de que a radio e a televisión entrasen nas casas, os Coros Galegos recolleron melodías por todo o País para devolverllas ao pobo, que xa daquelas comezaba a ignorar os seus propios tesouros. Con case un século de actividade ininterrompida, os Coros, a modo de altofalantes, conseguiron que os galegos voltasen cantar con ilusión aquilo que moitos xa esqueceran"

O día 19 de decembro ás 18:00 h a ACLP Roxín Roxal organiza unha conferencia-coloquio sobre Os Coros das Irmandades: un xeito de vivir o País a cargo de Moncho do Orzán no local social de Vigo no concello de Paderne (A Coruña).

Despois da conferencia celebrarase unha merenda-cea no viño do País (casa Faustino en Obre). Cadaquén debe traer de comer. Anotarse en roxinroxal@yahoo.com.Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

ENTRADA DE BALDE

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Inaguracion da galaicotaberna A REGUEIFA

O proximo vernes dia 18 de decembro,no casco vello se inagura a galaicotaberna A REGUEIFA. a partir das 9 da noite, estades todos convidados a pinchos,viño da terra,queimada e a FESTA ESMORGA. Traede o voso instrumento para animar a festa.VEMONOS EIQUI!!!!!
(a festa esmorga sera na rua san vicente nº1 baixo)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Así­ fan os bailadores...
http://www.dosacordes.com/bailadores/
(texto engadido o día 11/ / 12/ / 09 )


Presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…”


O vindeiro Venres 11 de decembro terá lugar a presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…” no salón de actos do Museo do Pobo Galego.

De 17 a 19 horas haberá unha sesión de iniciación ao baile e de 19 a 19.30 horas celebrarase a presentación do libro; todo a cargo dos autores da publicación: Xabier Iglesias, Juan Parga, Sergio de la Ossa e a editorial Dos Acordes.

Non é preciso ter coñecementos previos de baile para asistir ao acto.

Pódense formalizar as preinscricións (a efectos de estimar nº de asistentes) escribindo a sgdelaossa@gmail.com

Organiza a Editorial Dos Acordes e O Museo do Pobo Galego.

Noticia enviada por foliadeiro

- libro- baile -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Revista (TVG) nas xornadas de música tradicional en Mondoñedo
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=9111&corte=2009-12-09&hora=12:47:13&canle=tvg1
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

- tradescola -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI DIA DO ORGULLO GAITEIRO - 11 E 12 DE DECEMBRO DE 2009
http://aoftou.spaces.live.com/blog/cns!1E66A323EA02EEB2!4169.entry
(texto engadido o día 7/ / 12/ / 09 )



Noticia enviada por Foliadeiro

- Orgullo gaiteiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xoves 3 de decembro: SERÁN NA NASA

(texto engadido o día 3/ / 12/ / 09 )


O próximo xoves 3 de decembro temos SERÁN NA NASA
Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa.
Os grupos que van poñer a música son:

1. Regueifa de Bembibre
2. Charanga e Pandereteiras de Vai de Roda
3. Os Folerpas

E TI POS O BAILE
Patrocinado pola Concellería de Culturade Santiago de Compostela.

- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Musgafol 2009
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=1057
(texto engadido o día 1/ / 12/ / 09 )


Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Dende que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do paí­s vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega do s. XXI, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Nesta segunda edición do MUSGAFOL, que terá lugar o 12 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra e dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso paí­s acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do director convidado X. L. Represas, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.




Presentador:
Luí­s Costa. Director do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e Profesor na Universidade de Vigo

Programa:

Banda de Música de Pontevedra. Director convidado: X. L. Represas
Solista: Pedro ílvarez
Fantasí­a Popular (E. Campos e X. L. Represas)

Solista: Xoan Carlos Rilo
Para os da nosa terra! (Xoan Carlos Rilo e Joan B. Bernat)

Solista: Pedro Lamas
A miña burriña (Trad. / Arr.: Pedro Lamas e Roberto Somoza / Instr. banda: Roberto Somoza)

Solista: Oscar Ibáñez
Crema de Whisky (E. Campos e X. L. Represas)

Solista: David Bellas
A lenda de Montelongo (Bernardo del Rí­o / Adapt.: X. L. Represas)

Solista: José Manuel López
Fábulas do Pico Sacro (E. Campos)

Solista: Pablo Devigo
Bí¨nnu (Pablo Devigo)

Todos xuntos
Alborada de Veiga (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)
Himno Galego (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)


Organiza:
Asociación Toque Pechado de Pontevedra

Promove:
Concello de Pontevedra

Colabora:
Teatro Principal de Pontevedra, Radio Galega, Banda de Música de Pontevedra e Dos Acordes
- Musgafol -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de poesía e música en La Pedrera
http://obrasocial.caixacatalunya.es/osocial/main.html?idioma=2
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 09 )
30 de noviembre a las 19h.
Lugar: Sala Gaudí de La Pedrera de Caixa Catalunya.
Información y reservas al 902 400 973

Participarán los poetas X. M. Álvarez Cáccamo, Gonzalo Navaza, Xulio L. Valcárcel y Diana Varela, y se ofrecerá una actuación musical (Anxo Pintos + Xoeé Liz)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto

(texto engadido o día 26/ / 11/ / 09 )







Podedes descargalo de balde dende a web de R
- Berrogüetto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Castañas, queimada y muiñeiras para amenizar el otoño gallego en Vizcaya
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/11/24/0003_8126542.htm
(texto engadido o día 26/ / 11/ / 09 )


Esta é unha noticia publicada nas edicións de Lugo e Monforte de La Voz de Galicia. O seu autor é Sergio López e xa ten aparecido noutras ocasións escribindo reportaxes sobre galegos no País Vasco. Sinto no poder dar os enderezos dos días nos que saíron outras informacións. Esta reportaxe, en concreto, fala do modo en que os galegos celebraron o magosto no País Vasco.

Noticia enviada por emigrau

- Castañas- magosto- queimada- muñeira- País Vasco- Euskadi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa completo de AchegArte
http://acorunacultura.org/tag/achegarte/
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 09 )


O vindeiro fin de semana o Palexco e o Kiosco Alfonso acollerán unha cita importante coa cultura galega, AchegARTE: A Cultura que facemos. A cultura que queremos impulsada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo.

A convocatoria partiu dun colectivo de persoas que reclamou da Consellería de Cultura a reedición do Culturgal, un acontecemento que reuniu a miles de persoas na cidade arredor das distintas manifestacións da nosa cultura.
A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña fíxose eco desta iniciativa colectiva e desinteresada, achegando o seu apoio e sumando tamén o apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña para facermos realidade entre todos e todas esta proposta. “Unha iniciativa importante para dar visibilidade á nosa cultura, para difundila e sobre todo para demostrar que ten un peso decisivo na economía do país” tal e como destacou a Concelleira de Cultura “porque a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendíbel a longo prazo”. Nesta feira/festa da cultura ao longo da fin de semana haberá espazo para as artes escénicas, as artes visuais, a música, o libro, o audiovisual, a danza e os servizos socioculturais.

AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega. Nesta cita coa cultura galega poderase gozar do noso teatro, a música, as artes plásticas, o audiovisual, a danza, a palabra cantada e falada.... mais tamén será o lugar onde mercar o libro que buscas, a música que che gusta, a película que non viches, os agasallos do Nadal; ou a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. Unha programación para todos os públicos.

Programa completo de AchegArte (PDF, 1042 KB)


Noticia enviada por Foliadeiro

- Achegarte -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166] [167]


En 'Novas Relacionadas'



* Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza

* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]