Ouvirmos publica a “Guía didáctica de instrumentos galegos”, un libro-CD no que o autor Moisés Quintas presenta unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.
Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos. En palabras do mestre artesán Antón Corral, quen asina o prólogo do libro, supón “un legado de coñecementos históricos e actuais, a piques de desaparecer sobre os instrumentos populares e tradicionais galegos. Unha base para que os rapaces e rapazas sintan curiosidade polo pasado, presente, e sexan así mesmo, posibles continuadores e enriquecedores de futuro”.
José Salgueiro, ex percusionista de Gaiteiros de Lisboa e José Peixoto, ex guitarrista de Madredeus, convidan á cantante vasca María Berasarte
Data: Sábado 11 de xuño, ás 21.00 horas Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra Prezo: 10 eur (venda anticipada) | 12 eur (billeteira) Venda anticipada de entradas, ata esgotar localidades, en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500. No caso de que non se vendan todas, as sobrantes poderanse adquirir na billeteira do Pazo da Cultura desde dúas horas antes do comezo do concerto.
ADUF No ano de 2008 José Salgueiro convidou a José Peixoto para reformular e dar vida ao grupo Aduf, proxecto que tivo como punto de partida unha presentación no ámbito da Expo 98 en Lisboa. O espectáculo foi entón producido con instrumentos feitos especialmente para o evento (adufes xigantes – “Adufões”) e aportaba unha enorme forza escénica a un concepto aberto e culturalmente localizado, coa participación das Adufeiras de Monsanto, a fonte inspiradora deste concepto. Hoxe, tendo como materia prima base, autorías de José Peixoto, de José Salgueiro e adaptacións de temas e ritmos tradicionais, constituíuse un grupo de nove elementos - cinco percusionistas, guitarra, teclados, ventos e voz - que ten como obxectivo o desenvolvemento de unha linguaxe orixinal que aporte contemporaneidade á forza de expresións rítmicas oriúndas do universo das músicas étnicas. É cos “Adufões” e ao redor desta referencia sonora, escénica e simbólica onde se desenvolve todo o traballo musical. No canto, a convidada Maria Berasarte (natural do País Vasco e unha das referencias da nova xeración de voces en España) aporta unha dimensión ibérica e universal ao proxecto, expresándose tamén en portugués nunha visita aos poetas do noso pais veciño.
URUGUAY 10 de xuño 18:30 a 20:30 Salón de actos da e-Trad ou patio da Escola de Artes e Oficios (dependerá da meteoroloxía) Entrada libre ata completar aforo
Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!
Obradoiro de Canto e Percusión tradicional: Técnicas de pandeiro no Sur de Galicia
Impartido por: Luís Prego Horario: de 16 a 18 horas Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar) Prazas: 20 Prezo: 10 € Requerimentos: - Levar pandeiro.
Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.
O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego. Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro “Para cantar e bailar”, (Ed. Do Cúmio, 2008).
Obradoiro de Técnicas de empalletado e afinación de gaita
Impartido por: Emilio Lois. Horario: de 16 a 18 horas. Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar). Prazas: 20. Prezo: 10 euros. Requerimentos: - Coñecementos previos de gaita. - Levar gaita. - Levar unha navalla ben afiada. - Levar unha palleta.
Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 €.
O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita. Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña
Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.
Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.
Así, inspirándonos nesas xuntanzas, xurde A Rúa de Cuntis. Este venres 10 de Xuño ás 22h a Praza das Árbores, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), será o esceario sobre o cal se tentará recuperar o espírito daquela Rúa de Vilariño e de tantas outras rúas e ruadas.
Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.
“Bótalle un agarradiño,
bótalle un agarradiño
que van entrar a bailare
os mozos de Vilariño”
Asociación Cultural Brisas do Quenllo A Pontraga - Tordoia
O sabado 25 de xuño a partir das 8 da noite terá lugar en Valongo (cotobade), por primeira vez, no campo da festa, un serán en honrra a San Pedro. Haberá churrasco e moitas ganas de troula. Esperámosvos a todos alí.
XII Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro
(texto engadido o día 4/ / 6/ / 11 )
Devotos/as da Santa Ferreña:
O 5 de xuño, no Mosteiro de Carboeiro, poderedes facer entrega das vosas ofrendas(as cantareas, bailas, tocatas...) á Santa Ferreña. Poderedes achegarvos ata alí dende a sesión vermú ata ben entrada a madrugada; xa sabedes que esta Santa é de vida moi alegre...A comisión de festas porá á vosa disposición a intendencia necesaria para que os vosos corpos e espíritos sexan capaces de aguantar esta carreira de fondo, e poidades ser dos/as poucos/as que acadades a éxtase, que de oídas sabemos que lle chaman "aprocesióndepolamañá".
E agora digan todos/as á miña voz:
VIVA A SANTA FERREÑA E TODA A SÚA FAMILIA! VIVA A XENTE QUE A RODEA E MIRA! VIVA A MÚSICA E SIGA!
XI ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL 5 DE XUÑO DE 2010 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)
13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra ·Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA) -APERTURA DAS EXPOSICIÓNS: · "RESPIRAR NA PUNTA DOS DEDOS" . Conversas, tocatas e acordeóns diatónicos. · MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
-FEIRA DE ARTESANÍA: coiro, prata, abalorios, cerámica, madeira... 15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)
DURANTE A TARDE: · XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES · "BUSCANDO MILAGRES" con Celsiño Fndez. Sanmartín · CONVERSAS, TOCATAS E ACORDEÓNS DIATÓNICOS
E ao que se vaia facendo noite… FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!
ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA TELF INFO: 658 62 82 39 VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
O vindeiro domingo 29 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. Calquera persoa que o desexe queda convidada a participar. A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde o merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Na touba, que lle dá nome ao noso coro, seremos informados das características da cova e mais da lenda localizada nesta paraxe, por conta de representantes do Clube Espeleolóxico Maúxo. Despois, Cantares do Brión interpretará algunhas pezas do seu repertorio, entre as que non faltará a “Foliada de Vincios”. Ademais, aproveitaremos esta ocasión para estrear a cantiga que leva por título “Na Touba do Brión”.
A continuación celebraremos un xantar popular no merendeiro do Galiñeiro coa comida e a bebida que acheguen os propios participantes, para comezar a foliada amenizada por grupos de música tradicional e mais polos coristas de Cantares do Brión, colectivo integrado no Centro Cultural de Vincios. Tal e como sucedeu o ano pasado, agárdase que as romeiras e romeiros máis ousados efectúen unha subida ao pico máis alto do Galiñeiro. A romaría, aberta a quen queira achegarse ao lugar, esténdese durante todo o día. Aconséllase levar, ademais de comida e bebida, toda clase de instrumentos musicais utilizados na nosa tradición musical. Deixamos aquí un vídeo dunha das pezas cantadas o ano pasado na Touba do Brión.
Círculo Recreativo e Cultural do Porriño 21.00h. Estrea de Doentes, dirixida por Gustavo Balza e protagonizada por Xose Manuel Olveira "Pico" e Antonio Durán "Morris". Coa actuación especial de Bieito Romero (Luar na Lubre) [Autor da Banda Sonora]
Bar Tubulart (O Porriño) 23.30h. Noite Vclips. Coa participación de Belén Montero, Charlie Fáber, Jorge Ilegal e Luis Pardo, condutor do programa Control V en Vtelevisión, que exercerá como mestre de cerimonias.
Venres 20 de maio:
Baixo do Moncho (Cans) 16.30h. Proxección do documental Brasil somos nós e coloquio con Carlos Núñez e o director, Robert Bellsolà. 21.30h. Procesión de chimpíns con The Turre’s Band.
Sábado 21 de maio: 15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes. 18.30h. Descarja Jaiteira. 19.30h. Concerto de Os Tres Trebóns, con Xurxo Souto. 20.30h. Descarja Jaiteira.
Este vindeiro Lúns 16 de Maio dende a asociación cultural A Fuliada de Betanzos queremos comunicarvos que imos celebrar una homenaxe ó polifacético Pepito Temprano , gaiteiro do histórico cuarteto tradicional “Os Tempranos de Eirís” Pepe Temprano nace na Coruña en 1940. De família gaiteira, pertence à coñecida saga dos Tempranos de Eirís. Pai gaiteiro-tamborileiro, tio gaiteiro e avó acordeonista. Ademáis de gaiteiro, Pepito Temprano é actor, pescador, fotógrafo e coleccionista de toda clase de obxectos. Pepe representa a apertura nunha época gaiteira pechada , nunha época de pós-guerra onde os personalismos predominarán e lle facerán moito mal ao instrumento. Ten, entre outras, unha coleción de instrumentos e fotografias antigas espectacular. Tocou nos Tempranos, en Eidos e no ballet Rey de Viana. Continua a tocar. Como el mesmo dí: “Fumei moito, bebín moitas tazas, comín moito, toquei a gaita todo o que a podia tocar e andiven moito de carallada. Espero que todos os traballadores fosen tan felices como o fun eu na miña vida”. Os Tempranos de Eirís da Cruña foi un cuarteto musical galego, o primeiro grupo de gaiteiros da Coruña e As Mariñas. Ademáis pepe ten un cariño especial á cidade de Betanzos na cal gravou o seu primeiro ALALÁ , por eso mesmo , dende A Fuliada celebraremos o dia 16 de Maio de 2011 no Antigo Matadoiro de Betanzos a partires das 21:30 unha Foliada – Homenaxe a este entrañable persoaxe , ademáis contaremos coa presenza dos grupos Cantalmibre ( Culleredo ) e Alén do mar ( Bergondo ) e moitos amigos que queren compartir con Pepe este Homenaxe.
O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...
A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.
Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova) Data: Sábado 14 de Maio Hora: 20:30 h. Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)
Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.
No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.
Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.
Un adianto do que pode dar de sí este espectáculo vai neste vídeo do Alalá adicado ao Grupo Castro-Floxo no seo da Romaría Raigame fai dúas edicións.
A Deputación da Coruña, desde a Área de Normalización Lingüística que dirixe Xoán Sande, organiza en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca da provincia e que nesta ocasión celébrase o sábado 7 de maio ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta