[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]
Novas que incluen 'o':
| Pablo Devigo Vázquez gañador do 20º Concurso de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón
| (texto engadido o día 2/ / 9/ / 11 ) | 
En Ferrol a 31 de agosto de 2011, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do XXº Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
- Víctor Fernández Gabeiras
- Xabier Rodríguez Fariñas
- Pablo López Torneiro
- Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas.
Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” a :
Xosé Antonio Constenla Martínez
Acordan outorgar dous accésit de 1.000 € cada un a:
Pedro Álvarez Fariñas Daniel Lumbreras Rodríguez
Así mesmo, ACORDA por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000 € deste 20º Concurso de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” a
Pablo Devigo Vázquez
O Xurado quere facer constar o importante nivel de calidade acadado por tódolos finalistas seleccionados para este Concurso internacional de Gaita Galega na súa vixésima edición.
Asdo. Victor Fernández Gabeiras Xabier Rodríguez Fariñas Pablo López Torneiro Xoán Rodriguez Silvar Cristina Meizoso Alonso (Secretaria sen voto)
| - Constantino Bellón- Pablo Devigo -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 2/ / 9/ / 11 ) - Roi Casal -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 2/ / 9/ / 11 ) | 
Outro sábado máis, as rúas do Casco Vello de Vigo, estarán acompañadas por gaiteiros, que amenizarán a mañá do sábado, para as persoas que estén por esta zona paseando, comprando,... O proxecto Casco Vello, continúa unha semana máis, levando os grupos de Vigo por esta zona da cidade, para ensinar a cultura galega a tódolas persoas que por esta zona se atopen.
Este sábado, 3 de setembro, ás 12 da mañán, será o grupo "Os trasnos da Gaita", o que actúe pola zona histórica desta cidade. Serán moitas as persoas que se atopen nesta zona, e disfruten cos grupos da cidade. Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animamos a xente a que se acheguen, para disfrutar de boa música tradicional galega, mentres pasan un bó rato polas fermosas rúas do Casco Vello; a cal é unha boa forma de relaxarse e comezar con bó pe o mes de setembro.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Cursos na Escola de Música BellónMaceiras (Ferrol)
| (texto engadido o día 1/ / 9/ / 11 ) | 
O vindeiro 5 Setembro dará inicio o novo curso da escola de Música BELLÓNMACEIRAS: Gaita, Acordeón, Guitarra, Batería, Solfexo (pra adultos e tamén especial para nenos), Música infantil, Baixo, Percusión Tradicional, Frauta traveseira, Saxofón, Clarinete, Trompeta, Trombón, Violín, e Combo Instrumental
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 11 ) ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Insound Festival e Angola próximas paradas de Cristina Pato
| (texto engadido o día 1/ / 9/ / 11 ) | 
A gaiteira e pianista Cristina Pato estará no Insound Festival de Altea Alicante colaborando coa The World Orchestra da man do director e compositor Josep Vicent. Cristina interpretará ao piano obras do compositor Joan Valent, recentemente editadas co sello Deutsche Grammophon, obras de Josep Vicent e composiciones propias para gaita e orquestra en catro concertos ofrecidos entre o 1 e o 6 de Setembro. A partires do día 7 de Setembro a gaiteira viaxará a Luanda, Angola, para ofrecer unha serie de concertos e actividades con motivo da Semana de la Cooperación Española en Angola. A Asociación Española para a Cooperación Internacional e o Desenrolo AECID invitou á gaiteira e a súa formación acústica a participar nos actos de celebración de dita semana en Angola. Despois de Alicante e Angola, a gaiteira regresará a Galicia para ofrecer un concerto e logo desprazarse a Harvard University onde comenza a residencia artística con The Silk Road Ensemble.
| - Cristina Pato -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Asaghieiras Master Festival en Lariño - Carnota
| (texto engadido o día 31/ / 8/ / 11 ) ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 30/ / 8/ / 11 ) | 
| - A Quenlla- Buxaina -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 30/ / 8/ / 11 ) | 
día 31 de agosto 19:30 obradoiro de farois praciña da fonte da rúa de abaixo
día 1 de setembro 20:30 lembrando o barrio: os oficios praciña da fonte da rúa de abaixo ou, se chove, no café bar leis
día 2 de setembro 20:30 ruada musical 21:00 inicio da festa e discurso de benvida a cargo de xose gonzález ares premio ao farol máis bonito 23:00 astronomía na beirarrúa (imos ver as estrelas!) 21:30 espectáculo musical: os modernos habelas hainas tanto nos ten
día 3 de setembro
10:30-14:00 mercado entre lusco e fusco mercado de 2ª man praciña da fonte da rúa de abaixo (merca produtos ecolóxicos da comarca e o venres 2 de setembro achega ao pichel
a roupa en bo estado ou cousas que xa non usas para o mercado de segunda man) 11:00 ruada polo bairro con cabezudos, musica tradicional e bombas de palenque 12:00 ruada pola rua de baixo coa compañía do ruído 13:00 pregón a cargo de Mónica García e unha persoa do barrio 13:30 vermú amenizado por eva e camilo teremos premio para quen baile máis animado. 15:00 hoxe comemos na rúa achégate coa túa familia e amigos a comer coa veciñanza 17:00 festival infantil troco de xoguetes usados (troca por outra cousa os teus contos, bonecos, bolas, disfraces, ...) xogos populares pinturas de cara mural colectivo na rúa circo: o autoestopista intergaláctico por aitor garuz 1ª concentración infantil moteira ferro a fondo (trae a túa bici, triciclo, patinete, patíns e participa) 20:30 ruada zumbom (trópico de grelos) 22:00 concerto e verbena orquestra branco e negro a banda da balbina segundo pase da orquestra ...e para rematar, como non podía ser menos, dj joão argimiro
| - habelas hainas- Tanto Nos Ten- compañía do ruído- Festas da Rua de Baixo -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 ) | 
Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.
O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....
Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!
Programa Completo
Domingo, 28 agosto. A partir das 12 da mañá: pasarrúas a cargo do grupo Os Terribles de Donas e reparto de tríptico. Luns, 29 agosto. Pola mañá. No Centro Cultural de Ponteceso: Exposicion “Terra de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns”. Na Fundación Ricardo Pérez Verdes: Exposición e exhibición de xogos tradicionais. Nas librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros: Exposición e venda de libros de autor@s pontecesáns. Pola tarde. Na sede da Asociación Coto de Almerezo (Campo da Feira da Trabe): Presentación do libro Comarca natural de Bergantiños e sesión gastronómica de xabarín. Martes, 30 agosto. Ás 7 e media da tarde. Na Praza do Pan de Corme: Jesús Méndez Torrado, “Lembranza do gaiteiro Calixto dos Maravillas” e actuación dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego. Mércores, 31 agosto. Pola mañá. Por distintos espazos de romarías. Manuel Vilar, Xan Fernández Carrera, Luís Giadás, Jesús Couto e Manuel Caridad, “A lingua viaxeira. Un percorrido polas romarías da Costa da Morte”. Xoves, 1 setembro. Ás 8 da tarde. Na igrexa de San Fins de Anllóns. José López, “Recital de campás”, “Recitado cívico do poema de Pondal A campana de Anllóns”, “Estrea da curtametraxe A campana de Anllóns de Dani Puente, que inclúe un recitado do poeta ourensán Eduardo Blanco Amor”, Visionado do vídeo do programa Ben Falado 150 aniversario do poema A campana de Anllóns”. Presenta Cristina Martínez Silvarredonda. Venres, 2 setembro. Ás 11 da noite. No bar A Eira. Media Ducia, Fol de Veneno e convidad@s (Pedro Lamas, Fransi González de Xiradela, Sonia Reborido, Ito de Arzúa e bailador@s de Raigañas), “Concerto-presentación do CD de música tradicional A escote”. Visionado fotográfico e videográfico. Presenta Manolo Dourado. Sábado, 3 setembro. Pola mañá. Por lugares con topónimos pondalianos. Ponteaventura Raid. Domingo, 4 setembro. De 12 a 14 horas. Polas rúas da “Pequena Ponteceso”. Roteiro cívico con asistencia de diversos colectivos do concello e animación musical e poética. ORGANIZAN:Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura e colectivos asociativos do concello de Ponteceso
| - Fol de Veneno -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 ) | 
Os Chichisos organizamos por 4º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.
Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.
Máis información: 676842942, Xosé
Foto orixinal de fondo: Amio Cajander.
| - Campás e Campaneiros- Chichisos -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| VII ENCONTRO FOLCLORICO en Poulo
| (texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 ) | 
O vindeiro Sábado 3 de Setembro terá lugar a partir das 5 da tarde ó lado do local social de Poulo (Ordes) o VII ENCONTRO FOLCLÓRICO organizado pola Asociación Cultural "Camiño Real" de Poulo.
Nesta edición contaremos cas seguintes asociacións:
A.C. "Faragullas", de Teixeiro A.C. "Os Xeitosos" , de Trazo A.C. "O castro da Meda", de Sada A.F. "Sementes da arte", de Ordes A.C. "Camiño Real", de Poulo
e como convidado especial o gaiteiro veterano Flor da Maquía de Poulo.
Haberá servizo de bar, un posto no que estarán os/as nenos/as de Camiño Real vendendo cousas feitas por eles e como é habitual en todas as edicións do noso festival... venta de deliciosos bolos preñados!.
Ó remate haberá pinchos e FOLIADA cas asociacións asistentes e toda a xente á que lle apeteza pasar un bo anaco cantando con nós e botándolle unhas bailas!
RECORDADE QUE VOS ESPERAMOS A TODOS O SÁBADO EN POULO. NON FALTEDES!! HISTORIA DA ASOCIACIÓN CAMIÑO REAL A asociación cultural Camiño Real comezaba a súa andaina alá polo ano 2003 con 8 rapaces e rapazas da parroquia de Poulo, á que pouco a pouco se irían animando a asitir máis da comarca de Ordes e fora dela. Na actualidade na asociación distinguense tres grupos establecidos por idades: “As reberetiñas”, ”Falcatrúa” e “Algueirada”, contando con máis de 60 membros entre as seccións de baile, pandeireta e gaita.
Pasaron 8 anos dende a creación de Camiño Real e conta xa no seu curriculum con varias actuacións por toda a comarca de Ordes e fóra dela ( Poulo, Leira, Busto, Deixebre, Monterroso, A Coruña, Pontraga, A Gracia, Oleiros, Sada, Paraiso, Muros, Ordes, Vilamaior, Rois, Gandarío ... etc), asi como tamén en concursos de baile e aparicións na televisión de Galicia ,no programa de humor “Nunca tal vin” e no programa “Na punta do pé”
Con todo isto, dende Camiño Real intentamos seguir difundindo a nosa música e baile tradicional , pretendendo que dende os máis cativos ós máis maiores disfruten con isto.
| - Poulo -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| XV Festival Folclórico Baiña (Baiona)
| (texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 ) | 
Festival organizado pola Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa" de Baíña (Baiona). Grupos participantes: - REBULIR (Ourense) - FITORIA (Asturias) - URDAIBAI DANTZA TALDEA (Bizkaia) - AIRIÑOS DA LAGOA (Baíña-Baiona)
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Mostra de Folklore en Pontecaldelas
| (texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 ) | 
O 29 de Agosto, a partires das 20h Na Alameda de Pontecaldelas, mostra de folklore do lugar, coas actuacións, entre outros, de: DIGNAS DO QUERER, PEDRA DA ARCA, CANTAREIRAS DE REGODOBARGO, NOS TAMEN IMOS, OS XEITOSOS, AIRIÑOS DO VERDUGO, OS CATRO VENTOS
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 27/ / 8/ / 11 ) ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 27/ / 8/ / 11 ) | 
| - Malveiras- Celme- Ponte Vella -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 ) | 
O vindeiro sábado 27 de Agosto vai ter lugar a IX Festival Xironsa no Campo das Festa de Corvillón e organizada pola Asociación cultural do mesmo nome. Haberá pasarúas a cargo do grupo de gaitas da Asociación. E as 14 horas terá lugar o II Xantar Popular Xironsa no Campo da festa co seguinte menú: empanada , churrasco, chourizo criollo, viño auga , pan, café e postre, todo elo polo módico prezo de 10 euros por persoa (unha ganga) . As tarxetas estarán a venda nos seguintes lugares: Fatima Costa, Supermercado Solymar, Supermercado Claudio, Drogueria Casaldarnos e no Local da Asociación sito no antiguo colexio. A partir das 21.30 Concerto, coa actuación dos grupos: Lume na Lareira, Canivela, Bou de Bou e Grupo Xironsa. A sociación Cultural Xironsa é un dos colectivos mais serios de Cambados no que respecta a música tradicional, nunca teñen un non por resposta cando acudes eles para facer algún serán ou calqueira clase de actuación. O Gaiteiro Nacho, que é o director do grupo de gaitas da asociación está a facer unha labor incansable dentro do que é o estudo e aplicación da nosa música tradicional os seus alumnos
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 ) | 
O Concello de Frigiliana (comarca de Axarquía - Málaga) organiza cada ano este festival no que se homenaxean ás tres cuturas que deixaron a súa pegada na España Medieval: islámica, hebrea e cristiá.
Gastronomía, conferencias, exposicións, cine, e diversas actividades entre as que non falta a música, desta volta coa presencia galega de LUAR NA LUBRE (sábado 27) e PENTALFA (domingo 28)
| - Luar Na Lubre -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 ) | 
Chega a Romaría de Santa Margarida, e este ano queremos celebrala se cadra un pouco antes.
Por iso convidamosvos o VENRES 26, a partires das 19:00, a una foliadiña no parque de Sta Margarida.
Esta foliada malia ser "demasiado galega", mesmo pode considerarse clandestina, xa que non contamos con permisos, nin teremos luces, nin megafonía. So as nosas ganas, gorxas e forza non precisaran de tales cousas pra podernos divertir.
Faremos a foliada en dous tempos:
Comezaremos a partires das 19:00 no Muíño, onde estaban as pombas, no estanque dos patos. Alí comezaremos a temperar, onde disporemos dun ambigú pra quen se lle preste a quecer. No momento no que poidamos acadar un quórum e os bailaríns demanden pista moverémonos á explanada da Casa das Ciencias, a 10 metros do lugar.
Non contamos con intervención policial, bailando pegados ao cuarteliño da policia, e calculamos con rematar sobre as 22:00. Moitos nos dirixiremos deseguido á Cova ou a Repichoca.
Contamos con todos vós, primeiro porque queremos pasalo ben, reivindicar a finde da Romería e por outra facerlle homenaxe ao Monte e a súa Romaría que veu esmorecendo de vagar dende hai tantos anos atrás. Animávosvos a vir con gaitas, pandeiretas, tamboriles, coas ganas de botar unhas bailas, e tamén pra os que queiran desfrutar do bo ambiente.
| 1 comentario :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 ) | 
Para este venres 26 de agosto o departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños oferta a tradicional camiñada para cabaneses e turistas polo rego dos Muíños en Canduas. Á vez de saudable, esta ruta servirá para dar a coñecer o patrimonio etnográfico recentemente recuperado polos voluntarios do Campo de Traballo que se celebrou no pasado mes de agosto. O percorrido estará guiado por Ángel Eiroa, técnico de turismo do Concello de Cabana.
O punto de partida será o campo da festa de Canduas e a hora as 8 da tarde. Desde alí, subirase ó longo das beiras deste regato nas que o Concello habilitou unha das tres rutas de sendeirismo que hai sinalizadas no seu territorio. A infraestrutura deste percorrido confórmase por paneis interpretativos, sendeiros habilitados e pasarelas de madeira nalgunhas zonas para permitir o tránsito de persoas. O percorrido é de 3 km de lonxitude e nel aínda se pode observar un singular conxunto etnográfico de 24 muíños de auga colocados de modo escalonado desde a as ladeiras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada da Insua. Nalgúns deles, encontranse esculpidas cruces nos marcos de pedra das portas. Segunda a tradición local, a súa función era impedir a entrada do demo ó muíño e ademais protexelo de todo mal. Constitúen, polo tanto, símbolos que cristianizaban e protexían o muíño e o muiñeiro.
Todo o regato tamén está rodeado de bosque fluvial no que, sobre todo, destaca un arbusto chamado ‘torvisco’ coñecido por posuír froitos de cor vermella e follas e corteza de efecto purgante e tóxico. No pasado, este efecto medicinal foi empregado polos veciños de Borneiro para erradicar os piollos das vacas. A tradición oral tamén di que se utilizaba en rituais para sacar ‘o mal do aire’.
Despois da camiñada, ás 10 da noite, no campo da festa agarda unha mexillonada organizada pola comisión de festas de Canduas e a actuación musical de Ce Orquestra Pantasma.
| - Cé Orquestra Pantasma -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]
En 'Novas Relacionadas'
* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.
* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica
* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo
* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO
* Luar na Lubre resume os seus 25 anos de carreura no seu novo espectáculo
(mostráronse só as últimas recibidas) |
Buscando en información de discos engadida en Ghastas Pista?:
Fuxan Os Ventos: Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de
Compostela o 19 de outubro de 2008.
(extracto)
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta
Miro Casabella: Treboada
Voces Ceibes: (Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")
Xerardo Moscoso: Accion Galega
Maria Manoela: Idioma Meu
Benedicto e Bibiano: En Directo
Benedicto: Os Nomes das Cousas
Miro Casabella: Ti, Galiza
Xosé Quintas Canella: Porque no mundo minguou a verdade
Maria Manoela e Xoan Rubia: Panxoliñas
Luis Emilio Batallán: Ahí ven o Maio
Jei Noguerol: Denantes dos vinte anos
Xoan Rubia: Lembranzas
Emilio Cao: Fonte do Araño
Benedicto: No Vietnam
Benedicto: Pola unión
Bibiano: Alcabre
Jei Noguerol: Cantigas de Fradería
Bibiano: Aluminio
Varios: Galiza a Jose Afonso
Vicente Araguas: Voces Ceibes
Juan Pardo: Galicia, Miña nai dos dous mares
Andres do Barro: Me llamo Andres Lapique do Barro
Suso Vaamonde: Nin rosmar un laído
Amancio Prada: Vida e Morte
Fuxan Os Ventos: Fuxan Os Ventos
Xosé Manoel Conde: Bule Berra Chora
(canzón pra que un neno non durma)
Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier: Noticias da Nova Canción Galega
Existen locais con esa etiqueta: A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))
A Cova Céltica (En A Coruña)
A Cova Folk (En A Coruña)
A Repichoca (En A Coruña)
Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))
Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))
Bodega As Vides (En A Coruña)
Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))
Café Galego Maeloc (En A Coruña)
Café Miudiño (En Ourense)
Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))
Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))
Clavicémbalo (En Lugo)
Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)
Cova dos Ratos (En Vigo)
Dado Dadá (En Compostela)
Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))
Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))
Hipólito (En Vigo)
Lenda Moura (En Vigo)
Modus Vivendi (En Compostela)
O Bardo (En Vigo)
O Batallón (En Vigo)
O Ben Folkdido (En Lugo)
O Café da Vaca (En Ferrol)
O Cubil do Lobo (En Lugo)
O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))
O Gaiteiro (En A Coruña)
O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))
Old Inn (En Betanzos (A Coruña))
Oxachegou (En Compostela)
Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))
Vinilo (En O Grove (Pontevedra))
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
|
|