Resultados para:

o
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]

Novas que incluen 'o':


Rockmeria 2011 (nas Festas dos Liñares, Canido)
http://rockmeria.blogspot.com/
(texto engadido o día 10/ / 9/ / 11 )


A Rockmería de Canido xurde dentro das Festas dos Liñares como unha nova iniciativa da Comisión por ofrecer a noite do luns como unha noite adicada á xuventude. Así, en lugar de orquestas teremos actuacións de grupos de rock galegos de moi boa calidade, que farán unha boa truola. Desta forma non só apoiamos a nosa riqueza musical e cultural senon que tamén modernizamos as festas populares pero mantendo as tradición de sempre.

Os concertos son gratuitos e de libre acceso, pero agradecemos a tódolos asistentes a súa colaboración nos bares da comisión para facer posible outro ano máis a Rockmería e a música gratuita.

Esperámos-vos!!

Programa:

21:30h O CUARTETO CARAMUXO (Folck)

22:45h A POLÉMICA BANDA DOS BECHUCHOS (Pachanga galega)

24:00h KoGITo (Ska feito en Galiza)

01:30h Dj CRIS (La Fábrica de Chocolate)
- Cuarteto Caramuxo- Kogito -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Gala Asubío (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=103850
(texto engadido o día 10/ / 9/ / 11 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Cantigas na Rúa
http://www.cantigasdaterra.com/
(texto engadido o día 10/ / 9/ / 11 )



O sábado 10 celebraremos unha festiña por todo o alto, unha foliada para que participedes cantando, tocando, bailando... coas músicas da Terra!! Aquelas que enchen os peitos de emoción!! Vémonos alí!!
- Cantigas na Rúa- Cantigas da Terra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1ª Edición festival "Arrechéghate ao fento"
http://www.facebook.com/event.php?eid=117040571726635
(texto engadido o día 10/ / 9/ / 11 )


-THE TURRE´S BAND (Mos - Galicia)
-TRASHTUCADA (Cádiz - Andalucía)
-MUYAYO RIF (Barcelona - Cataluña)
-A COMPAÑÍA DO RUIDO (A Coruña - Galicia)

Última hora!! a partir da 13:00h SESIÓN VERMOUTH e mexilóns!! Convidamos aos gaiteros, gaiteiras, pandereteiros, pandereteiras e demáis músicos a vir a botarlle unhas pezas. Esperámosvos!!!
- Turre's Band- Compañía do Ruido -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Elviña (A Coruña) nas Festas de San Vicente

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 11 )


O 9 de setembro a partir das 22:00 h celébrase unha Foliada con motivo das Festas de San Vicente de Elviña (A Coruña).
Xusto antes haberá unha proxección photo/musical en directo na que Pulpiño Viascón tocando o Serrucho musical, o Acordeón diatónico, a Gaita midi o Zendrum e o seu Ipad coa nova tecnoloxía tactil, acompañará nunha pantalla de gran formato, un centenar de fotografías de Gabriel Tizón realizadas en países de catro continentes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xarabal e Carlos Núñez no III Festival dos pobos minoritarios no Val de Aosta (Italia)
http://www.patoisvda.org/it/index.cfm/festival-popoli-minoritari-valle-d-aosta.html
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 11 )


Entre 8 e o 10 de setembro ten lugar na rexión autónoma do Val de Aosta (Italia) o Festival dos Pobos Minoritarios, ao que Galicia leva a súa lingua e a súa cultura como convidada de honra, xunto con Sardeña e Quebec. O Goberno autónomo do Val de Aosta promove a terceira edición desta iniciativa, que naceu co obxectivo de favorecer o respecto, a defensa e o recoñecemento das linguas minoritarias, así como a convivencia e o intercambio cultural.

As dúas edicións anteriores estiveron adicadas ao éuscaro, o occitano e o corso (2009) e o catalán, o bretón e o ladino (2010)

A terceira edición do festival ofrece múltiples actividades, entre as que se inclúen mesas redondas, foros de reflexión, proxeccións audiovisuais, actuacións musicais e visitas aos principais puntos de interese cultural do Val de Aosta. A difusión das linguas e das culturas dos pobos convidados completarase coa instalación de stands, onde os visitantes ao festival poderán atopar diverso material a través do que achegarse a Galicia, a Sardeña e a Quebec.

Tamén viaxarán á rexión autónoma italiana coa delegación galega o académico da lingua galega Manuel González e o profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina, que lle presentarán Galicia ao público asistente desde unha perspectiva lingüística, xeográfica e cultural. Finalmente, a representación artística correrá a cargo do gaiteiro Carlos Núñez e da Banda de Gaitas Xarabal, que farán soar conxuntamente a música galega no Teatro Romano do Val de Aosta o 10 de Setembro, e con dous pasarrúas que realizara Xarabal os días 9 e 10


- Xarabal- Carlos Núñez -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Encontros de Filosofía da Costa da Morte
http://www.pensaravoces.com
(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


(texto: culturagalega.org)

Non son as letras as que dan acubillo ao sentido filosófico que ten a música, senón máis ben os ritmos, os sons ou os silenzos. E precisamente iso, a parte máis esquecida da música, é o que pretenden comentar, falar e mesmo gozar, os asistentes e participantes dos III Encontros de Filosofía da Costa da Morte. Un programa feito para fuxir da aridez, do academicismo e a música que entre por todos os sentidos. E todo isto ao ritmo da Orquestra Fortuíta, formación creada exclusivamente para esta actividade.

Son varias as pecularidades que converten os III Encontros de Filosofía da Costa da Morte nunhas xornadas diferentes do resto. Primeiro porque como o seu propio director recoñece “Non é fácil organizar un congreso na fin do mundo, nun recuncho pequeno”; segundo, porque con 3.000 euros hai case un exercicio de malabarismo ao confeccionar un programa con actividades durante catro fins de semana (máis aínda se entre os asistentes confirmados hai expertos da talla de Ramón Andrés, Montserrat Marino, ou Ignacio Castro). “Todos veñen de balde, porque lles interesa o tema ou porque son coñecidos” afirma Turnes, que xunto con Pablo Seoane son os coordinadores deste encontro.

A música como terapia
Son catro as fins de semana que conforman o programa destes encontros, que se corresponden con outras tantas orientacións para ver o tema da música. Para a primeira fin de semana, o programa pretenderá achegarse ao poder terapéutico da música. “¿A música cura? ¿Cómo axuda na configuración da personalidade? Son algunhas das cuestión que poñeremos enriba da mesa. Para este tema está Montserrat Merino que traballa na Casa Baubo, un proxecto musical que aborda iniciativas como a musicoterapia en Ourense. Ese mesmo día tamén estarán Ana Justo e Francisco Facal.

Como peche da primeira fin de semana haberá un oco destacado para a música, a que proporciona a Real Orquestra Fortuíta da Costa da Morte (ROFCOM). “É unha orquestra creada expresamente para este congreso, con obras compostas exprofeso e que amosan a dimensión máis festiva do programa” explica Javier. Este proxecto musical está composto por Pablo Seoane (bedel, piano), Alejandro Vargas (máquina de escribir, piano), Lar Legido (batería, percusión), José Manuel Díaz (contrabaixo), Ton Risco (vibráfono, percusión), Olivier Cano (frauta traveseira, saxo alto), Manuel Paino (trompeta), Óscar Prieto (tuba), Lúa Gándara (voz) e Rafa Poncela (voz). Tocarán na Terraza do Hórreo onde na vontade dos coordinadores destes encontros é que a xente que asiste (como público ou como relator) tamén achegue o gran de area nas Jam Sessions.

A música como ciencia, arte e parte da realidade
A presenza de Luís Miguel Martínez Otero, neurocientífico que ten estudado as relacións nerviosas do cerebro cando teñen lugar recepcións estéticas, na segunda fin de semana de setembro, evidencia a conexión da música desde o punto de vista científico. “Pretendemos falar de cousas como que é o que lle pasa ao cerebro cando escoita música, que ocorre, cales son as sinapses que se establecen?”. De aí, os encontros dan unha nova volta par falar do que ten que ver da música como arte e da súa relación con outras disciplinas como o a escrita, o graffiti, os debuxos. Joaquín Riera e Anxo Rabuñal son os relatores desta segunda xornada.
E como peche, alá para a última fin de semana de setembro, os coordinadores teñen previsto prato forte: o poeta e ensaísta Ramón Andrés. “Nesta última sesión queremos abordar que é nos di a música da realidade, da relación da música co silencio, en resumidas contas, que hai de musical na realidade”.

E para quen non poida asistir, entre as propostas dos coordinadores está facer un rexistro audiovisual. “Imos gravalo todo, as conferencias, os concertos… con dous obxectivos, asegura Javier, dunha banda facer unha especie de síntese do que se falou a semana pasada e, pola outra, publicar un libro disco que compile o que deu de si estes terceiros encontros”. A súa intención é que a publicación estea lista para final de ano, co que se poñerá fin a uns encontros que foxen do academicismo buscando a parte máis creativa e formativa destas xornadas.


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aberto o prazo de preinscripción na e-trad ata o 9 de setembro
http://e-tradvigo.blogspot.com/2011/08/aberto-o-prazo-de-preincripcion-ata-o-9.html#
(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


Entramos nos últimos días para que podas preinscribirte nas nove especialidades instrumentais que impartimos na e-Trad: Zanfona, Gaita, Percusión Tradicional, Canto Popular, Requinta, Arpa Céltica, Violín Folk, Acordeón Diatónico e Corda Pulsada.
     Dispoñemos de instrumentos e de aulas de ensaio para que podas iniciarte aínda que non contes con instrumento propio durante o primeiro ano.

ITINERARIO BÁSICO: 1-2 horas semanais
Edade mínima requerida: 9 anos. 
Duración: 3 anos.
Necesidade de coñecementos previos: non

ITINERARIO PROFESIONAL: 5 horas semanais.
Edade mínima requerida: 15 anos.
Duración: 6 cursos en 2 ciclos de 3 anos.


Data final preinscripción: 9 de setembro.
Preinscripción na oficiña: de 11 a 14 horas.
Preinscripción on-line: www. etrad.org
Dispós de toda a información sobre itinerarios, plans de estudios, aulas abertas e programa de e-learning descargando o pdf
- e-trad -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada da Pastora en Castrofeito (O Pino)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Donramiro (Lalín)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


(Resumo da Programación)

Sábado día 10
-Xantares de Carballeira (A comisión porá mesas na carballeira)
-Gaiteiros " Os trasnos"
-Linho do Cuco
-Tiruleque
-Bongar (Olinda - Brasil, música pernambucana)

Domingo día 11

11:30h Pasarruas cos gaiteiros " Bico da balouta"

17:30 Tarde de nenas e nenos
-O Galo Quirico ( Seisdedos títeres)
-Xogos tradicionais (Luchi)
-Obradoiros
-Atraccións

18:00 Pasarruas de gaiteiros
Obradoiro de percusión: música pernambucana (Bongar) e pandereteiras. Que vira seguido á noite por un pasarrúas.

22:00 Xantares de Carballeira


Luns día 12

14h Concerto da Banda de Vilatuxe
Pasarruas coa "A magnifique Bande"
22h "A magnifique Bande"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Danza e Contradanza de Darbo

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


Celébrase, como cada ano, o 8 de Setembro, no adro da igrexa de Darbo. Ás 14h e ás 19h.



As festas de Darbo están consideradas como unha das máis afamadas de tódalas Rías Baixas sendo un exemplo da mellor tradición romeira.
A continuación da celebración dos oficios relixiosos, chega o mellor momento: a procesión ao redor do templo da patroa de Darbo, Santa María, ao longo dun percorrido que se achega ao medio quilómetro.
O seu remate bailase a tradicional Danza e Contradanza diante da imaxe da Virxe. No Adro da Igrexa Parroquial de Santa María de Darbo.

Xa pola tarde, ten lugar unha segunda misa, ao redor das sete, á cal lle segue, de novo, a Danza e Contradanza, que ten unha duración aproximada de tres cuartos de hora. Este baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos polos antepasados.
A danza data do século XVI e bailábase para dar gracias á Virxe por favores recibidos durante o ano.
Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un tamborileiro, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza.
Os danzantes distribúense en tres filas, seguindo ao guía principal, que leva as damas e as coloca formando arco en fronte da fila da esquerda; esta sae e marcha por fóra da outra formando outra parte do arco que se une ao primeiro; e, por último, a outra fila de galáns cerra a circunferencia. Para a Contradanza utilízase a mesma colocación, fórmase un círculo xeral levando o guía ás damas e despois ós contraguías coas súas filas.
Desfacendo o círculo formando as tres filas, e cunha volta sobre si mesmo de cada individuo, remata a Contradanza e a Danza. Trátase dun baile moi vistoso, no que os homes tocan as castañolas. Un grupo de bailaríns baila ante a figura da Virxe, seguindo unha coreografía transmitida de pais a fillos procedente do seo dos gremios e confrarías que querían honrar á súa patroa. Como xa temos dito, a Danza de Darbo coincide coas festas do mesmo nome que son as que maior repercusión e éxito acadan de todas as que se celebran nas distintas parroquias de Cangas.


Vestimenta:
A vestimenta dos Galáns da Danza de Darbo sufriu variacións ao longo da súa historia. Antano os galáns vestían un traxe calquera intentando os compoñentes do baile ir coas mellores prendas que cada un posuía. Ata hai poucos anos e coa finalidade de conseguir que todos fosen vestidos do mesmo xeito lucían a vestimenta usada nos bailes típicos galegos.

Na actualidade e gracias o esforzo por recuperar a indumentaria orixinal da Danza, bailase cun traxe escuro e camisa branca, dita recuperación fíxose realidade gracias ás contribucións realizadas polos fregueses a través da Asociación Cultural

Os homes que bailan na Danza desta parroquia tamén levan sombreiro, de feltro, que no caso do guía e para diferencialo é adornado cunha gran pluma. Outro complemento que atopamos na vestimenta dos homes son os pendentes. Sobre o porqué deste tipo de xoias na súa vestimenta existen varias teorías, unha delas afirma que é un complemento levado dende antano para simbolizar riqueza, así pois, estas xoias imitan ao ouro como reminiscencia de tempos pasados. A outra teoría sobre a orixe dos pendentes basease en que os homes tiveron que substituír ás damas para cumprir cun dos vetos impostos pola igrexa que prohibía a participación das mulleres nestes bailes.

As Damas visten enaguas e saias de cor branca con puntillas de ata dez centímetros de anchura tapadas ambas prendas cun mandil negro bordado. A camisa tamén é de cor branca de mangas anchas e con moita engurra. Cubrindo a camisa levan un pano de cachemir cruzado e atado atrás.

Os sombreiros son de palla e seméllanse moito ós da Danza de Aldán aínda que neste caso as flores son naturais e a composición floral é cada ano diferente, pois son as propias Damas as que os confeccionan horas antes de que teña lugar a Danza para que as flores teñan o mellor aspecto posible.

Estes sombreiros son elaborados a partir dunha base de espuma onde se insiren os talos dos ramalletes ata alcanzar os trinta centímetros de altura, sen dúbida dunha vistosidade que ben merece ser contemplada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Reanúdanse os Cursos de Gaita na Sociedade Cultural Mádia leva! (Lugo(
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/2011/09/05/volta-comecar-o-curso-de-gaita
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 11 )


Esta quarta-feira, dia 7 de setembro, volta começar o curso de gaita depois de ter-se suspendido no mês de agosto.

Continuará semanalmente como vinha sendo habitual às quartas-feiras às 21h00. O preço 20 euros/mês.
- Madia Leva -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 11 )


Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso VI serán, a cita será o vindeiro sábado 10 de setembro a partir das 21.30h, este ano mudamos de sitio, será na AAVV A Feira de Cabral, é moi fácil de atopar, e na estrada que baixa dende o aeroporto ata o Mercado de Cabral, a que está pegada á ITV, e a asociación está ó pé da carretera chegando abaixo ó mercado non ten perda e estará sinalizado.
Esperámosvos a todos con moitas ganas de troula... ¡¡¡NON FALTEDES!!!
Ademáis, as nenas están organizando xogos populares para nen@s no mesmo lugar a partir das 19.30h, así que xa sabedes festa para tódalas idades!!!

- Tarambainas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Memoria da Chaira Enteira, homenaxe a Manuel María na Terra Cha

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )


A Asociación Cultural Xermolos organiza, un ano mais estas xornadas en lembranza e homenaxe do poeta chairego, Manuel María.

Será o vindeiro xoves, 8 de Setembro e contará co seguinte programa:

- 14:30 h. Xantar no Río Ladra de Rábade (previa reserva, de 20 euros, no tfno 646413890).

- 16:30 h. Recital de poesía en Penas de Rodas (se queredes participar levade un texto preparado)

- 18:00 h. Pregaria no Cemiterio de Outeiro de Rei arredor de Manuel María, coa palabra de Xosé Vázquez Pintor. (novamente o acto é tamén de participación aberta, achegade textos para lectura e unha flor para depositar na honra e memoria de Manuel María).

Finalizaran os actos na Carballeira de Santa Isabel, co Rito da Navalla (entrega ao mestre i escritor David Otero) e recital dae poesía de Manuel María musicada por Miro Casabella, Antón Valcarce, Tino Baz e Mini e Mero.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )


A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos:
- Retrouso (Ouzande)
- Os Xeitosos de Trazo
- Gharatuzas (Santiago)
- Reviravolta (O Pino)
- Faíscas da Pontraga (Tordoia)

Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.

Campo cuberto.
- Fervenza de Músicas- Ouzande -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )


(Información e fotos extraída de diversos xornais e a web do Facebook de Berros do Castro)



Este CD pode mercarse nos concertos, no obradoiro de Antón Varela (r/San Francisco de Ferrol) ou no correo electrónico berrosdocastro@gmail.com, e o seu precio (5 euros) busca sufragar os costos da súa edición, parte da cal foi pagada a través do programa "Outra+Outra".

A Deputación de A Coruña e a Fundación Paideia, a través do estudio de gravación Mans, veñen convocando nos ultimos anos o programa "Outra+Outra", que ten como obxectivo a promoción e difusión de formacións musicais da provincia.
Apoiados por este programa, a Agrupación Berros do Castro, de San Sadurniño, está a desenvolver, dende comezos do 2008, o proxecto de investigación etnográfica e cultural "Unha imaxe, unha melodía, un recordo..", proxecto que ten como finalidade «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos dá música popular de Ferrolterra». recompilando imaxes e todo tipo de documentación dos solistas e conxuntos que deron pulo á música tradicional nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.


Este proxecto, que levou a Berros do Castro a conquerir o premio de investigación “Ferro Caaveiro” do Museo Etnográfico da Capela, conta cunha serie de ferramentas para poñer en valor este patrimonio, como é unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións e músicos tradicionais, e unha serie de concertos didácticos.

Durante estes anos rescataron melodías que doutro xeito quedarían esquecidas na memoria e nas partituras de mestres e intérpretes pois xa non formaban parte do repertorio de ningún grupo (polas dificultades ou a reticencia que houbo noutras decadas á hora da transmisión). E se xa no seu momento Berros do Castro foi introducindo estas músicas no repertorio das súas actuacións, chega por fin a «plasmación sonora de "Unha imaxe, unha melodía.. un recordo» coa gravación dun disco "Eirexado s/n", no que buscan unha maior divulgación e dignificación dos músicos de antano, ao tempo que poñen todo este material (partituras, audio, fotos..) a disposición de aqueles grupos que tamén queiran reinterpretar algun dos temas.

Ademáis destas melodías interpretadas polo grupo (algunhas delas gravadas cunha gaita restaurada por Antón Varela, cunha sonoridade moi especial, procedente dun obradoiro que que existiu en Lago, Valdoviño, e que Berros do Castro sitúan nas décadas dos anos 20 e 30) o disco inclúe «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da bisbarra»: - unha gravación do ano 83, cedida pola asociación Donas e Galáns, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista dá parroquia de Doso», - e outra do ferrolano Manuel López Vergara «un dous gaiteiros máis representativos e activos dá bisbarra, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros», rescatada dun casette que gravou a propia familia a finais dos 70 ou principios dos 80.

Eirexado s/n é en realidade o enderezo postal, na parroquia de Naraío, da Asociación Berros do Castro, e representa o destinatario dun paquete de música, envolto en papel de estraza -así ven representada a capa do CD-, que remiten os músicos do pasado cun selo no que figura o mestre e compositor Constantino Bellón, figura que aparece resaltada non só nesta estampa, senón tamén ao contaren o disco coa colaboración da formación Os Raparigos, .
Todo no disco é por tanto unha homenaxe: portada, fotos, datos dos grupos rescatados.. «un disco modesto», segundo apunta Bruno Casal, «pero que cumplirá co seu obxectivo se serve para preservar e transmitir o gran traballo que fixeron os músicos populares antigos das nosas comarcas».



Berros do Castro son:
Antón Varela e Bruno Casal: gaitas e frautas.
José E. Rodríguez: acordeón e gaitas
Xosé L. Loureiro: clarinete
Marcos Gómez: bombo e pratos
Ramón Dopico: tambor e caixa
Sabela Folgar: Baile e percusión

Colaboracións:
Alexandre Cadarso: frautas
Víctor Collazo: trombón
Os Raparigos (Xan R. Silvar e Xabier R. Fariñas nas gaitas e Rafael Victoria ó bombo).
- Berros do Castro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



“Homenaxe a Manuel Marí­a”, coa participación de Xabier Dí­az e Guillerme Fernández
http://acorunacultura.org/2011/09/05/teatro-rosalia-homenaxe-a-manuel-maria-cun-concerto-de-xabier-diaz-e-guillerme-fernandez/
(texto engadido o día 5/ / 9/ / 11 )


Mércores 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe a Manuel María", no sétimo cabodano do seu falecemento, coa estrea do audiovisual "De amor e cantería", de Pixel Films, dirixido por Anxa G. Refoxo e realizado por Mikel Fontes, traballo de 10 minutos de duración que recrea os poemas de "Sonetos á casa de Hortas" nos que o autor chairego expresa a significación que para el tivo a súa casa natal en Outeiro de Rei. Posteriormente terá lugar a actuación musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, no que estrearán cinco pezas sobre poemas de Manuel María e outras gravadas en traballos anteriores.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Romería CaTaLmiBre tRaDiCioNaL (O Burgo - Culleredo)

(texto engadido o día 5/ / 9/ / 11 )


Sabado 17 de setembro, no paseo maritimo do Burgo (Culleredo) fronte o "Haley".

As 13 horas:
- A.C.A GANDAINA (Palmeira),
- Banda de gaites GÜESTIA (Asturias) ,
- CATALMIBRE TRADICIONAL.
- RAUL GALEGO o gaiteiro nubeiro.


O rematar seguirase toda a tarde de romeria. Podedes levar a vosa comida aínda que haberá churrasco, empanada.. cervexa , viño, licor café... a moi bó precio.

Traede os instrumentos, as voces preparadas e o corpo folgado pra pasar a tarde tocando cantando e bailando todos xuntos.

Ademáis todos os que vos fagades amigos de CATALMIBRE TRADICIONAL no seu facebook ou twitter, antes dese dia estaredes invitados a unha consumicion no bochinche. Pedide a e vosa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 11 )


Do dia 5 ao 9 de setembro, máis de 100 musicos e profesores da e-Trad, Sondeseu, Tradalp (Piemonte), Sibelius Academy (Helsinki) e Royal Conservatoire of Scotland celebran o segundo dos tres encontros previstos polo programa ENFO, liderado polo Concello de Vigo.


Masterclasses, obradoiros e concertos públicos asi como unha reunión de traballo compoñen as actividades do programa de eventos entre os que destaca un concerto conxunto das tres orquestras, Sondeseu, Tradalp e Sibelius FBB no recentemente inaugurado Music Center de Helsinki. O programa ENFO rematará en marzo de 2012 coa celebración da I Conferencia ENFO en Vigo.

ENFO é un proxecto enmarcado nas tarefas de preservación, estudio e desenvolvemento do patrimonio musical europeo de tradición oral e que pretende o establecemento dunha rede de colaboración permanente entre centros educativos, orquestras e outras agrupacións en torno ao cultivo da música folk e tradicional dende a contemporaneidade e a cultura urbana. ENFO apóyase no respeto ás diferentes tradicións musicais de cada comunidade europea, no firme convencimento de que a tradición oral pode ser un lugar de encontró e intercambio de experiencias entre os países que forman a Unión e o seu achegamento a outras culturas do mundo, facilitando a súa comprensión e axudando á convivencia de distintas visións dunha mesma linguaxe musical.

Os principais obxectivos son:
- A creación de orquestras de música folk contemporánea ligadas a institucións de diferentes niveles educativos que tengan departamentos o estén centradas en la pedagogía de la música tradicional.
- Consolidar unha infraestructura que asista aos diferentes socios en colaboracións e sinerxias para beneficiarse do coñecemento e a promoción da música folk contemporánea europea.
- A promoción da mobilidade transnacional dos músicos, alumnos e profesores promovendo os intercambios, a transferencia de coñecementos sobre as tradicións musicais e o seu tratamento moderno.
- A organización de eventos musicais e encontros destinados á promoción da diversidade musical ao longo de Europa.


- e-trad- sondeseu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Volve Folk in Trí­o!
http://folkintrio.blogspot.com/2011/08/volve-folk-in-trio.html
(texto engadido o día 2/ / 9/ / 11 )


Este venres día 2 de Setembro a partir das 16 horas, as ondas de Cuac FM acollerán o comezo da nova tempada de Folk in Trío, programa de música folk e tradicional que leva nas ondas dende o pasado 2010.

Os encargados de levalo a cabo serán Antonio Prado, Bea Mariño e Roberto Aller, e con Manu Castro na técnica. Presentarán a nova tempada, co mesmo formato dunha hora semanal pero con novidades como a sección "Arruando", que se presentará neste programa pero que dará comezo a seguinte semana.


Chega ao estudio José Couso de A Zapateira un grupo que cando deu comezo este programa en Xullo do pasado ano non diríamos que puidese estar con nós xa que aínda non se volveran a xuntar. O pasado 20 de Agosto en Fisterra volveron e xa os imos a ter contándonos tódolos regresos da súa volta. Eles son Os Cempés!





Folk In Trío


Programa de radio de música folk de CUAC FM

En directo os venres as 16:00 no 103.4 Fm (A Coruña) ou por www.cuacfm.org

Tamén en RADIO FILISPIM (Ferrolterra) 93.9 FM

No PODCAST: http://www.ivoox.com/podcast-podcast-folk-in-trio-cuac-fm_sq_f17998_1.h

Os venres de 16 a 17 horas a música tradicional e folk ten o seu oco en Cuac FM, a emisora comunitaria de A Coruña, que se pode sintonizar no 103,4 FM A Coruña ou por http://www.cuacfm.org/

Os encargados de levar a música ás ondas son Roberto Aller, Bea Mariño e Antonio Prado, que vos ofreceran as novidades do mercado, entrevistas concertos en directo, sorteos, programas especiais da música máis tradicional e moitísimo máis para que vos quededes coa cita.

Agardámosvos.

Podedes contactar connosco para pedirnos máis información, enderezo para enviarnos maquetas, discos etc en:
folkintrio@gmail.com

- Folk In Trío- radio -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [89] [90] [91] [92] [93] [94] [95] [96] [97] [98] [99] [100] [101] [102] [103] [104] [105] [106] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [125] [126] [127] [128] [129] [130] [131] [132] [133] [134] [135] [136] [137] [138] [139] [140] [141] [142] [143] [144] [145] [146] [147] [148] [149] [150] [151] [152] [153] [154] [155] [156] [157] [158] [159] [160] [161] [162] [163] [164] [165] [166]


En 'Novas Relacionadas'



* Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.

* "SOTAQUE" O NOVO DISCO DE BUDIÑO PUBLICASE O 23 DE ABRIL - Novas - Fol Musica

* Un trozo de Luar Na Lubre abre en Arteixo

* Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

* Luar na Lubre resume os seus 25 anos de carreura no seu novo espectáculo


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos, ``Terra de Soños´´ - Concerto no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela o 19 de outubro de 2008. (extracto)


Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes:
Galicia Canta


Miro Casabella:
Treboada


Voces Ceibes:
(Fragmento da Serie Documental "Galicia na Transición")


Xerardo Moscoso:
Accion Galega


Maria Manoela:
Idioma Meu


Benedicto e Bibiano:
En Directo


Benedicto:
Os Nomes das Cousas


Miro Casabella:
Ti, Galiza


Xosé Quintas Canella:
Porque no mundo minguou a verdade


Maria Manoela e Xoan Rubia:
Panxoliñas


Luis Emilio Batallán:
Ahí ven o Maio


Jei Noguerol:
Denantes dos vinte anos


Xoan Rubia:
Lembranzas


Emilio Cao:
Fonte do Araño


Benedicto:
No Vietnam


Benedicto:
Pola unión


Bibiano:
Alcabre


Jei Noguerol:
Cantigas de Fradería


Bibiano:
Aluminio


Varios:
Galiza a Jose Afonso


Vicente Araguas:
Voces Ceibes


Juan Pardo:
Galicia, Miña nai dos dous mares


Andres do Barro:
Me llamo Andres Lapique do Barro


Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído


Amancio Prada:
Vida e Morte


Fuxan Os Ventos:
Fuxan Os Ventos


Xosé Manoel Conde:
Bule Berra Chora (canzón pra que un neno non durma)


Guillermo, Miro, Moscoso, Araguas, Xavier:
Noticias da Nova Canción Galega





Existen locais con esa etiqueta:


A Casa do Coto (En Tomeza (Pontevedra))

A Cova Céltica (En A Coruña)

A Cova Folk (En A Coruña)

A Repichoca (En A Coruña)

Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

Bar Patos (En Patos - Nigrán (Pontevedra))

Bodega As Vides (En A Coruña)

Café - Teatro do Real (En Moaña (Pontevedra))

Café Galego Maeloc (En A Coruña)

Café Miudiño (En Ourense)

Café Onde Sempre (En Ponteareas (Pontevedra))

Casa Dos Druidas (En Acuña - Vilaboa do Morrazo (Pontevedra))

Clavicémbalo (En Lugo)

Club de Jazz FILLOA (En A Coruña)

Cova dos Ratos (En Vigo)

Dado Dadá (En Compostela)

Forum Celticum (En O Burgo (A Coruña))

Heicho de dar Queridiña (En A Insua - Pontecaldelas (Pontevedra))

Hipólito (En Vigo)

Lenda Moura (En Vigo)

Modus Vivendi (En Compostela)

O Bardo (En Vigo)

O Batallón (En Vigo)

O Ben Folkdido (En Lugo)

O Café da Vaca (En Ferrol)

O Cubil do Lobo (En Lugo)

O Favorito (En Coruxo (Pontevedra))

O Gaiteiro (En A Coruña)

O Gaiteiro (En Zas (A Coruña))

Old Inn (En Betanzos (A Coruña))

Oxachegou (En Compostela)

Taberna Soela (En Cela - Bueu (Pontevedra))

Vinilo (En O Grove (Pontevedra))






buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre o en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]