Ghastas Pista?

o fiadeiro
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6]

Novas que incluen 'o fiadeiro':


Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)
http://www.noitedefiadeiro.com/p/programa_7.html
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Sábado 11 de maio dende as 17:30h
Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos
Mostra de Oficios Artesáns
- Animación de rúa
- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s
Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo
As tamancas a escala – Tango Zapateiro
Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary
Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Ramirás
19:00 h. Chamada á festa PASARRÚAS de Xigantes e Cabezudos

19:30 h. o FIADEIRO CATIVO con escolas de música tradicional

21:00 h. XII+I Noite de FIADEIRO

E moito, baile e troula ata que os pés aguanten !

Durante toda a noite teremos CONCURSOS, SORTEOS e algunha que outra SORPRESA a maiores.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación en Vigo dos traballos de Pablo Rial e Rafa Crespo
https://www.facebook.com/1623819567895037/photos/a.1623819607895033/2313452578931729/?type=3&theater
(texto engadido o día 3/ / 5/ / 19 )


Ola tonesoneir@s...
O próximo venres, 3 de maio, presentamos os últimos traballos da editorial cos seus autores, Pablo F. Rial e Rafa Crespo. Vémonos ás 20:00 no local da ACF O Fiadeiro, no Calvario.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI Homenaxe Ao Gaiteiro en Vigo

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Sábado 16 de marzo ás 20h no Teatro A Fundación.

As Cantigas de Elena
Pepe Vaamonde Grupo
O Fiadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro en Tomiño

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 19 )


Sábado 23 de febreiro ás 22h no Auditorio de Goián

O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla).
A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SondeSeu en Vigo - Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

(texto engadido o día 30/ / 1/ / 19 )


Sábado 2 de febreiro, con Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e O Fiadeiro.

A orquestra folk SondeSeu ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical.

***É UN CONCERTO DE BALDE. EIS COMO CONSEGUIR ENTRADAS:
Os convites poden retirarse a partir do mércores 23 no stand das Illas Cíes que o Concello de Vigo ten na Praza do Rei. E tamén desde 2 horas antes no propio Auditorio Mar de Vigo.
Un máximo de 2 entradas por persoa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 19 )


A A.C.F O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 21:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todos aquelas agrupacións ou músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Ademais a ambientación estará baseada nos seráns dos anos 50, polo que todo aquel que guste poderá acudir vestido ó xeito daqueles tempos.

Agardamos por todos vos este sábado. Nos xa contamos as horas.

Se queredes máis información podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Samaí­n no Calvario (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 18 )


Mércores 31 de outubro a partir das 19.00 diante do mercado do Calvario.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así­ que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Haberá festa ata ás 23.30, e repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes

Actuarán o "Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas", "Grupo Pandereteiras Chorouví­a da AVCD de Cabral", "Grupo de gaitas choran as pedras" e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Tamén haberá talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de música e canto de Vanesa Muela en Vigo

(texto engadido o día 5/ / 10/ / 18 )


Sábado 6 de outubro


O Fiadeiro organiza un curso de "Música e canto con instrumental doméstico na tradición en Castela e en León"

Mestra: Vanesa Muela
Traxectoria de Vanesa Muela: http://www.vanesamuela.es/index.php?option=com_content&view=article&id=1&Itemid=3&lang=es

Duración: 7 horas (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00)
Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Jesús Fernández Nº3 Baixo - 36205 Vigo)

Prezo socio/a: 55 euros
Prezo non socio/a: 65 euros

Material necesario:
- 3 culleres sopeiras de metal
- 1 Morteiro
- 1 tapa de pota non moi grande
- 1 tixola mediana

Para maiores de 15 anos
Prazas limitadas
O prezo inclúe café de media mañá
* con comida incrementaría o prezo 6 euros (prato único, bebida e café)

Inscricións no 629585355 / 986253585 ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (Vigo) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Aberto prazo de inscrición para matricularte no novo curso en O Fiadeiro
Tes todo o mes de setembro para facelo
Actividades: Costura do traxe tradicional, acordeón, baile moderno, baile galego, canto popular e pandeireta, gaita , guitarra, música e movemento, percusión, piano, saxo e moitas mais.
Para todas as idades, nenos a partir dos 3 anos.
Pide información e matricúlate nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585, ou no noso local situado na Rúa Jesús Fernández Nº3 Baixo en Vigo, de luns a venres en horario de 10.30 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h.
Comezamos en outubro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro en Bande

(texto engadido o día 10/ / 8/ / 18 )


Sábado 11 de agosto ás 20h na Praza da Constitución

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira no V Fiadeiro de Pitôes (Portugal)
https://www.facebook.com/events/2091974247795582/
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )


Domingo, 22 de Xullo
Pitões das Júnias, Montalegre


Pitôes é unha aldea do concello de Montealegre en Portugal que pertence ó parque Nacional Peneda- Gêres. Accédese fácilmente dende Xinzo, pola fronteira de Randín. Ou ben, vindo de Braga, collendo a nacional en dirección a Montealegre. A freguesía de Pitôes aosta polo rural e mantén viva a vida cultural da aldea con moitas actividades no ano. Esta, o Fiadeiro de contos, é unha das principais. 2naFronteira porá a música na festa de peche destas dúas xornadas imperdibles.
- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIX Festival AIRES do MASMA en Foz

(texto engadido o día 16/ / 7/ / 18 )


Sábado 21 de xullo de 2018 ás 21.00h
na Praza Conde Fontao de Foz.

Edición especial #20anosASubelaFoz

21.00h AFC A SUBELA
22.00h ACF O FIADEIRO
23.00h Concerto TANXUGUEIRAS


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantigas e Agarimos en Allariz
https://www.facebook.com/cantigaseagarimos/photos/a.663342050481540.1073741828.652535014895577/1082637275218680/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 18 )


Este sábado 14 de xullo volvemos con Danza 3, o ciclo de baile e música tradicional no que cxs amigxs de Xacarandaina e ACF O Fiadeiro, co apoio da Agadic. O coro, grupo de baile, grupo instrumental e pandereteiras de Cantigas e Agarimos estaremos ás 12.30h no Campo da Barreira no Concello de Allariz. Alí vos esperamos, ben sabedes que o sitio non defrauda!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Aña Urbana en Pontevedra

(texto engadido o día 15/ / 5/ / 18 )


Sábado 19 de maio

12:OO H. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición

12:00 H. Roteiros cos grupos participantes. (Peregrina - Ferraría - Curros Enríquez - Abastos - Leña - Concello)

14:30 H. Pausa xantar

17:3O H. COLOQUIOS / CONFERENCIA: Arredor da tradición "Mulleres de Gargamala!" con Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio na Praza do Concello


OBRADOIROS EN ABERTO:

18:30 H Obradoiro toques de leghón (Anaïs Barbier)

19:0O H. Obradoiro baile tradicional (Gabi Reboredo)


19:30 H. Actuacións grupos convidados
GHALOS DO CURRAL (20:00h.), Pandereteiras da ACF O Fiadeiro (20:30h.) e Pandereteiros de traspès (21:00h.).

21:00 H. SERÁN (Inscricións para tocar, no momento)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Por Cantar e por Bailar. Festivais infantís de música e baile tradicional (Vigo)

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Escolas participantes
CRAC de Coruxo, AC Lembranzas da Ría, ACF Tarambainas, ACF O Fiadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas
http://ofiadeiro.com/evento/presentacion-do-libro-cd-maruxa-das-cortellas-tocadora-do-pandeiro-de-xulia-feixoo-no-fiadeiro/
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 18 )


Venres 16 de marzo ás 20:00h
Local da ACF O Fiadeiro.
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.
Vigo.

Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala


"Falar de Maruxa das Cortellas e? falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do pai?s. Maruxa foi a u?nica muller da su?a xeracio?n que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea.

A su?a figura foi clave na recuperacio?n dos estilos interpretativos arcaicos.
A rai?z das su?as aparicio?ns no Luar a finais da de?cada dos noventa e da su?a participacio?n asidua nos sera?ns urba?ns, xurdi?u un grande interese no seu xeito de tocar o pandeiro.

É indiscutible que a mu?sica vocal de tradicio?n oral de Galiza se escribe en feminino.
As investigadoras, as divulgadoras, as artistas debemos comprometernos para xerar espazos dende os nosos a?mbitos profesionais nos que visibilizar esta realidade.
Para que a sociedade sexa consciente da importancia que ten?en estas mulleres dentro da nosa historia precisamos crear iconas, figuras de referencia coas que po?rlle nome propio a? tradicio?n. Maruxa ten que ser un destes nomes"

Xulia Feixoo
(Estracto dunha entrevista á autora)


"Maruxa das Cortellas foi unha tocadora esencial, das últimas portadoras da viva tradición de tocar o pandeiro cadrado na zona de Pontevedra, dotada dunha voz e un repertorio excepcionais. Con esta monografía, aCentral Folque quixo recoller a primeira publicación sobre o pandeiro que se publica en galego.

Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por mans femininas.

Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega.

Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis. Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, mazurcas e rumbas.

É indiscutíbel que a música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo."

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Monteira de Danzas do Mundo no Barrio do Lourido, Vigo

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 17 )


Venres 16 de nadal a partires das 20:30h no local da A.A.V.V. Rosalía de Castro

Baile con música en directo cos grupos Grupo de Gaitas da Escola ACF O Fiadeiro (danzas galegas), Karabuska (danzas de Escocia, Bretaña e Bulgaria) e Gergelyes (danzas csango, húngaro-moldavas).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro en Baltar

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


AGRUPACIÓN O FIADEIRO
dentro do ciclo...
DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h
Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

O proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio a pé de rúa. Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.
Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE NA RÚA.
Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións.
- O Fiadeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Samaín no Calvario (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 17 )


Martes 31 de outubro ás 19:00h
Peatonal do Calvario (Vigo) Diante do Mercado do Calvario.


O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes

Este ano contaremos con Tarambainas, Pandereteiras A Buxaina, Sete Cuncas e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Teremos talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.

Agradecementos ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.

Vos esperamos para pasar unha tarde/noite de med

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Xornadas culturais O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


Sábado 23 de setembro a partires das 17:30h no barrio do Calvario (Vigo)



- O Fiadeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6]


En 'Novas Relacionadas'



* GC :: A Galiza de Kepa Junkera

* A Consellería de Cultura e Educación leva o programa "Danza 3" ás rúas de nove localidades da man de Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina

* Retrouso celebra este sábado o III Festival de Acordeón de Bueu



Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro



Web oficial







buscar mais información
sobre o fiadeiro en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre o fiadeiro en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]