Ghastas Pista?

narf
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4]

Novas que incluen 'narf':


O NARF nunha flor - Homenaxe a Narf na Illa de Arousa

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 18 )


Sábado, 4 de agosto no Auditorio da Illa de Arousa
- Narf -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Brais Morán en Boiro

(texto engadido o día 5/ / 5/ / 18 )


Sábado 5 de maio ás 23:30h
A Pousada Das Ánimas.
Pablo Iglesias, 13.
Boiro.


Brais Morán comezou a súa carreira musical no ano 1997 coa banda Zumbido. Na primeira década do século XXI á fronte de Loretta Martin, banda de referencia por ser única na música galega coa súa mestura de funk e músicas negras en galego, percorre todo o país así como Portugal e España e edita tres discos: Loretta Martin (Falcatruada 2005), Paraíso Distante (Falcatruada 2007) e Despois da mandinga (Autoeditado 2012). En 2015 emprende a súa andaina en solitario co disco Cruzando o Eclipse (The Boderline Music, 2015), coproducido xunto a Arturo Vaquero, no que conta coa colaboración dun dos seus grandes referentes e influencias como é Fran Pérez Narf así como de Belém Tajes (Luar na Lubre, Voodoo). En abril de 2018 saíra á luz o seu novo disco, no que cristalizará de xeito natural todo o vivenciado ao longo da súa traxectoria, confluíndo o rock, o funk, a música brasileira, os ecos de África, a tradición galega e as súas orixes na Costa da Morte, mesturado dende a perspectiva dun autor de cancións de identidade única e honesta.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Brais Morán en Vilar de Santos (Ourense)

(texto engadido o día 8/ / 12/ / 17 )


Venres 8 de decembro ás 22:00h
A Arca da Noe.
Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.
Ourense.




8 de dezembro, às 22h00, temos na Arca a Brais Morán.
Brais Morán leva quase 20 anos de trajetória profissional no mundo da cena musical compondo e editando canções como cantora e guitarrista. Depois de ter atuado em vários lugares da Galiza, Portugal e nalgumas cidades do Estado, tem passado por televisão, trabalhado em teatro, e vem sendo um dos referentes da música galega desta última década.
Além de ser reconhecido como vocalista e guitarrista da referente banda
de funk Loretta Martin, o artista da um passo adiante para iniciar a sua carreira em solitário apresentando-se com o nome de Brais Morán e assim edita o seu primeiro trabalho discográfico "Cruzando o eclipse"(2015),.O artista faz com que voltemos ver e escutar uma grande parte do seu repertório que inclui novas canções próprias cheias de diferentes estilos que passam pelo funk,soul,rock,samba e ritmos de fusão que o influenciam e que levam marcando toda a sua trajetória."Cruzando o eclipse" foi gravado nos estúdios Abrigueiro da mão de Arturo Vaquero e onde contou com
Denís Morán, Miguel Queixas e Manu Seoane como banda essencial e com as colaborações de Belém Tajes, Cláudia Morán e Fran Pérez "Narf", com o qual com o-produziu o tema "Destino" que abre o disco.
Neste 2017 abre uma nova etapa de concertos, bem em formato solitário (guitarra e voz) ou em formato banda acompanhado de Marcos Pazo na bateria, Fran Sanz no baixo e Manu Seoane nas guitarras. Atualmente está a preparar o seu segundo disco que verá a luz no próximo 2018.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala de premios da música e da poesía galego-portuguesas (Compostela)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 17 )


Martes 31 de outubro ás 21:00h
Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Rúa Nova, 21.
Santiago de Compostela.

Unha gala chea de música e de poesía do ámbito galego-lusófono, presentada por Isabel Risco e Quico Cadaval, coas intervencións dos músicos e poetas premiados.


aRi(t)mar galiza e portugal é unha iniciativa da Escola Oficial de
Idiomas de Santiago de Compostela, que leva a cabo agora a súa
segunda edición, e ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a
poesía e a música editada en Galiza e en Portugal, así como
achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións
de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para
o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.
O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego,
mellor tema musical portugués, mellor poema galego
e mellor poema portugués. A escolla foi feita polo público xeral,
galego e portugués, entre 10 poemas e cancións finalistas seleccionadas
polo xurado do certame.

Palmarés de gañadores de músicas e poesías
publicadas en 2016

Músicas gañadoras:

Galiza: A paz esquiva. SES
Portugal: Faz bem falar de amor. QUINTA DO BILL
As segundas máis votadas:
Chove en Galiza. POETARRAS, Galiza
Corzinha de verão. DEOLINDA, Portugal
As terceiras:
Ecuacións. XOÁN CURIEL, Galiza
Meu amor de longe. RAQUEL TAVARES, Portugal

Poesías gañadoras:
Galiza: TERRADENTRO. PACO SOUTO, e Caín.
Portugal: Fui a Bruges esquecer um amor. PEDRO CRAVEIRO,
avenida sul.

As segundas máis votadas:
Parque. ROSALÍA FERNÁNDEZ, Contra-acción, Galiza.
Tragam-me um homem que me levante com os olhos
CLÁUDIA R. SAMPAIO, Ver no Escuro, Portugal.
As terceiras:
Parir un lugar. OLALLA TUÑAS, No seu despregar, Galiza.
Penso en ti. ALEXANDRA SANTOS, Entre o Sono e o Sonho, Portugal.

Premio especial do xurado á embaixada
da amizade galego-lusófona: Fran Pérez, NARF

Entrada libre até completar a capacidade da sala.
Retirada de billetes na conserxaría da Escola Oficial de Idiomas de Santiago (Vite),
de luns a venres, de 09:00 a 20:00 h, e no Teatro Principal de Santiago,
de martes a sábado, de 18:00 a 21:00 h, a partir do día 20 de outubro.
Pode reservar, e despois recoller, a súa entrada en
conserxes@eoisantiago.org ou no 981 55 47 10

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Certame Musical Fran Pérez 'Narf' en Compostela

(texto engadido o día 14/ / 9/ / 17 )


Venres 15 de setembro ás 19:30h
Sala Malatesta.
Rúa San Lourenzo 51/53.
Santiago de Compostela.


O vindeiro 15 de setembro a Sala Malatesta acollerá o IX Certame Musical Fran Pérez "Narf" organizado pola Deputación da Coruña.
Os finalistas do certame son:
IGMIG
Cintaadhesiva
@Pardo
Samarúas
Mounqup
E como grupo invitado tocará A banda da Loba

ENTRADA DE BALDE con recollida previa na A Reixa Tenda e na propia sala.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Homenaxe Fran Perez NARF na Pousada das Ánimas (Boiro)

(texto engadido o día 9/ / 6/ / 17 )


10 de xuño as 21:00 boiro

http://entradium.com/es/entradas/festival-homenaxe-fran-perez-narf.widget


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos na Maré 2017 en Pontevedra

(texto engadido o día 13/ / 1/ / 17 )


Sábado 14 de xaneiro ás 21:00h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


CANTOS NA MARÉ, o Festival Internacional da Lusofonía, terá lugar o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. E os seus protagonistas serán Guadi Galego, o guineano Manecas Costa, o angolano Paulo Flores, a portuguesa Celina da Piedade e a brasileira Kátya Teixeira, ademais dun último convidado sorpresa que se desvelará nos vindeiros días.

Xa é posible mercar as entradas en ataquilla.com para asistir á décimoterceira edición dun festival que pecha unha etapa con este formato e que dará paso nas vindeiras edicións a un novo formato no que participarán moitos axentes e colectivos que ampliarán esa rede de afectos construída ao longo destas trece edicións.

Este ano imos lembrar e celebrar a Fran Pérez, Narf, un artista paradigmático e un exemplo de como se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e o coñecemento mutuo, desde unha mirada que vai máis alá dun simple intercambio musical. E ninguén mellor para lembralo que o seu irmán musical, o guineano MANECAS COSTA, que gravara xunto a Narf o disco ‘Aló Irmão’ en 2009. Manecas Costa forma parte da gran familia musical de CANTOS NA MARÉ desde a súa participación na edición do 2005. A partir de aí teceu unha rede de colaboradores galegos cos que ten presentado varios proxectos, construíndo esa comunidade musical que está na vontade e na filosofia deste festival.

Seguindo pola banda africana, o outro protagonista será PAULO FLORES, unha das principais referencias da música de Angola e un defensor incansable do Semba, o estilo musical que resulta dun proceso complexo de fusión e transposición, sobre todo da guitarra, de segmentos rítmicos diversos, asentados fundamentalmente na percursión, elemento base das culturas africanas.

Do outro lado do océano chegará KÁTYA TEIXEIRA, unha cantora brasileira (de São Paulo) nada nunha familia de músicos, compositores e investigadores da cultura popular, e trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e tamén o resultado das súas andainas e recollidas polo Brasil. A música de Kàtya incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.

E desde o Alentejo aterrará no Pazo da Cultura CELINA DA PIEDADE co seu acordeón e coa súa voz, ademais do seu inmenso carisma. No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías, composicións propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil.

Outra das protagonistas será GUADI GALEGO, unha das nosas grandes. Ela representa neste momento un dos camiños máis arriscados na evolución da música galega de raíz cara novos territorios, e consegue xuntar na súa figura artística a consagración e o valor do novo. De feito chega ao CANTOS NA MARÉ cargada con novas músicas procedentes do seu recén estreado álbum ‘O mundo está parado’; e sostendo aínda o Premio Martín Códax da Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo \\

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::




Uxia Pereira e João Gentil en Boiro
(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )


Venres, 2 de decembro ás 22h.

De cando en vez o extraordinario acordeonista de Portugal Joao Gentil mais eu xuntámonos para recrear cancións nosas, universais, do tango ao vira, do alalá ao fado ou á chanson.
Desta volta imos a un lugar ben especial que sempre nos acolle e nos fai sentir como na casa: A Pousada Das Ánimas en Boiro.

Espallade a nova se vos presta e reservade a vosa entrada.
Será unha nova oportunidade para lembrar e cantar a quen tantas noites de gloria deu a este lugar, o noso ben presente Fran Pérez 'Narf'.
Vinde a acompañarnos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



WOMEX Quintana Festival (Compostela)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 16 )


20, 21 e 22 de outubro na Praza da Quintana.


WOMEX é a maior feira mundial de músicas do mundo que se celebra do 19 ao 23 de outubro en Santiago de Compostela. Este evento inclúe tamén un Festival aberto ao público durante tres días (20, 21 e 22 de outubro) con 45 concertos (15 cada noite) en 4 auditorios e un DJ Summit.

WOMEX QUINTANA FESTIVAL (Programación aberta ao público)


Praza da Quintana [Selección Oficial]

21.00 Trad. Attack [EST] estonia/rock
21.45 NY Gypsy All Stars [MC/TR/GR/USA] balkan
22.30 Faada Freddy [SE/FR] gospel/soul
23.15 MHD [FR] hip-hop/afro-trap
00.00 Maïa Barouh [XP/FR] electropop/xaponesa
00.45 Puerto Candelaria [CO] cumbia

Auditorio Abanca [Selección Oficial]

21.30 Black String [KO] folk
23.00 The East Pointers [CA] celtic/folk
00.30 Okra Playground [FI] folk

Teatro Principal [Atlantic Connections]
21.00 Xarnege [EUS] folkc
22.30 Niño de Elche [ES] flamenco/electrónica
00.00 Bareto [PE] twang/cumbia

Salón Teatro [OffWOMEX]
21.45 Les Tireux D’Roches [CA] quebequesa
23.15 Reyfado Lisboa [PT] fado
00.45 iLe [PR] latin
____________________________________


Venres 21 de outubro

Praza da Quintana [Selección Oficial]

21.00 La Negra [ES] flamenco
21.45 Dudu Tassa & The Kuwaitis [IS] rock/iraquí
22.30 Mehdi Nassouli [MR] árabe/gnawa/bereber
23.15 Throes + The Shine [PT/AN] kuduro/rock
00.00 Bixiga 70 [BR] afrobeat
00.45 Oligarkh [RU] folk

Auditorio Abanca [Selección Oficial]

21.30 Bella Ciao [IT] folk
23.00 C4 Trio [VE] folk
00.30 Delgres [GU/FR] delta blues

Teatro Principal [Atlantic Connections]
21.00 Nakany Kanté [CAT] pop-malinké
22.30 José Mucavele [MZ] mozambicana
00.00 Xabier Díaz [GL] trad

Salón Teatro [OffWOMEX]
21.45 H’Sao [Chad/MX] folk
23.15 Quique Escamilla [CA/MX] huapango/ranchera/country/reggae
00.45 Boogat [MX/CA] hip-hop/latino

DJ Summit
01.00 DJ Rachael [UG] world music
02.30 Acid Arab DJ Set [FR] Magreb/techno/house

____________________________________


Sábado 22 de outubro

Praza da Quintana [Selección Oficial]

21.00 Noura Mint Seymali [MU] mauritana/blues
21.45 Radio Cos [GL] trad
22.30 United Vibrations [UK] afro/jazz/funk/soul
23.15 Kondi Band [SL] serraleoa/electrónica
00.00 Bargou 08 [TN/BE] electrónica/Magreg
00.45 Jupiter/Okwess [CO] congolesa/rumba/rock

Auditorio Abanca [Selección Oficial]

21.30 Adnan Joubran [PL/FR] mediterránea/jazz
23.00 Gisela Joao [PT] fado
00.30 Edmar Castaneda Trio [CO/USA] jazz

Teatro Principal [Atlantic Connections]
21.00 Narf & Timbila Muzimba [GL/MZ] pop/mozambicana
22.30 Quinteto Bataraz [AR] folk/urban tango
00.00 Pascuala Ylabaca y Fauna [CL] folk

Salón Teatro [OffWOMEX]
21.45 Nomade Orquestra [BR] afrobeat/ethio-jazz/reggae/hip-hop
23.15 Anelis Assumpçao [BR] brasileira/afrobeat/dub
00.45 Maltese Rock [XP] gypsy/punk/rock/enka

DJ Summit
01.00 El Remolón [AR] latin/electrónica/folk/dub
02.30 H.A.T [MR/USA] world music
03.30 DJ Satelite [PT/AN] Afro-house/kuduro

________________________________________
Podes elixir dous tipos de entradas:

- Full pass, que che dá acceso a TODOS os concertos de noite (días 20, 21 e 22 de outubro, con acceso a 15 concertos cada noite, 45 en total) e a 5 DJ sessions (días 21 e 22). Pase limitado. Só 200 tickets á venda [55€+gastos]

- Entradas de día para a carpa da Quintana: Entrada para cada noite, con acceso a 6 concertos. [20€+gastos]

- Xoves 20 de outubro

- Venres 21 de outubro

- Sábado 22 de oubro

Entradas á venda aquí:
http://entradas.abanca.com/es/record-monograph/womex-2016/

WOMEX 16 está patrocinado polo Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Mahou.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


Sábado 2 21h 5€
KLEBER ALBUQUERQUE
Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudiocardiograma", no cal presenta un panorama musical de súa carreira.

Domingos 3, 10, 17 e 24 20h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.
Sumrrá son: Manuel Gutiérrez, piano; Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo; e LAR Legido, batería.

Martes 5 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.


Xoves 7 ás 21h 5€
COANHADEIRA
Concerto presentación de ‘Bicos con luvas’.
Nalgúns lugares da Galiza, as coanhadeiras eran aquelas mulleres (ou tamén a vasoira empregada) responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Con esta idea xorde Coanhadeira no ano 2006, unha banda de música folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o Festival Intercéltico de Ortigueira, Sauga Folk (Colindres – Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia).


Mércores 6, 13, 20 e 27 22.30h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 21 21h 6€
LEO MINAX + CONVIDADOS
Este artista brasileiro presenta o seu último traballo, ‘Lo que no estaba escrito’, o sétimo publicado en España por este músico inquedo que ten colaborado con moitos artistas ao longo da súa carreira. Presentará as súas cancións en formato acústico (voz e guitarra), tal e como foron concebidas. Subirán ao escenario con el Fred Martins e Narf.

Xoves 28 21h 5€
NAHUEL (Carlos Porcel de Peralta)
Cantor, guitarrista e compositor, nado en Cañada de Gomez, Sta. Fe, radicado en México, é autor de Será posible el sur (Con poesía de Jorge Boccanera), Y la milonga lo sabe (Nahuel) y Pájaro de rodillas (Letra de Zitarrosa), grabadas por Mercedes Sosa e Lilia Vera de Venezuela. Integrou o cuarteto de guitarras de Don Alfredo Zitarrosa durante o seu exilio en México, con quen percorreu Cuba, Mexico, Venezuela, Ecuador… Compartiu escenario e grabacións con Cecilia Todd, Carlos y Luis Enrique Mejía Godoy, Amparo Ochoa, Tania Libertad, Eugenia León, Oscar Chávez, Armando Manzanero, etc. Ten varios traballos editados en CDs, con temas propios e poesía musicalizada (Neruda, J.L.Ortiz, Boccanera, Fonseca…)
Participou na xira de Mercedes Sosa como convidado en México, asi como no Festival de Cosquin, España, Los Angeles, EEUU, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Chile, Nicaragua, El Salvador, Seúl (Corea)…

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía e NARF xiran polos Estados Unidos de América

(texto engadido o día 26/ / 2/ / 16 )


(Nota de prensa)

O dúo inicia unha nova xira por América, esta vez do norte, organizada pola Universidade de California, Los Angeles, coas súas “cancións da alma viaxeira”, e con compañeiras de luxo, coma Barbara Morrison

O disco Baladas da Galiza imaxinaria naceu da primeira xira xuntos de Uxía e Narf por América Latina, reunindo temas clásicos do seu repertorio anterior e tamén algún novo. Agora comeza unha nova singradura para estes dous grandes viaxeiros da música galega, dous dos artistas que máis pontes tenderon, sobre todo nos países da lusofonía. A un ano da saída ao mercado do disco inaugurando o selo Damadriña Edicións, despois dunha xira pola Arxentina onde este proxecto tivo orixe, con grande éxito, e de volver por Galiza para ofreceren un concerto en Oleiros, ofrecerán varios concertos ao longo do mes de marzo e comezos de abril polos Estados Unidos.

O 1 de marzo arrinca esta nova xira na Universidade organizadora, a UCLA (University of California, Los Angeles), no Jan Popper Theater cunha convidada moi especial: a lendaria cantante de blues e jazz Barbara Morrison. Este concerto, para celebrar o Día Mundial da Lingua Materna, inclúe tamén recitado de poemas en varias linguas e nel clausurarase a exposición de Lois Pereiro "Siluetas furtivas" en colaboración coa asociación Trabalingua da Universidade de Vigo. A xira foi organizada por Marina Carracedo, lectora de español MAEC/AECID no Departamento de Español e Portugués da UCLA, e apóiaa a SPAIN Arts and Culture e SPAIN-USA Foundation.

No seo da Universidade de California seguirán o día 2 no Riverside e o 4 na Merced, e tamén o 7 na UC Davis, en senllos concertos para a comunidade universitaria, ademais de pasaren o 3 de marzo pola Red Poppy Art House de San Francisco. Os días 12 e 13 de marzo estarán no Getty Museum, de Los Angeles, acompañados por António Zambujo, e o 16 na Casa Rondeña Winery, de Albuquerque. Será este un concerto moi especial, realizado a través de AMP Concerts, os promotores de músicas do mundo máis importantes de Novo México, nun viñedo e cunha cea especial galega. A continuación, xa o 20, estes viaxeiros recalan no Museum of International Folk Art (MOIFA), de Santa Fe.

O 22 estarán na Texas Tech University, de Lubbock; o 28, na escola Passim de música folk, no campus de Harvard, en Cambridge (Massachusetts); e o 29 no Berklee College of Music, Boston, escola de música de referencia nos Estados Unidos, onde se formaron músicos coma o pianista Abe Rábade. Este concerto faise a través do Mediterranean Music Institute. O día 30 van a outro dos epicentros da formación musical do mundo, a Old Town School of Folk Music, o centro de músicas do mundo máis importante de Chicago.

Xa o 2 de abril Uxía e Narf estarán no Roulette Theater, de Nova York, a través de Robert Browning Associates, o promotor de músicas do mundo máis importante da área neoiorquina, e fundador do World Music Institute. Por último, o 5 achegaranse á Brown University, pertencente á Ivy League, coma Harvard.



CULTURACTIVA

Culturactiva é unha das principais xestoras culturais do país, centrada nos ámbitos teatral e musical. Creada como cooperativa cultural a comezos dos anos 2000, o proxecto foi impulsado por varios profesionais do sector e na actualidade é a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa. O carácter lúdico e riseiro está presente dende os seus inicios tocando tamén de cerca a sociedade, ao poren en marcha proxectos que achegan a solidariedade a través do humor, do teatro e da música.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos na Maré 2016 - Pontevedra

(texto engadido o día 6/ / 1/ / 16 )


Sábado, 16 de xaneiro ás 21:00 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Cantos na Maré volve con máis folgos que nunca e vontade de seguir reforzando relacións cos territorios presentes no festival. Este ano irmandámonos de novo con Portugal, Brasil e Guinea Bissau, facendo da lingua a nosa chave para abrir as portas do mundo, como dixo Manuel María, homenaxeado nas Letras Galegas de 2016. O 16 de xaneiro espéranos un concerto único con Jorge Palma, Thaïs Morell, Karyna Gomes, Fran Pérez, NARF e Uxía. Cada edición supón unha nova ilusión por poder mesturar artistas consagrados con novos descubrimentos e que os días de convivencia sirvan para que músic@s tan singulares e divers@s creen xunt@s. De novo, baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NARF NO GROVE

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


O venres 6 de novembro, NARF ofrecerá as súas cancións na GALA DE ENTREGA DE PREMIOS MANUEL LUEIRO REY 2015, que se celebrará ás 20:30 h na Carpa institucional instalada na Praza do Corgo (O Grove).
Presenta: Yolanda Castaño (poeta)
Entrega do XXII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta a Antonio Piñeiro Fernández pola súa obra O noiro.
Unha oportunidade máis para gozar da música deste gran artista.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



San Froilán 2015 (Lugo) - Programación Folque/Tradicional
http://www.sanfroilan.info/gl
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 15 )


SÁBADO 3
11.30 h.
Os Campeiros de San Xoán do Campo, zona peonil da ronda da Muralla.
00.00 h.
Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.

DOMINGO 4
13.15 h.
Sesión vermú Batital na praza da Soidade.
13.30 h.
Pasarrúas de Os Xílgaros de Lugo polo Recinto histórico (Campo Castelo, San Pedro, Raiña, Quiroga Ballesteros).
18.00 h.
Actuación de A Volta do Agro na praza Maior.
19.00 h.
Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María.
20.00 h.
Pasarrúas de Airiños do Neira polo Campo Castelo.
22.00 h.
Pasarrúas do grupo Trastiños pola zona dos viños e praza da Soidade.

LUNS 5
13.00 h.
Actuación de Airiños de Orbazai na feira Gastroarte.
13.15 h.
Concerto de Vaamonde, Lamas e Romero, coa Banda Municipal de Lugo, na praza de Santa María.

19.30 h.
Actuación de Arrincadeira, con cabezudos, na praza Maior.
20.00 h.
Pasarrúas Devandoira, Escola de Gaitas na praza da Soidade, rúa da Raiña e distintas zonas do centro.
20.00 h.
Concerto de Riobó e Treixadura co coro Cantigas e Agarimos,na praza Horta do Seminario.
21.00 h.
Pasarrúas de Folquiada pola praza Maior e a zona dos viños.

MARTES 6
19.00 h.
Pasarrúas Os Campeiros de San Xoán pola zona dos viños.
20.00 h.
Concerto de Milesios na praza de Santa María.
23.00 h.
Concerto de Liviao de Marrao na praza de Santa María.

MÉRCORES 7
20.00 h.
Pasarrúas de Cantareiros de As Regas pola zona dos viños.
21.00 h.
Concerto de Uxía + Narf na praza de Santa María.

XOVES 8
18.00 h.
Concerto “Música no camiño Primitivo” cos cantautores David Prado e Vizcaíno na praza Maior.

VENRES 9
20.30 h.
Pasarrúas de Reviravolta pola zona dos viños.
21.30 h.
Pasarrúas de Caivanca pola praza Maior, Campo Castelo e zona dos viños.

SÁBADO 10
12.30 h.
Pasarrúas de Andaina pola zona de Fonte dos Ranchos, zona Residencia, e Lamas de Prado.
18.00 h.
XIII Festival de Cultura Tradicional, organizado pola Asoc. Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María. Participarán os seguintes grupos: Asociación Cultural “Cántigas e Frores”, de Lugo. Asociación Cultural “La Trébede”, de Valladolid. Grupo de “Coros e Danzas Mancha Verde”, de Argamasilla de Alba, Ciudad Real.
20.30 h.
Pasarrúas de Pelexo de Ghaita pola zona dos viños.
21.00 h.
Pasarrúas da Charanga Madialeva polo recinto histórico e arredores.
00.30 h.
Pasarrúas de Pelexo de Ghaita pola zona dos viños.

DOMINGO 11
11.30 h.
XVII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico. Participantes: Airiños da Freba (Lugo), Encantiños do Ulla, Lestedo, Boqueixón (A Coruña), Estiño, Allariz (Ourense), Os Mecos do Grove, O Grove (Pontevedra), Os Viqueiras de Ordes, Ordes (A Coruña), Eudemónicas (Lugo), Folieiros de Lavadores, Lavadores, Vigo (Pontevedra), Grupo de gaitas Frouma, Oleiros (A Coruña), Tornaxeira, Comarca de Valdeorras (Ourense), Tumba e Dalle, Barreiros (Lugo), Os Campantes da Baña, A Baña (A Coruña), Pandereteiros de O Fiadeiro, Vigo (Pontevedra), Os Sin Son Gaiteiros, Silleda (Pontevedra).
13.45 h.
Sesión vermú dos Festicultores na praza do Campo.
20.00 h.
Pasarrúas da Asoc. Cultural de Gaiteiros “Os Valuros” pola rúa Nova, praza da Soidade e zona dos viños.
21.00 h.
Pasarrúas dos Estoupacaldeiros pola zona praza do Campo Castelo e arredores.
00.00 h.
Pasarrúas dos Estoupacaldeiros pola zona dos viños.
20.00 h.
Concerto Luar na Lubre na praza Horta do Seminario.


LUNS 12
18.30 h.
Pasarrúas Devandoira, Escola de Gaitas pola praza Maior.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos na Clave (Benigno vazquez, 19. Monterroso. Lugo)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Venres 18 de setembro - Narf
Venres 30 de outubro- Maghúa
Venres 13 de novembro - Caxade
Venres 27 de novembro - Xabier Díaz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



AS CORES DO OUTONO - II Encontro de Artes e Música na Pobra do Brollón

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 15 )


Sábado, 12 de setembro ás 21:00

Actuación de TREIXADURA, UXÍA, NARF E ALDAOLADO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía&Narf e Radio Cos no Var con Uve (Moaña)

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Venres 4 de setembro: Uxía e Narf
Sábado 5 de setembro: Radio Cos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NARF TRÍO EN PONTEVEDRA

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 15 )


Venres 28 de agosto, ás 23:30 h na Praza do Teucro de Pontevedra dentro do programa Brinca na Praza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI Festival Intercéltico do Morrazo

(texto engadido o día 24/ / 7/ / 15 )


24 e 25 de xullo no Concello de Moaña.

venres 24
23:30 Pedraquetiña
00:30 Riobó

sábado 25
23:00 Uxía e Narf
00.30 Roi Casal

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía & Narf presentan "As baladas da Galiza imaxinaria" - Compostela

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 15 )


Mércores 10 de xuño, ás 21h no Salón Teatro de Compostela

Dous grandes da música galega, UXÍA e NARF, publican en xuño de 2015 o seu primeiro disco conxunto: 'As baladas da Galiza imaxinaria' e ofrecen un concerto no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 10 de xuño.

Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros. Eles cóntano así:

"Na primavera de 2014 cantamos xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Polo camiño, fomos descubrindo que os nosos xeitos, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro. Foi así como recreamos, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos nosos respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz.
Entre conversas, encontros e concertos fomos debullando e compartindo a idea dun espazo emocional, que vai alén do puramente xeográfico, que latexa vivo e fértil, no interior de moitas almas espalladas por todo o mundo. Persoas que non beben necesariamente das mesmas fontes culturais, ou que nin sequera son galegas ou de ascendencia galega. Amantes do noso, sen máis. Habitantes da Galiza Imaxinaria.
Pensala desde calquera lugar ou sentimento, ou desde ópticas tan diversas como a curiosidade, a lembranza, a saudade, a esperanza, o descoñecemento, a crítica ou mesmo o desencanto é, dalgún xeito, facela real. Tamén cantala.
Gustaríanos que escoitarades as nosas 'Baladas da Galiza Imaxinaria' como un convite a transitar por este espazo inacabado do que tamén sodes parte. E que vos preste a viaxe".
Uxía e Narf
- Narf- Uxía Senlle -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4]


En 'Novas Relacionadas'



* Narf Trío presenta o sec oncierto sobre Rosalía no Colón

* Bos Amores. Narf. - YouTube

* Marful. Un concerto fóra do común

* Fundación Risco e empresas de Allariz ofrecen un ciclo musical

* Festa 25 aniversario da Casa das Crechas | Axenda cultural de Galicia en culturagalega.org. Exposicións, música, teatro, literatura, arte, cinema en toda Galicia


(mostráronse só as últimas recibidas)


Narf



Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre narf en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre narf en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]