Resultados para:

mostra
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21]

Novas que incluen 'mostra':


Tahúme (Riveira) presenta A mostra do Baile e da Música Tradicional
https://www.facebook.com/573634726070155/photos/a.577747612325533/1853323708101244/?type=3&theater
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 19 )


O sábado 29 de Xuño ás 21:30 na porta do sol (Praza da igrexa) teremos a nosa cita anual, na que levaremos a cabo unha mostra de música e baile tradicional de todas as seccións do grupo.
Non faltedes! Pasaremos lista!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

(texto engadido o día 20/ / 6/ / 19 )


I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (Portugal). Inscripcións: 25 €
🕔 19:30: Apertura do festival a cargo de Tiago Pereira (A música portuguesa a gostar dela própia): "A voz das mulleres no Camiño portugués". Charla: "O canto popular feminino na literatura galega", a cargo de Dorinda Castro e Uxía.
🕔 22:00: Concerto de Malvela. Convidadas: Kátya Teixeira, Celina da Piedade e Uxía.

📢 SABADO, 22 DE XUÑO:

🕔 10:00: Andaina para recollida de herbas de San Xoan a cargo de Adoa.
🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cantos tradicionais de Brasil con Kátya Teixeira. Inscripcións: 25 €
🕔 Mostra de artesanía local.
🕔 20:00: Foliada con Zaragateiras e Arume (Mos).
🕔 22:00: Concerto de Celina da Piedade (Portugal) e Kátya Teixeira (Brasil). Convidadas: Uxía e Ergutío.

Coa colaboración da SXPL (Política Lingüística), Deleite, Adoa, Malvela e o Concello de Mos.

Deseño do cartaz: Nicolás de la Carrera.
- Malvela- Uxía Senlle -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novedades Carminha e Dios Ke te Crew no Esmorga Dirt - San Xoan 2019 (Sarria)
https://www.facebook.com/events/669385436869262/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 19 )


Sábado 22 de xuño ás 12h
Praza da Vila, 27619 Sarria (Lugo)


O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoan en Sarria (Lugo) terá lugar un evento no que se mesturará gastronomí­a local, música, deporte e cultura urbana.
Todo o evento transcurrirá ubicado nunha fermosa praza pública da Vila, que consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer)

A festa arrinca durante a mañá con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros a través de varios monitores estas actividades durante todo o dí­a, dispoñéndose para os participantes franxas de práctica libre , sempre supervisadas por un monitor. (prestaranse cascos e taboas de skate para ceder os participantes)

Durante o almorzo, nunha das prazas, farase unha mostra de productos locais (varios negocios da vila presentarán productos da terra e poñerán a disposición un mercado para o que queira xantar ou degustar o producto local cociñado in situ) durante varios concertos nunha sesión vermú que contará ca participación de varios grupos de rock.
A media tarde darán comezo os entrenos de dirtjump, a Praza da Vila dividese en dous cunha liña de enormes saltos nos que entrenarán corredores de nivel profesional.

Durante estos entrenos poderase ver entre o público exhibicións de Flatlance para posteriormente dar comezo o concurso de saltos e Best Trick.

Despois da entrega de premios xa de novo na zona gastronómica poderemos asistir a un espectáculo de 1 hora a cargo de Grison Beatbox, campeón do mundo de beatbox, actualmente colaborador do exitoso programa de televisión “La Resistencia” presentado por David Broncano.

A finalización comerán os concertos no anfiteatro arrancando co considerado mellor grupo galego de Hip Hop : Dios ke te Crew, o grupo acaba de xuntarse tras un largo descanso e con novo disco volven máis fortes que nunca.

Tras o show de rap veremos un dos grupos galegos que máis destacan actualmente a nivel estatal: Novedades Carminha, esgotando a billeteira de salas como “Capitol” en Santiago e “La Riviera” en Madrid, culminará a noite do evento tocando tódolos éxitos da banda que tanta fama lle acada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019
http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/fiestas-de-san-juan-2019-73525
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 19 )


Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA 
Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización.

VENRES 21 DE XUÑO
18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.
18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional | Baile solto: xota con Gabi Reboredo e Martiño Malleiro. Música ao vivo. Actividade de balde, para todos os públicos, suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.
20 h a 21:30 h. Obradoiro de elaboración de vasoiras máxicas de xesta. Actividade de balde para todos os públicos.
22 h. Concerto de 'Carapaus'.
23 h. Sesión DJ a cargo de 'Jimmy Terribile'.
00 h.  Peche do espazo.

SÁBADO 22 DE XUÑO 
13 h a 01 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.
13 h a 15 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
13 h a 15 h. Música tradicional ao vivo.
17 h a 18 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
17 h a 18:30h. Roteiro e Obradoiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán. Saída dende a Ponte de Sar con finalización na praza de Mazarelos. Aforo 25 pax. Solicitude de inscrición previa en infosanxoansantiago@gmail.com indicando o día desexado para a realización do roteiro (sábado 22 ou domingo 23) ata o xoves 20 ás 00h. por correo electrónico, e a partir do venres 21 en Mazarelos dentro do horario do Festival. 
18 h a 19:30 h. Obradoiro de 'aturuxos', percusión e canto tradicional. Actividade gratuita para todos os públicos e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o venres 21 de xuño. Será necesario confirmar praza no Posto de Información cinco minutos antes do arranque da actividade.
19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional | Baile solto: muiñeira con Rebeca Tallón e Andrea Porto. Música ao vivo.  Actividade gratuíta para todos os públicos.
21:30 h. Contos de San Xoan a cargo de Celso F. Sanmartín.
22 h. Saída da Alameda da comitiva formada pola Raíña Alda e o seu séquito para levar o “Lume Sagrado do Pico Sacro” ata a praza de Mazarelos. Este acto simbólico, organizado coa colaboración do Concello de Boqueixón e a Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) recupera a celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais.
22:30 h. Chegada á praza de Mazarelos da Raíña Alda e do seu séquito co “Lume Sagrado” do Pico Sacro. O facho co “Lume sagrado do Pico Sacro” ficará dende o sábado en Mazarelos a disposición daqueles que queiran prender as súas fogueiras de San Xoán con el o día 23.
23 h. Concerto de 'Tres Pesos'.
00 h a 01 h. Sesión DJ a cargo de 'Bigote Mix'.
01 h. Peche do espazo.
DOMINGO 23 DE XUÑO (VÉSPERA E NOITE DE SAN XOÁN)
13h a 01h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Apertura do Mercadiño artesán con demostración ao vivo, Espazo Palleiro para peques e zona gastronómica Área Asardiñada. Entrada de balde.
13 h a 15h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
13 h a 15h. Música tradicional ao vivo.
17 h a 18 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos
17h a 01h. Circulación do Tren Cacharelo, dinamizado con música ao vivo, polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o CGAC con paradas en Avda. de Castelao, Avda. do Burgo das Nacións, Carballeira de San Lourenzo e Avda. de Xoán Carlos I. Actividade de balde, dirixida a todos os públicos e suxeita a dispoñibilidade e aforo limitado por traxecto (60 prazas aprox.) Entre as 17h e as 20h terán prioridade no servizo peques e acompañantes.
17 h a 18:30h. Roteiro e Obradoiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán. Saída dende a Ponte de Sar con finalización na praza de Mazarelos. Aforo 25 pax. Solicitude de inscrición previa en infosanxoansantiago@gmail.com indicando o día desexado para a realización do roteiro (sábado 22 ou domingo 23) ata o xoves 20 ás 00h. por correo electrónico, e a partir do venres 21 en Mazarelos dentro do horario do Festival. Actividade de balde, dirixida todos os públicos.
18 h a 19:30 h. Obradoiro de elaboración de ramiños de San Xoán. Actividade gratuíta para todos os públicos.
19:30h a 21:30h: Obradoiro de baile tradicional | Bailes agarrados con Luis Prego. Actividade gratuíta para todos os públicos.
22h. Concerto 'Fanfarria Taquikardia'
23 h. Conxuro con degustación de queimada.
23:15 h. Sesión DJ a cargo de 'Um Sincero, eletroverbeneo'.
00:30 h. Salto de cacharelas nos barrios para quitar o meigallo na noite máxica de San Xoán!
01 h. Peche do Espazo.

(*) Este programa é susceptible de cambios e pode sufrir adaptacións ou cancelacións.
EXPOSITORES DO MERCADO ARTESÁN:
 'Como pez en el agua': artesanía en esmalte, prata, fimo, feltro etc.
'Noga Arts': xoiería artística e de autor.
'Degerónimo': artesanía en corda.
'Ocarinas Paparolo': ocarinas.
'Sanín': instrumentos de percusión tradicional. 
'Artesanía Sonia Ares': xoiería en prata, vidro e esmalte.
'Susi Gesto': ourive (realizaranse demostracións ao vivo desta disciplina artesanal).
 
Promove e organiza: 
Concello de Santiago, a través de Turismo de Santiago.



CACHARELAS E ACTIVIDADES NOS BARRIOS

VENRES 21 DE XUÑO

Durante todo o día: Asoc. “Raigame”: Colabora co comercio da Zona Nova agasallando un ramiño de “Herbas de San Xoán” ás persoas que realicen as súas compras no Ensanche.
18h. en adiante: Centro Cívico “José Saramago” de Vite: Festa de “San Xoán”, festival de música e baile.
C. C. de Vite. C. C. “O Ensanche”: “Vernes en familia: na búsqueda das prantas de San Xoán polo rio Sarela”. Actividade gratuíta dirixida a familias con peques a partir de 5 anos. Inscrición no t. 981 543 001.

SÁBADO 22 DE XUÑO

Durante todo o día: Asoc. “Raigame”: Colabora co comercio da Zona Nova agasallando un ramiño de “Herbas de San Xoán” ás persoas que realicen as súas compras no Ensanche.
12h. en adiante: Asoc. “Francisco Asorey”: “Solsticio da Almáciga”. Música, sesión vermú, teatro, monicreques, churrascada e mercadiño. Prezos populares. Parque da Almáciga.
17h. en adiante: Asoc. “As Brañas de Andrés”, en Vite: Inchables para peques, mercadiño, verbena, sardiñas, baile con orquestra, cacharela para peques e cacharela adulta. Parque da música.
18h. en adiante: Asoc. “Sandra Prego Rial”: Inchables, sardiñada gratuíta (20:30h) e cacharela (00:00h). José Antonio Souto Paz.
19h. en adiante: Asoc. “Guadalupe A Ponderosa”: Sardiñada, cacharela e dúo musical. Parque Pablo Iglesias. Asoc. “Río Sarela da Peregrina”: Sardiñada. A Peregrina.
21h. en adiante. Asoc. “A Xunlla”: Sardiñada e música. Local Social. Rúa Rioboo. Asoc. “Marrozos”: Sardiñada e cacharela. Ardagán-Marrozos.

DOMINGO 23 DE XUÑO (VÉSPERA E NOITE DE SAN XOÁN)

11h. en adiante. Asoc. “Conxo Aberto”: “Buscando as herbas de “San Xoán”. Roteiro guiado polo botánico Martín Souto. Todas as idades. Inscricións e saída dende o C. C. de Conxo.
Asoc. “Espazo veciñal de Sar, CSA Casa do Peixe, Veciños de Sar e Barrio Xardín”: “Sar Xoán 2019”. Feira de comercio, artesanía, alimentación, librarías, arte e espazo infantil. Exhibición de kárate e ximnasia. Zumba participativo. “Obradoiro de coidado e mantemento de vehículos”
(12h.), animación de rúa a cargo de “Enxebres de San Lázaro” e “Exiliados de Fontenla”. Actuacións musicais: Sesión vermú con “La Sincereza”
(14h.), “Russinha” (15h.), “Abel DJ” (18h.), “Trío de Jazz” (20h.), “Furnier” concerto de despedida (21h.) e “Cálida Negra” (22h.). “Sarsódromo”, música e baile ás 17h.e ás 21h. Concurso de chave (19h.). Sardiñada (20h.) e cacharela (23h.). Barrio de Sar. Irmán Rei Alvite, Praza de Sar, Rúa do Olvido, Rúa de Sar e Ponte de Sar.
12h. en adiante: Asoc. “San Lourenzo e Carme de Abaixo”: Mercadiño, cacharelas, churrasco e música tradicional. Carballeira de San Lourenzo.
17h. en adiante: Asoc. “Maislume” presenta “Dubmingo SDC: Rototom Launch Party” coas actuacións de Nish Wadada, Ital Roots e Maislume Kolektive. Cacharela, comida e Soundsystem. Campo de fútbol de Sar.
18h. en adiante: Asoc. “Plataforma de Galeras”: Recollida de herbas de “San Xoán” e paseo polo Sarela. Saída dende a parada de autobús de Galeras. Asoc. “Veciños do Casco Histórico e San Martiño Pinario”: Sardiñada, churrasco e foliada. Ruela de Xerusalén.
19h. Asoc. “Praza de San Paio”: Sardiñada, churrasco e actuación do grupo musical “Son tres”. Praza de San Paio de Antealtares. Asoc. “Conxo Aberto”: Xogos populares e tradicionais, grupo de pandereteiras e gaiteiros “Asociación de Música tradicional de Conxo”, sardiñada, cacharela para peques, historia do conxuro da queimada, bebida de “San Xoán” para os peques con “Dulcinea e Eva”, gran cacharela e fogos artificiais. Praza Aurelio Aguirre.
20h. en adiante: Asoc. “Gentalha do Pichel”: Cacharela para peques, foliada e cacharela para adultos. Praza de Salvador Parga.
Asoc. “A Xuntanza”: Cacharela e sardiñada. Cruz de San Pedro.
Asoc. “Agora Galiza-Unidade Popular”: Cacharela e música tradicional galega. Chourizos asados con pan. Praza 8 de Marzo.
21h. en adiante: Asoc. Sta. Marta-Choupana “Vedesma”: Sardiñada e cacharela. Praza Escultor Ferreiro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Treboadas do Baixo Miño (Concello de Tomiño)
https://www.facebook.com/gaiteirosgalegos/photos/a.921049974649800/2261427640612020/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 19 )


Sábado 15 de xuño.

¿Cómo é a primeira gaita de barquín que apereu en #Tomiño e que foi recuperada?
¿Cómo se constrúen os bombos de #Treboada?
Este sábado descubrirémolo da man de #XerardoSantomé na última entrega dos #roteiros pola tradición musical da #PontevedraProvincia organizados pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra
Nel afondaremos na historia desta formación típica do Baixo Miño, visitaremos o obradoiro de Óscar Lobato (constructor de bombos de treboada ao xeito do afamado Pepe O Cesteiro de Estás) e veremos unha demostración práctica do xeito de interpretar treboadas a cargo da Asoc. Veciñal e Cultural de Pinzás, co mestre Mario Bautista e os seus alumnos e alumnas.

👉 Inscríbete de balde en roteiros.cultura@depo.ga

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro
https://www.facebook.com/events/1367316733392892/
(texto engadido o día 30/ / 5/ / 19 )


Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Música Tradicional nunha edición moi especial: a vixésima. Esta cita anual desenvólvese desde hai dúas décadas grazas ao traballo voluntario da Asociación Intercultural Santa Ferreña e centos de persoas que dan o mellor de si. Este ano quixeron celebrar a efeméride cun cartel moi festivo, coa Santa Ferreña presidindo unha mesa chea de delicias culinarias, espirituosas e, por suposto, musicais. Unha cea que, malia a semellanza co cadro de Leonardo da Vinci, nin será a última nin é tan austera, pois ben se ven a fartura e a alegría que enchen e arrodean a mesa.

O programa comeza como de costume coa sesión vermú, este ano xa desde as 12:30, que boa falta fai o tempo. A continuación terá lugar a procesión da Santa Ferreña acompañada polos papamoscas de Viravolta. Antes terá lugar a disputada poxa das andas, cada ano máis cotizadas. Como novidade, este ano celebrarase un Clamor e cerimonia solemne cos oficios correspondentes, contando coa presenza da xa coñecida coca.

Da romaría veño

Como cada ano, poderase visitar durante todo o día unha exposición centrada na nosa cultura popular tradicional. Este ano, grazas ao Museo do Pobo Galego, poderase ver un petisco da que se estará a mostrar ao mesmo tempo no Museo: “Galicia Máxica. Romarías e Santuarios. Gustav Henningsen: Fotografías etnográficas 1965-1968”, que recolle imaxes dos santuarios galegos e os seus devotos e devotas. O público poderá achegarse a ritos coma romarías, peregrinacións, exvotos, rituais máxicos e curativos que se espallan por todo o país. A mostra contará coa presenza dos títeres de Viravolta, compañía promotora do desafortunadamente desaparecido Museo da Marioneta, Casa do Títere de Lalín.
O xantar popular ofrece empanada, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño ou auga e café “con gotas”, por 16 euros. Non ha faltar a feira de artesanía (instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres), e, xa pola tarde, para facer a dixestión, a parte de botar unhas bailas, haberá xogos tradicionais con Xandobela. “Eira Xandobeleira” é unha ludoteca itinerante con xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

Coma sempre, o programa dos Encontros consiste en encontrarse e compartir: no patio do mosteiro atoparase o “Recuncho do tocar”, para todos os músicos e músicas que queiran botar unhas pezas nun espazo recollido. Xa á tarde, Celso F. Sanmartín, “Celsiño”, contador lalinense que leva ben anos investigando na tradición oral, achega unha sesión de contos titulada “Santa Paciencia”, na capela do mosteiro. Como cada ano, acompañarán ás xeracións máis novas experimentados/as tocadores/as e bailadores/as de Mondariz, Tordoia, Asados, Zobra, Arzúa ou Muíño de Zas. E xa ao que se vaia facendo noite, seguirá a foliada... Ata que o corpo aguante.

Desde a Asociación Intercultural Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro insisten en que esta festa é posible grazas ao traballo desinteresado de moita xente, para o que agradecen a colaboración de todas as persoas asistentes. Para sufragar os gastos cóntase coa propia cantina da festa e cunha pequena achega do Concello, así que convidan a quen queira manter viva esta festa a colaborar, e remarcan a importancia do respecto pola festa tal e como é, sen viren ao caso “picadiscos” espontáneos ou xeradores eléctricos para desenvolver outro tipo de festas. Así se presenta unha nova edición (a vixésima xa!) dos Encontros. Como di a Santa Ferreña... Viva a xuventude e a xente vella que non morra!


XX ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
1 DE XUÑO DO 2019 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

11:30h. Saída da peregrinación da Bandeira a Carboeiro (punto de encontro: parque infantil)

12:30h. SESIÓN VERMÚ

Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA acompañada polos papamoscas de Viravolta. Clamor e cerimonia solemne. Haberá coca.

APERTURA DA EXPOSICIÓN: 'DA ROMARÍA VEÑO'

“Galicia Máxica. Romarías e Santuarios. Gustav Henningsen: Fotografías etnográficas 1965-1968”,, acompañada polos títeres de Viravolta .

FEIRA DE ARTESANÍA: con instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...

XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño/auga, café e ghotas -16€)

DURANTE ATARDE:

'EIRA XANDOBELEIRA' Xogos tradicionais para todas as idades con Xandobela.

'RECUNCHO DO TOCAR' no patio do mosteiro.

'SANTA PACIENCIA' Contada de Celsiño F. Sanmartín .

E ao que se vaia facendo noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
santaferrenha@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa Amanexa en Dexo (Oleiros)
https://www.facebook.com/events/1996118883829785/
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


O vindeiro 25 de maio celebramos o noso festival, asi que reservade ese día nas axendas que non volo podedes perder.
Comezaremos a tarde coas actuacións:
- Airiños de Fene
- A.C.F O Pedrón
- A.C. O Amanexo
Poderemos encheremos o bandullo na churrascada e despois a tocar, cantar, bailar e disfrutar toda a noite na FOLIADA.
Durante toda a tarde poderemos disfrutar dunha mostra de artesanía da man de Zeltia ao Aire, Lucecús e Carracucarte.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)
http://www.noitedefiadeiro.com/p/programa_7.html
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Sábado 11 de maio dende as 17:30h
Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos
Mostra de Oficios Artesáns
- Animación de rúa
- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s
Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo
As tamancas a escala – Tango Zapateiro
Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary
Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Ramirás
19:00 h. Chamada á festa PASARRÚAS de Xigantes e Cabezudos

19:30 h. o FIADEIRO CATIVO con escolas de música tradicional

21:00 h. XII+I Noite de FIADEIRO

E moito, baile e troula ata que os pés aguanten !

Durante toda a noite teremos CONCURSOS, SORTEOS e algunha que outra SORPRESA a maiores.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 19 )


Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.
Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Aperta: Percusionistas e tabolireiros [16:30h] , e Peter Punk [17:30 ]) e ANIMACIÓN INFANTIL para xa rematar a festa sementando @s nen@s o millo na leira que se labrou de mañán [18:30h].

Ademáis haberá durante todo o día un OBRADOIRO DE CERÁMICA onde poderá participar tod@ aquel que o desexe, unha MOSTRA ETNOGRÁFICA, MOENDAS no muiño da Regueira (situado a carón da festa), mostras de ARTESÁNS, venda de produtos do campo, POSTOS DE ARTESÁNS, e unha GRANXA con animais do rural.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mercado de Primavera do Valadouro

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Venres 22 de marzo, dende as 21h

Pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.
Concerto de Miro Casabella coa banda de gaitas Dambara.
Xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar
Inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘
Concerto a partires das 23h de Cuarta Xusta e Zënzar.


Sábado 23 de marzo dende as 10h

Segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.
Ás 11.30 desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amenizarán a sesión vermú.
Pola tarde haberá actividades para nenos e Festicultores Troupe e La Charanga Mekánica porán ritmo á espera dos concertos, desde a medianoite, de Susana Seivane e Ruxe Ruxe.


OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais, haberá outras actividades, como demostracións de oficios, escaparates tradicionais ou ruta de tapeo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro en Tomiño

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 19 )


Sábado 23 de febreiro ás 22h no Auditorio de Goián

O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla).
A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Cantigas de Elena na Arca da Noe (Vilar de Santos)
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/photos/a.771845476213668/2179695755428626/?type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 12/ / 18 )


15 de dezembro, às 22h00,chegam à Arca, As Cantigas de Elena. Maravilhaaaaa!!

As Cantigas de Elena é um projeto que recompila melodias recolhidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de julho de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena lembrava multidão de melodias, algumas delas muito antigas, e as cantava de um modo irrepetível. Numa sobremesa de jantar de Natal de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González decidiram que as formosas melodias que conservavam de Elena não podiam permanecer mais tempo no esquecemento. Assim nasce o projeto As Cantigas de Elena.

O propósito deste trabalho é mostrar como eram as sessões musicais de Pipo Alvariño com a sua avó Elena: uma voz, uma guitarra e um acordeão. Deste conceito partem os arranjos musicais, composições e produção, que pretende transmitir a essência do canto tradicional de Elena que tão bem representa a voz de María Vidal.

Também participa neste projeto o engenheiro de som dos prestigiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), três vezes ganhador dos Latin Grammys, Caco Refojo, irmão de Pipo Alvariño.

Para realizar estas melodias e o acompañamento musical, Pipo e Caco perceberam que a gravação deveria fazer-se ao vivo, aproveitando a excelente qualidade de som que só PKO Studios pode oferecer, e assim transmitir o carácter das canções do modo mas fiel possível.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Cantigas De Elena Na Cosechera (Lugo)
https://www.facebook.com/events/195063801425930/
(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Sábado, 24 de novembro

AS CANTIGAS DE ELENA

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.
Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podían permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As cantigas de Elena.
O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parte a produción, os arranxos musicais e as composicións, que pretenden transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.
Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latín Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño. Para realzar estas melodías e o acompañamento instrumental, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería realizarse ao vivo aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións do xeito mais fiel posible.

PIPO ALVARIÑO
Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo, Pipo é o produtor do proxecto. O encargado de vertebrar os arranxos e as composicións orixinais coas melodías tradicionais. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Pontevedra e dende moi novo comeza a tocar a guitarra en diversas agrupacións e grupos musicais. Compoñente da banda de folk Pepe Vaamonde Grupo dende o ano 2002 como guitarrista e arranxista. Actualmente compaxina esta labor de intérprete, arranxista, produtor e compositor coa docencia.


MARÍA VIDAL
Licenciada en Xeografía e Historia pola USC e Graduada en Historia da Arte pola UNED, María e a alma do proxecto, unha das mellores interpretes de música tradicional galega e a cantante favorita de Elena. No ano 1992 comeza a dirixir diversas agrupacións folclóricas e actualmente é directora do grupo de pandeireta Seixebra de Moraña (Pontevedra), do grupo de pandereteiras Riscadela de San Xoán de Calo (Teo, A Coruña), do grupo de Pandereteiras dos Trazantes de Tenorio (Pontevedra), directora de pandeireta para adultos na Asociación Cultural Folclórica Trompos ós Pes de Marín e directora do grupo de pandereteiras Trébede. Tamén forma parte do grupo de música tradicional Vilarachos ademais de impartir numerosos obradoiros de canto e pandeireta.
Colaborou en varios traballos discográficos de grupos como Pepe Vaamonde Grupo, Ardentía, Rumbadeira ou Trompos ós Pes.

MIRYAM GONZÁLEZ
Profesora de acordeón polo Conservatorio Superior de Barcelona e mestra na especialidade de Música pola Universidade de Oviedo, Miryam é o contrapunto perfecto das melodías tradicionais de Elena. Comeza a tocar o acordeón aos sete anos na Escuela Municipal de Música de El Franco (Asturias), escola que acabará dirixindo. Impartiu docencia en varios conservatorios e escolas de Música. Na actualidade compaxina a súa faceta de acordeonista coa de mestra de educación musical.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Enredadas: Martirio, Uxí­a, Carmen Parí­s e Ugia Pedreira, en A Coruña

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 18 )


Xoves 22 de novembro no Teatro Colón A Coruña

O jazz flamenco de Martirio Página Oficial, a voz atlántica de Uxí­a, a forza maña de Carmen Parí­s e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artí­stica das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais”¦

Dirí­ase que son almas xemelgas de universos culturais diferentes, o que fará que o espectáculo sexa unha festa da música de raiz e da irmandade.

Un espectáculo único que nos mostrará a catro mulleres que souberon depurarse, reinventarse a si mesmas para ofrecerse reais e verosí­miles.

Con Sérgio Tannus e Marcos Teira nas guitarras.

ENTRADAS en ticketea

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto no Gaiás (Compostela)
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/magosto-no-gaias-2018
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 18 )


Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo protagonista da actuación musical e Premio Martín Códax da Música Tradicional e Folk 2018. Todo un luxo de mestre!

Este recoñecido músico actuará no Magosto no Gaiás acompañado de Aliboria, grupo de percusión que reinventa os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas vocalistas con novos arranxos nos ritmos tradicionais cheos de forza, raza e terra.

Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores e sachos perfectamente conxunguidos no Gaiás con cantos, aturuxos, bailes, diversión e a enerxía das castañas, grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia. Agardámosvos nesta xornada festeira, na que contaremos cunha pequena mostra da variada familia de instrumentos de percusión galegos que non só poderedes ver, senón tocar!

PROGRAMA

19h. Obradoiro de tarrañolas (Previa adquisición de entrada). Obradoiro para todos os públicos. A participación de menores de idade está supeditada á participación tamén dun dos seus titores legais, o que implicará a adquisición dunha entrada para cada un.
20h. Apertura de portas. Degustación de castañas. Mostra de instrumentos de percusión tradicional (ata ás 20:30)
21h. Concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa musical do San Froilán (Lugo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151464
(texto engadido o día 5/ / 10/ / 18 )


PROGRAMA



Xoves 4 de outubro de 2018



21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón.

21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raí­ña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade

21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa Marí­a

22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquí­n Xesteira e Rodrigo Romaní­, na pr. Horta do Seminario

23.30 h Verbena coa orquestra Panamá na pr. Maior

00.30 h Noite Sabinera a cargo de La Penúltima na pr. de Santa Marí­a

00.45 h A Duendeneta na pr. da Soidade



Venres 5 de outubro de 2018



12.00 h Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Albeiros e As Gándaras

12.45 h Concerto de Lucus Ensemble + Pilocha + Lis Latas na pr. de Santa Marí­a

13.00 h Sesión vermú a cargo do grupo Skintinght na Rinconada do Miño

13.00 h Os Pelúdez entre nós pola pr. Maior e o Recinto Feiral

13.00 h Pasarrúas de Devandoira infantil pola pr. Mártires de Carral, Rúa Dinán e Rúa San Roque ata Montirón

13.00 h Pasarrúas da charanga Os Amigos de Manolo por Recatelo, Puro Cora, Vila de Foz e Recinto Feiral

13.30 h Sesión vermú a cargo de Vrásica no Campo Castelo

19.00 h Verbena galega d’antes. Ven a aprender a bailar con Xabier Iglesias, coa actuación de Airiños da Freba e os Danzantes do Xeito. Caracterí­ate dos anos 40/50!

19.00 h Pasarrúas da charanga A Excusa por Recatelo, Puro Cora e Recinto Feiral

19.00 h Pasarrúas da charanga Garrafón.com pola pr. Mártires de Carral, San Pedro, rúa Progreso, San Marcos e Ruanova

19.30 h Pasarrúas de Airiños de Orzabai pola avda da Coruna, desde a Medusa, polas pr. Viana do Castelo e Agro do Rolo

21.00 h Concerto de La M.O.D.A. na pr. Horta do Seminario

22.00 h Espazo Hip Hop na pr. da Soidade, con Greensoul (teloneiro), CTX e Tekilas, The crossroads music e artistas de Capsule Corp (Happy004, KrK002, Karba e Sad Gonsales) Peche do Espazo coa actuación dos Dj Jako Robe e Miguel Palacios ás 01.00 h

23.30 h Concerto de Zenet na pr. de Santa Marí­a

00.45 h Os Festicultores e Louband polo recinto histórico



Sábado 6 de outubro de 2018



11.30 h IX Desfile de Gando San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, pr. da Constitución, Campo Castelo, pr. Maior e Bispo Aguirre. Grupo acompanante Raí­ces do Campo

12.00 h Pasarrúas de Antaruxas e Sorteiros pola avda. Ramón Ferreiro, Rodrí­guez Mourelo e rúa Puro Cora

12.15 h Pasarrúas da charanga Son do Miño por Quiroga Ballesteros, pr. da Soidade,Tinerí­a, rúa do Mino, pr. do Campo e zona dos vinos

13.00 h Actuación da escola de música Fábrica de Sons na pr. do Cantiño

13.00 h Sesión Vermú de West Side Bones na pr. da Soidade

17.00 h XVI Festival de Cultura Tradicional, organizado pola asociación cultural Cantigas e Frores Participan: Grupo Etnográfico de Areosa (Viana do Castelo-Portugal) e Asociación Etnográfica Don Sancho (Zamora)

18.00 h A Duendeneta no Campo Castelo

18.30 h Pasarrúas de Arrincadeira Folk pola rúa San Marcos, Bolano Ribadeneira, rúa San Froilán e Ruanova

20.00 h Pasarrúas de Treboada pola rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal e Praza de Abastos

20.30 h Concerto de Hombres G na pr. Horta do Seminario

22.30 h Concerto de Javiera Mena na pr. de Santa Marí­a

23.30 h Verbena coa orquestra La Favorita na pr. Maior

00.00 h Noite electrónica con: Galician Army, Manu Chady, Frisco & Marcos Peón, na pr. de Santa Marí­a



Domingo 7 de outubro de 2018



11.30 h Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico. Participan: Abertal (A Rúa), A Volta do Agro (Lugo), Arume (Boiro), Banda de Gaitas Son da Chaira (Terra Chá), Caivanca, Cántigas e Frores e Folquiada (Lugo), Lagharteiras (Mos), Os Campantes da Baña (A Bana), Os de Algures (Pontevedra), Reviravolta e Xaora (Lugo)

12.30 h Ofrenda floral a Rosalí­a de Castro por parte de Paloma Lugilde coa participación dos Xí­lgaros de Lugo + Lulavai

12.30 h Pasarrúas de Pelexo de Ghaita dende a porta de Santiago, pola rúa Santiago e Calzada da Ponte

12.30 h Pasarrúas dos Valuros pola rúa Adolfo Suárez e Sagrado Corazón

12.30 h Pasarrúas de Abrente pola pr. da Milagrosa, Camino Real, rúa Mallorca e Av. da Coruna

13.00 h Actuación de Lulavai na pr. de Santa Marí­a

13.30 h Sesión vermú a cargo de Lacón con Grelos na pr. da Soidade

17.00 h Concertos das Bandas Música: Agrupación Musical do Rosal + Banda municipal de Sober

17.30 h XX Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas coa Asociación de Gaiteiros Galegos polo recinto histórico

20.30 h Concerto de Rozalén na pr. Horta do Seminario

22.15 h Concerto de Nathy Peluso + Big Menú na pr. de Santa Marí­a

23.00 h Verbena coa Banda Gaudí­ na pr. Maior



Luns 8 de outubro de 2018



12.00 h Pasarúas das Vikingas pola rúa Progreso, Raí­ña, San Marcos, pr. de Ferrol, Campo Castelo, San Pedro e Mártires de Carral

13.30 h Sesión vermú con Los Alcántara na pr. de Santa Marí­a

17.30 h Sesión de tarde coa orquestra Breixa Band na pr. Maior

18.30 h Os Pelúdez entre nós na sesión de tarde da pr. Maior

18.45 h Cultura e tradición no Camiño na pr. Cantiño Nemesio Cobreros, actuación musical a cargo de Branca Villares

20.00 h Pasarrúas da charanga Terra Chá pola Ruanova

21.00 h Concerto de Adrián Vigo na pr. de Santa Marí­a



Martes 9 de outubro de 2018



11.30 h Pasarrúas da charanga Viño Branco pola rúa Quiroga Ballesteros (Mercado Municipal e Praza de Abastos) e Santo Domingo

16.00 h Actuación de Bruno Villamor

19.00 h Pasarrúas dos Campeiros de San Xoán do Campo polas rúas Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa Doutor Castro, pr. Maior e Bispo Aguirre

20.00 h Concerto de Barbarian Profhecies, na pr. da Soidade

21.00 h Concerto de Foolmakers + The Shakers, na pr. de Santa Marí­a



Mércores 10 de outubro de 2018



11.30 h Pasarrúas da charanga Ardeyukú polas rúas San Marcos, Santo Domingo, Doutor Castro, pr. Maior e Bispo Aguirre

18.30 h Actuación musical a cargo de Davide Salvado no Cantiño Nemesio Cobreros

19.00 h Pasarrúas de Nubeiro pola Fonte dos Ranchos, Castineiro e Lamas de Prado

20.00 h Pasarrúas de Son de Lugh por Puro Cora, Recatelo e Recinto Feiral

21.00 h Concerto de Lucí­a Pérez + Vizcaí­no, na pr. de Santa Marí­a



Xoves 11 de outubro de 2018



11.30 h “Camiño ao contar” con Lois Pérez Dí­az e Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Oleiros, dende Porta San Pedro ata Porta Miñá

12.00 a 20.00 h Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina no Cantiño Nemesio Cobreros cos seguintes obradoiros: Bastidor para nenas/os e na, estrutura do tapiz (Inés Rir), Demostración do antigo oficio de zoqueiro (Alberto Geada), Exposición e obradoiro de construción de corozas (ívaro M. Leiro). Actuación musical durante todo o dí­a a cargo do Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Oleiros, con pezas tocadas, cantadas e bailadas da provincia de Lugo

13.00 h Sesión vermú de Kimuru na pr. do Campo Castelo

17.30 h Inicio do XIII SANFROIDANCE na pr. da Soidade

Nastasia Zürcher (17.30 h)

Escandaloso Xpósito & Hartosopash (18.30 h)

Soulmakclein (19.15 h)

Ganjahr Family (20.00 h)

Ms Maiko (21.10 h)

Karmasound (22.10 h)

Jotamayúscula (23.10 h)

Kron & Soto (00.20 h)

Dj Tillo (01.30 h)

Evento conducido por Narci Rodrí­guez acompanado polo artista visual VDJ Doble K

20.30 h Pasarrúas de Entre Lusco e Fusco polas Fontinas e Montirón

20.30 h Pasarrúas da charanga Malo Será por Augas Férreas, estrada da Granxa, Campos Novos, Alfonso X e Acea de Olga

21.00 h Os Pelúdez entre nós pola zona dos vinos

21.30 h Concerto de Heredeiros da Crus. Teloneiros: Wicked World (20.00 h) na pr. Horta do Seminario

22.45 h Fanfare Ciocarlia na pr. de Santa Marí­a

00.00 h Verbena coa orquestra Cinema na pr. Maior

00.30 h Os Festicultores polo recinto histórico zona dos vinos, rúa do Mino e Tinerí­a



Venres 12 de outubro de 2018



12.00 h Pasarrúas de Devandoira polo recinto histórico

12.30 h Actuación musical no Cantiño Nemesio Cobreros a cargo do Grupo de Zanfoñas da Tradescola

13.00 h Sesión vermú da orquestra Pontevedra na pr. Maior

13.30 h Sesión vermú dos Parentes na Rinconada do Miño

16.00 h Actuación musical dos Xí­lgaros de Lugo no Cantiño Nemesio Cobreros

18.30 h Pasarrúas de Meigas e Trasgos polo recinto histórico

19.00 h Actuación de Habelas Hainas na pr. da Soidade

20.30 h Concerto de Marky Ramone + Pussy Riot, na pr. Horta do Seminario

23.00 h Concerto de Myles Sanko “a voz revelación do Soul” na pr. de Santa Marí­a

23.30 h Verbena coa orquestra Pontevedra na pr. Maior



SAN FROILíN MIíšDO 2018



SíBADO 6



13.00 h Musicreques: “Contacontos musicais”

19.00 h Música Xoán Curiel: “A Casa do Terror”



DOMINGO 7



19.00 h Música. Paco Nogueiras: “Radio Bule Bule”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Campás e campaneiros (A Fonsagrada)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1811041115678513&set=a.1037412646374701&type=3&theater
(texto engadido o día 28/ / 9/ / 18 )


Sábado, 29 de setembro.

16:30.-Museo Comarcal
Presentación do libro "A Linguaxe das campás. Etnografía dos sinos"

17:30.-San Martiño de Suarna
Comezo da demostración dos toques das campás por Roque Santamarina Fernández, campaneiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ciclo DOCE: Garcí­a MC e Dj Mil Alto Asalto en A Coruña

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


Sábado, 22 de setembro ás 22h na Sala Mardi Gras

Anticipada 8€ (Descontos dispoñibles para músicos e colectivos de Hip Hop en enradas@salamardigras.com ). Billeteira 10€
Entrada de menores consultar en: salamardigras.com

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen forzas neste show único e irrepetible na Mardi Gras da Coruña para conquistar, como acostuman, a un público que non é exclusivamente amante do Hip Hop e está aberto ao mundo musical.

ALTO ASALTO toma pulo dende o máis fondo e lúgubre Hades compostelán. Berran contra as elites e tinxen de rimas escuras as cancións bélicas que loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quenes non o tiveron nada doado. Así MouDaFaKa e Riajos GatoPersa, coas mesturas, rañadas e picadas de pratos de Mestre Pi e a produción de Mourone (Dios ke te Crew), creador das atmosferas musicais, que axudan a debuxar a alma do rap hiperdimensional e fan de nexo ca criatura social que queren amosar en “Soños e Quimeras”, xúntanse para obralo milagro.

Todos coñecen de primeira man as trampas do mundo laboral e da política que asolagan Galiza, saen da cova para cazar o espírito primixenio do rap e vomitalo coas súas voces, a de ultratumba de MouDaFaka e a aterciopelada de Riajos GatoPersa, e mostrarlle ao mundo que a música segue a ser o xeito máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as infamias.

O novo disco, “Soños e quimeras” é, ademais da creación dun novo mito, a representación cultural dunha loita que traen do inferno para deleitar a quen busca cancións para saír dunha realidade anestesiada e verse inmersos nunha guerra dialéctica que dará que falar. Rap galego e en galego para levar a terriña, Galiza, e os seus conflitos, fóra dos límites e das fronteiras que só os necios parecen respectar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)
https://carreiros.blogspot.com/2018/09/noite-de-musica-tradicional-en-ouzande.html
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.
Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas.Na actualidade, os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.Mostran o seu traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistiron ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorí as.Anualmente realizan un festival no seu concello, ao cal invitan a grupos cos que fan intercambios polo resto do paí s e Portugal.

Grupo de gaitas da AC Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)
Asociación Fundada no ano 1980. O grupo de gaiteiros e pandereteiras conta no seu haber coa obtención, entre outros, dos seguintes premios:Concurso de cuartetos organizado pola Asociación Folklórica Cantigas e Agarimos: 1º premio nos anos 1990 e 1992, e 2º premio en 1991.Concurso de cuartetos tradicionais organizado pola Agrupación Folklórica Rosalí a de Castro de Padrón: 2º premio en 1996 e 1º nos anos 1997 e 1998.         Concurso “Ricardo Portela” organizado polo concello de Pontevedra: 3º premio e premio especial á mellor interpretación en toque pechado, na edición de 2001.         Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 1º premio en 1999, 3º en 2000 e 2º en 2001.         Concurso “Alalᔠda A. F. C. Santa Cruz de Ribadulla (Vedra): 1º premio en 2001.Concurso organizado pola A. X. Xalgarete (Vigo): 2º premio na VIII edición, ano 2002.

Grupo Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa intención de homenaxear á muller en calquera das súas facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da poesí a.Os seus compoñentes actuais son:Marcos Varela.Compositor, arranxos, acordeón, gaita e piano.Xosé Martí ns. Letrista, percusión, gaita e voz.Patricia Quintela. Acordeón e voz.Clara Ponce. Clarinete.Musicalmente nútrense de pezas do repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música popular do seu paí s; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.Recentemente publicaron o seu primeiro traballo discográfico, co mesmo nome que o grupo: Nai.

Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional. No ano 2016  presentaron o seu segundo disco DOUS, no Teatro Principal da Estrada.

Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou desde aquela en foliadas e certames de cantos de Taberna en Pontecesures, Trazo, Arzúa, A Estrada ou Santo André de Vea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA Popular Froles Mareliñas (Chapela. Redondela)
http://www.facebook.com/283277432397949
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro ás 11:00h

A.C. Sadeo
Os Carunchos
Froles Mareliñas
Naicosqueira
E ao remate Foliada Popular


------------

Coma tódolos anos celebramos a festa popular da nosa asociación.Será o Sábado 8 de setembro e terá lugar na Alameda Rosalía de Castro (en Chapela).
RESERVA XA O TEU MENÚ, NON QUEDES SEN ÉL (Churrasco, cahelos, pan e unha bebida) mercando o tique por un módico precio de 10€ na oficina de Seguros Soto ou na Cafetería Kima, ou no teléfono 687-382-508

Este ano teremos,

Unha mostra de balonmán
Mostra de boxeo
A partir das 12:00 MEXILLÓNS GRATIS coa túa consumición
Un xantar popular a base de churrasco, cachelos, pan e bebida.
Xogos populares
E por suposto actuacións musicáis .

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21]


En 'Novas Relacionadas'



*

* A importancia de festivais como O Son do Pazo na cultura galega

* Música orquestral e imaxes 3D para contar a nosa historia

* A AELG organiza un recital de coplas de entroido - Sermos Galiza

*


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre mostra en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]