Resultados para:

metal
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'metal':


The Barbarian Prophethies en Sarria venres 09 de frebeiro ás 23:00
https://www.facebook.com/buril.acde.50
(texto engadido o día 22/ / 1/ / 18 )


A banda luguesa de Deth Metal The Barbarian prophethies tocarán o vindeiro venres día 9 de frebeiro nas instalación de Sarria da Asociación Buril ACDE.
A apertura de portas como ven sendo habitual terá lugar ás 23.00 o custo da entrada será de 3€

Noticia enviada por Buril

- Dethmetal- Sarria- Lugo- Avanteburil- Metal- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nunca Máis Fest: Vigo

(texto engadido o día 1/ / 12/ / 17 )


Venres 1 de decembro ás 19:30h
Transylvania Metal Pub Vigo.
Rogelio Abalde nº16.
Vigo.

Nunca Máis Fest é unha iniciativa espontánea que xorde de diversos músicos da cidade de Vigo de querer facer o que mellor saben para axudar a todas os damnificados polos incendios que arrasaron os montes de Galicia o pasado mes de outubro e que deixaron desolación e mortes ao seu paso.

Día 1 de decembro ás 19.30 h
- Sparkle Queens
- Martillo
- Lapsus Mentis
- Dioivo
- Iron Hunter
- 1987
- You Dog

Día 2 de decembro ás 21.00 h

- Os Vacalouras
- Terader
- Lethal Vice feat Isma
- Zona Zero

O prezo da entrada será 6€ cada día ou 10€ os dous días e senón podes asistir e queres colaborar connosco dispoñemos dunha fila 0 en Woutick! en https://goo.gl/K5fYGD

Os fondos recadados serán destinados a C.V. Changrande de Freixo que os investirá para facer un cinto verde con árbores autóctonas para o que xa están a preparar terresos para facer de viveiros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festigal 2017 (Compostela)
http://festi.gal
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


A xornada do 24 de xullo comeza cunha sesión de DJ con Bigote Mix; Son da Rúa, composto por Álex Arnoso e Hugo Guezeta, de Ponteareas, que foron os gañadores do concurso “Novos Valores”; Os Amigos dos Músicos, con folk-rock inspirado na canción protesta; Guadi Galego presentará o seu último traballo “O mundo está parado”; actuará Nao como banda de referencia do rock galego e Raiba que traerá o seu último disco “Marxinación” de rock-metal con letras reivindicativas.

O 25 de xullo aposta en feminino no café concerto cunha exhibición de regueifeiras por cortesía da asociación Oral. O punto máis cómico e desenfadado virá da man de Isa Risco, co seu espectáculo Nabiza Girl, “quen sen dúbida nos fará rir coa historia desta superheroína rural galega”. No apartado musical, o público poderá descubrir o proxecto de Áureas “En Voga”, o que será un concerto-espectáculo “co que viaxaremos ás músicas dos anos 20, coas que poderemos bailar en pleno século XXI cos ritmos das nosas avoas e avós traídos aos nosos tempos”. Rematará coas potentes voces das Tanxugueiras, chegadas desde a zona de Teo e da Barbanza e que son xa un dos grupos revelación da música tradicional galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fasenuova + Emilio José en A Coruña

(texto engadido o día 20/ / 6/ / 17 )


Sábado 24 de xuño ás 20:30h
Nave 1839 · Centro Social Autoxestionado.
Estación de Tren.
A Coruña.


Unha xoia exclusiva para a xentiña á que non se lle vaia a man con ese monstruo masivo e invasivo que é a noite de San Xoán en Coruña. A electrónica oscura de Fasenuova forxou, á beira de Óscar Mulero, o seu LP “Aullidos Metálicos” (Humo, 2016), “a banda sonora da cidade xigante, decorada polos Humanoides Asociados, onde viven homes libres, neuromantes e ciborgs alucinados”. Acompáñanos Emilio José presentando o seu novo traballo, “Nativos Digitais”, unha nova magna obra de 64 temas que mesturan en capas e capas electrónica, política, rap e experimentalidade. Combo irrepetible, ocasión única, en medio da gran resaca anual da cidade. Xa tes a información; as decisións, coma sempre, son túas.

https://somoshumo.bandcamp.com/album/fasenuova-aullidos-met-licos-lp
https://emiliojose.bandcamp.com/album/nativos-digitais-mixtape

Portas 20:30 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 € | A Nave 1839 é unha asociación cultural, e todas as súas actividades son exclusivas para persoas socias, máis información en www.nave1839.org

Cartaz: Jano Ilustra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala Eclosom (I certame de músicas Emergentes do Pichel) - Compostela

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 de abril ás 09:00h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Após vários meses já chega a noite aguardada! os tres grupos finalistas (Os meninos, Mulheres na batida e Soul Maxin) actuarám e teremos grupo ganhador do prémio em metálico de 300€ e de formar parte do cartaz da Festa do 17 que se fai o 13 (isso que para nós todos os grupos som ganhadores). A gala terá lugar o sábado 29 às 22h00. Haverá petiscos e a entrada será debalde. E contaremos com a selecçom musical de DJ Sento.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Taiña XIV en Goián (Tomiño. Pontevedra)

(texto engadido o día 24/ / 2/ / 17 )


Sábado 25 de febreiro
Praza de Goián (Tomiño)


SONIDO VEGETAL
O septeto granadino arranca unha nova etapa na que reinventa seu son e vai máis alà da etiqueta “Gypsy Punk” coa que se deron a coñecer co seu segundo álbum “Las Bases del Razonamiento”. Para o terceiro álbum da súa carreira, Sonido Vegetal contou coa producción de toda unha lenda, Martin Glover.
Dende o Sur de Andalucía como punto de partida, este “Carromato Punk” transpórtanos por un mundo pseudo-surrealista cheo de vida e locura, vacílanos con rimas e poesía, lévanos por chairas núas como súa filosofía, e encandílanos con rítmos que galopan salvaxemente. “Carromato Punk” envólvenos e fainos voar, con sonoridades festivas e coros hipnóticos que queren bicar o ceo. Un tema cheo de actitude punk, de texturas electrónicas, espiritú xitano, aroma fronteirizo e flow Mediterráneo.
Marcando os cuatro puntos cardinais, os ziriés mestizos déixannos con esta brúxula sonora que reventa no corazón e pérdenos no universo de Sonido Vegetal.


A COMPAÑIA DO RUIDO
é unha banda galega que nace no ano 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “O Punchi must go on”.

“A Compañía” está integrada por cinco persoas con diferentes traxectorias musicais que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

A selección da instrumentación proporciónalle unha cor e un son únicos que farán voar distintas melodías e ritmos, sempre co punchi punchi como máxima expresión.


FALSA MONEA
Eles tomàronse uns descanso fai un par de anos,pero non podían faltar nesta edición ao festival.
Eles xa estiveron no Meryl's Fest no 2013(festival de veràn).
Dende o Taiña desexamos que retomen a andaina con forza e que polo menos estean 10 aniños màis.
Graciñas rapaces!
Tendo o funk como avioneta, os madrileños falsa monea, planean entre a rumba, o flamenco, o metal ou ritmos xamaicanos. A esta viaxe polo eclecticismo, etiquetàronos como rumba-chandal funk...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX FESTIVAL ARDE RANDE

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 15 )


Venres 3 de xullo ás 21:00
O Festival Arde Rande celébrase o primeiro venres de xullo ao lado do Centro de Interpretación Meirande,perto da Praia de Rande, Redondela

ZËNZAR (con XENDERAL E ARES)
www.zenzar.info

VANDALLICA (tributo a METALLICA)
http://www.vandallica.com/

CHICKENPIE
https://www.facebook.com/pages/Chickenpie/280189208726515?sk=info&tab=page_info

OCEKAOS
https://www.facebook.com/OCEKAOSRAPOFICIAL/info?tab=page_info

PROYECTO ÍCARO
http://proyectoicaro.bandcamp.com/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vem desfrutar da noite de defuntos na Fundaçom Artábria (Ferrol)
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/2013/10/30/title-668
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 13 )


Na próxima quinta-feira, 31 de outubro, estaremos de festa na noite do Samhaim. A partir das 19.30h no nosso Centro Social haverá um obradoiro de Cabaças e colares de zunchos, para debois desfrutar dumha enchenta de castanhas e liscos.

Os contos desde o campo-santo com Raulinsteim do Metal fecharám umha noite de honra aos defuntos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



BELVÉS (indie folk /Madrid Stuttgart) mercores 14 as 22h na terraza do bar labranza
http://labranzameiro.blogspot.com/2013/08/belves-indie-folk-madrid-stuttgart.html
(texto engadido o día 15/ / 8/ / 13 )




Belvés es una pequeña ciudad francesa a medio camino entre Madrid y Stuttgart, lugares donde habitualmente residen Pablo Burgués (cantante de la extinta banda Skimo, Un año de libros viejos y los restos de un incendio ”“ Houston Party Records) y Christian Spí¤th (guitarra de Tidal, banda alemana de post-hardcore, y también baterí­a de Jigsaw Jackson).
Ambos músicos se conocen en la Escuela de Cine de Cuba y tras varios años tocando juntos graban su primer álbum homónimo Belví¨s. Practicando una suerte de Folk”™n'Roll, con melodí­as dulces y directas, y la apuesta por todo tipo de instrumentos acústicos y ritmos enérgicos, Belví¨s se sitúan en la onda de grupos como Neutral Milk Hotel, Beirut o incluso Mumford & Sons. En directo es cuando este atí­pica pareja de músicos consigue sacar todo el potencial a sus canciones, gracias a su enorme vitalidad sobre el escenario y a una puesta en escena marcada por continuos cambios de instrumentos. La mezcla de guitarras, bajo, armonium, metalófono, bombo y un sin fin de elementos de percusión hacen de sus conciertos toda una demostración de la enorme fuerza de lo orgánico

http://belves.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/thisisbelves
http://www.youtube.com/watch?v=FJmXOf_FriA
http://www.youtube.com/watch?v=Dl8R_sHtH20

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII Romarí­a Labrega da Chaira - Os Vilares (Guitiriz)
http://www.terrachaxa.com/axenda/xxiii-romar%C3%ADa-labrega-da-chaira-i
(texto engadido o día 6/ / 8/ / 13 )


Sábado 10 e Domingo 11 de Agosto


En torno ás actividades do agro, Os Vilares volve celebrar a romaría labrega por excelencia, a da Chaira. Fai xa 23 anos que a asociación de veciños dos Vilares puxera en marcha esta celebración con numerosos concursos que fixeron famosa a esta parroquia guitiricense: dende o lanzamento de pucha ou de pau de ferro ata a carreira de segadoras que xa non se realiza, por seguridade.

A fin de semana do 10 e o 11 de agosto serán dous intensos días de actividades que compoñen un programa verdadeiramente completo que arrinca na mañá do sábado cos concursos de cans e vacas de raza Rubia Gallega dotados con 50, 30 e 20 euros para os tres primeiros clasificados de cada un dos certamen.

A Carreira Popular, masculina e feminina, que arrincará ás doce e media da mañá tamén contará con premios por categorías. Sons de aldea amenizará a sesión vermú antes do xantar que precederá unha tarde dedicada aos máis pequenos con xogos populares. Gincanas e carreiras de cabalos alternaranse coa celebración dunha proba de G0-G1 de Agility que tamén contarán con premios en metálico para os primeiros clasificados.

Para as oito e media do serán está prevista a lectura do pregón por parte de Jesús Vázquez, presidente da Federación Veciñal de Lugo; tralo que se sorteará unha xovenca galega. Os Carunchos e Manolito, el pescador poñerán o humor e a música ata a madrugada pendente dunha nova xornada de romaría labrega.

Pola súa banda, a mañá do domingo acollerá unha demostración de sega con gadaña, unha marcha de bici de montaña nas modalidades de 15 e 25 quilómetros, o concurso de sega con gadaña nas categorías masculina e feminina, así coma a competición de “enciñar”.

Despois dun xantar popular, a tarde dominical resérvase aos xogos populares para adultos entre os que destacan a carreira de caldeiros, o lanzamento de pau de ferro, o tiro á corda ou o lanzamento de pucha.

Antes da verbena co grupo Alma Latina e o guitiricense José Enrique que amenizarán un concurso de baile; disputarase unha contrarreloxo por equipos de bici de montaña, unha mostra de habilidades no uso da segadora e o sorteo dun año e unha viaxe a Tenerife.
- Romaría Labrega da Chaira- Sons de Aldea- Os Carunchos- Andaina -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Solidario no Coliseum (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 6/ / 13 )


Como cada semestre, os grupos usuarios dos locais de ensaio de A Coruña teñen a oportunidade de tocar para un fin social. Desta vez, o festival pasará a durar 2 días, englobando aos grupos de vertinte máis Rock o venres (Almakoa, The Aerial Root, Jules & The Wolf, After All e The Zipper), encabezados polo proxecto paralelo a Heredeiros da Crus de Tonhito de Poi, sendo o sábado a quenda para os grupos cun toque máis Punk, Hardcore ou Metal (Truth or Consequence, Last Shot, Breathing Loud, Fading Memories e Man City Blue), contando para pechar a festa co Punk-Rock con raíces Celtas de Bastards on Parade.

As entradas adquírense por 4 € no despacho de billetes da Praza de Ourense (luns a venres de 09.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h), e os días de concerto desde as 19.30 h nas taquillas do Coliséum. Existe un bono para os dous días por 6 €.

Porqué Festival Solidario?

O momento histórico no que vivimos debe servir para darnos conta das dificultades polas que moitas familias pasan. Desta vez, facemos un chamamento á cidadanía para que libremente colaboren coa nosa campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, que irán directamente destinados á gran labor social que fai a Cociña Económica. Fai 6 meses conseguíronse 995 Kg de comida, agardando superar esa cifra nesta edición ao contar con dous días de concertos, ademais das actividades englobadas no ADQUIRE +. Entre tod@s poderemos conseguilo!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festival Alternativo MILLO VERDE (Redondela)
http://milloverde.blogaliza.org/
(texto engadido o día 23/ / 5/ / 12 )


Venres 1-Xun:
INVIVO /Metal Crú/
LOS HILLBILLY MONGOWS /Hillbilly/bluegrass/ Zaragoza
DIOS KE TE CREWRap/Fusión/Hip Hop
THE FREAK FANDANGO ORQUESTRA Folk/Polca/Punk rock/ Barcelona

Sábado 2-Xun
TERBUTALINA Gastropunk
GUINTERVAN Folk/música balcánica/ fusión
CHOTOKOEU Reggae/ Drum & bass /Ska
KAOPHONIC TRIBU Psicodelia/Trance/Étnica Marsella

+ Programación na rúa


- Millo Verde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bandas de 5 países compiten por actuar no concurso de grupos emerxentes do Festival Ortigueira
http://www.festivaldeortigueira.com/novas/nova.php?id=61&lg=gal
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


Un total de 27 grupos "noveis" optan a formar parte do cartel do Festival Ortigueira 2012, dentro do Proxecto Runas, de apoio aos novos creadores da música celta. Entre os aspirantes, por primeira vez, bandas de Xapón, Rusia, Arxentina e Venezuela.
O Concello de Ortigueira acaba de dar a coñecer a listaxe de grupos non consolidados que aspiran a actuar na próxima edición do certame folk, que terá lugar entre o 12 e o 15 de xullo. En cifras, cabe subliñar que o concurso mantén o nivel de resposta das últimas edicións e incrementa o seu carácter internacional.
Unha vez máis, Galicia é a comunidade autónoma que achega maior número de aspirantes (7 grupos), aínda que outros doce comunidades do estado están representados. Ademais, como se apuntou anteriormente, na lista oficial gañan forza as formacións estranxeiras. Sorprende e avala a difusión internacional do evento e o seu potencial para proxectar a imaxe das bandas folk, a presenza na lista de Los gaiteros de Moscú (Rusia), a agrupación arxentina A chaiva da Ponte, Dracma de Venezuela ou os nipóns Harmonica creams.
Agora, a coordinación do Festival Ortigueira seleccionará a un máximo de 15 semifinalistas. Despois, un xurado profesional e o voto dos visitantes da web oficial- que se activará en elixirán aos tres grupos finalistas que configurarán o cartel do Runas 2012. E finalmente, outro xurado, presente no festival durante os directos das bandas, decidirá cal é a xusta gañadora, que volverá a actuar en la edición 2013 e embolsarase 3.000 euros.

1.-A CHAIVA DA PONTE (Argentina)
2.-ADARROTS FOLK TALDEA (Pais Vasco)
3.-ALÉN DE ANCOS (Galicia)
4.-AVELAIÑA (Galicia)
5.-BOC (Cataluña)
6.-CELTIBEERIAN (Castilla La Mancha)
7.-DEALAN (Cataluña)
8.-DRACMA (Venezuela)
9.-GÜINTERVAN (Galicia)
10.-HARMONICA CREAMS (Japón)
11.-HEY FOLKS (Extremadura)
12.-IPARFOLK (Navarra)
13.-JABARDEUS (Cantabria)
14.-KEYMPA (Cataluña)
15.-LOCHLAINN (Valencia)
16.-LOS GAITEROS DE MOSCÚ (Rusia)
17.-MAIANAS (Galicia)
18.-MAUT (Aragón)
19.-METALCAMBRA (Valencia)
20.-MOONROOTS (Valencia)
21.-PE DE BOI (Galicia)
22.-RAPABESTAS (Castilla - León)
23.-RASTREXOS PROJECT (Galicia)
24.-RIU (Cataluña)
25.-STREETWINGS (Madrid)
26.-VIRANDEIRA FOLK (Galicia)
27.-XERA (Asturias)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/22/galicia/1332449512_434744.html
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )
Adoitan dedicarlles breves parágrafos e letras minúsculas en cartaces de teloneiros. Asinan contratos miserentos. Pero nin se resignan nin se flaxelan, “porque o país non se fai chorando”. Seguen a bourear baixo tellados de uralita, enlamando os zapatos nos torreiros das festas e creando parroquia até no último palco, nunha incansable romaría de aldeas, porta a porta, veciño a veciño. É o marketingmáis eficaz. Botarlle horas ao volante e chegar alí onde remata o asfaltado dos camiños. Sen buscar o aplauso, con humildade. O mérito, din, é ser xente desta eira e deste tempo. A xeración máis combatente da creación sonora da terra volve aos escenarios disposta a rozar a maleza da indiferenza e facer agromar a rebelión das mentes. Chega a primavera da música galega.

Desde que Mördor se convertera en Zënzar e as Encrobas no epicentro do rock galego, en Cerceda sempre florece primeiro. En maio, a incombustible banda de Xosé Bocixa —voz— volve aos escenarios, coa mesma insubmisión de cando bruaban contra o servizo militar obrigatorio en casetes de 500 pesetas a unidade. “Case 25 anos despois, o espírito do grupo mantense inmóbil. É o mundo en xeral o que non deixa de empeorar. Por iso volvemos ás nosas orixes, con sons eclécticos e cancións tralleiras, que falan do conflito social entre ricos e pobres, entre explotadores e explotados, cancións que falan dunha vida subordinada á rutina do traballo”.

Avisan, que coma anuncian na carátula, Vaise armar. Polo pronto, o próximo 14 de abril, axudarán a montar balbordo aos seus discípulos máis avanzados, os Machina. O cuarteto prepara a presentación oficial de Ensaio sobre o silencio, plasmación da “madurez persoal e musical” da banda referencial do metal galego. Arredor de 13 cortes “directos e rápidos”, os cercedenses reflexionan sobre historias enganadas, patrias impostas e camiños marcados. “Estamos cansos de que apandemos sempre os mesmos. Queremos dilapidar os silencios da medocracia, dunha crise que nos condena á miseria”.

A palabra segue a ser unha arma cargada de futuro. Por iso, hainos que se meten a editores. Os Quempallou xa teñen o prelo a punto para distribuír o seu cuarto álbum, Vellas Novas, no que volven bater con retranca nas pandeiretas, enchendo o fol de festa, empeñados en recuperar voces que falan e contan cousas que lles petan de preto. “Desgrazadamente, despois de décadas de normalización lingüística estamos nunha situación pre-democrática, sen prensa en galego”. De aí que o leitmotiv do disco, incluído o deseño gráfico, sexa o xornalismo. Tirando de repertorio popular pero con maior protagonismo das composicións propias. Cantándolle aos galegos que emigraron á Habana para gañarse un peso ou aos que parolan fronte a unha cunca de viño. “Non pretendemos reescribir a música tradicional, senón falar da realidade que nos rodea Tamén na foliada”, canta Guillerme, “hai que coidar esta terra”.

Desde o cortello dos xa veteranos Ruxe-Ruxe, Vituco Neira subscribe o fondo, pero matiza a forma. “Para criticar as cruezas da realidade non sempre hai que poñerse no papel de francotirador. Nós non queremos facer simples textos de protesta. Creamos aquilo que nos sae do corazón, aquilo que realmente sentimos”. E o que lles pide o corpo é ouvear Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, e falar do que lles doe pero tamén do que lles enche a alma de folgos. De “amores macarras” e negocios co demo. Dese rock país que o 31 de marzo subirán ao escenario da Sala Capitol.

Menos directos, menos vendas

Aos concellos péchanlles a billa e aos grupos os circuítos nos que tocar. Menos festivais, menos directos, menos vendas. Malia existir máis formacións e estilos ca nunca, a pesar da normalización do galego e, incluso, aínda estando máis ou menos resoltas certas eivas históricas, como a falla dunha industria discográfica, grazas á Rede e á aparición de selos de autoedición, a crise afasta a utopía de vivir do que dá a música. Intensifica a eterna contradición entre unha oferta talentosa e unha economía de subsistencia. Pero o escenario tampouco é tan novidoso. “As dificultades son sempre as mesmas”, recoñece Bocixa: “Autoodio, descoñecemento, falta de apoio gobernamental...”.
Para Guillerme Costa, voz dos Quempallou, “o desexable sería que a cultura puidera sobrevivir sen subvencións igual que a lingua sen plans de normalización”, unha situación para a que considera imprescindible o cambio de actitude de medios de comunicación e partidos españolistas como o PP respecto das diferentes culturas do Estado. Bocixa engade a problema xurdida da “pretendida confusión” creada arredor da “suposta” dependencia institucional da música. “Onde van parar os investimentos en cultura das diferentes entidades autonómicas? É que os macro-concertos do Monte do Gozo non son cultura subvencionada? O que acontece é que a Xunta gasta o orzamento en artistas que veñen de fóra”. Aos Ruxe xa lles cansa dar sempre os mesmos titulares, pero Vituco recoñece que, tristemente, son certas cantilenas as que non cambian. “Chamáronnos para tocar en Euskadi, en Italia, mesmo nas Azores, pero nunca do concello no que estamos empadroados, no que pagamos os nosos impostos. É máis interesante traer a grupos de pop madrileños, que soan nos 40 Principales, porque son "guays" e din "I love you". E o rebaño vaise facendo máis grande”. Sen sostén institucional, agoira Bocixa, ao final só quedarán os festivais de resistencia, de contracultura, “aos que acabas por non cobrar”. “Pero os músicos non deberiamos confundir unha asociación cultural cun festival. Moitos grupos aceptan estar nun cartel de soa a cambio de ir de balde. Se a xente se vende por 300 euros é difícil mellorar a situación”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Febreiro 2012 no Clavicembalo (Lugo)
http://www.clavicembalo.com/gl/eventos/programados/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 12 )


3/Feb/2012 - 23:30
Yoni medio gramo
Humor Politoxicómico


4/Feb/2012 - 23:30
Mofa e Befa
Humor con maiúsculas

10/Feb/2012 - 23:30
Los Taninos Maduros Jazz Band
Jazz cantado, instrumental, dixie..


11/Feb/2012 - 23:30
Moondogs Blues Party
Blues, folk americano, soul e psicodelia


16/Feb/2012 - 23:00
Niumpaloal'Arte
Teatro, Clown


17/Feb/2012 - 23:30
Sandford Music Factory
(antes Sweet Oblivion Band)
Metal


18/Feb/2012 - 23:30
Grated
Rock


20/Feb/2012 - 11:00
Noite de Hip-Hop
LEAGUE OF LOSERS (CORUÑA) + ALEX NITE (DJ SET)


23/Feb/2012 - 11:00
La Pulquería
Corrido mexicano/hard rock / ska = Cóctel musical Hard-mariachi. Valencia.


24/Feb/2012 - 23:30
Silvia Penide
Cantautora, Pop ,..


25/Feb/2012 - 23:30
Noite de doblete
Rock
- Clavicembalo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sangre de Muerdago presenta o seu novo CD
http://www.myspace.com/libresesalvaxes
(texto engadido o día 19/ / 8/ / 11 )


O proxecto Sangre de Muérdago acaba de autoeditar o seu segundo traballo. Un disco completamente autoproducido e autodistribuído segundo a filosofía do DIY (Do It Yourself, Faino ti mesmo) cunha tirada de 200 copias feitas artesanalmente de moi boa factura e coidado . Folk das fragas e da choiva, longos arpexios e lánguidas melodías con fondas líricas enraizadas na natureza que evocan a frescura clásica e mítica do enxebre. Estarán a presentar a súa proposta este venres 19 de agosto no bar Malte na Coruña.

SANGRE DE MUERDAGO comeza a xestarse no 2005, cando Pablo Caamiña e Jorge de Abreu comezan a tocar xuntos, mais viven en diferentes continentes, polo que o primeiro traballo non vera a luz ata 2007, cando os dous volven a coincidir no vello continente…
Esa será a primeira e derradeira grabación para Jorge pois falece no 2009 a tres semanas da súa chegada a Galiza para grabar as suas guitarras para a nova grabación que xa estaba en marcha….
SANGRE DE MUERDAGO foi dende os comezos una banda onde música e espiritualidade conflúen, una forte paixon polo antigo, a natureza, os misterios, a vella sabedoría, e as vellas melodías, atopan a un rexeito á civilización e a sociedade do espectáculo… SANGRE DE MUERDAGO xurden do mais profundo da música punk-crust-blackmetal e as okupas de Nova York e Europa para tranformar toda isa enerxia nunha música máxica que arremete no mais profundo do espirito, e nunha existencia adicada ós vellos camiños e a natureza salvaxe….
A dia de hoxe Pablo segue a manter viva a chama de SANGRE DE MUERDAGO, o espirito de Jorge segue ben presente en toda-las composicións, e ata hoxe teñen editado unha demo no 2007 e un álbum no 2011. Agora mesmo preparanse para grabar a seu segundo álbum en estudio.
(texto: folque.com)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Bandeirock

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 11 )


Xoves 18 de Agosto
22:00 h.

* PREGÓN ROCK

FORMACIÓNS:

* MALUCOS E MALANDROS (Rock en Cuarentena // Ourense)
* TU MUJER NOS ENGAÑA (Rock - Ska // Bandeira D.F.)
* LABAZADA (Punk - Rock - Metal // Kompostela)
* KALLAIKOI (Punk - Rock con ghaita // Baiona)
* DJ DEMO (Música electrónica // Bandeira D.F.)
- Labazada- Kallaikoi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mañá remata o prazo para inscribirse no concurso do XII Memorial Ricardo Portela
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1637:manha-remata-o-prazo-para-inscribirse-no-concurso-do-xii-memorial-ricardo-portela&catid=7:concursos&Itemid=18
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 11 )


Mañá, 14 de xullo, remata o prazo para a inscrición para o concurso do Memorial Ricardo Portela na súa XII edición e que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xullo. A inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello, e deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.

Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos polo menos por dúas gaitas, un tamboril e un bombo, sendo o principal obxectivo do certame promover a música tradicional galega, así como impulsar este tipo de formacións.



No concurso outorgaranse 3 premios en metálico de 1.500, 900 e 600 euros, un premio especial “Ricardo Portela”, dotado de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio do gaiteiro, e un premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para esta doceaba edición do Memorial e que recaerá na mellor interpretación dunha peza en toque pechado.

Animádevos, que ainda estades a tempo!!

Bases
- Ricardo Portela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O alumnado da Escola Municipal de Música de 2011 serán os protagonistas nos concertos de fin de curso | Concello de Arteixo
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/3464
(texto engadido o día 16/ / 6/ / 11 )


O xoves 16 e o venres 17 de xuño ás 19:00 h terán lugar os concertos de fin de curso á cargo dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMA) no Auditorio do Centro Cívico Cultural.

Aproximadamente 100 pupilos participarán ofrecendo un repertorio do máis variado que abarca todos os estilos e períodos musicais.

A EMMA acolle alumnas e alumnos de todas as idades, dende os 4 anos, pertencentes aos grupos de Iniciación 1 da materia de Música e Movemento, ata os 68 anos, a idade do alumno máis veterano da escola. Como particularidade importante deste curso cabe destacar a incorporación de dúas actividades complementarias ao plan de estudos: as agrupacións colectivas de “coro infantil” e as agrupacións de distintos instrumentos, un arduo traballo de coordinación e traballo en equipo dos que nos quedará constancia a través do repertorio que interpretarán nos concertos.

Os concertos concluirán cunha entrega de diplomas á primeira promoción de alumnos da escola (2007-2011) que acredita o remate dos seus estudos na especialidade elixida das ofertadas: piano, acordeón, gaita, guitarra, frauta, violín, saxofón, clarinete, vento metal, percusión e óboe.


- Arteixo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O alumnado da Escola Municipal de Música de 2011 serán os protagonistas nos concertos de fin de curso | Concello de Arteixo
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/3464
(texto engadido o día 16/ / 6/ / 11 )


O xoves 16 e o venres 17 de xuño ás 19:00 h terán lugar os concertos de fin de curso á cargo dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMA) no Auditorio do Centro Cívico Cultural.

Aproximadamente 100 pupilos participarán ofrecendo un repertorio do máis variado que abarca todos os estilos e períodos musicais.

A EMMA acolle alumnas e alumnos de todas as idades, dende os 4 anos, pertencentes aos grupos de Iniciación 1 da materia de Música e Movemento, ata os 68 anos, a idade do alumno máis veterano da escola. Como particularidade importante deste curso cabe destacar a incorporación de dúas actividades complementarias ao plan de estudos: as agrupacións colectivas de “coro infantil” e as agrupacións de distintos instrumentos, un arduo traballo de coordinación e traballo en equipo dos que nos quedará constancia a través do repertorio que interpretarán nos concertos.

Os concertos concluirán cunha entrega de diplomas á primeira promoción de alumnos da escola (2007-2011) que acredita o remate dos seus estudos na especialidade elixida das ofertadas: piano, acordeón, gaita, guitarra, frauta, violín, saxofón, clarinete, vento metal, percusión e óboe.


- Arteixo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Millo Verde agarda que máis de 35 grupos participen no seu VI Concurso de Maquetas

* E máis covers..

* 26 de abril en Medicina

buscar mais información
sobre metal en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]