Resultados para:

lugo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24]

Novas que incluen 'lugo':


Foliada Con De Ninghures en Lugo

(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


Sábado 16 de febreiro ás 23h en La Cocechera

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Candeloria VI A Derradeira (Lugo)

(texto engadido o día 14/ / 2/ / 19 )


Sábado, 16 de febreiro no Pazo de feiras e congresos


RUXE RUXE
Los Gatillazo
Arrhythmia
NAO
Tremenda Jauría
Juantxo Skalari
Jarfaiter LC
El Coleta
El Ultimo Ke Zierre
DAKIDARRÍA
Rebeliom do Inframundo
Mafalda

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Cantos de Taberna na Rúa da Cruz en Lugo

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Sábado 9 de febreiro a partires das 20h. Participan: Searas, Amigos do Caldeiro, Os Corenta e Chinco, Os do 13

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Som Do Galpom en Lugo

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Venres 8 de febreiro ás 23:30h no Club Clavicémbalo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Músicas Mesturadas en Lugo
http://lugo.gal/gl/novas/o-concello-propon-coa-segunda-edicion-de-musicas-mesturadas-10-citas-singulares-nun-escenario
(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, no patio do Vello Cárcere, a segunda edición dunha proposta cultural que o pasado ano colleitou moito éxito: o ciclo Músicas Mesturadas. Trátase de 10 actuacións de música de fusión singulares que terán lugar neste centro cultural dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Carmen Basadre fixo énfase na programación deste ano, que contempla 6 citas máis que na pasada edición; e que, de novo, pretende que a veciñanza de Lugo coñeza música menos comercial nun escenario único como é o Vello Cárcere.

Músicas Mesturadas arricará este sábado, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas, co concerto de Zmeitrei, o único do grupo programado en España este ano dentro da súa xira. Esta agrupación formada por inmigrantes romaneses ofrecerá unha actuación de música fermosa e sinceira que surxe das duras realidades e loitas dun goberno poscomunista. A voz do grupo, Paula Turcas é unha cantante de ópera soprano que renunciou á música clásica en busca dunha arte máis verdadeira basada nas loitas da vida cotiá. O líder da banda é o guitarrista Mihai Victor Iliescu, quen creou o concepto e estilo de Rough Romanian Soul. O seu son faise aínda máis único co virtuoso do vibráfono, Oli Bott.

Neste mesmo mes, concretamente o día 26, tamén ás 20:30 horas, actuará Talabarte, un trío que ofrece uns concertos de risco, improvisación e contundencia. Este grupo,, composto por Quim Farinha ao violín, Kin García no contrabaixo e Pedro Pascual no acordeón diatónico, non deixará a ninguén indiferente coa súa concepción musical que funde concepcos diversos: acústico, de raíz, atemporal ou aventura.

En febreiro será a quenda de Mozart Heroes, o día 8 dende as 20:30 horas, que deleitarán ao público cun chelo e dúas guitarras, ofrecendo música clásica, rock ou música de grandes películas nunha actuación con exceso de adrenalina.

Neste mesmo mes, tamén actuará, o día 17, Tango Maestro & Quinteto Nuestro Tiempo. Desta volta a actuación será dende as 18:30 horas. Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano, Marcelo González no violón, Guillermo Bazzola na guiatarra e o contrabaixista Romain Lecuyer ofrecerán o mellor do tango contemporáneo.

O cantautor ourensán Emilio Rúa será o encargado da primeira actuación de Músicas Mesturadas do mes de marzo, o día 10, ás 18:00 horas. Estará acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa Cedrón, La Shica e Rebeca Jiménez.

Celina da Piedade, acordeonista, cantora e compositora, con tres álbums en solitario, tamén ofrecerá unha actuación no Vello Cárcere en marzo, o día 16, a partir das 21:00 horas.

O 13 abril, o Vello Cárcere servirá de escenario para a luguesa Alba Messa, que se entregou en corpo e alma á arte dende os 6 anos, contando a día de hoxe cunha extensísima formación a nivel actoral, como na danza e musical. Será a partir das 21:30 horas cando achegue o seu primeiro disco, Valiente, aos seus veciños e veciñas.

O son da guitarra española clásica a mans de José Manuel Dapena e o das cordas do Cuarteto Alicerce, formado por Jorge Montes no violin, Roberto Santamarina no violin, María José Pámpano na viola e Carlos García Amigo no cello, vibrarán no Vello Cárcere o 27 de abril, ás 20:30 horas cos quintetos para guitarra de Haydn e Boccherini. Xa no mes de maio, o día 4, Forró Mior & Jabú Morales cautivarán, dende as 20:30 horas, ás persoas asistentes con música arraigada nos ritmos populares brasileiros. O sábado 1 de xuño ás 20.30 h pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, con 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, xunto ao Trío Zarabal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dakidarría - Adianto Tour 2019

(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


16 Feb | LUGO | A Candeloria Lugo
22 Feb | PONFERRADA | Sala La Vaca
23 Feb | SEGOVIA | Beat Club Segovia
01 Mar | MADRID | SALA CARACOL MADRID
15 Mar | UVIÉU | Sala Sir Laurens
16 Mar | VALLADOLID | Sala Porta Caeli Valladolid
30 Mar | BARCELONA | Sala Boveda
01 Xun | OURENSE | OURENROCK Sound


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Da Prosodia á Melodí­a - Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos (Lugo)
https://www.facebook.com/events/2237617656479698/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


DA PROSODIA Á MELODÍA
Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos
Destinatari@s: Músic@s e alumn@s de música tradicional en xeral, que queiran profundizar un pouco na análise dos nosos modos de cantar e tocar, e o xeito de arranxar pezas, sen deturpar o feito diferencial das nosas melodías.
Descripción:
Neste curso teórico e práctico (tod@s cantaremos e falaremos seguido) abordaremos o eido da afinación noutros folclores, para mergulhar despois no xeito de cantar existente en Galiza. Aprenderemos a distinguir entre as principais escalas (ou modos) do noso folclore, e prestaremos especial atención ao modo predominante no país: o modo “frixio” , e en concreto, à sua afinación, que se está a perder pola convivencia co "temperamento igual" Usaremos arquivos fonográficos ( sobre todo Alan Lomax e Dorothé Schubarth), gravacións de músicas de outras tradicións, así como gravacións actuais de grupos de música “tradi” e folk para ver como ocorreu ese proceso, e como está a ocorrer hoxe.
Datas de realización: Domingos de Febreiro: 3,10,17 e 24 de Febreiro.
Horario: 10:00-14:00 hs os domingos de febreiro
Prezo: 15 €/sesión. (aínda que o traballo é un contínuo, dase a posibilidade de acudir ás sesións de xeito independente)
Prazas limitadas.(segundo orde de inscripción)
Inscripcións no 982256485/651672551/696377381 oxeito.xabi@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no Bodegón Tuiriz (Lugo)

(texto engadido o día 30/ / 1/ / 19 )


Venres, 1 de febreiro a partir das 21:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Iria Estévez en Lugo

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 19 )


Sábado 26 de xaneiro ás 23h en La Cosechera

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación de Bailegramas en Lugo
https://www.facebook.com/events/805517389799092/
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


Sábado 19 de xaneiro

Obradoiro-presentación dos Bailegramas, método de notación para baile tradicional. Tamén bailaremos danzas europeas que poderemos poñer en práctica pola noite no concerto de "Mala Herba" no clube Clavicémbalo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Con TRASDALOMBA en Lugo
https://www.facebook.com/events/2310064005891319/
(texto engadido o día 4/ / 1/ / 19 )


Sábado, 12 de xaneiro, a partires das 23h

Trasdalomba está formado por nove integrantes, todas mulleres, procedentes de Castroverde.
A afición pola música (algunhas son tamén compoñentes do grupo Zuncurrundullo do mesmo concello), as xuntanzas, as festas pero sobretodo a amizade, fai que xurda esta agrupación musical no verán do 2017 para participar na foliada de A Fonsagrada de ese mismo ano. E dende entón seguimos para adiante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero en Lugo
https://www.facebook.com/events/372027613547148/
(texto engadido o día 28/ / 12/ / 18 )


Sábado, 29 de decembro, ás 23h

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren colaborado con un sinfín de artistas.
Agora presentannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia : Os Instrumentos Populares Galegos.
O seu amplo coñecemento do folclore galego e a súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permitelles ofrecer un entretido Concerto no que amosan 24 Instrumentos Populares interpretado en formato de dúo, combinando un instrumento melódicoe outro de percusión.
Os instrumentos que se incluen son: gaitas de diferentes feituras e sonoridades, acordeón diatónico e cromático, zanfona, asubío, requinta, frauta, trompa, tambor, bombo, pandeiro, pandeira, tarrañolas, lata, tixola, noz, pandeireta, cunchas, culleres e charrasco.
O Concerto completase coa presentación e descripción básica de cada instrumento, a súa evolución ó longo dos anos e as posibilidades que hoxe en día ofrecen.
A duración do Concerto é de aproximadamente unha hora.

Foto: Diego Páez
Lugar de Fixón ( Os Casás ) Barro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada 21 de Nadal no Bodegón Tuiriz (Lugo)

(texto engadido o día 21/ / 12/ / 18 )


Venres 21 de nadal a partir das 21:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rodrigo Romaní Trío en Lugo

(texto engadido o día 21/ / 12/ / 18 )


Domingo, 23 de decembro no Vello Cárcere


Rodrigo Romaní­ presenta o seu novo traballo en Lugo: "Fí­os de Ouro no Ar"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Co Grupo De Zanfonas `Suso Vaamonde´ en Lugo

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 18 )


Sábado, 15 de decembro ás 23h en La Cosechera

Grupo Zanfonas "Suso Vaamonde"
En abril de 2013, Suso Vaamonde iniciou un ambicioso proxecto relacionado coa cultura musical galega: ensinando todos os instrumentos galegos populares en diferentes entidades (asociacións, concellos, sociedades ...).
Como resultado, hoxe Suso ensina en seis entidades diferentes, e ten máis de 250 alumnos que xogan a partir dos instrumentos máis coñecidos como a gaita, tambores, bombo, pandeiro, acordeón, etc., polo menos coñecido, como zanfona , assubio, requinta, birimbao, etc.
O "Grupo hurdy gurdy Suso Vaamonde" é o resultado de tres anos de traballo en Arcos da Condesa (Cidade de Caldas de Reis, Pontevedra), onde esta escola está situada, e conta coa colaboración da Asociación Cultural " Lúa na Forza ".
Este grupo formado hoxe por seis zanfonas, xa realizou en varios concursos realizados en Galicia, ambos dedicados exclusivamente á gandula, así como diferentes instrumentos galegos populares. Na actualidade tamén forman parte da "Orquesta de Instrumentos Galleulares Populares" Suso Vaamonde ", na que se integran máis de cen músicos de diferentes escolas nos que o seu director imparte clases.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre en Lugo

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 18 )


Venres, 14 de decembro ás 21h no Auditorio Municipal Gustavo Freire

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala 70 Aniversario de Cántigas e Frores (Lugo)
https://www.facebook.com/events/476922492829474/
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres 30 de novembro ás 20:30h no Salón Rexio do Círculo das Artes

Acto central do 70 aniversario de Cántigas e Frores que se celebrará o venres 30 de novembro ás 20:30h no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Nesta Gala actuarán os grupos oficiais de Cántigas e Frores (Banda de Gaitas, Coro Galego, Grupo de Baile, Grupo de Pandeireteiros, Murga e Grupo de Pandeireteiras). Ademais farase entrega do Premio Cántigas e Frores da Cultura 2018, que este ano recae na figura de Antón Corral. Ao remate terá lugar a Cea do 70 Aniversario no Restaurante Manuel Manuel (previa reserva no 649421507 cun custe de 36 Euros por persoa)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Andrea Pousa en Lugo
https://www.facebook.com/events/1756144397829745/
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Sábado, 1 de decembro, ás 20:30h no Vello Cárcere


Andrea Pousa presenta o seu primeiro álbum en solitario "RESPIRAR" EN CONCERTO no Vello Cárcere (Lugo).

"O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras".

Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de convertir cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.
Por máis de 10 anos, estudia Máster Class de canto e interpretación.
Foi membro do grupo vocal femenino vigués de arte creativa “Sueño de Calíope”, durante 10 anos.
En 2014 funda Queiman e Pousa, empresa de espectáculos, comprometida coa Cultura Atlántica, onde se desenvolven diferentes espectáculos con temáticas adaptadas a cada evento e lugar. Cunha labor e recoñecemento nacional e internacional.
É a voz principal de KELTIA O MUSICAL, o musical que transmite a espiritualidade da cultura celta e romana, o seu contacto coa natureza, tradición e a súa esencia.

RESPIRAR
‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.

Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que
etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.
Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.
O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.
Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.
Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.

Elenco de músicos no directo:

Nani García: piano, teclados
Rubén Deschamps: guitarra acústica
Criptana Angulo: cello

Entrada libre ata completar aforo.

Organiza: Concello de Lugo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pan Sen Fron no Cinema Palleiriso (Garabelos, Lugo)
https://www.facebook.com/contosolidarios/posts/1787411421369245
(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Grandes e boas novas, este domingo dia 25, as 4 da tarde!!!! non faltedes ninguen ao Cinema Palleiriso que se suma as actividades de Polamiúda en contra da violencia de xenero cun concerto das míticas Pan Sen Fron (Pandereteiras Sen Fronteiras) con magosto incluido e castañas asadas para todas e todos. Cartaz de Cris Castro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Inauguración Nova tempada do Tuiriz (Lugo)

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Venres 23 de novembro no Bodegón Tuiriz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24]


En 'Novas Relacionadas'



* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* A Quenlla sae ao paso do "desleixo actual" cun novo traballo (..)

* A AELG organiza un recital de coplas de entroido - Sermos Galiza

* Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

* Presentación do novo disco de Luar na Lubre a favor do Monte Pindo


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre lugo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]