Resultados para:

folk
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41]

Novas que incluen 'folk':


Sesión Vermut Folk en Paiosaco (Laracha)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1179907875511050&set=a.163935720441609&type=3&theater
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


Xa temos data para a Sesión Vermut Folk do mes de abril!!
Desta volta será o domingo 28 de abril no Bar Lestón, a partires das 12.30 coma sempre.
Agardámosvos a tod@s!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación de abril en Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 16/ / 4/ / 19 )


PROGRAMACIÓN DE ABRIL DE 2019
Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

MÉRCORES 3, 10, 24 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21:00 5€
TATO LÓPEZ & CIA
Tato López presenta o que será o seu próximo traballo e que neste concerto na Casa das Crechas, fará unha presentación dalgúns dos temas que o conforman. “Rebelión” é o nome co que vai dar esta volta ao mundo coas súas cancións, que van desde o gipsy ata o tango, dende a zamba argentina ata o folk. Cun claro son de músicas de fusión. Temas que tocan directamente coa realidade e coa poesía da vida cotiá que representa sempre o seu traballo.

DOMINGO 7, 14, 21, 28 21:00 5€
JAZZ CON SUMRRA

XOVES 11 21:00 5€
VUDÚ (“Vudú vol iii”)
Vudú son Belém Tajes –voces e teclado- e Maritxinha –baixo e loops-. No ano 2016, a banda faise co premio á mellor canción en Galego por ‘Eu son VooDoo’ no certame Musica Xove e ao ano seguinte, acadan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul. Deste xeito conseguen consolidarse no seu estilo, íntimo e elegante, e comezan a explorar novos formatos en directo até chegar á proposta que as define na actualidade: música íntima e elegante para ‘grandespequenos’ momentos.

VENRES 12 21:00 5€
INCONEXIÓN (L.A.R. LEGIDO e MANUEL AMIGO)
Despois de tantos anos e centos de concertos, LAR Legido (Sumrrá) e Manuel Amigo (Banda das Crechas) deciden xuntar os dous mundos crechianos nun espectáculo inconexo no que contarán con colaboracións moi especiais. Música, porque sí. Cante, porque sí. Alegría inconexa, por que non?.

MARTES 16 21:00 6€
CAYUCO
CAYUCO é o nome dunha embarcación dun só tronco usada polos africanos para cruzar as fronteiras, pero tamén é o nome do novo grupo formado por Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería). Como o propio nome din, a proposta musical é xustamente viaxar, romper os límites da musicalidade. Deixarse levar e navegar por tódolos continentes e estilos musicais. Dende África á Europa, Brasil a Galiza...sen fronteiras. CAYUCO é utopía. CAYUCO é o noso pase para a liberdade!

XOVES 18 21:00 5€
FLORES ROTAS. “Flores rotas Jim Jarmusch inspiration music”
Dúo de improvisación, que basa a súa música no imaxinario fílmico do cineasta norteamericano Jim Jarmusch. Non tocan as músicas dos filmes; simplemente, déixanse levar polo que as imaxes, historias, e os propios títulos das películas lles transmiten, dándolle unha nova dimensión á interpretación que fan na linguaxe da improvisación libre, onde case todo é posible para levar á audiencia por unha ruta que vai do branco e negro a cor, do absurdo á poesía.
Eles son:
Margarida Mariño: violonchelo + electrónica
Pablo “Sax” F. Sinde: saxofóns, percusións + electrónica


SÁBADO 20 21:00 6€/8€ (Girando por Salas)
AURORA
Aurora reúne un grupo de talentos xurdidos da Escuela Superior del Taller de Músics. O novo cantaor Pere Martínez, Max Villavecchia ao piano, Javi Garrabella ao baixo e Joan Carles Marí á batería. Acompañados por Jose Manuel Álvarez ao baile emprenden esta nova aventura musical que viaxará polas cancións máis populares do compositor Manuel de Falla para evolucionar cara a linguaxes que transgreden as sonoridades tradicionais e explorar a fusión con outras estéticas. Además da obra do compositor de Cádiz, Aurora tamén homenaxeará outras figuras destacadas como Lorca, Albéniz e Pedrell. A formación levará as composicións a un terreo cercano ao jazz e ao flamenco, afastándose do clásico pero conservando a identidade.

XOVES 25
CELEBRAMOS a Revolución dos cravos

VENRES 26 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MetalXis presenta o seu primeiro traballo en Bembrive (Vigo)
https://www.facebook.com/events/294924251384970/
(texto engadido o día 4/ / 4/ / 19 )


O día 27 de abril ás 20:30 no Auditorio de Bembrive (Vigo) estaremos a banda MetalXis presentando o noso primeiro traballo discográfico “My white shadow”, coincidindo coa data na que sae á venda o mesmo en formato físico.

Nada en 2016 en Vigo, a banda defínese como folk metal melódico instrumental e aterra en Bembrive para presentar unha proposta moi atrevida. 11 músicos no escenario facendo soar instrumentos tan diversos como gaitas, zanfona, guitarras, baixo, batería e teclados.

Un show único e que non debes perder.

Entrada gratuita ata completar aforo.

Apertura das portas: 20:00

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cova Sesión Folk (A Coruña)
https://www.facebook.com/events/2680232148671721/
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 19 )


Xoves 4 de abril

Comeza un novo proxecto na Cova Céltica, as "Cova Sesión Folk". Cova Sesión Folk consiste nun encontro de instrumentistas vencellad@s á música folk e tradicional na procura de crear espazos para a execución en clave folk tanto da música tradicional galega coma de outros panoramas da nosa contorna cultural. Estas xuntanzas serán todos os primeiros xoves de cada mes, a partir das 22h, e están abertas a calquer músic@ que queira participar.
Anímate e ben gozar da música ao vivo!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dequenvessendo en Compostela

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Venres 29 de marzo ás 21h na Casa das Crechas

Volve ás Crechas a banda de folk Dequenvessendo. Aproveitade a ocasión para descubrir o traballo que están a facer.

Non o perdades!!!!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€
CAYUCO
Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00
OS ESTALOTES
Foliada

Sábado 2 23.30
DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €
SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€
Andrés Penabad
Multi premiado acordeonista Galego que dende moi pequeno introduciuse na música tradicional formando parte de numerosos grupos e formacións. A día de hoxe é un dos acordeonistas con máis proxección dentro do panorama folk galego e mesmo estatal. Andrés colaborou con grande cantidade de músicos da altura de Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar Na lubre, Xose Manuel Budiño ou Xabi Aburruzaga.

MÉRCORES 13, 20, 27 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 14 21:00 8€/10€
club del rÍo
Un batido vitaminado con sorpresa de músicas infinitas, o resultado de múltiples influencias que atravesan o mundo, unha mestura de guitarras, ritmos optimistas e vitalismo; «un método de defensa contra unha sociedade agresiva facendo bandeira da unión e a amizade». Eses son Club del Río.

SÁBADO 16
FESTA ANIVERSARIO CASA DAS CRECHAS

DOMINGO 17 20:30 8 €
Ana Alcaide
"Luna sefardita” é a historia de Alina, unha nena sefardí que abandona Toledo e que emprende unha longa viaxe de exilio no que seguirá os rastros da lúa no seu reencontro. Unha viaxe nostálxica que traza unha ponte cara ao pasado e que convida a percorrer diversas paisaxes sonoras.
No mesmo a artista fai un percorrido á súa discografía, da que tivo un bo recoñecemento internacional en escenarios de Arxentina, Uruguai, Italia, Alemaña, Francia, Marrocos, Canadá, Bulgaria, Uzbekistan ou Indonesia, entre outros.
Ana Alcaide: Voz, Nyckelharp, Violín de Hardanger / Bill Cooley: Psalterio, Ud, Percusións / Rainer Seiferth: Guitarras

LUNS 18 23:30
DJ CHIRI

XOVES 21 21:00 5 €
ESPECTÁCULO maldita peaxe de Zakarías O`Facas
Maldita Peaxe é un espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O'Facas, que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical.
O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.
O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público.

VENRES 29 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fevereiro na Arca da Noe (Vilar de Santos)
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/photos/a.777473105650905/2258335290898005/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


Nova Travessia: Fevereiro 2019

1 de fevereiro, às 22, concerto de Plan Siberia

2 de fevereiro, às 22h, concerto de Atlántico Folk

3 de fevereiro, às 19h, documentário "Música e Evolución" de Alejandro Machado

às 20h30, concerto de Vanesa Muela

7, 14, 21, 28 curso de iniciação a Cestaria com Sergio
Preço; 50€

15 de fevereiro, às 22h, concerto de Tündra Folk

22 de fevereiro, às 22h, concerto de Manoele de Felisa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seso Durán en Bueu
https://www.facebook.com/events/400042367433429/
(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Domingo, 24 de febreiro, ás 20:30h no bar Aturuxo


Son da memoria é un disco que xira arredor do que aconteceu a partir do golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo.

A Guerra civil vén sendo un tema tratado artísticamente desde o seu mesmo acontecer. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste disco. Un cable eléctrico conecta pasado e presente: o golpe, a dictadura, a Transición, os fondeados nas rías polos falanxistas, os afogados na actual crise dos refuxiados no Mediterráneo. A memoria e a loita pola supervivencia, a brutalidade, a insolencia, a compaixón e a dignidade que as confrontan, forman parte da paisaxe sonora, visual e emocional de todo o proxecto.

Son da memoria é un disco escrito e producido por Seso Durán (Xosé Manuel Durán), profesor de música, historiador, compositor, video creador e produtor, que desde os 90 (como integrante do grupo folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical. Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago, Universidade Autónoma de Madrid, etc), tendo acadado numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.

Compoñentes:
Seso Durán: Voz e guitarras
Sandra Lima e Laura Martínez: Coros
José Granja: Guitarra eléctrica
Victor Castro: Baixo
Noli Torres: Batería
Miguel Tenorio: Frautas e percusión
Antonio López: Teclados

Entrada: 5€ ant. / 7€ bill.





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sesión Vermut Folk en Paiosaco (Laracha)

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Domingo 24 de febreiro na Cafeteria Suiza de Paiosaco

Organiza: Asociación Cultural Queiroga

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tündra Fokl na Arca da Noe (Vilar de Santos)
https://www.facebook.com/events/1140146512814313/
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


15 de fevereiro, às 22h00, desde Logronho, aterram Tündra Folk.

Grupo de Folk criado em 2008 por quatro músicos de Logronho que provêm de estilos como o Rock, Jazz e Folk. Esta união permite-lhes oferecer um estilo inovador e interessante. A variedade também alcança os instrumentos que utilizam, parte deles construídos à mão por um dos seus primeiros componentes.

Em 2012 ganharam o 1º prémio do concurso "Gota Music", o que lhes permitiu gravar o seu primeiro disco, titulado "Folk Ancestro Sideral". No repertório convivem composições próprias, com margem para a improvisação e a adaptação personalizada de melodias e ritmos tradicionais de qualquer lugar do mundo.

A sua atuação ao vivo é todo um espetáculo audiovisual ao acompanhar as interpretações com vídeo-projeções especialmente criadas para cada tema pelo vídeo criador e guitarra do grupo Francisco González.

A formação do grupo completa-se em 2013 com a incorporação de Rafa Martín , fundador do grupo de folk A Musgaña.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Caamaño-Ameixeiras nA Cova Céltica (A Coruña)

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 19 )


Venres, 15 de febreiro ás 22:30h na Cova Céltica


Folk - Músicas do mundo - Balfolk

Caamaño-Ameixeiras son unha parella de aves que emiten sons de forma asombrosa que xeralmente aprenden das súas viaxes de marisma en marisma e que logo transmiten ao resto de aves da mesma especie. Son un sopro de aire fresco dentro do panorama musical de Galicia
(Festiletras)

Este duo formado por Antía Ameixeiras (violino) e Sabela Caamaño (Acordeón cromático) centrase nos ritmos folk europeos, centrados nos balcáns e a súa zona de influencia, vistos sempre dende unha perspectiva galega.
Para non perder!!






...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Febreiro na Casa das Crechas (Compostela)
https://www.facebook.com/events/1948522775444270/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2019

Do 9 ao 28
PEQUENA
Exposición Luis Berroy (pintura)
Inauguración o sábado 9 ás 20 horas.

DOMINGO 3 21:00 5€
XACOBE MARTINEZ ANTELO TRÍO
Xacobe Martínez Antelo Trío presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en Marzo de 2019. Esta formación xenuinamente jazzística, é ao mesmo tempo transfonteiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo despregan un abano tan inusual como imaxinativo, para unha proposta musical que non entende de concesións nin edulcorantes, e que se empeña en facer Música dende Galiza para o século XXI.

MÉRCORES 6, 13, 20, 27 22:30 1€
FOLIADA CON BANDA DAS CRECHAS

XOVES 7 21:00 5€
XOANA
Presentación de Dardos, o primeiro disco de Xoana, que ten com principal aliada á lingua galega. Este proxecto promociona o uso da mesma a través dunha variedade musical coa que outorgarlle a posibilidade de abarcar distintos ritmos, que a caractericen como un transmisor de actualidade. Todas as cancións teñen unha mensaxe social, con temáticas que reflicten a nosa realidade, e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos.

DOMINGO 10, 17 e 24 - 20:30 5€
SUMRRÁ
SUMRRÁ cumple 100 domingos de residencia artística na Casa das Crechas. 100 domingos que foron forxando unha comunidade entorno ao universo de SUMRRÁ e que sen dúbida impulsaron o trío compostelán a unhas cotas de entrega e dedicación que non terían sido posibles doutro xeito. Os domingos de SUMRRÁ nas Crechas foron o punto de partida e de retorno das súas xiras, o espazo onde xestaron novas músicas, e tamén onde continúa a evolución semana a semana dunha das propostas máis afortunadas da música galega dos últimos 20 anos. 100 domingos ao vivo. Un público inesgotable e insaciable. O tempo que se detén no soto das Crechas. E a música de SUMRRÁ que semella infinita.

XOVES 14 22:00 5€
CLARA PINO & PABLO VIDAL
Pablo Vidal e Clara Pino interpretarán temas do seu último traballo NOWHERE, acompañados de Sabela Dacal ao acordeón e Rafa Otero á guitarra. Neste formato a cuarteto amosarán música de autor con influenzas que abranguen desde o jazz á Música Tradicional.

XOVES 21 21:00 5€
BARAHÚNDA
Barahúnda volve ás Crechas. Desta volta para presentar o seu 4º álbum Onde vai o mar? e celebrar o seu 20 aniversario sobre os escenarios.

VENRES 22 A 21:00 3€
Dequenvessendo
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

XOVES 28 21:00 5€
SÉSEGA
Sésega é o proxecto multidisciplinar conformado por Charles Rapante e Nuria Vil que basea a súa proposta na improvisación musical e na palabra falada. Presentarán o seu espectáculo "Barco", que integra en directo musica experimental, poesía oral e proxección en super8.


- Sumrrá -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Atlantic Folk Trio na Arca da Noe (Vilar de Santos)
https://www.facebook.com/events/565468553933742/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


Sábado, 2 de fevereiro, às 22h, teremos o concerto de Atlántic Folk Trio.

Atlantic Folk Trio embarca-se numa aventura atravessando oceanos e continentes.
Oferece uma visão própria e potente dum mundo onde já não existem fronteiras e onde as culturas e tradições se unem para criar outras novas.

A procedência dos seus componentes é determinante no estilo e caráter das suas composições; o guitarrista Jesus Enrique Quadrado, a violinista María San Miguel e o violinista Galen Fraser, e filho duma das grandes figuras do folk escocês, Alasdair Fraser.
Através dos seus concertos, Atlantic Folk Trio pretende inspirar os ouvidos, oferecendo um som fresco e contemporâneo à música tradicional.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Da Prosodia á Melodí­a - Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos (Lugo)
https://www.facebook.com/events/2237617656479698/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


DA PROSODIA Á MELODÍA
Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos
Destinatari@s: Músic@s e alumn@s de música tradicional en xeral, que queiran profundizar un pouco na análise dos nosos modos de cantar e tocar, e o xeito de arranxar pezas, sen deturpar o feito diferencial das nosas melodías.
Descripción:
Neste curso teórico e práctico (tod@s cantaremos e falaremos seguido) abordaremos o eido da afinación noutros folclores, para mergulhar despois no xeito de cantar existente en Galiza. Aprenderemos a distinguir entre as principais escalas (ou modos) do noso folclore, e prestaremos especial atención ao modo predominante no país: o modo “frixio” , e en concreto, à sua afinación, que se está a perder pola convivencia co "temperamento igual" Usaremos arquivos fonográficos ( sobre todo Alan Lomax e Dorothé Schubarth), gravacións de músicas de outras tradicións, así como gravacións actuais de grupos de música “tradi” e folk para ver como ocorreu ese proceso, e como está a ocorrer hoxe.
Datas de realización: Domingos de Febreiro: 3,10,17 e 24 de Febreiro.
Horario: 10:00-14:00 hs os domingos de febreiro
Prezo: 15 €/sesión. (aínda que o traballo é un contínuo, dase a posibilidade de acudir ás sesións de xeito independente)
Prazas limitadas.(segundo orde de inscripción)
Inscripcións no 982256485/651672551/696377381 oxeito.xabi@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Vacaloura Vermella en Vigo (San Brais 2019)
https://www.facebook.com/events/387058155394478/
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 19 )


XOVES 31 as 22H
A Vacaloura Vermella
Grupo folk de Mos

Eles mesmos se denominan axitadores de festas, vaciadores de bodeghas e papadores de pinchos.
Un ano mais estarán connosco os nosos amigos da Vacaloura vermella!
Esperanos unha noite larga de troula !
Imos San Blas !!!

RESERVAS: 667088499

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SondeSeu en Vigo - Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

(texto engadido o día 30/ / 1/ / 19 )


Sábado 2 de febreiro, con Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e O Fiadeiro.

A orquestra folk SondeSeu ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical.

***É UN CONCERTO DE BALDE. EIS COMO CONSEGUIR ENTRADAS:
Os convites poden retirarse a partir do mércores 23 no stand das Illas Cíes que o Concello de Vigo ten na Praza do Rei. E tamén desde 2 horas antes no propio Auditorio Mar de Vigo.
Un máximo de 2 entradas por persoa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Algarabia Folk en Vigo

(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


VENRES 18 de xaneiro dende as 22H

RESERVAS: 667088499

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tecor Societário e Os Novos no Pichel (Compostela)
https://www.facebook.com/events/359011104879899/
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


Sábado 19 de Xaneiro na Gentalha Do Pichel

Desde a Gentalha queremos habilitar um espaço no Pichel para construir um local de ensaio para bandas. Para isto temos umha campanha de recadaçom de fundos. No bar do centro social há dous petinhos nos que podes fazer aportaçons. Como prato forte desta iniciativa começaremos com concertos solidários. O primeiro terá lugar o sábado 19 de Janeiro ás 22h00 com os grupos OS NOVOS e Tecor Societário.

Tecor Societário é um grupo de punk folk que mistura sons populares e instrumentos tradicionais galegos com ritmos do punk, combinando voz, gaita, mandolina e acordeom com guitarra, baixo e bateria.
Em 2018 publicarom o seu primeiro EP, um disco com 3 temas que está pendurado no canal de youtube do grupo e também editado em formato físico.

https://www.youtube.com/channel/UC29EEHm8OdUkjMieFjLEl3w

Os Novos é um trio de Compostela que nos últimos tempos anda a experimentar o formato acústico, chegando ao palco com guitarra, baixo acústico e umha pandeireta fazendo as labores da bateria, incluindo às vezes mandolina e banjolele. Com este mini-set defendem o seu repertório de temas próprios e versóns de punk e rock'n'roll com espírito country e bluegrass, ao que ultimamente se referem como "punkgrass".

Com este formato gravarom um single 7'' intitulado "Assalto Acústico" no que colaborarom Caxade (acordeom) e a Ukestra do Medio (ukuleles, cajón e coros). Neste concerto tocarám acompanhados pola Ukestra do Medio.

https://osnovos.bandcamp.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sesión Vermut Folk en Paiosaco (Laracha)

(texto engadido o día 11/ / 1/ / 19 )


Domingo 13 de xaneiro dende as 12:30h no Bello Campo, coa A.C.Queiroga e a A.C. Triskell

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dequenvessendo na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres, 30 de novembro, ás 21h


Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel
(guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

*

* A importancia de festivais como O Son do Pazo na cultura galega

* "O folk non ten apoios como outras msicas. Case é unha fazaña heroica continuar"

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Roi Xordo:
Disco, Gañadores do III Certame Folk Radio Obradoiro
Quempallou:
Disco, Gañadores do II Certame Folk Radio Obradoiro
Barallete, Norfolk, Roquementroque e Ménades:
Nordés Coruña II Edición
Os Furafoles:
Maqueta (Música Folk Galega-Asturiana dende Bos Aires)



Existen locais con esa etiqueta:


A Cova Folk (En A Coruña)

O Ben Folkdido (En Lugo)






buscar mais información
sobre folk en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre folk en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]