Resultados para:

entrevista
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'entrevista':


Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas
http://ofiadeiro.com/evento/presentacion-do-libro-cd-maruxa-das-cortellas-tocadora-do-pandeiro-de-xulia-feixoo-no-fiadeiro/
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 18 )


Venres 16 de marzo ás 20:00h
Local da ACF O Fiadeiro.
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.
Vigo.

Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo.
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala


"Falar de Maruxa das Cortellas e? falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do pai?s. Maruxa foi a u?nica muller da su?a xeracio?n que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea.

A su?a figura foi clave na recuperacio?n dos estilos interpretativos arcaicos.
A rai?z das su?as aparicio?ns no Luar a finais da de?cada dos noventa e da su?a participacio?n asidua nos sera?ns urba?ns, xurdi?u un grande interese no seu xeito de tocar o pandeiro.

É indiscutible que a mu?sica vocal de tradicio?n oral de Galiza se escribe en feminino.
As investigadoras, as divulgadoras, as artistas debemos comprometernos para xerar espazos dende os nosos a?mbitos profesionais nos que visibilizar esta realidade.
Para que a sociedade sexa consciente da importancia que ten?en estas mulleres dentro da nosa historia precisamos crear iconas, figuras de referencia coas que po?rlle nome propio a? tradicio?n. Maruxa ten que ser un destes nomes"

Xulia Feixoo
(Estracto dunha entrevista á autora)


"Maruxa das Cortellas foi unha tocadora esencial, das últimas portadoras da viva tradición de tocar o pandeiro cadrado na zona de Pontevedra, dotada dunha voz e un repertorio excepcionais. Con esta monografía, aCentral Folque quixo recoller a primeira publicación sobre o pandeiro que se publica en galego.

Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por mans femininas.

Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega.

Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis. Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, mazurcas e rumbas.

É indiscutíbel que a música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo."

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 17 )


O xoves 24 de agosto, e dentro das actividades previas á Romaría de Santa Margarida 2017, A Cova Céltica acollerá dúas actividades ás que vos convidamos.

Ás 20:30h. veremos, logo da súa estrea no Festival de Ortigueira e no Festival Interceltique de Lorient, o documental "DEFOLXXI", unha visión de David Ramos sobre a gaita galega, con entrevistas e pezas musicais de distintas persoas dentro da gaita. Antón Corral, Patricia Cela, Daniel Bellón, Pablo Carpintero, Pepe Vaamonde, Anne-Sophie Vogel...

Ao seu remate, en torno ás 21:30h., foliada aberta para que non pare a música tradicional na cidade.

Actividade enmarcada dentro de Ardelloeixo, proxecto de dinamización da música e o baile tradicional na Coruña.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aberto o prazo de preinscrición do 1 ao 10 de setembro para as especialidades instrumentais da ETRAD do curso 2015-2016

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 15 )


Especialidades da ETRAD
Acordeón diatónico. Arpa céltica. Canto Popular. Corda pulsada (Bouzouki, Guitarra acústica). Gaita. Percusión Tradicional. Requinta. Violín Folk. Zanfona

O alumnado de novo ingreso debe optar por unha especialidade en tres níveis diferentes: Itinerario Básico, Medio ou Avanzado.
Para ingresar no itinerario básico, débese realizar una preinscrición, entrar nun sorteo que decidirá as preferencias sobre os horarios dispoñibeis así como a distribución dos aspirantes en: admitidos ou lista de espera,-Naqueles casos nos que exista unha demanda superior á oferta de prazas-. Posteriormente, formalizarase a matrícula.
Para ingresar nos Itinerarios Medio e Avanzado, deberase realizar unha preinscrición, unha proba de aptitude, unha entrevista persoal e, finalmente, formalizar a matrícula no seu caso.
Tamén se pode participar nas Aulas Abertas e formacións grupais que teñen a duración dun ano escolar. (Inscrición en outubro de 2015)

Información sobre inscripción e matícula

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Falece a Señora Carmen, solista de Malvela

(texto engadido o día 4/ / 1/ / 15 )


(Nota de prensa. Sanguiñeda-Mos, 4 de xaneiro de 2015.-)
Hoxe deixounos a Señora Carmen, Carmen de Campos, solista do grupo Malvela, de Sanguiñeda (Mos). Malvela lamenta moito a perda desta muller e artista de 89 anos, fundadora do grupo, que deixa unha fonda pegada en tod@s nós.
Mañá, día 5, véspera de Reis ás 17h será a despedida na Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, a terra que a veu nacer. Alí estaremos as Malvela para cantarlle, para renderlle sentida homenaxe, para dicirlle canto a queremos...
Logo dunha longa e intensa vida, Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como a Señora Carmen, subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos. Esta aventura comezou cun curso de canto popular, impartido por Uxía ás mulleres de Mos, de onde xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002.
Con Malvela, a Señora Carmen percorreu moitos escenarios de Galicia e de fóra e participou en moitas actuacións televisivas. Tamén publicou catro discos: 'Que o pano non me namora' (2002), 'O aghinaldo' (2004), 'Da miña xanela á túa' (2007) e 'Raianas' (2011). “Entrar en Malvela parece que me deu a vida, pola música e polas xuntanzas. Eu son de Malvela e nunca me vou separar; gústame máis cantar en grupo”, expúxolle a Fran Alonso nunha longa entrevista que se publicou co disco 'Na flor dos meus anos'.
Publicado en 2007, o disco-libro-dvd 'Na flor dos meus anos' supuxo o seu primeiro álbum en solitario, xa con 82 anos. O cd contén 11 cancións nas que se escoita o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa actual que latexa nos arranxos contemporáneos do disco. Na flor dos meus anos conta con colaboracións da altura de Dulce Pontes, Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e os membros de Treixadura, Berrogüetto e Malvela. O dvd inclúe un documental onde a Señora Carmen nos relata as súas lembranzas e nos amosa o seu día a día traballando no campo e aquelas noites nas que, ás agachadas, ía ao muíño a cantar, a súa gran paixón.
A señora Carmen non lembra quen lle aprendeu a cantar: “Sempre fun unha rapariga moi cantareira. Ía ás festas e quedábame co soniquete das cancións durante toda a semana. Despois, cando o meu home mercou un radio, coñecín novas cancións”. Na entrevista de Fran Alonso incluída en 'Na Flor dos meus anos', cóntase como foi a súa vida, as súas dores e alegrías, as súas lembranzas de nena, os traballos duros no campo e nos aprendeu que o canto é sanador, no muíño ou nos moitos escenario que pisou. Sempre na nosa memoria e no noso corazón a súa voz fonda e telúrica, Señora Carmen. Nunca a esqueceremos.
En palabras de Luis Bará Torres: “Grazas señora Carmen por traernos na túa voz milenaria o arrolo de todas as nais e avoas do mundo, a crónica do sufrimento e da dignidade, o son da rebeldía, a memoria das carballeiras e a esperanza do tempo que vén. Tempo de ramos verdes coma a túa canción, de roseiras bravas, de flores de primavera. Tempo de seitura, de músicas e cantos que renacen, que abrochan, que florecen. Tempo dun país e dunha cultura que camiñan nas asas do vento, como os teus cantos, que veñen de lonxe e levan rumbo á eternidade.”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira Outono - Garcí­a Mc

(texto engadido o día 18/ / 9/ / 13 )


21 Setembro. FESTIVAL SON DAS MÁMOAS. Candeán (Vigo). García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

24 Setembro. Gravación de duas pezas + Entrevista para Tele On Line (Novo programa). Compostela. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

28 Setembro. FESTIVAL DAS BRÉTEMAS. Ponteareas. Labreg*s do Tempo dos Sputniks.

5 Outubro. O CON DO MOUCHO. Illa da Arousa. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

11 Outubro. FESTIVAL SAN FROIDANCE. Lugo. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

24 Outubro. JAM HIP HOP. Antiga Sala Nasa, Compostela. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

25 Outubro. PRESENTACIÓN DE VIVIDORES (Novo libro de Marcos Lorenzo). Casa das Crechas, Compostela. García Mc (Intervención).



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



GZmúsica TV - Episodio 1
http://www.gzmusica.com/multimedia/gzmusica-tv/335-gzmusicatv-episodio-1.html
(texto engadido o día 18/ / 3/ / 13 )


O programa 1 de GZmúsica TV emitiuse o venres 15 de marzo ás 24:00h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming na rede. Nel falouse da presentación do "Ritmo Serbio" de Terbutalina, do novo disco da Compañía do Ruído, do décimo aniversario de Abretedeorellas.com e fomos tamén de concertos. Fomos até o Salason de Cangas para falar e ver os Bastards on Parade e tamén até a DiscoTasca de Redondela, para entrevistar e ver un chisco os aragoneses Prau. Rematamos cun tema de Wöyza, gravado ao vivo no concerto que deu no Kingston Club de Vigo.


- Terbutalina- Compañía do Ruído- Salason- Bastards on Parade- Discotasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bastards on Parade, Celtic-Folk-Punl de A Coruña na Salason de Cangas

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 13 )


VENRES 25 DE XANEIRO, ÁS 22.00 h.


BASTARDS ON PARADE, A Coruña
CELTIC PUNK FOLK
Revisando referencias e entrevistas e escoitando os seus traballos descubrimos unha enérxica banda de punk celta. Poderíamos mesturar as guitarras e ritmos trepidantes dos Ramones coas voces e coros das bandas británicas e americanas máis xenuinamente punkarras, todo especiado e regado con sons tipicamente irish e galegos. Teñen editados varios Eps e un disco: “Tales from the death shore” e acaban de editar outro EP: “Shallow Waters”. E móvense moi ben polos escenarios europeos, presentando disco en París e xirando polos Países Baixos, Francia e Alemania. Enerxía, velocidade, moita festa e contundencia sonora.
- Salason- Bastards on Parade -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional
http://vimeo.com/47815540
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 12 )


Entre Galiza e Portugal existem óbvias semelhanças, mas pouco se tem investigado sobre como esta proximidade geográfica e cultural se reflexa numa identidade sonora comum.
Este filme acompanhará o periplo de um músico português (Pedro Calado, dos Gaiteiros de Lisboa) à descoberta do património musical tradicional da Galiza ao mesmo tempo que um músico galego (Davide Salvado) fará o mesmo em território português. Em ambos casos, as recolhas musicais terão a preocupação de incluir as paisagens e ambientes sonoros encontrados, sempre dando protagonismo aos informantes.
Através deste intercâmbio musical, pretende-se questionar de que forma as fronteiras geográficas dividem ou não a identidade sonora dos lugares raianos.
Cada músico toca as suas influências. É por isso que nós escolhemos dois músicos com diferentes percursos, difentes experiências musicais, e ademais trocamos-lhes as voltas enviando um para a Galiza e outro para Portugal.
O filme estará construído essencialmente por música sem entrevistas ou voz em off, só a própria experiência vivida pelos dois. Um documentário de procura e de contrapunto, mostrando realidades que ainda que diferentes serão muito semelhantes.


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



DOA, entrevista no Faro de Vigo
http://medias.farodevigo.es/documentos/2012-07-28_DOC_2012-06-28_22_08_57_cultura.pdf
(texto engadido o día 28/ / 6/ / 12 )


Entrevista ao grupo DOA no FARO DE VIGO (FARO DA CULTURA) por Lourdes Varela (8.6.12) "A fronda dos cervos"

Noticia enviada por Doa

- Doa- farodevigo- farodacultura- musica- Galicia- LourdesVarela- afrondadoscervos- entrevista -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Luar Na Lubre na Coruña presentando á súa nova Cantante: Paula Rey

(texto engadido o día 5/ / 1/ / 12 )


Chega cun sorriso cargado de enerxía que sen dúbida vai contaxiar e namorar ao público dende o primeiro concerto, que será este sábado, día 7 de xaneiro, ás 20:30 no Teatro Colón de A Coruña




Luar Na Lubre rematou o 2011 celebrando o seu XXV aniversario e mudando de vocalista tra-la marcha de Sara Vidal.
Apenas dous meses despois de que fora presentada aos medios de comunicación como nova voz do grupo, Paula Rey está xa preparada para o seu primeiro concerto; o que non deixa de ser unha proba do entusiasmo co que a vocalista de 30 anos e unha extensa formación musical, afronta o reto de acompañar a unha das bandas máis emblemáticas do folk galego.

Paula procede do mundo da lírica, pero foi tamén cantante de Duplo Son: latin, funk, jazz.. semella que non hai nada que arremede a esta rapaza, que desborda unha confianza que pode intuirse nas multiples entrevistas que ven realizando nos últimos días. O sábado poderemos vela sobre o escenario do Teatro Colón, “atrevéndose” cos clásicos de Luar Na Lubre, e tamén presentando algún dos temas do que será o disco número 13 da formación coruñesa, no que ademais de continuar a súa incursión pola lírica medieval galaico portuguesa, musicaran parte do Libro das Invasións de Irlanda (o Leabhar Ghabala), escrito por monxes irlandeses e no que ven recollida a coñecida historia en que os fillos de Breogán conquistan Irlanda
- Luar Na Lubre -

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Ulträqäns e Marí­a Xosé Silvar (Sés)
http://mas.laopinioncoruna.es/canales/musicafolk/2011/09/12/ultraqans-e-maria-xose-silvar-%E2%80%9Cdende-hai-anos-aos-musicos-coruneses-quedannos-so-as-migallas%E2%80%9D/
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 11 )


Óscar Losada, 12-9-2011

–Teñens os seus álbumes unha cousa en común: un eclecticismo musical moi desenvolvido.
-Ulträqäns: Sen dúbida que o noso disco resulta moi ecléctico. É unha conxunción de influencias dos membros da banda debidamente mesturadas. Bebemos de moitas fontes e as interpretamos ao noso xeito, á marxe da música estandarizada e fuxindo dos academicismos. Algúns tentan que haxa un pensamento único tamén no musical, mais afortunadamente iso é imposible. Cando investigas noutras culturas podes atopar outros xeitos de ver a realidade. Cremos que no futuro xurdirán novas xeracións que descubrirán novas vías e xeitos de comunicar.
-María Xose Silvar: A música é o resultado das experiencias e vivencias musicais que foi tendo o creador do tema.Hai xente que recurre aos artistas clásicos de xeito ortodoxo e quen o fai para deconstruílos, e cadaquén debe aportar o seu discurso musical e perspectiva propia ao que fai.
–Que escollería para Sés de Ulträqäns e viceversa?
-M.X: Collería esa mestura que fan entre tolemia e frikismo marabilloso no que lle atopan a volta a todo e desertan da ortodoxia.
-U: De entrada resulta evidente, elixiríamos a voz de María Xosé porque non temos algo así no conxunto. Logo salientamos a súa lucidez e coherencia.
–Supoño que a súa gran ilusión, case imposible de acadar, sería poder vivir da música.
-U: Algúns levamos vinte anos tentando vivir da música e non puidemos conseguilo e a iso, sen dúbida, axuda non ser politicamente correctos e non transixir cos tubaróns que manexan o tema cultural. A música preséntasenos como un analséxico para certas cousas e sabemos que hai algunha xente que empatiza con nós e identíficase coas nosas palabras e iso é importante. En resume, a música non dá para vivir, pero si para beber.
-MX: Algún músico vive dando clase, pero para min iso é vivir da docencia e non estritamente da música. A música non dá para vivir e si para sentir, pensando que estamos nun mundo totalmente materialista no que semella que as emocións veñen en cifras. A música é o que eu máis disfruto.
–Que me contan do panorama musical coruñés?
U: Temos un fervedoiro de músicos, con propostas diferentes e moi interesantes, pero esa escena musical está afogada pola falta de apoios. Dende hai tempo o que nos repartimos son as migallas. Temos moito futuro, xa que das escolas e academias os rapaces saen agora moi preparados e teñen acceso a cousas das que nós non dispúñamos. Na nosa cidade existen grupos que cantan en galego, inglés e castelán, existe variedade estilística e sería comenente poder darlles algunha visibilidade.
MX: O problema dos músicos é o mesmo que teñen outros artistas que traballan na cultura, xa que como esta non dá diñeiro os apoios resultan case inexistentes porque a idea imperante semella ser a de non investir no que non aporta beneficio económico. Logo tamén atopamos a xente que pretende anular todo ese mundo creativo cultural galego ou quere deixalo esmorecer. Estamos atravesando un momento de devaluación da cultura a nivel mundial e o sistema político fai que se agudice esta situación.
–A quen admiran? Poden citar a persoas alleas á música.
-MX: A moita xente. Por resumir un chisco admiro a todo aquel que amose lucidez, coherencia e talento. Tamén a esas mulleres que tiveron a valentía de se posicionar no feminismo, sei que poden existir prexuízos sobre ese termo, e facer militancia e non falo da estritamente política. Por poñer dous exemplos, encántame Simone de Beauvoir e Odetta, unha gran cantante de blues activista dos dereitos civís que estivo apoiando a Martin Luther King e que practicamente ninguén coñece.
U: Non somos un grupo que sexa especialmente fanático de ninguén en especial. Valoramos moito a todo aquel artista que vexa as cousas dende unha perspectiva contracultural e faga sentir esperanzas de que algo vai mudar. Eu persoalmente, como Fran Amil, quero citar a John Lennon como unha figura importante.
–Inventen un lema como aquel tan famoso nos anos 70 de Sexo drogas e rock and roll.
-U: Aí vai o noso: Bravú, chanchismo e deconstrución
-MX: Resistencia, 1906 e Rock and roll
–Véndanlle aos programadores un programa dobre coas súas bandas.
-MX: Eu tocaría primeiro, cando a xente aínda non anda moi borracha e logo cando xa estiveran preparados para bailar entraría Ulträqäns coa súa capacidade de facer danzar á xente. Sería un festival redondo.
U: Cremos que suporía unha interesante combinación e unha mostra do que se está a facer agora musicalmente, cos diferentes camiños que se poden percorrer. Ademais podemos compartir algo do backline e o concerto sairía máis barato.
- Ulträqäns -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal
http://www.galiciae.com/nova/113942.html?lang=gl
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 11 )


Oscar Fernández: ''Tíñamos que reconducir o proxecto. A formación non estaba sendo prolífica''


13/09/2011 - David Canto / Galiciaé

Os Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústica, mantendo con Serxio Ces e Antón Varela e o propio Óscar as claves na composición, a voz e o liderado.

PREGUNTA:
Nunha entrevista, a principios de 2007, deixaron a porta aberta a volver: "Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa". Xa tiñan pensado este prazo?
RESPOSTA:
Non recordo de decir cifras, pero en calquera caso non estaba planeado. Non sabíamos se íamos volver ou non, nin cando.

P: Que foi o que precipitou o retorno?
R: Non foi pensado. Foi como somos nós, bastante impetuosos. Pero temos que agradecerlle as forzas para volver á Asociación Cultural e Xuvenil Anchoa, que organiza o Festival Fin do Camiño, que insistiron de tal xeito en que sería grandioso que fosemos...


P: Xa houbera un amago de volver en 2010...
R: Si, fixeramos dúas actuacións improvisadas. Foi cousa de Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque, a ver se algún grupo se animaba, a facer un concerto nun cargueiro de hai 200 anos que está preparado para facer festas ou excursións. O casco é un lugar idóneo para a música ao vivo. Eu respondín á petición e dixen "Chamo aí aos Cempés, que sempre nos fixo graza tocar nos barcos". Un terceiro concerto foi consecuencia dese, no Lugnasad de Bretoña, coa mesma formación, tocando simplemente versións das cancións de sempre. O cambio é que este ano a formación é estable e reducida, e ensaiamos bastantes máis días que para aquilo.

P: Que lles deu a xente de Fisterra para botar todo a andar de novo?
R: Foi unha cousa tan sincera! Eu non recordo coñecer persoalmente a ninguén da asociación, por iso nos chamou tanto. Ademais, coincidiu que non estábamos tan atarefados. Está a ser un ano malo de concertos para case todo o mundo. Por iso xuntamos a xente para tocar e dixémonos: de facelo, facémolo para seguir... e en que lío nos metemos outra vez.

P: Fíxolles ben esa parada?
R: Si. Tíñamos que reconducir o proxecto dalgún xeito, e a formación que tíñamos non estaba sendo prolífica, non estaba avanzando. Se a maneira de refundar o grupo foi paralo, foi correcto creo.

UN PANORAMA DISTINTO
P:
Volven grazas ou por culpa da crise?
E: En parte grazas a ela. A crise afecta a todo absolutamente. Non sei que datas se lle pon a estas crises, pero non é deste ano só. Desde o 95... En principio parecía que a cousa cambiaba para ben. Houbo unha renovación nos grupos e trocaron algunhas esixencias loxísticas. Pero agora hai dificultades por falta de financiamento para todo... Se faltan os cartos, da música é para o primeiro que recortan. O ocio e a cultura son sempre os primeiros. Está a chegar ata ao ensino!

P: A metade do grupo é novo, xa que só quedan vostede, Serxio Ces e Antón Varela. Notaremos un cambio sonoro?
R: Quixemos romper coa liña anterior. É complicado, porque dos Cempés anteriores, 3 deles era un trío de rock, con guitarra, baixo e batería. Agora vai ser unha formación moito máis acústica. Ao haber un instrumento máis harmónico, como é o bouzouki, tocarei eu menos o acordeón e tocarei máis a sanfona, que é ao que me dediquei máis estes anos. Xa non teño nin acordeón, que o teño que andar pedindo prestado.



P: Pode presentarnos, un a un, os novos compoñementes?
R: Fernando Barroso vainos axudar na harmonía co bouzouki, que é un instrumento que aparece na portada do primeiro disco, pero que despois non estivo integrado no grupo, só sonou nunha peza, tocado por Carlos Beceiro; Pablo Dalama vai tocar os ventos, co saxo e o clarinete, liberando a Serxio para que se centre máis no canto; e teremos un percusionista a maiores, xa que o propio Serxio tocará pandeireta e bombo, que será Ramón Dopico, que é un músico moi versátil.

P: Están enrolados noutros proxectos, en concreto vostede na Atlántica Vapora Orquestra, estivo en Bonovo, Doa, ademais de dar clases. O resto do grupo, máis do mesmo. Deixarán de lado algunha ocupación para centrarse nos Cempés?
Temos que compaxinar todos todo. O tempo no que Os Cempés estábamos exclusivamente para o grupo pasou. Non se pode. Agora cun grupo só, como xa se puido ver, non se vive. Exceptuando a Milladoiro, e nin iso, se se enfoca a música de xeito profesional ou semiprofesional, ten que estar nun grupo ou dous. Hai que estar a picar de moitos sitios.


P: Existen músicos que na súa traxectoria resístense a novos proxectos e varían moi pouco a súa proposta, mentres outros son máis 'promíscuos'. Vostedes están facendo ambas cousas.
R: Se se quere traballar na música o que non se pode facer é estar argallando moito tempo sen ir a por todas. Hai que ser rápido, crear un proxecto, un repertorio e comprobar canto antes se funciona ou non. Tamén hai que ter en conta un dilema: centrarte no que presupós que lle gusta ao público ou vas centrarte no que che gusta a ti.

P: En que se centra vostede?
R: Depende. Posiblemente a formación menos complicada para isto é Os Cempés, temos unha liña coa que levamos case 20 anos. Incluso outros grupos foron bebendo dela. Pero con Bonovo foi complicado para moita xente. Arriscamos moitísimo máis e a uns encantoulle e outras nada.

P: A proposta de Bonovo foi innovadora e gozou de certo recoñecemento. Ides tirar algo desa estilo?
R: Non, non creo que teña moito que ver. Imos darlle outra volta ao repertorio de música tradicional e a composicións sobre música tradicional, que eu non deixei de facelas durante este parón.

NOVO DISCO, PARA O NADAL
P: Están planificando xa o retorno discográfico?
E: Temos xa 10 cancións do novo disco preparadas. Será realidade o antes posible. O primeiro paso é coñecer as pezas os 6 compoñentes e que e sonen nos dous ou tres meses que veñen. Posiblemente busquemos a maneira de facer a parte musical, o crowdfounding, estamos vendo que hai bastante xente preguntando por novos discos e cousas, e imos devolverlle esa inquietude e pedirlles que sexan uns 'micromecenas' do disco a partir de pequenas doazóns.

P: Para cando podemos ter nas mans ese novo disco?
R: Imos a toda velocidade. Espero que en nadal esteamos gravando algo.

P: Que versión dos Cempés poden agardar os seguidores nesta segunda etapa?
R: Posiblemente sexa un Circo Montecuruto mellorado.

P: Coincidirá logo cunha efeméride...
R:
Si, 20 anos do primeiro concerto. Este ano deime conta disto por un vídeo que ten Xaneco Tobío, dun concerto feito no 92 en Lugo. Eu botei contas e dixen... son 20 anos! Hai que ter en conta eses 4 anos que estivemos parados, aínda que algúns grupos botan eses anos presentando un disco como novo, e tampouco debería ser así.P: Podería recomendar algún disco aos lectores?

R: Non porque estea eu nese proxecto, pero o da Atlántica Vapora Orquestra, que acaba de saír. Ten moita historia detrás. Son pezas baseadas en cancións da cultura mariñeira de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa.

P: Sería capaz de sinalar un concerto coma o concerto da súa vida?
R: O dos Cempés no Campamento Español de Bochia, en Pontedeume. Ceamos e actuamos para persoas con parálise cerebral. Son xente á que lle costa moitísimo bailar, cansan moito movéndose e ver como comezamos a tocar e respondían dándo todo de si... Tocamos 4 cancións e os monitores dixérnnos que non podíamos tocarlles máis, que despois ao día seguinte...

P: Pro SGAE ou Anti SGAE?
R: Eu son socio da SGAE coma quen está bautizado. Cando comezamos pensábamos que era como a oficina do rexistro e sen máis alá fomos. Non estou moi de acordo co que fan, si creo na entidade de xestión como medio para protexer as obras, pero non como o fai a SGAE.

P: Algunha noticia, máis ou menos recente, do panorama musical que chamase a súa atención?
R: O anuncio da Xunta de que 2011 ía ser o Ano da Música, así, con maiúsculas. Promocionar 4 ou 5 grupos non é moito ano de música. As subvencións aos grupos foron  brutais durante moito tempo. Iso, e o feito de non cobrar entrada, favoreceu que se desvalorizase nos concertos e a música en directo.
- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Volve Folk in Trí­o!
http://folkintrio.blogspot.com/2011/08/volve-folk-in-trio.html
(texto engadido o día 2/ / 9/ / 11 )


Este venres día 2 de Setembro a partir das 16 horas, as ondas de Cuac FM acollerán o comezo da nova tempada de Folk in Trío, programa de música folk e tradicional que leva nas ondas dende o pasado 2010.

Os encargados de levalo a cabo serán Antonio Prado, Bea Mariño e Roberto Aller, e con Manu Castro na técnica. Presentarán a nova tempada, co mesmo formato dunha hora semanal pero con novidades como a sección "Arruando", que se presentará neste programa pero que dará comezo a seguinte semana.


Chega ao estudio José Couso de A Zapateira un grupo que cando deu comezo este programa en Xullo do pasado ano non diríamos que puidese estar con nós xa que aínda non se volveran a xuntar. O pasado 20 de Agosto en Fisterra volveron e xa os imos a ter contándonos tódolos regresos da súa volta. Eles son Os Cempés!





Folk In Trío


Programa de radio de música folk de CUAC FM

En directo os venres as 16:00 no 103.4 Fm (A Coruña) ou por www.cuacfm.org

Tamén en RADIO FILISPIM (Ferrolterra) 93.9 FM

No PODCAST: http://www.ivoox.com/podcast-podcast-folk-in-trio-cuac-fm_sq_f17998_1.h

Os venres de 16 a 17 horas a música tradicional e folk ten o seu oco en Cuac FM, a emisora comunitaria de A Coruña, que se pode sintonizar no 103,4 FM A Coruña ou por http://www.cuacfm.org/

Os encargados de levar a música ás ondas son Roberto Aller, Bea Mariño e Antonio Prado, que vos ofreceran as novidades do mercado, entrevistas concertos en directo, sorteos, programas especiais da música máis tradicional e moitísimo máis para que vos quededes coa cita.

Agardámosvos.

Podedes contactar connosco para pedirnos máis información, enderezo para enviarnos maquetas, discos etc en:
folkintrio@gmail.com

- Folk In Trío- radio -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



DOA portada máis entrevista na revista Interfolk
http://www.interfolk.net/site/index.php?option=com_content&task=view&id=246&Itemid=28
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 11 )


A revista INTERFOLK adica ao grupo DOA a portada do "ESPECIAL VERÁN" cunha longa entrevista, fotografías e un percorrido pola súa traxectoria musical e discográfica

Noticia enviada por Doa

- DOA- Interfolk- portada- entrevista- folk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante”
http://mas.laopinioncoruna.es/canales/musicafolk/2011/07/18/liorna-%E2%80%9Cna-editora-dixeronnos-que-o-disco-soaba-a-liorna-e-iso-e-importante%E2%80%9D/
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 11 )


Escrito por Oscar Losada
–Semella que sacan disco cada lustro. Como vai resistindo o seu grupo neste complicado panorama musical?
–Resistimos porque non temos pretensións, non nos marcamos obxectivos de facer un número concreto de actuacións ou vender unha cantidade determinada de discos, senón que deixamos fluír as cousas e así seguiremos ata que o corpo ature.
–Nótase un momento máis complicado para unha banda como Liorna que hai uns anos?
–O momento é difícil e nótase bastante, pero para nós, polo xa comentado anteriormente, ven sendo o mesmo dende o 2005. Tamén cremos que un grupo bo, de auténtica calidade, acaba por vencer as dificultades e sae cara adiante.
–Alberto Lago é o autor das pezas. Cando compón pensa moito xa na banda ou déixase total liberdade creativa e logo adaptan o mellor posible o tema?
–Sempre teño na cabeza as características musicais dos meus compañeiros para tentar amoldar as pezas o mellor posible a eles e logo non ter que realizar arranxos raros para que o tema funcione ben. Na voz cómpre ter un coidado grande e adoito compor pensando na tesitura da nosa cantante, para que non teña que forzar a voz e cante coa maior naturalidade posible.
–En dúas pezas contan co acompañamento da Orquestra Sinfónica de Melide. Como se deu esa colaboración?
–Pouca xente do folk galego gravou cunha orquestra e parecíanos orixinal facer uns temas con eles. Tivemos a sorte de que a Fernando Arias, director da orquestra, lle gustasen os nosos temas e incorporounos ao espectáculo Gallaecia, un proxecto que naceu hai xa bastantes anos e que por fin se puido realizar. Algúns de nós tiñamos certo respecto a traballar cunha orquestra, xa que impón contar con todos eses instrumentos, pero logo comprobas que é una auténtica pasada poder escoitar os temas de Liorna dese xeito.
–Alberto, vostede sempre aportou as pezas instrumentais da banda e dotoulle dunha sonoridade moi súa ao grupo.
–Tamén penso no grupo cando as fago, posto que teño composicións gardadas na casa que considero non van ben coas características da banda. Cando comezamos na música dixéronnos que o importante era acadar un son propio e cando presentamos este disco a Cumio, a nosa editora, comentáronnos que soaba a Liorna e iso é importante. Temos coidado en tentar non repetirnos á hora de realizar os temas. Mesturamos as instrumentais coas pezas cantadas xa que pensamos que unha obra toda instrumental pode chegara a ser, nalgún momento, un pouco dura para o ouvinte.
–E nunca perderon de vista na súa traxectoria botar un ollo á música tradicional.
–É verdade que nunca a esquecimos e neste disco metimos un canto de vodas que nos parecía precioso e daba xogo para incorporalo ao repertorio.
–Por outra banda aparecen catro pezas con derivas pop moi diferentes ao resto do álbum.
–Non cremos que esas composicións soen tan pop, aínda que resultan diferentes ao canto de vodas e son, evidentemente, menos tradicionais, aínda que non deixan de ter unha base folclórica de fondo. Aseméllanse máis ao que fixemos na nosa ópera prima que ás do disco anterior. Non existe intención de chegar a un público diferente con elas. Sabemos que non facemos un xénero musical de masas.

- Liorna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arquivo das Daníças do Alentejo
http://arquivodancasalentejo.wordpress.com/
(texto engadido o día 27/ / 10/ / 10 )


Temos o prazer de convidar a todos e todas para os lançamentos do Caderno de Danças do Alentejo, Vol. 01
*Terça-feira – Dia 26 de outubro – Melides e Castro Verde – Entrega de livros aos dançadores entrevistados
*Quarta-feira – Dia 27 de outubro – Évora - 19 horas na Sala 131 – Auditório do Colégio Espírito Santo da Universidade de Évora
*Sexta-feira – Dia 29 de outubro - Monte Estoril – 18h30 no Museu da Música Portuguesa
*Sábado – Dia 30 de outubro – Lisboa – Oficina de danças alentejanas com Lia Marchi e Celina da Piedade – Festival Tradballs

Noticia enviada por Tiago Coimbra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé
http://www.galiciae.com/nova/50503.html
(texto engadido o día 21/ / 3/ / 10 )


''Berrogüetto ten unha visión da música do país e do propio país, e iso é o que queremos reflexar''

''Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible''. Rosa Aneiros.


Hai xa quince anos que Berrogüeto viu a luz xuntando baixo o mesmo paraugas seis músicos cunha única finalidade; levar a música tradicional do país cara ao futuro, combinandoa con novas sonoridades. O seu propio nome será a caixiña na que gardar a alma do grupo. Berrogüeto é unha sorte de neoloxismo formado polas palabras, berro (do verbo berrar), guetto (minoría marxinada) e Soweto (barrio do sur de Iohannesburgo, expoñente da oposición ao 'apartheid'). Seguindo está lóxica nominal, dar voz e berro aos máis desfavorecidos será unha razón de existir na música para Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e o novo vocalista, Xabier Díaz.

'Kosmogonías' é, polo de agora, o último berro do grupo folk, a quinta peza creada para a banda sonora de Galicia. Este disco sairá a venda o próximo seis de abril e virá acompañado dunha xira polas principales cidades galegas e españolas. Composto por once novos temas, 'Kosmogonías' achega de novo un matiz de innovación e experimentación á música tradicional. Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado) esfiaña a súa esencia.     

Pregunta:
'Kosmogonías' é o nome do último traballo. Buscan as respostas ás preguntas do ser humano, aos enigmas cósmicos?

Resposta:
O nome vén da necesidade que sempre tivo a humanidade de buscar as respostas de por que estamos aquí. É unha reflexión que trata de mirar en vértical para despois poder facer unha mellor ollada en horizontal, entre nós.

É tamén unha chamada cara un sistema organizativo máis xusto na sociedade global e local. Pensamos que nisto pode axudar o feito de mirar cara ese espazo que nos sitúa nun horizonte máis humilde que o que agora mesmo temos. Somos unha especie depredadora co resto de habitantes e de materiais que ten o Planeta e con nós mesmos. É unha reflexión, pero sempre nunha clave optimsta, humilde e nada presuntuosa, aínda que poida parecer moi pomposa toda esta teoría.

P: Que ofrece de novidade este traballo? Segue esa liña reflexiva?

R:
Desde o punto de vista teórico e no traballo gráfico vanse notar estas reflexións. Dende o punto de visto musical este traballo ten a vagaxe de quince anos acumulada por Berrogüeto e a novidade principal de que vai ser o primeiro disco grabado con Xabier Díaz ao frente da voz. Sobre este alicerce teórico estético e na novidade de Xabier Diaz é no que se fundamenta.

Cambios internos
P:
Como foi a incorporación de Xabier Díaz á banda?

R:
Desde que se foi Guadi Galego plantexábasenos a necesidade de buscar unha nova voz e el xa traballara nalgunha ocasión con nós, nalgún directo. A verdade é que cando llo dixemos mostrouse encantado. Sempre comentamos que daba a sensación de que Xabier levaba moitos anos no grupo e apenas pasaran tres meses.

A nós veunos moi ben. Calquera novidade humana nun grupo no que xa levabamos moitos anos de convivencia pode supoñer certo reequilibrio de órbitas, e a ese nivel as ganas e a forza coa que entrou Xabier viñéronlle moi ben ao grupo. Ademais as súas aportacións e puntos de vista musicais sempre caen ben.

P: Botase de menos a Guadi Galego?

R: Non dende o punto de vista do que é o traballo. Pero evidentemente, Guadi ten unha personalidade como vocalista insustituíble. Seguimos tendo todos unha boa amizade e somos camiñantes de fondo, nunca se sabe como rematarán as traxectorias de cada un de nós ou de xeito colectivo. Hai membros do grupo que seguen traballando con Guadi noutros proxectos. Eu creo que agora mesmo o grupo está compensado e consolidado coa aportación de Xabier Díaz.

O son do país
P: Cal é o segredo da sonoridade do grupo? E esa asociación tan directa con Galicia?

R: Esa toma de terra permanente coa música tradicional galega ten que ver con que parte dos músicos de Berrogüetto provimos deste hábitat da música tradicional, aínda que despois a formación sexa máis extensa noutros xéneros musicais.

O mergullamento da música popular vai facer que despois poidas trasladar todo ese perfume sonoro e o vaias colocando gota a gota nas túas composicións. Toda esa paisaxe sonora ao final tamén está traspasando os poros da túa creatividade e ao final es un transmisor máis dentro de toda esa cadea da tradición musical.

P: É fácil innovar na música tradicional de xeito que non renxa?

R: Nunca tes a certeza de facelo coas garantías de que o que fas renxa ou deixe de renxer. O que si é certo é que un bo saber da música tradicional permiteche saber canto te achegas e canto te alonxas dela e iso podelo facer con coñecemento de causa, o que che permite ser honesto en todos os pasos que vas dando. A ese nivel eu creo que Berrogüetto sempre actuou con moita honestidade, sempre fixo o que quixo sen mirar o aspecto máis comercial e neste coidou moito o apartado artístico.

O grupo ten unha visión do que é a música do país e unha visión do que é o país e queremos que iso tamén saia reflexado nos nosos traballos, pero co compromiso de ser persoas que nacen, viven e conviven cunha determinada cultura no territorio que habitan. Ese é o plantexamento desde o que partimos.

P: Como traballa internamente Berrogüeto? Hai líderes?

R: Non. Unha das características deste grupo e que é unha especie de ente no que os músicos somos como formigas que actuamos sempre pensando no beneficio da comunidade. Todos os egos están ao servizo dun fin común que é o de facer música.

Eso creo que é algo que todos os compoñentes entendemos desde o primeiro momento, e ademais é o segredo da nosa lonxevidade, e non só porque un pode chegar a vello senón porque podemos facelo con boa calidade de vida creativa colectiva. Ese, quizais é un dos puntos que máis destacamos, porque non é demasiado fácil chegar así aos quince anos con ganas de seguir outros quince.

O mañá para 'Kosmogonías'
P: Que esperan deste disco? Que xiras teñen pensado facer?

R: Temos moitas ilusións postas neste disco porque estamos convencidos que é un moi bo traballo desde o punto de vista gráfico e tamén desde o punto de vista musical. Sempre intentamos coidar moitísimo todo o deseño e ademais terá algún tipo de agasallo para quen queira levalo á súa casa.

P: É difícil vender discos en tempos de crise?

R: Creo que nos momentos de crise é cando máis falta fai seguir traballando con todas as ganas, dando o mellor de ti mesmo e sen deixarte caer no pesimismo.

Parte probablemente desta crise é unha sorte de estado de ánimo colectivo que ao final leva a que todos deixemos de levar a man ao peto para comprar ou para consumir como se viña facendo antes. Pero das crises tamén se pode salir beneficiado e reforzado. É boa para reflexionar por que e como se producen. No noso caso está claro que houbo certos actores que tiveron un factor tremendamente especulativo e iso pode servir para que todos sexamos un pouco máis cabais á hora de consumir.  Probablemente haxa que encamiñarse cara a outro modelo produtivo e non ao ladrillo, como se fixo ata agora.
- Berrogüetto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Carlos Quintá (Linho do Cuco) «A música popular segue sendo a esencia dun paí­s»
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/02/09/0003_8282448.htm
(texto engadido o día 10/ / 2/ / 10 )


O grupo está rematando un novo traballo no que o 95% das pezas son temas tradicionais, con arranxos de Linho

Dun cuarteto de pasarúas a unha orquestina ou murga. Así evolucionou o grupo Linho do Cuco, nado en A Estrada, que a piques está de sacar á luz novo traballo. Para o 13 de marzo está confirmada a súa actuación no Salón Teatro lalinense, dentro da programación «Feito en Lalín», a partires das 21.30 horas.

-¿Axiña sairá «Linho III»?

-Estamos facendo o posible para que esté na rúa pronto. Acabado xa está. Faltan as últimas voltas normais que se lle adica a calquera traballo.

-¿Que contén esta terceira publicación?

-Bueno realmente é o segundo traballo de Linho do Cuco aínda que lle puxemos terceiro. O segundo xa estaba, había temas gravados pero finalmente decidimos que non sairá, e aquí chega «Linho III» que son temas populares absolutamente bailables. É máis, o 95% son temas tradicionais -que interpretan grupos coma Os Dezas de Moneixas ou outras formacións de Galicia- aos que nós lles demos o noso xiro. Realizamos unha interpretación de ditos temas baixo o noso concepto, que non ten que ser mellor ou peor que o que fan eles.

-Falamos de temas moi coñecidos...

-Trátase dun repertorio de temas moi coñecidos e moi bailables. Estamos facendo o posible para que se poidan escoitar o vindeiro 13 de marzo no Salón Teatro de Lalín. A intención é abrir aquí a xira de presentación do disco para continuar logo por A Estrada e por Santiago onde temos a intención de darllo a coñecer ao público. Espero que se encha o Salón Teatro. Con todos os que nos coñecen por aquí, malo será...

-¿Cando comezaron a artellar este disco?

-Primeiro fixemos unha escollida de temas e o pasado 5 de decembro foi cando comezamos a gravar nun estudo en Pontecaldelas. Non foi doado dende o momento en que tiñamos que poñernos de acordo nove persoas, chegar con todo ben ensaiado e coas cousas claras. Pero fíxose e debemos de salientar as excelentes colaboracións coas que contamos neste traballo. Dous deles, Pedro Pascual e Óscar Fernández, foron mestres meus no finado Conservatorio de Música Folque de Lalín. Nun dos temas colabora Iván, que toca flamenco como quere e Celso se prestou a recrear o son de foguetes de seis estalos. Xente que admiramos e respetamos moito colaborou con nós en «Linho III».

-Pouca xente tocaba o acordeón diatónico cando se iniciou...

-Certo. Hoxe xente moi nova toca o acordeón diatónico e a zanfona. A música popular segue sendo a esencia dun país e xa se pode vivir profesionalmente dela.
- Linho do Cuco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



bOnOvO regresa da sua xira bretona
http://www.bonovo.org/bonovo2/index.html#
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )


bOnOvO está a punto de regresar da súa xira por Bretaña, xira programada ao redor do afamado Festival Le Grand Soufflet, no que se xuntan acordeonistas de todo o mundo, na capital de Bretaña, Rennes.


A partir do martes 20 de outubro, xa estarán en Galicia, á vosa disposición, Pulpiño Viascón, Oscar Fernández, Roberto Grandal e Tomás Ageitos,  para entrevistas e contarvos en detalle todo o éxito da súa aventura de 10 dí­as de concertos en Bretaña.
Están a disfrutar duns concertos cheos de público e  atendendo aos medios de comunicación locais, que están á expectativa de falar con estes músicos que lles levan unha música de Galicia moi distinta da que adoitan ver chegar de Galicia, ao mesmo tempo que moi galega.
- bOnOvO -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Descarga Ao Vivo. Cuba - Galiza 09
http://blogs.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog.view&friendId=478463516&blogId=494937549
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 09 )


O ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O FOLQUE E O ISA
En febreiro de 2007, Ugia Pedreira, na altura directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, viaxa á Habana e entrevístase coa director do Instituto Superior de Arte (ISA) de Cuba. Este foi o alicerce de futuras colaboracións entre o que despois pasou a ser aCentral Folque e o ISA.
Deste acordo de colaboración internacional xurdiron dous proxectos até o momento:
1. Unha investigación levada a cabo por Ramom Pinheiro (profesor de historia da música) no veran de 2007 da que sairá o libro A la Habana quiero ir (Ed Sotelo Blanco, 2009)
2. E a Descarga ao vivo, un espectáculo de fusión de música galega e cubana artellado no inverno de 2007 e estreado no Teatro Mella da Habana en febreiro 2008



A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba
O libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, recolle a investigación de Ramom Pinheiro Almuinha sobre a parte cubana do patrimonio musical galego.



A la Habana quiero ir (Ed. Sotelo Blanco 2009) compendia meses de investigación en Cuba de Ramom Pinheiro. Ademais do libro, o espectáculo Descarga ao vivo, do que Pinheiro é director artístico, ofreceranos a finais de xullo un repertorio de temas saídos desta investigación.
A finais do século XIX e princ. do XX, os emigrantes galegos foron tan numerosos en Cuba que “gallego” se convertiu en sinónimo de Peninsular. Cunha comunidade tan grande axiña se fixeron necesarios símbolos de identidade e así se estrea o himno galego na Habana en 1907.
Durante meses, Pinheiro estudou os compositores galegos emigrados ou exilados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos compositores cubanos. Levantou tumbas, removeu memorias e apareceron pezas inéditas ou longamente esquecidas do repertorio musical galego. E así se foi xestando a Descarga ao vivo, un espectáculo musical de fusión galego-cubana do que Pinheiro é o director artístico. Un espectáculo que se estreou o ano pasado na Habana, no Teatro Mella, e que chegará o próximo mes de xullo a Galicia.
A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, presentouse no mes de febreiro na Habana, na Feira Internacional do Libro. Poderán adquirirse exemplares desta edición nos concertos da Descarga ao vivo na Coruña (23 de xullo, Teatro Rosalía) e Vigo (30 de xullo, Teatro Caixanova).




DESCARGA AO VIVO. O espectáculo que fusiona a música galega e a cubana
Cun elenco musical de luxo e uns arranxos musicais entre o jazz latino e o folque europeo, a Descarga ao vivo preséntase por fin en Galiza en tres concertos exclusivos:
23 de xullo. A Coruña. Teatro Rosalía de Castro
25 de xullo. Compostela. Campus Sur
30 de xullo. Vigo. Teatro Caixanova
A Descarga ao vivo nace dun acordo de colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano. Profesores de ambos centros conforman esta orquesta mixta que nos achegará a finais de xullo os sons que facían bailar a galegos e mulatos nos xardíns da Tropical, na capital cubana.
Entre os 12 temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas para a emigración galega coma a “Alborada de Veiga” ou “Un adiós a Mariquiña” e temas inéditos, froito da investigación de Ramón Pinheiro, como “O Indiano” de Ricardo Fortes Albarellos, “Del Ferrol a La Habana” de Juan Parga ou o tema “Cuba-Galicia” do compositor cubano Guillermo Tomás.

Noticia enviada por Xan Rolei

- Cuba -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* O Areal de Berres acolle este venres os actos do "Día das galegas nas letras"

* "Tocaremos en Lalín o noso primeiro tema cantado" - Faro de Vigo

* Presentación do novo disco de Luar na Lubre a favor do Monte Pindo

* Presentación do novo disco de Luar na Lubre a favor do Monte Pindo

* Paula Rey: «É como un soño estar aquí»


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre entrevista en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]