Resultados para:

cuarteto
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]

Novas que incluen 'cuarteto':


Budiño presenta Fulgor en Boiro

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 19 )


BUDIÑO presenta "Fulgor"
SALA A Pousada da Galiza Imaxinaria (BOIRO)
23 MARZO / 21h.

ENTRADAS EN TICKETEA
- Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra
- Brais Morán: Guitarra, coros
- Fran Sanz: Baixo
- Ton Risco: Batería
- Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte
.
Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.
.
Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.
O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.
Pisar terra e querer tocar ceo.
.
FULGOR ven armado de grandes letras.
Letras de poetas (@antiaotero ).
Letras de songwriters (@xoellopezoficial e @vegaoficial ).
Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.
.
Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego @antonio.casado_ , o son transfronterizo de Jairo Zavala @depedromusic ou o sotaque luso africano de @luizcaracol . E máis que destacable é a participación do @cuartetoquiroga , recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores".
.
Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.
Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando.
Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Budiño presenta Fulgor en Compostela

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Venres, 15 de marzo, ás 21h na Sala Capitol.

- Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra
- Brais Morán: Guitarra, coros
- Fran Sanz: Baixo
- Ton Risco: Batería
- Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte




Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.
O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.
Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras.
Letras de poetas (@antiaotero ).
Letras de songwriters (@xoellopezoficial e @vegaoficial ).
Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego @antonio.casado_ , o son transfronterizo de Jairo Zavala @depedromusic ou o sotaque luso africano de @luizcaracol . E máis que destacable é a participación do @cuartetoquiroga , recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores".

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.
Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando.
Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Músicas Mesturadas en Lugo
http://lugo.gal/gl/novas/o-concello-propon-coa-segunda-edicion-de-musicas-mesturadas-10-citas-singulares-nun-escenario
(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, no patio do Vello Cárcere, a segunda edición dunha proposta cultural que o pasado ano colleitou moito éxito: o ciclo Músicas Mesturadas. Trátase de 10 actuacións de música de fusión singulares que terán lugar neste centro cultural dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Carmen Basadre fixo énfase na programación deste ano, que contempla 6 citas máis que na pasada edición; e que, de novo, pretende que a veciñanza de Lugo coñeza música menos comercial nun escenario único como é o Vello Cárcere.

Músicas Mesturadas arricará este sábado, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas, co concerto de Zmeitrei, o único do grupo programado en España este ano dentro da súa xira. Esta agrupación formada por inmigrantes romaneses ofrecerá unha actuación de música fermosa e sinceira que surxe das duras realidades e loitas dun goberno poscomunista. A voz do grupo, Paula Turcas é unha cantante de ópera soprano que renunciou á música clásica en busca dunha arte máis verdadeira basada nas loitas da vida cotiá. O líder da banda é o guitarrista Mihai Victor Iliescu, quen creou o concepto e estilo de Rough Romanian Soul. O seu son faise aínda máis único co virtuoso do vibráfono, Oli Bott.

Neste mesmo mes, concretamente o día 26, tamén ás 20:30 horas, actuará Talabarte, un trío que ofrece uns concertos de risco, improvisación e contundencia. Este grupo,, composto por Quim Farinha ao violín, Kin García no contrabaixo e Pedro Pascual no acordeón diatónico, non deixará a ninguén indiferente coa súa concepción musical que funde concepcos diversos: acústico, de raíz, atemporal ou aventura.

En febreiro será a quenda de Mozart Heroes, o día 8 dende as 20:30 horas, que deleitarán ao público cun chelo e dúas guitarras, ofrecendo música clásica, rock ou música de grandes películas nunha actuación con exceso de adrenalina.

Neste mesmo mes, tamén actuará, o día 17, Tango Maestro & Quinteto Nuestro Tiempo. Desta volta a actuación será dende as 18:30 horas. Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano, Marcelo González no violón, Guillermo Bazzola na guiatarra e o contrabaixista Romain Lecuyer ofrecerán o mellor do tango contemporáneo.

O cantautor ourensán Emilio Rúa será o encargado da primeira actuación de Músicas Mesturadas do mes de marzo, o día 10, ás 18:00 horas. Estará acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa Cedrón, La Shica e Rebeca Jiménez.

Celina da Piedade, acordeonista, cantora e compositora, con tres álbums en solitario, tamén ofrecerá unha actuación no Vello Cárcere en marzo, o día 16, a partir das 21:00 horas.

O 13 abril, o Vello Cárcere servirá de escenario para a luguesa Alba Messa, que se entregou en corpo e alma á arte dende os 6 anos, contando a día de hoxe cunha extensísima formación a nivel actoral, como na danza e musical. Será a partir das 21:30 horas cando achegue o seu primeiro disco, Valiente, aos seus veciños e veciñas.

O son da guitarra española clásica a mans de José Manuel Dapena e o das cordas do Cuarteto Alicerce, formado por Jorge Montes no violin, Roberto Santamarina no violin, María José Pámpano na viola e Carlos García Amigo no cello, vibrarán no Vello Cárcere o 27 de abril, ás 20:30 horas cos quintetos para guitarra de Haydn e Boccherini. Xa no mes de maio, o día 4, Forró Mior & Jabú Morales cautivarán, dende as 20:30 horas, ás persoas asistentes con música arraigada nos ritmos populares brasileiros. O sábado 1 de xuño ás 20.30 h pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, con 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, xunto ao Trío Zarabal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Febreiro na Casa das Crechas (Compostela)
https://www.facebook.com/events/1948522775444270/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2019

Do 9 ao 28
PEQUENA
Exposición Luis Berroy (pintura)
Inauguración o sábado 9 ás 20 horas.

DOMINGO 3 21:00 5€
XACOBE MARTINEZ ANTELO TRÍO
Xacobe Martínez Antelo Trío presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en Marzo de 2019. Esta formación xenuinamente jazzística, é ao mesmo tempo transfonteiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo despregan un abano tan inusual como imaxinativo, para unha proposta musical que non entende de concesións nin edulcorantes, e que se empeña en facer Música dende Galiza para o século XXI.

MÉRCORES 6, 13, 20, 27 22:30 1€
FOLIADA CON BANDA DAS CRECHAS

XOVES 7 21:00 5€
XOANA
Presentación de Dardos, o primeiro disco de Xoana, que ten com principal aliada á lingua galega. Este proxecto promociona o uso da mesma a través dunha variedade musical coa que outorgarlle a posibilidade de abarcar distintos ritmos, que a caractericen como un transmisor de actualidade. Todas as cancións teñen unha mensaxe social, con temáticas que reflicten a nosa realidade, e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos.

DOMINGO 10, 17 e 24 - 20:30 5€
SUMRRÁ
SUMRRÁ cumple 100 domingos de residencia artística na Casa das Crechas. 100 domingos que foron forxando unha comunidade entorno ao universo de SUMRRÁ e que sen dúbida impulsaron o trío compostelán a unhas cotas de entrega e dedicación que non terían sido posibles doutro xeito. Os domingos de SUMRRÁ nas Crechas foron o punto de partida e de retorno das súas xiras, o espazo onde xestaron novas músicas, e tamén onde continúa a evolución semana a semana dunha das propostas máis afortunadas da música galega dos últimos 20 anos. 100 domingos ao vivo. Un público inesgotable e insaciable. O tempo que se detén no soto das Crechas. E a música de SUMRRÁ que semella infinita.

XOVES 14 22:00 5€
CLARA PINO & PABLO VIDAL
Pablo Vidal e Clara Pino interpretarán temas do seu último traballo NOWHERE, acompañados de Sabela Dacal ao acordeón e Rafa Otero á guitarra. Neste formato a cuarteto amosarán música de autor con influenzas que abranguen desde o jazz á Música Tradicional.

XOVES 21 21:00 5€
BARAHÚNDA
Barahúnda volve ás Crechas. Desta volta para presentar o seu 4º álbum Onde vai o mar? e celebrar o seu 20 aniversario sobre os escenarios.

VENRES 22 A 21:00 3€
Dequenvessendo
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

XOVES 28 21:00 5€
SÉSEGA
Sésega é o proxecto multidisciplinar conformado por Charles Rapante e Nuria Vil que basea a súa proposta na improvisación musical e na palabra falada. Presentarán o seu espectáculo "Barco", que integra en directo musica experimental, poesía oral e proxección en super8.


- Sumrrá -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Curso de Música Tradicional Galega de Ribadeo
http://xn--amariaxa-h3a.com/axenda/iv-curso-de-musica-tradicional-galega-de-ribadeo/
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan para os días 19 e 20 de xaneiro o IV Curso de Música Tradicional Galega, coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Será impartido por catro grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión), Xavier Feijóo “Chisco” (canto e pandeireta) e Fran Sieira (baile) e será nas instalacións da EMMeD.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. O prezo será de 40 euros para os alumnos da EMMeD e o resto 45 euros.

Para máis información hai que poñerse en contacto con acronqueta@gmail.com ouno teléfono 982 130 856.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Samaí­n no Calvario (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 18 )


Mércores 31 de outubro a partir das 19.00 diante do mercado do Calvario.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así­ que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Haberá festa ata ás 23.30, e repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes

Actuarán o "Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas", "Grupo Pandereteiras Chorouví­a da AVCD de Cabral", "Grupo de gaitas choran as pedras" e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Tamén haberá talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 18 )


Sábado, 20 de outubro na Casa da Cultura de San Sadurniño

A A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a
cultura popular galega.
Seguindo a estrutura das anteriores edicións, as xornadas de 2018 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición
“Raparigos: 50 anos de música tradicional”, que recolle unha selección de imaxes, documentos e instrumentos dun dos grupos máis senlleiros da música tradicional galega.
O segundo dos bloques ten carácter didáctico, e incorpora un obradoiro de técnicas para a gaita de fol, impartido polo músico Xaquín Xesteira “Xocas” do grupo Treixadura.
No terceiro dos bloques inclúense as actuacións de Xocas cos alumnos do obradoiro, a agrupación Donaire de A Coruña e o cuarteto de música tradicional “Os Faiscas de
Solobeira” (Cambados).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Outubro na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 18 )


PROGRAMACIÓN OUTUBRO EN CRECHAS
reservas@reservascrechas@gmail.com

Mércores 3 e 17 22:30 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21.00 - 6€ [RGMV]
DOUS
DOUS estrea por vez primeira en Compostela o 4 de outubro en cuarteto o seu último traballo discográfico “A viaxe de Yoyo” xunto a unha selección de pezas dos seus discos anteriores. Fernando Abreu nos clarinetes e Pablo Carrera nas guitarras estarán acompañados neste concerto polos colaboradores habituais dos seu discos: o contrabaixista Pablo Pérez Sanmamed e o batería Marcos Vázquez.A música de DOUS mestura influencias das músicas do mundo e do jazz nun repertorio de composicións orixinais que na súa presentación en cuarteto vólvense máis enérxicas e abertas á improvisación.

XOVES 11 21:00 6€ [RGMV]
XACOBE MARTINEZ ANTELO TRIO
Xacobe Martínez Antelo presenta o seu proxecto máis jazzístico acompañado de Xosé Miguélez ó saxo tenor e Max Gómez á batería. Jazz sen concesións, persoal, galego e contemporáneo. Xacobe Martínez Antelo Trío segue na espiral ascendente do seu propio universo sonoro, facendo Música dende o peito e as entrañas, e movendo os seus propios marcos concerto tras concerto.

VENRES 12 21:00 3€
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel
(guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

DOMINGO 21 - 20:30 5€
SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, a Casa das Crechas. SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito en España. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man. Manuel Gutiérrez, piano. Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe a Brisas da Cruña (A Coruña)
https://www.facebook.com/cantigasdaterra/photos/a.117182378345876/2084928264904601/?type=3&theater
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


O vindeiro sábado 22 de setembro, Cántigas da Terra rinde homenaxe ao cuarteto brigantino, "Brisas da Cruña" a través do programa #CulturadeBarrio @concellodacoruna
Haberá as seguintes actividades e concerto-homenaxe-foliada libre.

- Ás 11.30h charla-concerto "Os toques pechados en Galicia", polo mestre Luis Bolón (Local de Ramón del Cueto, 31).

- Ás 17h encontrocos membros de Brisas (Local de Ramón del Cueto, 31).

- 20.30h Concerto-homenaxe no Campo de Marte, coa participación de:'
:: Os Enxebres de Cacheiras
:: Os Gaiteiriños
:: Cántigas da Terra
:: Os Melidaos

- Ás 23h Foliada libre no Campo de Marte.

Agardámosvos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)
https://carreiros.blogspot.com/2018/09/noite-de-musica-tradicional-en-ouzande.html
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.
Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas.Na actualidade, os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.Mostran o seu traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistiron ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorí as.Anualmente realizan un festival no seu concello, ao cal invitan a grupos cos que fan intercambios polo resto do paí s e Portugal.

Grupo de gaitas da AC Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)
Asociación Fundada no ano 1980. O grupo de gaiteiros e pandereteiras conta no seu haber coa obtención, entre outros, dos seguintes premios:Concurso de cuartetos organizado pola Asociación Folklórica Cantigas e Agarimos: 1º premio nos anos 1990 e 1992, e 2º premio en 1991.Concurso de cuartetos tradicionais organizado pola Agrupación Folklórica Rosalí a de Castro de Padrón: 2º premio en 1996 e 1º nos anos 1997 e 1998.         Concurso “Ricardo Portela” organizado polo concello de Pontevedra: 3º premio e premio especial á mellor interpretación en toque pechado, na edición de 2001.         Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 1º premio en 1999, 3º en 2000 e 2º en 2001.         Concurso “Alalá” da A. F. C. Santa Cruz de Ribadulla (Vedra): 1º premio en 2001.Concurso organizado pola A. X. Xalgarete (Vigo): 2º premio na VIII edición, ano 2002.

Grupo Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa intención de homenaxear á muller en calquera das súas facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da poesí a.Os seus compoñentes actuais son:Marcos Varela.Compositor, arranxos, acordeón, gaita e piano.Xosé Martí ns. Letrista, percusión, gaita e voz.Patricia Quintela. Acordeón e voz.Clara Ponce. Clarinete.Musicalmente nútrense de pezas do repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música popular do seu paí s; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.Recentemente publicaron o seu primeiro traballo discográfico, co mesmo nome que o grupo: Nai.

Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional. No ano 2016  presentaron o seu segundo disco DOUS, no Teatro Principal da Estrada.

Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou desde aquela en foliadas e certames de cantos de Taberna en Pontecesures, Trazo, Arzúa, A Estrada ou Santo André de Vea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX edición da Festa do Pan de Neda (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro, ás 21:30h, no Paseo Marí­timo de Xubia: Nao, Fanfaria Taquikardia, Familia Caamango, Terbutalina

Domingo 2 de setembro: pola mañá música tradicional con O Cuarteto de Trasancos, e ás 19:30 h no Paseo Marí­timo de Xubia: Treixadura

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Voodoo en Ortigueira

(texto engadido o día 16/ / 2/ / 18 )


Sábado 17 de febreiro ás 23:00h
Paralaia Pub.
Rúa Principe, 7, Praza de Isabel II.
Ortigueira.


É un luxazo para nós presentarvos o noso primeiro concerto do ano: VooDoo!!

Martixinha, ao baixo e loops, e Belém Tajes, ao teclado e ás voces, veñen ao Paralaia para facernos vibrar coas súas letras chegadas da mu?sica tradicional galega e con armoni?as fundamentalmente Soul e R&B. VooDoo e? unha mu?sica i?ntima, elegante para grandes e pequenos momentos.

Estas melodías xa fixeron vibrar o ano pasado ao xurado dos Premios Martín Códax da Música Galega 2017 e recoñeceron a VooDoo co galardón na categoría de Blues/Funk/Soul. Con este premio, Belém e Maritxinha consolidaron o seu estilo e andan na procura de novos formatos en directo.

Agora veñen de gravar o seu segundo EP en Abrigueiro Estudos, da man de Arturo Vaquero e saiu en formato fi?sico no outono de 2017. Tra?tase dun disco con 4 temas cheos de colaboracio?ns de calidade e cun desen?o completamente feito a man: polo que non hai un igual ao outro.

Estas dúas musicazas crearon este proxecto no 2016, despois de ter gravado o ano anterior -en formato cuarteto- o seu primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña co que cañaron en Compostela o premio á mellor canción en galego polo tema "Eu son VooDoo".

O mellor de todo é que o todo isto e moito máis o poderedes escoitar o vindeiro sábado 17 de febreiro no Paralaia de Ortigueira!

QUE GAÑAS!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VooDoo na Casa Do Fol (Ferrol)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


Venres 22 de setembro ás 20:30h
A Casa Do Fol.
Rúa Magdalena N° 101.
Ferrol.


O dúo feminino VooDoo nace en 2016.
Maritxinha no baixo e loops e Belém Tajes, teclado e voces. Un ano antes graban en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Musica Xove.
No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, VooDoo gaña o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novos formatos de directo. Acaban de grabar o segundo EP en Abrigueiro Estudos, da man de Arturo Vaquero e sairá en formato físico no outono.
VooDoo son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente do Soul e R&B.
VooDoo é unha música íntima, elegante para grandes e pequenos momentos.
Poderedes disfrutar de VooDoo o día 22 de setembro na Casa Do Fol a partir das 20:30

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación en Rianxo do libro-cd homenaxe Ramón Carou

(texto engadido o día 1/ / 9/ / 17 )


Sábado 2 de setembro ás 20:00h
Concello de Rianxo.

Dende Asociación Socio-Cultural FOGO FATUO queremos facervos participes da I edición do Ciclo de “MEMORIA VIVA DE RIANXO” o 2 de setembro do 2017 ás 21.30 horas na praza de –Rafael Dieste- de Rianxo. Na que se levará a cabo a presentación do libro Cd “ Aires da Nosa Terra” - homenaxe a Ramón Carou.

Esta é unha proposta cultural a desenvolver pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Asociación a Regionalista de Teo, o Concello de Rianxo e a Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización.
O evento terá lugar na Praza Rafael Dieste, e nel presentarase o libro-cd Ramón Carou, o gaiteiro dos Aires da Nosa Terra, Asados, Rianxo, este monográfico recolle a traxectoria musical deste gaiteiro que formou parte do mítico cuarteto Rianxeiro.
Coa colaboración de diversos, compañeiros, grupos e entidades realizaremos unha viaxe ao pasado de máis de trinta anos da man do noso protagonista, don Ramón Carou Romero.

Ademais a partir das 20:00 abriremos unha exposición nos baixos da biblioteca municipal situada na mesma praza na que poderedes facer un percorrido pola traxectoria de Ramón Carou.

Logo da presentación algunhas das agrupacións que participan no CD interpretarán a peza do mesmo, así poderemos disfrutar das actuacións de Vai de Roda Rio De Anxo Os Mersenarios Banda de Gaitas Buxaina Os Perucos ou A restreba entre outros.

A realización deste traballo, nuns tempos en que os informantes da tradición do país só perviven na nosa memoria, outórgalle ao mesmo unha vital importancia nunha sociedade cada vez máis global.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 17 )


Mércores 30 de agosto ás 22:00h
Avenida de Castelao (Cangas).


Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac.
"Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, onde se pretende amosar o baile polas distintas comarcas: Ancares, Xallas, Fonsagrada, Carballo, Deza, Tabeirós, Ponteareas, Mondariz, Carballiño...
As melodías que se interpretan pertencen a compositores de principios de século XX, como Gustavo Freire, Ricardo Coutier, Reveriano Soutullo, Gregorio Baudot, José Oro Val, Antonio Amigo, Enrique García Rey....
Esta representación transcorre a través da historia de Sabela, unha moza que regresa á aldea dos seus pais co único recordo que ten deles, unha fotografía antiga bailando ao lado dun palco de música. Prodúcese entón unha regresión ao pasado que a leva a distintas épocas e momentos na vida dos seus pais, desde que se coñeceron até a despedida pola emigración.
Se xa vistes o espectáculo nas anteriores veces que se representou, nesta ocasión o director, Manolo Cobas, introduciu novidades moi relacionadas coa vila de Cangas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cuarteto Caramuxo en Pontevedra

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 17 )


Venres 21 de xullo ás 22:30h na Praza da Leña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Porcoteixos en Santa Marta de Ortigueira

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado, 25 de marzo ás 23 horas, no Paralaia de Ortigueira.

Paralaia Pub.
Rúa Principe, 7, Praza de Isabel II.
Santa Marta de Ortigueira.



OS PORCOTEIXOS chegan por segunda vez ao Paralaia logo da ES-PEC-TA-CU-LAR tarde que nos fixeron pasar na nosa terraza o sábado do Festival de Ortigueira 2016. Pero esta vez estarán os catro, con Paddy ao violino incluido.

Trátase dun cuarteto de música tradicional que fai un percorrido polos diferentes sons do Mundo Celta, formado polos escoceses Paddy Duncan (violino) e Charles McAuley (guitarra), e os galegos Migui Carballido (bodhran) e Roi Váquez (frautas e gaita).



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



90ª Foliada do Lar en As Pontes

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 17 )


Venres 27 de xaneiro ás 22:30h
Cafeteria O Lar, As Pontes.
Poboado Das Veigas.
Puentes de García Rodríguez.


Volvemos á carga coas foliadas do Lar en As Pontes! E chegamos á número 90 da man do Feroces da Galgueira que ademais de compartir actuación cos nen@s bailadores da A.C. Alende de As Pontes e de Entre Lusco e Fusco de Vilalba, teremos 2 extraordinarios grupos invitados.
Por unha banda, dende Teixeiro: OS DO XALO, diversión asegurada con estos amigos que nos deleitarán coa súa mellor tradición modernista e a súa gana de leria incansable.
Por outra banda, dende Lugo: AIRIÑOS DA FREBA, música tradicional inspirada nos cuartetos, quintetos, e pequenas orquestiñas que animaban as festas galegas nos anos 40 e 50.
E como colofón habitual, ó remate das actuacións, foliada libre ata que se faga día. Contamos con todos vós xente!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo en Rianxo

(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )


Domingo 4 de decembro ás 17:00h
Concello de Rianxo.
Praza Castelao 1.


A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o III Concurso de Música Tradicional Fogo Fatuo, que terá lugar no Auditorio de Rianxo o domingo 4 de decembro ás 5 do serán.

As categorías son a de gaita solista e cuarteto tradicional. A Deputación da Coruña dota con 500 euros o primeiro premio da categoría de solista e o Concello de Rianxo premiará con 1000 euros o grupo gañador do certame na categoría de cuarteto tradicional.

Todos os asistentes, non participantes no concurso, desfrutarán dunha boa velada de música tradicional.

Bases e máis información:

http://fogofatuo.es/iiiconcurso/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Nun Local 2016 (Vigo)
http://www.festivalnunlocal.es/
(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


3º Festival Nun Local
18, 19 e 20 de novembro 2016
Casco Vello de Vigo

50 locais, 150 artistas, cada local un escenario.


Venres 18

19:30
"A Batalha" de Grupo F
Un espectáculo de poesia e danza que da vida ao libro Ano 1993 do autor portugués José Saramago.
Lugar: INSTITUTO CAMÕES

20:30
Poesía On The Rocks
Keith Payne, Lucia Novas, Tamara Andrés e Moncho Iglesias
Lugar: La Consentida

Cuarteto Tetramorph
cuarteto de clarinetes
Lugar: Pancho Lepina

Frank?
Música con demagoxia, cinismo e un fin terapéutico.
Lugar: PENTAGRAMA

21:00
"Trapped" de Inda Pereda
Comedia física, son e mímica para construír unha paisaxe imaxinaria salvaxe
*non se admite público unha vez empezada a actuación
Lugar: PLAFF

?María Pascuala & Patricia Meira?
voz, guitarra e poesía
Lugar:EDRA

21:30
Antifrágil
Pop Rock con base acústica
Lugar: ALTA FIDELIDAD

Stoyka
Indie/Prog en formato acústico
Lugar: VAIDHE

22:30
Rap a Golpe de Beatbox ft. live band
Funky rap con banda e beatbox
Lugar: O TRILOBITE LARANXA

Maxia de Cerca
con Xulio Merino e Sergio Sienes
Lugar:LA SABROSA

"Metamorfosis"
Bater ovos e falar de filosofía non teñen por que estar rifados.
Lugar: BAR COPA PRINCESA

Sábado 19

12:00
Estrazalonia 
Teatro para bebés (0-5 anos)  
Lugar: FAI BISTÉS

Kamishibai
teatro de papel   
Lugar: DESOÑOS

?Uke & The Leles?
Grupo de Ukuleles do colexio O Castro
Lugar: LA URBANA BIKE

Café con Arpa
David Muñiz
Lugar: TRASTRIGO CAFETERÍA

12:30
Beatriz Martínez e Langarika
Música galega con arpa e bouzouki
Lugar: FRUTERÍA MILENRAMA

Sanny
Cantautora de folk americano
Lugar: QUESERÍA MARQUÉS DE VALLADARES

13:00
?Tardis?
Rock and roll multidimensional
Lugar: O MERCADO DO BERBÉS

Maxia Infantil
cos magos Xulio Merino e Sergio Sienes
Lugar: LUME DE CAROZO

"Pies de Plomo" de Declara Danza
O ritmo do meu corpo, o ritmo do meu soño (DANZA)
Lugar: PICADILLO

13:30
Najla Shami
Cantora e compositora galego-palestina
Lugar: PESCADERÍA ISA

Daniel Pereira
o maestro portugués do cavaquinho (trio)
Lugar: TRASTRIGO OBRADOR

14:00
L-R
post-folk-asturiano
Lugar: A MINA

Family Folks
Country, folk, blues e máis allá
Lugar: CASCO VELLO BAR

17:30
??Taller de Haiku??
por Celia Corral Cañas
Lugar: QUADRO

Kamishibai
Teatro de papel  
Lugar: RUTH FARIA ESTUDIO FOTOGRÁFICO

18:00
The Loopholes (acústico)
rock sinxelo e contundente sen distorsions nin artificios
Lugar: LA CUEVA

Treme
dende a bossa nova ou música tradicional galega ata o experimental e a electrónica
Lugar: Restaurante MIGUEL OLIVEIRA (dentro del MARCO)

"Siendo Feliz con su Felicidad"
Cando o río soa, levántasche mollada (DANZA)
Lugar: DONA VANIRI

18:30
Kike Ganso
Cantautor melodramáticamente urbano..
Lugar: BAR PRINCESA

"Metamorfosis"
Bater ovos e falar de filosofía non teñen por que estar rifados. (micro teatro - 2 pases ás 18:30 e ás 19:30)
Lugar: TRATO DIRECTO

19:30
Beehive
entre o hip hop e a danza contemporánea (DANZA)
Lugar: EL PISTÓN

Recitales Poéticos
Celia Corral Cañas, Xose Daniel Costas e Neves Soutelo
Lugar: A LIDEIRA

Dadga
Música folk, tradicional e de composición propia
Lugar: FARRAPOS DE GAITA

"Metamorfosis"
Bater ovos e falar de filosofía non teñen por que estar rifados. (micro teatro)
Lugar: TRATO DIRECTO

20:00
Najla Shami
Cantora e compositora galego-palestina
Lugar: BAIUCA

Daniel Pereira
o maestro portugués do cavaquinho (trio)
Lugar: PICADILLO

20:30
Urbano Cabrera
Cantautor en galego
Lugar: A CURUXA

Sheila Patricia
autora e intérprete galega ligada á palabra e á poesía
Lugar: EL AMANTE

Sanny
Cantautora de folk americano
Lugar: PENTAGRAMA

Virandeira Folk
Folk Rock Celta
Lugar: O PAPO CHEO

SPIL & Keith Payne
Improvisación poética, musical e visual
LA PINTXOTECA MAR

21:00
Íntimo Común Múltiplo
Espazo de intervención, encontro e expresión
*non se admite público unha vez empezada a actuación
PLAFF

21:30
The Loopholes
rock sinxelo e contundente sen distorsions nin artificios
Lugar: LA ABADÍA DE NURIA

Os da Regueifa
Regueifas, claro.
Lugar: EDRA

22:30
Maxia de Cerca
Xulio Merino e Sergio Sienes
Lugar: LA BURLA NEGRA

Time the Revolator
Pop/Rock de Irlanda
Lugar: FERRY

Os da Regueifa
Sesión de regueifas
Lugar: A LIDEIRA

L-R
post-folk-asturiano
Lugar: O GALO DO VENTO


Domingo 20

12:00
Café con Arpa
David Muñiz
Lugar: DONA VANIRI

12:30
Maxia Infantil
cos magos Xulio Merino e Sergio Sienes  NENOS
Lugar: HOTEL PRINCESA

13:00
Ukestra do Medio
Orquestra de ukelele
Lugar: VINOTECA BUQUÉ

Secho y Los Invisibles
Conxunción de pop, rock, amor e desencontro
Lugar: LA VENTANA INDISCRETA

14:00
Maraghotas
Disfrutar e compartir a nosa visión da música galega
Lugar: LATABARRA

Palito
Palito-Tuba-Tabla. Hai que ir vela para crela.
Lugar: LA COMIDILLA

16:00
Dadga
Música folk, tradicional e de composición propia
Lugar: SALÓN DE GRETTEL

Os Meninos
Olham para Portugal
Lugar: CARMENCITA

17:30
The Alley Stompers
Dixieland, Jazz, Blues e Swing (coa escola de baile Swing On)
Lugar: COSMOS (Praza da Princesa) *se chove, dentro do Cosmos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]


En 'Novas Relacionadas'



* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín

*

* XI Festival Xironsa - Cambados

*

* Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal


(mostráronse só as últimas recibidas)


Cuarteto Caramuxo



en Myspace

web en youtube



Cuarteto Chupacabras



en Myspace


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Cuarteto Caramuxo:
Tiruriru





buscar mais información
sobre cuarteto en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre cuarteto en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]