Resultados para:

cantos de taberna
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]

Novas que incluen 'cantos de taberna':


Cantos de Taberna - Fin de curso Escola da Vaca (Ferrol)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=912086699141479&set=a.162656264084530&type=3&theater
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 19 )


O VENRES 21 DE XUÑO @s nos@s alumn@s da actividade de CANTOS DE TABERNA tamén farán o seu concerto de fin de curso. Visitarán tres locais de hostelería da nosa cidade, para animarvos a tod@s. O recorrido que farán será o seguinte:
-19:00h Derby Café Ferrol (R/Real 53)
-20:00h Cafetería Caribe (Plza España 27)
-21:00h El Guarisnais (R/Taxonera 1)

Animámosovos a tod@s a que @s acompañedes neste roteiro e disfrutedes dos temas que tod@s coñecedes e vos animedes a votar unhas cantadas connosco!!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII FOLK IN RIO en Touro (Compostela)
http://lindeiros.gal/o-folk-in-rio-cumpre-doce-anos-este-domingo
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 19 )


Domingo 16 de xuño ás 12h na área recreativa de Santaia, en Touro,

O programa musical ábrese ás once e media polos locais do Forte con cantos de taberna. Estarán os grupos Son do Souto e Muxicas da Silvei de San Fins de Sales; A Brincadeira de Carbia; A Pinguela de Barna; A Ferrina Furtiva de Redondela; Revi, Volta de O Pino; Fiadei de Antas de Ulla; O Ghusto do Boi de Lestedo; Sarillo de Aiazo de Frades; Vai Nela de Salgueiros; Arricandeira de Arzúa; Stihl Brothers de Compostela; e UGT, Unión Temporal de Ghaiteiros de A Ulla,

Na sesión vermú estarán as Nenas do Sapo Dourado e continuación comida campestre con polbo e churrasco a prezos populares.

A partir de aqui porán a diversión os Bombos de Santiago Portugal, o Mago Dani, Uxía Lambona e a Banda Molona, Malvela e pechará a cita A Banda da Balbina.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliagra das Tabernas (A Coruña)
https://www.facebook.com/events/919232351748290/
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 19 )


Sábado 15 de xuño ás 12:15h Asociación veciñal Agra do Orzán


O FoliAgra 2019 comeza con Cantos de Taberna polos locais da Agra:
Adega Cacabelos, Cafeterí­a de Juanes, Adega A Grade, Cafeterí­a Dylons, Cafeterí­a Coruña, Cervearí­a Milenium, Cafeterí­a Dinguedin, Cafeterí­a Peregila, Cafeterí­a Internacional, Adega O Cortizo, Adega Vecino, Adega órdenes e Cafeterí­a A Terraza.
Os grupos que participan no FoliAgra das Tabernas 2019 :
Tombalobos, Parabéns, Cantapereir@s.comtigo, Raiñas ao lado de..., Birloque Gaiteiros, Cantareiros do Naval, As Maghúas, Do lado do Sol, Os Pantosos, Reviravolta

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos De Taberna en Ferrol

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 19 )


Sábado 8 de xuño ás 19:00h no Café Bar Sevilla, con Airiños do Eume

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Cantos de Taberna en Compostela

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 19 )


Sábado 8 de xuño a partires das 20:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna de Marin

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 19 )


Venres 7 xuño ás 21:30h


Participan: Son das Ondas, Son da Illa, Saljariteir@s e Zurrumalla

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Compostela

(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


Venres 24 de maio

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Marín

(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Venres 10 de maio, cos Muiñeiros do Sarela e Os Saljariteiros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Marín

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 19 )


Venres 12 de abril. II Ed. Cantos de Taberna en Marín con Os Saljariteiros e Regatos de Callobre

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Foliada Nordestí­a en San Ciprián (Cervo)

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 19 )


Sábado 13 de abril en San Ciprián

11:00h Apertura Feira de Artesaní­a na Praza dos Campos

12:00h Cantos de taberna polos locales de hostelerí­a colaboradores

15:15h Xantar Popular na Praza dos Campos.

18:10h Xogos e obradoiros infantí­s na Praza dos Campos

19:00h Obradoiro de baile (próximamente máis info)

21:30h Actuación do grupo local A Rebolaxe (Na Prazoleta)

22:30h CONCERTOS (Na Prazoleta)

-Son do Xabre
-Os Carecos
-A Compañí­a do Ruí­do

Foliada libre cando se acaben os concertos
Durante a noite haberá callos e queimada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Cantos de Taberna en Sarria
https://www.facebook.com/acpelerinos/photos/a.1635192583425074/2294975804113412/?type=1&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Festón o sábado 30 polas tabernas de Sarria, con gran fin de festa na Unión onde tocarán todo-los grupos presentados por Leo Arremecághona. Reserva a tua cea!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Pontevedra
http://ocioengalicia.com/pontevedra/cantos-de-taberna-2019-en-pontevedra/
(texto engadido o día 12/ / 1/ / 19 )


Cinco citas, dez bares, cinco grupos e un obxectivo: fomentar a nosa cultura recuperando unha forma de divertimento tradicional. Volve Cantos de Taberna da man da Concellería de Festas e o grupo Maravallada.
A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou hoxe a oitava edición de Cantos de Taberna, que arranca o vindeiro venres 25 de xaneiro e que se desenvolverá todos os últimos venres de mes até maio. Ao seu carón, Xaquín Moreda de Maravallada.


Da Silva e Moreda concordaron ao subliñar a aposta pola participación e a boa resposta da xente de Pontevedra á iniciativa, unha resposta que medra ano a ano e que trouxo outras citas como a Aquí Cántase.

“Non se trata de actuacións, os grupos incentivan que a xente cante, que participe nos cantos” indicou a concelleira de Festas. “O que queremos é dar prioridade a voz, encher as tabernas de voces e por iso os grupos levan pouca instrumentación” engade o portavoz de Maravallada.

Co fin de animar á participación, repártense as letras das cantigas nos bares porque son moitas as persoas que tan só coñecen o primeiro retrouso mais non a cantiga completa. Xustamente é un libro de cantigas o premio que recibe, ao final de Cantos de Taberna, a persoa ou grupo que mais se teña implicado e participado nas sucesivas citas do programa.

Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Cantos de Taberna en Ribadeo.

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Sábado 23 de marzo a partires das 20h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Polavila en Santalla

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 19 )


Sábado 30 de marzo


-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .
Bares participantes: Casa Diego, Casa Pedro, Casa Pérez, Mesón La Cerca, Sidrería Veredas e Carpa a cargo da comisión de festa na praza do pobo.

- A partir das 00:00 h: Concertos de “Pandereteiras sen Fronteiros”, “Tuenda” y “Caldo y os Rabizos” e para terminar a noite... Polavila aberta para todo o que queira tocar! Trae o teu instrumento e únete á festa da música tradicional asturgaláica!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Pontevedra
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2406369609408349&set=gm.2560682637282123&type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 19 )


Venres 22 de febreiro a partires das 21h

O último venres de mes xa está aquí­ e con el chegan os Cantos de Taberna a Pontevedra. Unha actividade que organiza a Asociación Cultural Maravallada en colaboración co Concello de Pontevedra.
Este venres contaremos co grupo Q. CANTIGAS
As 21 horas estaremos no MILANO DOS MARES na rúa Luis Marí­a Fernadez e as 22,30 horas na CASITA na rúa Don Gonzalo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de taberna en Roupar (Xermade)
https://www.facebook.com/nocombaro/photos/a.966461023371125/2594309370586274/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


O Sábado 16 a partir das 9 da noite No Cómbarro estaremos en Casa Moncho de Roupar botando unhas cantadas do paí­s. Vinde cantar con nós!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en A Coruña

(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


Sábado 16 de febreiro ás 20h no Centro Social Sagrafa Familia
Participan: Os Sobraos, Os Tabernos, A Rexouba

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Cantos de Taberna na Rúa da Cruz en Lugo

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Sábado 9 de febreiro a partires das 20h. Participan: Searas, Amigos do Caldeiro, Os Corenta e Chinco, Os do 13

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Edición de Cantos de Taberna en Marín

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Venres, 8 de febreiro, con Saljariteiros e Sin Son Ghaiteiros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de taberna en Pontevedra

(texto engadido o día 2/ / 1/ / 19 )


2, 3 e 4 de xaneiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8]


En 'Novas Relacionadas'



* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* IV Concurso de cantos de taberna

* 1º Concurso de cantos de taberna

* A Nosa Terra - O Mediterráneo occidental, protagonista do Ciclo de Músicas Portuarias

buscar mais información
sobre cantos de taberna en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]