[1] [2] [3]
Novas que incluen 'as pontes': (texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 ) | 
I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA Temos o pracer de presentarvos a que será a primeira actividade de carácter formativo organizada polo noso grupo: a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA. Celebrarase o vindeiro 25 de Maio, e consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión. Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.
O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo traemos a As Pontes a profesionais de primeiro nivel en cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para o alumno. Aquí volos presentamos: - Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN. - Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO. - Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.
O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que confirmemos a admisión na Xornada de cada alumno, no número de conta que indiquemos a tal efecto. As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir. Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.
A continuación vos indicamos os horarios da Xornada: 09:30 hs. Recepción de alumnos no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Presentación do profesorado e entrega do material. 10:00 hs. Comezo dos obradoiros 11:30 hs. Descanso. Café con mantecadas de As Pontes. 12:00 hs. Reanudación dos obradoiros. 14:00 hs. Xantar. Para os alumnos interesados, haberá un xantar de confraternización no restaurante O PUXIGO. Prezo: 10 €. Autocar gratuito ó restaurante. 16:00 hs. Reanudación dos obradoiros. 20:00 hs. Clausura dos obradoiros. Entrega dos diplomas ós alumnos. A partires das 20:00, e ata que o corpo aguante, petiscos para os alumnos e foliada na cafetería LAR.
En vindeiras publicacións neste blog detallarémosvos o contido de cada un dos obradoiros e iremos dando maís información. Mentras tanto... ¡Ide pensando en animarvos! ¡Agardamos vervos na nosa I Xornada Feroz de Música Galega!.
Para calquer consulta ou dúbida podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com, ou nos teléfonos de contacto 649461684 (Miguel) e 625500818 (Carolina).
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 13 ) | 
Venres 24 de Maio no Cine Alovi
| - Suso Vaamonde -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 22/ / 3/ / 13 ) - Foliada no Lar -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 13 ) | 
A partir das 22h no Lar
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 19/ / 1/ / 13 ) - Foliada das Pontes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Vindeiros concertos de Mamá Cabra
| (texto engadido o día 15/ / 12/ / 12 ) | 
Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.
Cantos Pequenos é un repaso á traxectoria vital de Mamá Cabra. Un paseo sonoro polos, nada menos que 11 anos que o grupo leva nos escenarios.
Un espectáculo repleto de cancións que forman parte da nosa memoria colectiva: O Pirata Metepata, Polas Rúas, Sereiña, Unha vella tiña un can... etc..
16 decembro LUGO (Gustavo Freire) - Xa me tardan estes Magos
21 decembro BOIRO - Xa me tardan estes Magos
22 decembro A CORUÑA (Forum Metropolitano) - Cantos Pequenos
23 decembro VIGO (Auditorio Municipal) - Cantos Pequenos
26 decembro ás 17:30h. RIBADEO (Auditorio Hernán Naval) - Cantos Pequenos
27 decembro CANGAS (Auditotorio Municipal) - Bicos de Música
28 decembro ás 18h CARBALLO (Pazo da Cultura) - Cantos Pequenos
29 decembro ás 18:30h OLEIROS (A Fábrica) - Xa me tardan estes Magos
30 decembro GONDOMAR ás 18h (Auditorio Lois Tobío) - Cantos Pequenos
2 xaneiro AS PONTES (Casa do Peso) - O mellor de Mamá Cabra
3 xaneiro AMES (Casa da Cultura de Bertamiráns) - Xa me tardan estes Magos
4 xaneiro REDONDELA (Auditorio da Xunqueira) - Xa me tardan estes Magos
4 xaneiro RIBEIRA (Auditorio Municipal) - Bicos de Música
| - Mamá Cabra -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 12 ) | 
| - Foliada- Lar- As Pontes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| II Repichoca en Ferrolterra
| (texto engadido o día 29/ / 11/ / 12 ) | 
O sábado 1 de decembro a partir das 23:00 h celebrase a II Repichoca en Ferrolterra no local de Canido. Haberá concurso de sobremesas.
Anotados por agorar:
-Pandereteiras Donas e Galáns.(Ferrol). -Cuarteto Donas e Galáns.(Ferrol). -No Cómbaro.( As Pontes). -Os Sobraos.(Bergondo). -Alén de Ancos.(Ferrol). -Os Feroces da Galgueira.(As Pontes)
Ainda estades a tempo pra anotarvos a tocar, e pra o concurso de sobremesas.... A maiores dos grupos anotados polo momento, veñen amigos de Santiago, Burela,etc.... Vai arder o Canido!!! LUME!!!!
Pra que non se perda ninguén...Local do Canido:
43º 29,05´40" N 08º14,28´90" W
O local está na rúa Insua,
Se vindes pola autovia das Pontes (AG-64) o rematar esta, o mais sinxelo e seguir direccion Ferrol pola estrada de Catabois (AC116)ata chegar a praza de Canido onde tendes que coller a rúa Alegre, veredes dous supermercados(gadis e froiz), tendes que coller a dereita e a seguinte a esquerda e todo dereito ata chegar o cruce coa rua Insua e alí agardamosvos!!
Pola AP-9/E-1 colledes a saida de Canido e xa estades na estrada de Catabois, se vades a esquerda chegaredes a praza de Canido e seguides a ruta anterior.
Dende Ferrol ides a praza de Canido e facedés o mesmo.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 12 ) | 
Metidos xa de cheo no Outono, tempo de castañas, cogumelos e Foliadas. Nos celebraremos a Nº 52 na Cafetería Lar de As Pontes, onde como ben sabedes temos unha cita “obrigada” coa Música Tradicional cada derradeiro venres de mes.
Este mes organiza o Grupo Axóuxere de Roupar (Xermade) e contarán cos seguintes convidados:
1. Banda Agarimo de Catabois (Ferrol).
Banda fundada no ano 1977 de recoñecido prestixio.
2. Modesto Arias, Gaiteiro da Fonsagrada.
Este Gaiteiro da Fonsagrada pasou case toda a súa vida laboral en Cataluña pero esto non foi motivo para deixar de tocar a Gaita.
3. Manuel Enríquez mais coñecido por Nela, O Gaiteiro de Bres (Taramundi – Asturias).
Nela aproveita a visita para presentarnos nas Pontes o seu primeiro disco de recente creación, un libro/CD que leva por titulo: Nela de Bres.
| - Foliada- Lar- As Pontes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 ) | 
O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.
A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:
Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)
Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).
Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos
- Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela
- Ruote- A Coruña
| - San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Brincadeira- Ruote -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Festival Romería en Culleredo
| (texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 ) | 
15 de Setembro no Paseo de O Burgo, dende a 13h ata ben entrada a noite. El Ventolín (Asturies), No Cómbarro (As Pontes), Catalmibre Tradicional (Culleredo), O Gaiteiro Freixo (As Pontes), ..e cantos vos apuntedes: Traede o voso instrumento e facédenos bailar!!!
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Festas do Carme e Festival da Fraga en As Pontes
| (texto engadido o día 18/ / 7/ / 12 ) | 
(Preme na imaxe para ampliar)
| - Festa da Fraga- Orquestra Os Modernos- Os Cempés- Muxarega- Susana Seivane- Odaiko -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 12 ) | 
Música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos. Cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado. Melodías de gaita que máis prenden nos galegos. Novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado”.
29 xuño - Festas de Ourense coa Coral de Ruada 25 xullo - Sargadelos 6 agosto - A Rúa (Valdeorras) 15 de agosto, 22:30 - Pontevedra.Festas da Peregrina 18 de agosto - Malpica 9 de novembro - As Pontes
| - Treixadura -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| ODAIKO PERCUSSION GROUP ARRANCA A XIRA DE VERÁN 2012 www.odaiko.es
| (texto engadido o día 19/ / 6/ / 12 ) | 
Odaiko Percussion Group, grupo afincado en Merza (Pontevedra) comeza a xira de verán 2012 con dous espectáculos en escea, Galician on Board e Odaiko & Anxo Lorenzo, que conta coa colaboración deste afamado gaiteiro. Despois da súa actuación no Festival Oubeade o pasado 9 de xuño, e da súa recente xira por Tenerife este 14 e 15 de xuño, o grupo seguirá percorrendo os escenarios galegos e españois pasando por lugares como Merza (I Festival Internacional d´a Carixa), Ortigueira, Burela, As Pontes, Cospeito, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Agolada, Melide e Valencia, entre outros moitos. Antonio Ocampo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso, Juan Collazo e a voz de Xiana Lastra integran esta formación que, dende a súa creación fai dez anos, centran o seu traballo na exploración da música tradicional multiétnica na súa variante percusiva. Unha faceta pouco traballada pola dificultade técnico-musical. Nesta xira acompáñanse de Anxo Lorenzo, gaiteiro recentemente recoñecido co premio alemán de música folk Eiserner Eversteiner, un dos maiores galardóns do panorama folk alemán. Ademáis dos numerosos concertos programados, Odaiko é organizador de numerosos proxectos musicais este verán, entre os que destaca un ano máis o curso Merza Percusión que se realizará do 8 ao 11 de agosto en Agolada (Pontevedra) e que se caracteriza hoxe en día, por ser un dos maiores cursos de percusión de Europa. Como novidade dirixen, en colaboración con outras sedes autonómicas (Valencia, Madrid, Aragón e Asturias) o FIP Galicia, Festival Internacional de Percusión, que arrancará a súa primeira edición en agosto con varias propostas musicais por distintas cidades galegas.
| Noticia enviada por SONIA TORRES REY
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Muxarega no Palique (As Pontes)
| (texto engadido o día 14/ / 4/ / 12 ) | 
Hoxe sábado estamos no Palique en As Pontes a iso das 00:30, animádevos a botarlle unhas muiñeiras pa entrar en calor :)
| - Muxarega -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume
| (texto engadido o día 2/ / 4/ / 12 ) | 
Polas Fragas do Eume i en protesta contra as mentiras da Xunta e a xestión do incendio
LUNS 2 DE ABRIL, Concentración nos lugares mais representativos das vilas galegas
En Pontedeume ás 20:00 diante do Concello (constituirase en réximen de autoconvocatoria a Plataforma en Defensa das Fragas do Eume)
En Ferrol, ás 20h na praza de Armas.
No resto das vilas, ás 20:30: A Coruña: nos Cantóns; Vigo: na Porta do Sol (o "Sireno"); Compostela: no Obradoiro; Pontevedra: na Ferrería; Lugo: diante do Concello; Ourense: diante do Concello; Foz: diante da Delegación de Facenda Lalin: Praza da Igrexa Vilagarcía: Praza de Galicia Betanzos: Praza da Constitución Carballiño: Diante do concello Xinzo de Limia: na Praza Maior Boiro: diante da Praza de Abastos
Madrid: Atocha.
ESPALLA! REACCIONA!
Galiza Non Se Vende: Este incendio é gravísimo, non é un incendio máis, nin é un acidente casual, asemella ser unha operación premeditada, igual que muitos dos lumes nos últimos anos. Os montes que están ardendo son «zonas eólicas» e «zonas forestais», a «repoboar» con muiños e eucaliptos.
Queimar as Fragas do Eume e rebaixar o seu gran valor natural beneficia a muitos intereses:
1. Proxecto de Celulosa nas Pontes. Precisa dun área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían un gran crecemento. O sector madeireiro leva anos comprando parcelas na zona.
2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Segundo o proxecto é imposíbel evitar as filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación contínua no río Eume. Ao ser um espazo protegido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.
3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e surafricano a carón das Fragas do Eume que provocaría un grande impacto neste espazo natural.
4. Proxeto de novo encoro no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento da clausura da mina das Pontes.
Evento no Facebook:
http://www.facebook.com/events/142717325856411/
| + 7 noticias relacionadas ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 30/ / 3/ / 12 ) - Foliada- Lar- As Pontes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 ) | 
27 de Xaneiro a partires das 22:30 no Lar (As Pontes). Axouxere de Roupar, Berros do Castro, Os Devotos de San Xiao de Trevo.
| - Foliada- Lar- As Pontes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 11 ) | 
Foliada de Novembro, na cafetería Lar (As Pontes) Actuarán Maghúa , Catalmibre e Feroces da Galgueira.
| - Foliada- Lar- As Pontes -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Programa de Santa Icia no Concello de As Pontes
| (texto engadido o día 14/ / 11/ / 11 ) ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
[1] [2] [3]
En 'Novas Relacionadas'
* MINAR
* RTV EUME: O grupo folk Muxarega ofrecerá o vindeiro día 8 un concerto para celebrar o seus quince anos de música
* Polo San Martiño... peóns ao camiño!
|
|