Resultados para:

aniversario
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14]

Novas que incluen 'aniversario':


30 Aniversario AF San Xiao do Trebo (Cariño)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


O sábado, 20 de abril, celebrarase na Praza Roxa de Cariño o 30 Aniversario da Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño.

Ás 14h desfrutaremos dunha comida (callos, carne asada, pan, poster e bebida)

A partir das 21:00 h comezarán os concertos (de balde) de:

- Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño.
- Asociación Cultural Os Xeitosos deTrazo
- Xabier Díaz e Adufeirasde Salitre
- Andarivel.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala 40 anos de Xacarandaina en A Coruña
https://www.facebook.com/events/1206669366165767/
(texto engadido o día 1/ / 4/ / 19 )


O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.

Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina ao longo da súa historia.
A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Con un deseño de luces creado ‘ex profeso’, unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€
CAYUCO
Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00
OS ESTALOTES
Foliada

Sábado 2 23.30
DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €
SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€
Andrés Penabad
Multi premiado acordeonista Galego que dende moi pequeno introduciuse na música tradicional formando parte de numerosos grupos e formacións. A día de hoxe é un dos acordeonistas con máis proxección dentro do panorama folk galego e mesmo estatal. Andrés colaborou con grande cantidade de músicos da altura de Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar Na lubre, Xose Manuel Budiño ou Xabi Aburruzaga.

MÉRCORES 13, 20, 27 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 14 21:00 8€/10€
club del rÍo
Un batido vitaminado con sorpresa de músicas infinitas, o resultado de múltiples influencias que atravesan o mundo, unha mestura de guitarras, ritmos optimistas e vitalismo; «un método de defensa contra unha sociedade agresiva facendo bandeira da unión e a amizade». Eses son Club del Río.

SÁBADO 16
FESTA ANIVERSARIO CASA DAS CRECHAS

DOMINGO 17 20:30 8 €
Ana Alcaide
"Luna sefardita” é a historia de Alina, unha nena sefardí que abandona Toledo e que emprende unha longa viaxe de exilio no que seguirá os rastros da lúa no seu reencontro. Unha viaxe nostálxica que traza unha ponte cara ao pasado e que convida a percorrer diversas paisaxes sonoras.
No mesmo a artista fai un percorrido á súa discografía, da que tivo un bo recoñecemento internacional en escenarios de Arxentina, Uruguai, Italia, Alemaña, Francia, Marrocos, Canadá, Bulgaria, Uzbekistan ou Indonesia, entre outros.
Ana Alcaide: Voz, Nyckelharp, Violín de Hardanger / Bill Cooley: Psalterio, Ud, Percusións / Rainer Seiferth: Guitarras

LUNS 18 23:30
DJ CHIRI

XOVES 21 21:00 5 €
ESPECTÁCULO maldita peaxe de Zakarías O`Facas
Maldita Peaxe é un espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O'Facas, que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical.
O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.
O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público.

VENRES 29 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Aniversario da Asociación Cultural Triskell

(texto engadido o día 7/ / 3/ / 19 )


Sábado, 9 de marzo, no Centro Multiusos de Armentón

Foliada a partires das 21h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Alborada a Rosalí­a en Compostela
https://www.facebook.com/events/366016710665283/
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 19 )


O vindeiro domingo 24 de Febreiro ás 11 da mañán convidamos a toda a veciñanza da cidade a tocar e cantar a alborada a Rosalí­a no seu lugar de nacemento na actual Praza de Vigo (futura Praza de Rosalí­a de Castro) para celebrar o 182 aniversario da nosa máis universal escritora.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane na Coruña

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Xoves 21 de febreiro no Garufa Club


Susana Seivane, dentro do marco da xira conmemorativa dos 20 anos do seu primeiro lanzamento discográfico, chega a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Fa' con un concerto único e irrepetible onde rememorará unha auténtica festa de aniversario
- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Febreiro na Casa das Crechas (Compostela)
https://www.facebook.com/events/1948522775444270/
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2019

Do 9 ao 28
PEQUENA
Exposición Luis Berroy (pintura)
Inauguración o sábado 9 ás 20 horas.

DOMINGO 3 21:00 5€
XACOBE MARTINEZ ANTELO TRÍO
Xacobe Martínez Antelo Trío presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en Marzo de 2019. Esta formación xenuinamente jazzística, é ao mesmo tempo transfonteiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á batería e o propio Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo despregan un abano tan inusual como imaxinativo, para unha proposta musical que non entende de concesións nin edulcorantes, e que se empeña en facer Música dende Galiza para o século XXI.

MÉRCORES 6, 13, 20, 27 22:30 1€
FOLIADA CON BANDA DAS CRECHAS

XOVES 7 21:00 5€
XOANA
Presentación de Dardos, o primeiro disco de Xoana, que ten com principal aliada á lingua galega. Este proxecto promociona o uso da mesma a través dunha variedade musical coa que outorgarlle a posibilidade de abarcar distintos ritmos, que a caractericen como un transmisor de actualidade. Todas as cancións teñen unha mensaxe social, con temáticas que reflicten a nosa realidade, e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos.

DOMINGO 10, 17 e 24 - 20:30 5€
SUMRRÁ
SUMRRÁ cumple 100 domingos de residencia artística na Casa das Crechas. 100 domingos que foron forxando unha comunidade entorno ao universo de SUMRRÁ e que sen dúbida impulsaron o trío compostelán a unhas cotas de entrega e dedicación que non terían sido posibles doutro xeito. Os domingos de SUMRRÁ nas Crechas foron o punto de partida e de retorno das súas xiras, o espazo onde xestaron novas músicas, e tamén onde continúa a evolución semana a semana dunha das propostas máis afortunadas da música galega dos últimos 20 anos. 100 domingos ao vivo. Un público inesgotable e insaciable. O tempo que se detén no soto das Crechas. E a música de SUMRRÁ que semella infinita.

XOVES 14 22:00 5€
CLARA PINO & PABLO VIDAL
Pablo Vidal e Clara Pino interpretarán temas do seu último traballo NOWHERE, acompañados de Sabela Dacal ao acordeón e Rafa Otero á guitarra. Neste formato a cuarteto amosarán música de autor con influenzas que abranguen desde o jazz á Música Tradicional.

XOVES 21 21:00 5€
BARAHÚNDA
Barahúnda volve ás Crechas. Desta volta para presentar o seu 4º álbum Onde vai o mar? e celebrar o seu 20 aniversario sobre os escenarios.

VENRES 22 A 21:00 3€
Dequenvessendo
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

XOVES 28 21:00 5€
SÉSEGA
Sésega é o proxecto multidisciplinar conformado por Charles Rapante e Nuria Vil que basea a súa proposta na improvisación musical e na palabra falada. Presentarán o seu espectáculo "Barco", que integra en directo musica experimental, poesía oral e proxección en super8.


- Sumrrá -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pan Sen Fron no 16 Aniversario da Repichoca (A Coruña)

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 19 )


Venres 25 de xaneiro a partires das 21:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala 70 Aniversario de Cántigas e Frores (Lugo)
https://www.facebook.com/events/476922492829474/
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres 30 de novembro ás 20:30h no Salón Rexio do Círculo das Artes

Acto central do 70 aniversario de Cántigas e Frores que se celebrará o venres 30 de novembro ás 20:30h no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Nesta Gala actuarán os grupos oficiais de Cántigas e Frores (Banda de Gaitas, Coro Galego, Grupo de Baile, Grupo de Pandeireteiros, Murga e Grupo de Pandeireteiras). Ademais farase entrega do Premio Cántigas e Frores da Cultura 2018, que este ano recae na figura de Antón Corral. Ao remate terá lugar a Cea do 70 Aniversario no Restaurante Manuel Manuel (previa reserva no 649421507 cun custe de 36 Euros por persoa)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sondarúa e Keltoi no V Aniversario Colectivo NÓS (Vigo)
https://www.facebook.com/events/649981132068136/
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres, 30 de novembro na sala Master Masterclub


O Colectivo NÓS cumprimos o próximo setembro o noso V Aniversario de vida e actividade dentro da grande familia do celtismo, e celebrarémolo por todo o alto cunha festa concerto o venres 30 de novembro ás 23:30 horas na sala Masterclub (Vigo).

Na nosa festa haberá un concerto dos pontareáns SONDARÚA co seu hip hop combativo en galego e tamén dos nosos compañeiros celtistas KELTOI! co seu street punk e Oi! comprometido.

O prezo das entradas será de 5 euros en venda anticipada na e de 7 euros na billeteira o propio dia. Puntos de venta:
- Bar Princesa (Casco Vello).
- Cafetería The Movie (rúa Eugenio Krapf 33, Balaídos).
- O Curruncho dos Titos (rúa Torrecedeira 46).

Os socios/as do COLECTIVO NÓS entrarán de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Seràn Paradanda en O Grove
https://www.facebook.com/paradanda.grupofolclorico/photos/a.1104769336326692/1412951418841814/?type=3&theater
(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Aquì tedes en exclusiva o cartaz do noso XI Seràn Paradanda. O sàbado 24 a partir das 21:00 horas na carpa institucional no Cargo. E para celebrar o noso XX aniversario contaremos coa actuación de Carapaus. Non faltedes!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dakidarrí­a - XV Aniversario (Bueu)
https://www.facebook.com/events/2056825901234707/
(texto engadido o día 9/ / 11/ / 18 )


Sábado 10 novembro á 21h na carpa Xardíns das Lagoas

ENTRADA GRATUÍTA
Autobuses directos

Invitados: Julio Maloa, Senka La Raíz, Jano Yuk de La Raíz, Robe, Juanako e Juanmi de Trashtucada, Kiko de Aspencat Oficial, High Paw , Anton Seoane, Kike Kallaikoi, As Punkiereteiras, Xabi Arakama, Nervo de Rebeliom do Inframundo, GANJAHR FAMILY, García Mc, Esteban de Skacha, Suso Soak, Varillas de farfallo, Come The Skarnivals, Paulo Liska, Peter Punk Pallaso, Xurxo Souto de Os Diplomáticos de Monte Alto, Iñaki Tnt, Vudú, Trópico de Grelos, Isla LeTriska & Jano... E moitas sorpresas máis!!

Abren o concerto TNT BAND e GARCÍA MC
- Skacha -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



25 aniversario de Arume (Torroso. Mos)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 18 )


Celebración do 25 aniversario de Arume no centro dotacional de Torroso (Mos) o 27 de outubro ás 20:30h

Noticia enviada por Lorena

- Arume- tradicional- folk- pandereteiras- Torroso- Mos- aniversario -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Aniversario Cantareiras Bulideiras "A muller Do Mar"

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 18 )


Sábado, 22 de Setembro no Auditorio de Vilagarcí­a de Arousa

Participan:

- Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa
- Grupo de danza Amor Ruibal de Barro.
- Grupo de gaitas O Souto de Rubiáns
- Grupo de baile A Nosa Terra de Pereiras-Mos
- Fanfarria Furruxa de Caldas de Reis

A entrada é de balde e estará presentado por Diego Rubianes

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantadores Tradicionais no Var con Uve (Moaña)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1984635258249639&set=a.107193689327148&type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 18 )


Seguindo cos actos do 50 aniversario, este domingo 16 de setembro, volven os cantos de taberna ao Var con Uve cos Cantadores Tradicionais en sesión Vermú!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Feira do 48 en Lugo - 70 aniversario Cántigas e Frores

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 e domingo, 9 de setembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXV Festival folclórico Internacional de Peitieiros (Gondomar)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


O Centro Cultural de Peitieiros celebra do 20 ao 25 de agosto a VI Semana Cultural e o XXV Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto, ás 19:30 horas.

O programa da V Semana Cultural é o seguinte:

Os dí­as 20 e 21 ensaios abertos do grupo Ecos e Agarimos, ás 20:00 horas.
Mércores 22, xeira coorganizada co IEM sobre a toponimia do monte de Peitieiros: “Polos cumes de Peitieiros. A paisaxe nomeada”, guiada por Xosé Lois Vilar. O punto de encontro é ás 19:00 horas no alto de San Antoniño.
Xoves 23 ás 21:00 horas inauguración da exposición de Xistra: “30 anos de ghaitada”.
Xoves 23 ás 22:00 horas teatro: Trasluz teatro representará “Piollosos” no atrio de Peitieiros.
Venres 24 ás 22:00 horas: Canto de taberna co Grupo de canto tradicional do CCV de Peitieiros e o Grupo Mistura de Vigo.

O sábado 25 de agosto celebrarase o XXV Festival Folclórico Internacional, por tanto, o vixésimo quinto aniversario deste evento que naceu vinculado á creación do grupo Ecos e Agarimos que, desde entón, formou xeracións de músicos e bailadores. A eles e elas está dedicado este Festival que este ano ten o seguinte programa:

12:00 horas Clausura da exposición: “30 anos de ghaitada” coa presenza de Xistra.
19:30 horas 19:30 horas Ecos e Agarimos de Peitieiros, grupo anfitrión, Danças e cantares de Vitorino dos Piães, (Ponte de Lima) e Os Chavellos (Mos).

O XXV Festival Folclórico conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Gondomar, do IEM, de Xistra e da Comunidade de Montes de Peitieiros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa IV Aniversário de A Arca da Noe (Vilar de Santos)
http://www.facebook.com/1970612129670324
(texto engadido o día 1/ / 8/ / 18 )


Venres 3 de agosto, desde as 18h30

Vai ser uma grande festa com Peter Punk Paiaso, As Xoaniñas, Tanxugueiras, foliada e polvo do Pucho!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XX Oenach Atlántico (Narón)

(texto engadido o día 27/ / 7/ / 18 )


Venres, 27 de xullo
Barrio Sedes, 15596 Narón (A Coruña)

Turí­stico de Galicia, celebra o seu 20 aniversario cunha programación especial de concertos e teatro e con múltiples actividades para os máis pequenos. A parroquia de Sedes recrea durante tres dí­as a vida dun poboado celta con representacións tradicionais e acolle actuacións musicais como a de Cristian Silva ou Marí­a Fumaça. Podes animarte e vir caracterizado como un castrexo e tamén poderás probar hamburguesas e varios produtos de porco celta. Achégate a pasar unha fin de semana diferente e sumérxete en familia no mundo celta!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Heredeiros da Crus. Xira 25 aniversario
http://www.facebook.com/1814999571870140
(texto engadido o día 10/ / 7/ / 18 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14]


En 'Novas Relacionadas'



* Tocar na casa é unha responsabilidade, pero tamén é sempre un pracer enorme

* Piornedo celebra o X aniversario da Festa da Pandeira, o instrumento que deu voz ás mulleres do

* «Este disco evoca sensacións»

* "Sentímonos orgullosas de revalorizar a función da muller na música tradicional galega"

* Ponte nas Ondas, (case) vinte anos rachando as fronteiras


(mostráronse só as últimas recibidas)

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Luar Na Lubre:
XV Aniversario





buscar mais información
sobre aniversario en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre aniversario en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]