Resultados para:

Zurrumalla
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Zurrumalla':


Cantos de Taberna de Marin

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 19 )


Venres 7 xuño ás 21:30h


Participan: Son das Ondas, Son da Illa, Saljariteir@s e Zurrumalla

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zurrumalla en Manzaneda

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 19 )


Sábado 2 de marzo a partir das 24h no local da Asociación A Rebusca

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Escaravellos, Zurrumalla e Os Carunchos en Tameiga (Mos)

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Sábado 9 de febreiro ás 22h na Sala Rebullón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zurrumalla en Coruxo

(texto engadido o día 21/ / 12/ / 18 )


Venres 21 de nadal ás 22:00 na cafeterí­a do Cracc

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Rúa de Baixo (Compostela

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Aponta na agenda! Do 4 ao 9 de setembro voltam as afamadas e tradicionais Festas da Rua de Baixo!

Aqui tedes o programa completo, cheio de música, atividades, passeios...

4 de setembro
19:00 Decoramos a rua na fonte da Rua de Baixo

5 de setembro
Início do concurso da "Casa melhor decorada"
19:30 Passeio sonoro pola Rua de Baixo (saída diante da@@ Gentalha do Pichel)

6 de setembro
20:00 Cinema animal e pique-nique na fonte da Rua de Baixo
Traede mantele e comida para partilhar. O chocolate quente e o biscoito vam da nossa conta.

7 de setembro
20:30 Ruada com Coser e Cantar, desde a Rua de Baixo
22:00 Pregom das ramistas María e José e Noite de Música tradicional com
MARAGHOTAS
PAN SEN FRON
ZURRUMALLA
E ao rematar... foliada!! Trai o teu instrumento e ganas de bailar!

8 de setembro
11:00 Ruada com cabeçudas acompanhadas do Grupo de Gaitas e Percussom da Gentalha do Pichel
12:00 Concurso de chave no estacionamento de Basquinhos, 2 (antigo Señarís)
Inscripción: no propio lugar.
12:00 Umhas festas que nem pintadas com BoSCQuejeros na Rua de Baixo
12:30 Grupo de Dança Semente de Compostela, na Rua de Baixo
13:00 Sessom vermú com as tradicionais
EVA E CAMILO
e prémios da chave e à melhor parelha de baile.
Depois da sessom vermú: Jantar popular. Traz a tua comida.
Haverá menus económicos à venda elaborados por Entrepedras, Hervor&Fervor e Garum.
17:00 Festivalinho
A maleta da avoa, espectáculo de lendas e contos, com Raquel Queizás
Ferro a fundo, carreira de patins, bicis e demais automóveis miúdos. Traz o teu!
Brinquedos para todas com a Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela
19:00 Recuperaçom do divertido Jogo dos Pucheiros e do Mancha-te e lava-te (maiores de 12 anos)
22:00 Atuaçons musicais com
EVA E CAMILO
BRASSICA RAPA
DJ ELECTROCONAS
Às 00:00 Baile do Farolinho!! e entrega de prémios da rifa e da "Casa melhor decorada"

9 de setembro
12:30 Almorço e vermú na rua. Levamos bolos, café, sumos, vermú... e partilhamos!
13:00 BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII FOLK De RAÍZ en Callobre (A Estrada. Pontevedra)

(texto engadido o día 30/ / 6/ / 17 )





SABADO 1 DE XULLO, A PARTIR DAS 22:30 HORAS, PODEREMOS DISFRUTAR DO XVIII FOLK DE RAIZ, QUE SE CELEBRA EN CALLOBRE (A ESTRADA)

ESTE ANO CONTAREMOS CA MUSICA DE:
* A.C. RETRANQUEIROS
*SON´S DA MINA
*LUAR NA LUBRE (Xira XXX aniversario)
*ZURRUMALLA

E COMO SEMPRE ENTRADA DE BALDE

NON FALTEDES¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zurrumalla en Vigo

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 17 )


Sábado 08 de abril, SESIÓN VERMÚ na Cantina Candelas (Rua Martín Codax, 12)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna e Zurrumalla en Manzaneda

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo
Cantos de Taberna polas adegas e bares da vila de Manzaneda, rematando o percorrido no local da Asc. Cultural A Rebusca.
A partir das 23:30h as compañeiras de Zurrumalla rebentarán o torreiro da festa.

E o domingo pola tarde, a partir das 17:00h...REBUSCA INFANTIL!!!!!! Si, señora carnocha, os cativos queren festa e, nós, dámoslle festa. A canteira manzanedense porá a proba a resistencia de, nin máis nin menos...., Ce Orquestra Pantasma e Chuches Amil! Hai canteira!!

Avisadas quedades.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Rebusca de Outono en Manzaneda

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


Venres 18 e sábado 19 de novembro

VENRES 18
NAVE DO TOURAL
22:30-23:45 Zurrumalla
00:10-01:25 Cuchufellos
01:50-03:05 Tres Trebóns
03:30-04:45 La Tarrancha
05:00-07:00 DjS
SABADO 19

LOCAL ASOCIACION
18:00-19:00 Chuches Amil
19:30-21:00 Labreg@s do tempo d@s sputniks
NAVE DO TOURAL
22:30-23:45 Poetarras
00:10-01:25 Freak Fandango
01:50-03:05 Ruxe Ruxe
03:30-04:45 La Trocamba Matanusca
05:00-07:00 Brigada Am

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xxx Festival Da Poesia No Condado (Salvaterra)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 16 )


FESTIVAL DA POESIA
NO CONDADO
Centenário das Irmandades da Fala
—
2-3 DE SETEMBRO
SALVATERRA DE MINHO
—
http://scdcondado.org/
—

Sexta-feira, 2 de setembro

20:00 | Apertura exposicións
Infinito. Daniel Pérez
Debuxos de negros de Castelao (Cedidos por Editorial Galaxia)
100 anos. Irmandade da Fala de Compostela

20:30h | Noite nas Minas*
Rochi Nóvoa. Poesia
Sofía Espinheira. Concerto

* Entrada 10€·8€ (desempregadas)
Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org – 671 20 01 60

23:00h |Festa rachada & Caldo verde
O Puto Coro do Exército Froilanista
Ronco&foll
Espalda Kemada

___

Sábado, 03 de setembro

11:30 | Feira de colectivos e artesanato

11:30 | Bilharda
Aberto da Poesia (Liga Nacional de Billarda).

11:30 |Passa-Ruas
Ronco&foll.

11:30 | Comboio de baixa velocidade

12:00 | Poesia
Abordaxe poética no comboio de baixa velocidade.

13:00 | Presentaçom
As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro. Ed. Galaxia

13:30 | Sessom vermute
KNeves no Autoblues Chicago-Fornelos. Servizo discrecional
Ronco&foll

17:00 | Festa Infantil
‘Cóxegas’ (busca do tesouro)

17:00 | Audiovisual
Seleçom de curtas do Festival de Cans
Mans Mortas, de Daniel Pérez e Adrián González

18:00 | Teatro
A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao, de Limiar Teatro

18:00 | Poesia
Assinatura de livros das poetas participantes.

19:00 | Poesia
Abordaxe poética no campo da festa.

19:00 |Poesia
Antía Otero &Isaac Garabatos

19:30 | Poesia
Xuventude Imbécil

20:30 | Música&Poesia
Apresenta: Xurxo Souto
Leitura do limiar, por Xurxo MartínezPoesia:

Poesia:
Emma Pedreira, Mário J. Herrero, Rui Spranger, Ana Romaní, Aurora Boreal, Oriana Méndez, Jesús Castro, Manolo Pipas, Lara Dopazo, Antón Blanco

Música:

ZURRUMALLA
SOKRAM
FAMILIA CAAMAGNO
SELECTA ALICE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Día da Gaita e Romería de A Xira de Santa Cruz (Ribadeo)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 16 )


Sábado 6 de Agosto
19:30h Pasarrúas e actuación das Escolas
23.00h no parque de San Francisco:
Carapaus
Quempallou.

Domingo 7 de agosto
11.00h pasarrúas a cargo de:
Cuarteto Tradicional Illa Pancha
Zurrumalla
Os Atrevidos da Barcala.
12h no Cantón dos Moreno:
Actuación das Escolas
18.00h Ofrenda ao monumento do gaiteiro.
19.00h, concerto de Zurrumalla
- Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Música na Noite en Calo - Teo

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Sábado 9 de xullo
https://goo.gl/maps/1i3vbqfvNto

Malandrómeda
Zurrumalla
Barbitúricos
O Sonoro Maxín
Airiños do Maycar


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII FESTIVAL DO RÍO CASTRO EN NARAHÍO

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )



Sábado 2 de xullo de 2.016 :
- 12,00 Chegada de merendas.
- 15,00 Xogos tradicionais para nenos e nenos coa ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL.
- 17,30 A GRAMOLA GOMINOLA , música para a rapazada.
- Campionato deporte popular,tiro de corda,serrado de tronzador e a chave.
POLA NOITE A PARTIR DAS 22,00 :
- PESDELÁN.
- ZURRUMALLA.
- OS CUCHUFELHOS.
- QUEMPALLOU.
Este ano cartelazo deseñado por Garabatos de Juanlu.
O 2 de xullo toca festa pero lembrade,si non cruzades a ponte para gozar do festival é mellor que busquedes outro lugar onde sentirvos máis cómodos e cómodas.
VÉMONOS EN NARAHÍO !!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Costa dos Castros (Oia)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


17, 18 e 19 de xuño
Concello de Oia


O Festival Costa dos Castros de folk e patrimonio histórico, nace como resultado do interese pola visibilización e divulgación do patrimonio cultural existente en concreto no Concello de Oia e en xeral en todo o País.

Por elo, non é un festival musical sen máis, senón que tamén permite a promoción e coñecemento da contorna oiense, así como outras cuestións relacionadas có patrimonio histórico,en especial a cultura castrexa, o desenvolvemento sostible, a artesanía, a diversidade social, a cultura tradicional galega, etc. Todo dende unha perspectiva cooperativista e comunitaria.

Cantos de taberna, concertos ao vivo, foliadas, obradoiros e mostras, mercadiño, andainas, visitas guiadas, charlas, xogos populares, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público, pensado para o desfrute da xente local así como para novos visitantes do lugar.

Este proxecto supón a colaboración do Concello de Oia coa Asociación Minho Reggae, así como tamén as diferentes Comunidades de Montes, asociacións folclóricas e sociais e empresas e hostalería da zona.

Venres 17
Cantos de taberna e Foliada

Sábado 18
Quempallou, Zurrumalla, Laroá, Böj

Domingo 19
Feira de Artesanía e visita guiada ao Castro da Cabeciña


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV Festa dos Maios en Vigo

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Outra nova primavera a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o próximo domingo 8 de maio na Praza da Constitución a Festa dos Maios que neste ano 2016 acada a sua trixésimo cuarta edición co seguinte programa:

10:00 horas - Obradoiro infantil.
12:00 horas - Actuacións e contacontos.
18:00 horas - Representación da Festa dos Maios.
20:00 horas - Concerto de ZURRUMALLA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Viola, Abóbriga e Zurrumalla no Día mundial da ELA en Cangas

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 15 )


Domingo 21 de xuño ás 19:30 na Alameda Vella

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Memorial Nazario Gonzales Moxenas (Vigo)

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Domingos de abril ás 19:30 no CVC de Valladares

Día 5
Banda Baile Asalto
Barroso & Fariñas.

Día 12
Maghúa
Servando & Contradança.

Día 19
Folk de Coiro
Caxade.

Día 26
Zurrumalla
Banda de Gaitas XARABAL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival A Rebusca de outono (Manzaneda)

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 14 )


21 - 22 DE NOVEMBRO
ENTRADAS EN TAQUILLA
1 DIA 5 € BONO 2 DIAS 8 €

VENRES
21.OO APERTURA PORTAS 23.00 CUCHUFELLOS
01:00 SONIDO VEGETAL 03.00 CHOTOKOEU
04:30 HADRI H

SÁBADO
12:00 ZURRUMALLA (PASARRUAS)
20.3O APERTURA RECINTO CONCERTOS
21:00 ZURRUMALLA 23.00 TERBUTALINA 00:30PAS DE PROBLEME (BANDA MOVEL)
01:00 ESNE BELTZA 03.00 PAS DE PROBLEME
04:30 BRIGADA AM SOUNDSYSTEM

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



69 Foliada no Lar (As Pontes)
http://nocombaro.wordpress.com/2014/10/15/69-foliada-no-lar-as-pontes/
(texto engadido o día 31/ / 10/ / 14 )


Venres 31, ás 22h, con Zurrumalla

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Festival Folclórico en Peitieiros (Gondomar)
http://infogauda.blogspot.com/2014/08/peitieiros-gondomar_21.html
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 14 )


Fonte: Infogauda

Este venres 22 de agosto ás 20:00h. no Centro Cultural remata a Semana Cultural organizada polo Centro Cultural de Peitieiros, cunha charla e mostra do Traxe tradicional a cargo da deseñadora e costureira de traxes tradicionais galegos Patricia González. Os seus traxes teñen aires renovados, mais mantendo a esencia do século XIX e principios do XX. Patricia González tamén elabora fundas de moitos instrumentos musicais, entre eles gaitas. Esta costureira da parroquia de Saiáns, en Vigo, leva 18 anos impartindo clases de costura tradicional. Patricia González tamén é pandereteira e integrante do grupo Zurrumalla.

 A Semana Cultural que remata este venres é o preludio do XXI Festival Folclórico Internacional que se desenvolverá no adro de Peitieiros o sábado 23 de agosto. O Festival comezará xa ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixer achegarse. Os obradoiros serán de 12 a 14 horas durante a mañá e de 17:00 a 19:00 pola tarde e serán impartidos polos propios grupos participantes.
 A partir das 20:00h desenvolverase a parte central do Festival que abrirá o grupo anfitrión, Ecos e Agarimos. O grupo Ecos e Agarimos é a escola de música tradicional e baile do Centro Cultural de Peitieiros e conta con máis de 20 anos de traxectoria.
 Contaremos tamén coa participación do Rancho Folclórico CCR Sí£o Simí£o de Gouveia, procedente do concello de Amarante, no distrito de Porto (Portugal).
 A continuación actuarán as Pandereteiras Airiños do Sobreiro da Asociación de Veciños de Borreiros (Gondomar).


 Poñerá o broche ao Festival o grupo Xistra de Coruxo (Vigo), unha formación musical que naceu en 1988 como agrupación que pretende estudar, divulgar e actualizar as melodí­as tradicionais do Sur galego. En todos estes anos Xistra ten actuado en todo o noso paí­s, mais tamén en toda Europa, tendo publicados xa cinco discos. O último en ver a luz: "A Charurga" será presentado en Peitieiros.
 "A Charurga" é un disco con 16 temas en que Xistra volve propoñer un novidoso xeito de difundir a música popular galega. Como eles mesmos manifestan "son melodí­as e ritmos popularizados por cuartetos, murgas, charangas e mesmo por aquelas incipientes orquestras da primeira metade do século XX que neste proxecto da Charurga da Xistra aparecen unificadas, reharmonizadas e reinterpretadas dun xeito libre."
 Xistra de Coruxo promete diversión e troula, os mellores ingredentes para rematar o XXI Festival Folclórico Internacinal de Peitieiros, pois " O "produto-xistra" é de marcado matiz bailable e participativo; o que fai dos seus directos unha verdadeira incitación á troula e ao disfrute”
 O XXI Festival Folclórico Internacional de Peitieiros conta coa colaboración do Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de Peitieiros.INFOGAUDA: UN ESPACIO DE INFORMACIóN TRANSFRONTEIRIZA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* Festival Intercéltico do Morrazo BOICOT!!!!

buscar mais información
sobre Zurrumalla en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]