Resultados para:

Xurxo Souto
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4]

Novas que incluen 'Xurxo Souto':


I Xornadas de Acordeón en Lugo
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1109422479266012&set=a.113540698854200&type=3&theater
(texto engadido o día 3/ / 5/ / 19 )


O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das palletas.

Ao remate do obradoiro chegará a quenda do gran Xurxo Souto, que nos achegará Historias do acordeón falándonos de mestres acordeonistas como Pazos de Merexo ou Sindo de Olelas.

Sen dúbida unha interesantísima tarde para tod@s @s interesados no mundo do acordeón, e un encontro de interese para @s que queiran saber máis sobre este instrumento e sobre a nosa cultura.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Inverno en O Castro (Begonte)
https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/03/01/foliada-de-inverno-2019/
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Sábado 9 de marzo

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) vai ser a proxección do mediometraxe documental de Xurxo Souto e Martín Rodas titulado “Dos Gaiteiros do Mar” e narra a historia de Manuel Sotelo, “Manoliño de Donón”, que sempre quixo ser gaiteiro. Aos dezaoito anos estivo a piques de cumprir o seu soño, tocar no palco do Carnaval do Hío, “o Carnaval do Gaiteiro”. Pero xusto unha semana antes tivo que ir ao mar. Embarcou entón cara Namibia. Ao longo da súa vida profesional pescou, ou sexa tocou, tamén en Uruguai, Terranova ou nas Malvinas. E mesmo nunha marea do ano 74,con dous compañeiros do Morrazo, Manuel Martínez Santomé e Feliciano de Donón, chegou a gravar un “long play”, en cinta casete, abordo do pesqueiro Ría de Aldán, titulado “Nos mares do Gran Sol”. Agora, xa xubilado, corenta anos despois vai cumprir o seu soño de mocidade. Co seu compañeiro de entón, Lito de Pinténs – que tamén andou ao mar, e triunfou en Terranova- vai actuar nun dos palcos do Carnaval do Hío. Grazas a eles convertido no Carnaval dos Gaiteiros do Mar!

A película proxectarase ás 19:15 e servirá tamén como unha pequena lembranza a un dos seus protagonistas, Lito de Pinténs, recentemente falecido. Agradecemos a Borneira Audiovisual e a Xurxo Souto a súa disposición para facilitar a proxección deste filme e a Mónica Fernández da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s polas xestións.


Despois deste inicio espectacular, seguiremos co concerto que vai dar a banda de gaitas, Sons da Chaira. A partires da 8 da tarde, a banda vai tocar o repertorio co que representaron, de xeito fantástico, á Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei no afamado Festival de Lorient este pasado verán. De novo queremos agradecer á propia escola esta colaboración e, en especial, aos seus directores, Brais Monxardín e Miguel Anxo López pola idea e o seu apoio a esta foliada.


Despois teremos un ratiño para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 21:15, aproximadamente. Nesta ocasión contamos con dous grupos. Por primeira vez, cruzamos a fronteira luguesa e veñen a facer unha festaza das boas, Os Feroces da Galgueira, desde As Pontes, e despois, un dos grupos míticos da música tradicional de Lugo, A Volta do Agro. Sen dúbida dúas agrupacións que van facer que o torreiro se quente en pleno inverno. Ao remate da súas intervencións, comezará a foliada aberta.


Queremos agradecer, de novo, a Borneira Audiovisual, Xurxo Souto e Martín Rodas as facilidades para a proxección do filme; a Miguel Anxo López, Brais Monxardín e a Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro polo seu empeño para estar de novo nesta foliada; aos Feroces da Galgueira e á Volta do Agro, por faceren festa de xeito desinteresado e, por último, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roteiro de Xurxo Souto: Cantos de traballo das Mulleres do Mar (A Coruña)
https://www.facebook.com/events/2059621454122370/
(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


O próximo sábado dí­a 9 ás 11.00 horas sairemos da Praza da Fábrica de Tabacos para emprender un roteiro guiado por Xurxo Souto: "As cantigas do Muro: Cantos de traballo das Mulleres do Mar". Faremos un percorrido dende Castiñeiras á Palloza, por algúns dos establecementos históricos do comercio local como tascas, efectos navais e outros establecimentos. Ao remate, celebraremos unha
sesión coral -colectiva e interactiva- con Xurxo Souto e Pulpiño Viascón: "Cantigas do Muro".
As persoas interesadas, un máximo de 30, poden inscribirse en tribunapublicacoruna@gmail.com.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas da Gaita no Mar (Rianxo)
http://www.gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=4048
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Este domingo estaremos en Rianxo nunha nova edición das Xornadas a Gaita no Mar.

Con estas xornadas organizadas pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración con Cultura da Deputación de A Coruña e o Concello de Rianxo, queremos recoñecer a gran contribución que fixeron os mariñeiros gaiteiros no espallamento da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo, levándoo polo mundo adiante a través do mar.

Queremos aproveitar a ocasión para render unha mais que merecida homenaxe aos Gaiteiros do Mar. Ademais, durante as xornadas poderemos ver o documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, Terranova, Namibia,... queremos ademais render homenaxe aos "Gaiteiros do Mar". E como peche, que mellor que unha tocata no mar!!!

Programa

11.30 - Proxección do documental “Dos gaiteiros do mar”, codirixido por Xurxo Souto xunto a Martín Rodas.
12.15 - Homenaxe aos Gaiteiros do Mar coa mención especial a Lito de Pinténs e coa colaboración de Xurxo Souto (codirector do documental “Dos gaiteiros do mar”).
13.00 - Saída a tocar no mar con Fogo Fatuo (se o tempo acompaña, senón recorreremos ao plan B).

Lugar: Edicifio Liceo (Rúa Rinlo).

Agardámoste este domingo en Rianxo, nesta nova edición da Gaita no Mar!!

Máis información: secretaria@gaiteirosgalegos.gal 986 847 074 - 982 229 96


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dakidarrí­a - XV Aniversario (Bueu)
https://www.facebook.com/events/2056825901234707/
(texto engadido o día 9/ / 11/ / 18 )


Sábado 10 novembro á 21h na carpa Xardíns das Lagoas

ENTRADA GRATUÍTA
Autobuses directos

Invitados: Julio Maloa, Senka La Raíz, Jano Yuk de La Raíz, Robe, Juanako e Juanmi de Trashtucada, Kiko de Aspencat Oficial, High Paw , Anton Seoane, Kike Kallaikoi, As Punkiereteiras, Xabi Arakama, Nervo de Rebeliom do Inframundo, GANJAHR FAMILY, García Mc, Esteban de Skacha, Suso Soak, Varillas de farfallo, Come The Skarnivals, Paulo Liska, Peter Punk Pallaso, Xurxo Souto de Os Diplomáticos de Monte Alto, Iñaki Tnt, Vudú, Trópico de Grelos, Isla LeTriska & Jano... E moitas sorpresas máis!!

Abren o concerto TNT BAND e GARCÍA MC
- Skacha -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Músicas para a Semente

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 18 )


Domingo 14 de outubro ás 18:00h
Padroado de Cultura Concello de Narón.

Anotade nas vossas agendas, 14 de outubro decorrerá no Pazo da Cultura de Narón o festival "Músicas para a Semente", festival em apoio ao nosso projeto educativo.

Os bilhetes já estám à venda na bilheteira do Paço ao preço de 10 euros. As crianças até 5 anos entram de graça, e de 6 a 12 anos por 5 euros.

Com um espetacular cartaz contaremos com as atuaçons de Caxade, Sés, com quem colaborarám os Quenindiole e Pakolas .A gala contará com a apresentaçom do Xurxo Souto.

Também entrgaremos o prémio prímicula ao Cé orquestra pantasma por "Os Fios do Querer", editado por Miudiño S Coop Galega e que conta com ilustraçons de Cristina Ouro.

Nom demoredes em colher os vossos bilhetes porque vam voar!

Desde a Semente Trasancos agradescer às artistas o seu compromisso e colaboraçom desinteressada com o nosso projeto. Muito obrigadas!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



lV Festa do Pan de Millo e Ovo en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
https://www.facebook.com/Pandemillo2/posts/1103574263138872?__tn__=-R
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 18 )


Sábado 15 de setembro

Que non viñeches nun o pan de Millo e Ovo???
Pois este ano, e a cuarta edición... programación todo o día...
Exposición de artesanía, e Lutheria .
Inchables e xogos infantís, Monitores.
Menús degustación.
Pregoeiros de luxo... Manolo Maseda e Xurxo Souto.
Actuación dos grupos.
AC Os Chaneiros.
Banda de Música de Cerdedo.
Banda Escola Unión Musical de Tenorio.
Os Trazantes de Tenorio.
Os Abrentes de Cerdedo.
Banda de gaitas Airiños de San Xulián.
Pandereteiras de Quireza.

Sesión Vermut a cargo dos...
Comando Foucellas.

Presentación do Metodo de Percusión tradicional do Mestre, Andrés Vilán.
Festival Folc cos grupos.

Serralhe aiiii!!!!
Tiruleque

Non podes faltar.... O sábado 15 de Setembro
lV Festa do Pan de Millo e Ovo en Tenorio.... Vide numerosos!!!

Porcerto!!! parabéns a xente dos ratratos (Santiago Delrio e Sagra Pérez) lideres dunha e equita humana fantástica e un proxecto de moitisimo esforzó, sodes os MELLORES.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a do Monte de San Pedro (A Coruña)

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado, 8 de Setembro
Monte De San Pedro Coruña


Segunda edición! Un ano máis dispoñémonos a encher de entusiasmo e cultura un lugar simbólico pola súa posición privilexiada: O Monte de San Pedro.

Música ao vivo, xantar popular, xogos, conversas en torno a historia da cidade, teatro, baile, sorteos... durante todo un día ata o solpor.

Vermú amenizado con música Folk orixinal de Güintervan e micro-teatro da man do grupo Teatro Sobre Ruedas.

Disfrutaremos dun xantar 90% km0 con 250 racións de balde. (Tamén podes traer o teu para compartir).

Un café temático e de xogo, para despois escoitar "Contos da Coruña" da man de Xurxo Souto ou a "Historia do Asociacionismo feminino progresista da Coruña" con Ana Romero Masiá.

Presentaremos o documental Esquece Monelos, de Ángeles Huerta + equipo. Haberá dous pases de video para quen queira coñecer a historia deste río desaparecido baixo as rúas da cidade.

Clase aberta de baile tradicional para quen se anime a dar uns pasos e unhas risas.

Concerto folk galego e cantigas populares da man de Pan Sen Fron

Foliada durante a xornada e ata o solpor

Finalizaremos a xornada con mais música ao vivo co dúo revelación ;) de Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras e o Folk Irlandés da Banda BOJ que este ano fixéronnos disfrutar como cativas en Ortigueira.
....
Unha Romaría reinventada. Un feito social símbolo dos valores das persoas que nos acheguemos a disfrutar o 8 de Setembro dun entorno incrible.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V edición do Convivio da Cultura Galega (Outeiro de Rei)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 18 )


Sábado 14 de xullo na carballeira de Santa Isabel

11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional Untia e do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa
12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro
13.00 Concerto da Banda Municipal de Música “Sons e Soños” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel
14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)
16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa "Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo"
17.00 Foliada, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo...). Anima Xurxo Souto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dos Gaiteiros do Mar - Ciclo de cine en A Coruña

(texto engadido o día 30/ / 5/ / 18 )


A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: Dos Gaiteiros do Mar

4 de xuño de 2018 as 19:30 no Forum Metropolitano

Entrada de balde ata completar o aforo

Xurxo Souto codirixe xunto a Marín Rodas o documental Dos gaiteiros do mar, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zenzar e Cuarta Xusta en A Coruña

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 23:00h
Forum Celticum Av Acea de Ama 16 b Culleredo A Coruña.


Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993 mudan o nome para Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo. Despois da saída do disco realizan unha xira de presentación do mesmo que os levará a facer concertos durante dous anos, entre elas as actuacións nas primeiras edicións dos festivais Alen Galicia na Illa de Arousa, e Santi Rock en Santiago de Compostela. Ese ano tamén aparecen dous temas seus nos recompilatorios Bambán Vol. II e Oito anos de sequestros.

Durante a xira incorpórase a Zënzar o guitarrista Mario Grela. Despois dunha etapa de menor actividade, na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, baixo o título Todo vai ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas inclúen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto. Após o lanzamento a banda embárcase nunha xira de presentación duns 40 concertos por Galicia. Rematada a xira no ano 2002, a banda entra no estudio Bonham da Coruña para gravar oito temas dun novo disco, Rockanrol, que saíu á vente en xuño dese ano.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menor actividade, pero fan o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións logo do afundimento do Prestige en Malpica de Bergantiños e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda.. No 2006 entran no estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravaren Sigue... e dálle. O disco, que inclúe un DVD, foi presentado o 30 de xuño dese ano na sala Nunca Máis de Ordes. Ese mesmo ano incorpórase Paco Cerdeira como segunda guitarra, despois de colaborar na gravación do álbum. "A Tribu" foi o seguinte traballo, no que colaboran voces coma a de María Xosé Silvar (Sés), Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Martin (Machina), Gende Beat ou Xurxo Souto. Tamén músicos convidados que pasan a acompañalos en algúns concertos de presentación deste traballo.

No 2011 editouse un DVD titulado Zënzar ao Vivo, coa actuación no Festival de rock de Cerceda do ano 2009, que conta con 15 temas nos que aparecen todas as colaboracións antes mencionadas. No 2012 editouse Vaise armar. Nese ano participaron en festivais como o Derrame Rock, Brincadeira ou Festigal.

En febreiro de 2013 publicouse o disco-homenaxe Vai polos padriños, con 19 temas re-interpretados por 18 grupos galegos como Ruxe Ruxe, Dios ke te crew, Machina, Os tres trebóns, Invivo, Som do Galpom, Raiba, K-Raxe ou A compañía do ruído.

TICKETS 7€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



lll Festa do pan de millo en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


A parroquia de Tenorio vai celebrar o sábado 23 de setembro, a III Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade, que contará co pregón de Xurxo Souto, ex líder da banda Os Diplomáticos de Monte Alto, e con once actuacións musicais, así como unha chea de actividades para todos os públicos. A cita gastronómica foi presentada onteá en Carballedo polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora, integrada por membros da Asociación Cultural Foula.

A festa arrancará a mediodía con animación a cargo de Os Papaventos e unha Feira de Artesanía, que darán paso á lectura do pregón por parte de Xurxo Souto e á sesión vermú, amenizada por Os Abrentes de Cerdedo e Os Afoutes do Canón de Pau. Posteriormente, e durante toda a xornada, serviranse menús degustación co protagonismo centrado nos ovos e no pan de millo.

A sobremesa contará con animación da man de Nocturnos de Valde e xogos populares e inchables, coa presenza de monitores no espazo infantil.

Ao serán, chegará o turno para Airiños de San Xulián, a banda infantil da Unión Musical de Tenorio e os grupos folclóricos Seitura e Laroá. Para pechar a xornada pola noite, actuarán no palco grande as formacións Oval, Taghaitai e Adarve.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Liberdade (Cangas)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 16 )


13, 14 e 15 de Outubro na vila de Cangas do Morraço. Apertura de portas: 20:30h | Inicio: 21:00h

O II Festival da Liberdade vem carregado de muita música e diversom solidária. Na anterior ediçom conseguimos produzir um evento musical e cultural ao que assistirom quase 2000 pessoas ao longo daquele fim de semana. Este ano ampliamos um dia mais nos que nom só poderemos dançar ao som das nossas cançons preferidas no escenário principal, senom aliás teremos a apresentaçom de vários documentários, charlas, féria de postos, sessom vermú, circo, acampada, …

Este ano a maiores apresentamos o primeiro Concurso Suso Vaamonde em honor ao senlheiro compositor e cantautor. Neste Concurso, ao que irám destinados um 25% dos benefícios totais do Festival, poderám participar todas aquelas organizaçons, entidades e coletivos sociais do País que precissem ajuda na autogestom dos seus projetos, e que finalmente, serám escolhidos por todas vós.





13 de Outubro
Superoito
Los Chikos del Maíz
Rebeliom do Inframundo
Xenderal

14 de outubro
Apresentaçom documentário: Os Gaiteiros do Mar con Xurxo Souto
KOP
Disturbio 77
Mafalda
Sara Hebe
Fanfarria Taquikardia
La sincereza Pincha Cumbia

15 de outubro
Ce Orquestra Pantasma
Compañía do Ruído
Tino Baz
Tropico de Grelos
Konsumo Respeto
Falperrys
Porretas
Dakidarría
The Skarnivals
Tremenda Jauría
Brigada Am Sound Sistem

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xxx Festival Da Poesia No Condado (Salvaterra)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 16 )


FESTIVAL DA POESIA
NO CONDADO
Centenário das Irmandades da Fala

2-3 DE SETEMBRO
SALVATERRA DE MINHO

http://scdcondado.org/


Sexta-feira, 2 de setembro

20:00 | Apertura exposicións
Infinito. Daniel Pérez
Debuxos de negros de Castelao (Cedidos por Editorial Galaxia)
100 anos. Irmandade da Fala de Compostela

20:30h | Noite nas Minas*
Rochi Nóvoa. Poesia
Sofía Espinheira. Concerto

* Entrada 10€·8€ (desempregadas)
Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org – 671 20 01 60

23:00h |Festa rachada & Caldo verde
O Puto Coro do Exército Froilanista
Ronco&foll
Espalda Kemada

___

Sábado, 03 de setembro

11:30 | Feira de colectivos e artesanato

11:30 | Bilharda
Aberto da Poesia (Liga Nacional de Billarda).

11:30 |Passa-Ruas
Ronco&foll.

11:30 | Comboio de baixa velocidade

12:00 | Poesia
Abordaxe poética no comboio de baixa velocidade.

13:00 | Presentaçom
As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro. Ed. Galaxia

13:30 | Sessom vermute
KNeves no Autoblues Chicago-Fornelos. Servizo discrecional
Ronco&foll

17:00 | Festa Infantil
‘Cóxegas’ (busca do tesouro)

17:00 | Audiovisual
Seleçom de curtas do Festival de Cans
Mans Mortas, de Daniel Pérez e Adrián González

18:00 | Teatro
A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao, de Limiar Teatro

18:00 | Poesia
Assinatura de livros das poetas participantes.

19:00 | Poesia
Abordaxe poética no campo da festa.

19:00 |Poesia
Antía Otero &Isaac Garabatos

19:30 | Poesia
Xuventude Imbécil

20:30 | Música&Poesia
Apresenta: Xurxo Souto
Leitura do limiar, por Xurxo MartínezPoesia:

Poesia:
Emma Pedreira, Mário J. Herrero, Rui Spranger, Ana Romaní, Aurora Boreal, Oriana Méndez, Jesús Castro, Manolo Pipas, Lara Dopazo, Antón Blanco

Música:

ZURRUMALLA
SOKRAM
FAMILIA CAAMAGNO
SELECTA ALICE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 16 )


Concertos, obradoiros infantís de construción de instrumentos, mesas redondas e faladoiros entorno á música tradicional.

O sábado 27 de agosto
a xornada desenvolverase desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas da tarde en distintas localizacións temáticas, cada unha especializada nun ámbito do folclore, antes de trasladarse ao parque de Santa Margarita. Así, a praza de Vigo recollerá toda a actividade realicionada co baile, con obradoiros de Luis Prego, Montse Rivera, Xabier Iglesias e Manolo Cobas, con actuacións de Cántigas da Terra, Donaire e Sond'aqui, ademais dunha foliadiña Ardelloeixo. Pola súa banda, na praza de Galicia centraranse os faladoiros, nos que participarán representantes de distintas agrupacións e Xurxo Souto impartirá un obradoiro de regueifas. A praza de Lugo transformarase na Praza Miúda, cunha programación especial para nenas e nenos, na que se realizarán distintas actividades así como obradoiros de construción de instrumentos como a pandeireta, turutú, castañolas ou chimpau. Finalmente, os Xardíns de Méndez Núñez serán o epicentro da música, con actuacións e obradoiros impartidos por Olga Kirk, Pablo Seoane, Fransy Gonález e Xosé Lois Romero. Ademais, durante toda a mañá, desde as 10.00 ata as 14.00 horas, Os Viqueiras de Ordes realizarán pasarrúas entre as prazas. Xa pola noite, desde as 20.00 horas ata as 02.00 horas, sucederanse os concertos de Pesdelán (20.00 horas), Tiruleque (21.30 horas), Xosé Lois Romero & Aliboria (23.00 horas) e Os d'abaixo (00.30 horas).

O domingo 28 a Romaría manterá "a estrutura acorde como se viña desenvolvendo nos últimos anos", segundo indicou o concelleiro de Culturas, con obradoiros, pasarrúas, actividades infantís, fogos artificiais "e outras sorpresas" no parque de Santa Margarita, e a verbena "será substituída por música tradicional". En canto á celebración nocturna, desde as 20.00 horas haberá concertos de Xacarandaina, así como do músico de Mali Vieux Farka Touré e Treixadura.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto na Illa de Tambo (Poio)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 16 )


Domingo 7 de agosto. Saídas dende o peirao de Combarro dende ás 9:30h ate a 13:30h

Roteiros pola historia da illa, carreira popular, almorzo, gaiteirada.. e ás 17h na zona do merendeiro: Tambo Folk (Xurxo Souto, Xosé Constela, David P. Iglesias e Tatiana Cidrás)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RapaSons en Sabucedo (Pontevedra)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Nace RapaSons, festival de música galega da Rapa das Bestas de Sabucedo

Venres 1 de xullo.
Sés
Ataque Escampe
Os Cuchufellos
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Xurxo Souto.

Sábado 2 de xullo
Tequexetéldere
Fanfarria Taquikardia.

Domingo 3 de xullo
Primordiais
Serán Tradicional

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1ª FOLIADA SOLIDARIA polo pobo Sirio en Baio (Carballo)
http://quepasanacosta.gal/alumnos-do-ies-de-baio-organizan-unha-foliada-solidaria-co-pobo-sirio/
(texto engadido o día 26/ / 11/ / 15 )


Sábado, 28 de novembro ás 19h no Auditorio de Baio

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema de Baio de “Artes escénicas e xestión cultural”, asignatura de nova creación no centro impartida por Manolo Maseda, o director do mesmo, embarcaranse o próximo 28 de novembro nunha aventura solidaria.

Estes rapaces e rapazas sensibilizáronse moi profundamente no tráxico panorama actual de Siria, e acompañados polo seu mestre, decidiron organizar un festival benéfico que terá lugar no pavillón de Baio, onde todo o recadado será doado a Médicos Sen Fronteiras (organización que está traballando activamente para axudar aos protagonistas desta dura realidade).

Contan co apoio e a colaboración do alumnado de cuarto da ESO, do grupo tradicional Vintenbaio, da ANPA, da asociación cultural Adro de Baio, da asociación de Veciños Tabeirón, Suria, Madouma e imprenta San Cristóbal.

Como actividade práctica de clase, negociaron e conseguiron levar a cabo o proxecto. Xestionaron a produción técnica e buscaron a colaboración desinteresada de diversos grupos de música galega, todos vinculados dalgunha maneira ao pobo de Baio.

Grupos convidados

“Taghaitaí”, grupo do que forma parte Manolo, que tocará cos seus compañeiros cancións tradicionais galegas. Por outra banda David Veiga, profesor de gaita da asociación cultural Adro de Baio, tocará co seu anovador grupo “Do fondo do peto”. Antía Ameixeiras, veciña do pobo que a pesar da súa xuventude xa compartiu escenario con grandes da nosa música como Carlos Núñez, presenta un novo proxecto baixo o nome de “Taín” con moitas sorpresas. Todo isto estará fiado polo coñecido artista Xurxo Souto, que encherá a tarde de emocións e reflexións.

As actividades comezarán ás 19:00 horas coa proxección do documental de Cristina Antuña “Quiero irme a casa” e a peza de microteatro en directo ás 19:30 horas “Awlad: Infancia e Guerra” de Nadia Hariri e Lía Pichel. O concerto comezará ás 20:00h e o bono axuda será de 5 euros íntegro para Médicos Sen Fronteiras.

Ao finalizar, sobre as 22:00h, dará comezo unha foliada aberta, guiada polo grupo de gaitas do centro “Vintenbaio”, á que todos e todas estarán convidados a bailar, tocar e cantar por un mundo con máis cultura e menos guerras.

Estes rapaces e rapazas de apenas dezaseis anos queren concienciar e mostrar ao mundo que a pesar da distancia, todos debemos pór o noso gran de area para axudar a aqueles que tanto o precisan.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala do Património en Tui

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )


Gala do Patrimonio organizada por Ponte Na Ondas.

Será en Tui, no Teatro Municipal, o próximo mércores 25 de novembro ás 20:30 h

Mostra do patrimonio com grupos galegos e portugueses:

XURXO SOUTO, QUICO CADAVAL, MALVELA, CANTADEIRAS DO NEIVA, AUGUSTO CANARIO, VOZES DA RÁDIO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Parrocheira en Ferrol Vello

(texto engadido o día 11/ / 9/ / 15 )


Do 11 ao 13 de Setembro



Sábado 12:
pasarrúas de Os Feroces da Galgueira

Domingo 13:
a partires das 20h, Real Coro Toxos e Froles na Igrexa do Socorro, e ás 21:30
ás 21.30 horas Xurxo Souto con "Océano para terrícolas", presentación musical do seu libro Contos do mar de Irlanda, e proxectarase o documental Voz gaiteiros do Mar
ás 23.00 horas actuacións de Manolo Bacalhau e Xurxo Souto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4]


En 'Novas Relacionadas'



* A SCD do Condado homenageia Manolo Soto

* Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo

* Ponte nas Ondas, (case) vinte anos rachando as fronteiras

* O poeta que andou Galicia - La Opinión de La Coruña

* As "Lúas de Outono" de Manuel María iluminarán a noite do xoves - El Ideal Galleg


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Xurxo Souto en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]