Ghastas Pista?

Xosé Manuel Budiño
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Xosé Manuel Budiño':


XVII FESTA FOLK NA FIN DO CAMI?O (FISTERRA)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto

Concertos a partires das 22h

Fol de Veneno
Xosé Manuel Budiño con Mercedes Peón
Os d’Abaixo
A Compañía do Ruído

Organiza: Asociación Cultural Anchoa,

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de Xose Manuel Budiño

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 17 )


Próximos concertos de BUDIÑO #Paralaia20Aniversario

- 18 agosto - CARBALLO
Praza do concello / 22:00 h
Convidada especial: "Mercedes Peón"

- 19 agosto - FISTERRA
XVII Festa Folk Na Fin do Camiño / 23:15 h
Convidada especial: "Mercedes Peón"

- 31 agosto - OS XOVES DE CÓDAX
Budiño, Javier Limón, Luiz Caracol (trío)
Bodegas Martín Códax / 20:30 h

- 23 setembro - PONTEAREAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Budiño & Mercedes Peón (convidada especial) en Cambados

(texto engadido o día 1/ / 8/ / 17 )


Martes 1 de agosto ás 22:30h
Praza de Fefiñáns, 36630 Cambados.


O Concerto de Budiño “Paralaia 20 Aniversario” con Mercedes Peón de convidada especial abrirá a Festa do Albariño 2017
BUDIÑO & Convidada especial: Mercedes Peón.

CONCERTO “PARALAIA" 20 ANIVERSARIO

“Paralaia", o primeiro disco de Budiño cumple 20 anos, a súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.

Estará acompañado no escenario por 6 dos mellores músicos de Galicia na actualidade e unha convidada de luxo: Mercedes Peón, a gran creadora do país, cunha man na terra e outra na modernidade, acompañará a Budiño neste percorrido pola súa carreira.

BUDIÑO: voz, gaita, frauta
FRAN SANZ: baixo
CIBRÁN SEIXO: violín
TON RISCO: batería, percusións
DAVID "TATO": guitarras.
SANTIAGO CRIBEIRO: acordeón
ANTONIO RODRÍGUEZ: trombón, bombardino

www.budiño.com
- Xosé Manuel Budiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Xosé Manuel Budiño en Madrid

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo ás 10:00h
A Píntega Marela.
C/ Muguet, 1, 2ºC.
Madrid.


Ola! Se ti es gaiteir@, frautista e/ou estás interesado na tecnoloxía aplicada ao mundo da música, este evento interésache e moito. Budiño estará o derradeiro fin de semana de marzo (sábado 25 e domingo 26) na Escola de Música Galega A Píntega Marela para dar un curso único e atípico xa que veremos cousas que non se ven habitualmente neste tipo de obradoiros e aprenderemos da experiencia de Budiño durante 20 anos nos escearios de todo o mundo.

Visita www.apintegamarela.org para + info e inscríbete. Só hai 15 plazas.

- A Píntega Marela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe a Ricardo Portela

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 17 )


Venres 24 de marzo (coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento)

Ás 12:30 na praza do concello de Cerdedo: Ofrenda floral

A partir das 17 h pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.

Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8.

A partir das 21 h no Teatro Principal: Gala Homenaxe



Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra-1992)

Ricardo foi o primoxénito do matrimonio de Emilio Portela e Adoración Bouzas. Emilio, carpinteiro de profesión, era gaiteiro e acordeonista e os seus tres irmáns, Alba e Xesús e Xosé, inclináronse máis cara os instrumentos de pulso e púa como a mandolina, a guitarra ou a bandurria, aínda que Xesús chegou a ser tamén un destacado e recoñecido gaiteiro.

De cativo coñeceu a Avelino Cachafeiro Gaiteiro de Soutelo, de quen foi un gran admirador ao longo de toda a súa vida, quen o alentou a seguir traballando para ser un gran gaiteiro e viu tocar a Xoán Tilve de Campañó nas rúas de Pontevedra quedando engaiolado co seu repertorio e do son daquel punteiro de tocar pechado de madeira ébano cunha anela de marfil no remate. Directamente de Xoán de Campañó recolleu o “Fandango da Vella” e os motivos da alborada do mestre gaiteiro e artesán Manuel Villanueva de Poio nos que se inspirou en Caracas para reelaborar o tema que chegaría a ser o máis popular do seu repertorio “Aires de Pontevedra”.

Con 12 anos mudouse coa súa familia a Vigo, onde recibiu o maxisterio na gaita de Xosé Oliveira Blanco “O Moreno” de Lavadores. A pesares de non residir sempre en Vigo Ricardo mantívose estreitamente ligado á cidade olívica no tocante á gaita ao longo de toda a súa vida, sendo o seu entorno fundamental de desenvolvemento musical.

En 1939 incorporouse ao servicio militar pasando por distintos destinos entre eles Mataró, onde en 1942 lle roubaron a gaita feita polo artesán Antón Represas “O Marreco” de Xinzo, Ponteareas. En 1944 casa con Osita Laredo, coa que tivo á súa filla Rosa, e máis tarde múdanse a Lugo onde reside ata mediados dos anos 50.

Tras 13 anos sen tocar a gaita, ao non atopar unha de calidade similar á que lle roubaran, coñeceu o vigués Antonio Fernández, quen tiña unhas de ébano que de Faustino Santalices coas que lembrou vellos tempos. Por mediación de Antonio Fernández, Portela coñeceu ao artesán Paulino Pérez do obradoiro de gaitas e zanfonas que estaba a crear a Deputación de Lugo, quen seguía a liña de Santalices, e mercoulle dúas gaitas afinadas en dó coas que tocaría ata 1979 gravando o seu primeiro disco en 1968 xunto co seu irmán Xesús baixo o título de “Irmáns Portela” para a casa Belter.

En 1955 emigrou a Venezuela onde traballou durante 4 anos no “Laboratorio Dental Estomatológico de Caracas” e vencellouse ao Lar Gallego, no que como fundou o grupo de gaitas. O clima tropical foi o responsable da curta emigración de Ricardo, que retorna en 1959 establecéndose definitivamente en Pontevedra.

En 1979 escoitou unha gaita feita por Xosé M. Seivane Rivas que lle lembrou a aquela que lle roubaran anos atrás feita polo Marreco, e non por casualidade, durante o servizo militar en Pontevedra Xosé Seivane entrou en contacto co artesán Antón Represas “O Marreco” co que comparte experiencias e coñecementos chegando a axudarlle a construír gaitas para o exército.

Co punteiro en dó díese de Seivane a semellanza do dó brillante de Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela realiza a súa discografía como solista. Deste xeito grava en 1980 “Festa en Viascón” para o selo Ruada e en 1990 “Alborada en Cotobade” para o selo galego Edigal, cos que se faría moi coñecido nos círculos gaiteiros. Destaca a súa participación no triplo álbum "Instrumentos Musicais Populares Galegos" (Sonifolk, 1987) xunto co Grupo didáctico-musical do Obradoiro, Escola de gaitas e zanfonas Universidade Popular do Concello de Vigo e a súa actuación na homenaxe a José Afonso gravada en directo no parque de Castrelos en 1985 por Santiago Caneiro e editada por Edicións do Cumio en 2000 nun CD baixo o título de “Galiza a José Afonso”.

Na década dos 80 Portela vive a súa etapa de esplendor, así pois participa nas primeiras xuntanzas de gaiteiros en Ortigueira organizadas por Xavier Garrote que derivaron na creación da Asociación de Gaiteiros Galegos da que Portela foi presidente fundador, actúa en destacados festivais como no Festival de Ortigueira en 1982, no III Festival de Inverno, na cidade de Vigo en 1983, ou no I Festival Nocturno Celta do Morrazo en 1985, antecesor do actual Festival Intercéltico do Morrazo; tamén en 1985 toca no paraninfo da Universidade de Santiago dentro dos actos do centenario rosaliano, por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde, quen prologaría 5 anos máis tarde o seu álbum “Alborada en Cotobade”, e forma parte do xurado dalgúns concursos de gaitas do momento como o Concurso de Gaitas do País en Barcelona ou o I Concurso de Gaitas de Portomarín.

Mantivo una estreita relación con Xosé V. Ferreirós, quen o acompañou na percusión no seu disco “Festa en Viascón” e introduxo varios temas do seu repertorio no do grupo Milladoiro adquirindo proxección internacional. Con Milladoiro colaborou en directo en concertos como no Festival de Ortigueira en 1982 e no Teatro Malvar en Pontevedra en 1983.

Outra das persoas coas que mantivo una gran amizade foi o artesán e gaiteiro Antón Corral a raíz da creación do Obradoiro-escola de gaitas e zanfonas Universidade Popular do Concello de Vigo en 1983. Neste centro estaban os xóvenes Carlos Núñez, Anxo Pintos e Xosé Manuel Budiño entre outros para os que Ricardo Portela foi una importantísima fonte tanto no repertorio como na técnica interpretativa. En 1986 Portela foi nomeado padriño da Banda de Gaitas Xarabal co gallo da presentación da mesma no Teatro García Barbón en Vigo.

En 1988 José Luis Calle publicou a biografía de Ricardo Portela nun libro editado pola Deputación de Pontevedra.

Nos últimos anos Ricardo sufriu unha anxina de peito e os médicos recomendáronlle que deixase a gaita mais el preferiu asumir o risco e non abandonar a súa paixón. Faleceu dun ataque ao corazón o 24 de marzo de 1992. Os seus restos descansan no cemitero de San Amaro onde foi despedido con todos os honores ao son das gaitas dunha multitude de gaiteiros entre os que se atopaban as figuras máis destacadas do noso instrumento.

Ricardo Portela ocupa por méritos propios un lugar destacado na historia da nosa gaita ao carón de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo, Xoán de Campañó ou Avelino Cachafeiro, dos que foi admirador e continuador, a súa figura foi o elo fundamental entre a gaita tradicional e a gaita actual. Home íntegro e de firmes conviccións, comprometido e sacrificado que profesou profundo amor a Galicia e á nosa música. Ricardo Portela reivindicou o toque pechado e as formas propias e diferenciais de tocar, as galegas, por seren nosas, así coma a dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, foi un home moi querido e admirado por todos, gran orador, gran ser humano e gran gaiteiro, mito en vida, a súa depurada técnica e o seu repertorio foi e segue a ser fonte de inspiración para todos os gaiteiros galegos e grupos como Milladoiro, Luar na Lubre, Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Oscar Ibáñez e estranxeiros coma o bretón Patrick Molard, Robert Mathieson, Cillian Vallely (Lúnasa), ou Roland Becker (Kevrenn Alre), que gravaron e internacionalizaron o seu repertorio de modo que na actualidade o seu tema "Aires de Pontevedra" é un case como un himno que representa a Galicia no mundo celta.

As cidades de Vigo e Pontevedra dedicáronlle unha rúa, no Concello de Cotobade dedicóuselle un busto de pedra na praza do Concello e a Casa da Gaita, sede actual da Asociación de Gaiteiros Galegos. O Concello de Pontevedra organiza anualmente o Memorial Ricardo Portela e o Concello de Cotobade levou a cabo en distintas etapas concursos de gaiteiros ao redor da súa figura.

En 2008 Oscar Ibáñez impulsou unha homenaxe en forma de dobre CD editado por Edicións do Cumio baixo o título “Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre” no que participaron destacados artistas, discípulos, seguidores, amigos e familiares, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Cotobade.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cristian Silva e Suso Iglesias (EGOlatra2) en Bueu

(texto engadido o día 7/ / 2/ / 17 )


Domingo 12 de febreiro ás 20:30h
Aturuxo Bar (Bueu).
Pazos Fontenla, 59.
Bueu.


O gaiteiro Cristian Silva, músico e produtor nado en Carril (Pontevedra), comezou en decembro a súa nova xira de pequenas salas que o levará ó longo da xeografía galega para presentar unha nova visión do seu disco “EGO”.

Baixo o nome de “EGOlatra2”, e da man de Márdea Producións, o polifacético artista comezou o seu tour o mércores 28 de decembro na Cova Céltica de A Coruña, e despois de visitar A Cova dos Trasnos en As Pontes tocan as seguintes paradas da xira en Vilagarcía, Melide, Bueu e Vilar de Santos. Estas son as outras datas confirmadas desta xira de concertos de aforo reducido, a dúo co acordeonista marinense Suso Iglesias, nos que Cristian Silva pretende achegar ó público, dun xeito máis íntimo e persoal, un disco onde a tradición se funde coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Coñecido do público galego polo seu paso polo “Luar” da Televisión de Galicia como xurado en “Vai de Gaita”, así como por outras seccións e programas da canle autonómica, Cristian Silva dá un paso a diante dentro da súa traxectoria co seu primeiro traballo en solitario, logo de anos adicado á formación e ás colaboracións con artistas como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Rosa Cedrón, Susana Seivane ou Cristina Pato.

“EGO” é un disco producido ó completo polo propio músico, que amosa a súa incrible versatilidade tocando medio centenar de instrumentos, cos que deixa pingas de rock, flamenco e ata música electrónica sen esquecer as súas raíces tradicionais.

Entrada: 5€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xosé Manuel Budiño. Concerto 'Paralaia' 20 Aniversario en Pontevedra

(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )


Sábado 3 de decembro ás 21:30h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


Budiño celebra o 20 Aniversario de “Paralaia”, o seu álbum de debut aclamado pola crítica, cunha edición remasterizada en formato libro-disco.

BUDIÑO
CONCERTO “PARALAIA' 20 ANIVERSARIO
AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
SÁBADO 3 DE DECEMBRO 2016 - 21:30 H.

Convidada especial: MERCEDES PEÓN

ISAAC PALACÍN: batería, percusións
SÉRGIO TANNUS: guitarra, viola caipira
SANTIAGO CRIBEIRO: acordeón
CIBRÁN SEIXO: violín
FRAN SANZ: baixo
ANTONIO RODRÍGUEZ: trombón, bombardino

* Deseño Libro-disco: Ana Zon

As entradas están xa á venda en www.ataquilla.com:
- Anticipada online: 14 € + gastos de xestión.
- Venta telefónica 902 504 500 : 14 € + gastos de xestión.
- En taquilla o mesmo día: 16 €

- Venta de entradas nas seguintes taquillas:
Sede Afundación de A Coruña, ubicada en Cantón Grande 8.
Sede Afundación de Vigo, ubicada en Policarpo Sanz 26
Central de Espectáculos de Vigo, ubicada en Velázquez Moreno, 26.
Sede Afundación Santiago de Compostela, ubicada en Rúa do Vilar, 19.
Sala de Exposicións Sede Afundación de Ourense, ubicada en Plaza Mayor, 4.

www.budiño.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Davide Salvado en Salasón (Cangas)

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 16 )


Domingo, 20 de Novembro ás 20:30 h.

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

No 2004 entra a formar parte, xunto a Ugia Pedreira (Marful), Ramom Pinheiro e Richard Rivera, do grupo Ecléctica Ensemble, formado no Consevatorio de Música Tradicional e Folque.

Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo.

A súa versatilidade permitiulle achegarse tamén a xéneros como o cabaret. Así formou xunto a Pepa Yáñez a compañía Cabaret d'Aquí, que destacou cos seus espectáculos “Unha noite no muíño non é nada” e “O negro vai con todo”, neste último acompañados de Nacho Muñoz.

Tamén no teatro, foi parte do elenco de “As Dunas” do Centro Dramático Galego, e do musical “Dillei”, de Carlos Blanco.
Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo.
Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como “Arrolos de Salitre”, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).

No 2011, editou o seu primeiro traballo en solitario, “Árnica Pura”, producido por Eliseo Parra.

Davide Salvado está a presentar agora “O Ladrón de Amorodos”, o seu novo espectáculo a trío xunto a Santi Cribeiro e Kristian Silva, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo. . Inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, o concepto estético cumpre un importante papel neste espectáculo, sendo ao mesmo tempo cento por cento galego.
Un traballo feito desde o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xose Manuel Budiño en Cabo Verde

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )



BUDIÑO Xira en CABO VERDE (Festival Sete Sòis Sete Luas 2015)
31-Out. São Filipe / illa de Fogo
02-Nov. Tarrafal / illa de Santiago
04-Nov. Sal / illa de Sal
06-Nov. Ribeira Grande / illa de Santo Antão

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Falece a Señora Carmen, solista de Malvela

(texto engadido o día 4/ / 1/ / 15 )


(Nota de prensa. Sanguiñeda-Mos, 4 de xaneiro de 2015.-)
Hoxe deixounos a Señora Carmen, Carmen de Campos, solista do grupo Malvela, de Sanguiñeda (Mos). Malvela lamenta moito a perda desta muller e artista de 89 anos, fundadora do grupo, que deixa unha fonda pegada en tod@s nós.
Mañá, día 5, véspera de Reis ás 17h será a despedida na Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, a terra que a veu nacer. Alí estaremos as Malvela para cantarlle, para renderlle sentida homenaxe, para dicirlle canto a queremos...
Logo dunha longa e intensa vida, Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como a Señora Carmen, subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos. Esta aventura comezou cun curso de canto popular, impartido por Uxía ás mulleres de Mos, de onde xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002.
Con Malvela, a Señora Carmen percorreu moitos escenarios de Galicia e de fóra e participou en moitas actuacións televisivas. Tamén publicou catro discos: 'Que o pano non me namora' (2002), 'O aghinaldo' (2004), 'Da miña xanela á túa' (2007) e 'Raianas' (2011). “Entrar en Malvela parece que me deu a vida, pola música e polas xuntanzas. Eu son de Malvela e nunca me vou separar; gústame máis cantar en grupo”, expúxolle a Fran Alonso nunha longa entrevista que se publicou co disco 'Na flor dos meus anos'.
Publicado en 2007, o disco-libro-dvd 'Na flor dos meus anos' supuxo o seu primeiro álbum en solitario, xa con 82 anos. O cd contén 11 cancións nas que se escoita o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa actual que latexa nos arranxos contemporáneos do disco. Na flor dos meus anos conta con colaboracións da altura de Dulce Pontes, Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e os membros de Treixadura, Berrogüetto e Malvela. O dvd inclúe un documental onde a Señora Carmen nos relata as súas lembranzas e nos amosa o seu día a día traballando no campo e aquelas noites nas que, ás agachadas, ía ao muíño a cantar, a súa gran paixón.
A señora Carmen non lembra quen lle aprendeu a cantar: “Sempre fun unha rapariga moi cantareira. Ía ás festas e quedábame co soniquete das cancións durante toda a semana. Despois, cando o meu home mercou un radio, coñecín novas cancións”. Na entrevista de Fran Alonso incluída en 'Na Flor dos meus anos', cóntase como foi a súa vida, as súas dores e alegrías, as súas lembranzas de nena, os traballos duros no campo e nos aprendeu que o canto é sanador, no muíño ou nos moitos escenario que pisou. Sempre na nosa memoria e no noso corazón a súa voz fonda e telúrica, Señora Carmen. Nunca a esqueceremos.
En palabras de Luis Bará Torres: “Grazas señora Carmen por traernos na túa voz milenaria o arrolo de todas as nais e avoas do mundo, a crónica do sufrimento e da dignidade, o son da rebeldía, a memoria das carballeiras e a esperanza do tempo que vén. Tempo de ramos verdes coma a túa canción, de roseiras bravas, de flores de primavera. Tempo de seitura, de músicas e cantos que renacen, que abrochan, que florecen. Tempo dun país e dunha cultura que camiñan nas asas do vento, como os teus cantos, que veñen de lonxe e levan rumbo á eternidade.”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xose Manuel Budiño en Narón

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 14 )


Xoves 6 NOV 2014 / 20:30h.
NARÓN / PAZO DA CULTURA.

Despois de dirixir o Concerto de Apertura do XX Aniversario de WOMEX en Santiago de Compostela, BUDIÑO chega a Narón cunha banda de auténtico luxo:

ISAAC PALACÍN: percusións.
FERNANDO BARROSO: bouzouki.
PEDRO LAMAS: saxo, percusión.
*XABIER DÍAZ (convidado especial).

BUDIÑO volta a Narón dous anos despois para presentar o novo traballo discográfico SOTAQUE, galardoado nos XIII Premios Opinión como MELLOR DISCO DO ANO e MELLOR CANCIÓN ORIXINAL "Déixame Adiviñar".
www.budiño.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xosé Manuel Budiño en Marín

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 14 )


MARÍN (7 Setembro 2014).
21:30h - MENÚ DO DÍA (Carlos Blanco & Luís Davila).
23:00h - BUDIÑO & Banda (Convidado: Xabier Díaz).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Certame folk - Voz de Galicia, 22 de xullo en Compostela

(texto engadido o día 22/ / 7/ / 14 )


Martes 22 de xullo na Praza da Quintana, con Xose Manuel Budiño, Kepa Junkera e A Banda das Crechas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NOVOS CONCERTOS DE ‘CORASONS’ EN COMPOSTELA E VIGO
http://www.kalandraka.com/blog/2014/02/07/novos-concertos-de-corasons-en-compostela-e-vigo/
(texto engadido o día 8/ / 2/ / 14 )


O Teatro Principal de Santiago acollerá o primeiro concerto, esteo mércores día 12 ás 21:00 horas, con entradas á venda na tenda A Reixa e na billeteira do Teatro. En Vigo celebrarase no Auditorio Municipal o xoves día 13 á mesma hora, coas entradas dispoñibles a través de Servinova e na taquilla do Auditorio.

O colectivo CoraSons volverá reunirse a vindeira semana para celebrar novos concertos nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, o 12 e o 13 de febreiro, respectivamente, en vésperas do día dos namorados. Foi precisamente un 14 de febreiro, hai dous anos, cando os primeiros integrantes desta singular iniciativa transfronteiriza -encabezada por Uxía- reuníronse por primera vez na Casa das Crechas cun repertorio de cancións clásicas nas que o corazón era o fío condutor, na mesma liña dunha orixinal exposición de fotografías da portuguesa Isabel Leal.


Máis de 40 músicos e intérpretes de Galicia, Portugal, Brasil, Mozambique e Angola acabaron sumándose a esta xuntanza arredor da “terra da fraternidade” e da cultura galego-lusófona que derivou na gravación dun documental dirixido por Paco Abelleira e e na publicación dun libro-cd-dvd distribuído por KALANDRAKA en toda a Península. António Zambujo, João Afonso, Quiné Teles, Luanda Cozetti e Norton Daiello, Aline Frazão, Serginho Salles ou Pierre Aderne son algunhas das figuras internacionais que uniron as súas voces ás de artistas galegos como Najla Shami, Xoán Curiel, Carlos Blanco, Tatán Cunha ou Magín Blanco, e ás melodías de Xosé Manuel Budiño, Pablo Vidal ou Sérgio Tannus, entre outros.


Alén do sentido romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos: “Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos”.

Dende a presentación deste traballo o pasado mes de decembro, o colectivo CoraSons protagonizou un gran concerto na Illa de Arousa e outras actuacións en Pontevedra, A Coruña e Santiago. As fotos de Isabel Leal volveron expoñerse na Casa das Crechas e tamén na libraría Papa-Livros de Porto. Precisamente, este venres 14 de febreiro o documental CoraSons proxectarase no ESPACIO KALANDRAKA de Madrid, situado no Barrio das Letras.
- CoraSons -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xose Manuel Budiño no Festival WOMEX en Cardiff (Gales)

(texto engadido o día 25/ / 10/ / 13 )


Wales Millennium Center (Glanfa) 21:45 h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=21869
(texto engadido o día 11/ / 12/ / 12 )


Compilar o traballo da iniciativa Ponte... nas ondas! nun volume non é sinxelo. Os coordinadores deste proxecto educativo de comunicación presentaron a pasada fin de semana, no marco do Culturgal, Na ponte, un libro-CD-DVD que amosa unha pequena parte do material producido neste tempo. No apartado sonoro, poden escoitarse vinte e tres cancións que fixeron parte desta iniciativa, da man de artistas como Xosé Manuel Budiño, Lenine, Timbila Muzimba, Xoan Curiel, SocorroLira, Aline Frazao ou Luís Pastor. A nivel audiovisual, está dispoñible o documental Pontes nas ondas ou os videoclips realizados en diferentes edicións, así como unha escolma de narración oral.
O libro, pola súa banda, recolle as sinopses dos relatorios do Congreso Internacional Pontes de cultura, pontes de futuro canda a un resumo da historia da iniciativa.

O proxecto, desenvolvido da man de PAI Música, continúa cunha serie de emisións radiofónicas ao vivo que se desenvolverán por Galicia e o Norte de Portugal da man de Xurxo Souto, e que botaron a andar este domingo no Culturgal.



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Budiño e Convidad@s nas Festas de María Pita (A Coruña)

(texto engadido o día 13/ / 8/ / 13 )


15 AGOSTO 2013 / 22:00 h
PRAZA DE PABLO IGLESIAS

Xose Manuel Budiño con:
-CARLOS BLANCO
-CANTAREIROS DE O FIADEIRO
-BEGOÑA RIOBÓ

- Budiño- Begoña Riobó -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril

(texto engadido o día 26/ / 3/ / 13 )


Gravado no seu estudio, "Ardora", e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”, SOTAQUE, o novo traballo discográfico de BUDIÑO, verá a luz a finais do mes de Abril.

Datas da presentación:

19/04/13 tvg-programa Luar
25/04/13 COMPOSTELA Teatro Principal / 21:00
26/04/13 OURENSE Teatro Principal / 21:30
09/05/13 MADRID Sala Galileo
10/05/13 PONFERRADA Sala La Vaca
18/05/13 ZARAGOZA Explosivo Club
25/05/13 SANTANDER Sala BNS
APRAZADO -> 01/06/13 A CORUÑA Teatro Colón


Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.

Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación:

* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en “Déixame Adiviñar”, unha letra escrita por Carlos Blanco.

* LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción “Hoxe canto en Libertá” con letra de Celso Emilio Ferreiro.

* Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros.

* MICHAEL McGOLDRICK coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑO, SOTAQUE.
- Budiño -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xose Manuel Budiño no Pazo de Cultura de Narón

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 12 )


BUDIÑO +Convidad@s
CONCERTO FIN DE XIRA DE "VOLTA"
NARÓN / Pazo da Cultura
Xoves 22 Nov 2012 / 20:30h
- Budiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Castelo Son 2012, Culleredo
http://www.casteloson.com/
(texto engadido o día 23/ / 8/ / 12 )


A parroquia cullerdense de Castelo prepárase para recibir este venres a unha boa selección do mellor humor e a mellor música feita en Galicia: Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño, Recambios Tucho, Familia Caamagno, a Orquestra Aconfónica, Los22 e París DJ.
Será na cuarta edición do Castelo Son, un festival rebautizado (até agora chamábase Castelo Music Festival) pero que mantén o seu espírito intacto: unha noite de música e humor gratuítos nun entorno natural inmellorable –aos pés do monte Xalo- e botado adiante grazas ao esforzo e a ilusión dos mozos da Asociación Castelo Deporte, unha das entidades máis activas e innovadoras da comarca das Mariñas.


- ilalelo- Budiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín

* Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo

* Sés, de xira con Budiño na Arxentina | SÉS - María Xosé Silvar

* Carlos Blanco e Budiño, en Cerdido

* Máis de 30 bandas na cita de homenaxe a Os Resentidos


(mostráronse só as últimas recibidas)


Xosé Manuel Budiño



Web oficial

en Myspace


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Xosé Manuel Budiño:
Zume de Terra
Xosé Manuel Budiño:
Arredor





buscar mais información
sobre Xosé Manuel Budiño en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Xosé Manuel Budiño en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]