Ghastas Pista?

Xarín
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Xarín':


Tanxarina en Carral

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Domingo 6 de setembro ás 18h no Campo da Feira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O XXVIII Festival da Poesia no Condado reclama umha economia social

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 14 )


Nota de prensa

Salvaterra de Minho acolhe o encontro nos dias 5 e 6 de setembro

 

O XXVIII Festival da Poesia no Condado reclama umha economia social


O mês de setembro leva a Salvaterra o Festival da Poesia, do que a Socidade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado apresenta agora o programa. Todas as artes, especialmente as escritas, toman forma nesta XVIII ediçom do festival com a reivindicaçom de umha economia social que evite a exploraçom do meio e das pessoas para “Escrever nas margens” do capitalismo depredador un sistema mais humano.


Como vém acostumando, o Festival da Poesia reparte-se em duas jornadas, sexta-feira, 5, e sábado, 6 de setembro. Começa na tarde do dia 5 com a projeçom do documentário Pacios. As fotos da memoria, que apresenta o seu director, Manuel Darriba. Continua com a abertura das exposiçons colectivas ‘Elas som eu’ e ‘Matricas’, e culmina com a Noite nas Minas, na que atuam Blues do País. Esta actividade é a única de pagamento de todo o festival; o seu aforo é limitado e tem um preço reduzido (8€) para pessoas desempregadas (a entrada normal custa 10€). As entradas estám à venda em info@scdcondado.org ou no 646 959 587. A festa segue fóra das Minas com a actuaçom da Fanfarria Taquikardia e com a pinchada de Bigote Mix.


O groso de actividades chega no sábado. Começam de manhá com um passa-ruas e a montagem da feira de artesanato e colectivos, que este ano estará centrada nas finanzas éticas e na economia social. Ao meio dia haverá que escolher entre participar no Campionato de Bilharda ou na mesa redonda de projectos de economia social (bioconstruçom, horta e banca ética).


O grupo de teatro Tanxarina vai-se encarregar de animar a Festa Infantil desde as cinco da tarde, quando se retoma a actividade. Quando remate volverá o espaço para o audiovisual, com a projeçom das curtas Polas Bravas e umha selecçom das premiadas no Festival de Cans.


À noitinha, sobre as 21:00, o Leo i Arremecághona sairá ao cenário para apresentar o XVIII festival poético-musical, no que, como sempre, música e poesia irám alternando a sua apariçom. Depois da apresentaçom, repressentantes do colectivo ‘De volta para Loureda’ lerám o limiar da antologia poética do festival, escrito por Carlos Calvo, preso na cadeia de Topas, en Salamanca. Participam no recital poético Xabier Cordal, Ismael Ramos, Alicia Fernández, Berta Davila, Paula Carballeira, Teresa Moure, Concha Roussia, Xesús Rábade, Koki, e, desde Portugal, José Viale Moutinho e Marília Miranda. O apartado musical protagonizam-no A Quenlla, Fortuítos, Sés, The Tetas Van e Liska.


O programa completo, e algumha informaçom complementar, está na página web da SCD Condado: www.scdcondado.org. A organizaçom agradece a difusom desta informaçom, com a que se ajuda a difundir a cultura popular e de base e a manter viva esta iniciativa.


- Festival da Poesia no Condado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto Furtivo no Viso (Redondela)

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 13 )


O vindeiro sábado 30 de Novembro celebrarase a 4ª edición do Magosto Furtiv@ de Redondela, no torreiro da festa de A Teixeira, parroquia de O Viso. A partires das 17h haberá xogos tradicionais, e actuacións de A Banda das Amasadas, Vai de Roda e Folieiros de Lavadores.
Haberá augardente, castañas e pra os máis pequenos talleres e actuación dos títeres e marionetas da compañía Tanxarina.

...e á noite, Foliada!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



San Froilán 2013 | do 4 ao 12 de outubro - Lugo
http://www.sanfroilan.info/
(texto engadido o día 28/ / 9/ / 13 )


Resumo da programación (podedes consultala completa aqui)

Venres 4 de Outubro
19:00 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Cantareiros as Regas palas Gándaras, Sagrado Corazón, barrio da Estación, praza do Cantiño e rúa San Pedro.
21:30 h. Concerto de Heredeiros da Crus na praza Horta do Seminario.
24:00 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños

Sábado 5 de Outubro
12:00 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo de gaitas e baile Airiños de Orbazai pola Fonte dos Ranchos, San Antonio, Casas Baratas e a zona dos viños
12:30 h. Pasarrúas de música tradicional galega co grupo Airiños do Neira pola praza de Santa María, praza Maior, rúa da Raíña e praza de Santo Domingo.
13:15 h. Concerto de Batital na praza da Soidade.
13:30 h. Actuación do grupo de música tradicional galega Volta do Agro na praza Maior
16:30 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo 05 Xilgaros de lugo pala zona dos viñas, Recatelo e o parque Rosalía de Castro.
17:30 h. XI Edición do Festival de Cultura Tradicional organizado pola Asociadón Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María.
19:30 h. Actuación de música tradicional galega co grupo Arrincadeira na praza Maior
21:00 h. Concertos dos Resentidos e Festicultores na praza Horta do Seminario.
22:00 h. Actuación de Devandoira Banda de Gaitas & amigos na praza de Santa María

Domingo 6 de Outubro
11:30 h. XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas coa Asociación de Gaiteiros Galegos: Arume (Boiro), Briteiros (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes), Carapaus (Compostela), De Pé feito (Ourense), Faíscas de Solobeira (Cambados), Millo Verde (Cambre), Os Naviza (Galicia/Navarra), Os Terribles de Donas (Gondomar), Picuiña (Marín), Souto Xímaro (Lourenzá), Tornaxeira (Valdeorras) e Xarin (O Incio), polo recinto histórico.
12:00 h. Recepción na casa do Concello aos Amigos do Traxe Galego, de Santiago. Paseo e exhibición ata o parque Rosalía de Castro .
17:30 h. XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas polo recinto histórico.
20:15 h. Concerto de La Pegatina na praza Horta do Seminario.
21:30 h. Cantando a Galicia, Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Sito Sedes, na praza de Santa María

Luns 7 de Outubro
20:30 h. Noite de folk cos concertos de Milesios e Brath na praza de Santa María

Mércores 9 de Outubro
21:00 h. Noite de Foliada coa Banda da Casa das Crechas & convidados na praza de Santa María.

Venres 11 de Outubro
13:30 h: Pasacalles de música tradicional gallega del grupo Caivanca por la Plaza de la Constitución, Compo Castillo calle San Pedro y plaza Mayor.

Sábado 12 de Outubro
12:15 h. Actuación do grupo de música tradicional galega Airiños de Orbazai na porta do Campo Castelo.
13:00 h. Pasarrúas do grupo de música tradicional Andaina por Montirón, San Roque e praza da Constitución
18:30 h. Pasarrúas da banda de gaitas Devandoira pala rúa da Raíña e a praza Maior. 19:30 h. Pasarrúas de música tradicional galega co grupo Sarabela Folk polo parque Rosalía de Castro, Recatelo e a porta de Santiago. 19:45 h. Animación de rúa co Bloquinho de Xermolos pola rúa da Raíña, Porta de San Pedro, Campo Castelo e a praza Maior
21:30 h. Animación de rúa co Bloquinho de Xermolos pola rúa da Cruz, Praza do Campo, Ruanova e A Tinería.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3º MAGOSTO FURTIV@ (O VISO - REDONDELA). 1 DECEMBRO

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 12 )


Xa co remate da época dos magostos e das castañadas chega a terceira edición do MAGOSTO FURTIV@ ó Viso (Redondela). O torreiro de festas da Teixeira acollerá unha vez máis esta festa furtiv@ onde a esencia das castañas percorrerá o ambiente lúdico, cultural e de lecer que a organización servirá como plato principal a tódolos asistentes que o sábado 1 de decembro se animen a achegarse ó Viso. O Magosto furtivo, un evento totalmente autoxestionado e autoorganizado polo grupo de música tradicional afincado na parroquia TANTO NOS TEN e polo COLECTIVO LÚA MEIGA, contará coa sempre agradecida colaboración da asociación XOEIRA, coa colaboración desinteresada da TENDA DE CONCHA, así como coa axuda voluntaria de máis dunha ducia de veciños que van votar unha man coas castañas, o chocolate e coa doazón de produtos para colaborar na organización desta "festa para tod@s".

1 de Nadal no torreiro da festa de A Teixeira - O Viso

Coa finalidade de que o magosto furtiv@ chegue a tódolos públicos e con entrada totalmente de balde, o vindeiro sábado 1 de decembro a partir das 5 da tarde contaremos con:

XOGOS TRADICIONAIS
OBRADOIROS PARA NEN@S ORGANIZADOS POR XOEIRA
TANXARINA (títeres)
PETER PUNK (malabares e risas)
OS CAMPANTES DA BAÑA (musica tradicional)
FOLIADA A RACHAR (trae o teu instrumento e únete á festa)

Ademais, HABERÁ CARPA, teremos moitas CASTAÑAS e algunha sorpresa máis ....

Noticia enviada por xcovelo

- Magosto Furtivo- Tanxarina- Peter Punk- Campantes da Baña -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentacións de MARÍA FUMAÇA

(texto engadido o día 15/ / 10/ / 12 )


María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.



Presentacións de MARÍA FUMAÇA:

18/10/2012. 18:30 h
MARÍA FUMAÇA en Santiago de Compostela
Xoves 18 de Outubro.
Biblioteca Ánxel Casal.


20/10/2012 18:30
MARÍA FUMAÇA en Vigo
Sábado 20 de outubro, ás 18:30 h, na Casa do Libro de Vigo

09/11/2012 18:30
MARÍA FUMAÇA na Coruña
Venres 9 de novembro, ás 18:30 h, na FNAC

02/12/2012
No Auditorio das Pozas en Petelos - Mos.
(02-12-2012)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2317:xiv-mostra-de-musica-tradicional-do-domingo-das-mozas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 )


O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:

Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos

- Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela

- Ruote- A Coruña
- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria 2012 (Mos - Pontevedra)
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2012/07/11/programacion-festa-da-prehistoria-2012/
(texto engadido o día 8/ / 8/ / 12 )


VENRES 3 – no Pazo de Mos ás 19:00h.

- Inauguración da exposición “ARTESANÍA DA PREHISTORIA” (todo o mes de agosto).

- CONFERENCIA: “AS PEDRAFITAS EN GALIZA, funcións e xeneralidades: Grupos específicos”

de X. Alberte Alonso Fernández membro da S.A.G.A. (Sociadade Antropolóxica Galega).



DOMINGO 5 – EXCURSIÓN-VISITA GUIADA ÁS MÁMOAS DE ERVILLE.

Percorrido circular: saída ás 10:00 h. Alto de San Cosme / Chegada ás 13:00 h. Aprox.

VENRES 10 – dia da involucion -

- Apertura do poboado da Penacova . Acendido do Lume Sagrado (10:00h.) = Actuacións musicais.

SABADO 11- dia grande .

- Demostracións e obradoiros: instrumentos musicais vexetais, tiro con propulsor, fabricación de ferramentas líticas, técnicas para facer lume, elaboración de pan prehistórico e pintura corporal.

- Gastronomía cavernícola.

- Enfrontamento e recepción das tribos participantes na Lapiñeira da Fraga.

- Xogos e competicións entre as tribos participantes.

- Compañía de títeres TANXARINA -nova versión do seu espectáculo “Trogloditas”.

- Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.

- Actuacións musicais.

Atun con Punk / Vaite Xa / Os Chichisos / Kallaikoi / Covers Band

- Festa da Prehistoria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria de Mos 2011
http://festadaprehistoria.wordpress.com
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 11 )


Esta é a programación final da décima edición da Festa da Prehistoria de Mos. Un ano máis o poboado da Penacova sufre unha viaxe temporal hacia a idade de pedra.


SÁBADO 13 – DÍA GRANDE.

-10:00h. Apertura do poboado da Penacova.

-10:30h. Obradoiro de pintura corporal.

-11:30h. Subida á Lapiñeira da Fraga.

-12:00h. Recepción das tribos participantes.

-13:00h. 1ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.

-13:30h. Menú cavernícola.

-15:00h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.

-16:00h. Obradoiros e outras actividades sobre a vida na Prehistoria. Técnicas para facer lume

Fabricación de ferramentas de pedra / Confeción do teu traxe da Prehistoria

Como facer pan / Tiro con propulsor / Elaboración dun petróglifo.

-17:30h. Xogos e competicións entre as tribos participantes / Xogos para o público en xeral.

-19:30h. 2ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.

-20:00h. LEVANTAMENTO DA PEDRAFITA.

Monumento megalítico para conmemorar unha década de Festa da Prehistoria.

-20:30h. 3ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.

-21:30h. Menú cavernícola.

-22:30h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.

-23:00h. Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.

-00:00h. Actuacións musicais:

CÉ-ORQUESTRA PANTASMA

FESTICULTORES TROUPE



DOMINGO 14 – DÍA DA EVOLUCIÓN.



- 21:00h. CINE AO AIRE LIBRE.

- IV Concurso de Curtas da Prehistoria.

- A película “Na procura do Lume”.

-23:50h. Obradoiro de Astronomía no ceo da Penacova.



EXPOSICIÓN “UNHA DÉCADA DE PREHISTORIA EN MOS”.

Unha exposición de recortes e notas de prensa que diversos medios de comunicación adicaron á Festa da Prehistoria dende a primeira edición en 2001.

No Pazo de Mos dende o 30 de xullo ao 28 de agosto.

- Festa da Prehistoria- Cé Orquestra Pantasma- Festicultores Troupe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria 2010. « Mos
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2010/06/27/programacion-da-festa-da-prehistoria-2010/
(texto engadido o día 7/ / 8/ / 10 )


PROGRAMACIÓN – FESTA DA PREHISTORIA (9ª EDICIÓN, 2010)

6 e 7 de Agosto de 2010


ACTIVIDADES PARALELAS

  • EXPOSICIÓN: Do 15 de Xullo ó 21 de Agosto no Pazo de Mos ”ARTE RUPESTRE, OS PETROGLIFOS NO PAPEL“, pinturas de Manuel Ledo (experto en arqueoloxía, prehistoria e membro da asociación cultural “festa da Prehistoria”).
  • EXCURSIÓN: Domingo,18 de Xullo, ROTEIRO DOS PETRÓGLIFOS DE LOUREDO.
    Saída as 10 da mañá dende o Pazo de Mos – Capela de San Gregorio – Pedra das Cruces – Petróglifo do Salgueirón – Alfacuca (aldea abandonada en proceso de recuperación) – petróglifo de San Antoiño. Remate do roteiro (13:30 h. aprox.)

2º FIN DE SEMANA DE AGOSTO

VENRES 6 DE AGOSTO

  • DÍA DA INVOLUCIÓN: o longo de todo o día irán chegando as primeiras tribos ó poboado da Penacova.
  • 21:00 h.: Proxección das Curtas da Prehistoria e pola noitiña música de charanga e grupo de percusión.

    SÁBADO 7 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

    Pola mañá

  • OBRADOIROS: Útiles de Pedra, técnicas para facer lume, pintura corporal, elaboración de pan e moda prehistórica para os que chegan sen pelexo.
  • DEMOSTRACIÓNS: Tiro con arco e tiro con propulsor.
  • EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país (coa colaboración especial da revista “A RETRANCA”).
  • TÍTERES: a compañía “TANXARINA” presenta o seu novo espectáculo “Troglodita”.
  • GASTRONOMIA: Carne ó caldeiro, polbo á feira e asados.
    Pola tarde:
  • ATA QUE NA COVA: Enfrontamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha. Despois da loita o chamán “Tatán” será o encargado de dar a benvida ás tribos participantes, intercambiar agasallos e transmitirnos a mensaxe dos espíritos.
  • XOGOS OLÍMPICOS entre as tribos e a carreira de relevos “NA PROCURA DO LUME”.
  • Construción do Monumento Megalítico. LEVANTAMENTO DO MENHIR. ¿seremos capaces de mover unha pedra de 2.000 Kg? ¿e poñela de pé? … que non cho conten, ven a velo.
    Pola noite:
  • RITUAL DE INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS DA MÁMOA DA PENACOVA.
  • CONCERTOS de:

PESDELÁN                  O SONORO MAXÍN                  FALPERRYS


- Sonoro Maxín- Pes de Lan- Festa da Prehistoria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX Festa do GAITEIRO. 22 de Agosto de 2009
http://www.forcarei.com.es/pan2.asp?idm=1&tit1=Novas&tit2=%20%20%20Noticias&img=&tab=contido&id
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 09 )


O Día 22 De Agosto (Sábado), En Soutelo De Montes, Forcarei,


10:00 H. – Pasarrúas De Bandas De Gaitas

10:30 H. – Apertura Da Feira De Artesanía

11:00 H. – Actuación Do Grupo De Música Tradicional Pai Da Cana

12:00 H. – Actuación Da “Asociación Folclórica O Fiadeiro”

13:00 H. – Benvida Do Alcalde

13:10 H. – Pregón Por D. Avelino Senra Varela

13:20 H. – Entrega De Medallas

13:40 H. – Interpretación Da Muiñeira De Chantada E Do Himno De Galicia

13:50 H. – Actuación Da Banda De Gaitas Municipal De Forcarei

18:00 H. – XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro “O Gaiteiro De Soutelo”

20:00 H. – Actuación Do Dúo Arpa Céltica & Fiddle

20:30 H. – Entrega De Premios

22:30 H. – Concerto Na Praza Da Igrexa

Diplomáticos Do Acordeón

Xarín

Mutenrohi
- Soutelo de Montes- Pai Da Cana- Diplomáticos do Acordeón- Xarín- Mutenrohi -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da prehistoria 09 - Mos
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2009/07/06/festa-da-prehistoia/
(texto engadido o día 23/ / 7/ / 09 )


Festa da Prehistoria ´09

EU NON PEDÍN EVOLUCIONAR!!!

VENRES, 7 DE AGOSTO – DÍA DA INVOLUCIÓN

- Pola tarde: Chegada das tribos.

- Ó solpor: Proxección das Curtas da Prehistoria.

- Á noitiña: Música, con Cé-Orquestra Pantasma.


SÁBADO, 8 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

- Pola mañá:

Obradoiros: útiles de pedra, arqueoloxía, elaboración de pan e pintura corporal.
Demostracións: tiro con arco e tiro con propulsor.
Compañía de títeres Tanxarina.
Grupo de percusión Bata-Unga.
Gastronomía: carne ó caldeiro, polvo á feira e asados.
- Pola tarde:

Ataque na cova: Enfrentamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha.
Recepción: Benvida ás tribos participantes e intercambio de agasallos.
Xogos Olímpicos entre as tribos e carreira de relevos Na Procura do Lume.
Construcción do monumento megalítico.
Invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova co chamán Leo e Arremecaghoná.
- Pola noite concertos de:

O Leo i Arremecaghona
Skandalo GZ
La Tuna Rastafari.
A Banda Potenkim.



DOMINGO, 9 DE AGOSTO



Excursión as cobas naturais de Mos.

Coa colaboración do Clube de Espeleoloxía “Maúxo” visitaremos varias cobas naturais, algunhas delas catalogadas coma patrimonio arqueolóxico. Ademáis visitaremos varios lugares de interés histórico: a mámoa e o petróglifo do Salgueirón, o xacemento do Calcolítico de Pedradita, o Coto dos Castros e o Castelo.

Saída: ás 10 da mañá, do Pazo de Mos.

Chegada: ás 13:30 h. aprox.

A ruta faise en vehículos todoterreo cedidos por Rofervigo, S. L.

Para asistir é imprescindible a inscripción previa na seguinte dirección de correo electrónico:

festadaprehistoria@gmail.com

Do 15 de XULLO Ó 15 DE AGOSTO:

Exposición “Mostra da Prehistoria” No Pazo de Mos.
- Orquestra Pantasma- Leo i Arremecaghona- Skandalo GZ- Tuna Rastafari- Banda Potenkim- Mos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa do Viño da Casa (Saxamonde - Redondela)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=66666
(texto engadido o día 17/ / 7/ / 09 )


Un ano máis, Saxamonde prepárase para unha fin de semana de degustación de caldos caseiros. Un extenso e variado programa de actividades acompañará a celebración desta nova edición da Festa do Viño da Casa.

A Asociación Centro Social Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde (Redondela) organiza a II Festa do Viño da Casa. A presente edición pretende dar continuidade aos obxectivos marcados hai un ano, así como consolidar e ampliar a iniciativa. A Asociación Cultural “Chan das Pipas” pretende, desde o traballo diario, dinamizar a vida social e cultural da parroquia de Saxamonde e a súa bisbarra. O colectivo desenvolve diversas e variadas actividades ao longo do ano que procuran dar conta dunha maioría de vontades na parroquia. O ampolo elenco de cursos, as festividades anuais celebradas ou as xornadas de convivencia propostas obteñen unha crecente participación por parte da veciñanza da parroquia así como por persoas de toda a comarca.

A II Festa do Viño da Casa terá lugar os días 18 e 19 de xullo e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de carne ao caldeiro, polbo e empanada a prezos populares. A Área Recreativa e Chan das Pipas, onde se celebra a festa ten unhas condicións idóneas para o estacionamento e o goce dun entorno natural e agradábel.

Desde a Asociación Cultural “Chan das Pipas” consideramos que celebracións desta natureza poñen en valor a elaboración do viño artesán mais non só. Pretendemos contribuír á promoción de Saxamonde, e Redondela, dinamizando os seus espazos e ofrecendo posibilidades de lecer, ao tempo que potenciamos e renovamos os nosos elementos de identidade cultural.
A II Festa do Viño da Casa conta cunha programación ampliada respecto do ano pasado que inclúe unha exposición de fotografía histórica da parroquia, onde colaboración ducias de veciños; a demostración do traballo do alumnado de diferentes cursos de baile impartidos durante todo o ano; un concerto de música folc coa presenza de OS CARUNCHOS; sesión vermú coa Orquestra de Saxos de Redondela; un xantar popular o domingo e posterior xornada de xogos populares e tradicionais.

A festa terá lugar na Área Recreativa de Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela) e conta co patrocinio das concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela así como da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde.

Como chegar: No Alto de Os Valos, na extrema de Redondela con Mos na N-550, vírase cara o Aeroporto. A uns 400 m. tómase á dereita e, 50 m. despois á esquerda. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550.


PROGRAMA DA II FESTA DO VIÑO DA CASA

Sábado 18 de xullo:
18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada)
Inauguración da exposición fotográfica:
"Xente, momentos e lugares de Saxamonde"
20:00 Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa.
21:00 Pasarrúas a cargo do grupo “Os de sempre” de Lavadores
22<:00 Concerto de Música
Pandereteiras “As Tarambainas” de Lavadores
Regueifeiros de Galicia (improvisación en verso)
OS CARUNCHOS

Domingo 19 dexullo:
11:30 Reapertura de Casetas
13:00 Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela.
14:00 Xantar Popular
17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores)
19:30 Monicreques a cargo de TANXARINA

Noticia enviada por foliadeiro

- Festa do Viño- Saxamonde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Hoxe, Martes 9 de xaneiro, “Alalá” con Hermelinda do Muiño ás 21:40.

Hoxe “Alalá” con Hermelinda do Muiño ás 21:40.


19 de setembro: No muiño (17,8 %)

26 de setembro: Ruada Rianxeira (10,6 %)

3 de outubro: Xavier Blanco (23,3%)

10 outubro: Maruxa das Cortellas (18,7%)

17 outubro: Faltriqueira (16,6%)

31 outubro: Gaiteiros do Vilar (14,1%)

7 novembro: Os Seivane (20,9%)

14 novembro: A Gaita de Sarandón (17,6%)

21 novembro: Conservatorio Folque de Lalín (11,4%)

28 novembro: De recolleita pola Límia (17,5%)

5 decembro: Xarín (Gaiteiros do Incio) (14,8%)

12 decembro: Pablo Carpinteiro (14,9%)

19 decembro: “Quiquiriquí” (15,1%)

26 decembro: Especial Nadal (17,8%)

1 xaneiro: Berroguetto (13,9%)





Hoxe Martes 9 de Xaneiro en Alalá...
...o equipo de Alalá leva ao espectador ata terras da Limia Alta,
concretamente ao concello de Sarreaus, onde se atopa Hermelinda do Muíño, unha muller entrañable que conserva na súa memoria unha gran cantidade de coplas que escoitaba cando aínda era unha nena. Con ela poderanse coñecer as coplas que lles cantaban os mozos ás mozas cando saían de rolda, e tamén escoitaranse as que se cantaban nos fiadeiros e que acompañaban con latas de pemento e de carburo. Pero o máis salientable de Hermelinda e que tamén lembra longos romances sobre tristes historias de amor e moitos cantares de cego. Os cegos eran auténticos personaxes a principios do século pasado,
cando percorrían a pé longas distancias para vender as súas coplas nas feiras, coplas coas que narraban truculentas historias de crimes e suicidios ocorridas noutros puntos de España. Eles eran os transmisores orais desas noticias que, ademais, vendían en cuartillas. Trinta anos nun muíño, afastados do mundo Precisamente Hermelinda era sobriña dun deste personaxes cegos, Ángel López, coñecido na redonda como o Cego de Sas. Del falarán con Hermelinda, que tamén contará como foi a súa vida de muiñeira, porque esta muller viviu máis de trinta anos nun muíño na compaña de seu home, Miguel.
Alí, afastados do mundo, traballaban e cantaban durante horas, o que
permitiu que Hermelinda repasase centos de coplas que foi fixando na súa memoria. Agora, con oitenta anos, vive soa, canta polo baixo e, cada día fai un esforzo por recuperar do esquecemento algunha vella copla que comeza a esvaerse.


Noticia enviada por Malmequer

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Chega María Fumaça, un libro disco para os máis novos

* Presentacións de MARÍA FUMAÇA

* Programa do DésCONCERTO EXPANSIVO

* Chega María Fumaça, un libro disco para os máis novos

* Festival Intercéltico do Morrazo BOICOT!!!!


(mostráronse só as últimas recibidas)


Xarín



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Xarin:
Gaiteiros do Incio





buscar mais información
sobre Xarín en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Xarín en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]