Resultados para:

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre':


Romaría de San Miguel (Pastoriza. Arteixo)

(texto engadido o día 18/ / 9/ / 18 )


Sábado 29 de setembro, dende as 12h da mañá.

Música, teatro, artesáns da madeira...

A.C. Triskell
As Revolteadoras
Grupo de Gaitas da A.C. Queiroga
Os Sobraos de Bergondo
A.X. Xiradela
Dequenvessendo
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
- As Revolteadoras- Os Sobraos de Bergondo- Dequenvessendo- Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Intercéltico Son do Pazo (Mos)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Venres 31 de agosto a partires das 22:30h
AIRIÑOS DO CASTELO
LEILÍA
H2FOLK


Sábado 1 de setembro
A Vacaloura Vermella, As Maimiñas, Treboada Baixo Miño, Xisco Feijoo

E a partires das 21:30h
XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE
BACKWEST (IRLANDA)
ANDOA

Entrada de Balde

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Margarida (A Coruña)
https://www.facebook.com/foliadasdacoruna/photos/a.456502317866713/913385278845079/?type=3
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuacións nas prazas o sábado 25!

- PRAZA DE VIGO (BAILE):
Actuacións da A. C. Donaire e Af Aturuxo.
Obradoiros con Carminha Campo e Chus Caramés, Montse Rivera e Pablo Díaz! (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE GALICIA (MÚSICA):
Actuacións da A.C. Donaire e A.F. Aturuxo.
Obradoiros con Oli Xiráldez, Xulia Feixoo e Tanxugueiras.

- PRAZA DE LUGO (MIÚDA):
Obradoiro de brinquedos sonoros con Miudiño S Coop Galega, de mariquiñas con traxe tradicional e de danza de paus e fitas con Marta Otero e intervención de Dúbidadúo.

* Concertos no parque de Santa Margarida!
- Sábado: Dúbidadúo Trío Band, Os Melidaos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras.
- Domingo: Banda Municipal de A Coruña, A. C. Xacarandaina, Samarúas e SondeSeu Orquestra Folk + convidados.

Desfrutade da romaría, espallade para que chegue a todos os recunchos! :)

http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/o-concello-pon-o-broche-a-unas-festas-de-maria-pita-marcadas-pola-innovacion-e-a-tradicion-coa/suceso/1453664509023

Concellería de Culturas da Coruña | Concello da Coruña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo
http://www.facebook.com/625881477776430
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 18 )


Presentamos o cartel do XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo a celebrarse entre o 26 e o 28 de xullo. Coas actuacións dos grupos e bandas de Moaña Acf Solaina, Meiramar Axóuxeres, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas, Gaiteiros de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Breogán de Moaña, os galegos Budiño e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, os bretóns PLANTEC e os escoceses Project Smok e Capercaillie.
Para completar esta gran edición do FIM, realizaranse actividades paralelas como a Mostra de instrumentos tradicionais, clases maxistrais de música, de baile galego e de danzas do mundo, e un DJ Folc que pechará a última xornada.
Organizado polo Concello de Moaña co patrocinio de Mahou e da Deputación de Pontevedra a través dos programas Pontegal e Musigal.
Deseño de Diego Seixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIII Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña)

(texto engadido o día 27/ / 7/ / 17 )


26, 27, 28 e 29 de xullo

MÉRCORES 26
as 20:00 na Casa do Concello: A Alborada dun Soño, Libro de Fina Fernández

XOVES 27
as 20:30 no Palco da Música: Solaina, Meiramar Axóuxeres
as 21:30 no Palco Principal: XABIER DIAZ e ADUFEIRAS DE SALITRE
as 23:00 no Palco Principal: TEJEDOR

VENRES 28
Mostra de instrumentos tradicionais nas haimas do paseo de Moaña.
as 21:00 no Palco da Música: Charaviscas e Gaiteiros de Moaña
as 22:00 no Palco Principal: FIANDOLA
as 23:30 no Palco Principal: RURA

SÁBADO 29
Mostra de instrumentos tradicionais nas haimas do paseo de Moaña.
as 21:00 no Palco da Música: Moañesa de Música e Danza, Breogán
as 22:00 no Palco Principal: LUNASA
as 23:30 no Palco Principal: MILLADOIRO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asalto ao Castelo de Vimianzo

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 17 )


Sábado 1 de xullo

Pelepau
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Muchachito Bombo Infierno
Heredeiros da Crus
Festicultores Cultivadores de Festas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Carqueixa Rock & Folk (Souteliño - Laza)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 16 )


Sábado 06 de agosto
Candaira, Virandeira Folk, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Sés, Guezos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVII Festival de Pardiñas (Guitiriz)

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 16 )


Venres 5 de Agosto,
20.00h
IV Certame de Cantos de Taberna polos locais de Guitiriz.

Sábado 6,

21.00h
-Bloquinho de Xermolos
-Banda Crebinsky
-Anxo Lorenzo Band
-Rarefolk
-Liviao de Marrao

Domingo 7

14.00h
Fanfarria Taquikardia

16.30h
Trasgo Circo

17.30h
obradoiro de batukada con Bloquinho.

18.30h
Concerto de Alvariza e pregón musical a cargo de Mini e Mero

21.30h
-Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
-Fullset
-Fanfarria Taquikardia

E tamén.. XXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e XXXVII Mostra de Artesanía

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival EntreMareas (Espasante - Ortigueira)

(texto engadido o día 15/ / 7/ / 16 )


Música, teatro e feira de artesania compoñen as actividades do III Festival EntreMareas que celébrase os días 22, 23 e 24 de xullo 2016, no Porto de Espasante, en Ortigueira. Haberá pasarrúas de banda de gaitas, baile tradicional, música de rúa, actividades variadas para os máis pequenos, clown e malabares, concertos de noite.

O sábado e domingo celebrarase un xantar e cea, e a medianoite haberá queimada. Tamén haberá algunha sorpresa e outras actividades.

Para aqueles que teñan curiosidade sobre algunhas das bandas que tocarán de noite, no Festival Entremareas 2016, pouco a pouco, iremos dando algunha pista.

Haberá zona de acampada

ESCENARIO PRINCIPAL
"OS DA RÍA" PRESENTAN O FESTIVAL DURANTE OS TRES DÍAS
Venres 22
"NUEVO PLAN"
"LOS CLARETES"
"TABULA RASA"
"THE NORTH ROAD"
KE NIN DIOS
Sábado 23
"A TROBA DO BUGALLO"
"XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE"
"LET THE JAM ROLL"
"MOON CRESTA"
"ON FIRE"

Domingo 24
"FOXNOLA"
"PUNTADA SEN FÍO"
"PAN DE CAPAZO"
"FRAC"
"EL CLAN DEL SUR"


ESCENARIO DO PASEO
Habera varios grupos o longo do día, tamen habera teatro para os mais peqenos con un taller de teatro.

Venres 22
"BLOQUINHO DE XEMOLOS"

Sabado 23
"TEATRO CON TALLER DE TEATRO PARA NENOS"
"SON D´AQUÍ"
"CORO DE ESPASANTE"
"BERROS DO CASTRO"

Domingo 24
TEATRO PARA TODA A FAMILIA CON "ESTRLLAS MÁXICAS"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre - Verán 2016

(texto engadido o día 15/ / 7/ / 16 )


1 de xullo: Sabucedo (A Estrada) - Rapasons
2 de xullo: Bélxica - Gooikoorts Festival
8 de xullo: Fene
9 de xullo: Carballo - Festifolk
15 de xullo: Pontemaceiras - Noite das Candeas
23 de xullo: Espasante (Ortigueira) Festival Entremareas
6 de agosto: Laza
7 de agosto: Guitiriz - Festival de Pardiñas
12 de agosto: Cádiz . Castelo de Sta Catalina
13 de agosto: Cedeira
14 de agosto: Couso (A Estrada)
25 de agosto: Frigiliana (Málaga) - Festival 3Culturas
26 de agosto: Malpica
27 deagosto: Corvillón (Cambados) - Festival Xironsa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RapaSons en Sabucedo (Pontevedra)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Nace RapaSons, festival de música galega da Rapa das Bestas de Sabucedo

Venres 1 de xullo.
Sés
Ataque Escampe
Os Cuchufellos
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Xurxo Souto.

Sábado 2 de xullo
Tequexetéldere
Fanfarria Taquikardia.

Domingo 3 de xullo
Primordiais
Serán Tradicional

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Foliada de Melide
http://www.foliadamelide.com/
(texto engadido o día 21/ / 4/ / 16 )


22, 23 e 24 de abril. Melide, A Coruña


VENRES 22 DE ABRIL

Casa da Cultura a partir das 22h.

- Estrea da curtametraxe "O tesouro da ferreña", unha producción en exclusiva para a Foliada
de Melide
- Actuación de Cantata Vernácula.


SÁBADO 23 DE ABRIL

MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS
Abrirá as súas portas a partir das 11h e permanecerá instalada na Praza do Convento durante
toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan
dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais,
talla de madeira, pedra ou coiro.

CANTOS DE TABERNA
Este ano celébrase a oitava edición. Os grupos participantes son:
1. Chanqueiros da Gaita Escola (Mondoñedo)
2. Alén do Mar (Bergondo)
3. Os Trapeiros (Melide)
4. Os Sons da Mina (Vila de Cruces)
5. Cantos Bohebrios (Sarria)
6. Os do Pilón (Arzúa)
7. A Fonte de Merlán (Palas de Rei)
8. Muxiqueiros (Melide)
9. Vaiche Boa (Visantoña - Santiso)
10. Fiadeira (Antas de Ulla)
11. Airiños Galegos (Santurtzi)
12. Reviravolta (O Pino)
13. Sobreiras do Ulla (Touro)
14. Viute o Demo (Sada)
15. Rondalla Moraima (Arzúa)
16. Os Sobraos (Bergondo)
17. Doces Lembranzas (Barakaldo)
18. @s Pantoxos (A Coruña)
19. Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón)

ANIMACIÓN DE RÚA
A Rexouba (A Coruña)
Os Treboeiros da Muimenta
Asoc. Cultural Faltriqueira de Muros

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL
"Entra no baile a bailar..." é o nome do obradoiro que Carme Campo e Chus Caramés se
encargarán de impartir e que está dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente
participativo coa intención de contar con nenos e maiores interesados en aprender recursos
de baile tradicional.
O obradoiro levarase a cabo a partir das 18h na Praza do Convento

MARCHA GAITEIRA
As sete da tarde. Participarán quince agrupacións musicais que se repartirán por diferentes
rúas e prazas.

SERÁN
1. Herba Grileira (Melide)
2. Pozo pequeno (Melide)
3. O Bingo Birón (Toques)
4. O ´Bringuelo (Arzúa)
5. Gaiteiros do Balado (Toques)
6. A Maristela (Sobrado dos Monxes)
7. Fiadeira (Antas de Ulla)
8. Fol da Chousa (Visantoña - Santiso)
9. Falcatrueiros (Monterroso)
10. A Rexouba (A Coruña)
11. Airiños Galegos Doce Albor (Santurtzi)
12. Froito Novo (Melide)
13. Castro Curbín (Arzúa)
14. Doces Lembranzas (Barakaldo)
15. Palacio do Rei (Palas de Rei)

CONCERTOS
Como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán Os D´abaixo e Falperrys


DOMINGO 24 DE ABRIL
Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do
Convento onde a Mostra de artesanía e instrumentos será o principal atractivo.

ANIMACIÓN DE RÚA
Durante toda a fin de semana a animación polas rúas estará conducida por diferentes grupos
musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GAITEIRO DE SAN XUSTO. O SON DA ULLOA"
Do gaiteiro da Ulloa Bruno . Coa actuación do grupo Tango en Xaneiro e colaboradoras.
Á s 12h na Capela de Santo Antón

SESIÓN VERMÚ
Ás 14h o grupo Leirabuxo será o encargado da Sesión Vermú na Praza das Ichoas

PROGRAMACIÓN INFANTIL
Espectáculo "Zona de Obras" de Brais das Hortas ás 17h na Capela de Santo Antón.
Entrega dos premios do concurso "Xente Cativa", un concurso de debuxo dirixido
aos nenos e nenas dos colexios da comarca da Terra de Melide.
A partir das 18h na Praza do Pozo Pequeno a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
realizará un obradoiro de Xogos Populares dirixido a todos os públicos.

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
Nesta edición actuará a Escola de música e baile tradicional O´Bringuelo de Arzúa.

CONCERTO
Actuación na Praza das Coles ás 20h de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, acompañados por Gutier Álvarez na zanfoña e violino, e Javier Álvarez co
acordeón diatónico.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA

(texto engadido o día 15/ / 11/ / 13 )


KEPA JUNKERA - GALIZA


CD 1:
1. Alalá Transfigurado con Cristina Pato
2. Muiñeira dos Pontinos con Emilio e Daniel do Pando
3. Xota da Guía con Budiño
4. Lelele con Banda das Crechas
5. Danza das Pereiras/Danza de Rubiós/Muiñeira de Mangüeiro con Leilía
6. O Pousa con Luar Na Lubre
7. Fasioren Martxea con Central O Folque
8. Canto de Monzo/Muiñeiras de Florencio con Central O Folque
9. Valse de Santa Mariña con Davide Salvado
10. O Merlo/Bizkaian Zehar/Lúa Clarea/Pagasarriko Martxea/Lévame, Lévame con Treixadura

CD 2:
1. Galizako Muiñeirak/Trikitixa Martxa con Susana Seivane
2. Maneo de Silván/Roman Urrazaren Jotea con Radio Cos
3. Agarrado de Vilar de Cabeiras con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
4. Muiñeira De Valdeferreiros con Daniel do Pando
5. Terras do Norte con Os Cempés
6. Muiñeira A Cruz da Lobeira/Ruada con Os Cempés
7. Cantar dos Arrieiros/Maneo dos Barreiros de Malpica de Bergantiños con Pandereteiros de O Afiadeiro
8. Vals de Arousa con SonDeSeu
9. Rumba de Barciademera con SonDeSeu
10. Ven Bailar Carmiña/Pasodoble do Berbés (Os Morenos de Lavadores) con SonDeSeu
11. Unha Noite na Eira do trigo con Uxía
12. O Galo con Centro Galego de Barakaldo & Ceo de Sil & Alberto San Martín
13. Vals de Pazos de Merexo con Manuel Pazos de Merexo



Kepa Junkera, un dos músicos mais importantes, influintes e internacionais do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA un dos proxectos máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.
En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.
“GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos, e sairá á venda o 19 de Novembro.





Datas de presentación:

MARTES 19 DE NOVEMBRO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
PRESENTACIÓN A MEDIOS, AMIGOS E COLABORADORES
12:30 CASA DÁS CRECHAS
Via Sacra, 3
Showcase e presentacion.
Kepa contaranos os segredos e anécdotas arredor da composición e gravación de "Galiza"

XOVES 21 DE NOVEMBRO
BARAKALDO (Bizcaia)
PRESENTACION A MEDIOS, AMIGOS E COLABORADORES
12:30- CENTRO GALEGO DE BARAKALDO
Rúa Galicia, 3
Aperitivo musical

MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO
Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRADE). Será ás oito da tarde, e contará coa participación de Daniel e Emilio Pando


SÁBADO 30 DE NOVEMBRO
CULTURGAL PONTEVEDRA
CONCERTO PRESENTACION "GALIZA"
21:30- AUDITORIO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Rua Alexandre Boveda, s/n
Artistas Invitados:Budiño, Leilía, Uxía, Treixadura, Daniel Do Pando, Davide Salvado

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* GC :: A Galiza de Kepa Junkera

buscar mais información
sobre Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]