Uxía Senlle na Escola Oficial de Idiomas de Compostela: MARTES 21, 20 HS http://ow.ly/l1DFd
(texto engadido o día 20/ / 5/ / 13 )
Concerto de Uxía Senlle "a voz do Atlántico" acompañada dos "brasilegos" Sergio Tannus e Paulo Silva. Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen do máis profundo e íntimo do ser, da alma. É unha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal. MARTES 21 de maio ás 20:00 no Salón de actos da EOI.
Este venres, 3 de Maio ás 21h30 na Sala Auriense de Ourense, Uxía e João Afonso reunirémonos para falar e cantar. 'De Lés a Lés' é unha charla distendida, cantos e palabras para celebrar que á música lle corresponde comunicar a emoción -e o pensamento- deses lugares próximos (Galiza e Portugal), das cancións que están no ar e que son de tod@s. Cantar é unha forma de ofrecer a alma, de coñecermonos. Lembraremos tamén os cantos que nos foron aproximando dende que nos vimos pela primeira vez, os do seu tío Zeca que nos seguen a emocionar, e as nosas propias composicións inspiradas nesa raiz común. Cantaremos na nosa lingua e sentiremos o noso canto perto de Recife, Açores, Mindelo, Maputo, o Alentejo...¡Tan diferentes e tan iguais!. Nunca camiñaremos en solitario, neses territorios aínda por descubrir... 'Seremos muitos...seremos alguém' Zeca Afonso Entrada: 5 euros
"Rosalías. Daquelas que cantan" homenaxea a Rosalía de Castro e a todas as mulleres con motivo do 8 de marzo
O venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Pazo da Cultura de Carballo acolle ás 21.00 horas o espectáculo "Rosalías. Daquelas que cantan". Organizada pola Asociación Cultural Lumieira, a cita consiste nun acto musical e poético en homenaxe a Rosalía de Castro no que participan as cantantes Uxía e Dolores Platas, o grupo feminino Habelas hainas ou a poetisa carballesa Rosalía Fernández Rial. Da escenografía encárgase a artista Chiña e tamén está prevista algunha que outra sorpresa enriba do escenario. Este espectáculo multidisciplinar organizado por Lumieira, conta coa colaboración do Concello de Carballo e, ademais do Día da Muller, tamén conmemora o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro. A Asociación Lumieira desenvolve este "acto musical e poético desde unha perspectiva que conxuga tradición e actualidade". Segundo salienta a presidenta da entidade e participante no espectáculo, Rosalía Fernández Rial, "partimos, asemade, da idea de que todas nós somos, dalgún xeito, Rosalías (de aí o nome do acto) e temos en común as letras e as músicas, nosas e súas, de todas". Así o espectáculo, de acceso libre para todos os veciños e veciñas ata completar o aforo, ten un fío condutor coherente e conxunto. Segundo Fernández Rial, "tanto o discurso como a posta en escena dos poemas e as cancións van configurando unha "función" ligada, de "Rosalías"". Ademais, afirma, "preparamos varios temas entre todas, combinando a música de todas e os poemas". Neste singular espectáculo participan artistas de recoñecido traballo, traxectoria e creación, como son Uxía, unha das cantantes galegas máis internacional, directora artística de proxectos como o prestixioso festival Cantos na maré e autora de discos como "Meu canto", "Andando a terra", "Eterno navegar", etc., ademais de moitos outros colectivos. Tamén Dolores Platas, cantante carballesa que foi vocalista do desaparecido grupo Xocaloma, e que publicou o fermoso disco "Lúa descolorida", en 1985, no que musicou poemas de Rosalía de Castro. Poñerá tamén a súa música o grupo compostelá Habelas hainas, formado por catro rapazas que combinan música tradicional con ritmos actuais, cun estilo potente, fresco e innovador. A poeta carballesa Rosalía Fernández Rial será o fío condutor do espectáculo, fío que se irá tecendo con intervencións teatrais e poéticas. Así, poñeranse en escena diversos poemas por parte das artistas participantes, combinando sempre música e poesía. Da escenografía encárganse as artistas Chiña e Helena Ayape. Ademais, tamén haberá no espectáculo algunha sorpresa, coa intervención de Samira, unha nena de Carballo que tamén colabora neste acto.
Comeza a xira Andando a Terra: Uxía Canta a Manuel María
(texto engadido o día 1/ / 3/ / 13 )
Os versos do poeta da Terra Chá van percorrer este país "parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face", como el fixera. Comenzamos viaxando cara ao sur: 1 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra e 2 de marzo no Bar Liceum de O Porriño.
Con Sergio Tannus, Paulo Silva e Santi Cribeiro. Trío de luxo para esta xira.
Uxía presenta MEU CANTO no ciclo CANTIGAS DE MULLERES con Sés como convidada
(texto engadido o día 12/ / 2/ / 13 )
Acabada de chegar da súa xira brasileira e do Celtic Connections (Glasgow-Escocia), Uxía subirase ao escenario do Teatro Principal o vindeiro venres 15 de febreiro ás 21 horas para presentar o repertorio do seu multipremiado traballo Meu Canto. O concerto, que forma parte da programación do Concello de Santiago de Compostela SONS2013, inaugura o Ciclo CANTIGAS DE MULLERES inspirado no CD homónimo editado por FOL MÚSICA, unha compilación baixo a dirección artística de Uxía que pretende ser unha escolma das mellores voces femininas da escena galega e unha mostra do gran talento e calidade das nosas artistas.
CAFÉ QUIJANO (León) Orígenes: el bolero Teatro Principal sábado 26 xaneiro 20:30
MIGUEL PÓVEDA (Barcelona) Auditorio de Galicia sábado 2 febreiro 21:00
CANTIGAS DE MULLERES 1 UXÍA (Galicia) Meu canto Artista convidada Sés Teatro Principal venres 15 febreiro 21:00
ANA MOURA (Santarém, Portugal) presentación do seu novo disco Desfado Auditorio de Galicia venres 22 febreiro 21:00
AMANCIO PRADA (Bierzo) 3 Libertarios Teatro Principal sábado 2 marzo 21:00
ODAIKO (Galicia) presentación do seu disco Odaiko and friends Xiana Lastra / Anxo Lorenzo / Antia Lameiro /Coro da Rá e outros invitados por confirmar Teatro Principal sábado 9 marzo 21:00
COETUS orquestra de percusión ibérica (Barcelona) & ELISEO PARRA (Valladolid) Entre tierras Teatro Principal mércores 13 marzo 21:00
PRADAIRO (Galicia) Pateado Teatro Principal sábado 6 abril 20:30
PEDRO GUERRA (Güímar, Tenerife) 30 años Teatro Principal domingo 14 abril 20:30
BUDIÑO (Galicia) primeiro concerto de presentación do seu novo disco Teatro Principal xoves 25 abril 21:00
WIM MERTENS (Bélxica) presentación do seu novo disco A starry wisdom Auditorio de Galicia venres 3 maio 21:00
MALEVAJE (Madrid) Auditorio de Galicia sábado 25 maio 21:00
14 de Nadal ás 20h no Auditorio Municipal de Ourense - Ardentía coa colaboura de Catarina Moura e Manuel Rocha (Brigada Victor Jara) - Uxía Senlle - Aline Frazao
A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa música folk está vivindo case cen anos despois daquel período». Isto escribían no ano 2000 Xoán Manuel Estévez e Óscar Losada no libro Crónica do folk galego. 25 anos de historia (TrisTram).
Unha ducia de anos despois, a situación parece outra e ata cambiou o nome: «Universalmente é música celta e aquí parece que se vai impoñendo o de música de raíz, que é máis ampla, porque, por exemplo, para os norteamericanos si falas de folk entenden que son cantautores», explica Roi Maceda, que forma parte do grupo Quempallou e traballa para a discográfica Zouma. Quempallou é unha das formacións que editou disco este ano: Vellas Novas é o seu título. Ademais actuaron en festivais como o de Pardiñas, Lorient, Brincadeira (Cambre) ou Ponte da Barca (Portugal).
Neste outono tamén Uxía Senlle publicaba disco, Andando a terra. Uxía canta a Manuel María, un traballo no que, como indica o título, canta os poemas do escritor da Terra Chá. É a maneira que ten Uxía de celebrar os seus máis de 25 anos no mundo da música, unha traxectoria que vai seguir esta liña xa que ten teño en proxecto «pór música a poemas de Saramago ou Pessoa».
Triple «Sons da lubre»
O grupo máis activo dos últimos anos está sendo Luar na Lubre, e por varios motivos: en xaneiro incorporou a súa nova voz feminina, Paula Rey; en xuño presentaba novo disco, Mar Maior (Warner España). Logo veu a xira de presentación que Bieito Romero resumía nestes datos, antes dos concertos desta semana en Palencia ou no Festival Irish Fleed de Cáceres: «Once semanas nas listas dos discos máis vendidos, 22 concertos, os catro primeiros enchendo durante catro días seguidos no Círculo de Belas Artes de Madrid. En total, máis de 40.000 asistentes». E para a próxima semana máis novidades: «Sairá outro disco, Sons da lubre nas noites de luar, un recompilatorio con tres cedés e un DVD do concerto que fixemos o 31 de xullo na praza da Quintana, en Santiago, diante de 6.000 persoas». Con todo isto, e datos como os 30 concertos do ano pasado con motivo dos 25 anos do grupo, Bieito Romero explica que Luar na Lubre tivo que reinventarse: «Agora somos empresa, estamos casi autofinanciándonos porque esta é unha música de militancia, ninguén contrata folk en Galicia; facer música é ir contracorrente».
Na mesma liña sitúanse dous históricos como Mini e Mero: «É duro dicilo, pero o momento actual é máis difícil para a música galega que cando comezamos nós hai case 40 anos». Isto dicían no encontro de música tradicional Terra de Trasancos que organizou o mes pasado o coro Toxos e Froles en Ferrol. Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, insistía esta semana en que iso débese «a moitos factores, como é a depreciación da cultura galega, o autoodio, que non se impulse a cultura desde a Administración, e non falo de subvencións, senón de intencións».
Para Mini e Mero, que teñen recollidas «entre 14.000 e 15.000 cantigas de sempre» que queren que estean a disposición «de todo o mundo na Rede», a cultura «non se pode subvencionar, ten que camiñar por si soa», apunta o primeiro, despois de lembrar que Irmandiños é o último disco destes dous músicos, e o seu grupo A Quenlla, premiados co Pedrón de Ouro.
Roi Maceda asegura que na música galega «o problema é a visibilidade porque Galicia é moi creativa, estamos a un nivel altísimo, na primeira liña de vangarda; o problema é saber vender todo o que facemos».
Festivais si, pagando
Maceda indica que esta fin de semana ten lugar o Castañazo Rock en Chantada, onde están citados os organizadores de varios festivais galegos. A idea é facer unha fronte común que lles permita saír adiante «compartindo estratexias e medios». «Os festivais de música galega teñen moitos problemas e, polo que me din, algún, como o Irmandiños de Moeche, estivo a piques de suspenderse este ano», explica este músico.
«Moitos festivais subsistiron este ano porque fixeron a programación cos colegas», apunta Montse Rivera, de Leilía. E abre a controvertida cuestión do pagamento: «Non hai cultura de pagar por ver actuar a un grupo galego, porque durante anos a música galega foi gratis». Esta é outra liña de debate para un futuro que, segundo os gaiteiros Bellón e Maceiras, non terá nada que ver con aquel bum nos anos 90. Entenden que un dos cambios é que «estamos acostumados á subvención e agora mesmo o apoio a música é penoso, aínda que este é un problema dunha conciencia social na que se valora máis o que vén de fóra que o noso».
Salienta Bellón «todo o poder musical que ten Galicia» e apunta como están sendo as empresas privadas as que están apoiando as iniciativas musicais. Cita os casos de R ou Estrella de Galicia e asegura que «o único que vive da música é Carlos Núñez», actualmente en xira por Estados Unidos e que «actúa nos clubs de Nova York», anota Maceda, que fala tamén de Cristina Pato, que, «está a un nivel moi alto» e tamén se reinventou.
Bellón está «a favor de que se pague entrada para os festivais, como se fai en tódolos sitios do mundo» e apunta outra novidade: «Susana Seivane, que é moi amiga, fai un formato de trío e así pode viaxar fóra, porque con todo o grupo non se pode».
Montse Rivera distingue entre os organizadores dos festivais e apunta que «as empresas de contratación tamén están caendo ou reducindo persoal». E cita casos como os de Abada ou Nordesía. A portavoz de Leilía, que actuarán o día 15 no Pazo da Cultura de Narón (20.30 horas), salienta que «por un lado está a crise do mundo profesional e logo a cultura base: nunca tiven tanta xente como agora nas clases de baile». O mesmo pasa na escola BellónMaceiras de Fene, onde votou a andar esta semana unha banda «con 40 gaiteiros de todas as idades; é unha cousa que temos comentado moitas veces con Montse, de Leilía, que tamén dá clases: con esta xente o relevo está garantido».
SONS DO JOFRE - UXIA presenta MEU CANTO -10 de Novembro 2012 ás 21.00h.
(texto engadido o día 9/ / 11/ / 12 )
Con Sergio Tannus e Xoan Porto.
Meu Canto é unha relectura dos temas fundamentais do repertorio en directo de Uxia e temas que ata agora nunca tiña abordado. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz. Uxia ten unha voz fermosa e serena que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte.
Video promocional de ANDANDO A TERRA. UXÍA CANTA A MANUEL MARÍA. Publicación conxunta co libro OS LONXES DO SOLPOR obra inédita de Manuel María e o dvd DE AMOR E CANTERÍA, premio Mellor obra experimental Mestre Mateo 2011 sobre poemas de Sonetos á casa de Hortas.
VENDA DO LIBRO+CD+DVD Fundación Manuel María de Estudos Galegos www.manuelmaria.com Prezo: 20 euros
CONTRATACIÓNS MUSICAIS *O Cable Inglés* | Cooperativa cultural www.ocableingles.com Nuria | O CABLE INGLÉS nuria@ocableingles.com
Presentación do novo traballo de Uxía, homenaxe a Manuel María, no teatro Colón
(texto engadido o día 13/ / 9/ / 12 )
Xoves 13 de Setembro ás 20h30 no Teatro Colón de A Coruña. Presentación do novo traballo de Uxía Senlle, ANDANDO A TERRA, un percorrido pola obra do Poeta da Terra Chá. Melodías de Uxía, Sergio Tannus , e algunha adaptación de clásicos da música galega como O CARRO:
Uxía estará acompañada por: Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquinho, viola caipira e percusión Serginho Sales: PIano e acordeón Paulo Silva: Percusión
TEXTO DE UXÍA- PRESENTACIÓN CD ANDAND A TERRA. UXÍA CANTA A MANUEL MARÍA. O que ides escoitar é o gozo sinxelo dun canto ao noso labrego-poeta. Un home que andou esta terra, este país, parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face. Seguindo o seu exemplo, quixen arroupar a súa poesía na proximidade e coa delicadeza das melodías que fun atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón e 'o latexar sinceiro da emoción' que emana dos seus poemas e Amando cada palabra, cada verso e cada nota para poñer en valor o seu valiosísimo, o seu precioso e prezado legado.
Ademáis da metafísica, o amor, a nenez, a casa que quixo tanto e agora será a Casa dos soños liberados de cadeas, o seu humor, o seu amor á vida, á lingua e a esta terra que andou sen descanso. Tamén me permitín adaptacións de temas tan emblemáticos como 'O Carro', cantada por Fuxan os Ventos ou o 'Manual do Señorito' na voz da miña querida María Manuela.
A poesía de Manuel María flúe coma un río. El é o gardador das albas e da íntima esperanza que nos fai crer ainda no ser humano. Crer a quen leve a música dentro de sí, a quen nunca sentirá medrar, no seu interior, a moura frol da soedade. Agora sabemos que a súa poesía, coma el mesmo di das fontes romanas, escribiuna para espantar soedades, melancolías e nostalxias e tamén para ser recitada, cantada e devolta ao pobo que lla inspirou. Manuel María é o gozo de vivir, e eu fixen un pacto con él para completar a tarefa urxente, fermosa, nidia e necesaria de gastar o meu corpo e a miña voz nos camiños ata ser pó, seixo ou silveira. Grazas, poeta, pola inspiración e a alegría que ainda nos entregas en cada verso. Galiza e o pobo galego estaremos eternamente en débeda contigo.
Uxía recibe o Premio ao Mellor Disco de Música de Raíz na IV edición dos "Premios de la Música
(texto engadido o día 27/ / 6/ / 12 )
Nunha cerimonia chea de humor e moita música, onte se fixeron entrega dos Premios da Música Independente organizados pola UFI (Unión Fonográfica Independente). A gala foi celebrada no Teatro Arteria Coliseum da Gran Vía madrileña e presentada polo actor e presentador Arturo Valls ( Caiga quien Caiga, Camera Café).
Nesta cuarta edición marcada por un importante aumento de participación, tanto de músicos como de público votante, o disco ‘Meu Canto’ de Uxía conseguiu alzarse co premio ao mellor álbum de raíz de 2012.
Estes premios están pensados para recoñecer o labor de selos independentes e supoñen unha importante ferramenta de promoción e comunicación nacional e internacional deste sector, e das relacións comerciais entre países hispanofalantes, aos que nesta ocasión se sumou Arxentina como país convidado.
Tras 25 anos de carreira musical Uxía recollía un premio que se suma aos outros recoñecementos que está recibindo o seu último disco, Meu Canto, posto que no mes de maio recollía tamén, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, o premio Opinión á Mellor Artista, agás de ter alcanzado un cotizado posto na lista europea da música étnica World Music Charts Europe
Transcribimos as palabras da cantante no momento de recoller o premio:
“É un ano de moitos premios a Meu Canto e este último, o Premio da Música Independente ao mellor álbum de raíz, supón un alento moi forte, é como se o vento soprase a favor e a nos impulsase a percorrer máis portos, máis escenarios presentando este traballo gravado en Brasil e editado por unha independente (Fol Música). Os próximos portos: Concertos en Galiza, Portugal, no resto de España para Artistas en Ruta, circuíto promovido por AIE, Brasil en novembro e moitos proxectos diversos que foron xurdindo e dos que irei dando conta.
Este premio é unha maneira de recoñecer o labor deste selo independente (Fol Música), que aposta con moitas ganas pola música galega e que ten un catálogo fascinante. Ademais había dous grupos galegos máis na mesma categoría e do mesmo selo: Crebinsky e Talabarte, e isto alégrame porque este premio da visibilidade aos proxectos e iniciativas que se desenvolven aquí e que fortalecen a base do sector cultural e musical galego.
O primeiro que sentín foi a felicidade de ser escollida por un xurado de especialistas e a posteriori que fose o propio público, o que o converte nun premio participativo e democrático. Este premio tamén quería compartilo, como toda xente colaborou no disco (Fred Martins, Socorro Lira, Jaime Alem, Lenine...)no disco, pero sobre todo, 'co '''brasilego'' Sérgio Tannus, que fixo un traballo brillante de produción e arranxos. É un disco sincero e sinxelo que celebra os meus 25 na música e no que a voz é protagonista, un disco que celebra o canto, o máis esencial, alí onde a música desvela o noso 'eu' máis puro e inocente, o que está limpo de artificios.”
Vêm aí mais CoraSons! Desta vez, no auditório da ilha de Arousa, na Galiza, no dia 7 de abril, às 22h 30m (21h 30m - hora portuguesa)! Durante 3 dias, um grupo de músicos, atores e amigos reúne-se para gravar um CD, cujo tema é esse símbolo universal que nos une, o ♥! Ao 3º dia, o público terá a oportunidade de ver e ouvir o resultado dessa comunhão de sons do coração!
Na ilha de Arousa, uma pérola da natureza, um grupo de amigos, atores e músicos Embarca numa viagem uma viagem pelo mundo da musica, da arte, da amizade.. ..de que resultará uma exposição, um Documentário, um CD e um Concerto.. ..em torno do símbolo universal que nos une O Coração
VENDA ANTICIPADA NA ILLA DE AROUSA: 10 euros EN BAR O MUSEO (AUDITORIO), PUB O CON DO MOUCHO E PUB BACA. EN TAQUILLA, NA BILHETEIRA: 12 euros
Uxía Senlle, João Afonso, Couple Coffee, Antonio Zambujo, Carlos Blanco, Magín Blanco, Najla Shami, Xoán Curiel, Tatán, Isabel Leal, Rui David, Manuel Salselas, Bruno Cardoso, Alfredo Teixeira, Ana Senlle, Chus, Inés Salselas, Belén Cid, Sérgio Tannus, Quiné, Serginho Sales, Pablo Vidal