BASES Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o IX Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.
Estableceranse catro categorías para participar: -Categoría A: Ata os 10 anos. -Categoría B: de 10 a 12 anos. -Categoría C: de 12 a 16 anos. -Categoría D: máis de 16 anos
A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos. O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación. Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,.... Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos). Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada. O concurso celebrarase o Domingo 21 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas) O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 14 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) . A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h). O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable. Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade. A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.
Establecerase a seguinte cuantía de premios: Categorías A e B: -Primeiro premio (150 €) -Segundo premio (120 €) -Terceiro premio (Trofeo) Categoría C: -Primeiro premio (180 €) -Segundo premio (150 €) -Terceiro premio (Trofeo) Categoría D: -Primeiro premio (240 €) -Segundo premio (180 €) -Terceiro premio (Trofeo)
Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo). Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
4 de Outubro Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15)
5 de Outubro Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15) IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30)
6 de Outubro X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00)
7 de Outubro XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30 I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00 Brincadeira, Ruote e Malvela na praza de Santa María ás 19:30
Escola de Música e Baile Tradicional VAI DE RODA (Rianxo) Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo http://www.blogoteca.com/vaideroda Baile, pandeireta, gaita, percusión
Asociación Cultural A Fuliada http://www.fuliada.blogspot.com No Ambulatorio vello de Betanzos os Xoves de 19:30 a 20:30 con flauta e gaita , e os sábados a partires das 17:30 con baile tradicional. A finalidade de estas actividades é ir collendo os coñecementos necesarios para poder desfrutar da nosa cultura.
O BIERZO
Centro Galicia en Ponferrada Colexio Público Navaliegos http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/ Pandeireta, gaita, percusión e baile
COMPOSTELA
Escola Livre da MPG Centros Socioculturais cedidos polo Concello do Castiñeiriño, Pontepedriña e Fontiñas (As oficinas de aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da Escola Livre da MPG) http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web7&lg=gal gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico
Gentalha do Pichel rua santaclara, 21. Compostela http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/ iniciaçom à pandeireta, percussom tradicional, baile, gaita, percussom brasileira, capoeira...
Asociación Veciñal A XUNTANZA http://www.axuntanza.org Corredoira das Fraguas, 37 baixo Barrio de San Pedro, Compostela baile galego, canto, gaita, pandeireta, tamboril, acordeón..
Brincadeira http://www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 - Baixo - Santiago de Compostela BAILE, GAITA E PERCUSIÓN, PANDEIRETA, ACORDEÓN E BORDADOS.
Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS Algalia de Arriba 11 - Baixo, Compostela http://www.cantigaseagarimos.es BAILE TRADICIONAL, PADEIRETA E CANTO TRADICIONAL, GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, ACORDEÓN, LINGUAXE MUSICAL
Armadanzas de Laraño Laraño, Compostela http://www.armadanzastradicional.com Gaita, Acordeón, Percusión, Pandeireta e Baile
A CORUÑA
Cántigas da Terra http://www.cantigasdaterra.com Baile, Gaita, Pandeireta, Zanfona, Canto e Percusión Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467 O prezo de cada unha é de 15 euros ao mes (agás zanfona que custa 10 euros cada clase). Na segunda actividade tes un desconto de 5 euros. Válido tamén se anotas a un parente! Mínimo catro alumnos por aula.
Obradoiro gratuito de canto Todos os venres de 20:00h a 21:00h no local da AAVV do Agra na rúa Entrepeñas 38 Para desfrotarmos cantando, a cargo de Ricardo Seixo Fernández.
FERROLTERRA
Escola de Música BELLÓNMACEIRAS (Fene) Rúa Antonia Montero nº11 baixo, Fene - A Coruña http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=2266
http://www.bellonmaceiras.com/ Gaita, Acordeón, Percusión Tradicional, Baile galego...
Universidade Popular de Corcubión http://universidadecorcubion.blogspot.com/ Baile, Pandeireta..
LUGO
Tradescola Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II' Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/Tradescola.html Gaita, Zanfona, Acordeón, Requinta, Percusión, Canto e Pandeireta, Linguaxe Musical, Baile Tradicional, Etnografía e Investigación
Asociación Cultural CÁNTIGAS E FRORES Nave de Asociacións. Local 10. Parque da Milagrosa, s/n. Lugo http://www.cantigasefrores.com gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.
C. S. Madialeva Rua Manuel Amor Meilám (antiga Rua do Sol) 18 http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/ gaita, pandeireta, ..
A VOLTA DO AGRO Obradoiro de Cultura Tradicional Galega Rúa Paxariños, 32 baixo (LUGO) Tlf: 982 222390 (MARTA), 666370815 (ANA E MANUEL), 639993052 (SENÉN) http://www.avoltadoagro.org/ Gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta.
A MARIÑA ORIENTAL
A.F. O Arco da Vella Nos Colexios Vellos, San Miguel de Reinante - Barreiros (Lugo) BAILE, GAITA, PANDEIRETA e PERCUSIÓN
O MORRAZO
Asociación Cultural Loaira (Marín) https://www.facebook.com/acloaira e-mail: acloaira@gmail.com Grupos: -Grupo de Baile Trébede -Grupo de Pandereteiras Trébede -Vilarachos Actividades e cursos anuais: Baile tradicional, Canto e pandeireta, Gaita
Lembranzas da Ría (Cangas) http://www.lembranzasdaria.com/ Local de ensaio de Cimadevila, San Pedro - Cangas (ver mapa na web) baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión
O Retrouso de Cela (Bueu) Complexo Cultural de Cela (Bueu) http://www.blogoteca.com/retrouso/ baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral
OURENSE
AOFT Gomes Mouro - Escola de Música Tradicional de Ourense http://aoftou.wordpress.com EMT de Ourense (Tras bloque 8 - Baixo, Barrocás), Parque Barbaña, , EMT de Allariz, EMT de Maceda Gaita, percusión, canto, pandeireta..
PONTEVEDRA
TRÉPIA Asociación Cultural Palamios nº7 6º-A Pontevedra http://www.trepia.org pandeireta e canto, baile, gaita, tamboril, bordado..
Aula Folque Infantil (5 e 13 anos) e Laboratorio de Sons (8 e 15 anos) http://www.folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal A Aula Folque Infantil (AFI) pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. En paralelo, existe o Laboratorio de Sons, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe
Trazantes (Tenorio - Cotobade) Instituto de Cotobade, en Tenorio http://www.trazantes.com Pandeireta, canto, baile, percusión e gaita
TABEIRÓS - TERRA DE MONTES
A Fervenza de Ouzande (A Estrada) http://carreiros.blogspot.com/ Gaita, baile, pandeireta e tamboril
TERRA DE CELANOVA
Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Concello de Ramirás) Praza de San Andrés. s/n. Vilavidal. Ramirás(Ourense) http://www.rebulir.blogspot.com/ Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión Tradicional, Gaita..
A. V. C Casco Vello (Vigo) Rúa Oliva, 12 http://www.avcascovello.com Baile, Gaita e percusión, Canto popular e pandeireta, Acordeón diatónico, Confección de traxe tradicional Galego, Guitarra..
A.C.F. O Fiadeiro R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo. Vigo http://www.ofiadeiro.com Violín folk, Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta..
A. VV. Cultural e Deportiva " Castrelos " (Monte da Mina) Monte da Mina, 16 . Vigo - Tfno: 986472758 Gaita, acordeón..
Escola de Música de Mos Outeiro, s/n. Torroso - Mos http://www.crctorroso.com Gaita, Percusión tradicional,..
PORTUGAL
LISBOA
Centro Galego de Lisboa http://www.juventudedagaliza.com Rua Julio Andrade, 3 | 1150-206 Lisboa Gaita, baile galego, pandeireta..
Tradballs Pandeireta Galega por Sara Louraço Vidal Domingos, 15 em 15 dias Iniciados: 16h-17h Intermédios:17h-18h - Fábrica do Braço de Prata Rua da Fábrica do Material de Guerra, nº 1
Asociación Cultural Trépia - Cursos Monográficos de Verán
(texto engadido o día 25/ / 6/ / 12 )
Aberta a inscrición até o 30 de xuño!
Do 2 ao 31 de xullo convocamos a segunda edición dos cursos monográficos de verán da A.C. Trépia.
As sesións programadas para este ano son:
História e tipoloxias do traxe tradicional Música tradicional galega contemporánea Metodoloxia e técnicas da recolleita Pasamaneria e bordado ao ar Peiteado e maquillaxe para o traxe tradicional Polifonia aplicada ao canto tradicional Percusión tradicional (culleres, lata, tixola, pandeiro, cunchas...) Baile, pandeireta e canto tradicional (muiñeira vella, Tordóia, técnicas de improvisación...) Tedes máis información (programa, horários, prezo, etc...) no pdf da convocatória. -> www.trepia.org
NOTA: As sesións deberán ter un mínimo de 5 matriculados para seren levadas a cabo. Poderán asistir tanto sócios coma non sócios.
A FOLIADA é un encontro cultural de música, artesanía e tradición. A dinamización e divulgación da nosa cultura e o noso folclore é unha das prioridades deste evento, que se celebra anualmente a última fin de semana de abril en Melide
Concertos: Cé Orquestra Pantasma, Pepe Vaamonde Grupo (Sábado 28), Odaiko Percussion Group (Domingo 29),
Serán
Grupos participantes: 1. HERBA GRILEIRA (Melide) 2. FROITO NOVO (Melide) 3. POZO PEQUENO (Melide) 4. LEIRABUXO (Melide) 5. OS MELIDAOS (Melide) 6. ABEANCOS (Melide) 7. AXÓUXERE (Melide) 8. FOL DA CHOUSA (Visantoña) 9. BINGO BIRÓN (Toques) 10.GAITEIROS DO BALADO (Toques) 11. A MARISTELA (Sobrado) 12. FIADEIRA (Antas de Ulla) 13. FALCATRUEIROS (Monterroso) 14. BICO DA BALOUTA (Agolada) 15. PAO DE BUXO (Silleda) 16. GAITEIROS DA PEREIRIÑA (Silleda) 17. XIRANDOLA (Silleda) 18. PANDERETEIRAS XIMIELA (Muros) 19. OS DA TROULA (Cesuras) 20. A REXOUBA (A Coruña) 21. AIRIÑOS GALEGOS DOCE ALBOR (Santurtzi)
Concurso de Cantos de Taberna
Participantes:
1. OS SUSTOS DE COUSO (A ESTRADA) 2. ALÉN DO MAR (BERGONDO) 3. OS TRAPEIROS (MELIDE) 4. VAICHEBOA (SANTISO) 5. RONDALLA MORAIMA (ARZÚA) 6. FIADEIRA (ANTAS DE ULLA) 7. SOBREIRAS DO ULLA (TOURO) 8. REVIRAVOLTA (O PINO) 9. AIRIÑOS GALEGOS (SANTURTZI) 10. OS SALJARITEIROS (MARÍN) 11. OS CHANQUEIROS DA GAITAESCOLA (MONDOÑEDO) 12. D´ATURA (SADA) 13. BICO DA BALOUTA (AGOLADA) 14. ANTARUXAS E SORTEIROS (A FONSAGRADA) 15. MARAVALLADA (PONTEVEDRA) 16. A CASA DA TROULA (REKALDE)
Tequeletequele organizamos esta Mostra do Traxe coa intención de aportar o noso gran de area na recuperación das nosas tradicións e costumes. O acto é de entrada libre.
Nesta primeira edición presentaremos ó noso corpo de docentes, que intervirán para mostrarnos o seu bo facer. Participará unha representación de "Os Muíños de Oliveira" poñendo o baile xunto cunha das nosas mestras. E O Son da Triga ambientará o peche do acto.
Colaboran no desfile: A. C. Traspés (Vigo) GBMT Tahume (Ribeira) A. C. Vai de Roda (Rianxo) A. C. Os Muíños de Oliveira (Santiago de Oliveira, Ponteareas) GBMT Pedra da Garza (Fozara, Ponteareas)
A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide organiza o sábado 28 e o domingo 29 de agosto, na Praza do Convento, a III Mostra do Traxe Galego e da Música Tradicional. Unha fin de semana para a cultura a través dos sons e dos xeitos de vestir que nos son propios e nos identificaron e identifican como pobo. Toda a programación desta fin de semana, nesta web.
SÁBADO, 28 DE AGOSTO
Na Praza do Convento
11.45 h Inauguración co grupo de música tradicional Os Rueiriños
12.00 h Obradoiro de enredos musicais con Emilio Lois
18.00 h Grupo de música e baile tradicional Os Rueiriños
19.30 h Animación de rúa cos Terribles de Donas
21.00 h Concerto de portadores con Manuel Viqueira de Ordes
23.00 h Actuación musical con LIMAGOIA (No Cantón de San Roque)
DOMINGO, 29 DE AGOSTO
Na Praza do Convento
12.00 h Obradoiro de xoguetes sonoros con Xaneco Tubío
18.00 h Grupo de música e baile tradicional A Ponte Vella
19.30 h Desfile de traxes tradicionais da Asociación do Traxe Galego
22.00 h Concerto musical co grupo LUDOVAINA
EXPOSICIÓNS
11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Capela de San Antón: O Traxe Tradicional Galego. Exposición de traxes tradicionais.
11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Praza do Convento A música tradicional galega nos camiños xacobeos. Mostra de instrumentos antigos, vestiario, fotografías e outros obxectos relacionados coa música tradicional nas zonas polas que discorre o camiño xacobeo.
ARTESÁNS
Na Praza do Convento
Horario dos stands: 11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h
Oli Xiráldez (gaitas e requintas)
Lorena Reinaldo (arpas)
Xaneco Tubío (percusión e zanfonas)
Pablo Carpintero (percusión e zanfonas)
Master Gaita (controlador midi con dixitación de gaita)
I Xornada do Traxe Tradicional Galego en Monforte de Lemos
(texto engadido o día 17/ / 11/ / 09 )
- Lugar: Casa da Cultura de Monforte de Lemos - Hora: 17.30 h - Data: 22 de Novembro de 2009 - Organiza: Asociación de Amigos da Pandeireta - Imparte: Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional (Ramirás - Ourense) - Colabora: Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo "Xocas" e Concello de Monforte de Lemos.
Xa está aberto o prazo para a inscrición dos cursos no local da Asociación Veciñal, rúa Oliva nº 12 en horario de tarde de 18:00 horas a 20:00 horas de luns a venres.
Os cursos comezan no mes de Outubro.
Confección de traxe tradicional Galego: - Luns de 17:00 a 19:00 grupo de iniciación (Novo) - Luns de 19:00 a 21:00 grupo de perfecionamento
Baile Tradicional Galego: - Luns de 21:00 a 22:30 grupo de perfecionamento I. - Martes de 21:00 a 22:30 grupo de perfecionamento II. - Mércores de 21:00 a 22:30 grupo de iniciación. - Sábado de 11:30 a 13:00. (Novo curso)
Gaita e percusión: - Luns de 20:30 a 22:30.
Canto popular e pandeireta: - Martes de 18:00 a 20:00 nivel medio. (Novo) - Martes de 18:00 a 20:00 nivel perfecionamento. - Mércores de 18:00 a 20:00 iniciación.
Acordeón diatónico: - Martes de 20:00 a 22:00. - Sábado de 11:00 a 13:00.
Guitarra: - Martes de 20:00 a 21:00. (Novo)
Danza Oriental: - Mércores de 20:30 a 21:30 grupo de iniciación. - Mércores de 21:30 a 22:30 grupo de perfecionamento.
Danzas do mundo: - Xoves de 20:00 a 21:00.
Bailes Latinos: - Venres de 20:30 a 22:00.
Ioga: - Luns e xoves de 19:15 a 20:30.
Iniciación ao Teatro: - Venres de 20:00 a 21:00. (Novo)
Ximnasia de mantemento: - Luns e mércores de 11:30 a 12:30. (Novo)
Manualidades diversas: - Xoves de 11:00 a 13:00.
Tapiceria “Patchwork”: - Xoves de 17:00 a 19:00.
Corte e confección: - Venres de 17:00 a 19:00.
Para calquera aclaración ou dúbida chamanos ao 986 43 97 99 en horario de oficina (de 18:00 a 20:00) ou a través do correo-e: cascovellovigo@yahoo.es
O XXX Concurso de baile tradicional Xacarandaina que todos os anos ven organizando a Asociación Xuvenil Xacarandaina se celebrará o domingo día 12 de xullo, en horario de mañá, no Pazo da Ópera da Coruña.
O acto realizarase en horario de mañá e poderán participar no mesmo grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen). O uso de traxe tradicional é obrigatorio, excepto na Categoría A. No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:
CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive. CATEGORÍA B: de 9 a 12 anos inclusive. CATEGORÍA C: de 13 a 16 anos inclusive. CATEGORÍA D: de 17 anos en adiante.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo, quedará descalificado e terá que levar o seu acompañamento musical (gaiteiros, pandereteiras...) que deberá estar presente no escenario vestindo o traxe tradicional. O xurado no momento da calificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e calidade na execución. En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:
1º PREMIO: trofeo e 350 € 2º PREMIO: trofeo e 200 € 3º PREMIO: trofeo
Finalízase o acto coa actuación do Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina que actuará de exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios.
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.
BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA
1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.
2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.
3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.
4.A Muiñeira a bailar será a “Muiñeira do Sr. Macías” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos
5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño.
As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil “Xiradela”, Polígono de Sabón, 5. 15142 Arteixo. Correo electrónico: xiradela@yahoo.es 6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal zona escolar), ás 17:00h.
7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes. Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)
A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, dentro das actividades do ano 2009, está a organizar una MOSTRA DE TRAXES TRADICIONAIS.
Quixemos facela dun xeito diferente, non pechala nunha sá de exposicións , senón nun lugar aberto a todo o mundo: Nos Escaparates dos Comercios do Barrio da Magdalena de Ferrol.
Grazas a colaboura da ACOFF: Centro Comercial Aberto A Magdalena de Ferrol, e có apoio e patrocinio do Concello de Ferrol (Cultura e Participación Cidadá), fixemos posible esta Mostra de Traxes, dende o día 11 , ampliada ata o 29 do mes de maio .
Nestes escaparates do Centro de Ferrol, temos a posibilidade de ver distintas pezas e traxes, tanto de cotío coma de garda, saias e refaixos, xustillos e chaleques, mantóns e manteletas, zocos e zapatos, que poden dar unha boa idea da variedade e riqueza do Traxe Galego.
Son 21 comercios do Barrio da Magdalena, abertos a todos, con Rutas Guiadas para colectivos: colexios ou Asociacións, que poden solicitado no e-mail afcterrameiga@telefonica.net, ou tamén no móvil 616-940.390
1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.
2. Constará de 2 modalidades: Pandereteiras/os Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.
3. Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías: Categoría A: ata 9 anos inclusive. Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive. Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive. Categoría D: dende 18 anos en adiante.
Na modalidade de cuartetos, haberá 3 categorías: - Categoría A: ata 13 anos inclusive. - Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive. Categoría C: maiores de 18 anos.
A categoría determinarase pola media das idades dos componentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. No momento da calificación, o xurado terá en conta: Autenticidade da peza Dificultade da mesma. Afinación e interpretación.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.
6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
7. Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos: 1º premio: trofeo e 250 € 2º premio: trofeo e 150 € 3º premio: trofeo
8. O concurso terá lugar o domingo 10 de Maio no Teatro do Colexo Calvo Sotelo de A Coruña, pola mañá para as categorías A e B coa súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para as categorías C e D, coa súa entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
9. O prazo de inscripción rematará o día 30 de Abril debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta por: - CORREO ORDINARIO AÓ LOCAL SOCIAL: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía, 3 soto 1, 15004 A Coruña. - CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRIPCIÓNS.
10. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida: Telf: 981 277 315
Poderán participar todos todo tipo de agrupacións ata un máximo de 5 en cada categoría e que cumpran os seguintes requisitos:
Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requieran outro tipo de formación). Se non se cubre o cupo na categoría “II”(- de 15 anos) poderán participar grupos que non sexan mixtos (polo que podedes inscribilos ).
Cada asociación só poderá participar con un grupo en cada unha das categorías .
Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.
Deberán posuír grupo de acompañamento propio. (en directo).
Irán ataviados con traxe tradicional (baile e acompañamento).
A orde de intervención determinarase mediante sorteo (uns días antes)
Cada grupo disporá dunha intervención cunha duración máxima de 6 minutos.
Haberá un pequeno pasarrúas antes do comenzo do concurso.
O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.
O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.
Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores/as, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.
Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.
A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.
A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.
O concurso celebrarase o
SÁBADO 23 DE MAIO
ÁS 19:30 HORAS NO AUDITORIO DE VILAGARCIA
PREMIOS
CATEGORIA “I”: (A PARTIR DE 15 ANOS)
PRIMEIRO 900 E TROFEO-SEGUNDO 350 E DIPL-TERCEIRO 250 E DIPLOMA
PREMIO DO PÚBLICO TROFEO
CATEGORIA “II”:(MENORES DE 15 ANOS)
Primeiro 300 € e trofeo - Segundo 150 € e diploma - Terceiro diploma
FOLLA DE INSCRICIÓN
e-mail: malveiras@malveiras.com ou grupomalveiras@gmail.com
(no momento de recibir as bases cubertas se chamará conforme recep.)
INSCRICIÓN: ANTES DO 12 DE ABRIL
PARA DÚBIDAS PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO: 607 606 312 JOSÉ EIRAS
CATEGORIA NA QUE PARTICIPA “I” ___ “II”___
(A asociación que participe nas dúas categorias deberá cubrir dúas)
GRUPOS DE PANDERETEIRAS CUARTETOS DE GAITAS GAITEIROS SOLISTAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.
2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).
3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante. Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade.
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes poderán concursar en tódalas modalidades, sen embargo non poderán concorrer en máis dun grupo en cada unha delas. Na modalidade de cuartetos de gaita, sí poderán participar en máis dun grupo, sempre e cando non sexa tocando o mesmo instrumento.
6. Os premios serán os seguintes: PANDERETEIRAS: CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo. Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo. Premio ó mellor vestiario en cada categoría
CUARTETOS DE GAITAS: 1º premio: Trofeo e 250 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo. GAITEIROS SOLISTAS: 1º premio: Trofeo e 200 € 2º premio: Trofeo e 150 € 3º premio: Trofeo.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.
8. No momento da calificación o xurado terá en conta: - Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional (no caso dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas a peza pode ser recollida ou de composición). - Dificultade da mesma. - Afinación e interpretación.
9. O concurso terá lugar o día de 5 Abril de 2009 ás 17:00 para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 19 de Abril de 2009 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 20 de Marzo de 2009. Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos: concursogaitacuartetos@yahoo.es concursogaitasolista@yahoo.es concursopandeireta@yahoo.es (segundo a modalidade na que se participe)
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. Asimesmo, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquer participante, que semelle dúbida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación, membro do Xurado ou que estime oportuna a Comisión Organizadora, en caso de negarse ou non presentalo quedará descalificado.
13. Unha vez rematada a actuación de tódolos participantes e a avaliación do Xurado darase a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados. O día de 5 de Abril de 2009 daranse a coñecer os premios dos Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas e o día de 19 Abril de 2009 os de Pandereteiras. (Categoría A e C pola mañá e categoría B e D pola tarde).
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos: Teléfono: 981 64 11 25 Tlf. Móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
NOVA ACTUALIZADA: Tras atopar algúns erros nas anteriores, producironse correccións nas bases do II Concurso de Gaitas Nazario González 'Moxenas'. Podedes consultar as novas bases aquí.
O 7 de marzo de 2009 celebrarase en Valadares (Vigo), o II Concurso de Gaitas Nazario González “Moxenas”, cun único apartado de Cuartetos Tradicionais. Os instrumentos obrigatorios para concursar serán dúas gaitas, un bombo e un tamboril; non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestiren o traxe tradicional galego. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional, ficando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais. Os concursantes farán unha 1ª interpretación libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor, non excedendo os 5 minutos de actuación. Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha peza obrigada, ¡VIVA VIGO! de Nazario González “Moxenas”. As solicitudes de inscrición dirixiranse, ben en persoa, ben por correo postal, electrónico ou fax ao enderezo do Centro Veciñal e Cultural de Valadares que aparece na ficha de inscrición, só até o 18 de febreiro de 2009. Descargue as bases do concurso e a ficha de inscrición aquí.
Pilar Domínguez e Socorro García Conde explicaron as características do Premio.
A Asociación do Traxe Galego convoca a XIV edición do Premio de investigación "Antonio Fraguas" sobre o traxe tradicional galego. Este galardón, o único destas características que existe en Galicia, supón un importante recoñecemento a aqueles que traballan a prol da recuperación e do coñecemento do traxe galego.
A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez, presentaron esta nova edición do Premio. Como en anos anteriores, haberá dous agasallos: un para os traballos descritivos, cunha dotación de 600 euros, e outro para os analíticos, con 1.200.
Como en cada edición que se presenta este Premio, Pilar Domínguez volveu a amosar todo o seu entusiasmo na defensa do traxe galego. Recordou como foi no século XIX cando se comezaron a adornar os traxes e que, na actualidade, ese embelecido de pedrería é unha das características distintivas do noso traxe respecto ao doutros lugares. Expresou o "cariño e orgullo" con que se realizan estes traxes e con que se locen, e o seu "abraio" por ver a tanta xente nova levándoos.
Pola súa parte, Socorro García Conde felicitou á Asociación do Traxe Galego o seu traballo para "afondar no coñecemento das nosas tradicións e nas razóns que as promoveron". Comprometeuse a seguir apoiando "con todas as nosas forzas" este labor.
Descritivos e analíticos Á hora de valorar os traballos, o xurado distinguirá as dúas categorías apuntadas. Os descritivos son aqueles que, recuperando traxes, especificarán cuestións como a materia na que están feitos, o lugar onde se atoparon e no que están actualmente ou a época da que son. Os traballos analíticos achegarán máis elementos de investigación sobre a súa procedencia e elaboración, e mesmo sobre as crenzas e valores relacionados co traxe e a súa influencia en ámbitos relixiosos, económicos, políticos ou sociolóxicos.
Os traballos, en lingua galega, remitiranse á sede da Asociación do Traxe Galego (avenida de Coimbra, 2 baixo). A data límite é o 30 de novembro. Un xurado integrado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, da antropoloxía e da investigación do traxe elixirá os gañadores. Os premios entregaranse nun acto que se celebrará no Salón Nobre de Raxoi.
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais “II Concurso de Música Tradicional” (Luou – Teo)
1. Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos unicamente por: • Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico) Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso. Queda prohíbido que os participantes concursen con máis dun grupo. 2. Establécese unha única categoría sen límite de idade. 3. As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor , sempre que sexan galegas. 4. O Xurado valorará os seguintes puntos: • Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética. O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable. 5. O Concurso celebrarase o día 19 de Outubro de 2008 no Local Social de Luou, Teo. • Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición. • O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración. • A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final. • A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos. • A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas. • A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización. 6. A data tope de inscrición será o día 15 de Outubro de 2008.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal: A. C. A Mámoa “Concurso de Música Tradicional” A Igrexa s/n – Luou 15883 – Teo Tamén poderán ser enviadas por e-mail a: acamamoa@gmail.com As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende: http://www.luou.es/amamoa http://www.myspace.com/acamamoa 7. A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos 20 grupos seleccionados
8. A Organización establece 3 premios:
1º Premio 1.000 e + Agasallo conmemorativo 2º Premio 600 e + Agasallo conmemorativo 3º Premio 400 e + Agasallo conmemorativo
9. Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable. 10. O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso. 11. A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases. Observacións: Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases. A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.
A concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide, comprometido coa necesidade de recuperar a identidade propia do noso concello, está organizando a I Mostra do Traxe e Música Tradicional que terá lugar o 29, 30 e 31 de agosto de 2008.
O obxectivo primeiro desta mostra é exaltar e conservar unha parte importantísima da nosa riqueza cultural, como unha ferramenta de coñecemento do noso pasado e como un mecanismo de participación e comunicación entre particulares, asociacións e toda a poboación melidense en xeral.
Programa da Mostra
VERNES 29 DE AGOSTO
12.00 h -Inauguración da Mostra cos Regueifeiros de Galicia (Luis O Caruncho e Benito Lobariñas)
12.00 h: Obradoiro de BOTÓNS DE FÍO para maiores de 12 anos.
17.00 h.- Pasarrúas da REQUINTA DE XIÁN
Praza do Convento
19.30 h.- Actuación da REQUINTA DE XIÁN
Cantón de San Roque.
23.00 h.- Actuación de LEILÍA TRADICIONAL
Cantón de San Roque.
SÁBADO 30 DE AGOSTO
11.30 h.- Obradoiro de PASAMANERÍA para maiores de 12 anos.
Praza do Convento
12.00 h: Pasarrúas con OS MELIDAOS.
13.00 h - Conferencia "O Traxe tradicional galego" por CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ.
Praza do Convento
17.00 h: Pasarrúas con "OS SANTIAGUIÑOS" de Boimorto.
18.00 h : Pasarrúas co grupo AXÓUXERE
18.00 h - "Xogos cantados e bailados" con LUIS PREGO
Praza do Convento.
20.00 h.- Actuación e desfile de traxes do grupo BRINCADEIRA
Cantón de San Roque
23.00 h.- Actuación musical co grupo PE DE BOI
Cantón de San Roque.
DOMINGO 31 DE AGOSTO
11.30 h: Obradoiro de COLARES para maiores de 12 anos.
12.00 h: Pasarrúas cos gaiteiros FROITO NOVO
Praza do Convento
12.30 h: "Xogando cos nosos instrumentos" por Lola Fernández.
Praza do Convento
17.00 h: Pasarrúas co grupo de música e baile tradicional "A MARISTELA" de Sobrado.
17.30 h: Concerto didáctico con PABLO DÍAZ e OLGA KIRK (Grupo Route)
Praza do Convento
18.00 h: Pasarrúas coa agrupación musical "BUXAINA" de Palas de Rei.
19.00 h: Conferencia e actuación de zanfoña.
Capela de Santo Antón
20.30 h: Actuación de música e baile tradicional co grupo ENTRECAIXAS
Cantón de San Roque
22.00 h: Actuación de baile e música tradicional co grupo CANTIGAS E AGARIMOS.
Explanada do Edificio Multiusos.
Ademais, exposicións de instrumentos tradicionais , e exposición fotográfica dos 35 anos de Froito Novo na Capela de Santo Antón.
O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, CREA unha mención honoríca, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega. 1.- Gaita de Ouro “Constantino Bellón” 2.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. 3.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión nal baixo os criterios do Ateneo Ferrolán. 4.- A presente Mención será de carácter honoríco e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados .
O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega. O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos. O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos. Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días. O ATENEO FERROLÁN, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”.
BASES 1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar anadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento. 2.- REQUISITOS: 2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Ferrol) un CD gravado coa peza, ”Olavide”, de Daniel Bellón facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado. 2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor. 3.- PLICAS: 3.1) Os concursantes deberán enviar o CD nun sobre pechado identicado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo e teléfono. 3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso. 4.- As partituras carán en propiedade do Ateneo Ferrolán. 5.- Co obxectivo de promociona-la participación da Galicia do exterior créase un apartado especíco, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”. 6.- Na nal actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito: * Dez nalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas Bases. * Catro nalistas seleccionados segundo se especica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”. Tódolos nalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego, o cal terase en conta por parte do Xurado. 7.- A interpretación no Concurso constará de : 7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso "Constantino Bellón", e máis da peza tradicional ou de autor. 7.2) O tempo máximo do que disporá o intérprete para a anación da gaita e a interpretación de ámbalas dúas pezas será de 6 minutos, computados, sen pausa, dende a primeira nota escoitada, ata a última. Tódolos nalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente pola súa viúva Maruxa Seoane, para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso. 8.- A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €. 9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista. 10.- O Xurado cualicador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos nalistas e a súa decisión será inapelable. 11.- Como remate do Concurso, os nalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, anada a 440 Hz. 12.- O Ateneo Ferrolán patrocinará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto. 13.- O Prazo de inscrición remata o 13 de xuño do 2008. 14.- A nal terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2008. 15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.
Concurso de composición para Gaita Galega Solista, requisitos: (Punto nº 9 do “Constantino Bellón) ---------------------------------------- 9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen. 9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista acompañada ou non, dun conxunto instrumental composto por un tope máximo de 40 instrumentos. 9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min. 9.4) Os traballos presentaranse en dous formatos: a partitura orixnal impresa en papel; e, a mesma partitura, en soporte informático, axuntando copia do programa no que estea congurada (agás Encore ou Finale) ao enderezo do Ateneo Ferrolán. 9.5) Este traballo virá nun sobre pechado identicado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, enderezo e teléfono. 9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 30 de maio de 2008. 9.7) A dotación do premio será de 2000 €. 9.8) O premio poderá ser declarado deserto.
“Gaiteiro de Soutelo” (Punto nº 5 do “Constantino Bellón) a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, a Consellería da Emigración convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”. b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior. c.- Os concursantes deberán enviar á Consellería da Emigración: 1) Un CD gravado coa peza”Olavide”, de Daniel Bellón, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado. 2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor. d.- PLICAS: Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identicador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor. e.- PRAZO O prazo de presentación remata o 13 de xuño do 2008. f.-PREMIOS: Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2008, na cidade de Ferrol (Galicia). * Haberá catro premios. g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor dena, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
O vindeiro mércores día 12 de Marzo, imos organizar un Obradoiro que terá como tema central o Traxe Tradicional. A continuación indicamos a ficha da actividade :
Data: Mércores 12 de Marzo de 2008 Hora: 19:30 h Lugar: Centro Sociocultural de San Andrés. Vilavidal - Concello de Ramirás.
Dito obradoiro ten como finalidade axudar a pais e alumnos, e a todo aquel que lle interese o tema, a saber vestir o traxe tradicional galego e distiguir as distintas partes do mesmo, asi como axudar a ver diferentes tipos . O cartaz do evento aparece como documento adxunto así como o logotipo da Escola.
Máis información en : Escola de baile e música tradicional REBULIR Enderezo : Centro Sociocultural de San Andrés S/N . CP: 32810 Vilavidal - Concello de Ramirás - Ourense