Ghastas Pista?

Transilvanians
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Transilvanians':


Transilvanians no Aturuxo (Bueu)

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 18 )


Domingo, 16 de decembro ás 20:30h
- Transilvanians -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Transilvanians e Cachas&Cousins en Compostela

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 17 )


Sábado 28 de xaneiro ás 21:30h
Sónar Compostela.
Rúa de Mazarelos, 4-5.
Santiago de Compostela.


Cachas&Cousins subirémonos de novo ao escenario da sala sónar para exprimir ao máximo o noso repertorio de clásicos do rocksteady, ska e R&B xamaicano.

Nesta ocasión contaremos coa compañía de unha bandaza, os Transilvanians, unha das bandas de rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que se pode atopar actualmente no estado.
Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Non vos perdades esta noitaza de rocksteady na capital.

Entradas en A Reixa Tenda e na propia sala Sónar Compostela
Prezo: 6€.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Ska All Night (Vigo)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 16 )


A sexta edición do festival Ska All Night será o sábado 17 de decembro en Radar Estudios (Rúa Iglesias Esponda 30) con Transilvanians (presentando os seus dous novos singles) e, dende Compostela, Cachas & Cousins

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Bolos - Festa do Pan de Neda

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Sábado 5 de setembro no Paseo Marítimo de Xuvia, ás 21h:
TOXOS BRAVOS
TARDEPIACHE
TRANSILVANIANS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Edición do festival O Son das Mámoas (Candeán - Vigo)

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 15 )


Sábado 29 de agosto

Desta vez, e co obxectivo de axudar xs menos favorecidxs introducimos o prezo dunha entrada simbólica de dous euros ou a posibilidade de entregar comida para o Banco de Alimentos de Vigo.

As actividades comezarán dende as 16.00 h da tarde coa participación do paiaso Popín, obradoiros infantís, foliadas, breakdance, bodypaiting, etc., e seguirá pola noite coas actuacións de:

23:00 Transilvanians
00:30 Skandalo GZ
02:00 Terbutalina
03:30 Igmig
05:00 DJ Carl Want

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Revoltallo de Música e cultura Emerxente en Valladares (Vigo)

(texto engadido o día 19/ / 9/ / 14 )


Tres días (venres, sábado e domingo) de auténtica mestura cultural / musical para todo tipo de público. Tres escenarios distintos para poder facer unha combinación perfecta e definida. Se a chuvia aparecese, as actividades previstas ó aire libre pasarían ó interior do Centro Cultural.

Tódo-los actos son de balde

Día 19 de setembro, no Auditorio do CVC de Valladares, ás 21:00 h.
URBANO CABRERA (cantautor)

Día 20 de setembro, no Auditorio do Centro Cultural, ás 21:00 h.
MARCOS ESCUDERO (debuxando na area)
TOÑITO DE POI & PULPIÑO VIASCÓN (espectáculo humorístico-musical)
.
Día 21 de setembro
CONCERTOS
Na leira de O Pedregal, a partir das 16:45 h.:
CREMITA / SOM DO GALPOM / TRANSILVANIANS

No Auditorio, ás 21:00 h.: TONY LOMBA

ARTES ESCÉNICAS
Na eira (entrada ó Centro Cultural), a partir das 17:30 h.:
ISLA LA TRISKA (malabarista-humorista)
PETER PUNK (pallaso)
Cía. Teatral MOITO MORRO

ORGANIZAN: CVC de Valladares e "Xuntanza Xuvenil" de Valladares
SUBVENCIONAN: AGADIC. Xunta de Galicia.
Concello de Vigo / Deputación de Pontevedra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival OUBEADE - Parque forestal de Beade, Vigo

(texto engadido o día 10/ / 7/ / 14 )


10-11-12 e 13 de Xullo no Parque Forestal de Beade (a 500Mts do CUVI).
.- X10: Upcoming of Devastation, Arkham,Kuna de Odio,Viven,Cadalso,Basiliades //
.- V11. Mata Ratos,Lethal Vice, N.O.T., Animal Scrape//
.-S12 Transilvanians, A Banda de Andrelo, Maskarpone, Orquesta Neverloura, As Xinetas, Agecia Tributaria, Obradoiros,Xogos Populares,Animación teatral //
.-D13 Concentración e Ruta de coches clásicos. Bloquinho de Samba SANAMÁ.

Totalmente de Balde con zona de pernocta e instalacións anti choiva.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Transilvanians en Salason (Cangas)

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 13 )


Xoves 16 de Maio a partires das 22h
- Transilvanians -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos este verán de Transilvanians

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 12 )


29 de Xuño 2012 @ O Torreiro da Festa
(con A MAGNIFIQUE BAND DOS HOMES SEN MEDO)

11 Xullo 2012 @ Miudiño (Ourense)

21 Xullo 2012 @ BACK ON THE STREETS FESTIVAL
(Waldlaubersheim, Germany) Backing ROY ELLIS.

28 Xullo 2012 @ REGGAEBOA 2012 (Balboa, O Bierzo)

03 Agosto 2012 @ Black Bird (Santander)

04 Agosto 2012 @ XV INTERNATIONAL ERROMO SKA-REGGAE FESTIVAL
(Getxo) Backing ROY ELLIS.

25 Agosto 2012 @ II SKA ALL NIGHT (La Iguana Club, Vigo)

15 Setembro 2012 @ MINHO REGGAE SPLASH
(Vilanova de Cerveira, Portugal)
- Transilvanians -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Transilvanians en Baiona

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 12 )


20 de Abril, ás 23:00h - 5€.
No Bar Marrucho, Percibilleira 40 (Baiona)
Presentación no Val Miñor da nova formación e as novas cancións de Transilvanians.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Tribo toda Baila - - 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


12 de Maio ás 21h en EXPOURENSE

Os Resentidos celebran este ano o 30º aniversario do seu nacemento por partida dobre, cun concerto único e cun disco homenaxe. Baixo o nome “A tribo toda baila”, o grupo máis influínte do rock en galego congregará a máis de 30 bandas e músicos galegos actuais para festexar trinta anos de música feliz.

Un concerto único con convidados de altura como Xosé Manuel Budiño, Bieito Romero, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Piti Sanz e Luís Tosar, Rómulo Sanjurjo, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi e Xosé Manuel Pereiro. Carlos Blanco será o encargado de presentar o espectáculo, que abrirán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.

As entradas poden mercarse ata o 15 de abril por 6 euros máis gastos de distribución. Dende o 16 de abril ata o 11 de maio custarán 10 euros máis gastos e xa o propio día do concerto na billeteira de Expourense custarán 15 euros. Ademáis de a través de codetickets, as entradas poden mercarse en C. C. Auriense, Faíscas e Saborido Tapería de Ourense, nas tendas Tipo de Vigo, en A Reixa de Santiago de Compostela, en Don Disco de Lugo, en Discos Noni’s de A Coruña, en Fandiño Tapas de Allariz, en Micaliñas e Feito Praza de Xinzo, na Óptica Anteollos de Celanova e no Local Social Aturuxo de Boiro.


Resentidos, estamos todos (e todas)


Aínda que a maior parte dos versos xa están cubertos, as persoas que queiran participar no vídeo poden facelo enviando as súas fotos coas frases “Galicia Caníbal” e “Fai un sol de carallo” a comunicacion@osresentidos.com antes do 15 de abril.

Disco homenaxe

Waner ultima, ademais, para as mesmas datas, a publicación dun disco homenaxe a Os Resentidos, unha banda que marcou unha época, logrou celebridade fóra de Galicia e influíu de maneira determinante nas xeracións vindeiras do rock galego. “Daquela eramos o único grupo que facía rock en galego e agora hai 80 ou 100 grupos que non teñen o eco que deberan ter”, recorda Reixa. Moitos deses grupos actuais estarán presentes no tributo, que tamén levará o nome de “A Tribo toda baila”: Metralletas Lecheras, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homens Sen Medo, Safari Orquesta, Miki Nervio & the Bluesmakers, DasKapital, Emilio José, O Sonoro Maxin, Novedades Carminha + Antigüedades Alvarez, Ruxe-Ruxe, Roberto Sobrado, Orquesta Alma Latina, The Homens, Tony Lomba e Elio dos Santos, Os tres trebóns, Ultraqäns, El Puto Coke, Pulpiño Viascón e Transilvanians.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::








Transilvanians

(Ska / Reggae / Soul )


en Myspace







buscar mais información
sobre Transilvanians en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Transilvanians en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]