Resultados para:

Torroso
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Torroso':


Concerto Presentaciñon de Cantares do Brión en Torroso (Mos)
https://www.facebook.com/CantaresDoBrion/photos/a.1230564020448734/1277501412421661/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


Moi boas a tod@s!!! Lembrade que o sábado 16 de febreiro en Torroso (Mos) tedes unha cita con Cantares do Brión. Voltaremos o auditorio onde tivo lugar parte da gravación deste disco, esta vez lucindo as mellores galas, con moitas sorpresas e cheos de ilusión .. Será un pracer compartir e disfrutar con vós, quedades tod@s convidados!
Entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



25 aniversario de Arume (Torroso. Mos)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 18 )


Celebración do 25 aniversario de Arume no centro dotacional de Torroso (Mos) o 27 de outubro ás 20:30h

Noticia enviada por Lorena

- Arume- tradicional- folk- pandereteiras- Torroso- Mos- aniversario -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival BailaMos
https://www.mos.es/o-festival-bailamos-celebrarase-o-2-de-setembro-dentro-de-o-son-do-pazo/
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 17 )


Sábado 2 de setembro ás 17:00h
Pazo de Mos.
Camiño A Rúa, 1.
Sta. Eulalia de Mos.


Por segundo ano consecutivo, vaise integrar dentro da programación de “O Son o Pazo” o festival “Bailamos”, no que actuarán, na tarde do sábado 2 de setembro, 7 grupos de baile galego do Concello de Mos. A idea principal da organización do festival segue a ser a de consolidar o evento como un referente da música folk e o baile tradicional galego, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes no panorama cultural municipal.

O Festival “Bailamos” contará coa actuación estrela do grupo folk Algarabía e dará comezo ás 17.00 horas da tarde do sábado no Pazo de Mos. Durante a xornada vespertina actuarán os grupos Tangaraño, Santa Eulalia de Mos, Arume de Guizán, Follas Novas de Guizán, Ruada de Torroso, Celado e Nosa Terra de Pereiras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro en Mos (Vigo)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 17 )


Domingo 6 de agosto de 2017 ás 20:00h
No Aufitorio de Torroso

Entrada: 5 euros.
Se poden mercar durante toda a semana en Oficinas auditorio das Pozas ou nas Oficinas do auditorio de Torroso
Tamén o propio día
Entradas numeradas
Organiza: Agadic, Concello de Mos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marta Quintana en Torroso. Mos (Concerto solidario)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 17 )


Domingo 2 de xullo ás 12:00h
Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.
Estrada Puxeiros - Peinador, Torroso.
Mos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Aniversario de Xógara en Torroso. Mos

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 17 )


Sábado 28 de xaneiro ás 20:00h
Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.
Estrada Puxeiros - Peinador, Torroso.
Mos.

Xógara, Lagharteiras Pandereteiras, Xulio Lorenzo Trío

En Xógara acabamos de cumprir 10 anos. E imos a facer un concerto para celebralo. Estades todos combidados. Queremos dar de antemán as grazas O Concello de Mos pola colaboración e a Comunidade de Montes de Torroso por deixarnos facer o noso concerto no Centro dotacional de Torroso. Grazas As Lagharteiras por colaborar actuando e a Xulio Lorenzo polo seu esforzo para estar con nós. Esperámosvos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do disco de Algarabia en Mos

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 16 )


Sábado 22 de outubro ás 20:00h
Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso.
Estrada Puxeiros - Peinador, Torroso.
Mos.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de musica e baile tradicional (Mos)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=132053
(texto engadido o día 3/ / 10/ / 14 )


Domingo 5 de outubro en Costoias (Tameiga-Mos) ás 17h

A Cividade de Louredo
Arume de Guizán
Nosa Terra de Pereiras
Santa Eulalia de Mos
Ruada de Torroso
Abrente
As Pedriñas de Tameiga
Celado de Cela
Follas Novas de Guizán
Tangaraño

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::





(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 )






(Listado 2011-2012)




GALICIA



O BARBANZA



Escola de Música e Baile Tradicional VAI DE RODA (Rianxo)
Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo
http://www.blogoteca.com/vaideroda
Baile, pandeireta, gaita, percusión

Asociacion Sociocultural FOGO FATUO (Rianxo)
Rúa do Hospital, Nº24 baixo, Rianxo
http://www.fogofatuo.es/
Baile, gaita, percusión, pandeireta..






BETANZOS




Asociación Cultural A Fuliada
http://www.fuliada.blogspot.com
No Ambulatorio vello de Betanzos os Xoves de 19:30 a 20:30 con flauta e gaita , e os sábados a partires das 17:30 con baile tradicional. A finalidade de estas actividades é ir collendo os coñecementos necesarios para poder desfrutar da nosa cultura.





O BIERZO



Centro Galicia en Ponferrada
Colexio Público Navaliegos
http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/
Pandeireta, gaita, percusión e baile




COMPOSTELA



Escola Livre da MPG
Centros Socioculturais cedidos polo Concello do Castiñeiriño, Pontepedriña e Fontiñas
(As oficinas de aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da Escola Livre da MPG)
http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web7&lg=gal
gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico

Gentalha do Pichel
rua santaclara, 21. Compostela
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/
iniciaçom à pandeireta, percussom tradicional, baile, gaita, percussom brasileira, capoeira...

Asociación Veciñal A XUNTANZA
http://www.axuntanza.org
Corredoira das Fraguas, 37 baixo Barrio de San Pedro, Compostela
baile galego, canto, gaita, pandeireta, tamboril, acordeón..

Brincadeira
http://www.brincadeira.org
Rúa do Home Santo, 62 - Baixo - Santiago de Compostela
BAILE, GAITA E PERCUSIÓN, PANDEIRETA, ACORDEÓN E BORDADOS.

Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS
Algalia de Arriba 11 - Baixo, Compostela
http://www.cantigaseagarimos.es
BAILE TRADICIONAL, PADEIRETA E CANTO TRADICIONAL, GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, ACORDEÓN, LINGUAXE MUSICAL


Armadanzas de Laraño
Laraño, Compostela
http://www.armadanzastradicional.com
Gaita, Acordeón, Percusión, Pandeireta e Baile







A CORUÑA



Cántigas da Terra
http://www.cantigasdaterra.com
Baile, Gaita, Pandeireta, Zanfona, Canto e Percusión
Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467
O prezo de cada unha é de 15 euros ao mes (agás zanfona que custa 10 euros cada clase).
Na segunda actividade tes un desconto de 5 euros. Válido tamén se anotas a un parente!
Mínimo catro alumnos por aula.

Asociación Xuvenil Xacarandaina
http://www.xacarandaina.com
Rúa Historiador Vedía nº3 A Coruña
Baile, gaita, pandeireta, canto, acordeón, percusión, clarinete..

Escola Municipal de Música
http://www.coruna.es/EMM/
Torre nº 67, A Coruña
Gaita, percusión tradicional, acordeón.

Asociación Xuvenil Xiradela (Arteixo)
Polígono Industrial de Sabón, Parcela nº5, Arteixo
http://www.xiradela.es
Baile tradicional, pandeireta, percusión, gaita, acordeón..

Asociación Cultural DONAIRE
Avda. General Sanjurjo, 121B - 2ºB, A Coruña
http://www.blogoteca.com/donaire
http://www.acdonaire.com
gaita, percusión, pandeireta, frauta, baile, bordado..


Centro Social Gomes Gaioso
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/
Rua Marconi, 9 rés-do-chao [Atochas-Monte Alto]
Baile, pandeireta, gaita..

S.R.D.C. Tempo Novo
http://tempo-novo.blogspot.com/
Baile, gaita, Percusión, Pandeireta, Acordeón

Clases particulares
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=413
trisquelcorchea@gmail.com - 981151029 - 657079830
frauta traveseira, whistles, frautas de pico, gaita, requinta, frauta irlandesa, ocarina.

Obradoiro gratuito de canto
Todos os venres de 20:00h a 21:00h no local da AAVV do Agra na rúa Entrepeñas 38
Para desfrotarmos cantando, a cargo de Ricardo Seixo Fernández.




FERROLTERRA




Escola de Música BELLÓNMACEIRAS (Fene)
Rúa Antonia Montero nº11 baixo, Fene - A Coruña
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=2266

http://www.bellonmaceiras.com/
Gaita, Acordeón, Percusión Tradicional, Baile galego...

Fundaçom Artábria
Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao Esteiro-Ferrol
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/
Gaita, Pandeireta..





FISTERRA



Universidade Popular de Corcubión
http://universidadecorcubion.blogspot.com/
Baile, Pandeireta..




LUGO



Tradescola
Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II'
Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/Tradescola.html
Gaita, Zanfona, Acordeón, Requinta, Percusión, Canto e Pandeireta, Linguaxe Musical, Baile Tradicional, Etnografía e Investigación

Asociación Cultural CÁNTIGAS E FRORES
Nave de Asociacións. Local 10. Parque da Milagrosa, s/n. Lugo
http://www.cantigasefrores.com
gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.

C. S. Madialeva
Rua Manuel Amor Meilám (antiga Rua do Sol) 18
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/
gaita, pandeireta, ..

A VOLTA DO AGRO
Obradoiro de Cultura Tradicional Galega
Rúa Paxariños, 32 baixo (LUGO)
Tlf: 982 222390 (MARTA), 666370815 (ANA E MANUEL), 639993052 (SENÉN)
http://www.avoltadoagro.org/
Gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta.




A MARIÑA ORIENTAL



A.F. O Arco da Vella
Nos Colexios Vellos, San Miguel de Reinante - Barreiros (Lugo)
BAILE, GAITA, PANDEIRETA e PERCUSIÓN





O MORRAZO



Asociación Cultural Loaira (Marín)
https://www.facebook.com/acloaira
e-mail: acloaira@gmail.com
Grupos:
-Grupo de Baile Trébede
-Grupo de Pandereteiras Trébede
-Vilarachos
Actividades e cursos anuais:
Baile tradicional, Canto e pandeireta, Gaita

Lembranzas da Ría (Cangas)
http://www.lembranzasdaria.com/
Local de ensaio de Cimadevila, San Pedro - Cangas (ver mapa na web)
baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión

O Retrouso de Cela (Bueu)
Complexo Cultural de Cela (Bueu)
http://www.blogoteca.com/retrouso/
baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral




OURENSE



AOFT Gomes Mouro - Escola de Música Tradicional de Ourense
http://aoftou.wordpress.com
EMT de Ourense (Tras bloque 8 - Baixo, Barrocás), Parque Barbaña, , EMT de Allariz, EMT de Maceda
Gaita, percusión, canto, pandeireta..




PONTEVEDRA



TRÉPIA Asociación Cultural
Palamios nº7 6º-A Pontevedra
http://www.trepia.org
pandeireta e canto, baile, gaita, tamboril, bordado..

Aula Folque Infantil (5 e 13 anos) e Laboratorio de Sons (8 e 15 anos)
http://www.folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal
A Aula Folque Infantil (AFI) pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. En paralelo, existe o Laboratorio de Sons, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe



Trazantes (Tenorio - Cotobade)
Instituto de Cotobade, en Tenorio
http://www.trazantes.com
Pandeireta, canto, baile, percusión e gaita






TABEIRÓS - TERRA DE MONTES



A Fervenza de Ouzande (A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com/
Gaita, baile, pandeireta e tamboril




TERRA DE CELANOVA



Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Concello de Ramirás)
Praza de San Andrés. s/n. Vilavidal. Ramirás(Ourense)
http://www.rebulir.blogspot.com/
Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión Tradicional, Gaita..




VIGO



e-trad
rúa García Barbón, 5 Vigo
http://e-tradvigo.blogspot.com
Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico..

A. V. C Casco Vello (Vigo)
Rúa Oliva, 12
http://www.avcascovello.com
Baile, Gaita e percusión, Canto popular e pandeireta, Acordeón diatónico, Confección de traxe tradicional Galego, Guitarra..

A.C.F. O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo. Vigo
http://www.ofiadeiro.com
Violín folk, Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta..

A. VV. Cultural e Deportiva " Castrelos " (Monte da Mina)
Monte da Mina, 16 . Vigo - Tfno: 986472758
Gaita, acordeón..

Escola de Música de Mos
Outeiro, s/n. Torroso - Mos
http://www.crctorroso.com
Gaita, Percusión tradicional,..




PORTUGAL



LISBOA



Centro Galego de Lisboa
http://www.juventudedagaliza.com
Rua Julio Andrade, 3 | 1150-206 Lisboa
Gaita, baile galego, pandeireta..

Tradballs
Pandeireta Galega por Sara Louraço Vidal
Domingos, 15 em 15 dias
Iniciados: 16h-17h
Intermédios:17h-18h
- Fábrica do Braço de Prata
Rua da Fábrica do Material de Guerra, nº 1

Preço: 15€ (Mensalidade)
http://www.tradballs.pt

ÁGUEDA



d'Orfeu Associação Cultural
http://dformacao.blogspot.com/
Rua Engº. Júlio Portela nº6, 3750-158 Águeda
Pandeireta galega, Gaita.




ARXENTINA



Centro Galego de Avellaneda
gaita, baile, percusión..
Avenida mitre 871, Avellaneda





ESPAÑA



MADRID



Centro Galego de Móstoles
c/ Cervantes, 7, Madrid
http://cgmostoles.galiciaaberta.com/
baile, gaita, percusión..

Asociación Galega Corredor do Henares
C/ Campo Real 1 Bajo, Alcalá de Henares – Madrid
gaita, baile e percusión






CATALUNYA



Centro Galego de Barcelona
http://www.cgb.cat/gl/actividades/talleres
gaita, baile, pandeireta, percusión

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Rebumbio Mos 2012 | 24 e 25 de Agosto
http://festivalrebumbio.blogaliza.org/
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


Volvemos a carga cun Rebumbio cheo de música e diversión, para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés.
E iso como se consegue? enchendo o monte do mellorciño da musica feita na Galiza, sabemos que non están todos, pero temos preparada unha boa colleita.

Para escomenzar o venres 24, abrindo palco, dende o Val da Louriña petándolle o rock´n roll e buscando un cervo “The Cillit Band”. Dende máis aló do Confurco, cargados de carraxe e moito punk “Skandalo Gz”. Volvendo a casa, pasando polo turreiro de Torroso “The Turre´s Band”. Pero inda temos máis en calquera momento da noite, do dia ou da madrugada “Os Veraneantes”.

O Sábado 25, abrindo a noite ben preto da barra, facendo palleiro punk “Os Residuos atractivas”. Xa no palco da festa, dende as terras de Vigo collendo impulso cun tirante de Rande “ La Banda de Andrelo”. Fasendo ruído coa barrijiña, dende Ribeira (Viva a festa da Dorna!) “A Compañía do Ruído”. Recen chegados de andar polas europas levando a súa música e o seu espectáculo, farán unha parada no Rebumbio “Chotokoeu”. Máis que músicos, son amantes da festa e da diversión, dende a República do Macizo Central “Os Cuchufellos”. E dándolle o remate que se merece a unha noite tan longa, unha sesión que fará bailar os sobreviventes de tanto Rebumbio, os pratos “Hadri Hache”.

Si meus querid@s feligreses da festa, dous días cheos de festa, regados con abundantes vatios de son e luces, tapadiños por unha carpa, nun entorno previlixiado... pero xa sabedes que todo iso non seria posible, de non ser polas empresas anunciadoras, a Comunidade de Montes de Tameiga, a xente das Pedriñas e moita máis xente que nos bota unha man ou as dúas.

- Rebumbio- Compañía do Ruído- Chotokoeu- Cuchufellos- Skandalo Gz- The Turre´s Band- Os Veraneantes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Torroso en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]