Ghastas Pista?

Tonhito de Poi
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Tonhito de Poi':


Concerto aniversario dA Banda de Poi en Meira

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )



O venres 12 de Maio ás 12 da noite, a Banda de Po celebramos os 12 anos no Tibor - Meira (Lugo)


Coa banda orixinal:
Topo de Gama - Electrónica
João Machado (Pony) - Baixo
Claudio Figueiredo - Batería
Marco Nunes - Guitarra
Tonhito de Poi - Guitarra e Voz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pepo Suevos inaugura o venres unha sala de espectáculos en Betanzos
http://airapro.com/pepo-suevos-inaugura-o-venres-unha-sala-de-espectaculos-en-betanzos/
(texto engadido o día 8/ / 11/ / 13 )


Barsovia é o nome do novo local que o Hotel Palacete de Betanzos abrirá o próximo venres. O humor salvaxe de Pepo Suevos marcará o inicio dun proxecto hosteleiro na zona nova da capital do Mandeo, que pretende compaxinar a oferta de copas e combinados nas primeiras horas da madrugada cos mellores espectáculos de humor e música.


Un dos humoristas máis cotizados e con maior experiencia de Galicia, coñecido pola súa participación en filmes e series como Luar, Land Rober, Piratas, Terra de Miranda ou Heroí­na, e a piques de estrear un novo proxecto na TVG, Os Caseiros, no que interpretará un dos papeis protagonistas. í‰ Pepo Suevos, que cun dos seus monólogos escribirá as primeiras páxinas da Barsovia o venres 8 de novembro, a partir das 23.30 horas e con entrada de balde, como todas as actuacións desta programación.


Outras cinco actuacións completan o cartel co que a sala quere darse a coñecer entre o público de Betanzos e comarca: o cantautor Gonzalo Arca interpretará algúns dos seus temas xunto con varias versións o 15 de novembro. í semana seguinte será a Qando Vand, unha formación local que cos seus bailables ritmos urbanos non deixa indiferente a ninguén, quen ambientará o inicio da madrugada do venres 22.


Tonhito de Poi, un dos membros dos aclamados Heredeiros da Crus, será o encargado da actuación do 29 de novembro, e para as dúas semanas restantes quedarán as versións de voces femininas interpretadas maxistralmente por Andrea Colado, e o humor dos Pánfilos S.A.


Toda a información sobre os eventos programados na Sala Barsovia pódese seguir na súa páxina oficial en Facebook.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festa Galega de Malpica

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 13 )


Xoves 15
17:00 h.

Feira medieval Mariñeira

20:30 h.Na Praza Anselmo Villar Amigo, exhibición de danza e música tradicional a cargo da agrupación folclórica cantigas e agarimos


 

Venres 16

10:00 h.Feira medieval mariñeira
21:30 h.Actuación da coral de Malpica, na Praza Anselmo Villa Amigo
22:00 h.Exhibición de danza e música tradicional X Aniversario da A.C. Malante
23:45 h.Fol de Veneno


 

Sábado 17

10:00 h.Feira Medieval Mariñeira
11:30 h.Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
13:00 h.Sadiñada e Cachelada
19:15 h.III Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica) Banda de Gaitas Abelladeira (Ponferrada), Banda de Gaitas de Ortigueira, Banda de Gaitas de Maruxía (Laxe) e Banda de Gaitas A.C. Malante (Malpica)
22:30 h.Media Ducia
00:15 h.Luar na Lubre
02:00 h.Tonhito de Poi e Banda


 

Domingo 18

10:00 h.Feira Medieval Mariñeira


- Media Ducia- Luar na Lubre - Tonhito de Poi- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Solidario no Coliseum (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 6/ / 13 )


Como cada semestre, os grupos usuarios dos locais de ensaio de A Coruña teñen a oportunidade de tocar para un fin social. Desta vez, o festival pasará a durar 2 días, englobando aos grupos de vertinte máis Rock o venres (Almakoa, The Aerial Root, Jules & The Wolf, After All e The Zipper), encabezados polo proxecto paralelo a Heredeiros da Crus de Tonhito de Poi, sendo o sábado a quenda para os grupos cun toque máis Punk, Hardcore ou Metal (Truth or Consequence, Last Shot, Breathing Loud, Fading Memories e Man City Blue), contando para pechar a festa co Punk-Rock con raíces Celtas de Bastards on Parade.

As entradas adquírense por 4 € no despacho de billetes da Praza de Ourense (luns a venres de 09.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h), e os días de concerto desde as 19.30 h nas taquillas do Coliséum. Existe un bono para os dous días por 6 €.

Porqué Festival Solidario?

O momento histórico no que vivimos debe servir para darnos conta das dificultades polas que moitas familias pasan. Desta vez, facemos un chamamento á cidadanía para que libremente colaboren coa nosa campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, que irán directamente destinados á gran labor social que fai a Cociña Económica. Fai 6 meses conseguíronse 995 Kg de comida, agardando superar esa cifra nesta edición ao contar con dous días de concertos, ademais das actividades englobadas no ADQUIRE +. Entre tod@s poderemos conseguilo!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 13 )


Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE no que conta a súa experiencia vivida na Amazonia.
O novo álbum do artista Ribeirense inclúe cánticos chamánicos e música medicinal. O disco vai acompañado do "DIARIO DA VIAXE CóSMICA í AMAZONíA" un libro editado artesanalmente no que TONHITO DE POI relata a súa experiencia na Reserva Purús, no corazón da selva Amazónica.
- Tonhito de Poi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación de nadal no Teatro Colón (A Coruña)
http://folkintrio.blogspot.com.es/2012/11/musica-e-humor-galego-na-programacion.html
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 12 )


Coro da Rá
Sábado 1 de Decembro ás 21:30 h.

O coro residente da Escola Estudio de Santiago, con máis de 19 anos de vida e dirixida por Ramón Bermejo, amosarán ó público as súas versións a capella de grandes clásicos de diversos estilos.
Veñen a presentar "Non nos importa a fama", un espectáculo onde se pode escoitar Queen, Frank Zappa ou Earth cunha coidada posta en escea.




NOITES GALEGAS
Carlos Ares
Martes 11 de Decembro ás 20:30 h.

Carlos compón, toca o piano, a guitarra... e o que canta é seu. Quizáis pode haber máis xente que o faga, pero... con 15 anos? Así é, este talento coruñés estará acompañado de Fernando Fraga (baixo), Christian Delgado (batería) e Alan Ponte (guitarra) e contarán cunhas grandes colaboradoras como Carmen Rey e Ángeles Dorrio. Non lle perdades a pista a este rapaz!




NOITES GALEGAS
Tonhito de Poi
presenta "O soro da verdade"
Martes 18 de Decembro ás 20:30 horas

Nin máis nin menos que ó Amazonas tivo que marchar Tonhito para atoparse coa verdade logo de que a súa avóa lle dixese que coa mentira pode chegar a algún sitio, pero nunca volver del. Alí estivo co chamán Ramón Peregrino, que o acompañará neste concerto tan especial onde presentará o disco gravado a cabalo entre a Amazonia e Galicia, e que ademáis adxuntará o diario que escriviu durante a viaxe, e tamén unha pista de vídeo. Seguro que nos sorprende, unha vez máis.



CoraSóns
Xoves 20 de Decembro ás 20:30 h.

A idea nace de "Quen ve coraçoes" unha páxina na que Isabel Valentim (fotógrafa portuguesa) publicaba textos acompañados dunha fotografía, ou ó reves? O caso é que aparecían corazóns polo mundo adiante, nunha porta, na area, no xeo... Uxía propúxolle facer unha exposición na Casa das Crechas, e na inauguración, máis de 20 persoas acompañaron coa súa música o talento de Isabel, e foi como naceu este proxecto.


Berrogüetto
Xira de Andar por casa
Sábado 22 de Decembro ás 20:30 h.

Por primeira vez, temos a oportunidade de ver unha selección dos grandes temas do grupo en versión semiacústica. Unha xira polos principais teatros galegos que se estrea na Coruña, deixando claro que ese día, a sorte xa agraciou á cidade. Optimismo, frescura, intimidade... unhas sensacións que transporten ó espectador ó salón da súa casa.
- Tonhito de Poi- Berrogüetto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival Solidario Cáritas Rianxo - 23 de Novembro no Auditorio Municipal

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 12 )


Cáritas Parroquial de Rianxo celebrará o vindeiro venres 23 de Novembro o I Festival Solidario a favor de Cáritas.
Será no Auditorio Municipal a partires das 21.00 horas, coa actuación de:

-Xurxo Souto
-Xosé Romero e Maruxa
-Vai de Roda
-Esther Carrodeguas
-Escola de Música de Rianxo
-Tonhito de Poi
-Silvia Ferre e Alfredo Susavila
-Mariú

O precio da entrada será de 5 € por persoa i entre os asistentes sortearanse diversos agasallos donados polo comercio local.
Toda a recadación irá destinada integramente a Cáritas Parroquial de Rianxo, en axuda aos máis necesitados.

- Xurxo Souto- Tonhito de Poi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Tribo toda Baila - - 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


12 de Maio ás 21h en EXPOURENSE

Os Resentidos celebran este ano o 30º aniversario do seu nacemento por partida dobre, cun concerto único e cun disco homenaxe. Baixo o nome “A tribo toda baila”, o grupo máis influínte do rock en galego congregará a máis de 30 bandas e músicos galegos actuais para festexar trinta anos de música feliz.

Un concerto único con convidados de altura como Xosé Manuel Budiño, Bieito Romero, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Piti Sanz e Luís Tosar, Rómulo Sanjurjo, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi e Xosé Manuel Pereiro. Carlos Blanco será o encargado de presentar o espectáculo, que abrirán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.

As entradas poden mercarse ata o 15 de abril por 6 euros máis gastos de distribución. Dende o 16 de abril ata o 11 de maio custarán 10 euros máis gastos e xa o propio día do concerto na billeteira de Expourense custarán 15 euros. Ademáis de a través de codetickets, as entradas poden mercarse en C. C. Auriense, Faíscas e Saborido Tapería de Ourense, nas tendas Tipo de Vigo, en A Reixa de Santiago de Compostela, en Don Disco de Lugo, en Discos Noni’s de A Coruña, en Fandiño Tapas de Allariz, en Micaliñas e Feito Praza de Xinzo, na Óptica Anteollos de Celanova e no Local Social Aturuxo de Boiro.


Resentidos, estamos todos (e todas)


Aínda que a maior parte dos versos xa están cubertos, as persoas que queiran participar no vídeo poden facelo enviando as súas fotos coas frases “Galicia Caníbal” e “Fai un sol de carallo” a comunicacion@osresentidos.com antes do 15 de abril.

Disco homenaxe

Waner ultima, ademais, para as mesmas datas, a publicación dun disco homenaxe a Os Resentidos, unha banda que marcou unha época, logrou celebridade fóra de Galicia e influíu de maneira determinante nas xeracións vindeiras do rock galego. “Daquela eramos o único grupo que facía rock en galego e agora hai 80 ou 100 grupos que non teñen o eco que deberan ter”, recorda Reixa. Moitos deses grupos actuais estarán presentes no tributo, que tamén levará o nome de “A Tribo toda baila”: Metralletas Lecheras, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homens Sen Medo, Safari Orquesta, Miki Nervio & the Bluesmakers, DasKapital, Emilio José, O Sonoro Maxin, Novedades Carminha + Antigüedades Alvarez, Ruxe-Ruxe, Roberto Sobrado, Orquesta Alma Latina, The Homens, Tony Lomba e Elio dos Santos, Os tres trebóns, Ultraqäns, El Puto Coke, Pulpiño Viascón e Transilvanians.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Folk Rock no Monte Faro
http://www.festivalmontefaro.es/index.php?option=com_content&task=view&id=26&Itemid=42
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 09 )


Este é o cartel da primeira edición do festival folk e rock Monte Faro. Celebraráse entre os días 14 e 15 de Agosto de 2009.

O primeiro día contará coa participación dos grupos de rock: Tonhito de Poi e Rasa Loba, Som do galpóm, Alén, Ibsen, Indana e mailo grupo gañador do certamen Rocktevedra. O día 15, os encargados de amenizala noite serán os grupos de folk: O linho do cuco, Bonobo, Os tres trebóns e Cé orquestra pantasma.

Á entrada ao recinto é gratuita e a apertura de portas será a partires das 20:00h.
- Tonhito de Poi- Som do galpóm- Linho do Cuco- bonovo- Os trés trebóns- Cé orquestra pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vikinsons - Música na Festa Vikinga de Catoira

(texto engadido o día 22/ / 7/ / 09 )



- Noise Project- Som do Galpom- Guezos- Tonhito de Poi e Rasa a Loba- Catoira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Siareir@s Galeg@s polo Galiza-Irám
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1346/62/
(texto engadido o día 24/ / 12/ / 08 )


O Sábado 27 de Decembro, logo do jogo Galiza -Irám, às 23:00hs e
pontual com o remate do jogo, começara o concerto no Frontom de
Riazor (anexo ao próprio estádio e mais concretamente ao fondo
onde se situarám @s Siareir@s Galeg@s) ali actuarám:

Lamatumbá
Skacha
Tonhito de Poi e Rasa Loba
Trapallada

Desde Siareir@s Galeg@s chamam a toda a juventude galega a passar umha
jornada reivindicativa e festiva, participando das diferentes actividades do Sábado
27 em Corunha, assim como no jogo da feminina em Ponte Vedra.

Mais info sobre as actividades de toda a jornada em:
http://siareirasgalegas.org
Desde Siareir@s Galeg@s chamam a toda a juventude galega a passar
umha jornada reivindicativa e festiva, participando das diferentes
actividades do Sábado 27 em Corunha, assim como no jogo da
feminina em Ponte Vedra.

Mais info sobre as actividades de toda a jornada em:
http://siareirasgalegas.org

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PROGRAMACIÓN CULTURAL DO FORO SOCIAL GALEGO
http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=44&Itemid=1
(texto engadido o día 20/ / 11/ / 08 )


O Foro Social Galego terá unha programación cultural consistente
en diferentes actividades, concertos, teatro, etC que se desenvolveran
nos espazos do foro e nalgúns outros lugares de Santiago os días 5, 6
e 7 de decembro.



VENRES 5 DE DECEMBRO

22:00 h. Concerto
Leo Arremecághona & García (Dios ke te Crew)
[Café Teatro Garigolo (Algalia, 1)]

SÁBADO 6 DE DECEMBRO

Durante a mañá e especialmente entre 14:00 h. e 16:00 h.
Charanga OS JALOCHOS + A COMPAÑÍA DO RUÍDO
[Carpa dos Movementos Sociais (Burgo das Nacións)]

18:30 h. a 19:30 h.
CASILDA ALFARO INTERPRETA: "PUDOR". Fragmento da obra de Suso
de Toro ‘Tic-Tac’, posta en escena por Teatro de Ningures
[Entrada da Fac. de Filoloxía]

22:00 h.
Despois da sesión plenaria ‘Perspectivas do altermundialismo’
Concerto acústico de: PelDeNoz
[Auditorio de Galiza (Sala Mozart)]

22:30 h.
Concerto de: ATAQUE ESCAMPE + SACHA NA HORTA
[Gentalha do Pichel (Sta. Clara, 21)]

DOMINGO 7 DE DECEMBRO

16:00 h.
"MANUALIDADES" DE MANU LAGO, de Pista catro
[Carpa dos Movementos Sociais (Burgo das Nacións)]

17:00 h.
Concerto de: TONHITO DE POI + OS CHIQUILICUATRES + TINO BAZ, etc.
[Auditorio de Galiza (Sala Mozart)]

Ver Programa completo de Actividades

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Máis de 30 bandas na cita de homenaxe a Os Resentidos

* Fechado por Censura



Tonhito de Poi

(Rock )


en Myspace







buscar mais información
sobre Tonhito de Poi en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Tonhito de Poi en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]