Ghastas Pista?

Tiruleque
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

Editar información sobre o grupo

Tiruleque




[1] [2]

Novas que incluen 'Tiruleque':


Música Tradicional nas Festas de San Froilán
http://www.sanfroilan.info/
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 12 )


4 de Outubro
Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15)

5 de Outubro
Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15)
IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30)

6 de Outubro
X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00)

7 de Outubro
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30
I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00
Brincadeira, Ruote e Malvela na praza de Santa María ás 19:30
- San Froilán- Coanhadeira- Leilía- Saltanocribo- Sondeseu- A Volta do Agro- Tiruleque- Brincadeira- Ruote- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Tiruleque 25/08/2012 Randufe (Tui)
https://www.facebook.com/events/100195210131018/
(texto engadido o día 19/ / 8/ / 12 )


Ven bailar unha peza o Adro da Guía xa que temos FESTA ASEGURADA.

Teremos PINCHOS A PRECIOS POPULARES e o espectáculo, diversión e, sobre todo, A GRAN TROULA correrá a cargo do grupo TIRULEQUE de A Coruña.

¡¡¡¡ AGARDÁMOSTE !!!!

GRUPO TIRULEQUE







Noticia enviada por acdxuntanza

- tiruleque- randufe- tui -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Terra Brava no Incio

(texto engadido o día 8/ / 8/ / 12 )


19 de Agosto de 2012
- Tiruleque
- Quempallou
- Labregos no Tempo dos Sputniks
- Terra Brava- Tiruleque- Quempallou- Labregos no Tempo dos Sputniks -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festa Celta Lugnasad en Bretoña (Lugo)

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 12 )


O SERÁN: Pasarúas de gaiteiros da comarca e Taller de elaboración de traxes celtas para nenos.

Ó SOLPOR: Actuación dos grupos EULIÁN, TIRULEQUE E SACHA NA HORTA

Á HORA MEIGA 00.00h CELEBRACIÓN DAS VODAS CELTAS
- Lugnasad- Tiruleque- Sacha na Horta -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV edición do Mercado Medieval de Alfoz o 20 e o 21 de Xullo
http://www.cronica3.com/2012/07/alfoz-celebra-o-xiv-mercado-medieval-con-moita-actividade-moita-vida-moita-escenificacion-e-moita-recreacion/
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 12 )


Este ano como novidades está en que iniciamos a actividade o venres, con un acto que denominamos ” Un intre para facer pola vida “, que en realidade é unha chourizada en toda regra. Tódolos actos desta tarde-noite son fabricación caseira. A verdade é que o venres é todo un experimento pero estamos moi ilusionados.

E o sábado pois como veredes apostamos pola continuidade, arrancando con paso firme coa ruta de sendeirismo ( contamos a dia de hoxe con mais de 150 camiñantes) e rematando co concerto de Tiruleque, posterior á cea medieval, á escenificación”¦. inicio e final de un dia como nós definimos apto para tódolos públicos e para tódalas emocións e sensacións. Un programa moi completo baseado na variedade e moi recomendable para degustar todo dia. Moita actividade, moita vida, moita escenificación, moita recreación, moita posta en escea. E detrás de todo esto moití­sima man de obra caseira.

Ese é o gran patrimonio deste evento. As persoas. No cartel vedes logotipos de empresas, de institucións. Pero sobre todo hai persoas. Moitas e cada vez mais. Das que xa non quedan. As que fan realidade os soños.
- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Donramiro (Lalín)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


(Resumo da Programación)

Sábado día 10
-Xantares de Carballeira (A comisión porá mesas na carballeira)
-Gaiteiros " Os trasnos"
-Linho do Cuco
-Tiruleque
-Bongar (Olinda - Brasil, música pernambucana)

Domingo día 11

11:30h Pasarruas cos gaiteiros " Bico da balouta"

17:30 Tarde de nenas e nenos
-O Galo Quirico ( Seisdedos títeres)
-Xogos tradicionais (Luchi)
-Obradoiros
-Atraccións

18:00 Pasarruas de gaiteiros
Obradoiro de percusión: música pernambucana (Bongar) e pandereteiras. Que vira seguido á noite por un pasarrúas.

22:00 Xantares de Carballeira


Luns día 12

14h Concerto da Banda de Vilatuxe
Pasarruas coa "A magnifique Bande"
22h "A magnifique Bande"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival do Castro
http://www.festivaldocastro.com/
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 11 )


Festival do Castro sábado 20 de agosto, en Ferreira de Pantón (Lugo). coa participación dos grupos galegos: Lamatumbá, Guezos, Tiruleque, Skarallaos o Os Perqtores
- Lamatumbá- Guezos- Tiruleque- Skarallaos- Festival do Castro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque clausurará a VII Semana Musical de Salceda de Caselas
http://www.cursodesalceda.es/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 11 )



- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presenza galega no 41 Festival Interceltique de Lorient
http://www.festival-interceltique.com/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 11 )


O Fiadeiro, a Banda de Gaitas Estivada e a Banda de musica de Calo participarán os días 7, 9, 10 e 11 de Agosto nas Noites Celtas celebradas no Estadio Moustoir, compartindo escenario con bandas de gaitas e outros grupos dos paises celtas. E participarán tamén en mostras de danzas e músicas.

Carlos Núñez actuara o xoves 11 no Escenario Principal, como convidado dos Chieftains. E a súa película documental, "Brasil Somos nós", será proxectada ao día seguinte, 12 de Agosto.

Tamén no Escenario Prncipal actuarán Luz Casal (Martes 9) e Ialma (Mércores 10)

Pablo Seoane impartirá nun Máster Class de Gaita o Martes 9 no Pazo de Congresos, tendo unha actuación o día anterior, nas tardes folk do mesmo.

Tamén nas "tardes folk" do Pazo de Congresos participarán, o xoves 11, Tiruleque , que tamén actuarán na noite do día seguinte, 12, no Quai de la Bretagne, xunto a Skolvan, e Landat Moisson Quartet.

Ademáis Turgalicia terá novamente un posto no que participarán Ophiusa(do 5 ao 9 de Agosto), e Cantata Vernácula (do 10 ao 14 de Agosto). E Suso Oscariz, Finalista do Trofeo McCrimmon da pasada edición do Festival, que contara con Stand propio.
- O Fiadeiro- Carlos Núñez- Pablo Seoane- Tiruleque- Ophiusa- Cantata Vernácula- Lorient -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folk de raí­z en Callobre

(texto engadido o día 14/ / 7/ / 11 )


A partires das 20h no campo de futbol. zona de acampada gratuita, aparcamento, servizo de polbeiro, postos de artesanía…

Xoves 14 de xullo
Xuntanza dos Regatos
Esquíos
Os ke hai
Trioliro

Venres 15 de xullo
Tiruleque
Regato de Matamulleres
Pandereteiras Son da Fervenza
Zurrumalla
O Arco
- Callobre- Esquios- Trioliro- Tiruleque- Zurrumalla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa das Festas do Barrio de San Pedro :: Compostela
http://fbsp.info/index.php?option=com_content&task=view&id=5&Itemid=6#
(texto engadido o día 29/ / 6/ / 11 )


29, 30 de XUÑO e 1,2 e 3 de Xullo de 2011

MÉRCORES 29

19.00h CORAL. Museo do Pobo.

Coral "A Xuntanza"

22.00h CIRCO/DANZA/TEATRO. Praza da Angustia.

"Encontros" de Lusco Fusco

23.00h CONTACONTOS DE MEDO. Praza da Angustia.

Paula Carballeira

                                         

XOVES 30


21.00h. TEATRO. Centro Don Bosco.
Grupo de Teatro A Xuntanza
22.30h. FOLIADA. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
Vilarachos
Tanto Nos Ten
Tiruleque
 

VENRES 1

19.00h. PASARRÚAS E CABEZUD@S.

19.30h. TÍTERES. Praciña de San Pedro.

Carlos Luna: Rocambola Títeres "Historias de Rocambola"

20.30h. CIRCO DE RÚA. Na praciña de San Pedro.

Peter Punk e o neno imperdible

22:00 NOITE DO LASTRO. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).

Banda Crebinsky

Dandy Fever

Fluzo 

SÁBADO 2

11.00h. FEIRA. Rúa de San Pedro.
12.00h. ENCONTRO DE CABEZUD@S E PASARÚAS.

@s da Gentalha do Píchel

@s do Barrio de San Pedro

Zampón o lambón

Música de: "Treboeiros de Muimenta"

12.30h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.

Pedro

13.00h. OBRADOIRO DE COSTURA DIVERTIDA. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).

O Traxe Tradicional

13.30h. PASARRÚAS.

 Treboeiros de Muimenta

14.00h SESIÓN VERMOUTH. No Cruceiro de San Pedro.

Orquesta Marimba.

17.00h. CONTACONTOS EN LÍNGUA DE SIGNOS. Na Praciña de San Pedro.

17.30h. OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).

18.00h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.

Assircopatas

18.30h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Praza 8 de Marzo (Pta Caminño)

 Grupo de Música e Baile Tradicional de Brincadeira

19.00h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.

Dj Capuzzi y La Señorita X

20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA 

20.00h. PASARRÚAS.

 A Magnifique Band dos Homes sen Medo

21.00h. CONCERTO. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).

 A Magnifique Band dos Homes sen Medo

22.30h. VERBENA. No Cruceiro de San Pedro.

Orquesta Marimba. 

DOMINGO 3


11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Píchel

Gaiteiros da Xuntanza 

12.00h. CONCERTO. Na Praza da Angustia.

A Banda de Lousame

12.00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño)

A Rebelión da Décima Musa IV

Ana Romaní, Antía Otero, María Rosendo, Lucía Aldao, Alicia Fernández, Dores Tembrás e as Pandereteiras Bouba.

12.00h. CATA DE VIÑOS. No Parque de Belvís. (Preinscripción).

13.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Cruceiro de San Pedro - Pza. 8 Marzo - Parque de Belvís

Grupo de Baile A Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. Parque de Belvís.

Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco

- Vilarachos- Tanto Nos Ten- Tiruleque- Treboeiros- Brincadeira- Estalotes- Barrio de San Pedro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festifolk no Parque Municipal San Xoan de Piñeiro de Mugardos

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 11 )


Feroces da Galgueira, Chiculate, Ce Orquestra Pantasma, Boj, Tiruleque, Muxarega, Estimaba que Viñeras

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actividades musicais no Achegarte 2011
http://acorunacultura.org/
(texto engadido o día 1/ / 4/ / 11 )


Sábado 2:
* 12:00 h. Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro.
* 13:00 h. Marta Quintana, arpista.
* 14:00 h. Coral Follas Novas.
* 16:30 h. Manu Clavijo
* 17:00 h. Xacarandaina.
* 17:30 h. Xoán Curiel
* 18:00 h. Habelas.
* 18:30 h. Luar na Lubre.
* 19:00 h. Fuco Xabier.
* 19:30 h. Pradairo: "Pateado".
* 20:30 h. Noitarega: "Vinteún".
* 21:00 h. Silvia Penide.
* 21:30 h. Tiruleque.


Domingo 3:
* 11:30 h. Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac".
* 11:30 h. PelDeNoz.
* 12:00 h. Bellón Maceiras (no stand de Abada).
* 12:30 h. A nena e o grilo.
* 13:00 h. Pesdelán: "Na punta do pé".
* 13:30 h. Saltanocribo.
* 14:00 h. Luvas Verdes.
* 16:30 h. Os da Troula e Cignus.
* 17:30 h. Guillerme Fernández e Xabier Díaz: "Arrolos de Salitre".
* 17:30 h. Combo Dinamo.
* 18:00 h. Tonecho Castelos e Pablo Esqueira.
* 18:30 h. Ulträqäns.
* 19:00 h. Maghúa.
* 19:30 h. Tres Azoteas.
* 20:00 h. Doa
* 20:30 h. Duplo Son.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque
http://www.ghastaspista.com/tiruleque.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
Cando deron o seu primeiro concerto non tiñan nome mais, dun xeito inconsciente, aquel día producíuse a xestación dun proxecto que os levou a percorrer un longo camiño. Pasaron sete anos daquela. Durante este tempo foron evoluíndo dende un repertorio totalmente tradicional até acadar un son propio que agora frorece en forma de álbum. O Cebreiro, Bretoña. Castro d´Ouro, O Viso, Pardiñas, Vigo, Burela, Couso, Ortigueira e, coma non, A Coruña son algúns dos lugares do noso país polos que Tiruleque levou a súa música.

Tiruleque é un grupo que, como tal, creeu nutríndose das actuacións en vivo. A súa alma é festeira e, polo tanto, é nos seus concertos onde desprenden toda a súa maxia. Consecuentemente, este álbum que tes nas túas mans é un traballo de estudio, mais coa esencia do directo, na procura de transmitir a verdadeira natureza da súa música.

Seica haberá quen os acuse de se afastar da tradición; mais so aqueles que ignoran que a tradición foi vangarda. Partindo da instrumentación con sons tradicionais (cómpre lembrar que os seis integrantes do grupo son gaiteiros), Tiruleque abríuse a outras músicas e ritmos que enriqueceron o seu repertorio. Neste traballo atoparás composicións de seu e pezas tradicionais arranxadas ao seu xeito, nas que os verás viaxar dende as muiñeiras, xotas, pasodobres ou rumbas do noso país até o klezmer, a bossa nova ou mesmo o ská.

I é que os Tiruleques, como boas personaxes teatrais, non so teñen unha cara, senón que poden mudala ao seu antollo. Así que ista é unha obra poliédrica para disfrutar na casa, no coche, na tasca... dende o mencer até o luar. Déixate engaiolar. Tirulequízate!


Bruno Sanxurxo.

- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI FESTA FOLC DE VILARIÑO 2010 - CANGAS DO MORRAZO
http://www.vilarinho.info/
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )



- Tiruleque- Ultraqäns- Os Tres Trebons- Vilariño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXII Esmorga Folk

(texto engadido o día 4/ / 8/ / 10 )


XXII ESMORGA FOLK

A Bandeira. Venres 20 de agosto ás 23h.

- TIRULEQUE
- BELLÓN MACEIRAS QUINTETO
- QUEMPALLOU
- FRACASADOS DE ANTEMANO
- Esmorga Folk- Bandeira- Bellón- Maceiras- Quempallou- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival AntrosPinos 2010 en Taragoña (Rianxo)

(texto engadido o día 30/ / 7/ / 10 )


Venres 30 de Xullo.
A Compañí­a do Ruido
Tiruleque
Falperrys
Estimaba que viñeras

Sábado 31 de Xullo.
Funky Style Brass
Festicultores Troupe
Cuchufellos
A Banda da Balbina

A acampada é libre, non podes faltar!!!
- Antrospinos- Compañía do Ruido- Tiruleque- Festicultores- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Coruña Cultura » Ciclo Son de noite no mes de xullo
http://acorunacultura.org/2010/07/05/ciclo-son-de-noite-no-mes-de-xullo/
(texto engadido o día 6/ / 7/ / 10 )


Durante o mes de xullo desenvolverase SON DE NOITE, ciclo de concertos en lugares singulares da cidade para gozar da música.
PROGRAMA DE SON DE NOITE
Venres 9
21:00
Escalinata da Domus
TIRULEQUE
Mércores 14
21:00
Xardí­ns Méndez Núñez (Diante do Kiosco)
OMAR SOULEYMAN
Venres 23
22:30
Castelo de San Antón
MANECAS COSTA”“FRAN Pí‰REZ, NARF: “Aló irmao”
Venres 30
22:30
Castelo de San Antón
EMILIO RíšA (Cantautor)

- tiruleque- emilio rua- narf- manecas costa- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CONCERTO SOLIDARIO VIRAVENTOS
www.frouma.com
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )


O vindeiro mércores 30 de setembro ás 20:30 h terá lugar o Concerto Solidario Viraventos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Organizado pola ONG Viraventos e coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña pretende recadar fondos para o mantemento da asociación e para as xornadas de sensibilización que estan organizando para o próximo mes de outubro.

O concerto, que estará presentado por Xurxo Souto, terá como cartel aos grupos de música galega Cantigas de Terra, Chámalle Xis, Ruote e Tiruleque, así como Galu Teranga, banda senegalesa formada por usuarios de Viraventos.

As entradas do concerto están dispoñibles á venda no quiosco da praza de Ourense e na web de Caixanova (www.caixanova.com) ou a través do seu número de teléfono 902 504 500. O custo da entrada é de 10 €.

NON FALTES, PRECISAMOS A TÚA COLABORACIÓN!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO DISCO DE TIRULEQUE
www.tiruleque.com/
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 09 )


PRESENTACIÓN DO DISCO DE TIRULEQUE

O vindeiro venres 4 de setembro ás 22:30 h o grupo Tiruleque presentará no Club del Mar da Coruña o seu primeiro traballo discográfico. A entrada será de balde.

Será un concerto especial, polo que haberá algunha sorpresiña preparada para tod@s @s asistentes ó evento...Non dicimos máis...!!! Na web do grupo xa podedes ollar un contador de días, horas, minutos e segundos porque a gran cita xa está aí...lumeeeeeeeeeeeeeeeee...!!!

O Club del Mar está xunto á praia de San Amaro e moi perto do barrio de ADORMIDERAS, perto do paseo marítimo da zona da Torre de Hércules.

Se queredes pasalo ben, NON FALTEDES!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* XIII edición da Festa da Marosa

* Festa da Marosa

* Burela achega á Mariña a Festa da Marosa

* aCentral folque » Festa da Reconquista



Tiruleque



Web oficial

en Myspace

web en youtube

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Tiruleque:
Tiruleque





buscar mais información
sobre Tiruleque en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Tiruleque en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]