Ghastas Pista?

Tanto Nos Ten
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4]

Novas que incluen 'Tanto Nos Ten':


XX Festival Folk de Raíz de Callobre (A Estrada)

(texto engadido o día 15/ / 6/ / 19 )


Xoves 11 e venres 12 de xullo


Edición homenaxe a Manuel García Barros

Xoves 11
OS SIN SON
REGATOS
TANTO NOS TEN

Venres 12
XIRANDOLA
TREIXADURA
SES
PAN DE CAPAZO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Edicion do Castelo folk (Pontedeume)

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 19 )


Sábado 1 de xuño no Castelo dos Andrade (Nogueirosa)

11:00-Apertura do evento
14:00-Xantar campreste
16:30-Obradoirosartesans para nenos,xogos tradicionais,música.
17:30-Actuacions:Cé Orquesta Pantasma, Banda de gaitas de San Pantaleon
20:30-Presentacion e Comenzo do Festival:
- FAISCAS DA PONTRAGA
-TNT (TANTO NOS TEN)
-PAN DE CAPAZO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Música tradicional Re-Vista (Xornadas do CVC de Valladares. Vigo)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


10, 17, 19 e 24 de marzo, ás 19h no Auditorio do CVC de Valladares

Día 10
TANXEDORAS
OS TERRIBLES DE DONAS

Día 17
Anxo Pintos e Begoña Riobó
CANS DE PALLEIRO

Día 19
GONZALO CARIDE Banda
COMANDO CURUXÁS

Día 24
Melró
TANTO NOS TEN

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Grelo Folc 2018

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 18 )


Sábado, 20 de outubro no Mosteiro de Monfero


A partir das 14.00h
Sesión vermú cos Folclóricos de Monfero
Xantar (15euroS) apuntarse no 696 166 277 ou oabordelo@gmail.com

A NABICIÑA. FESTIVAL INFANTIL
A partir das 16.30h Xogos Tradicionais
Ás 18.30h. CÉ ORQUESTRA PANTASMA co espectáculo 'A xogar, cantar e bailar'
A partir das 19.30 merenda gratis para todas as nenas e nenos!

A partir das 21.00h actuación de:
-CÉ ORQUESTRA PANTASMA
-TNT (Tanto nos Ten)
-LÉVEDO (Un proxecto das Bouba e a Máquina de Mallar)
-FARRAPOS DE GAITA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Cita coa Historia en As Pontes

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 18 )


Sábado día 15 de setembro ás 22.30h no Casco Vello

Ulträqäns
Pelepau
Tanto Nos Ten (TNT)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Folk no Alobre (Vilagarcía de Arousa)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Domingo 26 de agosto no Parque do Castriño, organizado por Asoc. Pésdebarro e Concello de Vilagarcía de Arousa.

Participan: Xose Lois D. Lucio, Cé orquestra pantasma, Rocio Garcia, Tres Pesos, Ardentia e Tanto Nos Ten (TNT)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Queiroa na rúa (Sada)
http://www.facebook.com/1922205857799856
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 18 )


Agora si que si! Non queda nada! Mañá durante todo o día poderedes desfrutar con nós nas rúas de Sada! E desde a mañá teredes xa dispoñibles as papeletas para os sorteos da noite! Grazas a Bandua - Cervexa Artesanal , Cerveza Artabria , Silvereira , Obradoiro de Gaitas Seivane , Obradoiro Seoane , Maghúa cantareiros , Tiruleque , Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva e Bulideira pola súa colaboración!!! E non esquezades... a partir das 12:00 andaremos polas rúas de Sada, ás 13:30 concerto vermú con Voodoo , ás 18:00 obradoiros cos máis pequenos da casa, e a partir das 20:00 festival folcórico xunto a Saiñas Xove ! Deseguido concerto de Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva e despois, foliada libre!!!!! Vide desfrutar con nós! Coa colaboración de Deleite , Concello de Sada e Cultura de Sada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Foliada de Bama (Touro)
https://www.facebook.com/events/1605013142901830/
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


O vindeiro 12 de Maio celebramos a II Foliada de Bama, no concello de Touro.
A partir das 19h, Obradoiro de Baile Tradicional (de balde). A partir das 20h Foliada cos grupos A Pinguela de Bama, Pandereteiras da Baña, Sarillo de Aiazo, Esvola Oct Ultreia, O Ghusto do Boi, Pandereteiras da A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras, Enxebres de Cacheiras, Faiscas da Pontraga, Aldomir e fin de festa co concerto de Tanto Nos Ten. E despois.....foliada aberta.
Haberá carpa, cantina con prezos populares, bocadillos, sorteos e moita moita festa.

Animádevos a vir pasalo ben a II Foliada de Bama.

Organiza: A.C. A Pinguela de Bama

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Proxima repichoca en A Esghalla (Vila de Cruces

(texto engadido o día 16/ / 2/ / 18 )


Sábado 17 de febreiro ás 21:30h
A Esghalla.
VILA DE CRUCES.


Contaremos cos grupos: Tanto nos ten e Vide preto
Esperamosvos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Expansivo por un Monte Vivo
https://cexmv.wordpress.com
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 17 )


O Concerto Expansivo por un Monte Vivo celébrase simultáneamente o sábado 4 de novembro en:

OURENSE. 21h
El Pueblo Café Cultural: Ménage à trois grupo, Blues do País, Thetetasvan Van e O Sonoro Maxín.

COMPOSTELA
21h A Gramola Café: Regueifesta e Banda da Gramola
20h Gentalha Do Pichel: Gergelyes, Paula Carballeira e Foliada Popular

FERROL 22h
Fundaçom Artábria: Rottentown e Iron Hunter.

MOS 18h
CSCD As Pedriñas: Asacocirco Compañia, A Vacaloura Vermella e Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva

VILAR DE SANTOS 18h
A Arca da Noe: A Banda dos Cueiros

MANZANEDA 21h
Festival A Rebusca: Maskarpone OU, Cé orquestra pantasma e Leo Arremecághona

VILA DE CRUCES 21.30h
A Esghalla: Charabiscas e Musicantes

Solidariedade: O diñeiro recadado no Concerto Expansivo destínase integramente a proxectos pedagóxicos e de recuperación medioambiental dos colectivos: Asociación Ecoloxista Adega, Amigos da Terra , Amigos das Arbores da Limia e Amigas das árbores · Ourense


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto-Folk 4 de novembro en Tameiga (Mos)

(texto engadido o día 2/ / 11/ / 17 )


Sábado 4 de novembro ás 18:00h
CSCD As Pedriñas.
Avda. do rebullón 23.
Tameiga.


Este ano o magosto do gosto será nas Pedriñas. Circo familiar ás 18:00 con Asacocirco, Regueifas có viño e as castañas para rematar á noite cós grandes de Tanto Nos Ten e Vacaloura Vermella.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Lumeirada no Río Deva (Pontedeva)

(texto engadido o día 15/ / 9/ / 17 )


Sábado 16 de Setembro


Rebulir
Xestreu
Tanto Nos Ten (TNT)

Organiza: Asociación Cultural Xirondiña De Pontedeva

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Edición Laroucofest (Baltar. Ourense)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 17 )


Sábado 29 de xullo
III Edición Laroucofest 2017. Concertos, parapente, artesanía, xogos, camping, río, rutas sendeirismo...

Pola tarde actuacións de Xeitosiñas, Banda de Gaitas de Baltar, Cé Orquestra Pantasma...

E á noite:
Tanto Nos Ten-Música tradicional furtiva
Os da Porfía
The Tetas’ Van
Sacha na Horta


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tanto Nos Ten en Vilar de Santos (Ourense)

(texto engadido o día 10/ / 2/ / 17 )


Venres 10 de febreiro ás 22:00h
A Arca da Noe.
Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.
Ourense.


10 de fevereiro, às 22h, aterram na Arca, Tanto nos Ten (TNT). Música Tradicional Furtiva.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Magosto Furtivo do Viso, Redondela

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro
O Viso, Redondela,

7ª edición do xa tradicional Magosto Furtivo, un evento músico-tradicional organizado pola Sociedade Cultural do Viso, Tanto Nos Ten e o Colectivo Lúa Meiga, fará unha vez máis honra do magosto como evento festivo por excelencia do outono galego.

Os Polisóns da Teixeira serán os encargados da sesión vermouth a iso das 13h, para continuar cun xantar popular e xa pola tarde, con xogos populares e moita boa musica tradicional e diversión da man de Follas Verdes, Anaquiños, Aluarado, Gaiteiros da Chan das Pipas, Peter Punk (paiaso), Volta e Dálle e o grupo Tanto Nos Ten.

Contarase coa tradicional mostra de elaboración de augardente e moitas castañas para os asistentes.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Folk de Raíz en Callobre (A Estrada)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Venres 8 de xullo

FOLK DE RAIZ DARA COMEZO AS 22:30 HORAS, OS ENCARGADOS DE ABRIR O FESTIVAL SERAN OS AMIGOS DA PONTE VELLA
AS 23:30 COMEZARAN OS CONCERTOS NO ESCEARIO, NA SEGUINTE ORDEN DE ACTUACIÓN:
*REGATOS
*KEPA JUNKERA
*TANTO NOS TEN
OS CAMBIOS DE ESCEARIO SERAN AMENIZADOS POLO GRAN
CE ORQUESTRA PANTASMA.
AS ACTUACIÓNS REMATARAN A ESO DAS 4:00 HORAS, A PARTIR DE ESE MOMENTO A FESTA SEGUIRA CON ACTUACIÓNS IMPROVISADAS.
NON DEIXES O TEU INSTRUMENTO NA CASA.
VEMONOS NO TORREIRO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ultimo Baile Assalto no Pichel (Compostela) - Especial Acordeón

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Venres 13 de maio

Rematan os Bailes Assalto da tempada 2015/16 cun especial sobre acordeón diatónico. O vindeiro venres 13 de maio dentro da festa do 17 que se celebra o 14 que organiza a Gentalha do Pichel. Aproveitando a data presentaremos o libro “Método de acordeón diatónico” escrito por Pedro Branco e editado por Através a partir das 20 h na Gentalha do Pichel. A seguir o Baile Assalto con Pedro Branco e para rematar un palco aberto a todas as acordeonistas do país que queiran partillar as súas músicas.

Para a presentación do libro, primeiro método escrito na Galiza, contaremos coa presenza do autor, Pedor Branco, o representante da editora José Ramom Pichel e o autor do prólogo Ramom Pinheiro.

Programa:

20 h – Presentación do libro “Método de acordeón diatónico”
22 h – Baile Assalto con Pedro Branco
23.30 h – Palco Aberto para acordeonistas
A entrada ao Baile é de 5 € (4 € para soci@s da Gentalha e alunado da EMPA). A entrada é de balde para os músicos do palco aberto.

Pedro Branco é un dos músicos pioneiros na recuperación do diatónico na Galiza. Mestre na zona de Vigo , deu diversas asociacións e na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional na Universidade Popular de Vigo. Tomou cursos de acordeón con músicos sinalados coma Kepa Junquera, Loïc Troel, Xuan Nel Espósito, Joseba Tapia… enfocándose na música tradicional galega, minhota, bretoa irlandesa e occitana. Introduciu o acordeón diatónico no grupo de divulgación folclórica GAitas de Xistra e nos grupos Foucellas, Gaiteiros Fozóns, Tanto nos Ten ou Projecto GZ e fundou os grupos Xans e Contradança.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada dos venres en Couso

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


O próximo Venres 29 de abril acompañarannos en Couso uns artistazas, que saben facer moi boa música para o baile e para pasalo moi moi ben!
- Vai de Roda (Rianxo)
- Pandereteiras de Tahume (Ribeira)
- Tanto Nos Ten (Redondela)
Empezaremos sobre as 22:30 da noite (Máis ou menos, non somos moi puntuais) e remataremos seghuramente a altas horas da madrughada! Despois de que os ghrupos convidados rematen o Torreiro/escenario quedará libre para tocar quen queira!
Ven con ganas de pasalo ben, con ganas de brincar e bailar, de beber e de disfrutar! Para a xente que non lle vai tanto a juerga, e desexe estar mais en repouso, cabe destacar que nesta foliada estrearemos unha zona de repouso, moi boa para tomar uns gintonics en repouso!
Recordade que se chove para non é ningún problema, xa que temos un local climatizado polo lume da lareira e a recén arreghlada Estufa Catalítica!
Vémonos en Couso!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Sementeira do Millo de Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Sábado 23 de abril


Un ano máis o Colectivo Malaherba organiza e celebra a Festa da Sementeira do Millo de Matamá os días 23 e 24 de abril.

O sabado 23 comezaremos ás 16:00 coas xa famosas e celebres OLIMPIADAS DO CAMPO (Anótate e participa) que estaran amenizadas polo grupo de batucada BATE NO COBRE.
Ás 19:00 teremos unha CHARLA/COLOQUIO: Petroglifo de Redondelos, Presente e Futuro, onde intervirán Xulio Fdez. Pintos, Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo.
Ás 22:00 teremos un monólogo a cargo de Adrián Alvarellos no que nós fartaremos de rir.
Para finalizar o día mais non a festa actuaran a partir das 23:00 o grupo de música tradicional TANTO NOS TEN e o grupo agropunk OS VACALOURAS

O domingo 24 ás 10:30 sairán os CARROS DE BOIS dende o Centro Cultural de Matamá ata o muiño da Regueira (Asistide vestidos de labreg@s),
ás 11:00 realizaremos a LABRANZA e FEIRA TRADICIONAL.
Ás 12:00 tocaran o GRUPO DE GAITAS, CANTAREIRAS E CANTAREIRIÑ@S da Sociedade Atlantida de Matama.
Ás 14:00 teremos o XANTAR POPULAR que este ano será LACÓN+PAN+VIÑO/AUGA+CAFÉ+POSTRE por 10 euros (para RESERVAR chama o 634561319 ou enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com).
O rematar o xantar tocarán o grupo FOL-K de COIRO da S.C. Helios de Bembrive.
Xa para rematar esta gram festa ás 18:00 farase a SEMENTEIRA DO MILLO.
Aparte de todo isto teremos MUIÑADAS, PULPEIRO, POSTOS DE ARTESANIA, GRANXA RURAL, PRODUCTOS ECOLÓXICOS...
TEREMOS CARPA POR SE CHOVE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festifolc Atlántida
http://novasofiadeiro.blogspot.com/2015/11/actuacion-de-pandereteiros-o-fiadeiro.html
(texto engadido o día 4/ / 12/ / 15 )


Auditorio da SCD Atlántida de Matamá
Entrada de balde ata completar aforamento

Venres 5 de decembro
Os Cuncheiros
Pandereteiros de O Fiadeiro
Cantares Do Brión

Sábado 6 de decembro
Escola de gaitas SCD Atlantida
Tarxa
Tanto Nos Ten

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4]


En 'Novas Relacionadas'



* Xornal de Galicia

* Xolda á luz da lúa no Val Sobral

* AGG SÚMASE Á MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL CULTURAL DE OURENSE, DO 8 AO 11 DE NOVEMBRO



Tanto nos ten



Web oficial







buscar mais información
sobre Tanto Nos Ten en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Tanto Nos Ten en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]