Resultados para:

Talabarte
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Talabarte':


Andoa Trio Folk na Cova Céltica (A Coruña)

(texto engadido o día 29/ / 4/ / 19 )


Venres 3 de maio ás 22:30h



ANDOA Trí­o Folk; é unha fantástica banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa, galega...
Os componentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así­ como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etce.
Teñen compartido escenario con Xabier Dí­az, Talabarte, Gí¼intervan, Backwest (Irlanda) ou Harmonica Creams (Xapón) entre outros como banda, e a nivel persoal teñen participado en festivais da talla do "Festival Intercéltico de Lorient", ou no "Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Noia

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


Talabarte & Dominique Molard
Sábado 20 de abril ás 21:00h na Igrexa Sta María Nova

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte e Dominique Molard en Vigo

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Venres 15 de marzo ás 21:00h no Auditorio Municipal De Vigo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Músicas Mesturadas en Lugo
http://lugo.gal/gl/novas/o-concello-propon-coa-segunda-edicion-de-musicas-mesturadas-10-citas-singulares-nun-escenario
(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, no patio do Vello Cárcere, a segunda edición dunha proposta cultural que o pasado ano colleitou moito éxito: o ciclo Músicas Mesturadas. Trátase de 10 actuacións de música de fusión singulares que terán lugar neste centro cultural dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Carmen Basadre fixo énfase na programación deste ano, que contempla 6 citas máis que na pasada edición; e que, de novo, pretende que a veciñanza de Lugo coñeza música menos comercial nun escenario único como é o Vello Cárcere.

Músicas Mesturadas arricará este sábado, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas, co concerto de Zmeitrei, o único do grupo programado en España este ano dentro da súa xira. Esta agrupación formada por inmigrantes romaneses ofrecerá unha actuación de música fermosa e sinceira que surxe das duras realidades e loitas dun goberno poscomunista. A voz do grupo, Paula Turcas é unha cantante de ópera soprano que renunciou á música clásica en busca dunha arte máis verdadeira basada nas loitas da vida cotiá. O líder da banda é o guitarrista Mihai Victor Iliescu, quen creou o concepto e estilo de Rough Romanian Soul. O seu son faise aínda máis único co virtuoso do vibráfono, Oli Bott.

Neste mesmo mes, concretamente o día 26, tamén ás 20:30 horas, actuará Talabarte, un trío que ofrece uns concertos de risco, improvisación e contundencia. Este grupo,, composto por Quim Farinha ao violín, Kin García no contrabaixo e Pedro Pascual no acordeón diatónico, non deixará a ninguén indiferente coa súa concepción musical que funde concepcos diversos: acústico, de raíz, atemporal ou aventura.

En febreiro será a quenda de Mozart Heroes, o día 8 dende as 20:30 horas, que deleitarán ao público cun chelo e dúas guitarras, ofrecendo música clásica, rock ou música de grandes películas nunha actuación con exceso de adrenalina.

Neste mesmo mes, tamén actuará, o día 17, Tango Maestro & Quinteto Nuestro Tiempo. Desta volta a actuación será dende as 18:30 horas. Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano, Marcelo González no violón, Guillermo Bazzola na guiatarra e o contrabaixista Romain Lecuyer ofrecerán o mellor do tango contemporáneo.

O cantautor ourensán Emilio Rúa será o encargado da primeira actuación de Músicas Mesturadas do mes de marzo, o día 10, ás 18:00 horas. Estará acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa Cedrón, La Shica e Rebeca Jiménez.

Celina da Piedade, acordeonista, cantora e compositora, con tres álbums en solitario, tamén ofrecerá unha actuación no Vello Cárcere en marzo, o día 16, a partir das 21:00 horas.

O 13 abril, o Vello Cárcere servirá de escenario para a luguesa Alba Messa, que se entregou en corpo e alma á arte dende os 6 anos, contando a día de hoxe cunha extensísima formación a nivel actoral, como na danza e musical. Será a partir das 21:30 horas cando achegue o seu primeiro disco, Valiente, aos seus veciños e veciñas.

O son da guitarra española clásica a mans de José Manuel Dapena e o das cordas do Cuarteto Alicerce, formado por Jorge Montes no violin, Roberto Santamarina no violin, María José Pámpano na viola e Carlos García Amigo no cello, vibrarán no Vello Cárcere o 27 de abril, ás 20:30 horas cos quintetos para guitarra de Haydn e Boccherini. Xa no mes de maio, o día 4, Forró Mior & Jabú Morales cautivarán, dende as 20:30 horas, ás persoas asistentes con música arraigada nos ritmos populares brasileiros. O sábado 1 de xuño ás 20.30 h pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, con 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, xunto ao Trío Zarabal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Lugo

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 18 )


Xoves 30 de agosto na praza do Campo Castelo, ás 21:30h. Entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Cambados

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 17 )


Xoves 3 de agosto no Ceminterio de Santa Mariña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Compostela

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 17 )


Venres 7 de abril ás 20:30h no Teatro Principal
Presentación do disco FAKE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Vimianzo

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro ás 21.30 na Casa da Cultura

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación de Outono no Auditorio de Goián (Tomiño. Pontevedra)

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 16 )


Domingo 6 de novembro ás 19h
Talabarte

Domingo 13 de novembro ás 19h
Sergio Tannus (Son Brasiledo)

Sábado 19 de novembro ás 20h
Vaamonde, Lamas & Romero e Agrupación musical de Goián

Domingo 27 de novembro ás 19h
Sonia Lebedinsky (Deserto de Cantos)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Folk Celta en Ponte da Barca (Viana do Castelo. Portugal)
http://folkcelta.pt/
(texto engadido o día 29/ / 7/ / 16 )


Dia 29 de Julho

Palco Terra da Nóbrega:
22h00 – Pet Piper´s Project
23h20 – Susana Seivane
01h10 – Galandum Galundaina

Palco Bricelta
21h30 – Lÿra
22h50 – The Oafs
00h40 – Virandeira Folk



Dia 30 de Julho

Palco Terra da Nóbrega:
22h00 – Talabarte
23h20 – António Zambujo
01h10 – Retimbrar

Palco Bricelta
21h30 – Drusuna
22h50 – Palankalama
00h40 – Triquel

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xaneiro '16 nas Crechas (Compostela): Davide Salvado, Machado, Fred Martins e Nani García

(texto engadido o día 6/ / 1/ / 16 )


Martes 12 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com)

Xoves 14 21h 6€ (RGMV)
DAVIDE SALVADO
Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.Davide xira agora presentando LOBOS, o seu novo disco en solitario, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful) e no que se ve arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro (arranxista de moitos dos temas), Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrrá), entre outros.

Sábado 23 ás 21h 5€ (GPS)
MACHADO SEXTETO
MACHADO e o seu primeiro traballo discográfico propio: ‘Vivencias’, un proxecto de cubanía refrescante, con ritmática cubana de todos os tempos, pero que se enmarcaría en ‘smooth jazz’, un proxecto musical en que está presente o Latin jazz, aires flamencos, sons árabes. Este é o seu momento de madurez persoal, artística e creativa, e é por iso que agora decide liderar un proxecto con temas propios na súa maioría. Unha traxectoria profesional intachable percorrendo escenarios do mundo con multitude de artistas, permítelle incorporar diferentes culturas. A súa personalidade, o seu sorriso permanente, a súa profesionalidade, a súa seriedade, e a sonoridad da trompeta e do fiscornio nas súas mans converteron a este trompetista cubano-madrileño, en imprescindible nos mellores directos ou estudos de gravación.

Martes 26 22h 5€
FRED MARTINS
Gañador do último Premio Visa de Música Brasileira por unanimidade dO xurado e voto popular, o cantante e compositor Fred Martins é autor dun repertorio variado e moi relacionado co a artesanía da canción brasileira contemporánea. Cambinando fluidEz e densidade estética súas composicións diaLogaN coa samba, o nordeste modal de Brasil e elementos de blues e rock. Neste show o artista presenta, en voz e guitarra, cancións marcantes na súa carreira alén de temas clásicos, creando un guión onde a fronteira entre canción e poesía se desfai. As súas músicas xa foron gravadas/cantadas por intérpretes como Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Adriana Calcanhoto, Renato Braz, Maria Rita, MPB4, José Miguel Wisnik, entre outros.

Mércores 27 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 28 21h 7€ (RGMV)
NANI GARCÍA TRÍO
Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos anos 80 conseguiu anovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García vai máis aló dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonda tanto no son das pezas como na execución instrumental.
O repertorio de Nani García Trío é unha mestura de antigos temas, retallos de bandas sonoras e outras composicións de Nani reformuladas en clave de jazz, así como pezas totalmente novas. Todo coa sinatura inconfundible do propio Nani, unha das figuras máis destacadas da música galega e española, como compositor, intérprete, arranxista e produtor de todo tipo de formatos e xéneros contemporáneos e de vangarda.
Ademais do piano de Nani, o trío complétase co contrabaixo de Simón García e a batería de Miguel Cabana, dous mestres nos seus respectivos instrumentos recoñecidos a nivel internacional.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte e Xandobela. Fin de semana en Liñares (Prado - Lalín)

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


30 e 31 de outubro no Museo da Marioneta de Lalín


-Venres 30 ás 20:30 Concerto de Talabarte (Quin Fariña, Pedro Pascual, Kin García). Donativo 5€
Talabarte ofrece este venres 30 un concerto no Mueso da Marioneta de Lalín, no que adiantará temas do seu próximo traballo. O novo disco que prepara o trío formado por Quim Farinha, Kin García e Pedro Pascual será lanzado a comezos de 2016, pero durante a súa xira de verán xa adiantaron algúns temas que se poderán escoitar tamén neste concerto.

-Sábado 31 ás 18:00 Xandobela: "Elemental querido títere" (xogo para nenos a partir de 5 anos)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Davide Salvado - concerto presentación LOBOS en Compostela

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


Martes, 15 de setembro ás 20:30 no Teatro Principal

BANDA: Santi Cribeiro, Carlos Freire, Pablo Dalama e Cibrán Seixo.
CONVIDADOS: TALABARTE (Pedro Pascual, Quim Farinha e Kin García)

Entradas: 8€/10€ á venda na billeteira do Teatro Principal.
Reservas en lunedaproducions@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Monumenta 2015
https://galiciamonumenta.wordpress.com/2015/07/27/programa-2015/
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 15 )


Do 27 de agosto ao 5 de setembro.

MONUMENTA, difusión do patrimonio restaurado, é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor de igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos galegos nos que se realizaron diferentes intervencións para a súa conservación ou restauracións de interese arquitectónico e artí­stico.

PROGRAMA 2015

XACEMENTO ARQUEOLóXICO DE TOURóN
Leilí­a
DATA: xoves 27 de agosto
COMO CHEGAR: Tourón, Ponte Caldelas (Pontevedra). Desde Ponte Caldelas, cómpre tomar a estrada autonómica PO-532, dirección Pontevedra, e seguir a sinalización cara ao centro arqueolóxico.
20.00 MONUMENTA DIVULGA. Visita ao centro de interpretación.
20.30 FALADOIRO MONUMENTA. O comisario de arte contemporánea íngel Cerviño e o artista sonoro Carlos Suárez falarannos da relación entre natureza e arte no século XXI.
21.00 MONUMENTA EN CONCERTO. Leilí­a en concerto nos exteriores do centro de interpretación.
22.00 ANDAR CON ARTE. Entre lusco e fusco, visita guiada polo arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á area arqueolóxica e visionado nocturno dos petróglifos. Ademais, Pablo Martí­nez Alemparte, arqueólogo e especialista en astronomí­a, guiaranos polo firmamento e axudaranos a establecer conexións co xacemento.



O GóTICO MARIñEIRO DE NOIA
Talabarte Trí­o
DATA: sábado 29 de agosto
COMO CHEGAR: Noia (A Coruña). Desde Santiago de Compostela, autoví­a AG-56 e comarcal AC-550.
19.30 MONUMENTA DIVULGA. Acompañados pola arqueóloga municipal Ana Filgueira, visitaremos a igrexa de Santa Marí­a a Nova, o museo de laudas gremiais e o seu cemiterio, para facer voar a imaxinación e evocar tempos pretéritos.
20.30 FALADOIRO MONUMENTA. O xornalista e músico Xurxo Souto realizará unha fermosa “barriografí­a” de Noia en conversa con diferentes veciñas e veciños protagonistas da actualidade cultural e social de Noia.
21.30 MONUMENTA EN CONCERTO. Talabarte Trí­o rematará a xornada cun concerto moi especial na praza do Tapal.


AQUIS QUERQUENNIS
ODAIKO
DATA: domingo 30 de agosto
COMO CHEGAR: Parroquia dos Baños (San Xoán), Os Baños, Bande (Ourense).En pasando Celanova, dirección Bande, continúase cara a Portugal pola OU-540 e, a 7.5 km de Bande, cómpre virar á esquerda e seguir a sinalización do xacemento.
18.00 MONUMENTA DIVULGA. Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae Via Nova.
18.30 ANDAR CON ARTE. Andaina narrada por Santiago Ferrer (arqueólogo) e Manuel Rivero Pérez (antropólogo e sociólogo) ata o campamento militar, con visita ao xacemento arqueolóxico e ás termas.
20:00 MONUMENTA EN CONCERTO
Odaiko en concerto nos exteriores do centro de interpretación da Fundación AquaeQuerquennaeVia Nova.


SANTALLA DE BóVEDA DE MERA
Rodrigo Romaní­
DATA: sábado 5 de setembro
COMO CHEGAR: Parroquia de Santalla de Bóveda de Mera, no concello de Lugo (Lugo). Ao saí­r de Lugo cidade pola estrada vella a Santiago de Compostela (LU-232), antes de chegar a Friol cómpre desviarse á dereita e seguir a sinalización do templo polas estradas LU-P-2901 e LU-P-2903. Tamén se pode ir polo Camiño Primitivo desde Palas de Rei.
18.00 MONUMENTA DIVULGA. Visita ao monumento de Santalla de Bóveda de Mera da man da especialista en arqueoloxí­a da arquitectura Rebeca Blanco.
18.30 ANDAR CON ARTE. Andaina circular pasando polo castro de Corvazal. Durante o paseo, o xeógrafo Juan López Bedoya analizará esta paisaxe agraria para achegarnos á flora e á fauna caracterí­sticas da zona.
19.30 FALADOIRO MONUMENTA. O arquitecto Antonio de Vega falaranos da relación entre a paisaxe e a caracterí­stica arquitectura popular de Santalla.
20.00 MONUMENTA EN CONCERTO. Rodrigo Romaní­ en formato trí­o nos exteriores da igrexa de Santalla de Bóveda de Mera.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVI Festival Irmandiño de Moeche (A Coruña)

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 15 )


21 e 22 de agosto. Bastards on Parade, Dakidarrí­a, Banda Crebinsky, Talabarte + True Montains

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Carlos Blanco, Talabarte e aCadaCanto na entrega dos 14º premios opinión da música de raíz

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 15 )


Xoves 28 de maio no Teatro Rosalía, ás 20:30

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Ourense

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Sábado 11 de abril no Café Cultural Auriense


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



TALABARTE na Casa Das Crechas (Xoves 20/Nov)
http://culturactiva.org/espectaculo.php?lang=ga&id=165
(texto engadido o día 18/ / 11/ / 14 )


TALABARTE estará este xoves 20 de novembro na Casa das Crechas

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.

Provintes de bandas como Berrogüetto, Marful, Susana Seivane Grupo... contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin deixar indiferentes os sentidos

Noticia enviada por culturactiva

- Talabarte- Crechas- Quim Farinha- Pedro Pascual- Kin García -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Compostela

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 14 )


Mercores 5 ás 22:30h no Ultramarinos, pechando a Mostra galega das artes escenicas "Galicia Escena Pro"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novembro na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 14 )


Todos os domingos de novembro, concerto de Sumrrá nas Crechas

Sumrrá (jazz) - Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00

Ademais, haberá destacados concertos, como o de Caxade, Aldao/Lado, Talabarte e Claudio H.

Haberá tamén unha Foliada coa Banda das Crechas, Cata de Libros e Viños Galegos e celebraremos o Magosto


Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00
DOMINGOS CON SUMRRÁ EN CONCERTO

Sumrrá é un trío galego formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez e o batería Luis Alberto Rodríguez. É o grupo máis internacional e lonxevo do jazz galego, que estará todos os domingos de novembro ás 21 horas na Casa das Crechas.
http://www.xacobemartinezantelo.com/xma/Sumrra.html


Mércores 5 23:00h 1€
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 6 21:30h
Cata de Libros e Viños Galegos

Presentación do libro “El hombre que tú necesitas”, de Jesús Barrio Caamaño.
Entrada libre até completar aforo.

Xoves 6 22:30h 5€
CAXADE

Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa.
Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).
http://caxade.bandcamp.com/
http://caxade.wordpress.com/


Martes 18 22:30h 5€
ALDAO/LADO

‘Con dez poemas por barba’ é un cabaret lírico cheo de poesía, historias e cancións pensado para emocionar a aqueles que odian a poesía.
‘Con dez poemas por barba’ pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza o espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.
Durante o recital hai música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión... pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

Mércores 19 22:00h
MAGOSTO EN CRECHAS

Viños, castañas, música...

Xoves 20 22:30h 5€
TALABARTE

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional. Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da esceNa musical galega, o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

Xoves 20 22:30h 5€
CLAUDIO H.

Canción mestiza para recibir con todos os sentidos.
Arriscada, divertida, cercana, bailonga e ecléctica fusión de estilos; ritmos afro-latinos, brasileiros, reggae, funk, swing… e sempre o jazz no fondo. Letras feitas desde a poesía do cotiá; alegres pero pensando, bailando pero calando fondo.
Un colorido universo onde todo pode pasar e nada pasa desapercibido.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* O Violino de Courtier celebrarase entre o 9 e o 11 de novembro | culturagalega.org

* O VIOLINO DE COURTIER

* Talabarte: Os tres instrumentos empastan ben e soan moi a madeira

buscar mais información
sobre Talabarte en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]