Ghastas Pista?

Suso Vaamonde
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Suso Vaamonde':


VI Tangaraño Cultural en Sobradelo (Xunqueira de Ambí­a)

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 19 )


Sábado 1 de xuño


Encontro culturar e festivo
12:00 Cóidate para coidar charla primeiros auxilios por Susana Pulgarín.
Foliada: Iniciativa polo Rural
13:00Concerto Xan de Verin Nickelharpa
13:30 As Utopias de Carlos de Xunqueira de Ambía.
14:00 Xantar Popular e Vegano ( por favor agradecemos reserva)
15:00Concerto Nacho Martimez cantautor
16:00 Poesía: Eduardo Estevez,Belén Senín e Carlos Rafael.
Obradoiro barro por Olería de Batán
16:20 Concerto Andrés Férnandez( Suso Vaamonde)
17:20 Alimentación consequente con Santi Rodriguez
18:00 Entrega Tangarañeira de Honrra
I Aberto de billarda
O Recreo: Obradoiro con fieltro.
19:00 Concerto Anxo Blas cantautor
20:00 Poesía Reguina Touceda e Serxio Àbalo.
20:15 Concerto Roberto Sobrado
21:15 Poesía Mónica Sanchez, Quico Valeias , Noelia Gómez, Estevo Creus
22:40 Concerto David G.Gándara
23:30 Jam sesión e Queimada ata que o corpo aguante.
- Roberto Sobrado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Co Grupo De Zanfonas `Suso Vaamonde´ en Lugo

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 18 )


Sábado, 15 de decembro ás 23h en La Cosechera

Grupo Zanfonas "Suso Vaamonde"
En abril de 2013, Suso Vaamonde iniciou un ambicioso proxecto relacionado coa cultura musical galega: ensinando todos os instrumentos galegos populares en diferentes entidades (asociacións, concellos, sociedades ...).
Como resultado, hoxe Suso ensina en seis entidades diferentes, e ten máis de 250 alumnos que xogan a partir dos instrumentos máis coñecidos como a gaita, tambores, bombo, pandeiro, acordeón, etc., polo menos coñecido, como zanfona , assubio, requinta, birimbao, etc.
O "Grupo hurdy gurdy Suso Vaamonde" é o resultado de tres anos de traballo en Arcos da Condesa (Cidade de Caldas de Reis, Pontevedra), onde esta escola está situada, e conta coa colaboración da Asociación Cultural " Lúa na Forza ".
Este grupo formado hoxe por seis zanfonas, xa realizou en varios concursos realizados en Galicia, ambos dedicados exclusivamente á gandula, así como diferentes instrumentos galegos populares. Na actualidade tamén forman parte da "Orquesta de Instrumentos Galleulares Populares" Suso Vaamonde ", na que se integran máis de cen músicos de diferentes escolas nos que o seu director imparte clases.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO (Salceda de Caselas)

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 18 )


A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza, en colaboración co concello de Salceda de Caselas, un curso intensivo que contará con catro especialidades a escoller:
- Baile tradicional - Impartido por Javier Feijoó "Xisco"
- Canto e pandeireta - Impartido por María Vidal
- Gaita - Impartido por Suso Vaamonde
- Percusión tradicional - Impartido por Francisco Estévez “Chuco”

O curso vai ter unha duración de 16 horas repartidas entre o sábado e o domingo, con horario de clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a alumnado cunha base previa nas diferentes modalidades ofertadas, presentándose como unha ocasión única para perfeccionar coñecementos e técnicas. Os interesados deberán elexir unha única modalidade.

Prazo de inscrición: do 1 ao 26 de setembro ou ata completar as prazas.

Para realizar a matrícula no curso podes descargar o boletín de inscrición en http://www.gaiteirosgalegos.gal/images/stories/files/fichainscricioncurso-rxpd_web.pdf ou solicitalo na AGG ( secretaria@gaiteirosgalegos.gal - tlfs:986 847 074 - 982 229 966) e envialo debidamente cumprimentado xunto co xustificante do pagamento bancario á secretaria@gaiteirosgalegos.gal

Prezo curso:
40 € soci@s agg
45 € non soci@s
* con comida 60€ soci@s agg - 65€ non soci@s

Pagamento na conta:
ES75 2080 0165 7130 4001 9469
(indicar nome, apelidos e especialidade elexida do curso)

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas antes de facer o pago da inscrición.

Máis información: secretaria@gaiteirosgalegos.gal 986 847 074 - 982 229 966

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Cervo

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 18 )


Sábado 12 de maio
Cervo.


O vindeiro 12 de maio celébrase a #IVFoliadaCervo e a XII Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto (Cervo).

12:00 Obradoiro de pandeireta e canto para crianzas
13:00 Sesión vermú con Pan Sen Fron
16:00 Obradoiro de percursión impartido por Xosé Lois Romero
20:00 Foliada:
-Nova Semente
-OS Do 21
-Troula&stone
- Acm Dambara Burela
- A Rebolaxe
-As Maiolas
- Pandeireteiras do CEIP N' 1 de Cervo
23:00 Concerto de SUSO VAAMONDE e Xosé Lois Romero

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I I I Foliada A Fonsagrada

(texto engadido o día 8/ / 12/ / 17 )


O sábado 9 de decembro a partires das 11:00h celebrarase Foliada da Fonsagrada, este ano homenaxeando a Emilio do Pando

PROGRAMA
11.00-19.00h. Feira de Artesanía. Concello Vello.
12.00-14.30h. Pasabares amenizado por A Sona de Berghantiños e De Ningures.
16.00-17.00h. Taller de baile tradicional con Lis Latas. Praza da Igrexa.
17.00-18.00h. Adianto documental: «Emilio do Pando, unha lenda viva». Salón de actos (Os Chaos).
18.00-19.15h. Concerto interactivo con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Praza da Igrexa.
19.30-22.00h. Cantos de Taberna.
Dequenvessendo (A Coruña), Os fedellos da Ulloa (Palas de Rei), En faldas y a lo loco (Ribadeo), A.C. Xirandela (Madrid), Azorriskalle (Oleiros), @s Pantox@s (A Coruña), Son de Lugh (Lugo), Os do 13 (Lugo), Antaruxas e Sorteiros (A Fonsagrada), Reviravolta (O Pino), Brincadeiras (Castroverde), A sona de Berghantiños (Berghantiños) e Fiadeira (Antas de Ulla).
22.15h. Gran Foliada: ábrena os «vellos gaiteiros». Praza Igrexa.
00.30h. Concerto de Os Carunchos. Praza da Igrexa.







+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Todomedre presenta: Os Amigos dos Músicos en Ourense

(texto engadido o día 22/ / 12/ / 16 )


Venres 23 de decembro ás 20:00h
Auditorio Municipal de Ourense.
Rúa Da Canle, 2.
Ourense.


TODOMEDRE presenta en Ourense as novas propostas da canción popular galega. O espazo cultural TODOMEDRE e o Café & Pop Torgal presentan un novo ciclo de
concertos centrado na renovación da música popular en galego, no que participarán algunhas das bandas e proxectos máis interesantes do país.


Os Amigos dos Músicos
23 de decembro, 20:00h
Auditorio Municipal de Ourense
10 euros

Posibilidade de adquirir entrada e disco de
Os Amigos dos Músicos conxuntamente:

Entrada simple: 10€, máis gastos

Entrada máis vinilo: 20€, máis gastos (edición en vinilo de 180g, inclúe CD)

Entrada máis CD: 15€, máis gastos

O disco pode recollerse dende o momento da compra presentando esta entrada no Café & Pop Torgal

Os Amigos dos Músicos presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

Para plasmar todas estas voces e ambicións, Os Amigos dos Músicos xuntáronse en distintos momentos dos dous últimos anos nos Estudios A Ponte, en Roxos, Santiago de Compostela, para gravar un disco de produción propia no que contaron con Tomás Ageitos como enxeñeiro de son. As mesturas correron a cargo de Druso L. Pedrouzo e da masterización encargouse Dr Chou. Federico Álvarez realizou as fotografías interiores e María Grande o deseño co que se presenta o álbum nos formatos de CD e LP.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Santos en Monterroso

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 16 )


Luns 31 de outubro

MÚSICA-OBRADOIROS-MOSTRAS-MAGOSTO

OBRADOIROS a partir das 16.45h:
Multipercusión Tradicional galega con XOSÉ LOIS ROMERO
Gaita galega: Tipoloxía e evolución con SUSO VAAMONDE.
Concerto didáctico de Romero e Vaamonde, exclusivo para os asistentes aos obradoiros. INSCRICIÓNS A TRAVÉS DESTA PÁXINA, O MAIL 25xastres@gmail.com ou nos teléfonos 699591447 ou 630650419

CONCERTOS a partir as 22.00 h:
A volta do agro.
O fol da chousa.
Herba grileira.
Fiadeira.
Falcatrueiros.
Airiños da Freba.
O Amanexo
A Fonte de Merlán.
Os Carecos.
Palacio do Rei.

MOSTRA DE ARTESANÍA.

MAGOSTO POPULAR.

Organizada por 25 Xastres, coa colaboración e patrocinio do Concello de Monterroso e a Deputación de Lugo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Liberdade (Cangas)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 16 )


13, 14 e 15 de Outubro na vila de Cangas do Morraço. Apertura de portas: 20:30h | Inicio: 21:00h

O II Festival da Liberdade vem carregado de muita música e diversom solidária. Na anterior ediçom conseguimos produzir um evento musical e cultural ao que assistirom quase 2000 pessoas ao longo daquele fim de semana. Este ano ampliamos um dia mais nos que nom só poderemos dançar ao som das nossas cançons preferidas no escenário principal, senom aliás teremos a apresentaçom de vários documentários, charlas, féria de postos, sessom vermú, circo, acampada, …

Este ano a maiores apresentamos o primeiro Concurso Suso Vaamonde em honor ao senlheiro compositor e cantautor. Neste Concurso, ao que irám destinados um 25% dos benefícios totais do Festival, poderám participar todas aquelas organizaçons, entidades e coletivos sociais do País que precissem ajuda na autogestom dos seus projetos, e que finalmente, serám escolhidos por todas vós.





13 de Outubro
Superoito
Los Chikos del Maíz
Rebeliom do Inframundo
Xenderal

14 de outubro
Apresentaçom documentário: Os Gaiteiros do Mar con Xurxo Souto
KOP
Disturbio 77
Mafalda
Sara Hebe
Fanfarria Taquikardia
La sincereza Pincha Cumbia

15 de outubro
Ce Orquestra Pantasma
Compañía do Ruído
Tino Baz
Tropico de Grelos
Konsumo Respeto
Falperrys
Porretas
Dakidarría
The Skarnivals
Tremenda Jauría
Brigada Am Sound Sistem

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño)

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 16 )


Sábado 24 de setembro
VIII Xornadas de Cultura Popular Galega
De cores, ferreñas e música


Lugar: Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
Horarios: Obradoiro: de 10.00 h a 18.00 h. Concertos: a partir das 20.00 h

En outubro de 2009, a A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega.
Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2016 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición "Bota o pano para fóra", que recolle unha selección panos e mantóns antigos da colección de Alberto Golpe. O segundo dos bloques ten carácter didáctico, e incorpora un obradoiro sobre recursos interpretativos para pandeireta, impartido por Suso Vaamonde. No terceiro dos bloques inclúense as actuacións do docente do curso de pandeireta e os seus alumnos, o grupo de cantareiras "Lilaina" (Miño) e a murga "Os Campantes da Baña" (A Baña).
- Berros do Castro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas De Musica Tradicional en O Grove

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 16 )


Sábado 09 de abril
Casa Da Cultura Manuel Lueiro Rey

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAITAS E PERCUDIÓN GALEGAS en horarios de 10:30 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde, e que son totalmente gratuitos. Este obradoiro está dirixido por Suso Vaamonde, gaiteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega.
Estas xornadas/obradoiro son abertas ó público xeral, previa inscrición, ainda que se dará preferencia á mocidade de ente os 14 e os 35 anos.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concurso De Xoves Gaiteiros E Xornadas De Musica Tradicional (O Grove)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )



Os próximos 9 e 10 de abril a Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL e o IV CONCURSO DE XOVES GAITEIROS SOLISTAS CONCELLO DE O GROVE que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Xornadas
Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAITAS E PERCUDIÓN GALEGAS en horarios de 10:30 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde, e que son totalmente gratuitos. Este obradoiro está dirixido por Suso Vaamonde, gaiteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega.
Estas xornadas/obradoiro son abertas ó público xeral, previa inscrición, ainda que se dará preferencia á mocidade de ente os 14 e os 35 anos.

Concurso
O concurso celebrase o domingo 10 en xornada de maña e tarde e vai dirixido a xoves gaiteiros nados entre os anos 1992 e 2002.
Pola mañá os concursantes teñen que interpretar durante un máximo de tres minutos unha peza obrigatoria todos eles as 11:30 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro. A peza obrigatoria escollida para a xornada da mañá e a Xota de Montrove.
Xa pola tarde, a partires das 18:00 horas, os concursantes, neste turno vestidos con vestiario galego tradicional, interpretaran unha peza tradicional de libre elección. O remate os compoñentes do xurado, que son tres mestres de recoñecido prestixio, decidirán que serán os gañadores dos premios que hai no concurso que son:

1º premio de 500€
2º premio de 300€
3º premio de 150€
Premio ao mellor acompañamento de 150€

Tanto para o concurso como para o obradoiro podense consultar e descargar as bases e as follas de inscripción na páxina web do concello do grove www.concellodogrove.es e na da Asociación Cultural Cantodorxo www.cantodorxo.es

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo obradoiro organizado polo Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=3557:novo-obradoiro-organizado-polo-real-coro-toxos-e-froles&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )


O Real Coro Toxos e Froles vai levar a cabo un novo Obradoiro de Afinación e Ornamentación de Gaita Galega impartido polo mestre gaiteiro Suso Vaamonde.
Dito curso terá lugar o Sábado 19 de Marzo en horario de 17:00 a 21:00 horas na sede da agrupación, na Rúa Magdalena, 220 de Ferrol.
Como ven sendo norma na entidade a participación no mesmo é libre e gratuita.

Mais información:
info@toxosefroles.com
Telf.: 650 788 374
- Toxos e Froles -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantata Vernácula na Arca da Noe (Vilar de Santos)

(texto engadido o día 6/ / 1/ / 16 )



Sábado, 9 de janeiro, às 22h00, aterra na Arca, Cantata Vernácula.

CANTATA VERNÁCULA são: Xoán Porto "Guancho" (acordeão e voz) e Suso Vaamonde (zanfona e voz). Este duo de músicos sem preconceitos está considerado pola crítica actual como o máximo exponente da ressurgente corrente denominada"Nova Troba Truana". De facto, são os únicos representantes deste estilo.

Se quer escutar boa música, e, ainda por cima, quer escachar de risa e desfrutar do humor e a retranca com novas letras e melodias do país, este é o seu grupo.

Apto para todo tipo de público (celíacos, diabéticos, cirróticos...) este dueto humorístico-musical galego e do mais saudável que se pode encontrar você nas boticas do século XXI.

No percorrer da sua gira pelas terras do norte, Cantata Vernácula com o seu espectáculo "Lástima de muchachos", achega-se a qualquer ponto geográfico da Gallaecia, onde for (em inglês "on the four").

Não deixe escapar esta ocasião: Cantata Vernácula está de saldo, mas não de liquidação!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Encontro de música e bailes do País (Arcos da Condesa-Caldas de Reis)
http://pontevedraviva.com/cultura/20908/arcos-condesa-encontro-musica-bailes-pais/?lang=gl
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


O 11 de xullo, Arcos da Condesa (Caldas de Reis) será o lugar de celebración do primeiro Encontro de Música e Bailes do País, que se iniciará ás 12.00 horas con música popular e foguetería para dar paso á apertura da exposición con materiais como zanfonas, gaitas, frautas, arpas celtas, baixos, guitarras, diferentes tipos de pandeiros e vestiario tradicional.

Tamén se desenvolverá un concurso de empanadas que finalizará cunha comida popular baixo a carpa ás 14.30 na que se celebrará unha homenaxe aos maiores. Para aqueles que queiran participar no concurso, as bases establecen que as dimensións mínimas da empanada será de 30 x 20 centímetros. E a mellor obterá un vale de compra por valor de 70 euros.

A partir das 17.00 horas comezarán as actuacións coa participación do grupo folclórico Hai que roelo, o Ballet folclórico galego, a Escola de Instrumentos populares galegos "Suso Vaamonde", o grupo Cantata Vernácula e o grupo Alvariza. A festa finalizará arredor das 22.00 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Aires da Terra no Museo de Pontevedra - O legado de Feijóo
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3286:concerto-aires-da-terra-o-legado-de-feijoo&catid=32&Itemid=18
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 14 )


O vindeiro 13 de decembro, Suso Vaamonde e sete músicos máis revivirán o primeiro coro galego: Aires da Terra.


A só dous días do centenario da disolución do coro por parte do seu creador, Perfecto Feijoo, rememoraranse algunhas melodías do coro interpretadas con instrumentos orixinais.


Presentará o acto Xurxo Souto, e contarase coa presencia de José Luís Calle (autor do libro "Aires da Terra. La poesía musical en Galicia"), de Xosé Manuel Aldea Moscoso (Director da editorial "Ouvirmos"), e de representantes directivos dos coros "fillos" directos de Aires da Terra: Toxos e Frores (Ferrol), Cántigas da Terra (A Coruña), Coral De Ruada (Ourense) e Cantigas e Agarimos (Santiago), entre outros persoeiros do mundo da música tradicional.


O concerto terá lugar no Museo de Pontevedra - Sexto Edificio as 20h.


Quedades todos convidados a celebrar este centenario. Entrada de balde.

- Cantigas e Agarimos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Brincadeira (Compostela) - Reedición do curso de Técnicas de Acompañamento con Pandeireta

(texto engadido o día 14/ / 3/ / 14 )


30 de Marzo
Imparte: Suso Vaamonde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantata Vernácula en Ordes
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2933:cantata-vernacula-en-ordes&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 21/ / 2/ / 14 )


O vindeiro sábado, día 22 de febreiro, ás 23:00h actuará Cantata Vernácula (Suso Vaamonde e Xoán Porto "Guancho") no "Jatopus" en Ordes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiros de Cultura Tradicional en Brincadeira (Compostela)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2899:obradoiros-de-cultura-tradicional-en-brincadeira-compostela&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 6/ / 2/ / 14 )


- Técnicas de acompañamento coa pandeireta


Impartido por Suso Vaamonde


Domingo 23 de febreiro de 10:30 a 14:30 e de 17 a 19 horas


Prezo: 22€


- Bailes agarrados tradicionais galegos


Impartido por Manuel Cobas


Sábado 29 de marzo de 10:30 a 13:30 horas


Prezo: 12€


- Técnicas de afinación para gaita galega


Impartido por Suso Vaamonde


Sábado 26 de abril de 17 a 21 horas


 


Inscrición: Ata o domingo anterior a cada obradoiro enviando un correo a gbrincadeira@gmail.com ou no teléfono 625 600 692. Prazas limitadas.


Lugar de celebración: AC Brincadeira. Rúa do Home Santo 62 (Compostela)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vaamonde, Lamas & Romero en A Estrada, Pontevedra

(texto engadido o día 4/ / 12/ / 13 )


Xoves día 5 ás dez da noite no Teatro de A Estrada, Pontevedra

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. Será o vindeiro día 5 de decembro no Teatro Principal da Estrada ás 22 horas.


Ademais, nesta ocasión, estes grandes músicos estarán acompañados dos tamén de sobra talentosos compoñentes da Banda de Música de música Municipal da Estrada, dirixida por Javier Comesaña.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise. Para poder desfrutar con este espectáculo as entradas, a cinco euros, poden mercarse en De Cotío (Rúa Xelmírez, 26, Compostela) ou reservarse chamando ao 986 573 601 e retiralas media hora antes do inicio do concerto. O aforo é limitado.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Constrúe o teu instrumento: requinta e castañeta (Couso - A Estrada)

(texto engadido o día 8/ / 11/ / 13 )


Sábado 16 de Novembro

IMPARTE: Suso Vaamonde
ORGANIZA: Asociación “A Xesteira” (Couso)
Prezo por participante: 10€, máximo 20 participantes
Comezo: 17:00 Remate:20:00

Contidos

Neste obradoiro imos aprender a facer a nosa propia requinta de pvc, afinada en Sol, en menos dunha hora. Tamén imos facer unha castañeta de cana no mesmo tempo. Unha vez construí­dos estes instrumentos, imos aprender a tocalos.

Programa

De 17:00 h a 18:00 h: cada participante construirá a súa propia requinta.
De 18:00 h a 19:00 h: cada participante construirá a súa propia castañeta.
De 19:00 h a 20:00 h: cada participante aprenderá as nocións básicas para tocar estes dous instrumentos.

Material
O material será proporcionado polo mestre Suso Vaamonde. As/os participantes non terán que traer ningún material. Ao remate do obradoiro, os/as participantes levan consigo os instrumentos construí­dos.

Inscripción e información
https://docs.google.com/forms/d/1jpk_bSI88wEL52Bh9MiMHG5z3Sw79iwEHdLNTcZt2cU/viewform

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Percusión e música en directo na IV Xornada de Música Tradicional de San Sadurniño

* Quique Peón e o CCG estrean `Ovay´

* Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero

* Voces Ceibes volven soar, 40 anos despois


(mostráronse só as últimas recibidas)


Suso Vaamonde



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Suso Vaamonde:
Nin rosmar un laído







buscar mais información
sobre Suso Vaamonde en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Suso Vaamonde en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]