Resultados para:

Soutelo de Montes
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Soutelo de Montes':


I Serán en Soutelo de Montes
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=140324
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )


Sabado 5 de marzo ás 21h no Salón de Actos do colexio

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán en Soutelo de Montes

(texto engadido o día 26/ / 2/ / 16 )


Sábado 5 de marzo ás 21h no Salón de Actos do colexio.

Pandereteiras de Flor de Toxo.
Novos Diplomáticos do Acordeón.
Antaruxa,

..e foliada aberta.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXII Edición da Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 11 )


VENRES 19



23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA
00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)

Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)



SÁBADO 20




10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA"
10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN"
11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA"
11:30 Actuación de "XIRANDOLA"
12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA"
13:00 Benvida do ALCALDE
13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa.
13:25 Entrega de Medallas
13:45 Imposición do embaixador da festa.
13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei"
14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela)
16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro.
17:00 XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO"
18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL"
19:15 Entrega de premios
19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY"
20:30 "Ruada POPULAR"
"CHARANGA DO FIADEIRO"
e
"CANTAREIRAS DA FERVENZA"



- Ardentía- Xosé Manuel Budiño- Xirandola- Festa do Gaiteiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI Edición da Festa do Gaiteiro, 21 de Agosto
http://www.forcarei.com.es/pan2.asp?tit1=Novas&tit2=%20Noticias&tab=contido&img=&id1=24
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 10 )


Avelino Cachafeiro Bugallo é un dos persoeiros máis importantes do noso panorama musical tradicional galego.
Nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899.
Avelino Cachafeiro, acostumado desde a súa nenez ó son da gaita, debido a que o seu avó e o seu pai foron tamén gaiteiros, non tardou en formar un grupo familiar de gaiteiros, constituído polos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que de modo ocasional tocaba o pandeiro. Avelino era a alma do grupo, como director e compositor, as súas actuacións caracterizábanse polo baile e por contar chistes. Non tardaron en ser coñecidos por toda a comarca e tamén alén dos mares, co alcume de “Os Gaiteiros de Soutelo”.
Avelino é nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra, e con só 25 anos preséntase a un concurso en Santiago onde se dirime quen é o mellor gaiteiro de Galicia. Un concurso con parte literaria, onde se presenta xente coma Otero Pedraio, Vicente Risco, Filgueira Valverde, e que o final ganaría Eladio Rodríguez González.
Otero Pedraio cualificaba a Avelino como “O grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne pro esprito como o máis rexo e armoño Carballo do bosque antigo”.
O Concello de Forcarei organiza este ano a XXXI edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo, concebida coa finalidade de homenaxear a súa figura, tanto humana como artística.

VENRES 20

23:00 H                      CONCERTO FOLK DE  “FIA NA ROCA”

NA PRAZA DA IGREXA DE SOUTELO- PATROCINADO POLO XACOBEO  E A DEPUTACION DE PONTEVEDRA

SABADO 21

10:00 H           PASARRÚAS DAS BANDAS DE GAITAS
10:30 H           APERTURA “FEIRA DE ARTESANÍA”
11:00 H                      ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS “BUXAINA” DE TARAGOÑA (RIANXO)
11:30 H           ACTUACIÓN DO GRUPO VAGALUME DE ALCALA DE  HENARES
12:00 H           ACTUACIÓN DO GRUPO “LUME NA LAREIRA”
12:15 H           ACTUACIÓN DO GRUPO “O FIADEIRO”
13:15 H           SAUDA DO ALCALDE
13:30 H           PREGÓN POR D. XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS
13:45 H           ACTUACIÓN DE MANUELA CORTIZO MEDAL
14:00 H           ENTREGA DE MEDALLAS
14:20 H           IMPOSICIÓN DO  EMBAIXADOR DA FESTA
14:30 H           INTERVENCIÓN DE PILAR ROJO NOGUERA, PRESIDENTA DO PARLAMENTO GALEGO
14:40 H           ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI, INTERPRETARÁN O HIMNO GALEGO CON VOZ DA CANTANTE   ALMUDENA JANEIRO
15:00 H           TRAILER CAMPAÑA GADIS “SUPER GAITEIRO”
17:00 H           ACTUACIÓN DE “A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO”
17:30 H           XII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “GAITEIRO DE SOUTELO”
18:30 H           ACTUACIÓN DO RANCHO FOLKLORICO DE VILA DE PRADO DE VILAVERDE – PORTUGAL

22:30 H           CONCERTO NA PRAZA DO GAITEIRO EN HOMENAXE A JOSÉ FIRVIDA CACHAFEIRO “ MADURO”

  • LUME NA LAREIRA
  • DIPLOMATICOS DO ACORDEON

HABERÁ PULPEIRA E CARPAS
POLA TARDE HABERÁ INCHABLES E XOGOS PARA OS MÁIS PEQUENOS



- Festa do Gaiteiro- Soutelo- Fia Na Roca- Lume na Lareira- Diplomáticos do Acordeón -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Soutelo de Montes 2010
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=88064
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 10 )


O DIA 15 A PARTIR DAS 19 H. A GHAITA DO AVÓ ESTARA FACENDO FESTA POR TODOS OS RECUNCHOS DE SOUTELO...

Noticia enviada por Foliadeiro

- Pé de Boi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX Festa do GAITEIRO. 22 de Agosto de 2009
http://www.forcarei.com.es/pan2.asp?idm=1&tit1=Novas&tit2=%20%20%20Noticias&img=&tab=contido&id
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 09 )


O Día 22 De Agosto (Sábado), En Soutelo De Montes, Forcarei,


10:00 H. – Pasarrúas De Bandas De Gaitas

10:30 H. – Apertura Da Feira De Artesanía

11:00 H. – Actuación Do Grupo De Música Tradicional Pai Da Cana

12:00 H. – Actuación Da “Asociación Folclórica O Fiadeiro”

13:00 H. – Benvida Do Alcalde

13:10 H. – Pregón Por D. Avelino Senra Varela

13:20 H. – Entrega De Medallas

13:40 H. – Interpretación Da Muiñeira De Chantada E Do Himno De Galicia

13:50 H. – Actuación Da Banda De Gaitas Municipal De Forcarei

18:00 H. – XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro “O Gaiteiro De Soutelo”

20:00 H. – Actuación Do Dúo Arpa Céltica & Fiddle

20:30 H. – Entrega De Premios

22:30 H. – Concerto Na Praza Da Igrexa

Diplomáticos Do Acordeón

Xarín

Mutenrohi
- Soutelo de Montes- Pai Da Cana- Diplomáticos do Acordeón- Xarín- Mutenrohi -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional
http://www.lavozdegalicia.com/sociedad/2008/11/23/0003_7337418.htm
(texto engadido o día 24/ / 11/ / 08 )


En dez volumes reuniranse os temas máis coñecidos dos sons populares con guías culturais das comarcas

La Voz de Galicia inicia o próximo domingo 30 de novembro unha colección inédita ata agora en Galicia. Baixo o título de O son e a terra , dez libro-discos reunirán os douscentos temas máis coñecidos da música tradicional galega, que irán acompañados por unha completa guía que debuxará un percorrido xeográfico-cultural polas comarcas do país. Este ambicioso proxecto está patrocinado polo Banco de Sabadell.


Cada libro-disco incluirá un compacto con as dez cancións máis representativas da historia sonora de cada un dos espazos físicos que reflictan as 68 páxinas de cada volume, que se encargarán de contar os elementos culturais, sociais e naturais máis destacados de cada zona do país en cuestión. Este produto editorial irá profusamente ilustrado con decenas de fotografías.


A música, gravada por músicos especialistas na interpretación de pezas tradicionais, incluirá dez melodías, que estarán interpretadas en dúas versións diferentes: unha que respecta a forma histórica en que eran tocadas con instrumentos como a gaita, o tamboril e o bombo; e outra que se interpreta dunha forma máis evolucionada cos sons do acordeón, a frauta, o violín ou o bouzouki. Os temas gravados están extraídos dos grandes estudos musicolóxicos que contribuíron a fixar a historia sonora do país, como son o Cancionero musical de Galicia , de Casto Sampedro, e o Cancionero gallego , de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay. Nos dez cedés que forman O son e a terra tamén aparecen temas procedentes de séculos de saber popular, que foron recollidos de diversas fontes orais de todo o país.


Os sons incluídos nos discos ofrecen melodías tan coñecidas e definitorias da cultura galega como son as muiñeiras, foliadas e alboradas máis famosas da historia de Galicia.


«Muiñeira de Chantada»


Un exemplo é unha das pezas que aparecen no primeiro libro-disco, que será entregado xunto co periódico o domingo 30 de novembro por 5,95 euros, e que está dedicado ás terras da Ribeira Sacra, Valdeorras, Trives, Viana e Caldelas. Nese volume pódese atopar a celebérrima Muiñeira de Chantada . Sobre esta melodía, quizá a máis coñecida do corpus sonoro tradicional do país, realizáronse recentemente unhas investigacións que atribúen a súa creación á banda dos Ferraias, unha agrupación musical formada nas terras chantadinas en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández. A peza sería pasada a partitura por primeira vez por Victoriano, fillo de Manuel. A mesma investigación, realizada polo colectivo Barcas do Minho, explica que os Ferraias estrearon en público a peza en 1916 nas festas da parroquia chantadina de Veiga. Para esa ocasión, os Ferraias contaron coa colaboración do grupo de gaitas máis famoso da historia de Galicia: os gaiteiros de Soutelo de Montes. A mítica banda que dirixía Avelino Cachafeiro colaborou na súa difusión coa gravación que fixo da Muiñeira de Chantada en 1928. Estas e outras historias son as que se poderán atopar na colección O son e a terra .


+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Soutelo de Montes prepárase para a celebración da XXX Festa do Gaiteiro

buscar mais información
sobre Soutelo de Montes en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]