Ghastas Pista?

Son De Seu
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Son De Seu':


SonDeSeu + Convidados no Concerto inaugural do Culturgal 2016 (Pontevedra)

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 16 )


Venres 2 de decembro ás 21:30h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


Con Rosa Cedrón, Orfeón Treixadura, Toño Dominguez
- Son De Seu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXII Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña)

(texto engadido o día 29/ / 7/ / 16 )


Mércores 27 de Xullo, a partir das 21.30 horas no Centro Cultural Daniel Castelao
Teatro: Que comerá ou Rei? de Cándido Pazó

Xoves 28, a partir das 21.00 horas
Xornada Folclórica: desfile dende o Concello da vila ata o Palco dá Música, e actuación.


Venres 29, a partir das 22.30 horas no Palco Principal
Son de Seu e Oublhnn

Sábado 30, a partir das 22.00 horas no Palco Principal
-Banda de Gaitas Xarabal
-Galandum Galundaina
-Ross Ainsle & Jarlath Henderson.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliadas no Entre Lusco E Fusco (Pontevedra)

(texto engadido o día 19/ / 7/ / 13 )


Entre Lusco e Fusco, r/ baron 13, Pontevedra

martes 23 xullo-22.00h

martes 6 agosto-22.00h
mercores 14 agosto-(ao remate do concerto de son de seu+fiadeiro na ferraria)
xoves 15 agosto-(ao remate do concerto de berrogúeto na ferraria)

mercores 11 setembro-22.00h
mercores 18 setembro-22.00h
mercores 25 setembro-22.00h

...e apartires de outubro foliada semanal...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SondeSeu na Festa da Cultura que se celebra os días 7 e 8 de Xullo na Porta do Sol, en Vigo
http://centrosculturaisvigo.blogspot.com.es/2012/06/festa-da-cultura-2012-programacion.html
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )


Unha das festas máis importantes de Vigo, está a punto de chegar a nosa cidade: A Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo. Actuacións de forma continua; grandes concertos; serán; postos de artesanía; feito a man...Dous días cheos de cultura e diversión.
A programación e a prde de actuacións serán as seguintes:
-Sábado 7 de xullo:
- 10:30- Inauguración
- 11:00- Grupo de gaitas "O Coto"
- 11:00- Exhibición Tenis de mesa
- 12:30- A.F.os ventos de Comesaña
- 13:00- A.F. Corisco

-18:00- A.F.Queixumes
-18:30- A.F.os trasnos da gaita
-19:00- Cantareitas da A.F.Rueiro
-19:30- A.F. Lembranzas Galegas
-20:00- Grupo de danza oriental da SCD Helios de Bembrive
-20:30- Grupo Etnográfico A Buxaina
-21:00- A.F.Froles Novas
-21:30- A.F.Andarela
-22:00- A.F.Asubío
-22:30- A.C.Traspés
-23:00- Serán popular

-Domingo 8 de xullo:
-11:00- Grupo de Gaitas do CCR de Cabral
-11:30- Escola de Acordeóns do CVC de Valladares
-12:00- Grupo Baile Moderno Matamá
-12:30- Banda de música Ateneo de Bembrive
-13:15 -Acto Central con Autoridades
-13:30- Actuación de 150 gaiteiros da Agrupación
-14:30- Comida oficial Autoridades e Entidades
-22:00- Concerto da orquesta Folk "Son de Seu"
Para acompañar todo isto, haberá talleres para nenos, postos artesanais pola rua, animación exposicións...e unha morea de cousas que non vos podedes perder. ¡¡Esperámosvos!!
- SonDeSeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coro Tradicional Cantares do Brión en Panxón - Nigrán

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 11 )


O martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, daremos o noso primeiro concerto en solitario.
Será dentro do Programa de Actividades Agosto 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.
Alí interpretaremos o repertorio que nos caracteriza: alalás, foliadas, pandeiradas, con algunha novidade como a peza titulada "Na Touba do Brión", que estreamos hai poucas semanas no Festival Folc Illa de San Simón, en Cesantes. A letra desta peza son varias coplas recollidas por Rosalía Hermida Pérez, natural de Xián - Vincios (Gondomar) e que é avoa dunha das compañeiras do coro; a música é de Luís Correa "Caruncho", tamén membro de Cantares do Brión.

Este concerto é moi importante para nós, por celebrarse no Val Miñor, nun concello onde aínda non estiveramos, e no marco da programación de verán, nun lugar onde anteriormente estiveron Milladoiro, Berrogüetto, Son de Seu e outras agrupacións de primeira liña. Unha parte importante do repertorio, de nova creación, refírese á comarca do Val Miñor, o noso escenario natural.
- Cantares do Brión -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Son de Seu no Festival Rías Baixas
http://www.festibaixas.org
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 11 )


Mercores 13 de Xullo, ás 20:30 no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra

- Sondeseu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



39e Festival Interceltique - 2009 - Bienvenue à la Galice !
http://www.festival-interceltique-2009.com/galice-festival-interceltique.php
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 09 )


RELACIÓN DOS GRUPOS GALEGOS QUE VAN PARTICIPAR, ESTE ANO, NO 39º FESTIVAL INTERCELTIQUE DE LORIENT, ANO ADICADO A GALICIA:



BANDA DE GAITAS, AIRIÑOS DE FENE

GRUPO DE DANZAS, XACARANDAINA

BANDA DE GAITAS, MOXENAS MÚSICAL GALEGA

GRUPO FOLK, PRADAIRO ( NO CONCURSO: LOÏC RAISON )

CREMA DE GAITA

SON DE SEU
SUSANA SEIVANE

CARLOS NUÑEZ

BERROGÜETTO

PRÓ CONCURSO MAC CRIMMOM DE SOLISTAS DE GAITA:

ALBERTO COYA
PABLO DALAMA
PEDRO ALVAREZ
XURXO FERNANDEZ

PROGRAMA ACTUACIÓNS NO PAVILLÓN DE GALICIA (TURGALICIA)

VIERNES, 31/07
18:00h. • Edelmiro Fernández
19:30h. • Marta Quintana é a súa banda
21:00h. • BellónMaceiras Quinteto
22:15h. • Fía na Roca

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

SÁBADO, 01/08

12:00h. • BellónMaceiras Quinteto
13:30h. • Marta Quintana e a súa
15:00h. • Edelmiro Fernández

Ambientación Pabellón • Alba Gutiérrez

18:00h. • Marta Quintana e a súa banda
19:30h • Edelmiro Fernández
21:00h. • Fía na Roca
22:15h. • Berrogüeto

Ambientación Pabellón • Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

DOMINGO, 02/08

12:00h. • Fía na Roca
13:30h. • Rosa Cedrón
15:00h. • BellónMaceiras Quinteto

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Rosa Cedrón
19:30h • BellónMaceiras Quinteto
21:00h. • Berrogüeto
22:15h. • Cristina Pato

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

LUNES, 03/08

12:00h. • Berrogüeto
13:30h. • Soas
15:00h. • Limagoia

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Limagoia
19:30h • Soas
21:00h. • Cristina Pato
22:15h. • Crema de Gaita

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

MARTES, 04/08

12:00h. • Pablo Carpintero
13:30h. • Espido
15:00h. • Pablo Carpintero

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Pablo Carpintero
19:30h • Limagoia
22:15h. • Anxo Lorenzo Band

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

MIÉRCOLES, 05/08

12:00h. • Crema de Gaita
13:30h. • Emilio Cao
15:00h. • Espido

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Emilio Cao
19:30h. • Espido
21:00h. • Anxo Lorenzo Band

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

JUEVES, 06/08

12:00h. • Anxo Lorenzo Band
13:30h. • Isga Collective
15:00h. • Emilio Cao

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Isga Collective
19:30h. • Emilio Cao
22:15h. • Ialma + Licor Kafé

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

VIERNES, 07/08

13:30h. • Lulavai
15:00h. • Isga Collective

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Dúo de Arpa Céltica e Violín
19:30h. • Licor Kafé
21:00h. • Ialma
22:15h. • BoNoVo

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

SÁBADO, 08/08

12:00h. • Ialma + Licor Kafé
13:30h. • Faltriqueira
15:00h. • Lulavai

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • Faltriqueira
19:30h. • Dúo de Arpa Céltica e Violín
21:00h. • BoNoVo
22:15h. • Lamatumbá

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

00:00h. Espectáculo "Queimada"

DOMINGO, 09/08

12:00h. • Lamatumbá
13:30h. • BoNoVo
15:00h. • Faltriqueira

Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez

18:00h. • BoNoVo
19:30h. • Faltriqueira
21:00h. • Lamatumbá
22:15h. • Actuación sorpresa (Susana Seivane)

- Interceltique- Lorient -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala Son De Seu

(texto engadido o día 22/ / 12/ / 08 )


(Nova actualizada)
A Gala de Noiteboa de SonDeSeu, gravada o 18 de nadal no Pazo de Cultura
de Pontevedra emitirase pola TVG esta noiteboa, (en canto cale El Rey ;P)
Coa participación das convidadas Soledad Giménez (ex-"Presuntos Implicados"), e
Carmen Paris.



Xoves, 18 de decembro ás 20:30 h no auditorio do
pazo da cultura de pontevedra



Este xoves a Televisión de Galicia celebra en Pontevedra a gala Son
de Seu que se televisará a noite de Noiteboa. Nesta gala participan
Son de Seu, Soledad Giménez, Carmen París e o grupo de danza O
Fiadeiro.


A asistencia á gala é con invitación, e as invitacións poden solicitarse
chamando ao teléfono 981 540 631.

Noticia enviada por Comunicación Pazo de Cultura

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O futuro da música de raíz: Xosé Luís Foxo, Mercedes Peón e Rodrigo Romaní
http://www.temposdixital.com/wp-trackback.php?p=744
(texto engadido o día 5/ / 11/ / 08 )


Pasou o boom do folk e quedan aínda máis arredados aqueles anos
nos que a xuventude apagaba na música a sede de identidade
nacional. Os sons tradicionais deberán asentar as súas raíces sobre un
solo inestábel, o dunha Galicia que xa pouco ten que ver con aquel
país no que perdurou durante xeracións. A música tradicional, di
Mercedes Peón, é hoxe por hoxe unha flor hiperdelicada. Sen o
contexto preciso, corre risco de morte. Como sobrevivir? Como
conectar coas novas xeracións? Como resolver o debate entre innovar
e conservar? Cal é o papel que xogou, pode xogar ou debe xogar o
poder na súa potenciación? Cal é a situación actual do ensino da
música de raíz? A todas estas preguntas responderon Mercedes Peón,
Xosé Luís Foxo e Rodrigo Romaní, dende a experiencia de relacións
ben distintas coa música mais co denominador común dunha paixón
compartida. Falaron de vagar, nunha conversa demorada ao longo de
dúas horas, en pleno corazón de Vigo, na sede da Fundación Carlos
Casares. Nun momento do debate, os participantes detiveron a ollada
na fiestra: A vexetación impúñase ao cemento nunha casa en ruínas
da urbe. Dun ou doutro xeito, semella que as flores delicadas tamén
buscan vías para sobrevivir.



Un texto de Belén Puñal


Mercedes Peón, cantante, música e compositora
Xosé Luís Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense
Rodrigo Romaní, director da e-Trad, Escola de Música Folk e
Tradicional de Vigo

Como entendedes a relación entre a cultura popular e a música
tradicional?

Xosé Luís Foxo: A cultura tradicional de Galicia non se pode entender
sen a música tradicional. A música é cultura e a cultura é música, e
especialmente en Galicia, porque o pobo de Galicia canta moitísimo e
miles de cantares se crearon no ambiente popular. A música de Galicia
viviu no pobo e esa é auténtica cultura, non só a nivel musical senón
tamén lingüístico.

Mercedes Peón: Popular na cultura mestúrase co que se populariza.
Podemos considerar popular calquera canción da que queda unha
pegada clara, mesmo da música pop que chega pola radio. A música
tradicional é a que chega oralmente de pais e de nais a fillos e fillas,
mais dende o meu punto de vista teñen que pasar catro xeracións por
medio. Nun momento dado pode haber unha canción tradicional que
se popularice porque, por exemplo, un grupo teña acceso aos medios
de comunicación e a popularice.

Rodrigo Romaní: Cultura popular é a que non é culta, e que se xera a
partir dun medio de vida fundamentalmente radicado no rural.
Tradicional é o que se transmite por tradición oral. A música tradicional
sería unha pequena parte da cultura popular de Galicia. O proceso de
transmisión, unha vez que se sae do rural, perde o poder de creación
que significa a transmisión oral. Cando unha persoa aprende unha
música de oído, non adoita reproducila igual senón que ao cabo do
tempo a vai transformando, e aí está o potencial creativo. Nós, ao
recoller esas pezas nas escolas, interrompemos esa creatividade.


X.L.F.: Concordo co antagonismo entre popular e culto. Os artistas
populares son creadores dun estilo e dunha linguaxe propios, e cando
un músico culto ou un poeta intenta introducir algo nese mundo, non
entra. “Unha noite na eira do trigo”, de Curros Enriquez, transmitiuse
nos coros folclóricos pero non tivo éxito no rural. Os músicos cultos
aproveitáronse dunha música que fora desprezada, como foron os
gaiteiros e a música popular en xeral.

R.R.: Porén, hai moitos autores que fixeron un tratamento culto da
música popular moi delicado. No século XIX, a música culta volve a
súa mirada á música popular para contrarrestar a invasión da música
italiana. Ese proceso de culturalización da música tradicional é o
mesmo que estamos vivindo no XXI. O que cambian son as estéticas.
Esta transformación pode entenderse como unha continuidade na
evolución da música ou ben como unha translación do rural ao urbano.


M.P.: A música tradicional é como unha flor silvestre hiperdelicada.
Para que sobreviva, é preciso que todo o que a rodea facilite a súa
supervivencia, é dicir, para que eu naturalmente cante, non porque
me pagan nun escenario, senón porque estando en calquera sitio a
sociedade dea pé a que a música tradicional coexista e sexa
contemporánea. Cando subo a un escenario a tocar a ribeirá, estou
facendo unha performance, unha imitación, mais eu pertenzo á
tradición cando estou con meu irmán, por exemplo, bailando na casa
e entrando nese transo que necesitamos todos e ao que a música
tradicional nos achega.

R.R.: A música tradicional non é un corpo de pezas que nun momento
determinado se recollen nun cancioneiro, como unha foto fixa. A
música tradicional é un proceso, e está tocada de morte, porque xa
non hai esa transmisión xeracional.

M.P.: Entendo o que dis, Rodrigo, cando afirmas que está ferida de
morte. Mais eu, cando daba aulas polas aldeas, xuntaba aos vellos
cos nenos aos que ensinaba, e iso é fundamental para a súa
supervivencia.

R.R.: Ademais, nese proceso interveñen unha serie de recursos, e os
recursos de creatividade do pobo veñen da miseria, de modo que, con
recursos limitados créase un universo sonoro fascinante. Iso xa non é
así. Agora, a creación ten unhas características totalmente diferentes,
e tamén outra transmisión, a través das escolas.

M.P.: Cando vou polo mundo adiante, dinme que fago música
tradicional e eu fártome de negalo. Para min a música tradicional é a
transmitida, e ten que ver co ciclo dun ano, cunha maneira de vivir… A
evolución que poida darse sempre é insensíbel cara ao mesmo sitio.
Si hai unha evolución pero de cambios insensibles, nunca radicais. Eu
estou máis polo concepto de translación.

Na transición e nos primeiros anos de democracia, quizais polas
ansias de liberdade e de identidade do momento, a xuventude
conectou moi ben coa música de raíz tradicional. Coidades que, na
actualidade, se está a producir unha desafección cara a ela nas novas
xeracións?

X.L.F.: Na experiencia que temos de recollida, cando unha avoa canta
un cantar, unha historia antiga, aos netos dálles vergonza.


M.P.: Cando se escoita algo tan sincero como a música tradicional, con
semellante grao de beleza, calquera persoa queda impactada se non
hai prexuízo, pero é que en Galicia hai un prexuízo moi grande, coa
fala, coa tradición, con todo o que nos recorda o noso pasado pobre. A
xente sempre quere imitar o máis chic, o que ten máis nivel
económico. O que levou a que a xente fixera tanto labor de recollida
nas aldeas nos anos 80 e 90, o que levou a ese auxe do folclore
naquel entón, non foi unha estima grande polo antigo, senón as
ansias de competir en concurso… Agora mesmo, aínda que haxa
menos xente dedicada á recollida do folclore, si hai unha mentalidade
mellor á hora de abordar esta tarefa.

R.R.: A comunicación é o primeiro axente educador. É, ademais, un
negocio, e os produtos que se transmiten a través da comunicación
son obxecto de negocio, entre eles a música. Como tales, eses
produtos teñen que renovarse constantemente. A música que remite
ao tradicional ten o seu lugar determinado e estable no consumo,
lugar que sofre modificacións en función do uso social. Cando morre
Franco, o pobo galego necesita un símbolo de identidade. A música de
raíz tradicional sofre un boom comercial, que non pode durar porque
non hai nada, agás esa circunstancia e o cambio social posterior, que
o explique. Resitúase e ponse no sitio onde está. Non hai
desafección, estamos no sitio no que nos colocan neste sistema
económico.

M.P.: Como dicía Eric Fromm, os humanos necesitamos esa sensación
orxiástica que se dá cando, en comunidade, hai un exceso: ese
exceso de comida, de baile, de música. E iso témolo aquí pegado, na
música tradicional. É como unha terapia. Os galegos temos un
imaxinario latente violado e a sorte de que está aí. E algo teriamos
que facer aínda que sexa só por saúde mental e física.


Nun momento determinado, ese gusto pola música tradicional tiña
unha vinculación co “progre” para os mozos e mozas. Hoxe en día, as
xeracións novas, nalgúns casos mesmo consideran que é carca…


R.R.: As referencias á tradición pasan á cultura urbana formando parte
dun espectáculo e polo tanto adáptanse ás influencias propias do
consumo da cidade. O que determina que sexa carca ou non é a
estética do produto e o criterio do observador. Probablemente unha
persoa de 20 anos diga que tal peza de Milladoiro é carca, pero ao
mellor da última aventura electrónica de Mercedes Peón non pode dicir
o mesmo.

Non pode acontecer, tamén, que as novas xeracións non teñan esa
sede de identidade que había na transición e nos primeiros anos da
democracia?

R.R.: Suponse que eses dereitos de expresión, de liberdade e de
identidade, foron satisfeitos e xa non hai esa necesidade.


M.P.: Realmente hai un problema na didáctica coa transmisión da
lingua. A lei non se cumpre. Os espazos do galego cada vez son máis
reducidos porque hai unha preguiza tremendísima coa lingua e, en
xeral, con todo o que ten que ver coa referencia galega. Ao mellor
neste momento estase facendo un esforzo pero imos nunha
decadencia tremendísima e iso aféctalle á música.

X.L.F.: Como iniciativa para achegármonos ás novas xeracións, dende
a Real Banda de Gaitas publicamos un disco con Miriam Figueiras,
unha nena que quedou finalista no concurso no que se escolleu o
representante español en Eurojunior. Procurabamos un entronque dos
nenos cos cantares vellos. Collín vinte cantares, adapteinos e
sacámolos nun disco. E nalgún colexio póñeno pero non acaba de
chegar.

R.R.: Recordemos cal é o primeiro axente educativo nesta sociedade,
a comunicación.

M.P.: Nós tamén fixemos unha experiencia, sobre a historia do canto
tradicional, que me encargou a Orquestra Sinfónica de Coruña.
Contabamos co apoio dun contacontos excepcional, que sabía manter
os nenos en vilo. Iso pódese facer, pero precísase iniciativa. E tamén
se precisa o apoio da propia sociedade galega á hora de entrar con
éxito no mundo da comunicación.


R.R.: Iso é unha anécdota, dentro do proceloso músico da educación
musical. O que hai é un problema estrutural. Cando a comunicación é
un negocio, non un servizo, o fracaso na aventura de educar está
servido.

X.L.F.: Neste momento o mundo rural practicamente non existe. O
contexto onde viviu a cultura de Galicia ao longo de varias centurias
morreu. Esta perda é importantísima, porque o mundo rural é a
auténtica Galicia, e iso mediatiza o desenvolvemento da música, da
lingua… Por iso é necesario facer este folclore. Hai que facer grupos,
recoller, pero o problema, de igual modo, é que xa non vive a música
no seu contexto. Nos anos 80 había grupos de baile en todos os
lados. Hoxe está moi esmorecido ese mundo, o folclore pasou de
moda.

R.R.: No ano 2006, un estudo da fundación Son de seu revelou que
hai 24.000 persoas estudando procesos que teñen que ver coa música
tradicional en Galicia, 700 centros e 800 profesores. Ademais, circula
unha cantidade importante de varios millóns de euros anuais en
diñeiro negro. Hai profesores que traballan sen contrato, ensinando en
garaxes e en sitios sen calefacción. Con esas cifras ninguén pode dicir
que en Galicia estea desaparecendo ese fenómeno, ao contrario.
Aínda máis, é moito máis grande o poder de exportación que Galicia
ten coa músicas que teñen que ver coa tradición ca o que ten
calquera outro país que nos rodea se falamos da Europa das nacións.



X.L.F.: É moi curioso ver a Mercedes Peón nunha televisión universal,
e en calquera punto do mundo coñécese a Carlos Núñez. É
importantísimo que Galicia se venda a través da música.


M.P.: Iso vennos moi ben para a economía e para gañarnos a vida.
Pero o importante son os piares, a música tradicional. Como os
grupos de aquí poden ter esa singularidade fóra? Somos orixinais
porque temos unha orixe moi clara. Entón hai que mimar os piares.
Necesitamos ter uns piares moi fortes para poder seguir a exportar
todo isto, que nos beneficia economicamente, non sei se
culturalmente. Por outra banda, na dinamización da tradición ten
moito que ver a universidade. Musicólogos, etnográfos, antropólogos,
sociólogos, deberían de dinamizar todo isto tamén.

R.R.: A universidade fai o que boamente pode cos recursos que ten.
Para min, até os anos 70 e os 80 hai un desleixo de funcións por
parte dos estamentos universitarios con respecto á música popular en
xeral. Pero dende as xeracións que empezan dende os finais dos
anos 70 até agora hai un meritorio avance nese sentido, avance cuxos
froitos hanse nos vindeiros anos.

M.P.: Ao mellor cambia a mentalidade pero fáltalles moitísima
información, que está en mans privadas.

R.R.: Eu creo que esa xeración está contribuíndo de maneira moi
efectiva a sistematizar, dende un punto de vista metodolóxico, as
circunstancias que teñen que ver coa música en Galicia e
particularmente coa música tradicional e folk.

M.P.: Están editando dende a Universidade? Hai que editar,
necesitámolo como a auga.

Canto á relación entre cultura popular e poder, considerades que se
produciu unha instrumentalización da cultura popular? Foi bo o apoio
que houbo dende o poder político cubríndoa coa pátina de cultura
oficial?

M.P.: Para min non houbo apoio ningún.

E intrumentalización?

M.P.: Si, pero de símbolos. Que Galicia se sinta identificada coa gaita
paréceme marabilloso, non me molesta en absoluto, e se fora coa
pandeireta aínda máis. Pero na tradición non se fixo nada, está en
mans de iniciativas particulares. Eu estaba metida nos grupos que
recollían a xeracións tradicional, e en 25 anos vin como evolucionou e
como a xente que nos transmitía a música tradicional foi morrendo.


R.R.: Calquera teoría ou poder político necesita símbolos e eses
símbolos van cambiando, son un produto de consumo, como a propia
política. Nun momento determinado, pode ser a música de jazz ou a
pintura ou o audiovisual. Non creo que sexan negativas todas esas
intervencións do Estado, non do poder, inxectando diñeiro en
determinadas áreas culturais, pois con ese investimento pode facelas
máis competitivas. Mais eu non vexo esa intervención política na
música tradicional. A nivel de símbolos, nun momento determinado
inxectouse diñeiro no mundo da gaita para dar a ver que estabamos
levantando a música galega. Pero creo que a xente que participa do
mundo dos grupos tradicionais non percibiu que houbera unha
inxección do estado nesa área.

X.L.F.: A mediados do século XX creouse en Lugo un obradoiro de
instrumentos musicais da man de Faustino Santalices e co mecenado
da Deputación de Lugo. O poder botou man da zanfona e da gaita, e
aínda se mantén este taller, e foi positivo. O Ballet Rei de Viana
creouse na Deputación da Coruña con moito éxito nos anos 60, pero
como estaba na man dos políticos, agora que veu unha nova forma
de entender a cultura galega, deixou de existir. En Vigo, a
universidade de instrumentos populares ten bastante que ver co
oficial, e tamén foi positivo. En Ourense, a Deputación creou a Escola
de Gaitas, de tal maneira que levamos o ensino da gaita a arredor de
160 puntos da provincia. En principio non é moi bo casorio o da cultura
oficial coa popular. Ten o seu lado negativo, mais tamén o positivo.
Calquera cousa que se faga para darlle vida á música tradicional é
importante, aínda que teña unha vida efémera.

R.R.: O problema non é a relación entre cultura oficial e cultura
popular, a intervención dunha noutra. É un deber do estado garantir o
dereito á educación, tamén á musical. Outra cuestión é a potenciación
de determinados produtos, que o réxime político en cada momento
usa como símbolo. Na época na que o PPdeG gobernou, a Real Banda
de Gaitas de Ourense era o símbolo da imaxe de Galicia no exterior.
Agora, a Real Banda de Gaitas ocupa o seu sitio, e non é a
representación da cultura tradicional ou de inspiración tradicional
galega no exterior. Iso vai cambiando, porque vai cambiando a
estética e o poder, para ben e para mal.

X.L.F.: Na Real Banda de Gaitas nunca un céntimo cobramos por nada.
É unha afección que teño eu de estar todo o día metido na escola. A
cultura popular é como un neno, ten o cariño que lle deas. A verdade
é que os políticos normalmente teñen outros intereses e non lles
importa que funcione isto. No caso da Escola de Gaitas da Deputación
de Ourense, o que contan son os resultados e as realidades. Creo que
hai un labor positivo, tradicionalista, guste máis ou menos, e queda
un pouso, o que creo que foi positivo para o mundo da gaita.


R.R.: Non estou do lado do gusto estético de Xosé Luís Foxo, non me
gusta a marcialidade, pero non vou entrar na guerra das gaitas que
tanto espazo ocupou xa nos medios de comunicación.

M.P.: Á parte de ser gaiteira, eu veño do mundo das pandeireteiras,
que foron as grandes omitidas… E logo, non esquezamos que unha
banda de gaitas nunca foi tradicional. E os cuartetos con terceiras
voces tampouco.

Hai unha liña de pensamento, da que formou parte Risco, que
defende a permanencia da tradición tal cal, fronte a aqueles e aquelas
que consideran que é preciso que a tradición evolucione para poder
sobrevivir. Como vos situades no debate entre purismo e innovación?
Cadaquén de vós encara a tradición dunha maneira particular.
Acusáronvos algunha vez de traizoar a tradición?

M.P.: Eu nunca fixen iso. Non teño tal conflito porque eu nunca digo
que faga tradición. Nunca me sentín acusada disto, ao contrario. Para
min, repito, a evolución na propia tradición son cambios insensíbeis
cara ao mesmo sitio, o que non ten nada que ver co que fago. Pinto
un cadro coas cores que me gustan. Non vou a ningunha fonte, son
parte da fonte. Son pandeireteira compositora. Nacín aí e véxome
libre.

R.R.: Para min a música tradicional é un proceso que está en
extinción. O que hai agora é outra cousa, que está suxeita ás pautas
de comportamento que ten a sociedade no mundo urbano. Polo tanto,
xa non se trata de innovación ou non, senón que vai seguir as
estéticas que estean predominando en cada momento na sociedade,
gústenos ou non.

M.P.: Oxalá sexa así.

X.L.F.: En Galicia igual había 200 coros en 1900. Hoxe quedan catro.
Cada momento ten as súas cousas. Actualmente, grupos como o de
Mercedes Peón están funcionando moi ben. Collen o sabor máis ou
menos da música de Galicia, actualízana…

M.P.: Eu considero que non fago arranxos de tradicional. O que pasa é
que teño unha tremenda pegada nosa. Creo que se non fixera
folclore, probabelmente faría punk.

Cal é para vós o futuro da música de raíz tradicional?

M.P.: Son optimista. Ao igual que temos o fluxo sanguíneo a ritmo de
3 por 4 e de 6 por 8, e de pequerrechiños, cando somos fetos, o
primeiro que escoitamos é iso, eu creo que ese fío que nos une co
noso propio ser vai existir sempre. Cando estou na cidade e vexo
como, nunha casa que deixaron abandonada en pleno centro da
cidade, abrolla a flora, dáme a min que vou ser optimista. Terá outra
existencia pero gozará de boa saúde.

R.R.: Unha flor estraña ten máis valor que unha flor habitual. Na
medida en que a música tradicional ou os produtos derivados da
música tradicional sexan máis escasos, van ser máis valorados.
Gozará sempre da saúde necesaria para poder perdurar no tempo.


X.L.F.: A música comercial e folk, que se reinventa actualizada aos
tempos, aínda ten futuro. A do pobo, os cantares de sempre, están
tocados de morte. Por iso nós acabamos de facerlle un monumento a
unha cantareira. Polo menos que quede constancia de que as
mulleres do país mantiveron a nosa música a cambio de nada, sen
cobrar, e esa é a auténtica música que si que está bastante tocada.
Espero que grazas aos cancioneiros e recolleitas, polo menos perdure.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vieiros: Tres de cada catro profesores de música tradicional traballan sen contrato
http://maisala.vieiros.com/nova.php?Ed=53&id=55174
[08/01/2007 11:45] Case tres cuartos dos profesores de música tradicional traballan sen contrato. Este e outros datos achéganolos a Fundación Son de Seu no Libro Branco da Educación en Música Tradicional. O proxecto nacera en outubro do 2005: a fundación serviu como ferramenta útil para abordar, dende un punto de vista o máis obxectivo posíbel e cunha perspectiva científica e aberta, o estudo da realidade da música tradicional en Galiza e os seus derivados. Queríase facer un estudo dende todos os ámbitos profesionais posíbeis: edición, actividade escénica, artesanía musical, presenza mediática, presenza institucional, mecenado e, finalmente, o ensino. Neste eido tíñano doado: boa parte do Padroado integraron o profesorado do antigo Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, hoxe Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola Municipal de Artes e Oficios.

Entre marzo e xullo do 2006 fixéronselle enquisas a 638 profesores de música tradicional. Estímase que o total en Galiza é dunhas 700 persoas, así que foi entervistado o 90% deste eido profesional. Nos resultados, vemos que o profesorado habita sobre todo nas provincias costeiras (Pontevedra, 40'9%, e A Coruña, 32'4%), e, entre as cidades, hai especial concentración en Vigo. Son maioritariamente homes (case nun 60%), e xente nova (máis dun terzo ten entre 26 e 33 anos), cun nivel de estudos medio alto (a maioría ten o bacharelato, e hai tamén un gran grupo de licenciados e diplomados).

A formación músical, case na metade dos casos, vén dunha asociación cultural. A seguir, o carácter autodidacta (nun 20%) é outra vía de coñecemento. Dende logo, queda claro que son xente experimentada: case a metade leva máis de dez anos como docente de música tradicional. Tamén cabe salientar que algo máis da metade leva adiante unha soa actividade, e, o máis importante, un 72% traballa sen contrato. Un 14% teno de carácter eventual, e hai tamén un 4% contratos temporais e por obra. Só o 2% ten un contrato indefinido, e nunha porcentaxe semellante teñen praza pública. De feito, case todos traballan á parte, en actividades formativas relacionadas coa música máis da metade. Dedican menos de catro horas semanais á actividade docente (nun 75%) e un 63% cobran menos de 200 €.

O Libro Branco aborda outros aspectos, como os centros de ensino nos que se imparten as actividades, as condicións nas que se dán... As máis recorrentes son baile, canto, gaita e percusión. Poden consultar no propio Libro Branco, nos anexos.

Noticia enviada por luz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Ronsel de ideas polo patrimonio



Son De Seu



Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre Son De Seu en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Son De Seu en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]