Resultados para:

Sarela
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Sarela':


Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019
http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/fiestas-de-san-juan-2019-73525
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 19 )


Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA 
Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización.

VENRES 21 DE XUÑO
18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.
18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional | Baile solto: xota con Gabi Reboredo e Martiño Malleiro. Música ao vivo. Actividade de balde, para todos os públicos, suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.
20 h a 21:30 h. Obradoiro de elaboración de vasoiras máxicas de xesta. Actividade de balde para todos os públicos.
22 h. Concerto de 'Carapaus'.
23 h. Sesión DJ a cargo de 'Jimmy Terribile'.
00 h.  Peche do espazo.

SÁBADO 22 DE XUÑO 
13 h a 01 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.
13 h a 15 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
13 h a 15 h. Música tradicional ao vivo.
17 h a 18 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
17 h a 18:30h. Roteiro e Obradoiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán. Saída dende a Ponte de Sar con finalización na praza de Mazarelos. Aforo 25 pax. Solicitude de inscrición previa en infosanxoansantiago@gmail.com indicando o día desexado para a realización do roteiro (sábado 22 ou domingo 23) ata o xoves 20 ás 00h. por correo electrónico, e a partir do venres 21 en Mazarelos dentro do horario do Festival. 
18 h a 19:30 h. Obradoiro de 'aturuxos', percusión e canto tradicional. Actividade gratuita para todos os públicos e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o venres 21 de xuño. Será necesario confirmar praza no Posto de Información cinco minutos antes do arranque da actividade.
19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional | Baile solto: muiñeira con Rebeca Tallón e Andrea Porto. Música ao vivo.  Actividade gratuíta para todos os públicos.
21:30 h. Contos de San Xoan a cargo de Celso F. Sanmartín.
22 h. Saída da Alameda da comitiva formada pola Raíña Alda e o seu séquito para levar o “Lume Sagrado do Pico Sacro” ata a praza de Mazarelos. Este acto simbólico, organizado coa colaboración do Concello de Boqueixón e a Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) recupera a celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais.
22:30 h. Chegada á praza de Mazarelos da Raíña Alda e do seu séquito co “Lume Sagrado” do Pico Sacro. O facho co “Lume sagrado do Pico Sacro” ficará dende o sábado en Mazarelos a disposición daqueles que queiran prender as súas fogueiras de San Xoán con el o día 23.
23 h. Concerto de 'Tres Pesos'.
00 h a 01 h. Sesión DJ a cargo de 'Bigote Mix'.
01 h. Peche do espazo.
DOMINGO 23 DE XUÑO (VÉSPERA E NOITE DE SAN XOÁN)
13h a 01h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Apertura do Mercadiño artesán con demostración ao vivo, Espazo Palleiro para peques e zona gastronómica Área Asardiñada. Entrada de balde.
13 h a 15h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.
13 h a 15h. Música tradicional ao vivo.
17 h a 18 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos
17h a 01h. Circulación do Tren Cacharelo, dinamizado con música ao vivo, polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o CGAC con paradas en Avda. de Castelao, Avda. do Burgo das Nacións, Carballeira de San Lourenzo e Avda. de Xoán Carlos I. Actividade de balde, dirixida a todos os públicos e suxeita a dispoñibilidade e aforo limitado por traxecto (60 prazas aprox.) Entre as 17h e as 20h terán prioridade no servizo peques e acompañantes.
17 h a 18:30h. Roteiro e Obradoiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán. Saída dende a Ponte de Sar con finalización na praza de Mazarelos. Aforo 25 pax. Solicitude de inscrición previa en infosanxoansantiago@gmail.com indicando o día desexado para a realización do roteiro (sábado 22 ou domingo 23) ata o xoves 20 ás 00h. por correo electrónico, e a partir do venres 21 en Mazarelos dentro do horario do Festival. Actividade de balde, dirixida todos os públicos.
18 h a 19:30 h. Obradoiro de elaboración de ramiños de San Xoán. Actividade gratuíta para todos os públicos.
19:30h a 21:30h: Obradoiro de baile tradicional | Bailes agarrados con Luis Prego. Actividade gratuíta para todos os públicos.
22h. Concerto 'Fanfarria Taquikardia'
23 h. Conxuro con degustación de queimada.
23:15 h. Sesión DJ a cargo de 'Um Sincero, eletroverbeneo'.
00:30 h. Salto de cacharelas nos barrios para quitar o meigallo na noite máxica de San Xoán!
01 h. Peche do Espazo.

(*) Este programa é susceptible de cambios e pode sufrir adaptacións ou cancelacións.
EXPOSITORES DO MERCADO ARTESÁN:
 'Como pez en el agua': artesanía en esmalte, prata, fimo, feltro etc.
'Noga Arts': xoiería artística e de autor.
'Degerónimo': artesanía en corda.
'Ocarinas Paparolo': ocarinas.
'Sanín': instrumentos de percusión tradicional. 
'Artesanía Sonia Ares': xoiería en prata, vidro e esmalte.
'Susi Gesto': ourive (realizaranse demostracións ao vivo desta disciplina artesanal).
 
Promove e organiza: 
Concello de Santiago, a través de Turismo de Santiago.



CACHARELAS E ACTIVIDADES NOS BARRIOS

VENRES 21 DE XUÑO

Durante todo o día: Asoc. “Raigame”: Colabora co comercio da Zona Nova agasallando un ramiño de “Herbas de San Xoán” ás persoas que realicen as súas compras no Ensanche.
18h. en adiante: Centro Cívico “José Saramago” de Vite: Festa de “San Xoán”, festival de música e baile.
C. C. de Vite. C. C. “O Ensanche”: “Vernes en familia: na búsqueda das prantas de San Xoán polo rio Sarela”. Actividade gratuíta dirixida a familias con peques a partir de 5 anos. Inscrición no t. 981 543 001.

SÁBADO 22 DE XUÑO

Durante todo o día: Asoc. “Raigame”: Colabora co comercio da Zona Nova agasallando un ramiño de “Herbas de San Xoán” ás persoas que realicen as súas compras no Ensanche.
12h. en adiante: Asoc. “Francisco Asorey”: “Solsticio da Almáciga”. Música, sesión vermú, teatro, monicreques, churrascada e mercadiño. Prezos populares. Parque da Almáciga.
17h. en adiante: Asoc. “As Brañas de Andrés”, en Vite: Inchables para peques, mercadiño, verbena, sardiñas, baile con orquestra, cacharela para peques e cacharela adulta. Parque da música.
18h. en adiante: Asoc. “Sandra Prego Rial”: Inchables, sardiñada gratuíta (20:30h) e cacharela (00:00h). José Antonio Souto Paz.
19h. en adiante: Asoc. “Guadalupe A Ponderosa”: Sardiñada, cacharela e dúo musical. Parque Pablo Iglesias. Asoc. “Río Sarela da Peregrina”: Sardiñada. A Peregrina.
21h. en adiante. Asoc. “A Xunlla”: Sardiñada e música. Local Social. Rúa Rioboo. Asoc. “Marrozos”: Sardiñada e cacharela. Ardagán-Marrozos.

DOMINGO 23 DE XUÑO (VÉSPERA E NOITE DE SAN XOÁN)

11h. en adiante. Asoc. “Conxo Aberto”: “Buscando as herbas de “San Xoán”. Roteiro guiado polo botánico Martín Souto. Todas as idades. Inscricións e saída dende o C. C. de Conxo.
Asoc. “Espazo veciñal de Sar, CSA Casa do Peixe, Veciños de Sar e Barrio Xardín”: “Sar Xoán 2019”. Feira de comercio, artesanía, alimentación, librarías, arte e espazo infantil. Exhibición de kárate e ximnasia. Zumba participativo. “Obradoiro de coidado e mantemento de vehículos”
(12h.), animación de rúa a cargo de “Enxebres de San Lázaro” e “Exiliados de Fontenla”. Actuacións musicais: Sesión vermú con “La Sincereza”
(14h.), “Russinha” (15h.), “Abel DJ” (18h.), “Trío de Jazz” (20h.), “Furnier” concerto de despedida (21h.) e “Cálida Negra” (22h.). “Sarsódromo”, música e baile ás 17h.e ás 21h. Concurso de chave (19h.). Sardiñada (20h.) e cacharela (23h.). Barrio de Sar. Irmán Rei Alvite, Praza de Sar, Rúa do Olvido, Rúa de Sar e Ponte de Sar.
12h. en adiante: Asoc. “San Lourenzo e Carme de Abaixo”: Mercadiño, cacharelas, churrasco e música tradicional. Carballeira de San Lourenzo.
17h. en adiante: Asoc. “Maislume” presenta “Dubmingo SDC: Rototom Launch Party” coas actuacións de Nish Wadada, Ital Roots e Maislume Kolektive. Cacharela, comida e Soundsystem. Campo de fútbol de Sar.
18h. en adiante: Asoc. “Plataforma de Galeras”: Recollida de herbas de “San Xoán” e paseo polo Sarela. Saída dende a parada de autobús de Galeras. Asoc. “Veciños do Casco Histórico e San Martiño Pinario”: Sardiñada, churrasco e foliada. Ruela de Xerusalén.
19h. Asoc. “Praza de San Paio”: Sardiñada, churrasco e actuación do grupo musical “Son tres”. Praza de San Paio de Antealtares. Asoc. “Conxo Aberto”: Xogos populares e tradicionais, grupo de pandereteiras e gaiteiros “Asociación de Música tradicional de Conxo”, sardiñada, cacharela para peques, historia do conxuro da queimada, bebida de “San Xoán” para os peques con “Dulcinea e Eva”, gran cacharela e fogos artificiais. Praza Aurelio Aguirre.
20h. en adiante: Asoc. “Gentalha do Pichel”: Cacharela para peques, foliada e cacharela para adultos. Praza de Salvador Parga.
Asoc. “A Xuntanza”: Cacharela e sardiñada. Cruz de San Pedro.
Asoc. “Agora Galiza-Unidade Popular”: Cacharela e música tradicional galega. Chourizos asados con pan. Praza 8 de Marzo.
21h. en adiante: Asoc. Sta. Marta-Choupana “Vedesma”: Sardiñada e cacharela. Praza Escultor Ferreiro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Marín

(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Venres 10 de maio, cos Muiñeiros do Sarela e Os Saljariteiros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada cos Muiñeiros do Sarela en Compostela
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2071457332932955
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


Venres 1 de febreiro a partires das 22:30h na Gramola

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Muiñada de Vimianzo

(texto engadido o día 21/ / 10/ / 17 )


Sábado 21 de outubro ás 13:00h
Concello de Vimianzo.
Praza do Concello, 6.
Vimianzo.


Presentámosvos a #Muiñada3

Con Ghaveta, Tanxugueiras, A COMPAÑIA DO RUIDO e moita máis foliada e actividades que facer.

PROGRAMA
12h Choupos teatrais (Vila)
13h Cantos de Taberna (Vila)
16h Sesión Café: Os Campantes da Baña
Apertura Mercado Retro
Apertura Mercado ecolóxico
Expo Foto
16h45 Teatro infantil: Trinke Trinke
17h30 Pasarela de Oficios. Visita ao Muíño.
18h15 Debullada de Millo
19h Obradoiro de muiñeiras, cantería e filloas
20h CEA
MAGOSTO
FOLIADA
23h Ghaveta
Tanxugueiras
A COMPAÑIA DO RUIDO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival de música tradicional de Cerdedo

(texto engadido o día 26/ / 5/ / 17 )



Sábado 27 de maio ás 20:30h no Centro Cultural de Cerdedo. Entrada de balde

- A. C. Foula de Cotobade
- Pandereteiras Tremelique (O Rosal)
- Os Muiñeiros do Sarela
- Airiños da Fracha
- A. C. Os Abrentes de Cerdedo


Organiza: A. C. Os Abrentes de Cerdedo
Colaboran: Concello Cerdedo-Cotobade e Deputación de Pontevedra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Edición As Nosas Músicas (Couso. A Estrada)

(texto engadido o día 2/ / 8/ / 16 )


Domingo 14 de agosto

13.30 h
Sesión vermú – Charanga Trébede
16.30 h
Curso de Percusión de Man e Tradición Oral* (Xabier Díaz)
17.00 h
De Troula en Troula (Xandobela)
19.00 h
Iniciación ao Baile Tradicional (Miguel Sotelo)
20.15 h
As Marionetas do Mundo: Galicia (Anxo García)
21.45 h
Cantos de Taberna – Muiñeiros do Sarela
23.00 h
TRES PESOS + XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE + TIRULEQUE + MARÍA DA PONTRAGHA
*Curso con límite de 20 prazas. Custe 25€.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gran festa aniversario Follas Novas en Ames (Bertamiráns)

(texto engadido o día 29/ / 5/ / 16 )


O vindeiro 4 de xuño, a partir das 16 h, imos celebrar o XV aniversario da Asociación. Farémolo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e como podedes ver no cartaza, temos música e baile para pasar unha tarde estupenda.
Comezarán os participantes nas aulas da AC Follas Novas (16-18h), seguido dun concerto didáctico de Pablo Carpintero (18 h, aprox. unha hora) e a actuación de varios grupos (Tiberevi dúo, Murga Os Atalaias, Os Muiñeiros do Sarela, A Requinta da Amaía e tódolos os alumnos, ex-alumnos, ex-profes e amigos da AC Follas Novas que se queiran unir á celebración).
Especialmente se vindes con nenos (e se vindes solos tamén), non vos esquezades de traer algo de merendar porque a tarde é longa e a festa da fame.

Unha aperta para todos e vémonos alí.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



antroido 2014. OUZANDE FAXION WEEK (A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com/2014/02/antroido-2014-ouzande-faxion-week.html
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais imos facer unha gran pancarta para engalanar a pasarela-tractor que percorrerá a parroquia o sábado de Antroido(día 1 DE MARZO) anunciando tan sinalado evento. 


Sabado 1 de marzo de 2014 A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor OUZANDE FAXION WEEK percorrerá os lugares da parroquia. Non faltarán as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Horario aproximado: 17:00 da tarde: saída do campo 17:10: O Tallo 18:00:. O Castro 18:15: O Picoto e o Redondo 18:35: Alemparte e O Formigueiro 19:00: O Topete 19:15: Igrexa 


E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Pase de modelos, PHOTO CALL DE FAMOSEO, DJ´S..... e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 1, ás 10:30 da mañá no campo)
- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Volven os Seráns en Compostela
http://www.anavedevidan.com/espazo-cultural/xoves-3-primeiro-seran-da-nova-temporada/
(texto engadido o día 3/ / 10/ / 13 )


Xoves, 3 de Outubro en A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

21h45 . Obradoiro de baile con Davide e Xiao (Maghúa)
22h45 . Maghúa
23h30 . Os Terribles de Donas
24h15 . Son do Souto
01h00 . Foliada


O primeiro xoves de cada mes é tempo de seráns no Espazo Cultural da Nave de Vidán. “Serán” é tanto o nome que reciben os bailes de pandeireta nalgunhas zonas de Galiza, como o conxunto de pezas que neles se tocan, como o momento do día no que se realizan. Tradicionalmente, as mulleres xuntábanse dúas, tres ou mesmo catro veces por semana ao fin do día, e ao acabar os traballos, para tocar e bailar. Por turnos, unha ou dúas mozas botaban pezas de pandeireta mentres o resto das veciñas danzaban. A esas festas de diario viñan tamén mozos das aldeas viciñas. Hoxe, os seráns, as rúas e as ruadas -que son outros nomes doutras zonas- gañaron en público, pois mozos e mozas van dunha punta a outra de todo o país para botar unhas pezas e unhas bailas.

As festas organizadas pola Asociación Cultural Seráns en Compostela comezaron por vez primeira en 2004 na Sala Nasa, por iniciativa dun grupo de xente moi vinculada coa música tradicional. Durante seis anos, de outubro a xuño, e unha vez ao mes, tiveron lugar os seráns neste espazo. Cando a Sala Nasa pecha, no 2011, os seráns pasaron a desenvolverse na Discoteca Sarela por máis de unha temporada enteira. Desde marzo de 2013 os seráns mudan novamente de sede pasando a celebrarse no Espazo Cultural da Nave onde continuarán a ter a mesma periodicidade que anteriormente: o primeiro xoves de cada mes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Xornada Festival Canción de Taberna Var con Uve 2013

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 13 )


Venres 13 de Setembro

Actuación de:
-Muiñeiros do Sarela de Santigo
-Xogo da Bola de Moaña

Fotografía: Atlántico Diario
- Var con Uve -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seráns do Sarela (Compostela) - 8 de Novembro
http://www.seransencompostela.org/
(texto engadido o día 8/ / 11/ / 12 )


Xoves 8 de novembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Eva Barona (Ultreia)
22h30 . Alvariza
23h15 . Os Viqueiras de Ordes
24h00 . A. C. Rosalía de Castro (Cacheiras)
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
- Sarela- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Voltan os Seráns do Sarela

(texto engadido o día 29/ / 9/ / 12 )


Vinte Ferrados, Os Terribles de Donas, Os Campantes da Baña
- Sarela- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe a Fito da Roda no Var con Uve (Moaña)

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 12 )


Este venres 21 de septembro, sobre as 21:30, ademáis das actuacións dos Muiñeiros do Sarela de Santiago, e da Tropa da Tralla de Moaña (dentro do 2º Certame interprovincial de Canción de Taberna) Comezaremos có homenaxe a Fito da Roda, homenaxe que rematará o venres 28 co Orfeón mariñeiro do Berbés (Vigo) e os Cantadores tradicionais (Moaña).
- A Roda- Tropa da Tralla- Cantos de Taberna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



7 de Xuño: Serán do Sarela (Compostela)
http://www.seransencompostela.org/
(texto engadido o día 4/ / 6/ / 12 )



- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Compostela

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 12 )



- Sarela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Sarela (Compostela)
https://sites.google.com/site/seransencompostela/1
(texto engadido o día 12/ / 4/ / 12 )


Xoves 12 de abril na Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán)

21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . O Ghusto do Boi
23h15 . Tumba e Dálle
24h00 . O Fiadeiro
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!

- Sarela- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xoves 1 de Marzo - Serán no Sarela (Compostela)

(texto engadido o día 1/ / 3/ / 12 )


Xoves 1 de marzo (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

Para superar a fin do entroido vide botar unhas bailas!

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro con Javier Magariños (A Ponte Vella e Cantigas e Agarimos)
22h30 . A Ponte Vella
23h15 . Asc Agarimo
24h00 . Vai de roda
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
- Serán- Sarela- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Entroido no Sarela
https://sites.google.com/site/seransencompostela/1
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 12 )


Xoves 2 de febreiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”
ENTROIDO!
Non teñades vergoña en vir disfrazad@s!
Ademais este mes sortearemos un “kit” para facer cocido!
Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . A. F. Colexiata de Sar
23h15 . Orquestra Os Modernos
24h00 . Os Viqueiras de Ordes
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
- Serán- Sarela- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seráns do Sarela (Compostela)

(texto engadido o día 4/ / 10/ / 11 )


Xoves 6 de outubro
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela

21h30 . Obradoiro a cargo de Marcos Botana García (Cantigas e Agarimos)
22h30 . Tabernícolas
23h15 . Pana Raiada
24h00 . A Requinta da Laxeira
01h00 . Foliada aberta ata que o corpo aguante!
- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Camiñada polo Rego dos Muíños en Canduas e actuación de Cé Orquestra Pantasma
http://www.concello-cabana.es/ga/web/index.php?dep=1&mod=not&ide=385
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 )


Para este venres 26 de agosto o departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños oferta a tradicional camiñada para cabaneses e turistas polo rego dos Muíños en Canduas. Á vez de saudable, esta ruta servirá para dar a coñecer o patrimonio etnográfico recentemente recuperado polos voluntarios do Campo de Traballo que se celebrou no pasado mes de agosto. O percorrido estará guiado por Ángel Eiroa, técnico de turismo do Concello de Cabana.

O punto de partida será o campo da festa de Canduas e a hora as 8 da tarde. Desde alí, subirase ó longo das beiras deste regato nas que o Concello habilitou unha das tres rutas de sendeirismo que hai sinalizadas no seu territorio. A infraestrutura deste percorrido confórmase por paneis interpretativos, sendeiros habilitados e pasarelas de madeira nalgunhas zonas para permitir o tránsito de persoas. O percorrido é de 3 km de lonxitude e nel aínda se pode observar un singular conxunto etnográfico de 24 muíños de auga colocados de modo escalonado desde a as ladeiras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada da Insua. Nalgúns deles, encontranse esculpidas cruces nos marcos de pedra das portas. Segunda a tradición local, a súa función era impedir a entrada do demo ó muíño e ademais protexelo de todo mal. Constitúen, polo tanto, símbolos que cristianizaban e protexían o muíño e o muiñeiro.

Todo o regato tamén está rodeado de bosque fluvial no que, sobre todo, destaca un arbusto chamado ‘torvisco’ coñecido por posuír froitos de cor vermella e follas e corteza de efecto purgante e tóxico. No pasado, este efecto medicinal foi empregado polos veciños de Borneiro para erradicar os piollos das vacas. A tradición oral tamén di que se utilizaba en rituais para sacar ‘o mal do aire’.

Despois da camiñada, ás 10 da noite, no campo da festa agarda unha mexillonada organizada pola comisión de festas de Canduas e a actuación musical de Ce Orquestra Pantasma.

- Cé Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua
http://www.queremosgalego.org/
(texto engadido o día 17/ / 5/ / 11 )


Concentracións xa confirmadas (a listaxe irá aumentando a medida que teñamos novos datos)

A Coruña: 12 da mañá, Obelisco (Cantón Grande)
A Estrada: 13 horas, Praza do Concello

A Guarda: 12 da mañá, Auditorio de San Bieito

Allariz: 12 da mañá, Praza Maior

Ares: 12 da mañá, Praza do Concello

Arteixo: 12 da mañá, anfiteatro do Paseo Fluvial

As Pontes: 12 da mañá, Praza de América
Barcelona: 19 horas, Centro Galego de Barcelona (Rambla)

Barreiros: 18 horas, escolas de Celeiro de Mariñaos

Belfast: 16 horas, Culturlann, Falls Road (oeste de Belfast)

Betanzos: 12 da mañá, palco da música do Cantón

Boiro: desde as 11.30, romaría popular na finca do Pazo de Goiáns

Bos Aires: 12 da mañá (hora arxentina), Praza Castelao (Bernardo de Irigoyen e Independencia)

Bruxelas: 19 horas, Place de Luxembourg, fronte ao Parlamento europeo

Cambados: 12 da mañá, Paseo da Calzada (xunto á estatua de Cabanillas)

Cambre: 12 da mañá, Vila Florentina (Cecebre)

Carballo: 12 da mañá, Paseo do Anllóns

Carral: 12 da mañá, Monumento aos Mártires

Catoira: 13 horas, Torres do Oeste

Cedeira: 12 da mañá, Praza da Reitoral da Vila Vella

Celanova: 12 da mañá, Vilanova dos Infantes
Culleredo: 12 da mañá, Praza de Europa (O Burgo)

Fene: 12 da mañá, local do Pote (Maniños)

Ferrol: 12 da mañá, Praza do Himno Galego (Esteiro)

Florencia: 18.30, Piazza Senioria

Lalín: 12 da mañá, Praza da Igrexa

Lugo: 12 da mañá, Rúa da Raíña (fronte ao Hotel Méndez Núñez)

Madrid: 12 da mañá, Parque Breogán (zona Avenida de Bonn), xunto á estatua de Castelao

Marín: 12 da mañá, na Alameda
Monforte de Lemos: 12 da mañá, Praza de Santa Clara

Narón: 12 da mañá, Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal

Nigrán: 11.30 da mañá, Parque da Ramallosa

Nova York: 17 horas, Battery Park (fronte á estatua da Liberdade)

O Barco de Valdeorras: 12 da mañá, pasarela peonil do Salgueiral

O Carballiño: 12 da mañá, Praza Maior

Oleiros: 12 da mañá, Praza do Emigrante (Porto de Santa Cruz)

Oroso: 12 da mañá, Praza de Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro)
Ourense: 12 da mañá, Xardíns do P. Feixóo

Oxford: 17 horas (hora inglesa), xunto a Carfax Tower

Padrón: 12 da mañá, Paseo do Espolón (xunto á estatua de Rosalía)

Palas de Rei: 12 da mañá, Praza do Concello

Pobra do Caramiñal: 12 da mañá, Cantón da Leña

Pontedeume: 11.30 da mañá, Praza do Concello

Pontevedra: 12 da mañá, Praza da Peregrina
Redondela: 12 da mañá, Praza do Concello

Ribadavia: 12 da mañá, Praza Maior
Ribeira: 12.30 da mañá, Rúa de Galiza

Sada: 12 da mañá, Praza dos Irmáns Suárez Picallo

Salceda de Caselas: 12 da mañá, Praza do Concello

San Sadurniño: 12 da mañá, Praza do Concello

Santiago de Compostela: 11.30, Porta Faxeira
Soutomaior: 12 da mañá, Alameda de Talorrío (Arcade)

Valdoviño: 12 da mañá, Praza da Casa da Cultura

Verín: 12 da mañá, Praza Maior

Vilagarcía de Arousa: 13 horas, praza nova do Castro, a carón da Rúa Arcebispo Lago

Vigo: 11.30, Praza da Princesa

Xenebra: 20 horas, Asociación S.C.D.R Galaica, 18, Chemin de la Caroline, Petit-Lancy

Xinzo de Limia: 12.30 da mañá, Praza Maior (ou Praza de San Roque)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A compañía Nova Galega de Danza presenta «Engado»
http://www.lavozdegalicia.es/ed_pontevedra/noticia.jsp?CAT=112&TEXTO=5231617


A compañía Nova Galega de Danza presenta hoxe no Pazo da Cultura o seu segundo espectáculo, Alento, no que afonda no camiño de fusionar en vivo a tradición folclórica galega coa danza contemporánea.

Seis músicos e cinco bailaríns -tres homes e duas mulleres- participan neste espectáculo que conta con vestiario do deseñador vigués Cristóbal Vidal, que enscolleu a compañía para presentar o seu primeiro desfile individual na Pasarela Gaudí do pasado ano.

Segundo subliñou o coreógrafo da compañía, Vicente Colomer, Engado, que conta con música en directo, fala das ilusións, pero non das utópicas senón de que «incorporemos as ilusións á nosa vida cotiá, que fagamos do mapa dos nosos soños o mapa da nosa vida».

O choque permanente entre a ilusión e a realidade camiña parello ao devir dos pobos. Os ilusionistas de a pé chegan desexosos de contar historias, esas historias que bulen de avós a pais e de pais a fillos, con doces desexos mesturados cos fíos da realidade.

Nova Galega de Danza agasállanos con contos marabillosos onde hai sabor a mar e a centeo, e destelos da luz do sol e tamén da lúa. As entradas para a única función custan 6 euros e están a venda hoxe na billeteira do Teatro Principal, de 11 a 14 e de 17 a 19 horas, e no Pazo da Cultura desde ás 19.30 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Programa do DésCONCERTO EXPANSIVO

* "Temos enerxía suficiente para botar outros 25 anos máis"

buscar mais información
sobre Sarela en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]