Resultados para:

Sala Nasa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Sala Nasa':


Concerto Pola Liberdade e a Rebeldía na Sala Malatesta (Compostela)

(texto engadido o día 24/ / 2/ / 17 )


Sábado 25 de febreiro ás 21:30h
Sala Malatesta.
Rúa San Lourenzo 51/53.
Santiago de Compostela.


O próximo 25 de fevreiro queremos resucitar, queremos fazer da rebeldía e a liberdade a bandeira de toda umha geraçom de velhos que seguimos a ser jóvens, que seguimos aquí e em pé, luitando.

É por isso que vos convocamos a todos e todas que vos sintades rebeldes a asistir a este Concerto pola liberdade e a rebeldía o 25 de fevreiro, na Sala Malatesta de Compostela (Antiga sala NASA).

Preparamos umha boa festa, com fins solidarios, rock, punk e ska para reivindicar a necesidade de seguir a luitar sem tregua, por ser livres, por ser todos e todas livres! Isso si, com actitude, sempre rebeldes!

Trapallada: Desde o popular barrio de Monte Alto, na Corunha, vem esta banda com ritmos frenéticos, para fazernos bailar ska umha vez mais. Mestura de ritmos jamaiquinos e punk acelerado poram a tono os nossos corpos!

Cor Fort: Desde os Païssos Catalans, concretamente do Penedés venhem estas bestas do Street punk por primeira vez na Galiza. Velhos membros de Inadaptats e camaradas na luita numha formaçom brutal, rock para rachar com tudo, com letras reivindicativas e ganhas de pelexa, e sobre tudo, actitude!

Nucleo Terco: Desde Vallekas, sem dúbida, um referente do Rock Proletario internacional, chegam os Tercos, para fazernos botar e pensar co seu streetpunk reivindicativo e revolucionario. Força, luita e rebeldía!

Ultima hora: Unense a festa os C4, Rock Proletario desde o Alentejo. Os portugueses venhem tambem a apresentar o seu novo disco (No estudo agora mesmo) ca força da classe obreira dos nossos irmaos do sul.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites de Luz en Compostela

(texto engadido o día 14/ / 11/ / 13 )


Xoves 14 de Novembro
Sala Nasa ( san lourenzo 51,53)

As Noites de Luz chegan, por primeira vez, a Santiago de Compostela cunha única ilusión: encher de enerxí­a, alegrí­a e talento as noites galegas. Unha sala con capacidade para 350 persoas, tres grupos de música e un clown como presentador, todo esto polo prezo ao gusto do consumidor, que decidirá o finalizar o espectáculo canto cree que debe pagar por el.

O evento terá lugar o 14 de novembro na antiga sala Nasa, agora coñecida como a nave de San Lourenzo, e as bandas invitadas serán Swingdigentes (Madrid), Alpargata (Madrid) e Chotokoeu! (Galicia). Serán presentadas polo gran Isla Letriska e aportarán luz , risas e bailes o longo de cinco horas (21.00 ”“ 2.00).

A iniciativa está organizada pola asociación cutural vibra, seguindo o camiño da Caravana de Emerxencias, que o pasado abril encheu a sala Capitol compostelana. Noites de luz ten como obxetivo, entre outros, ofrecer un espectáculo de calidade e bo humor que sexa accesible a todo mundo.
A esencia de este proxecto radica na importancia da unión entre hosteleiros, artistas e público, para crear, entre todos, novas alternativas culturais máis xustas e accesibles para todos.

O festival, coa formula de pago “de gorra”, trata de concienciar á xente do gran traballo que fan os artistas de todas as disciplinas para sair adiante, dándolle a oportunidade ao público de valorar económicamente, o seu gusto, o espectáculo.

Noites de Luz arranca o 14 de novembro,pero busca xa novos horizontes de lugares que iluminar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira Novembro Chotokoeu - 15 Días, 15 Bares

(texto engadido o día 28/ / 10/ / 13 )


2 de novembro: Magosto de Balboa (O bierzo)

3 de novembro: Polvorín ( A Coruña)

4 de novembro: Colexio Mosteirón ( A Coruña)

5 de novembro: Casa Tomada ( A Coruña)

6 de novembro: Lusco (Pontevedra)

7 de novembro: Sala Karma ( Pontevedra) + Swingdigentes

8 de novembro Fábrica de chocolate ( Vigo ) + Fanfarria Taquicardia

9 de novembro: Festival San Martiño Canibal (Sarria)

10 de novembro: Magosto Pontelouco (Castrocaldelas)

11 de novembro: Centro Social A Rebusca. (Manzaneda)

12 de novembro: Faiscas (Ourense)

13 de novembro: Borriquita de Belem (Santiago)

14 de novembro: Sala Nasa (Santiago) - Festival Noites de Luz

15 de novembro: Boulevard (Fisterra)

16 de novembro: Mardigrás (A Coruña)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Volven os Seráns en Compostela
http://www.anavedevidan.com/espazo-cultural/xoves-3-primeiro-seran-da-nova-temporada/
(texto engadido o día 3/ / 10/ / 13 )


Xoves, 3 de Outubro en A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

21h45 . Obradoiro de baile con Davide e Xiao (Maghúa)
22h45 . Maghúa
23h30 . Os Terribles de Donas
24h15 . Son do Souto
01h00 . Foliada


O primeiro xoves de cada mes é tempo de seráns no Espazo Cultural da Nave de Vidán. “Serán” é tanto o nome que reciben os bailes de pandeireta nalgunhas zonas de Galiza, como o conxunto de pezas que neles se tocan, como o momento do día no que se realizan. Tradicionalmente, as mulleres xuntábanse dúas, tres ou mesmo catro veces por semana ao fin do día, e ao acabar os traballos, para tocar e bailar. Por turnos, unha ou dúas mozas botaban pezas de pandeireta mentres o resto das veciñas danzaban. A esas festas de diario viñan tamén mozos das aldeas viciñas. Hoxe, os seráns, as rúas e as ruadas -que son outros nomes doutras zonas- gañaron en público, pois mozos e mozas van dunha punta a outra de todo o país para botar unhas pezas e unhas bailas.

As festas organizadas pola Asociación Cultural Seráns en Compostela comezaron por vez primeira en 2004 na Sala Nasa, por iniciativa dun grupo de xente moi vinculada coa música tradicional. Durante seis anos, de outubro a xuño, e unha vez ao mes, tiveron lugar os seráns neste espazo. Cando a Sala Nasa pecha, no 2011, os seráns pasaron a desenvolverse na Discoteca Sarela por máis de unha temporada enteira. Desde marzo de 2013 os seráns mudan novamente de sede pasando a celebrarse no Espazo Cultural da Nave onde continuarán a ter a mesma periodicidade que anteriormente: o primeiro xoves de cada mes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira Outono - Garcí­a Mc

(texto engadido o día 18/ / 9/ / 13 )


21 Setembro. FESTIVAL SON DAS MÁMOAS. Candeán (Vigo). García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

24 Setembro. Gravación de duas pezas + Entrevista para Tele On Line (Novo programa). Compostela. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

28 Setembro. FESTIVAL DAS BRÉTEMAS. Ponteareas. Labreg*s do Tempo dos Sputniks.

5 Outubro. O CON DO MOUCHO. Illa da Arousa. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

11 Outubro. FESTIVAL SAN FROIDANCE. Lugo. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

24 Outubro. JAM HIP HOP. Antiga Sala Nasa, Compostela. García Mc (Presentación "Abaixo e De Pé") con DJ Mil.

25 Outubro. PRESENTACIÓN DE VIVIDORES (Novo libro de Marcos Lorenzo). Casa das Crechas, Compostela. García Mc (Intervención).



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 12 )


Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.



RETROUSO
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR


Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago.
Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012.
En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012.
No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada.
Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo.
O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas.
O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.

Compoñentes:

Noelia Bouzón: gaita
Cesar Vicente: gaita
Fon Chedas: gaita e acordeón
Pablo Neiro: gaita e acordeón
Oscar Durán: gaita
Martín Varela: gaita
Ines Bugallo: gaita e percusión
Manuel Anxo Rey: gaita
Manu Bouzón: gaita
Miriam de Castro: gaita
Marcos Varela: acordeón
Xosé Martíns: percusión e saxo
Manuel Bouzón: percusión
Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada)
Darío Balado: voz (Convidado)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sábado 25 de Xuño, ás 11h da mañá, nova asamblea na Sala Nasa
http://www.facebook.com/event.php?eid=137363209675193
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 11 )


Resumo da Primeira Asamblea (Sábado 11 de Xuño)

(Ver Video)

O sábado celebrouse na Nasa a primeira asamblea aberta para discutir
os problemas da sala e as perspectivas de futuro. O sábado 18 ás 11,30h. continuaremos. A esta primeira xutanza asistiron máis de 100 persoas e durante tres horas falouse sen pausa do que significa este espazo para Compostela, dos problemas que atravesa, do seu peche inminente, das acusacións verquidas polo novo alcalde e da necesidade dunha resposta cidadán, do futuro inmediato e do futuro a medio prazo, do modelo de cultura que queremos, do novo papel que debe asumir o público na xestión cultural e de moitas outras cousas.

Se queredes saber maís polo miudo de que se falou, aquí vos deixamos algunhas notas tomadas a pé de asamblea. Engadide o que consideredes oportuno, seguramente esquecimos algunha cousa.

De entrada Xron informou da situación do local, da economía e das relacións coas distintas administracións públicas. O problema do local é que hai que facer de novo un forte investimento (aillamento e tratamento acústico, reparación de cubertas e paredes por filtracións de augas…), cifrado en 60.000 €, que a única maneira de amortizalo sería mercando o local e que a propiedade rexeitou a oferta que se lle fixo en maio de 2010, sen deixar ningunha opción de compra. O problema da economía é que os gastos fixos da Nasa (salarios, alugueres, subministros) ascenden a 13.000 € mensuais e o déficit xerado só no primeiro trimestre de 2011 superou os 20.000 €. O problema coas administracións públicas son os recortes: as axudas a salas privadas da Xunta de Galicia reducíronse nun 65% en tres anos e agora o Concello de Santiago anuncia a retirada de todas as axudas públicas á Nasa, un feito que é determinante. Porque con estes datos, para a tempada 2011-2012 contariamos cuns 85.000 € menos que na tempada 2008-22009, é dicir, unha redución das axudas públicas do 72%. Mentres, os ingresos propios reducíronse en tres anos só un 5%, pero os gastos fixos aumentaron un 15%. Con todo isto, e practicamente sen axudas públicas, a previsión de déficit para a tempada 2011-2012 sería de 80-90.000 €, unha cifra que non é asumible pola empresa xestora, por iso non se pode planificar a tempada que vén e por iso plantéxase o peche.
Ademais, comentouse tamén que, despois de vinte anos, a comandancia acumula un desgaste persoal moi grande, que se veu incrementado pola presión exercida desde o PP de Santiago coas súas infundadas denuncias de colaboración co terrorismo e demais, ata o punto de facer desistir ao actual equipo xestor de manterse na primeira liña da accion cultural local no novo contorno político xurdido das eleccións municipais.

A partir de aquí abriuse o turno de preguntas e intervencións das persoas asistentes:

- Preguntouse que significaba estar en segunda liña da acción cultural.
- Preguntouse se se trataba fundamentalmente dun problema económico.
- Informouse da iniciativa dos traballadores da Nasa para formar unha
cooperativa de traballo asociado e dar continuídade ás actividades no
actual espazo de San Lourenzo.
- Preguntouse se había intención de denunciar a Conde Roa para defenderse das acusacións recibidas.
- Propúxose a vía de financiamento privado (patrocinios) como unha saída á crise económica.
- Falouse da resposta que debería ter a sociedade civil ao respecto do peche da Sala.
- Unha persoa falou de conformar unha plataforma cívica para defender políticas culturais e medio-ambientais. Tamén indicou que se valorase a opción da banca ética para o financiamento.
- Comentouse a necesidade de dispoñer dun local en propiedade, non en aluguer. Alguén máis tamén apuntou que non se debería facer ningún investimento cun contrato dun ano.
- Xron aclarou as opcións mixtas (públicas e privadas) que se falaron co grupo de governo saínte: a opción de cesión dun solar público para que se construíse un novo centro cultural privado, financiado integramente pola entidade receptora do chan e que foi inviable economicamente; e a opción dunha xestión mixta nun centro socio-cultural da cidade, viable no caso do CSC Santa Marta.
- Alguén berra: “Vide para Teo".
- Apuntouse que a solución está nas mans dos tripulantes, que era unha
cuestión de todos conseguir aumentar o número de tripulantes, que entre
todos teríamos que ter conseguido máis apoios e que agora é máis
necesario ca nunca aumentar a tripulación.

(Na actualidade o ingreso por cotas da tripulación é duns 8.000€ anuais)

- Comentouse que "dous non pelexan se un non quere", e que habería que evitar o enfrontamento con Conde Roa porque iso é que el busca.
- Neste momento propúxose facer unha denuncia colectiva a Conde Roa por inxurias e calumnias, aportando ademáis 5€ por persoa para pagar o avogado. A proposta é acollida con aplausos e apoiada por máis voces que falan da necesidade de defenderse dos ataques dunha vez por todas.
- Fálase de dimensionar e de visibilizar ben a comunidade que conforma a Nasa porque é moito máis grande do que algúns cren.
- Fálase de que á parte da liña da querela, debemos centrarnos na solución dos problemas económicos.
- Proponse que nos desfagamos do espazo de San Lourenzo e que fagamos programacións noutros espazos (p.e. as Ultranoites) para eliminar os gastos fixos. Pregúntase se a tripulación entraría tamén nesa cooperativa de traballadores.
- Outra persoa quere expresar o moito que perde como espectadora e artista se pecha a Nasa. Fala de que os apoios non só serán dos tripulantes, que hai moita xente próxima e solidaria por todo o Estado e mesmo en Europa.
- En varios momentos as intervencións tratan sobre a importancia de manter un espazo físico propio ou non.
- Proponse facer un macrofestival no que participe todo o mundo que tivo relacion coa sala para visibilizar á amplitude e pluralidade da comunidade Nasa. Tamén se propón adoptar os xestos das asambleas do 15m para gañar en dinamismo e operatividade nas intervencións.
- Proponse centrar o debate no feito de que a Nasa vai pechar, e como dar saída a todo os proxectos que se estaban xerando, se haberá que currar estando dispostas a non cobrar ou se hai outras formas de relación. Propónse facer programacións por comisións, p.e.
- Algunhas persoas propoñen que entre todos paguemos o aluguer para chegar a decembro e manter a programación prevista.
- Xron di que non se trata só de pagar o aluguer durante uns meses, senón de cómo xestionar unha sala durante este tempo.
- Un dos traballadores da Nasa di que lle parece que hai xente que está dando todo por rematado cando aínda está aí a idea da cooperativa, e que como se pode pensar en facer todo o traballo de manter unha sala sen contar con profesionais, que é un traballo bestial. E que ademais pechar sería unha derrota.
-Varias persoas contestan que isto en ningún caso é unha derrota, que o traballo feito durante vinte anos está aí. Outras persoas manifestan que xusto neste momento si que podería ser interpretado como unha derrota fronte aos que atacan á cultura galega sistematicamente.
- Pregúntase cando se ten previsto abandonar o local? Tamén se se ten mirado outro local?
- Xron contesta que se miraron varios locais, fala concretamente dunha nave na zona de Sta. Isabel, pero a empresa non ten posibilidades de financiar unha operación deste tipo cos prezos que hai e as dificultades de crédito. Di que unha vez rematada a tempada actual a mediados de xullo, cesará a actividade da sala. E se non houbese unha solución, a empresa que xestiona actualmente a Nasa podería abandoar o local ao rematar o mes de setembro.
- Unha persoa fala do lado positivo desta situación, porque todo isto propiciou que a comunidade Nasa se xunte e que se exprese colectivamente por vez primeira. Di que a comunidade xa está creada, e que sae reforzada desta crise. Pensa que as cuestións materiais son importantes e que igual debemos pensar na Nasa como un proxecto exportable.
- Fálase da precariedade creada polas subvencións no sector cultural, e da necesidade de organizarse e unirse da xente do teatro, da danza, do circo, da música….
- Alguén propón facer confluír tódalas axudas que reciban distintas empresas e colectivos nun só espazo, que pode ser a Nasa.
- Fálase de facer unha festa final.
- Fálase de saír das trincheiras culturais, de dar a batalla en campo aberto, de participar na xestión e na programación dos espazos públicos. De que hai que modificar as relacións entre os axentes culturais, de que unha crise como esta é o momento de facer cambiar os modelos.
- Alguén di que os espazos públicos levan aí toda a vida e que se ata o momento ninguén os usou nin ocupou que non cre que se vaia facer agora tampouco.
- Contéstase que os espazos públicos non levan aí toda a vida, que a paisaxe cultural cambiou totalmente nos últimos vinte anos, que mesmo a Nasa cando abriu presentouse como unha alternativa ao proceso de institucionalización da cultura promovida polo Psoe, e que agora a Cidade da Cultura pode ser tamén unha oportunidade para inventarse novos usos dos espazos públicos.
- Proponse esixir na Cidade da Cultura un espazo para os veciños de Compostela, xestionado por eles mesmos.
- Algunhas intervencións apoian a ocupación dos espazos que nos pertencen a todos, alguén di que xa abonda de pagar alugueres elevados aos propietarios de locais, que seguramente serán votantes do PP, porque xa estamos pagando abondo polos espazos públicos.
- Proponse organizar unha paltaforma cívica para reinvidicar o uso dos espazos públicos de Compostela antes da constitución do novo governo local.
- Fálase da importancia de que esa plataforma estea liderada por alguén, que doutro xeito non funcionará.
- Proponse que cada quen se comprometa a chamar a tódalas compañías de teatro, ás escolas de teatro, aos grupos de música, e á xente que coñeza para que se sumen a esta iniciativa.
- Alguén apunta que unha boa cousa era facer unha fundación cun padroado integrado por compañías e demais axentes culturais.
- Proponse que nos constituamos como asamblea permanente.
- Proponse que os membros desta asamblea estudien a posibilidade de asinar colectivamente unha querela por inxurias e calumnias contra Conde Roa, xa que entendemos que as ofensas nos afectan a todas as persoas usuarias da Nasa e non só aos seus responsables.
- Proponse que a partir de agora o contacto e a información se canalice a través do blog http://nasasantiago.blogspot.com/ mentres intentamos crear outras plataformas de contacto en redenasa.tv ou en facebook.
- Acórdase dar continuidade á asamblea o sábado 18 de xuño ás 11,30h., facendo unha convocatoria expansiva.


Resumo da Segunda Asamblea (Sábado 18 de Xuño)

(Ver Video)

Falouse moito do proxecto de continuidade da actividade no local de San Lourenzo, e da iniciativa dun grupo de traballadores da Nasa de formar unha cooperativa. Para o sábado 25 decidiuse convocar unha nova xuntanza para poñer en marcha unha plataforma cívica de intervención cultural.

Aquí van as notas tomadas a pé de asamblea coas intervecnións dos asistentes:

Comeza a asemblea ás 12:00h. con presencia dunhas 50 persoas (que irían aumentando ao longo da mañá) e cunhas palabras de Xron, que aproveita para presentar aos membros da Xunta Directiva da Red de Teatros Alternativos que se trasladaron desde distintos puntos de España para participar na asamblea e para manifestar o seu apoio e recoñecimento ao proxecto Nasa.
- Faise un resumo do falado na xornada anterior, infórmase sobre os prazos previstos polo equipo de xestión actual para cesar na súa actividade, sobre o procedemento para presentar a querela colectiva e tamén sobre a chamada recibida desde o PP local para ter unha reunión.
- Dáselle paso aos representantes do grupo de traballadores que queren continuar a actividade cultural no local de San Lourenzo. En primeiro lugar intervén Novo para pedir o apoio das persoas asistentes á asemblea. Manifesta que non queren espazos abertos e públicos, que apostan polo espazo de San Lourenzo, que seguirán co espírito da Nasa e expresa a gravedade da situación para 11 ou 12 traballadores que perden o seu posto de traballo.
- A continuación Ángel informa de que esta semana tomaron a decisión en firme de formar unha cooperativa de traballo asociado, na que están todos os traballadores da Nasa, que teñen moito camiño por diante, que xa falaron co dono do local e que vai seguir co contrato. Manterán o mesmo espírito da Nasa pero facendo uns axustes na programación. Alguén pide que especifique un pouco o proxecto. Ángel contesta que non poden polo momento, que é demasiado pronto, que nin sequera saben con exactitude canto lles van cobrar de aluguer, aínda que pretenden conseguir o contrato do local por 8 ou 10 anos. Pero di que van seguir coa programación de outubro e que están á espera de ter o proxecto de viabilidade económica. Alguén pregunta como van facer con Conde Roa. Ángel contesta que non cren que vaia por eles, que non teñen nada que ver, que realmente ten unha obcecación con Xesús, que co cambio de marca se relaxará a situación. Informa de que van facer as obras de aillamento acústico para ter todo en regra e que non ten por que haber máis problemas. Alguén pregunta que axustes farán de programación. Contestan que será un espazo de autoxestión, por tanto ten que dar beneficios para cubrir os salarios. E que a música estará máis presente ca agora. Alguén pregunta se entón se vai converter nunha sala de concertos. Contestan que non, que tamén haberá danza e teatro.
- Alberto, presidente da Red de Teatros Alternativos, aporta información sobre o funcionamento das cooperativas, xa que é a fórmula que usan no seu teatro de Madrid. Cre que se podería xestionar a comunidade a través dos colaboradores da cooperativa. Novo di que xa están informados, que contan cun asesor especializado en cooperativas.
- Alguén comenta que estaría disposta a dar un paso para precarizarse (aínda máis) no seu traballo como artista para apoiar o proxecto, sempre que sexa para avanzar, non para resistir.
- Xron aclara que a marca Nasa/Redenasa seguirá funcionando para os proxectos da plataforma web, xa que é a súa denominación legal e administrativa e que Chévere trasladará boa parte do material técnico e loxístico a un novo local de traballo.
- Alguén manifesta que o carácter e o espírito dun espazo non depende do edificio senón das persoas que están detrás xestionando. Pregunta se Nasa/Chévere seguirá na xestión cultural noutro lugar. Aclárase que non, que se tratará de dar continuidade a Redenasa.tv como espazo de difusión artística e cultural e como lugar de encontro dunha comunidade cultural e que, cando se dispoña dun espazo de traballo propio, quizais se poida continuar alí con algun tipo de residencias, prácticas de creación, ensaios abertos, etc. Alguén pregunta se hai algún proxecto concreto nese sentido.
- Alguén di que a Nasa xa quedou pequena para absorber tanta programación. Moitos dos presentes, artistas, saben desta complicación para poder actuar na Nasa por falta de calendario. Retómase o tema da plataforma cívica para esixir o mellor aproveitamento dos espazos públicos.
- Alguén comenta a posibilidade do mecenazgo como fonte de financiamento. Facer unha acción grande. Conseguir a 8.000 persoas que poñan 50€, con 300.000 ou 400.000€ podemos facernos cun espazo propio, un espazo de creación contemporánea. Porque está claro que moitas compañías e creadores en Galicia necesitan espazos para traballar.
- Os traballadores da Nasa retoman a palabra. Din que Chévere chegou ata aquí con este espazo e agora eles comezan outra historia, que están dispostos a todo. Que intentarán aproveitar o espazo ao máximo facendo cursos, usando o espazo para ensaios, programando teatro infantil, que procurarán non pechar nin dous días na semana.
- Alguén comenta que é fundamental o plan de viabilidade do proxecto para poder seguir falando do proxecto dos traballadores. Sen iso diante é mellor non especular todos sobre o que pode ser ou non o seu proxecto.
- Alguén comenta que está colgada unha carta dirixida ao novo alcalde de Santiago en tea-tron.com, unha carta modelo de apoio e reivindicación do espazo-Nasa, que pode ser asinada por quen queira.
- Alguén agradece a ambas partes todo o traballo feito. E apuntan que unha posible saída económica do local pode ser como negocio de hosteleria.
- Alguén comenta a gravidade da situación actual das artes escénicas. O peche da Nasa é xa a pinga que colma o vaso, que este feito sexa o que catalice unha protesta global.
- Miguel, xerente da Red de Teatros Alterntivos, fai unha definición da Nasa/Chévere como un referente estatal, un proxecto artístico de importancia e calado. Fala da gravidade do feito de que un espazo con eses resultados artísticos e culturais plantexe o peche. Felicita tamén aos traballadores da Nas polo valor que teñen, pero tamén lles di que dispoñer dun proxecto artístico é fundamental, que entende que a asemblea é o que lles está demandando e que de momento non o teñen.
- Alberto da RTA cre que este é un momento histórico a nível estatal. Que para a Red de Teatros Alternativos a pata Nasa-Chévere é moi importante. E fala tamén de que hai que ter presente que neste tipo de espazos a dependencia das subvencións é unha feito e unha necesidade para defender certo tipo de programacións.
- Alguén fala da conveniencia de concretar a organización da plataforma, por un lado pode estar unha plataforma global cidadá (tipo Nunca máis), pero tamén interesaría unha plataforma artística (tipo Burla Negra). Fálase de usar as ferramentas de internet para o traballo en grupo. Alguén fai as seguintes preguntas: "Estamos ben?, gústanos como estamos?, queremos cambiar? e que queremos cambiar?"
- Fálase da operatividade. Fagamos a plataforma xa. Proponse que o próximo sábado tratemos de responder ás preguntas que se acaban de formular e tratar de definir quen somos. Pódese pensar en trasladar a asemblea dentro de 15 días ao Teatro Principal. Fálase de poñer un nome: Espazo Cultura Galega, Cultura Cívica Galega, Cultura Real Xa, Cultura Combate, Teatro Nacional Galego, Acción Cidadá pola Cultura…
- Pasadas as 14h. remata a asemblea, convocando a seguinte para o sábado 25. De 11h. a 12h. elaborarase unha orde do día e ás 12h. comezará a asamblea.

- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



éMundial | Evento comemorativo dos 30 anos da Associaí§om Galega da Lí­ngua. Porque o galego”¦ í‰ MUNDIAL!
http://agal-gz.org/emundial/
(texto engadido o día 17/ / 6/ / 11 )


A Associaçom Galega da Língua (AGAL) cumpre 30 anos em 2011, umha idade pouco comum no tecido associativo galego. Para o festejar organiza o éMundial, umha semana de eventos para mostrar que a língua da Galiza é assim, «mundial». Será de 4 a 9 de julho em Santiago de Compostela.

Música, mesas redondas, vídeo, gastronomia, obradoiros de leitura ou roteiros gastronómicos som só algumhas das propostas que decorrerám durante a segunda semana do mês de julho em espaços como o parque de Sam Domingos de Bonaval, a Borriquita de Belém, As Duas, a Casa das Crechas ou a Sala Nasa.

Por éMundial desfilarám pessoas que falam a língua da Galiza com diferentes sabores e musicalidades, mas todas baixo um nexo comum, o idioma. Assim, gente chegada de Angola, de Portugal ou do Brasil, junto com galegos de diferentes ámbitos e o público que participar no evento, porá de relevo o valor internacional da língua galega e a diversidade e riqueza que entesoura.

Trinta anos da AGAL

A Associaçom Galega da Língua é umha associaçom sem ánimo lucrativo, legalmente constituída em 1981, que visa a plena normalizaçom do galego-português da Galiza e a sua reintegraçom no ámbito lingüístico a que historicamente pertence: o galego-luso-brasileiro.

Artistas e propostas

Durante a semana de atividades programadas participarám no éMundial cantores e grupos de música —como Malandrómeda, Tropico de Grelos ou Uxía—, escritores como Concha Rousia (Galiza) ou Paulo Soriano (Brasil), representantes de festivais como o de poesia do Condado ou de empresas como imaxin|software —especializada em engenharia lingüística—. Ainda, haverá mesas redondas de variada temática, como umha protagonizada por Angola, projeçons audiovisuais, obradoiros de leitura para crianças, conta-contos e várias surpresas mais. A seguir reproduzimos o programa provisional.

Atividades diárias de 4 a 9 de julho

  • Roteiro de petiscos
  • Exposiçom de fotografia de Maria Rodrigues (Portugal), na Casa das Crechas
  • Exposiçom sobre o Movimento dos Sem Terra (Brasil), na Biblioteca Ánxel Casal, com fotografias de Sebastião Salgado (BR)

Também há atividades específicas para cada dia:

Segunda-feira, 4 de julho

  • 20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). Lançamento de dous livros do Paulo Soriano (Brasil), Contos Galegos e Histórias Nefastas. Apresenta Carlos Campoi, do Clube de Leituras de Português da EOI de Santiago de Compostela.
  • 23:00h, na Borriquita de Belém (r/Sam Paio de Antealtares nº 22). Jam Brasil, com o guitarrista Sérgio Tannus como mestre de cerimónias.

Terça-feira, 5 de julho

  • 11:00 a 12:30h, na Biblioteca ‘Ánxel Casal’ (r/Joám XXIII s/n). Ateliê de leitura em português para crianças, com Carlos Valcárcel (Galiza).
  • 20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). Mesa redonda «Lusofonias a morarem na Galiza». Diferentes pessoas de outros pontos da Lusofonia vam relatar a sua integraçom social na Galiza, por sinal, matriz da língua portuguesa. Apresenta Xurxo Troncoso.

Quarta-feira, 6 de julho

  • 20:30h, no Centro Social ‘A Gentalha do Pichel’ (r/Santa Clara nº 21, rés-do-chão). Lançamento da Breve Antologia Poética de Guerra da Cal, ediçom a cargo de Carlos Durão, e do website dedicado ao centenário do escritor. Intervenções de Concha Rousia (poesia) e Joám Evans (site). Organiza a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa.
  • 23h. Esplanada da Casa das Crechas (Via Sacra nº 3). Vídeo-clipe de Ugia Pedreira e Fred Martins mais fragmentos do documentário A Música Portuguesa a Gostar dela Própria, de Tiago Pereira.

Quinta-feira, 7 de julho

  • 20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). «Angola Acorda?»: bate-papo sobre a mobilizaçom juvenil em Angola. Apresenta Pablo Blanco, coordena Aline Frazão.
  • 22:30h. A Casa das Crechas (Via Sacra nº 3). Festivais da Lusofonia: Andanças (Diana Mira, Portugal), Festival da Poesia (Manolo Soto), Cantos na Maré (Uxía). Organiza a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, apresenta Maria Xosé Castelo Lestom.

Sexta-feira 8 de julho

  • 20:30h, no Café Bar As Duas (Praça da Oliveira nº 3). Mesa redonda «Empresas e a oportunidade da língua». Apresenta Ângelo Lodeiro, de Projeto U-lo. Interenções das empresas imaxin|software, Sacauntos e Global Nova.

Sábado 9 de julho

No parque de Sam Domingos de Bonaval

  • Todo o dia. Zona de coletivos, balcom e mesa com livros e música.
  • 11:30 a 13:30h. Passeata de Trópico de Grelos
  • 14:00 a 17:00h. Jantar (almoço) lusófono.
  • 17:00 a 18:00h. Associaçom de Pais e Mães Agarimar, Anxo Moure e Servando Barreiro.
  • 18:00h a 19:00h. Conta-contos.
  • 19:00h a 20:00h. Ateliê de dança com Mercedes Prieto (Galiza).
  • 20:00h a 21:00h. Roda de capoeira com o Grupo de Capoeira ‘Angola Zimba’ (Brasil).

Na Sala Nasa (r/ da Carvalheira de Sam Lourenço, 51-53)


  • 22:30h. Apresentaçom.
  • 23:00h. Atuaçom de Kana Kaiana (música brasileira).
  • 00:00h. Malandrómeda (espetáculo showcase de hip-hop).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aí vén o maio e con el o último serán da tempada na Sala Nasa!
http://redenasa.tv/programa/actividade/serans-da-nasa-5/
(texto engadido o día 3/ / 5/ / 11 )


Os grupos que non viñeron este ano, poden cubrir o formulario na nosa páxina web
para o vindeiro curso.
Quen vén tocar esta noite?
21h30 . Obradoiro a cargo de María José (Cantigas e Agarimos)
22h15 . Cantigas e Agarimos
23h00 . Ultreia
23h45 . Quarteto+Bouba
Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com

Seráns da Nasa
Xoves 5 de maio ás 21,00 h.
2 € | Tripulación de balde
Música-bailes tradionais

Que soe a música e a bailar. Para quen aínda non se mergullou nun serán, quizais debería saber que a maior parte da xente vai aos seráns a cantar, tocar e bailar, porque de feito para iso foron creados e ese é o seu principal cometido. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona. Este ano, ademais, se vindes a primeira hora (entre as nove e as dez), poderedes participar nun obradoiro práctico in situ para introducirse nestes bailes e perder o medo.
- Nasa- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto solidário da Flotilla da Liberdade II
http://www.bds-galiza.org/2011/04/concerto-solidario-da-flotilla-da-liberdade-ii/
(texto engadido o día 2/ / 5/ / 11 )


Será na Sala Nasa, o próximo 4 de Maio, às 21:30. Ali estarán Quempallou, The Homens, García MC. A “ordem e o progresso” correrán por conta de Carlos Blanco. E os benefícios serán para a II Flotilla da Liberdade, que en breve zarpará Rumbo a Gaza. Con 15 buques e centos de cooperantes de mais de 50 países, Galiza entre eles. Con axuda para a castigada populación da Faixa. Coa intención de furar o bloqueo, cruel e ilegal, a que a ten submetida Israel.
- Quempallou- The Homens- García MC -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Xuntanza e Reunións Informativas de Músicos ao Vivo
http://www.musicosaovivo.com
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 10 )


Este mes de novembro Músicos ao Vivo fará unha campaña de achegamento a músicos e opinión pública de toda Galicia.

A campaña comezará coa II XUNTANZA da asociación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Este será un acto festivo como o que se celebrou o ano pasado na Sala Nasa con gran éxito de convocatoria. Haberá pinchos e bebida e moitas sorpresas máis para os presentes. Esta convocatoria está aberta a todos os músicos de Galicia, sexan socios ou non. Como di o lema da Xuntanza “Todo o mundo é benvido“.

Unha semana despois terán lugar ás Reunións Simultáneas en tres vilas galegas: Lugo, Ourense e Vigo. O obxectivo destas reunións é achegar a asociación e os seus servizos aos músicos e colectivos de músicos destas zonas da xeografía galega ás que nunca chegara Músicos ao Vivo ata o de agora.


Estas accións supoñen un esforzo “necesario” por parte da asociación, que quere agradecer públicamente a implicación de socios, músicos e entidades destas vilas no proceso de organización das reunións. Dende “A Gentalha do Pichel” en Santiago, a escola “Fábrica de Sons” en Lugo, a “Escola de Música Tradicional de Ourense” e o “Museo de Arte Contemporáneo en Vigo“, todo foron facilidades e boa vontade para poder levar a cabo as reunións nas súas respectivas instalacións.

Do mesmo xeito, e seguindo coa campaña de comunicación da asociación, Músicos ao Vivo visitará o Culturgal (Feira das Industrias Culturais) co fin de dar a coñecer os servizos ofrecidos polas cooperativas de músicos entre os axentes que interveñen na contratación dos músicos.

Esta campaña pretende ser un punto de inflexión na proxección pública da asociación. Cremos que este final de ano é moi importante debido, en gran medida, aos requerimentos legais de certas actividades musicais da Administración galega, da que teredes precisa información no seu momento.

Esperamos a vosa asistencia e pedímosvos que divulguedes este anuncio entre os vosos coñecidos músicos. É importante ser cada vez máis para ter forza como colectivo.


- Musicos Ao Vivo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Compostela, 21 de marzo, ás 12:00 na Alameda: MANIFESTACIóN CONTRA A DESTRUCIóN DO TERRITORIO ís 17:00 na Sala Nasa íšltimo concerto da II Caravana reivindicativa de GNSV.
http://galizanonsevende.org/?p=940
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )


Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.

A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración. Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…

É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!

É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.

É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.

Tod@s a Compostela o domingo 21!!!

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do territorio

Pola soberanía alimentaria e enerxética

Por outro modelo de transporte

Ese mesmo día ás 17:00 da tarde na Sala Nasa de Compostela, última parada da II Caravana reivindicativa de GNSV, na que actuarán: Pallasos en Rebeldía, Pandereteiras Bouba, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.

GALIZA NON SE VENDE!!!

Terra viva e vida digna para tod@s
- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xoves 3 de decembro: SERÁN NA NASA

(texto engadido o día 3/ / 12/ / 09 )


O próximo xoves 3 de decembro temos SERÁN NA NASA
Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa.
Os grupos que van poñer a música son:

1. Regueifa de Bembibre
2. Charanga e Pandereteiras de Vai de Roda
3. Os Folerpas

E TI POS O BAILE
Patrocinado pola Concellería de Culturade Santiago de Compostela.

- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ultranoite na Sala Nasa
http://folque.com/actualidade/nova.php?id=28&lg=gal
(texto engadido o día 3/ / 7/ / 09 )


A partir do Venres 3 e durante as tres primeiras fins de semana de xullo haberá Ultranoite, os Venres e Sábados ás 23,00h.

Unha Ultranoite titulada "Ultraleite" para bufonear cos temas que están quentando este verán: o conflito lingüístico, as marcas brancas, o convenio do metal, a ameaza de peche da NASA ou ese camiño que se guía pola Vía Láctea. Coa equipa habitual de actores, actrices, músicos, cantantes e vedetes e coa actuación especial da Década Lactosa.


En xullo prolóngase a tempada cunha Ultranoite Ultraleite especialmente deseñada para refresacar o bochorno das noites do verán.

Un repaso en clave cabareteira e bufonesca da actualidade: o conflito lingüistico provocado polo governo galego, as marcas brancas e o sector leiteiro, as marchas do metal, os eres e os kakás..., ou o intento de peche da nasa.


Coma sempre, música en directo, vídeos inmediatos, teatro fresco para cada noite e unhas boas doses de mala hostia mesturada con moito humor




venres 3, sábado 4, venres 10, sábado 11, venres 17, sábado 18 ás 23,00h.




+info e entradas:
www.salanasa.com
- Ultranoite- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Convocada a Asembleia Aberta para o Sábado 13 de Xunho
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1643/62/
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


Queda convocada a Asemblea Aberta para organizar-nos, proponher ideias, ofrecer recursos, etc , o Sábado 13 de Xunho ás 12:30hs. do mediodia na Sala NASA de Compostela.
- Komunikando- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival Vibracional TPS (Festival internacional de música improvisada)

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 09 )


A improvisación libre ten a súa orixe e desenvólvese na Europa (especialmente no Reino Unido e
Alemaña) desde os anos sesenta, a partir de distintas disciplinas artísticas como son o free jazz,
a música clásica contemporánea, a música electrónica e as diversas músicas de carácter popular.
Na improvisación libre acada unha importancia capital a actitude de escoita, comunicación e
interacción entre os músicos, a exhaustiva exploración das posibilidades do instrumento, a creación
de novas paisaxes sonoras e o afán de busca de territorios musicais descoñecidos.
Desde o ano 2003, o Centro de Novas Teconoloxías do Pico Sacro (TPS) e a Sala NASA veñen despregando
un intenso labor de difusión da improvisación libre a través dun programa estable de
actividades: presentación de propostas en solo, dúo, trío e cuarteto, jam sessions e experimentos
de condución xestual de pequenas e grandes formacións, que tiveron o seu máximo exponente
na creación de O.M.E.GA, Orquestra de Música Espontánea de Galiza.
Todo este traballo conflúe agora no Festival Vibracional TPS, un novo pulo no crecemento sustentable
da improvisación musical en Galiza, implicando a outras institucións e abríndose a novos
espazos da vida pública co fin de facela accesible a públicos máis heteroxéneos. Será unha ocasión
inmellorable para o encontro, o debate, o goce e a descuberta para calquera persoa interesada
non só na improvisación, senón na arte contemporánea. Ademais, coa celebración deste
novo festival, Santiago de Compostela vaise consolidar como un dos eixos da rede peninsular de
cidades de referencia da vangarda musical europea a carón de Barcelona, Madrid, Porto e Lisboa.
- Música improvisada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Vozes Novas

(texto engadido o día 29/ / 5/ / 09 )


FESTA VOZES NOVAS
25 de Junho de 2009
Sala Nasa
21.30 hh.
Entrada: 8 € anticipada (O Pichel, A Reixa, Gong e web da Nasa) / 10 € taquilha Sacha na Horta, Ataque Escampe e Arremecághona's Produçións, com a intervençom de O Leo de Matamá e En-Riquinho

- Sacha na Horta- Ataque Escampe- Arremecághona -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Central Folque renova a música popular galega
http://www.xornal.com/artigo/2009/04/25/cultura/central-folque-renova-musica-popular-galega/200
(texto engadido o día 2/ / 5/ / 09 )
Para aclarar que os ritmos tradicionais non son só un feixe de gaitas, esta organización impulsa o estudo e promoción dos novos sons que se producen nestes intres no país.

Víctor Paz Morandeira


“Para distinguir o de aquí, hai que ter unha visión multicultural”. É a tese de Sergio Fernández, músico catalán que toca a gaita e que agora vén de se lanzar á aventura co acordeón diatónico. Reside en Galicia, e a única forma que ten de se familiarizar con este instrumento é a través dun mestre como Pedro Pascual, integrante de Marful e toda unha referencia nesta materia.
“Ségueme a alucinar que exista unha escola así”, di o profesor. “Cando eu comecei a tocar, tiña que pagar cursos en Euskadi ou Francia. O que a min me levou varios anos, aquí pódese facer en un”, di. Estase a referir á escola musical que a Central Folque ten en Santiago de Compostela, unha iniciativa pioneira, cun plano de estudos de catro anos, para se especializar na música tradicional galega.
Pascual dá clases todos os sábados xunto a un interesante conxunto de “non docentes”, como os define Ugía Pedreira, compañeira de grupo de Pascual e directora desta novidosa academia. “Somos todos da xeración dos 70, a de Carlos Núñez”, recorda a cantante, que cre que a profesionalización veu despois da creación no seu caso, pero que esta porta que eles abriron pode agora beneficiar as novas xeracións.
“Vese que Óscar é un bo músico, con moitos recursos”, di Ramón do seu profesor, Óscar Fernández, que lles ensina, a el e outros compañeiros, a coñecer ben a zanfona, instrumento que sae moito do típico, adxectivo que nesta escola, aberta ao mundo, parece non existir.
Pauliine, licenciada en Filoloxía Hispánica, provinte de Letonia, recorda que se puxo a tocar este instrumento porque se sentiu interesada polos ritmos do país logo de ler un libro sobre lendas galegas.
“A música evoluciona, non é ríxida, e aquí axúdannos a fixar ese enfoque”, explica Beatriz Blanco, que vén de tocar con Pedro Pascual un tema moi na liña de Yann Tiersen, o célebre compositor da banda sonora de Amélie. Non por nada opina Pascual que Francia ten máis tradición co acordeón diatónico. “Non me atrevería a falar dun estilo galego con este instrumento”, di, pero ben que probou que se poden facer propios os sons alleos.

Do local ao global
Esta filosofía, a de fusionar o cosmopolita coa tradición máis local, parece imperar nunha escola que tivo o ano pasado unhas 400 solicitudes, aínda que só admitiron a 120. “A selección foi moi difícil”, admite Edelmiro Fernández, responsable das clases de gaita, que xa era ‘non docente’ na anterior escola que tiñan el Lalín. Agora, esa primeira academia dividiuse en dúas localidades, a de Santiago de Compostela e a de Pontevedra, dirixida ao público infantil.
Pero non só de clases vive a Central Folque. As súas actividades inclúen tres piares: docencia, investigación e producións. Estas últimas reprodúcense por todo o mapa galego e no estranxeiro.
Un dos eventos máis importantes por vir é o Ciclo de Músicas Portuarias, que terá lugar en Ferrol do 20 de xuño ao 11 de xullo, unindo a diferentes culturas a través do mar. Estarán presentes o arxentino Marcelo Mercadante, a asturiana Anabel Santiago, os galegos Marful, e a portuguesa Mísia.
Ademais, Aleksander Kolkowski estará no ciclo Espazos Sonoros o luns na Sala Nasa de Santiago.

INVESTIGACIÓN
Ademais da produción de diversos espectáculos, e das clases impartidas nos centros de Santiago de Compostela e Pontevedra, a Central Folque leva a cabo varias investigacións sobre a música tradicional galega.
A máis recente, publicada no libro A la Habana quiero ir, de Ramón Piñeiro, fala da fusión entre os ritmos do país e os do Estado comunista. Froito de “dous meses de investimento musical”, como os define Ugía Pedreira, a máxima responsable da organización, é o espectáculo Descarga ao vivo. Cuba-Galiza 08.
Este é un macroconcerto con novas versións de temas clásicos, que pasan polo filtro do cubano. “Esperamos poder traelo a Galicia”, di Pedreira.
Actualmente, a Central Folque ten dous novos proxectos de investigación. Un, sobre a regueifa e “outras actividades de canto improvisado”, para a Asociación Veciñal de Valadares. Outro, sobre a canción mariñeira de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

Noticia enviada por Xan Rolei

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de gravación en cilindro fonográfico con A.Kolkowski na Sala Nasa (Compostela)
http://folque.com/cmn-wp/?p=1504
(texto engadido o día 22/ / 4/ / 09 )


Organizado pola aCentral Folque dentro do ciclo Espazos Sonoros

Terá lugar o día luns 27 de abril pola tarde (16 a 20 h) na Sala Nasa.

A proposta para este obradoiro é experimentar coa gravación en cilindro fonográfico e que alumnos e profesores da escola graven ao vivo diante dos aparatos deste sistema “primitivo” na fixación dos rexistros sonoros.

É aberto e de balde para os que queiran asistir a este obradoiro previa inscrición no teléfono +34 881 031 829 ou no correo electrónico info@folque.com

Ademais da parte práctica da gravación, haberá outros temas de interese coma Introdución ás técnicas de gravación con cilindros de cera e discos de acetato; Demostración de gravacións acústicas; Sesións de gravación en disco coa música e cds dos alumnos.

Aleksander Kolkowski (1959, Londres) músico e compositor británico que traballa con instrumentos e máquinas da era pioneira da gravación e da reprodución (violíns de Stroh, gramófonos da conclusión, discos da goma laca e fonógrafos de cilindro) para facer música mecánico-acústica viva.

Espazos Sonoros é un festival de música suxestiva en arquitecturas especiais. Engloba ámbitos temáticos adicados á diferentes xéneros, estilos e épocas. Unha das súas orientacións é repasar algunhas propostas relacionadas coa música desde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

Esta actividade está encadrada na visita deste artista convidado polo festival para realizar unha serie de concertos baixo a denominación de Wireless, que levará en forma de concerto e exhibición sonora o mércores 29 de abril no Museo de Belas Artes da Coruña ás 20.30 h e o xoves 30 de abril no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ás 20.30 h.
Wireless é unha resposta persoal á música da nosa incorpórea era dixital. Trátase dunha performance con gramófonos, cilindros fonográficos, gravacións en cilindros de cera e discos de goma laca acompañados do violín Stroh (1899).

No canto dun computador portátil, altofalantes, cables e un violín eléctrico, temos gramófonos antigos, fonógrafos con cilindros de cera e violíns de corno dos primeiros tempos da gravación e reprodución mecánica. Todos os equipos se tocan para crear unha composición que incorpora a música en directo ás gravacións históricas de sons mecánicos e da natureza, evocando ao mesmo tempo a música electrónica e a “musique concrète”, pero sen medios electrónicos.

As pioneiras tecnoloxías musicais de finais do século XIX, que precisaron bucinas e diafragmas cos que recibir e transmitir o son, son agora resucitadas para producir unha música inequivocamente do presente. Así, o espírito da antiga reprodución mecánica e a influencia da música moderna e de posguerra converxen coa unión do home e a máquina, unha condición xa de seu asociada ao rexistro sonoro mecánico.

Esta performance recrea o marabilloso da reprodución musical acústica e realza a imprescindible esencia do “defecto” natural en toda a música analóxica.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CHRISTIAN WOLZ na Sala Nasa
http://www.salanasa.com/lernova.php?id=6b671486e1499a6906b279f3974fcc8a
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 09 )


O Venres 27 ás 21,30h a Zona Alternativa recibe a proposta radical do alemán Christian Wolz





Christian Wolz é un artista vocal, compositor e fisioterapeuta. Combina un novo estilo de canción e de linguaxe coas estruturas musicais de culturas medievais e non europeas. Así forma unha nova canle de comunicación para a arte de vangarda, aplicando medios electro-acústicos. Ao principio eran ferramentas de axuda, como procesadores de efectos e micrófonos, que chegaron a convertirse en instrumentos musicais únicos. Desde 1998 Wolz realizou numerosos concertos, performances vocais, instalacións sonoras, pezas de radio, Cds e performances-multimedia. No ano 1995 fundou "Wolz-New Music Theatre", colaborando con músicos, coreógrafos e directores de teatro.

Aceptando o principio de que almacenamos todo canto oímos, nesta obra Wolz é quen de expresar cada idea e cada emoción, principalmente usando a súa entrenada e experta voz. Este traballo é máis radical ca outras obras porque forza ao público a concentrarse no sentido do oído, fórzanos a deixarnos ir dentro de nós para concentrarnos no que oímos e permitir sair as nosas imaxes, formas e emocións, lonxe da multitude de estímulos da sociedade de consumo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Galicia únese á frota de axuda á Faixa de Gaza cun concerto na Sala Nasa

* Preséntase o disco 'Vozes Novas'




Existen locais con esa etiqueta:


Sala Nasa (En Compostela)

buscar mais información
sobre Sala Nasa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]