Ghastas Pista?

Ruote
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Ruote':


XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2317:xiv-mostra-de-musica-tradicional-do-domingo-das-mozas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 )


O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:

Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos

- Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela

- Ruote- A Coruña
- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música Tradicional nas Festas de San Froilán
http://www.sanfroilan.info/
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 12 )


4 de Outubro
Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15)

5 de Outubro
Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15)
IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30)

6 de Outubro
X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00)

7 de Outubro
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30
I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00
Brincadeira, Ruote e Malvela na praza de Santa María ás 19:30
- San Froilán- Coanhadeira- Leilía- Saltanocribo- Sondeseu- A Volta do Agro- Tiruleque- Ruote- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CONCERTO SOLIDARIO VIRAVENTOS
www.frouma.com
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 09 )


O vindeiro mércores 30 de setembro ás 20:30 h terá lugar o Concerto Solidario Viraventos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Organizado pola ONG Viraventos e coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña pretende recadar fondos para o mantemento da asociación e para as xornadas de sensibilización que estan organizando para o próximo mes de outubro.

O concerto, que estará presentado por Xurxo Souto, terá como cartel aos grupos de música galega Cantigas de Terra, Chámalle Xis, Ruote e Tiruleque, así como Galu Teranga, banda senegalesa formada por usuarios de Viraventos.

As entradas do concerto están dispoñibles á venda no quiosco da praza de Ourense e na web de Caixanova (www.caixanova.com) ou a través do seu número de teléfono 902 504 500. O custo da entrada é de 10 €.

NON FALTES, PRECISAMOS A TÚA COLABORACIÓN!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Carballeira de Zas
http://festadacarballeira.multiversonetworks.es/galego/index.html
(texto engadido o día 21/ / 7/ / 09 )



- Ruote- Mutenrohi- O sonoro maxin -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 09 )


Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que abrangue máis de 10 anos.

PROGRAMACIÓN:

• XORNADAS EDUCATIVAS

XORNADAS DIDÁCTICAS, “CICLO DO PAN”
Realizaranse entre os días 16 ao 27 de marzo. As actividades que realizarán os escolares serán as seguintes:
•Debullada: terán a oportunidade de subir ao hórreo e debullar as espigas de millo corvo;
•Muíñada: o seguinte paso será a muíñada: roteiro de senderismo polos carreiros da aldea en dirección aos muíños do Canudo, observarán como os grans de millo corvo se converten en fariña grazas ao aproveitamento dos recursos naturais (a auga) que move a moa do muíño;
•O ciclo do pan remata co peneirado, amasado e cocido da bola corva de porta aberta nun forno tradicional de leña da aldea, para o que se utilizarán fermentos naturais.


•OBRADOIROS

OBRADOIRO DE CESTERÍA TRADICIONAL: Realizarase o sábado día 21 de marzo de 17:00 a 20:00 horas. Materia prima: vimbia, codexos, etc. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas.

OBRADOIRO DE CESTERÍA DE RECICLAXE: Realizarase o día 29 de marzo durante todo o día. Materia prima: papel de periódico, revistas, etc.

OBRADOIRO DE RECICLAXE: Realizarase o día 29 de marzo durante todo o día. Materia prima: bolsas de plástico.

• VENRES 27 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional: Grupo de gaitas Airiños do Piñeiro, pandereteiras, etc.
Ás 12:00 da noite lectura do Conxuro e queimada.


• SÁBADO 28 DE MARZO

18:00. Charla - coloquio: “Agricultura ecolóxica e desenvolvemento comunitario”
Ponentes: Agatha Broeskamp-Gundín (horticultora ecolóxica)
Mercedes Fernández Gestido (socióloga e experta en investigación social)

19:00. ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
Actuación do Grupo de gaitas D’arrente a Parede.

19:30. Obradoiro de Elaboración de cervexa biolóxica. Impartido por David Middleton.

20:00. Festival “A PAN DE MILLO”
Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
o Escola de baile do Grupo de Danzas Froles Mareliñas (Chapela)
o Escola de pandereteiras Cacharelas (Chapela)
o Grupo infantil Lembranzas da Ría (Aldán)



• DOMINGO 29 DE MARZO

XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 10:30. Roteiro de senderismo: "Medio natural: o patrimonio esquecido". Guiado polo grupo de anelamento Anduriña.
o 11:00. Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00. Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30. Lectura do pregón: Avelino Pousa Antelo (presidente da Asociación Castelao)
o 12:45. Actuación do gaiteiro XOSÉ MANUEL BUDIÑO
o 16:30. Contacontos para nenos: “Contos nas orellas” de Beatriz Campos.
o 17:00. Charla - coloquio: "Biodiversidade e patrimonio alimentario". Ponentes:
• Josep Pamiés Breu (horticultor: herbas medicinais, stevia rebaudiana, etc., e defensor da biodiversidade)
• Charo Sánchez Parga (secretaría medioambiente, terra e montes – SLG)
• Antonio García Allut (emprendedor social, membro da “Arca del Gusto” de Slow Food – España)
o 20:30  Actuación do grupo: Ruote.

DURANTE TODO O DÍA:

 ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
 Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
 Talleres e obradoiros demostrativos e participativos de artesanía. Demostracións ao vivo:
• Obradoiro de cestería tradicional: vimbias e codesos.
• Obradoiro de cestería de reciclaxe: periódicos, revistas, etc.
• Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico.
• Obradoiro de sombreiros coa palla centea (colmo).
• Obradoiro de encaixe de horquilla e frivolité.
• Taller de instrumentos de música tradicional.
• Taller de madeira: elaboración dun balde de auga.
 Actuación dos grupos de gaitas Airiños do Piñeiro e D’arrente a parede.
 Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
 Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
 Proxección memorando de actividades.
 Exposición etnográfica.

Noticia enviada por Luz Soto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* ume na Palleira dende o Cultur.gal



Ruote




Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Ruote:
Nin canto nin tampouco





buscar mais información
sobre Ruote en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Ruote en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]