Ghastas Pista?

Roberto Sobrado
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Roberto Sobrado':


Roberto Sobrado en Rianxo

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
VENRES 22 DE MARZO - 21.00 horas

ROBERTO SOBRADO GRUPO

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo.
- Roberto Sobrado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Março na Arca da Noe (Vilar de Santos)
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/photos/a.777473105650905/2298086623589538/?type=3&theater
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Despois de desfrutar do entroido, começamos uma nova travessia: MARÇO

9 de março,
às 22h, concerto de Maskarpone

15 de março,
às 22h00, concerto de Raiceira

16 de março,
às 22h00, concerto de La Casa de los ingleses

17 de março,
às 20h30, Poemas+ concerto Arancha Nogueira + Quico Valeiras + Roberto Sobrado

22 de março,
às 22h00, concerto de Sara Cangas

23 de março,
às 22h00, concerto de O Modulador de Ondas

30 de março,
às 18h30, Espetáculo de Circo com Duende Circo
às 22h, concerto de Fiandola

31 de março,
de 11h00 a 14h00 e de 16h00 a 19h00 (6horas). Obradoiro de Tradição e musicalidade de Ourense com Felisa Segade e Xermán Muiños
20h30, concerto de Airoa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado en Ourense

(texto engadido o día 13/ / 7/ / 18 )


Viernes, 13 de xullo
Praza de San Cosme, 32005 Ourense

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nunca Máis Fest: Compostela

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 17 )


Sábado 11 de novembro

Iniciativa a nivel galego totalmente altruista que xorde para axudar aos damnificados dos incendios forestais.

A recaudación en Santiago de Compostela irá a parar á ADEGA.
http://adega.gal/portada.php

Máis información en Nunca Máis Fest ( https://www.facebook.com/NuncaMaisFest/ ).

COLABORACIÓN FILA 0: www.woutick.es (non se pode acceder con ela)

SÁBADO 11:

Bar Embora: (13:30h – 16:00h) (Comida variada) Alfonso Espiño + Pablo Sanmamed Trío + Braistalung
A Gramola (17:00h – 18:30h) Layla + Cachas & Cousins
Modus (18:00h – 19:00h) Lucho Mak y Los Canallas + Tato López
Caldeireria 26 (19:00h – 20:00h) flor + Noe Black ft. Guillermo Vistoso
A Reixa (20:00h – 21:30) Marcos Guitián + The Fabulous Resaca Brothers
Fraggle Rock (22:00h – 23:59h) Poesía Canalla + Los Vagos de Lalín


DOMINGO 12:

Sala Riquela (13:00-14:30) Circo para nenos!! + Danza con: Martha Franco (+masterclass) + Tamara Kallaikia Danza
Camalea (14:00 – 15:30) (Comida variada) The Man All Us
Pub Momo (17:30-21-00) Son Elas + Roberto Sobrado Grupo + Som do Galpóm (Presenta Isa Risco)

Custo por entrada: 6€ por día (Coa adquisición dunha entrada poderase acceder a tódolos demáis concertos)

COLABORAN:
- A.C. Cidade Vella
- 16 Thunders ( www.16thunders.com )
- Rural Sound
- Sala Riquela
- Copy Santiago

#nuncamaisfestcompostela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado grupo na Arca da Noe (Vilar de Santos. Ourense)

(texto engadido o día 15/ / 9/ / 17 )


Sábado 16 de setembro ás 22:30h
A Arca da Noe.
Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.
Ourense.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado grupo no Café Concerto Antano-Serra de Outes

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 de abril ás 23:59h
Cafe Concerto Antano.
Avenida Do Rocio, S/N.
Outes.


Roberto Sobrado Grupo estará no Café concerto Antano esta fin de semana concretamente o Sábado 29 onde ademais aproveitarán para tocar en riguroso directo un adianto de varios temas do que será o seu novo disco Proletarios do Rock&Roll que agora mesmo están a gravar e que agrdamos estea rematado en breve. Non vos podedes perder esta banda que ademais ten un directo moi potente nos seus concertos. Xa están aquí os PROLETARIOS DO ROCK AND ROLL, atréveste a vir, escoitar e bailar...?

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado grupo no Galegote Rock (Pontevedra)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Venres 28 de abril ás 22:45h
Pub Lego.
Rúa Real.
Pontevedra.


Cun novo formato semiacústico: Euxenio no baixo, Germán nos saxos e Roberto Sobrado voz e guitarra acústica. Repasaremos algunha cousiña do Atlas de Anatomía e presentaremos algúns temas novos. Xa estamos aquí os Proletarios do Rock and Roll !!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto acústico de Roberto Sobrado en Cambre

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 17 )


Venres 7 de abril ás 20:00h
Cambre-A Coruña.


Con Eu-Xenio ao piano, repasaremos en acústico o Atlas de anatomía xunto con algún tema novo e un par de versións desas que nos prestan. Xentes da zona Ártabra, acudides? ;)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado no Avante (Compostela)

(texto engadido o día 8/ / 12/ / 16 )


Venres 9 de decembro ás 23:00h
Avante Compostela Galiza.
cantóm de sam bieito 4.
Santiago de Compostela.

Entrada 4€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Miniconcerto acústico de Roberto Sobrado no Culturgal (Pontevedra)

(texto engadido o día 1/ / 12/ / 16 )


Sábado 3 de decembro ás 18:15h
Culturgal Feira Industrias Culturais.
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Pontevedra.


Se ides ao Culturgal, pasádevos polo stand de OzocoGz. Camisetas de deseño galego e un miniconcerto para amenizar o stand o sábado 3 ás 18:15

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto do Couto Mixto (Compostela)

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 16 )


Venres 11 de novembro ás 21:30h
Taberna da República do Couto Mixto.
Ruela Oliveira 3.
Santiago de Compostela.


Se gostas do Couto Mixto, pásate o venres. Estaremos (polo menos) Leo Arremecaghona, Xosé Constenla, Alba María e Roberto Sobrado para vos propoñer cousas novas na nosa República.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado grupo no Carballiño

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Domingo 24 de xullo
Praza Maior
Dentro do ciclo do concello Músicas na rúa e presentando nova banda e novos temas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Voces en Compostela

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Instituto Europeo Campus Stellae
I Ciclo Voces en Compostela

Venres 1 de xullo, Roberto Sobrado
Venres 8 de xullo, Xosé Constenla
Venres 15 de xullo, Jesús Piñeiro
Venres 22 de xullo, O Leo e Arremecághona
Venres 29 de xullo, Miguel Alonso

Todos os concertos ás 21h
Entradas á venda en Campus Stellae (Praza da Quintana 3, Santiago de Compostela) 9€


Unha vez rematado o camiño de Santiago (ou non), ven descubrir as novas voces galegas: cinco cantores con moito que dicir e cantar no Campus Stellae, Praza da Quintana. Poderás disfrutar dun vaso de viño galego e un picho de empanada por un prezo razoable incluído na entrada.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maio nas Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Xoves 12 21h 3€
VIRANDEIRA FOLK
Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico… Virandeira Folk son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Alex García (batería).

Venres 13 21h 4€
NO ES PAÍS PARA COÑOS
Este espectáculo teatral trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cultura: as mulleres. Buscan achegar o feminismo a homes e mulleres de todas as idades, e sacalo do plano teórico ou do mal chamado “feminazismo”, utilizando situacións cotiás e unha boa dose de sentido de humor. Show creado e composto integramente por mulleres. Teatro feminista en clave de humor.

Martes 17 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS - DÍA DAS LETRAS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.

Xoves 19 21h 5€
ROBERTO SOBRADO GRUPO
A voltas aínda co Atlas de anatomía, a banda reformúlase cun xiro máis roqueiro e minimalista. Dous músicos novos que imprimen o seu carácter na sección rítmica e dous clásicos á fronte. Ademais de repasar o seu particular Atlas, estrearán 4 cancións que farán parte do próximo disco da banda e haberá un fin de festa con versións, cando menos, curiosas. Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo cancións e conta xa con 4 discos de estudo, aos que une agora “Atlas de anatomía”.

Sábado 21 21h 5€
JESUÍNO TRÍO
Natural de Salvador, Bahia, e radicado en São Paulo desde 2002, Marcelo Jesuíno é un dos nomes máis activos da música instrumental brasileira. O guitarrista actúa como músico, produtor, director musical e director artístico. Ten participado do International Association of Schools of Jazz Meeting e do Jazz Summer Course ambos na University of Louisville School of Music Kentucky – EUA.

Xoves 26 21h 5€ (RGMV)
XARDÍN DESORDENADO
Fai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados deSde diversas procedencias. Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elIxiron unha sonoridade acústica e íntima e, respectando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova… O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está dedicado exclusivamente a mulleres. Desde a máis veterana Rosalía até a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que se narra neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

Sábado 28 20h (de balde, na terraza)
DO FONDO DO PETO
Unha formacion de música tradicional que cun repertorio instrumental e vocal galego. Baseado nos coros historicos, e nos grandes intérpretes da nosa terra.

Mércores 11, 18 e 25 22.30h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Domingo 29 21h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado e Rafa Campoy na Senra Café (Pontevea)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 15 )


Sábado, 29 de agosto ás 13h

Queremos convidarvos especialmente a esta última sesión vermú do verán na Senra. Imos gravar este concerto especial e regalaremos algún disco. Vente pola Senra este sábado!

- Roberto Sobrado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado en Valdeorras

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 15 )


Venres 3 de xullo na Praza Maior

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado en Compostela

(texto engadido o día 4/ / 3/ / 15 )


Venres 6 de marzo ás 22:30 no Dado Dadá Jazzclub (Alfredo Brañas 19)

Con Rafa Campoy e Pablo Vidal Mendoza
Voltamos ao Dado Dadá Jazzclub no seu aniversario para vos adiantar a presentación do novo disco: Atlas de anatomía.

Recargo de 3€ na primeira consumición

- Roberto Sobrado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Samaín na praza de San Cosme (Ourense)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 14 )


30 de Outubro no Local da Asociación Cultural A Galleira (Praza de San Cosme) - Ourense

Un ano máis achégase o Samaín e dende A Galleira queremos colaborar na súa difusión como celebración ligada ás nosas orixes históricas e etnográficas.

Por iso, o vindeiro xoves 30 de outubro ás 19:00 horas contaremos coa presenza de Miguel Losada, membro da Sociedade Antropolóxica Galega , que nos explicará polo miúdo cales son as orixes do Samaín e o seu vencello coa nosa historia e tradición.

A seguir, o venres 31 de outubro por volta das 19:30 horas (cando remate o obradoiro e desfile de cabazas organizado polo Concello) teremos animación teatral, musical e xogos para as crianzas.
Posteriormente, por volta das 21:00 horas, Roberto Sobrado e Rafa Campoy darán un concerto para amenizar a noite.


- Roberto Sobrado- Samaín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado en Vilar de Santos (Ourense)

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 14 )


Sábado, 13 de setembro, às 22h30, na Arca (Rua do Forno, 13, Vilar de Santos)
- Roberto Sobrado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado en Rianxo

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 14 )


Venres 29 de agosto no bar Santa Columba

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* A banda sonora do Culturgal



Roberto Sobrado

(Lí­rica / Pop / Rock / Canción de autor)


Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre Roberto Sobrado en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Roberto Sobrado en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]