Resultados para:

Rianxo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]

Novas que incluen 'Rianxo':


Serán de Rianxo. Vai de Roda

(texto engadido o día 13/ / 6/ / 19 )


Sábado 22 de xuño no Campo de Arriba.

Serán organizado pola Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda.
A partir das 20:00, Seranciño para xs máis pequenxs.
Desde as 22:00, Serán.

Inscrición de grupos no teléfono 698133962 (WhatsApp) ou en vaiderodarianxo@gmail.com.

Con zona de acampada e aloxamento. Reserva previa (prazas limitadas).


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roberto Sobrado en Rianxo

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
VENRES 22 DE MARZO - 21.00 horas

ROBERTO SOBRADO GRUPO

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo.
- Roberto Sobrado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festival Abeloura (Boiro)

(texto engadido o día 28/ / 12/ / 18 )


Sábado 29 de nadal na Casa da Cultura da Cachada
Asociación Fogofatuo Rianxo, Xamaraina da Guarda, A.f. Picos de Europa de Cangas de Onis, Xiada Pobra Do Caramiñal, Grupo de Pandereteiras As da Canteira,...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas da Gaita no Mar (Rianxo)
http://www.gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=4048
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Este domingo estaremos en Rianxo nunha nova edición das Xornadas a Gaita no Mar.

Con estas xornadas organizadas pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración con Cultura da Deputación de A Coruña e o Concello de Rianxo, queremos recoñecer a gran contribución que fixeron os mariñeiros gaiteiros no espallamento da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo, levándoo polo mundo adiante a través do mar.

Queremos aproveitar a ocasión para render unha mais que merecida homenaxe aos Gaiteiros do Mar. Ademais, durante as xornadas poderemos ver o documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, Terranova, Namibia,... queremos ademais render homenaxe aos "Gaiteiros do Mar". E como peche, que mellor que unha tocata no mar!!!

Programa

11.30 - Proxección do documental “Dos gaiteiros do mar”, codirixido por Xurxo Souto xunto a Martín Rodas.
12.15 - Homenaxe aos Gaiteiros do Mar coa mención especial a Lito de Pinténs e coa colaboración de Xurxo Souto (codirector do documental “Dos gaiteiros do mar”).
13.00 - Saída a tocar no mar con Fogo Fatuo (se o tempo acompaña, senón recorreremos ao plan B).

Lugar: Edicifio Liceo (Rúa Rinlo).

Agardámoste este domingo en Rianxo, nesta nova edición da Gaita no Mar!!

Máis información: secretaria@gaiteirosgalegos.gal 986 847 074 - 982 229 96


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entre Soños en Rianxo

(texto engadido o día 9/ / 11/ / 18 )


Venres, 9 de novembro, ás 21h no Auditorio De Rianxo

A compañía de danza Fran Sieira o 9 de novembro, ás 21.00 horas, estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Entre soños.

Está recomendado para tódolos públicos. Duración 65 minutos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa, e poden retirarse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo.

Proposta enmarcada no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Todo o mundo nalgún momento da súa vida se veu nunha encrucillada. Encontrouse, encóntrase ou posiblemente encontrarase fronte a dous, ou máis, camiños que poden ser determinantes para o resto das súas vidas.

Nunca tiveches un Soño que perseguir, pero polo que non te atreves a loitar? Ben por non saír da túa zona de confort, ou por medo a perder ese benestar, … ou por calquera outra razón que fai de esta decisión un dilema difícil de resolver.

Entresoños é unha obra de baile e música tradicional galega dirixida por Fran Sieira e desde unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño, con música orixinal de Anxo Pintos.

Concello de Rianxo Fran Sieira, compañía de danza Cultura da Deputación da Coruña Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Normalización Lingüística - Concello de Rianxo Xuventude Rianxo Biblioteca Municipal Rianxo Arousa Norte Turismo Rianxo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto en Rianxo

(texto engadido o día 1/ / 11/ / 18 )


Xoves, 1 de novembro a partir das 17h no Campo de Arriba


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Minia 2018 (Brión. A Coruña)
https://santaminia.blogspot.com/2018/09/romaria-de-santa-minia-2018.html
(texto engadido o día 24/ / 9/ / 18 )



Os dí­as 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romarí­a de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous dí­as máis de actividades durante a fin de semana. Unha romarí­a onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e o baile e, como non, a mellor gastronomí­a galega. Porque Santa Minia ten infinidade de atractivos, que este ano regresan por triplicado.

Coma de costume, o concello poñerá a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro gratuí­tas. Dende o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente de balde, unha advertencia para que ningún visitante se deixe enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un alugamento por estacionar o seu vehí­culo.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada ao tráfico durante a xornada do dí­a 27, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

PROGRAMA SANTA MINIA 2018

Mércores 26: Vésperas
- 13:30 h.: Charanga Mekánika
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar.- "Saabor"
- 19:00 h.: Xoldra de Rois
- 21.00 h.: Charanga Mekánika
- 22:30 h.: Orquestras Capitol e Finisterre
- 00:00 h.: Fogos de artificio e queima da fachada

Xoves 27: Santa Minia
- 10:00 h.: Charanga Os Celtas
- 12:00 h.: Os Viqueiras de Ordes
- 14:30 h.: Sesión vermú coa orquestra Costa Dorada
- 16.00 h.: Brassica Rapa
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar "Dani Garcí­a: Código"
- 18.30 h.: Agrupación folclórica de Brión (Na praza do Concello)
- 20.00 h.: Orquestras Costa Dorada e América

Venres 28:
- 13:00 hrs.: Os Xirifeiros de Carril
- 17:30 hrs.: Espectáculo Familiar "Circo Chosco: Riscando o ceo"
- 20:30 hrs.: Faí­scas da Pontraga
- 22:30 hrs.: Concerto Xabier Dí­az & Adufeiras de Salitre "Noró"

Sábado 29:
- 13:00 hrs.: Requinteiros da Ulla- A Gaita de Sarandón
- 17:30 hrs.: Musicleta

Domingo 30:
- 12:00 hrs.: Os Castros de Ames
- 17:00 hrs: Festival de Bandas de Música Populares: Banda Escola de Rianxo e Banda de Música Municipal de Brión

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Feirón Mariñeiro de Rianxo

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 18 )


Xoves 13 de setembro, a partire das 21h Noite Folc con Os Viqueiras, Alvariza e Radio Cos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vai de Roda no Feirón Mariñeiro de Rianxo
https://www.facebook.com/events/482310732272264/
(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Vai de Roda participará este ano no XV Feirón Mariñeiro (A Feira de 1918) das Festas da Guadalupe de Rianxo. Montaremos unha taberna mariñeira onde non faltará a música ao longo da xornada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Escola de Música e Baile Tradicional Vai de Roda (Rianxo) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Xa podes preinscribirte para o novo curso de Vai de Roda! Dende hoxe e ata o 28 de setembro realiza a túa preinscrición a través do noso teléfono, e-mail e redes sociais (por mensaxe privada).
As clases, para nenxs e adultxs, serán os sábados pola tarde (baile, pandeireta e canto no cuartel vello; gaita, acordeón e percusión no auditorio)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vai de Roda nas festas de Guadalupe (Rianxo)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Domingo, 9 de setembro ás 20h na Praza Rafael Dieste

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Festival Rock in Rian (Rianxo)
https://www.facebook.com/festivalrockinrian/photos/a.778710582250065/1695099157277865/?type=3&theater
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro no Parque de Galiza



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tanxugueiras en Rianxo

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Domingo, 26 de agosto ás 12h no Paseo da Ribeira.


Ciclo Vermús Musicais

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festival de baile e música tradicional en Rianxo
http://www.facebook.com/221994205041703
(texto engadido o día 15/ / 8/ / 18 )


Sábado 18 de agosto ás 21:30h na Praza Rafael Dieste


Xa entrado o verán chega o noso Festival de Música e Baile tradicional o cal xa vai pola súa XVI edición; para o noso festival contamos coa axuda e colaboración da Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo dentro da programación do Verán Cultural 2018.

Ademais tamén contamos coa colaboración da Deputación da Coruña e de diferentes comercios locais.

Durante o festival que dará comezo ás 21:30 h na Praza de Rafael Dieste as diferentes agrupacións de baile, gaita e pandeireta da nosa asociación compostas por nenos e maiores de entre 3 a 70 anos de idade ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con xotas,muiñeiras,rumbas e agarrados, gaiteiros.
Cultura da Deputación da Coruña Cultura Rianxo Concello de Rianxo

Ademais durante o festival non faltarán os sorteos de produtos galegos e asasallo tradicionais.

O 18 de agosto tendes unha cita en Rianxo |||||

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Festival Antrospinos (Tarragoña. Rianxo)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 18 )


Viernes 27 e sábado 28 de xullo
Taragoña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sondeseu en Rianxo
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-orquestra-folk-de-ga
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )


A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao.

A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Encontro Tradicional Zona da Zanfona (Rianxo)
http://www.folque.com/01.140415wp/zona-da-zanfona-xiv-encontro-internacional/
(texto engadido o día 4/ / 7/ / 18 )


Mércores 4 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h
- Ariel Ninas & Alba María

Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.



Venres 6 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h
- Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)



Sábado 7 xullo

Baile Assalto ZdZ. Praza Rafael Dieste. 22.30
- Grupo Mala Herba. Convidado especial Óscar Fernández. Música ao vivo para baile popular.

Cursos ZdZ. Auditorio de Rianxo. 10 h-19 h
- Curso zanfona (avanzado) con Johannes Geworkian
- Curso baile con Sergio Cobos e Mercedes Prieto
- Curso de regueifa con Alba María



Domingo 8 xullo

Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza Rafael Dieste e Liceo Rianxeiro.
- 12 h Palco aberto para zanfonistas de todo o país. Praza Rafael Dieste
- 14.30 h Xantar aberto. Praza de Setefogas.
- 17 h Foliada ZdZ. Praza de Setefogas.

Organiza aCentral Folque : Promove Concello de Rianxo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Recital Poético 'Palabras Vivas' (Rianxo)

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 17 )


Venres 24 de novembro ás 17:30h

Recital músico-poético en feminino na Praza de Rafael Dieste. Rianxo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Rianxo

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 17 )


SES e toda a súa banda ao completo en concerto na Sala "Arcos Moldes" do Auditorio de Rianxo, presentando o seu cuarto disco "Opoñerse á extinción".

Sábado 14 de Outubro ás 21:00h

Entradas en ticketea

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite Folc en Rianxo

(texto engadido o día 14/ / 9/ / 17 )


Xoves 14 de setembro ás 21:00h
Concello de Rianxo.
Praza Castelao 1, Rianxo.

Os d'Abaixo, Airiños da Freba e Os da Porfía

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]


En 'Novas Relacionadas'



* «Este disco evoca sensacións»

* O Morrazo tamén é celta

* Presentación Son de Rianxo

* Vai de Roda no Son de Rianxo

* Un disco para manter viva a memoria musical de Rianxo


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Rianxo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]